You are on page 1of 5

1.

Busca no diccionario a entrada “arte” e explica a que fan referencia estas expresións:
arte
substantivo feminino

1Actividade humana que ten como fin a creación de obras estéticas. Historia da arte. Unha obra de
arte.

2Cada un dos dominios en que o ser humano pode pór en práctica a súa capacidade creadora con fins
estéticos. Artes plásticas. A arte da pintura, da música. O cine, a sétima arte.

3Conxunto de obras características dunha época, estilo etc. A arte barroca.

4Conxunto de coñecementos e regras precisas para realizar ben determinadas actividades en que a
dimensión práctica ten tanta ou máis importancia ca a teórica. A arte da milicia.

5Capacidade, polo xeral adquirida coa experiencia, para facer ben algo que require certos dotes. Ten
arte para facer cestos. SINÓNIMOS HABELENCIA, HABILIDADE, MAN, MAÑA

6Manifestación práctica desa capacidade. Tocou con arte. SINÓNIMO MESTRÍA

7Cada un dos diversos tipos de aparellos de pesca. Hai diversas artes tradicionais para a pesca da
sardiña.

8Recurso con que se intenta conseguir algo mediante a habilidade e a ocultación dos verdadeiros
fins.Xa comezaba a pensar que aquilo era por arte do demo.

OBSERVACIÓNS: Utilízase frecuentemente en plural Con esas artes manéxao como


quere. SINÓNIMOS ARTIMAÑA, ASTUCIA, ESTRATAXEMA, MAÑA

Sétima arte: o cine


Belas Artes: conxunto de manifestacións artísticas que teñen como finalidade a representación da
beleza mediante a cor, a forma, o son, a linguaxe, o movemento etc.
Arte dramática: o teatro
Artes plásticas: conxunto de manifestacións artísticas que teñen como finalidade o dominio das
formas, dirixíndose fundamentalmente aos sentidos da vista e o tacto (ex. Pintura, escultura, etc.)
Artes gráficas: técnica de impresión de textos ou imaxes sobre unha superficie.
Arte abstracta: corrente artística que representa formas e cores que non se relacionan con
elementos da realidade.

2. Clasifica estas palabras:


Materiais: arxila, bronce, xeso, granito, mármore, cera, barro, formigón, madeira

Técnicas: talla, modelado, fundición, soldadura

Utensilios: gubias, martelo, maza, buril, cicel, pincel, brocha

3. Ordena as sílabas e escribe a palabra correspondente a cada definición:


a) Técnica na que se aplica verniz vítreo = ESMALTE
b) Técnica na que se usa unha pintura lixeira de cores transparentes diluídas en auga =
ACUARELA
c) Técnica que consiste en estender as cores antes de que seque o xeso sobre o que se pinta =
FRESCO
d) Técnica pictórica na que se aglutinan os pigmentos nunha emulsión de cola ou xema de ovo
= TÉMPERA
e) Técnia moderna que consiste en reproducir imaxes mediante unha matriz traballada en
relevo = GRAVADO
f) Técnica que consiste en difuminar os contornos da imaxe para que resultan vagos ou
imprecisos = ESFUMADO
4. Engade as vogais que faltan para completar as palabras correspondentes a cada definición:
-Tea preparada para pintar sobre ela = lenzo
-Armazón onde se fixan os lenzos para pintar = bastedor
-Soporte de madeira con tres patas sobre o cal coloca o pintor o lenzo = cabalete
-Técnica pictórica que utiliza cores diluídas en aceite = óleo
-Pintura, debuxo etc que se coloca ou se realiza sobre un muro = Mural
-Deseño, palabra ou frase, xeralmente de carácter xocoso, obsceno ou político, trazados sobre
paredes, portas etc. = GRAFFITI

5. Utensilios para debuxar ou pintar:


-Instrumento formado por un mango e unha lámina polo xeral de metal e aplanada = ESPÁTULA
-Caixa, funda ou vaíña especialmente disposta para gardar ou protexer os materiais de debuxo, por
exemplo. =ESTOXO
-Instrumento para pintar, máis fino ca a brocha, composto por un mango que leva suxeito nun
extremo un feixe de pelos. = PINCEL
-Instrumento, xeralmente de plástico ou madeira, con forma de triángulo rectángulo, que serve
para trazar e medir ángulos rectos. =ESCUADRO
-Instrumento de debuxo para trazar liñas, provisto dun cabo e dúas láminas de metal rematadas en
punta cun oco entre elas que se carga de tinta. =TIRALIÑAS
-Utensilio de metal ou plástico que contén no seu interior minas de grafito que se poden recambiar.
= PORTAMINAS
-Utensilio para escribir ou debuxar, provisto dunha barra esponxosa empapada en tinta e dunha
punta que, en contacto co papel, deixa un trazo xeralmente groso. = ROTULADOR
-Instrumento longo e estreito que se usa para trazar liñas rectas. = REGRA
-Instrumento para escribir, debuxar ou pintar formado por unha fina barra de grafito recuberta por
unha envoltura de madeira. = LAPIS
-Táboa pequena cun burato para pasar o polgar, onde o pintor mestura e ordena as cores. = PALETA
-Anaco de caucho ou outra substancia elástica que se usa para borrar. = GOMA
-Instrumento composto de dous brazos articulados por un extremo, que serve para trazar curvas e
mediar ángulos rectos. = COMPÁS
-Instrumento para debuxar que ten a forma dun triángulo cun dos seus ángulos rectos e os tres
lados iguais. = CARTABÓN

6. Xunta as sílabas e localiza as palabras adecuadas ás definición que seguen:


-Deseño, palabra ou frase trazados sobre as paredes = GRAFFITI
-Representación gráfica dun obxecto, xeralmente só mediante liñas = DESEÑO
-Obra de pintura ou debuxo, realizada en papel ou tea, xeralmente colocada nun marco = CADRO
-Debuxo, lámina etc que acompaña a un texto, aclarándoo ou adornándoo = ILUSTRACIÓN
-Debuxo en que se deseñan os trazos esenciais dunha obra de arte = ESBOZO

7. Explica o significado destas expresión:


-Malas artes = Actuación ou modo de proceder reprobable.
-Sen arte = sen habilidade
-Sen arte nin parte = non poder intervir nun asunto
-Non poder ver nin en pintura = sentir antipatía ou aversión cara a unha persoa ou cousa
-Quedar en cadro = persoa que queda sen familia e sen bens

You might also like