You are on page 1of 1

COMENTARIO CRÍTICO

Consiste en expresar organizada e claramente unha valoración argumentada sobre un texto


dado. Vanse valorar, polo tanto, dúas cuestións:
➢ Capacidade crítica: débese demostrar que se teñen coñecementos e opinións propios e que
se sabe razoar a partir deles para contrastalos co que se di no texto.
➢ Expresión lingüística: débese demostrar que se é capaz de expresar as propias ideas de
xeito organizado, correcto e eficaz.

ESTRUTURA COMENTARIO CRÍTICO


• Identificación do texto: título, obra, autor e época.
• Clasificación do texto pola modalidade textual:
narración, descrición, diálogo, exposición ou
INTRODUCIÓN argumentación.
• Clasificación do texto segundo a súa finalidade:
informativa, prescritiva, persuasiva ou estética.
• Clasificación do texto segundo o ámbito de uso:
científico-humanístico, periodístico, literario,
publicitario, xurídico-administrativo...
✗ Tema
SÍNTESE ✗ Resumo das ideas principais do texto
✔ Valorar desde o teu punto de vista as ideas expostas no
texto defendéndoas, ampliándoas ou refutando os
argumentos que se empregan.
CORPO ✔ Relacionar ou comparar os contidos con outras facetas
XUÍZO CRÍTICO do noso saber: outras lecturas, películas...
✔ Interese do texto: vixencia na actualidade,
orixinalidade, enfoque co que se trata o tema...
*Evitar as contradicións, as repeticións e as afirmacións non
razoadas.
• Resumir a esencia do exposto anteriormente = tese que
CONCLUSIÓN se defendeu.
• Valoración persoal do texto en xeral: interese ou non
xustificándoo razoadamente.

You might also like