You are on page 1of 4

Lingua Galega 6º, tema 1

COMPRENSIÓN LECTORA
Padrón, despensa de Galicia
A cociña galega caracterizouse máis pola riqueza das súas materias primas que pola
existencia de grandes receitas. Dar un paseo polo mercado de Padrón, especialmente os
domingos, cando se concentran vendedores procedentes das comarcas próximas,
bríndanos a posibilidade de asistir a un espectáculo gastronómico.
Padrón desempeña o papel de despensa de Galicia. Ás mesmas beiras do río Sar, a praza
de abastos é unha mostra perfecta do que se pode comer en Galicia. Ás ducias de
variedades de peixes e mariscos que ofrece o mar de Arousa —nécora, centola, cigala,
camarón, ameixa, polbo, sardiña, rodaballo, carioca—, únese a primitiva lamprea, as
troitas, o reo e o xa escaso salmón do Ulla.
Falamos de peixes, pero tamén podemos facelo de carnes, desde a tenreira galega ata a
caza, se a tempada o permite, pasando por todo tipo de aves e, como non, da diversidade
de produtos derivados do porco.
Acompañando ás carnes, os demais produtos do campo están presentes na gastronomía
padronesa, e entre todos destacan os pementos de Herbón, que levaron o nome de
Padrón ás cartas dos mellores restaurantes do mundo.
http://padron.padron.gal/node/101
1. Segundo o texto, que é o que caracteriza a cociña galega?
2. De que vila se fala?
3. Que dous ríos pasan por alí?
4. Que ría está cerca desta vila?
5. Que «espectáculo» hai os domingos?
6. Que famoso produto do campo procede desta zona?
7. Busca no texto e escribe os nomes de tres mariscos, tres peixes mariños e tres peixes
de río.
8. Marca o significado correcto de gastronomía:
─ Dor de estómago; gastrite.
─ Coñecementos sobre a arte de preparar boa comida
─ Ciencia que estuda os astros.
─ Parte da economía que estuda o gasato excesivo.
9. Procura na Galipedia información sobre os pementos de Padrón e explica a súa
historia.

1
Lingua Galega 6º, tema 1

LEXEMAS E MORFEMAS
A morfoloxía é a parte da gramática que estuda a forma das palabras (como se constrúen,
de onde proceden, etc.).
As palabras pódense descompoñer en unidades menores:
Lexemas: achegan o significado que é común a todas as palabras da mesma familia léxica,
e permanecen invariables. Ex: mozo, moza, mocidade...
Morfemas: serven para modificar o significado das palabras ou para formar palabras
derivadas. Hai diferentes tipos de morfemas:
 Morfemas flexivos ou desinenciais: indican o xénero e o número (gato/gata/gatos...).
 Morfemas derivativos: serven para formar palabras derivadas a partir dunha palabra
primitiva. Poden ser prefixos (subdirector), ou sufixos (pescador).
TEXTO, PARÁGRAFO, ORACIÓN E PALABRA
Un texto é un conxunto de oracións a través do cal se comunica unha mensaxe completa.
Pode ser oral ou escrito. As ideas que se transmiten a través del deben estar relacionadas
e tratar dun mesmo tema.
O texto está dividido en parágrafos, separados por puntos e á parte. Cada parágrafo
desenvolve unha idea diferente e individual, aínda que é no conxunto do texto onde
adquire o seu sentido completo.
Os parágrafos están formados por oracións, que son un conxunto de palabras con sentido
completo, entre as que se debe atopar un verbo en forma persoal.
A palabra é unha unidade con significado formada por sons ou letras (se falamos ou
escribimos). Podemos formar frases ou oracións a partir da combinación das distintas
clases de palabras (substantivos, adxectivos, verbos, pronomes...).

REGRAS XERAIS DE ACENTUACIÓN


As palabras clasifícanse segundo a súa sílaba tónica en agudas, graves e esdrúxulas.
 Agudas: teñen como sílaba tónica a última e acentúanse graficamente cando rematan
en vogal, -n ou -s (café, balón, compás, cancións...).
 Graves: teñen tónica a penúltima sílaba. Acentúanse cando rematan en consoante
distinta de -n ou -s (automóbil, tríceps...).
 Esdrúxulas: a súa sílaba tónica é a antepenúltima. Acentúanse sempre (prismáticos).

2
Lingua Galega 6º, tema 1

XÉNEROS LITERARIOS
Os textos literarios son os que explican as cousas co obxectivo de crear beleza e de
espertar determinadas emocións no lector. Para crealos os escritores empregan a
linguaxe literaria, na que combinan as palabras utilizando diferentes recursos segundo a
emoción que queiran transmitir en cada caso.
Os textos literarios poden estar escritos en prosa ou en verso:
 Prosa: escríbese empregando toda a liña, como escribimos normalmente.
 Verso: escríbese en liñas curtas, chamadas versos, que adoitan ter un ritmo e
sonoridade especiais.
Segundo as súas características, os textos literarios pódense clasificar en diferentes
grupos, denominados xéneros literarios.
Os principais xéneros literarios son:
 Narrativa. Os textos narrativos son textos literarios escritos en prosa nos que se contan
unha serie de feitos, reais ou imaxinarios, que lles pasan a uns personaxes nun espazo
e nun tempo determinados.
 Poesía. Os textos poéticos son textos literarios, xeralmente escritos en verso, a través
dos cales a voz dun poeta expresa as súas ideas e os seus sentimentos para que o
lector se emocione ao lelos. Estes textos adoitan presentar unha estructura métrica
determinada, baseada na medida dos versos, na rima, na distribucións das estrofas e
no emprego de recursos literarios (comparacións, metáforas, personificacións, etc.).
 Teatro. Os textos teatrais son textos literarios escritos en forma dialogada para ser
representados por uns actores diante dun público. Poden estar escritos en verso ou en
prosa. Neste tipo de textos, non hai un narrador que explique os feitos, senón que a
historia avanza directamente a través das palabras e das accións dos personaxes.

3
Lingua Galega 6º, tema 1

EXPRESIÓN ESCRITA: O RELATO FANTÁSTICO


O relato fantástico é unha narración, normalmente breve, que segue a estructura narrativa
habitual de inicio, nó e desenlace. Recrea un mundo fóra da realidade, pon en xogo a
imaxinación e permite crear mundos e personaxes orixinais e novos.

Nesta actividade terás que poñer en funcionamento a imaxinación para crear o teu relato
fantástico. Fai un borrador do texto seguindo estes pasos:
1. Elixe e describe un personaxe que será o heroe da túa historia: príncipe, princesa,
soldado, estudante, neno, nena, animal, etc
2. Imaxina que é o que desexa conseguir ou que lle falta para ser feliz: o amor, un animal
máxico, un tesouro, un antídoto, un segredo...
3. Conta como o heroe ou heroína reciben consellos e ensinanzas, por exemplo, dun
mago, dun sabio, dun viaxeiro, dun animal máxico, nun soño, etc.
4. Como parte o protagonista do teu conto cara a aventura? Podería ser polo azar, cun
exército, por unha aposta...
5. Imaxina os obstáculos que o heroe debe sortear no seu camiño: encantamentos,
animais perigosos, monstros, enigmas, combates, piratas, ladróns, etc.
6. O heroe chega ao final do seu viaxe! Describe ese lugar: unha illa, un bosque, un
castelo, un planeta...
7. Alí é onde pode habitar o adversario do heroe. Imaxínao: o demo, un extraterrestre, un
monstro, unha bruxa...
8. Conta como o heroe se enfrenta ao seu enemigo e o vence.
9. Como remata a túa historia?

CONSELLOS:
 Emprega frases curtas e evita repetir palabras (busca sinónimos).
 Cando describas, segue unha orde: do próximo ao afastado, ou viceversa.
 Se empregas palabras inventadas ou noutra lingua, emprega comiñas (“”).
 Separa a información en parágrafos e respeta ás marxes.
 Revisa a ortografía, os signos de puntuación e emprega unha letra clara e lexible.

You might also like