You are on page 1of 1

INSTITUTO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA NOME GRUPO DATA

francisco aguiar
BETANZOS
DEPARTAMENTO DE ARTES PLÁSTICAS

EPVA. 3º ESO

Para poñer en práctica os conceptos estudados no tema de Banda Deseñada, vas realizar un
pequeno cómic. Deberá desenvolverse, polo menos, nunha páxina completa (en torno a unhas 10
viñetas), segundo o proceso que se indica:

a) Argumento. Procura que sexa unha historia breve (a secuencia que deseñes seguramente
vai levar máis viñetas das que pensas). O tema debe versar sobre a historia e do espazo
do Parque O Pasatempo de Betanzos. Podes atopar información e imaxes nas páxinas:

https://parquepasatiempo.blogspot.com/p/el-parque.html
https://parquepasatiempo.blogspot.com/p/indice-fotografico.html
https://parquepasatiempo.blogspot.com/p/guias.html

b) Guión. Debe desenvolverse viñeta a viñeta, recollendo con detalle todos aqueles aspectos
necesarios para definir cada viñeta (tipo de plano e ángulo, argumento que se narra,
personaxes que interveñen e posicións que ocupan, como visten, movementos, metáforas
visuais, diálogos, textos accesorios, onomatopeas...)

c) Definición gráfica dos personaxes. Diferentes esbozos para practicar a representación dos
personaxes (descrición física, diferentes posicións e movementos, detalles específicos...)

d) Esbozo de distribución da(s) páxina(s): tamaño e posición relativa das viñetas (ten en conta
que a narración debe ocupar por completo a/s páxina/s).

e) Execución final do cómic.

Utiliza o teu caderno de traballo para os distintos pasos intermedios (argumento, guión,
esbozos...). O resultado final realizarase sobre unha lámina A-4.
Os mellores traballos poderán ser publicados na revista BD, polo que terán que redactarse en
lingua galega (pon especial coidado na corrección lingüística) e realizarse en branco e negro (se
queres traballar en cor, podes facer unha fotocopia do exercicio e coloreala).

You might also like