You are on page 1of 9

Nome e apelidos:

A MANSIÓN DOS PAMPÍN, Miguelanxo Prado

CAPÍTULO I
1. Cres que a relación entre os fillos e os pais é respectuosa?

2. Que acontecemento move a historia da banda deseñada?

CAPÍTULO II
1. Fíxate nas tres primeiras viñetas, que diferencias se aprecian na paisaxe urbana?

2. En que se diferencia a casa soñada da real?

3. En que unidade miden a superficie da finca?


4. Como é a paisaxe urbana da vila? (fíxate nos edificios das dúas primeiras viñetas
da pax. 14)

Gústache a Casa do Concello?, por que?

5. Por que lle di o alcalde que non poden facer nada coa casa?

En que criterios se basea o alcalde para valorar a expansión da vila?

Que modelo proporías para Cuntis, o do alcalde ou o do funcionario do concello e por


que?

6. Que opinas de que o alcalde teña tantas terras?


CAPÍTULO III
1. Que é unha hipoteca?

Por que non a piden?

Que pretenden facer en principio coa casa?

2. Fíxate na 1ª viñeta da páxina 18. Que destacarías nela?

3. Pensas ca casa do construtor se adapta ao medio galego, que é elegante?

Escribe un pequeno comentario sobre a casa.

4. Que opinas do seguinte comentario dos protagonistas? (pax. 19):


‘Se me traen de ollos pechados e me deixan aquí case pensaría que estou nalgún
barrio da cidade coma o noso...’ ‘Si... se non fose por algunha desas casas vellas, que
desentoan’.

5. Que diferencias observas entre as rúas das dúas últimas viñetas da páxina 19 e a
praza da primeira viñetada páxina 20?

6. Que pretende facer o construtor na praza e no resto da vila?

7. Que che parece a proposta que lle fai o construtor sobre a casa?

CAPÍTULO IV
1. Cres que se debe subvencionar a rehabilitación das casas tradicionais galegas e por
que?

Que acontece ás veces con esas subvencións segundo se comenta nas últimas viñetas
da páxina 23 e nas primeiras da 24?

2. Por que pensa Indalecio que está nunha ‘cámara oculta’ na páxina 25?

3. Por que a alegría de Indalecio por atopar restos dun castro na finca se troca en
frustración cando vai a Santiago a preguntar?

4. Cres ca culpa é da UE ou doutros respecto do castro? (fíxate na derradeira viñeta


do capítulo)

5. Observa e primeira viñeta da páxina 28 e coméntaa desde o punto de vista


arquitectónico (o debuxante reproduce o Museo do Pobo Galego e o Centro Galego
de Arte Contemporánea)
6. Na páxina 30 debúxase a Catedral de Santiago coa Praza do Obradoiro. Cres que
merece a pena conservar a Catedral?

Por que?

E que opinarías de facer un aparcadoiro na Praza do Obradoiro?

CAPÍTULO V
1. Indalecio e a muller póñense a mirar prezos de pisos en distintas zonas da cidade.
No centro pasean, en que se diferencia a paisaxe do centro da cidade pola que pasean
na páxina 31 da mazá de edificios de luxo que miran na páxina 32?

Que opinas da fachada dese edificio?

2. Que problemas atopan nas distintas obras que miran nas páxinas 32, 33 e 34?

Ti cal escollerías se puideses e por que?

3. Quen toma a decisión final sobre a casa herdada?


Cres que fixeron un bo negocio vendéndolla ao alcalde e por que?

CAPÍTULO VI
1. Vanse de vacacións con parte do diñeiro da venda da casa. Axudaron moito os
fillos a facer a equipaxe?

2. Que problema atopan para saír da cidade?

Que destacarías do conxunto de edificios que aparecen nas páxinas 40 e 41?

3. En que melloraron co novo piso?

4. Que pasou ao final coa finca de Indalecio?


5. Quen ‘non ten vacacións’ da familia?

6. Describe o lugar das vacacións (edificios, praia…)

7. Cando sexas maior prefires ser como Indalecio ou como o alcalde?

8. Pensas co rapaz se merece a moto e as vacacións e por que?

9. Redacta a túa opinión persoal da frase final de Indalecio: ‘Ai, Concha, isto é vida’

You might also like