You are on page 1of 1

SÍMBOLOS NA CANTIGA DE AMIGO

AUGA Fertilidade / Harmonía amorosa entre os dous namorados / Pureza


MAR Separación entre os amados / Confidente / Intensidade do sentimento
amoroso / Paixón amorosa
Virilidade, elemento masculino / Sopro que desperta a sensualidade
VENTO feminina /
Inquedanzas
Amado / Fecundidade, a virilidade do amigo, do ardor amoroso
CERVO Cando o cervo turba a auga indica a confusión e o aturdimento de
espírito que o encontro amoroso provoca.
É orixe da vida, da maternidade e as augas limpas poden indicar a
FONTE pureza da muller / Encontro amoroso
ONDAS Tumulto, confusión interior / Pureza feminina
"Banharse nas ondas" fai alusión ao momento erótico por excelencia
AVES Coa beleza do seu canto, representan a sedución e o namoramento.
“Lavar cabelos” prefigura o baño nupcial e simboliza a expectativa
CABELOS íntima da moza / Sensualidade feminina
"Desatar os cabelos" ten unha connotación afrodisíaca.
FLORES Delicadeza e feminidade.
LUZ Deslumbramento do amor e, tal como a luz nos pode cegar, tamén o
amor nos pode impedir ver as situacións con lucidez e sensatez
CAMISA Primeira peza da roupa interior do home e da muller; substituto
simbólico do corpo.
“Lavar camisas” prefigura o baño nupcial e simboliza a expectativa
íntima da moza / Sensualidade feminina.

You might also like