You are on page 1of 20

SISTEMA DIÉDRICO.

PUNTO, RECTA E PLANO

I.E.S. Francisco Aguiar - BETANZOS

Departamento de Artes Plásticas

Sistema Diédrico:
JOSÉ MANUEL REY BAO
I.E.S. Francisco Aguiar. BETANZOS Punto, recta e plano Páx. 1 de 20
SISTEMA DIÉDRICO. PUNTO, RECTA E PLANO

GASPARD MONGE.

Gaspard Monge (Beaune, 9-05-1746, París, 28-07-1818) foi un matemático francés, ao que se
considera "inventor" da Xeometría Descritiva. Fillo dun vendedor ambulante que acabou sendo
presidente do Colexio de Avogados da irmandade de mercerías de Beaune, estudou en Lyon e na
escola militar de Mézières, e con só 16 anos foi nomeado profesor de Física en Lyon, cargo que
exercería ata 1765; posteriormente foi profesor de Matemáticas e de Física en Mézières a partir de
1771. Entrou na Academia Real de Ciencias en 1780.

Sendo xa un dos máis importantes científicos do seu país, a Revolución Francesa, que apoiou
decididamente desde o seu inicio, cambiou o curso da súa vida. Integrouse nos Xacobinos, onde
coñecería a Robespierre e Saint-Just, entre outros revolucionarios notables. En 1792 formou parte,
con outras cinco persoas (Danton entre elas) membro do Executivo Provisional do Consello.
Nomeado Ministro de Marina pola Convención,
encargouse de reorganizar os arsenais e potenciar
as fábricas de canóns. Contribuíu a fundar a École
Polytechnique en 1794, na que deu clases de
Xeometría Descritiva durante máis de dez anos. Foi
membro do Comité de Pesas e Medidas para a
implantación do Sistema Métrico Decimal.

En 1795 entrou no Instituto de Francia, e mentres


buscaba obras de arte durante a campaña de Italia,
coñeceu a Napoleón, quen logrou persuadilo para
participar na expedición a Exipto, pese a
considerarse xa moi avanzado de idade para esa
empresa; converteuse así nun dos confidentes de
Bonaparte, sendo nomeado primeiro presidente do
Instituto de Exipto fundado en agosto de 1789, e
durante a súa estadía preparou un traballo sobre os
espellismos.

Regresou a Francia o 23 de agosto de 1799, ano en que publicou a súa famosa obra "Geometrie
descriptive", fundamental para a enxeñería, a arquitectura e para a Xeometría pura. Débenselle
tamén importantes teoremas de xeometría analítica de tres dimensións. Foi nomeado membro do
Senado, director da Escola Politécnica (1802) e conde de Pelusio. Pero a caída de Napoleón fixo que
o excluíran do Instituto e da escola Politécnica. Morreu en París o 28 de xullo de 1818 e foi enterrado
no cemiterio de Père-Lachaise, aínda que en 1989 os seus restos foron trasladados ao Panteón de
París.

Monge é considerado o inventor da Xeometría Descritiva, sistema que permite representar


superficies tridimensionais de obxectos sobre unha superficie bidimensional. En palabras do propio
Monge, a Xeometría Descritiva ten dous obxectivos:

a) Dar os métodos para representar sobre unha folla de debuxo, que só ten dúas dimensións
(lonxitude e anchura) todos os corpos da natureza, que teñen tamén profundidade,
establecendo así que estes corpos poidan ser definidos rigorosamente.
b) Dar unha forma de recoñecer segundo unha descrición exacta as formas dos corpos, e de aí
deducir todas as verdades que resultan das súas formas e posicións relativas.

Existen diferentes sistemas de representación que serven a este fin, como a perspectiva cónica, o
sistema de planos acoutados, etc., pero quizás o máis importante é o Sistema Diédrico, tamén
coñecido como Sistema Monge, por ser quen o desenvolveu na súa primeira publicación (1799)

JOSÉ MANUEL REY BAO


I.E.S. Francisco Aguiar. BETANZOS Páx. 2 de 20
SISTEMA DIÉDRICO. PUNTO, RECTA E PLANO

PROXECCIÓN.

Cando vas ver unha película, podes dicir que acodes a unha “proxección de cine”: séntaste
nunha butaca e, cando a sala se escurece, a acción da película pasa desde un aparello
proxector (no que circula a cinta de celuloide) a través do aire da sala ata a pantalla, situada
na parede oposta, na que “se proxecta”. Deducimos, pois, que “proxectar” ven sendo
equivalente a “levar”.

Chamamos “proxección” dun punto P sobre un plano  ó punto P’ onde a liña proxectante
que pasa polo punto P corta ó plano. É dicir, para falar de proxeccións necesitamos dispoñer
de algo que proxectar (o punto P),
un lugar onde proxectalo (o plano )
e un “camiño” para levar a
proxección (a recta proxectante).
Polo tanto, se facemos pasar unha
recta proxectante calquera polo
punto P e a prolongamos ata que
corte ó plano , o punto intersección
P’ será a proxección do punto P
sobre ese plano.

Comprendendo como funciona a


proxección dun punto sobre un
plano, resulta fácil proxectar unha
figura calquera: a proxección dunha
figura ou corpo do espazo sobre un
plano obtense trazando rectas que,
partindo do centro O de proxección,
pasen por todos os puntos da figura
ou corpo, prolongándoas ata que
corten ó plano de proxección.

Podemos entender máis facilmente as proxeccións se as identificamos coas sombras: Se


iluminamos un punto, a súa sombra sobre o plano constitúe a proxección dese punto sobre
ese plano.

CLASES DE PROXECCIÓN.

a) Proxección cónica. Todas as rectas proxectantes parten dun punto O, que chamaremos
centro de proxección (continuando co exemplo das sombras, poderíamos identificar a
proxección cónica coas sombras que producen os corpos iluminados por unha lámpada
no interior dunha habitación: todos os raios de luz converxen na lámpada).

b) Proxección cilíndrica. O centro de proxección está situado no infinito, o que quere dicir
que as rectas proxectantes son paralelas entre si (sería o caso das sombras producidas
polos raios solares, que se consideran paralelos entre si). As proxeccións cilíndricas
poden ser de dous tipos:

- Ortogonal, se as rectas proxectantes son perpendiculares ó plano de proxección.

JOSÉ MANUEL REY BAO


I.E.S. Francisco Aguiar. BETANZOS Páx. 3 de 20
SISTEMA DIÉDRICO. PUNTO, RECTA E PLANO

- Oblicua, se as rectas proxectantes forman un ángulo calquera, distinto de 90º, co


plano de proxección.

Proxección cilíndrica ortogonal Proxección cilíndrica oblicua Proxección cónica

A XEOMETRÍA DESCRITIVA.

No século XVIII, o enxeñeiro francés Gaspard Monge (1746-1818) cuestionouse como


representar os obxectos de forma clara para a súa construción. O resultado dos seus
estudios e leccións, que foron publicados no ano III da República (1798) na Escola Normal
de París, constitúe a Xeometría Descritiva, en concreto, o Sistema Diédrico; o seu
coñecemento permite representar os obxectos e abordar con maior facilidade o estudio dos
demais sistemas de representación. En palabras do propio Monge, a Xeometría Descritiva
ten dous obxectivos:

a) Dar os métodos para representar sobre unha folla de debuxo, que ten só dúas
dimensións (lonxitude e anchura), todos os corpos da natureza, que teñen tres
dimensións (lonxitude, anchura e altura), establecendo así que estes corpos poidan ser
definidos rigorosamente.
b) Dar unha maneira de recoñecer, segundo unha descrición exacta, as formas dos corpos,
e diso deducir todas as verdades que resultan das súas formas e posicións relativas.

Para cumprir estes obxectivos, a Xeometría Descritiva utiliza unha serie de sistemas de
representación baseados nas proxeccións cilíndricas e ortogonais, conforme se indica a
continuación.

SISTEMAS DE REPRESENTACIÓN.

Cando se planea a construción dun edificio, unha obra de enxeñería, un obxecto industrial a
fabricar en serie, etc., é necesario facer un estudio previo para analizar a súa viabilidade,
definir o seu deseño, efectuar os cálculos necesarios, etc. Para elo recórrese a diferentes
tipos de imaxes, en tamaño reducido, do obxecto que se pretende construír; estas imaxes
poden ter tres dimensións (maquetas) pero o habitual é que sexan imaxes en dúas
dimensións (o que todos coñecemos como “planos”) nas que se poden utilizar diversos tipos
de representación en función do aspecto que se pretenda destacar e do tipo de proxección
que se empregue:

JOSÉ MANUEL REY BAO


I.E.S. Francisco Aguiar. BETANZOS Páx. 4 de 20
SISTEMA DIÉDRICO. PUNTO, RECTA E PLANO

a) Sistemas de representación bidimensionais (ou planos):


- Proxección cilíndrica ortogonal:
- Sistema diédrico.
- Sistema acoutado.
- Sistema axonométrico. Pode ser:
- Isométrico.
- Dimétrico.
- Trimétrico.

- Proxección cilíndrica oblicua:


- Perspectiva cabaleira.
- Perspectiva militar.
Sistema Diédrico

- Proxección cónica (perspectiva cónica):


- Frontal (un punto de fuga).
- Oblicua (dous puntos de fuga).
- Aérea (tres puntos de fuga).

b) Sistemas de representación tridimensionais:


Maquetas e modelos a escala.

Sistema Acoutado

Perspectiva isométrica
Perspectiva trimétrica

Perspectiva cabaleira

Perspectiva cónica frontal

JOSÉ MANUEL REY BAO


I.E.S. Francisco Aguiar. BETANZOS Páx. 5 de 20
SISTEMA DIÉDRICO. PUNTO, RECTA E PLANO

O SISTEMA DIÉDRICO.

O Sistema Diédrico é un procedemento de representación baseado nas proxeccións


cilíndricas ortogonais sobre dous planos perpendiculares, un deles horizontal e o outro
vertical. Dado que os planos, por definición, teñen unha superficie ilimitada, dividirán o
espazo en catro cuadrantes ou diedros. Considérase ó observador situado no primeiro
cuadrante e que os planos son opacos, polo que todo o que estea situado no segundo,
terceiro e cuarto cuadrante quedará oculto (representarase a trazos).

A liña de intersección entre o plano horizontal e o vertical denomínase liña de terra (LT), e
simbolízase con dous trazos situados no plano horizontal, diante do vertical e nos extremos
da LT.

Ademais dos planos horizontal e vertical, debemos considerar tamén os planos bisectores,
que conteñen a LT e forman 45º co horizontal e co vertical; o primeiro bisector divide ó
primeiro e ó terceiro cuadrante, e o segundo bisector divide ó segundo e ó cuarto.

Todos os elementos vistos ata agora implican un conxunto de tres dimensións. Para poder
representalo sobre unha superficie plana, empregaremos un artificio, consistente en utilizar a
liña de terra como eixe e xirar en torno a ela o plano vertical, de forma que a súa parte
positiva coincida coa negativa do plano horizontal (obtemos o mesmo resultado se xiramos o
plano horizontal de maneira que a súa parte positiva baixe ata superpoñerse sobre a parte
negativa do plano vertical).

INVARIANTES DO SISTEMA DIÉDRICO.

Como o Sistema Diédrico está baseado en proxeccións cilíndricas, algunhas propiedades do


espazo mantéñense invariantes nas proxeccións. Entre elas hai que destacar:

a) O paralelismo. Se dúas rectas r e s son paralelas no espazo, as súas proxeccións r’ e s’


tamén son paralelas (non se pode afirmar o mesmo á inversa: dúas proxeccións
paralelas non teñen por que corresponder a rectas paralelas no espazo).
b) A aliñación e ordenación. Se tres puntos A, B e C están aliñados, e B está entre A e C,
as súas proxeccións A’, B’ e C’ tamén estarán aliñadas, quedando B’ entre A’ e C’.

JOSÉ MANUEL REY BAO


I.E.S. Francisco Aguiar. BETANZOS Páx. 6 de 20
SISTEMA DIÉDRICO. PUNTO, RECTA E PLANO

c) A proporcionalidade entre segmentos. Se un segmento AB mide o dobre que outro BC


pertencente á mesma recta, a súa proxección A’B’ será tamén dobre de B’C’.

Entre as propiedades que non se manteñen están os ángulos entre rectas e planos, a
perpendicularidade, a forma, etc.

REPRESENTACIÓN DO PUNTO.

Para representar un punto calquera (por exemplo, o punto A da figura) no Sistema Diédrico,
temos que proxectar ortogonalmente dito punto sobre os dou planos de proxección; para elo,
facemos pasar por A unha recta perpendicular ó plano horizontal, ó que cortará no punto A1
(proxección horizontal de A), e tamén unha recta perpendicular ó plano vertical, ó que
cortará no punto A2 (proxección vertical de A). A continuación abatemos o plano vertical
sobre o plano horizontal ata que coincidan ambos (tal como se explicou anteriormente) a fin

de pasar da representación en tres dimensións á representación plana.

A distancia do punto A ó plano horizontal recibe o nome de “cota” (distancia de A 2 á LT), e á


distancia de A ó plano vertical chámaselle “alonxamento” (distancia de A 1 á LT). As cotas
son positivas por encima do plano horizontal, e negativas por debaixo do mesmo; os
alonxamentos serán positivos cando o punto estea por diante do plano vertical e negativas
se está por detrás del. Como resultado, na representación plana as cotas positivas e os
alonxamentos negativos representaranse por enriba da LT, mentres que as cotas negativas
e os alonxamentos positivos aparecerán por debaixo da LT.

As liñas de proxección son perpendiculares ós planos horizontal e vertical, e tamén o son á


LT. Se trazamos no plano horizontal e no vertical liñas paralelas ás de proxección, esas liñas
serán perpendiculares á LT no mesmo punto (e polo tanto tamén o serán despois de xirar o
plano vertical); polo tanto, a liña que une as proxeccións A1 e A2 é perpendicular á LT.

No Sistema Diédrico temos a representación do punto (ou calquera outro elemento


xeométrico: segmentos, polígonos, etc.) polas súas proxeccións. Para volver a obter o punto,
seguimos o proceso inverso ó que acabamos de ver (o Diédrico é un “sistema reversible”: a
partir dun obxecto podemos obter as súas proxeccións, e viceversa, o que nos permite
visualizar mentalmente o representado a partir das súas proxeccións).

Hai veces en que non é suficiente coas proxeccións horizontal e vertical, e necesitamos
unha terceira proxección, que se realizará sobre un plano de perfil, que será perpendicular

JOSÉ MANUEL REY BAO


I.E.S. Francisco Aguiar. BETANZOS Páx. 7 de 20
SISTEMA DIÉDRICO. PUNTO, RECTA E PLANO

tanto ó vertical como ó horizontal. Na seguinte figura podemos ver o mesmo punto A no
espazo, proxectado sobre os tres planos (horizontal H, vertical V e de perfil P), obtendo as
súas tres proxeccións A1, A2 e A3. Para construír a figura en dúas dimensións, xiramos o
plano de perfil pola liña de xiro (LG) ata que coincida co plano vertical; a continuación,
abateremos os dous planos sobre o horizontal, como fixemos anteriormente.

A partir das proxeccións horizontal e vertical do punto (A 1 e A2 ) obtemos facilmente a


proxección A3:

- Trazamos por A1 unha recta paralela á LT


ata que corte á LG no punto B.
- Con centro en O (intersección de LT con
LG) trazamos un arco de radio OB, que
cortará á LT no punto C.
- Por C debuxamos unha liña
perpendicular á LT.
- Por A2 trazamos unha recta paralela á LT
ata que corte á perpendicular anterior na
terceira proxección A3 buscada.

ALFABETO DO PUNTO.

Un punto pode adoptar ata dezasete posicións diferentes en relación cos elementos do
Sistema Diédrico que vimos ata agora: pode estar situado no plano horizontal (diante ou
detrás do vertical), no plano vertical (por enriba ou debaixo do horizontal); ten outras dúas
posicións distintas sobre cada un dos bisectores. Se consideramos os espazos
comprendidos entre os planos de proxección e cada un dos bisectores, temos outras oito
posicións posibles máis. Por último, o punto tamén pode estar situado sobre a LT. Imos ver
algunhas desas representacións:

a) Punto A. Está sobre o plano horizontal,


polo que coincide coa súa proxección
horizontal A1; a proxección vertical A2
estará na LT.

b) Punto C. Está no plano vertical, polo


que coincide coa súa proxección
vertical C2, estando a proxección
horizontal C1 na LT.

JOSÉ MANUEL REY BAO


I.E.S. Francisco Aguiar. BETANZOS Páx. 8 de 20
SISTEMA DIÉDRICO. PUNTO, RECTA E PLANO

c) Punto D. Pertence ó segundo cuadrante: ó efectuar o xiro dos planos de proxección,


ambas proxeccións D1 e D2 aparecerán por enriba da LT.

d) Punto E. Está no terceiro cuadrante. Na


representación plana comprobamos que
as dúas proxeccións aparecen unha a
cada lado da LT, pero á inversa que os
puntos do primeiro cuadrante: E1 por
encima e E2 por debaixo da LT.

e) Punto F. Pertence ó cuarto cuadrante;


cando efectuamos o abatemento do
plano vertical, ambas proxeccións
quedan por debaixo da LT (ó contrario
dos puntos que están no segundo
cuadrante).

En resume:
- Os puntos situados no primeiro cuadrante teñen a súa proxección horizontal por
debaixo da LT e a vertical por enriba dela.
- Os puntos do terceiro cuadrante teñan as súas proxeccións ó revés que os puntos
do primeiro cuadrante.
- Os puntos do segundo cuadrante teñen as súas proxeccións por encima da LT,
mentres que os puntos do cuarto cuadrante teñen as dúas proxeccións por
debaixo da LT.

COORDENADAS DUN PUNTO NO SISTEMA DIÉDRICO.

Para situar os puntos por medio de coordenadas,


adoptaremos o seguinte convenio:

P (Z, X, Y) = (Perfil, alonxamento, cota), de acordo co


seguinte criterio de signos:

O perfil (Z) será positivo (+) á dereita e negativo (-) á


esquerda. Tamén pode chamarse “distancia á orixe”,

JOSÉ MANUEL REY BAO


I.E.S. Francisco Aguiar. BETANZOS Páx. 9 de 20
SISTEMA DIÉDRICO. PUNTO, RECTA E PLANO

sendo esta orixe un punto calquera da liña de terra (se non


se indica nada en contrario, adoita situarse no centro da LT).

O alonxamento (X) será positivo por debaixo da LT e


negativo por encima dela. Como o alonxamento é a distancia
do punto ó plano vertical de proxección, isto quere dicir que o
alonxamento será positivo diante do plano vertical e negativo
por detrás do mesmo.

A cota (Y) será positiva por encima da LT e negativa por


debaixo da mesma. Como a cota é a distancia do punto ó
plano horizontal, deducimos que a cota será positiva se o
punto está situado encima do plano horizontal, mentres que
será negativa cando o punto está por debaixo de dito
plano.

Como exemplo, vemos na figura a representación no


espazo e no Sistema Diédrico dos puntos A(10,15,25)
e B(-15,25,-10) situados no primeiro e no cuarto
cuadrante, respectivamente:

REPRESENTACIÓN DA RECTA.

Unha recta queda definida por dous


puntos: ó proxectar os puntos A e B e unir
as proxeccións homónimas (A1 con B1 e
A2 con B2) obtemos a proxección
horizontal r1 e a vertical r2 da recta r que
pasa por A e B.

Desta figura dedúcese que un punto


pertence a unha recta se as súas
proxeccións pertencen ás proxeccións
homónimas da recta.

JOSÉ MANUEL REY BAO


I.E.S. Francisco Aguiar. BETANZOS Páx. 10 de 20
SISTEMA DIÉDRICO. PUNTO, RECTA E PLANO

Unha recta pódese representar por medio de calquera par de puntos da mesma, pero resulta
máis fácil se utilizamos os puntos de intersección da recta cos planos vertical e horizontal de
proxección (que chamaremos “trazas” da recta: Hr a horizontal e Vr a vertical). Dado que Hr
é o punto de intersección da recta co plano horizontal, resulta ser un punto de dito plano,
polo que coincidirá coa súa proxección horizontal Hr1, mentres que Hr2 estará na LT.
Igualmente, Vr será o punto de intersección da recta co plano horizontal, polo que será un
punto pertencente a dito plano, coincidindo coa súa proxección vertical Vr 2, mentres que Vr1
estará na LT (ás veces, a representación das trazas pode simplificarse, denominando Hr a
Hr1 e Vr a Vr2).

Se queremos obter as trazas dunha recta dada por


dous puntos calquera A e B, só temos que prolongar
as proxeccións r1 e r2 ata que corten á liña de terra, tal
como se ve na figura:

CUADRANTES POLOS QUE PASA UNHA RECTA.

Unha recta pode pasar por un, dous ou tres


cuadrantes. Para saber por cales pasa, utilizamos as
súas trazas (xa que sendo as interseccións cos planos
de proxección, serán as que delimitan o paso dun
diedro a outro): se a recta ten dúas trazas, pasará por
tres cuadrantes; se ten unha traza, pasará por dous, e
se non ten trazas, só pasará por un cuadrante.
Situando un punto en cada unha destas zonas,
podemos deducir a través das súas proxeccións en
que cuadrante está e, polo tanto, por que cuadrante
pasa ese fragmento de recta.

TRAZAS (INTERSECCIÓN) DUNHA RECTA COS PLANOS BISECTORES.

Cando unha recta r corta ó primeiro plano bisector, o punto I de intersección ten igual
alonxamento que cota, e ademais será un punto pertencente ó primeiro ou ben ó terceiro
cuadrante; como consecuencia, ten as súas proxeccións I 1 e I2 a ambos lados da LT e son

JOSÉ MANUEL REY BAO


I.E.S. Francisco Aguiar. BETANZOS Páx. 11 de 20
SISTEMA DIÉDRICO. PUNTO, RECTA E PLANO

equidistantes dela. Para atopalo, hai que trazar unha liña simétrica dunha das proxeccións
respecto da LT ata que corte á outra (na figura, a recta s, simétrica de r 1 corta a r2 na
proxección vertical, I2). Trazando por I2 unha liña perpendicular á LT ata que corte a r1,
obteremos a proxección horizontal I1 do punto intersección co primeiro bisector buscado.

Se a recta corta ó segundo bisector, o punto


de intersección I’ terá tamén igual
alonxamento que cota, pero as súas
proxeccións I’1 e I’2 coincidirán, xa que
estarán situadas no segundo ou no cuarto
cuadrante. O único punto que cumpre estas
condicións será o punto de intersección das
dúas proxeccións r1 e r2 da recta.

As rectas contidas nos planos bisectores, ou


ben cortan á LT ou ben son paralelas a ela.
Se, como na recta r da figura, están no
primeiro bisector, as súas proxeccións son
simétricas respecto da LT, xa que todos os
seus puntos teñen igual alonxamento que cota
e están a ambos lados da LT.

Rectas contidas no primeiro bisector Recta paralela ó primeiro bisector

Se unha recta é paralela a un plano bisector, non ten puntos de contacto con el. Así, se por
exemplo é paralela ó primeiro bisector, non o corta e, polo tanto, a súa proxección horizontal
r1 debe ser paralela á liña simétrica da proxección vertical r2 (ou viceversa).

RECTAS QUE SE CORTAN.

Se dúas rectas r e s se cortan no espazo, as súas


proxeccións tamén se cortarán, e a liña que une as
proxeccións A1 e A2 do punto de corte será
perpendicular á liña de terra.

JOSÉ MANUEL REY BAO


I.E.S. Francisco Aguiar. BETANZOS Páx. 12 de 20
SISTEMA DIÉDRICO. PUNTO, RECTA E PLANO

POSICIÓNS PARTICULARES DA RECTA.

A representación da recta resulta simplificada se está situada nalgunhas posicións


características, das que consideraremos as seguintes:

a) Recta r paralela ó plano


horizontal (tamén chamada “recta
horizontal”). É paralela ó plano
horizontal, polo que todos os
seus puntos teñen a mesma cota.
A súa proxección vertical r2 é
paralela á LT, e a horizontal r1
formará un ángulo coa LT igual ó
que a recta forma co plano
vertical. Non ten traza horizontal,
pero si vertical Vr. Calquera
segmento que consideremos na
recta manterá a súa lonxitude na
proxección horizontal, mentres que na vertical aparecerá como un segmento de menor
lonxitude (dependerá do ángulo que forme a recta co plano vertical).

b) Recta r perpendicular ó plano


vertical (tamén chamada recta
proxectante vertical ou “recta de
punta”). Constitúe un caso particular
da anterior, no que o ángulo que
forma a recta co plano vertical é de
90º. A súa proxección horizontal r1 é
perpendicular á LT, e a vertical r2 é
un punto no que coincidirán todos os
puntos da recta. Non ten traza
horizontal, pero si vertical, que
coincidirá co propio punto r2.
Calquera segmento da recta que consideremos manterá a súa lonxitude na proxección
horizontal, quedando reducido a un punto na proxección vertical.

c) Recta r paralela ó plano vertical


(tamén chamada “recta frontal”). É
paralela ó plano vertical, polo que
todos os seus puntos teñen o mesmo
alonxamento. A súa proxección
horizontal r1 é paralela á LT, e a
vertical r2 formará un ángulo coa LT
igual ó que a recta forma co plano
horizontal. Non ten traza vertical,
pero si horizontal Hr. Calquera
segmento que consideremos na recta
manterá a súa lonxitude na
proxección vertical, mentres que na horizontal aparecerá como un segmento de menor
lonxitude (dependerá do ángulo que forme a recta co plano horizontal).

JOSÉ MANUEL REY BAO


I.E.S. Francisco Aguiar. BETANZOS Páx. 13 de 20
SISTEMA DIÉDRICO. PUNTO, RECTA E PLANO

d) Recta r perpendicular ó plano horizontal


(tamén chamada recta proxectante
horizontal, ou “recta vertical”). En
realidade, é un caso particular de recta
frontal, no que o ángulo que forma a
recta co plano horizontal vale 90º. A súa
proxección vertical r2 é perpendicular á
LT, e a horizontal r1 é un punto no que
coincidirán todos os puntos da recta.
Non ten traza vertical, pero si horizontal,
que coincidirá co propio punto r1.
Calquera segmento da recta que
consideremos manterá a súa lonxitude na proxección vertical, e quedará reducido a un
punto na horizontal.

e) Recta r paralela á liña de terra.


Pode considerarse como unha recta
que é frontal e horizontal ó mesmo
tempo; consecuentemente, as dúas
proxeccións son paralelas á LT e
non ten trazas. Calquera segmento
que consideremos nesta recta
mantén a súa lonxitude nas dúas
proxeccións.

f) Recta de perfil. É unha recta paralela


ó plano de perfil, polo que tanto a súa
proxección horizontal r1 como a
vertical r2 son perpendiculares á LT.
De aquí dedúcese que para coñecer o
ángulo que forma a recta cos planos
de proxección (e tamén para saber se
un punto dado está nela) é preciso
dispoñer da terceira proxección r3. Se
consideramos un segmento da recta,
as súas proxeccións horizontal e
vertical serán de menor lonxitude que o segmento propiamente dito; a súa verdadeira
dimensión pode medirse en r3 (proxección sobre o plano de perfil).

g) Recta que corta á liña de terra. Esta


recta ten as dúas trazas coincidentes, e
estarán no punto no que corta á LT. As
dúas proxeccións r1 e r2 coinciden nese
mesmo punto. Como caso particular,
pode suceder que a recta sexa
perpendicular á LT, e entón as dúas
proxeccións son perpendiculares á LT e
están en prolongación unha da outra;
neste caso, as mesmas proxeccións

JOSÉ MANUEL REY BAO


I.E.S. Francisco Aguiar. BETANZOS Páx. 14 de 20
SISTEMA DIÉDRICO. PUNTO, RECTA E PLANO

poden corresponder a distintas rectas (serán as mesmas proxeccións calquera que sexa
a inclinación da recta), polo que a súa representación require situar as proxeccións dun
punto calquera polo que pase a recta.

REPRESENTACIÓN DUNHA RECTA POR COORDENADAS.

Como resume do todo o que acabamos de comentar, vexamos un exemplo con datos
numéricos: dada a recta que pasa polos puntos A(-33,-20,-9) e B(5,-3,35), determinar as
súas trazas, os puntos de intersección cos planos bisectores, un punto C da recta que teña
de cota 51 mm. e os cuadrantes polos que pasa.

- En primeiro lugar, situamos os puntos A e B polas súas proxeccións e unimos as


homónimas A1 con B1 e A2 con B2, obtendo as proxeccións r1 e r2 da recta.
- Prolongamos as proxeccións r1 e r2 ata que corten á LT, para obter as trazas Hr e
Vr. O punto I’ (I’1, I’2) de intersección co segundo bisector estará na intersección
das proxeccións r1 e r2.
- O punto I (I1, I2) de intersección co primeiro bisector determínase trazando a recta
s (simétrica da proxección r1) ata que corte a r2 no punto I2. Trazando unha
perpendicular á LT, obtemos I1 sobre r1.
- Para situar o punto C, trazamos por encima da LT e paralelamente a ela unha liña
t a 51 mm. de distancia, que cortará a r2 na proxección vertical C2. A proxección
horizontal C1 obtense trazando por C2 unha perpendicular á LT ata que corte a r1.
- Por último, os cuadrantes polos que pasa a recta determínanse con facilidade
fixándonos na posición dun punto calquera de cada sector da recta: á esquerda de
Hr, o punto A (A1, A2) é do terceiro cuadrante, ó que pertencerá toda esa zona.
Entre as trazas Hr e Vr, un punto como B (B1, B2) pertence ó segundo cuadrante, ó
que pertencerá todo ese sector. Finalmente, á dereita de Vr temos, como exemplo,
o punto C, que segundo ás súas proxeccións, está no primeiro cuadrante.

JOSÉ MANUEL REY BAO


I.E.S. Francisco Aguiar. BETANZOS Páx. 15 de 20
SISTEMA DIÉDRICO. PUNTO, RECTA E PLANO

REPRESENTACIÓN DO PLANO.

Un plano pode estar definido das seguintes maneiras:

- Por dúas rectas que se cortan.


- Por tres puntos non aliñados.
- Por unha recta e un punto fóra dela.
- Por dúas rectas paralelas.

En realidade, os tres primeiros casos veñen a ser o mesmo, xa que se unimos os tres puntos
non aliñados de dous en dous obteremos dúas rectas que se cortan, e igualmente se
trazamos polo punto exterior unha recta calquera que pase por un punto da recta dada. Polo
tanto, en realidade teremos dous casos de definición de planos:

a) Mediante dúas rectas que se cortan. As trazas de dúas rectas calquera pertencen ás
trazas homónimas do plano; polo tanto, as trazas homónimas das rectas dadas
definen as trazas do plano: só hai que unilas.

b) Mediante rectas paralelas. A situación é semellante á do caso anterior, xa que non hai
máis que determinar as trazas das rectas e unilas para obter as trazas do plano.

Plano definido por dúas rectas que se cortan Plano definido por dúas rectas paralelas

No Sistema Diédrico, sóense utilizar, por comodidade, as rectas de intersección do plano en


cuestión cos planos de proxección, que denominaremos “trazas do plano”. Deste xeito, un
plano calquera  cortará ó plano horizontal na traza 1 e ó vertical na traza 2. Por suposto,
ambas trazas terán as súas proxeccións vertical e horizontal 1(11 e 12) e 2(21 e 22), de
forma que tanto 12 como 21 estarán na LT. Por simplificar, consideraremos como trazas
unicamente 1 (horizontal) e 2 (vertical).

JOSÉ MANUEL REY BAO


I.E.S. Francisco Aguiar. BETANZOS Páx. 16 de 20
SISTEMA DIÉDRICO. PUNTO, RECTA E PLANO

CONDICIÓNS DE PERTENZA.

Se unha recta pertence a un plano e non é paralela ás súas trazas, entón terá que cortalas.
Dado que tanto as trazas do plano como as da recta, por definición, están nos planos de
proxección, deducimos que unha recta r pertence a un plano  se as trazas da recta están
sobre as trazas homónimas do plano.

Recordemos que un punto pertence a unha


recta se as súas proxeccións pertencen ás
proxeccións homónimas da recta. Como
consecuencia, un punto P estará contido
nun plano  sempre que podamos facer
pasar por dito punto unha recta que estea
contida no plano. Pode ser unha recta
calquera, pero resulta máis fácil e cómodo
empregar unha recta fácil de manexar, por
exemplo, unha recta horizontal ou frontal
contida no plano dado (desta maneira, unha
das proxeccións da recta será paralela á
proxección correspondente do plano).

COORDENADAS DUN PLANO NO SISTEMA DIÉDRICO.

Podemos expresar as trazas dun plano mediante coordenadas, de acordo co convenio:

(A,B,C) sendo:
A (x,0,0), punto da liña de terra que é o vértice do
plano.
B (0,x,0), punto do plano horizontal que, unido co
vértice, define a traza horizontal 1
C (0,0,x), punto do plano vertical que, unido co
vértice, define a traza vertical 2

Neste sistema de representación por coordenadas, os


valores de cota e alonxamento lévanse sobre unha liña
perpendicular á LT pola orixe O.

De acordo co visto, un plano (15,20,11), por exemplo,


representaríase tal como indica a figura da dereita:

JOSÉ MANUEL REY BAO


I.E.S. Francisco Aguiar. BETANZOS Páx. 17 de 20
SISTEMA DIÉDRICO. PUNTO, RECTA E PLANO

En cambio, na seguinte figura aparece representado


o plano (-13,-12,18):

POSICIÓNS PARTICULARES DO PLANO.

a) Plano horizontal (paralelo ó plano horizontal).


Evidentemente, será perpendicular ó plano
vertical. Ten unha soa traza, a vertical 2,
que será paralela á LT. Calquera figura
situada sobre este plano terá unha
proxección horizontal exactamente igual a
ela mesma e unha proxección vertical que
será un segmento situado sobre 2.

b) Plano frontal (paralelo ó plano vertical). É


perpendicular ó plano horizontal. Non ten
traza vertical, e a traza horizontal 1 é
paralela á LT. A proxección horizontal de
calquera figura situada sobre un plano frontal
será un segmento situado sobre 1, mentres
que a proxección vertical será outra figura
idéntica á dada.

c) Plano proxectante horizontal. É un plano


perpendicular ó horizontal (non paralelo ó
vertical, senón que pode formar calquera
ángulo con el). A súa traza vertical 2 é
perpendicular á LT, e a súa traza horizontal
formará coa LT o mesmo ángulo que o plano
forme co vertical. A proxección horizontal de
calquera figura situada sobre este plano é un
segmento que coincide coa traza horizontal
1, e a proxección vertical será unha figura
parecida á dada, pero máis ou menos
deformada en función do ángulo que o plano
forme co vertical.

d) Plano proxectante vertical. É un plano


perpendicular ó vertical (non paralelo ó
horizontal, senón que pode formar calquera
ángulo con el). A súa traza horizontal 1 é
perpendicular á LT, e a súa traza vertical
formará coa LT o mesmo ángulo que o plano

JOSÉ MANUEL REY BAO


I.E.S. Francisco Aguiar. BETANZOS Páx. 18 de 20
SISTEMA DIÉDRICO. PUNTO, RECTA E PLANO

forme co horizontal. A proxección vertical de calquera figura situada sobre este plano é
un segmento que coincide coa traza vertical 2, e a proxección horizontal será unha
figura parecida á dada, pero máis ou menos deformada en función do ángulo que o plano
forme co horizontal.

e) Plano de perfil. É un plano perpendicular ó


vertical e ó horizontal ó mesmo tempo. As
trazas 1 e 2 coinciden e son
perpendiculares á LT. Calquera figura
contida neste plano terá como proxeccións
horizontal e vertical sendos segmentos
contidos en 1 e 2 respectivamente; polo
tanto, se queremos vela en verdadeira
magnitude, teremos que debuxar a terceira
proxección.

f) Plano paralelo á liña de terra. Ten as dúas


trazas 1 e 2 paralelas á LT. Dado que o
plano forma un ángulo determinado cos
dous de proxección, calquera figura
debuxada sobre el terá como proxeccións
vertical e horizontal dúas figuras parecidas,
con algunhas das súas dimensións
diminuídas.

g) Plano que contén á liña de terra. Dado que


o plano pasa pola LT, as dúas trazas
coinciden con ela; en consecuencia,
necesitaremos as proxeccións dun punto
calquera do plano A(A1,A2) para poder
definir a súa inclinación, que podemos ver
na terceira proxección sobre un plano de
perfil. Ó mesmo que sucedía no plano
anterior, calquera figura debuxada sobre
un plano que contén á LT terá proxeccións
parecidas, pero con dimensións reducidas.

RECTAS PARTICULARES DO PLANO.

Como xa quedou dito, unha recta está contida nun plano se as trazas da recta están
situadas sobre as trazas homólogas do plano. Entre as infinitas rectas que podemos trazar
que pertenzan a un plano determinado, hai unhas poucas que convén coñecer, dado que
son fáciles de trazar e o seu uso posibilitará resolver moitos problemas:

a) Recta horizontal. Se cortamos un plano  dado por un plano horizontal , a intersección


será unha recta r horizontal. Como o plano  elixido é paralelo ó plano horizontal de
proxección, a recta r será paralela a 1 e polo tanto a súa proxección r1 tamén será
paralela a 1. Como a recta r é horizontal, a proxección r2 será paralela á LT, e coincidirá
coa traza 2 do plano auxiliar; ademais, a súa traza vertical Vr pertence a 2.

JOSÉ MANUEL REY BAO


I.E.S. Francisco Aguiar. BETANZOS Páx. 19 de 20
SISTEMA DIÉDRICO. PUNTO, RECTA E PLANO

b) Recta frontal. Se cortamos agora o plano 


dado por un plano vertical , obteremos unha
recta s que, de maneira análoga ó caso
anterior, terá como proxección horizontal
unha recta s1 paralela á LT, como proxección
vertical unha recta s2 paralela a 2 e a súa
traza horizontal Hs pertencerá á traza
horizontal do plano, 1.

c) Recta de máxima pendente. É a recta r que,


estando contida no plano , forma o máximo
ángulo posible co plano horizontal. É unha
recta perpendicular á traza horizontal do
plano 1, e a súa proxección horizontal r1
tamén é perpendicular a dita traza.

d) Recta de máxima inclinación. É a recta s


que, estando contida no plano , forma o
máximo ángulo posible co plano vertical. É
unha recta perpendicular á traza vertical do
plano 2, e a súa proxección vertical s2
tamén é perpendicular a dita traza.

JOSÉ MANUEL REY BAO


I.E.S. Francisco Aguiar. BETANZOS Páx. 20 de 20

You might also like