You are on page 1of 13

GUIÓN

23-24
Visionado de
“14 años y un día”
de Lucía Alemany
(2015)
ESTRUTURA DE GUIÓN
A estrutura en 3 actos.

Esta é a estrutura básica para todas as narracións tanto literarias como


cinematográficas. Se analizamos calquera película, dun modo ou outro está
construída en base a esta estrutura. Os filmes máis clásicos asumen estas
normas de forma total.
ESTRUTURA EN TRES ACTOS
PRIMEIRO ACTO
- Comeza cun primeiro acto, máis ou menos
breve, no que se presentan as características
do personaxe protagonista e do seu entorno.
No momento en que se presentan o
obxectivo e conflicto do personaxe
protagonista, ten lugar un primeiro Punto de
Xiro que da paso ao segundo acto.
SEGUNDO ACTO
- O segundo acto é o máis extenso, nel desenvólvense as peripecias do protagonista tratando de lograr superar o seu
conflicto e alcanzar o seu obxectivo.
- É moi habitual que preto do final do segundo acto exista unha Secuencia de Aprendizaxe, un momento no que
parece que todo está perdido e o personaxe non vai alcanzar o seu obxectivo. A esta secuencia séguelle o climax.
- O climax pode ser negativo ou positivo, o personaxe pode alcanzar os seus obxectivos ou tornarse todo nunha
traxedia. Incluso cando semella que os obxectivos non se cumplen, o personaxe debe gañar algo, debe de haber unha
aprendizaxe da experiencia vivida. Pode que non se cumpla o obxectivo externo pero si o interno. Por exemplo: un
cazatesouros que ten que recuperar unha xoia valiosísima, este é o seu obxectivo externo, pero o interno é
reconciliarse co seu pai. Ao longo do segundo acto, vese na necesidade de contactar co seu pai, e este vese cada vez
máis implicado na búsqueda, ata que finalmente teñen que loitar contra o malvado de turno. Acaba perdendo a xoia no
fondo do océano nun clímax de loita épica. Pero o seu pai sálvalle a vida e reconcilianse definitivamente.
ESTRUTURA DE GUIÓN
A estrutura en 3 actos.

Moitos filmes empezan directamente no segundo acto, cun xiro dramático


que nos introduce directamente na trama principal. Ou moitos outros teñen
un final aberto e prescinden do terceiro acto. Algúns teñen un primeiro acto
moi extenso e outros moi breve. Existen moitos xogos que se poden utilizar
para rematar de construír a nosa narración. Que finalmente prescindamos
dalgún acto ou modifiquemos algunhas das súas funcións non quere dicir
que á hora de traballar non teñamos sempre en mente a estrutura en tres
actos. Esta é unha ferramenta fundamental á hora de construír as nosas
narracións.
TERCEIRO ACTO
- O terceiro acto é onde se mostra a nova
realidade do personaxe. Tanto se logrou como
se non logrou os seus obxectivos, o
personaxe cambiou, sufriu unha aprendizaxe
e o seu entorno tamén cambiou.
Visionado de
“Cerdita”
de Carlota Pereda
(2018)
TEMA E TESE
Tamén é fundamental facerse a seguinte pregunta: que quero contar? De que quero falar?

Nas primeiras fases de escritura é moi importante saber responder a esta pregunta e poder resumilo nunha
palabra (o tema) e unha frase (a tese).

En fases máis avanzadas do proceso, durante a escritura pero tamén na rodaxe ou edición, en momentos de
dúbida e crise, será importante ter claros eses dous conceptos para tomar decisións sabias rapidamente. Ás
veces pode ser útil incluso para seleccionar a cor dun elemento de atrezzo calquera: a cor non será a mesma
se a nosa historia fala do amor, da morte ou da amizade.
TEMA E TESE
A tese ten que desenvolver o tema nunha dirección e resumir con poucas palabras o ideal do que se quere
transmitir. Por exemplo cun mesmo tema poden existir múltiples teses:

Tema: A morte
- A morte dun ser querido pode supoñer un proceso de aprendizaxe que nos aproxime á madurez
- A morte forma parte da vida e debemos de aceptala para poder vivir
- A morte dun ser querido é insuperable e cambia o devir de todas as persoas próximas

Tema: O amor
- O amor fai que perdas a conexión contigo mesmo e desvíate dos teus obxectivos
- O amor é o sentimento máis puro e necesario e move todas as decisións do ser humano
- O amor só pode ser beneficioso
- O amor pode ser cruel
Visionado de
“Timecode”
de Juanjo Jiménez Peña
(2018)
CLAVES RELATO
- Único espacio
- 2 personaxes
- Estructura en 3 actos
- Obxectivos interno e externo de cada
personaje = conflicto
- Tema e tesis

You might also like