You are on page 1of 4

4º eso

BOOKTUBER
Deberás entregar unha reseña oral gravada do libro de lectura
desta avaliación. Ademais dos datos obxectivos da obra
(autor, xénero, argumento... ) tamén deberás dar a túa opinión
sobre a mesma.

Tes un exemplo no seguinte enderezo electrónico:


https://www.youtube.com/watch?v=wF3DGazWV2o (a partir
do minuto 1' 42")

IMPORTANTE: O teu vídeo deberá ter unha duración mínima


de 2' e máxima de 3' 30". Valorarase, ademais do contido, a
expresión, a corrección da lingua e a presentación.

Esta será a proba de lingua oral para esta avaliación


Poden
servirche de
axuda os
seguintes
apuntamentos
da recensión
A RECENSIÓN, TEXTO ARGUMENTATIVO ACADÉMICO

Texto académico argumentativo no que se ofrece información


sobre unha obra (libros, películas, espectáculos…), ao tempo que se
emite unha valoración crítica sobre ela.
Estrutura:
o Ficha: datos identificativos da obra (autor, título, páxinas,
editorial…)
o Presentación e contextualización. Introdúcense algúns datos
para que o lector poida situala: tema, xénero, innovador ou
clásico …
o Análise:
- Parte expositiva: información sobre a obra (resumo do
contido, organización, estilo…)
- Parte argumentativa: faise unha valoración crítica da obra
(positiva ou negativa), apoiándose en diversos argumentos.
o Conclusión: síntese valorativa : que hai de interesante,
que impresión deixa, se é recomendable ou non…

You might also like