You are on page 1of 4

Antes da lectura de Corredora.

1. Servíndote de Google Maps, localiza Etiopía e logo dálle cor no mapa de África que
tes a continuación.

2. Imaxina que vas ata Addis Abeba en coche dende Fene.

- Cantos países terías que atravesar para chegar á capital de Etiopía? Unha vez
que os saibas, márcaos con cores distintas no mapa de arriba, onde xa sinalaches
Etiopía.
- Calcula canto tempo che podería levar esta viaxe en coche.
- Hai voos directos dende A Coruña, Santiago de Compostela ou Vigo ata Addis
Abeba? Cantas horas leva chegar a Addis Abeba en avión?
- Que hotel escollerías nesta cidade para pasar quince días?
- Busca no Google imaxes fotos de Addis Abeba coa finalidade de facéreste unha
idea de como é a cidade. Como é? Hai algo que che resulte chamativo?
3. En Corredora aparecen unhas cantas palabras en amárico, que é a lingua oficial de
Etiopía. Realiza un glosario con elas e logo inclúeas nun papel do tamaño do libro
na parte final da obra para consultalas cando as vaias atopando na túa lectura.

- belf,
- birr,
- doro wat,
- gabi,
- habeshas,
- injera
- kiffo,
- Meskel,
- shiro,
- shuruba,
- teff,
- tibs,
- tulu,
- wat.

4. A quen dedica este libro María Reimóndez?

5. Busca a páxina web do pintor etíope da imaxe da cuberta (ten en conta que o
nome do tal pintor aparece onda os datos da ficha técnica do libro). Logo escolle o
cadro que máis che guste, di o seu nome e descríbeo brevemente.

6. Repara en que o libro esta composto por 4 partes cuxos títulos son Fondo, Series,
Campo ao través e Sprint. Explica que tipo de carreira é cada unha delas.

7. Sen comezar aínda a ler o libro, indica o nome e apelido da protagonista. De onde
tiraches esta información?

You might also like