You are on page 1of 3

DIARIO DE LECTURA

O libro como inspiración


para a creación dos teus textos

★ Utiliza un caderno ou un diario de tamaño

axeitado para podelo levar contigo cando

leas. Comeza por poñerlle unha fermosa

portada que, para ti, garde relación coa

lectura.

○ Consello sostible: Comproba se tes algún na casa que nada máis

utilizaches a medias e recíclao.

★ Debes ir alternando a lectura do libro coa escrita sobre el.

★ Antes de cada contribución que fagas no Diario, fai un pequeno resumo

do que acabas de ler (non máis de catro liñas), de maneira que se vexa a

relación co que vas engadir.

Tipos de textos variados


★ Emprega diferentes fórmulas para a túa escrita (contos, poemas,

noticias xornalísticas, reflexións, diálogos coas personaxes,

mensaxes de texto, definicións, banda deseñada)… o que che

pareza mellor para cada momento.


○ Consello creativo: vai alternando e non repitas sempre o

mesmo.

○ Consello orientador: Non importa o longo que sexa cada

texto, pero si debe ter a extensión adecuada para que se

entenda o sentido da túa creación.

Inclusión de imaxes, caligrafía artística


★ É importante dares prioridade á parte escrita do

diario, aos textos que elabores. Porén, síntete

libre de incluír imaxes, colaxes e efectos visuais

que embelezan o texto. Se fas unha banda

deseñada, o texto e a imaxe xa irán ligados.

Extensión requirida
★ Non se vai marcar un número mínimo de páxinas: o

diario ten que cubrir todos os episodios do libro, con

textos teus variados de maior ou menor extensión.

O importante aquí é como sexas capaz de converter

a experiencia lectora nunha experiencia creativa.


CRITERIOS DE CORRECCIÓN (sobre 10 puntos):

· Presentación 2 puntos

· Expresión 4 puntos

o Adecuación 1 punto

o Coherencia 1 punto

o Cohesión 1 punto

o Corrección lingüística 2 puntos

· Contidos 2 puntos

· Creatividade literaria 2 puntos

You might also like