You are on page 1of 2

TEMA 9. AS CIDADES.

EXERCICIOS

1- Sinala tres elementos que axuden a definir o que é unha cidade.


2- Cal é máis extenso, un espazo rural ou urbano? En cal dos dous hai máis poboación? Entón,
relacionando os dous aspectos anteriores, deduce cal é o elemento que marca a diferencia.
3- Sinala catro funcións que pode desempeñar unha cidade e un exemplo de cidade na que
destaquen ditas funcións.

4- Que significa que as cidades son multifuncionais?


5- A que chamamos cidade difusa? Que outro nome podemos empregar?

6- Observa atentamente a fotografía, o bosquexo e o plano de Florencia (Italia). — De que tipo de


plano se trata? Xustifica a túa resposta. — Coa axuda do bosquexo, busca o nome dos edificios A, B
e C no plano e identifícaos na fotografía.

7- Se puideras construír un Lugo urbanisticamente ideal, que tipo de plano cres máis axeitado?
Razoa a túa resposta.
8- A partir do seguinte esquema, explica en que consiste a xerarquía das cidades. Achega exemplos
concretos.

9- Define: área metropolitana, conurbación e megalópole.


10- Sinala, nun cadro, as partes da cidade europea, as da norteamericana e as das cidades do
Terceiro Mundo.
10- Que é o CBD?

11- Indica os principais problemas das cidades.


12- Segundo o texto sobre zonas urbanas degradadas, cal é o problema que se expón? En que
cidades o localiza? Como lle afecta á poboación? Como se podería solucionar?

Zonas urbanas degradadas


Nenos e mozos medran en barrios-miseria: a contaminación da auga por mor de refugallos
humanos e animais segue sendo a causa de enfermidades diarreicas crónicas que matan, ao ano,
polo menos dous millóns de bebés e nenos pequenos das cidades. Estímase que un 57% dos
africanos das cidades carecen de acceso ás instalacións sanitarias básicas e, en urbes como
Nairobi, os pobres deben utilizar, inodoros voadores (defecar nunha bolsa de plástico). En Bombai,
pola súa banda, o problema das instalacións sanitarias queda caracterizado por cocientes dun
inodoro por cada 500 habitantes nos barrios máis pobres. Só o 11% das barriadas pobres de
Manila e o 18% de Daca contan con medios formais de evacuación de augas residuais. Á parte da
incidencia da praga de sida, Nacións Unidas considera que dous de cada cinco habitantes de áreas
urbanas hiperdegradadas africanas viven nunha pobreza que constitúe, literalmente, unha ameaza
para a vida. Traducido de: M. Davis, Planeta de ciudades miseria. Akal, 2008.

13- Quen se encarga da xestión das cidades?


14- Diferencia entre urbanizar, reurbanizar e rehabilitar.

You might also like