You are on page 1of 2

GUÍA DE TRABALLO

1ª Opción
COMENTARIO ORAL OU BOOKTUBER (TEMPO MÁXIMO 6 MINUTOS)

*Lembra proxectar a voz para que os/as que están ouvindo ou vendo entendan con facilidade.
* Ensaia antes de realizar agravación final.

★ PRESENTARSE
○ Saúda e preséntate.
■ Podes presentarte como comentarista ou asumir o papel dun/ha
dos/as personaxes do libro e explicalo desde a súa perspectiva.

★ PRESENTAR O LIBRO

○ Comenta os elementos paratextuais: título, autor/a, editora, cuberta (se é


vídeo podes mostrala e se é gravación describila), número de páxinas,
colección, prezo, etc.
○ Presentar os dous relatos que vas comentar.

★ RESUMO DO RELATO

○ Argumento
○ Estrutura
○ Personaxes (podes seleccionar aquel ou aquela que che resultou máis
interesante)
○ Tema
○ Comenta dúas características do relato que caracterizan o estilo de
Dieste

★ SELECCIÓN DUN PARÁGRAFO


○ Selecciona un parágrafo que che chamase a atención e explica o porqué.
Indica en que páxina está e le o fragmento.

★ PREGUNTA A UN/HA COMPAÑEIRO/A


○ Pensa na pregunta que lle farías a un/ha compañeiro/a para comprobar
que leu o libro e dá a resposta a esta.

★ OPINIÓN PERSOAL
○ Dá a túa opinión sobre o libro: Que che pareceu máis interesante? E menos?
Sentícheste identificado/a con algún momento ou con algún/ha personaxe da
obra?
2ª Opción
BOOKTRAILER

Ao igual que acontece co tráiler dun filme, non se debe desvelar o desenlace do libro,
senón que o que se pretende é que se seleccionen aqueles elementos que poden espertar o
interesedo/a destinatario/a e que o/a animen a introducirse na lectura.

★ SELECCIONAR OS ELEMENTOS E PERSONAXES MÁIS IMPORTANTES DO LIBRO.


★ DECIDIR ONDE SE AMBIENTARÁ E CANTOS ACTORES/ACTRICES SON
PRECISOS.
★ ELABORAR O GUIÓN
★ PLANIFICAR A GRAVACIÓN
★ GRAVAR E EDITAR
○ Dá a túa opinión sobre o libro: Que che pareceu máis interesante? E
menos? Sentícheste identificado/a con algún momento ou con algún/ha
personaxe da obra?

You might also like