You are on page 1of 2

COÑECEMOS...!!!

1.- Obxectivos.
- Coñecer a estrutura urbana das capitais das Comunidades Autónomas españolas.
- Distinguir a evolución histórica das cidades, desde a súa orixe ata a actualidade.
- Identificar as distintas partes nas que se estruturan as cidades.
- Comprender a xerarquía e o papel de cada cidade dentro da rede urbana.
- Realizar presentacións en público.

2.- Pasos a seguir.


- Unha vez feitos os grupos, o primeiro que tedes que decidir é que papel ides
xogar cada un de vós.
Un dos membros do grupo debe ser o coordinador. Este é o primeiro aspecto no
que vos debedes poñer de acordo. Valorade as cualidades de cada un e escollede a
persoa que pensedes que pode ter maior capacidade de organización.

- Logo de escoller o coordinador, repartide os puntos do traballo.


En que apartado se vai especializar cada un?
Imos traballar todos os membros todos os apartados?
Como ides poñer en común a información?
Como vos ides comunicar fóra da clase, de ser necesario?
É suficiente o número de clases das que dispoñemos, ou teremos que
reunirnos noutros momentos?
Plantexar estas cuestións previas é importante para o bo funcionamento do grupo e
o éxito no resultado final. Dedicádelle tempo!!!

- Sede coidadosos e procurade traer das vosas casas toda a información que
necesitedes para poder avanzar no traballo. As sesións que lle imos dedicar son limitadas,
polo que debedes aproveitar o tempo ao máximo.

- O traballo é de formato libre. Un dos puntos a valorar será a orixinalidade. De cara


á presentación podedes empregar todos os materiais que poidades imaxinar, sempre e
cando sexan manexables dentro da aula, e non teñades problemas para transportalos das
vosas casas ao instituto.
Cada grupo responsabilizarase de todo o material que traia. Se necesitades que o
profesor garde algo, avisade.

Ademais da presentación, cada grupo debe recoller toda a información nun tríptico
que se entregará, a máis tardar, na data límite.

- A data límite para este traballo é o 25 de maio. A partir do día 30 de maio


empezarán as exposicións en clase. Cada exposición debe durar 13 minutos (nunca
poderá durar menos de 12 nin máis de 15 para poder ter a puntuación máxima).
Máis adiante indicareivos o día que teredes que expoñer (30 de maio ou 1 de
xuño).
Preparar a exposición é fundamental para obter unha boa cualificación!!!

- É conveniente que aportedes imaxes explicativas en todos os apartados.

- Todos os membros do grupo deben participar na exposición do traballo.


3.- Índice.
- Cidade que imos traballar. Datos básicos (poboación, extensión, densidade
demográfica).

- Distancia entre Marín e a nosa cidade.

- Morfoloxía urbana.
Logo de ler esta páxina, debedes aplicar a información estudada á vosa
cidade:
* Emprazamento e función orixinaria.
* Tipo de plano (tede en conta que en cada cidade poden aparecer
diversos tipos de plano, dependendo das distintas fases de
ampliación da cidade ao longo da historia).
* Modelo de edificación (en España, polo común, a diposición é
pechada).

- Estrutura urbana.
Tedes que conseguir un plano da cidade a traballar (podédelo mercar,
imprimir, debuxar...).
Sobre ese plano, debedes sinalar as distintas partes da cidade, segundo o
explicado na páxina de referencia (centro, periferia, área periurbana, etc.).
Creade unha lenda para diferenciar estas partes.

- Xerarquía da cidade na rede urbana española.


A que eixe urbano pertence?
Lugar dentro da xerarquía urbana.

- Puntos de referencia da cidade (fitos).


Identificar os elementos máis destacados, aportando imaxes (monumentos,
concellos, igrexas, mercados, estadios deportivos, prazas...).

- Problemas da nosa cidade.


Procurade información recente sobre problemas urbanos e sociais.

- Principais actividades económicas.


Turismo, industria, comercio, política...

4.- Recursos.
- Para calcular distancias: Google Maps.
- Planos: Mapasgigantes.

You might also like