You are on page 1of 1

COMENTARIO CRÍTICO - Espazos de xogo nos colegios: patios coeducativos

INTRODUCIÓN
O presente texto é un fragmento do ensaio Papá, por que non pintas as unllas de cores?,
de Jorge García Marín. Na composición o autor re exiona sobre as prácticas educativas
a implementar entre a mocidade para fomentar a igualdade de xénero. Así pois, estamos
fronte a un texto expositivo-argumentativo de ámbito didáctico, xa que amosa unha
realidade do ensino para sinalar posíbeis causas e solucións. Ademais, a intención
comunicativa é persuasiva, posto que pretende convencer o público lector do seu xuízo.

CORPO DO TEXTO
SÍNTESE - En liñas xerais, o texto defende os chamados “patios coeducativos”, unha
iniciativa que pretende reconverter estes espazo de lecer nos centros. A idea principal é
retirar o protagonismo do fútbol e propor dinámicas de xogo diferentes para que así o
alumnado ocupe o espazo equitativamente.

XUÍZO CRÍTICO - Esta omnipresenza do “deporte rei” débese principalmente ao seu


tratamento mediático, que monopoliza a socialización dos nenos. Estes normalizan
modelos de comportamento de futbolistas da elite e afeccionados, con conductas
exaltadas e mesmo violentas. Deste modo, esta idea do fútbol acaba por facilitar que os
mozos fagan un uso expansivo e non respectuoso do espazo. Velaí está, para ilustralo, o
caso da profesora ameazada nun instituto de La Palma por facer cumprir o regulamento.

Dito doutro xeito, o alumnado só poderá vivir en igualdade se existen mecanismos que
desartellen hábitos viciados e garantan unha convivencia xusta. Polo tanto, non podemos
esperar só que as alumnas reclamen un lugar no centro do patio, en loita cos
compañeiros, senón que debemos facilitar a tarefa: tirar abaixo as portarías, abrir o
recreo para todas.

CONCLUSIÓN
En de nitiva, a tese de García Marín sobre patios coeducativos semella pertinente para
un debate de moita actualidade. Cómpre ter en conta as súas propostas cando falemos
sobre como os patróns de conducta condicionan a nosa mentalidade e marcan as
xerarquías sociais invisibles, que poden tomar forma en cuestións tan banais como un
xogo infantil.
fi
fl

You might also like