You are on page 1of 2

UNIDADE 1

COMUNICACIÓN E LINGUAXE

Na páxina 8, no apartado 1 mantéñense igual os dous primeiros parágrafos e o resto queda así:

A comunicación é o proceso social que ten por finalidade o intercambio de


información. A comunicación non é un fenómeno exclusivamente humano, moitas
especies animais (abellas, golfiños, chimpancés...) dispoñen de sistemas para
comunicarse cos seus semellantes e mesmo poden recibir información doutras
especies. Por exemplo, as rechamantes cores de determinadas especies animais
informan aos posibles predadores do perigoso veleno que agochan, ou finxen
agochar.

Con todo, os únicos seres capaces de presentar comportamentos comunicacionais


e sociais complexos, de transmitir e recibir intelectual e sensorialmente, os únicos
que poden expresarse a través de símbolos verbais e non verbais son os seres
humanos.
A continuación déixase o que vén na páxina 9 tal como está.

Na páxina 13 debe eliminarse a táboa onde aparecen os exemplos de acto comunicativo. No seu
lugar debe aparece algunha ilustración para acompañar a actividade que aparece na marxe (un faro,
un semáforo...). O enunciado desa cuestión debe quedar así:

Imaxina diversos actos comunicativos (un faro, un semáforo en vermello, unha


emisora de radio, dous mozos que se ven de lonxe...) e analiza os elementos que
interveñen neles.

Na páxina 15 débese eliminar o último parágrafo, no que se introduce unha táboa, e a táboa asociada
ao mesmo.

Introducir na páxina 16 un cadro do estilo do que segue:

Función
representativa
ou referencial
REFERENTE
EMISOR CANLE CANLE RECEPTOR
MENSAXE
Función Función Función Función
Función poética
expresiva ou fática ou de fática ou de apelativa ou
ou estética
emotiva contacto contacto conativa
CÓDIGO
Función
metalingüística

Na sección PROPOSTA DE ACTIVIDADES, débese eliminar a actividade que figura co número 3.


A que figura co número 10 mantense, pero reducindo o texto mediante a eliminación dos dous
primeiros parágrafos.

A continuación da actividade que figura co número 8 débese engadir a seguinte:

Indica cal é función da linguaxe dominante nos seguintes enunciados:


¿Escóitasme ben desde aí Pedro?
Non me gusta nada que me comparen co meu irmán.
Podíasme axudar a facer o traballo de lingua.
Corcobico non ten bico, nin bico nin cu nin come; o fillo de Corcobico tenche bico
cu e come. ¿Que é?
As funcións da linguaxe relaciónanse cos elementos da comunicación.
O outono veu enxoito este ano.

You might also like