You are on page 1of 24

CURSO

ENSINO SECUNDARIO ADULTOS 2013-2014

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN. LINGUA GALEGA.

TEMA 3: A NARRACIÓN II.


A. TIPO DE TEXTOS
1. As bandas deseñadas ou cómics.
A banda deseñada consiste na narración dunha historia a través de una sucesión de ilustracións (imaxes)
que se completan cun texto escrito. Tamén hai bandas deseñadas mudas, sen texto. A narración realízase a
través dunha sucesión de viñetas. En cada unha delas, represéntase un momento significativo da historia.
Entre viñeta e viñeta sempre hai un salto temporal, e ás veces espacial, que varía segundo cada caso.
Nestes saltos temporais e espaciais omítense accións, xa que non son necesarias para entendérmola
historia. Estes saltos constitúen o que se chama unha elipse narrativa.

2. Planos empregados nas viñetas.


Para acoutar o espazo que queremos representar empregamos o encadre. É unha forma de achegármonos
ou afastármonos dos personaxes e dos obxectos, coma se fósemos unha cámara, representados nas
viñetas. Segundo o encadre sexa máis ou menos amplo, diferéncianse os seguintes tipos de planos:
2.1. Plano xeral. Serve para presentar o espazo físico no que ocorren os feitos.
2.2. Plano enteiro. Serve para presentar os personaxes de corpo enteiro, ocupando a altura da viñeta.
2.3. Plano americano. Serve para presentar os corpos á altura dos xeonllos. Moi empregado para
representar unha conversa.
PLANO XERAL PLANO ENEIRO PLANO AMERICANO

2.4. Plano medio. Serve para representar os corpos á altura do van. Emprégase para que nos fixemos máis
na expresión dos personaxes.
2.5. Primeiro plano. Serve para representar o rostro dos personaxes.
2.6. Plano de detalle. Serve para representar unha parte do corpo ou dun obxecto. Emprégase para que
fixemos a atención nun detalle pequeno, pero importante para o desenvolvemento dos feitos.

1 IES García Barbón-Verín


CURSO

ENSINO SECUNDARIO ADULTOS 2013-2014

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN. LINGUA GALEGA.

TEMA 3: A NARRACIÓN II.


3. Os globos nas bandas deseñadas.
Pensamentos
Os globos son os espazos da viñeta nos que se reproduce o que falan ou Voz baixa
o que pensan os personaxes. A súa liña interna indícanos cal é a
característica do discurso que encerra: conversa convencional, Berro!

pensamentos, berros, etc.


Cando o texto serve de apoio, colócase encerrado nun recadro dentro
da viñeta. Esta información necesaria para entendermos a historia
chámase cartela. Pode ocorrer que esta información ocupe unha viñeta
enteira, neste casa falamos de cartucho.

4. As onomatopeas.
Son palabras que se utilizan para representar sons naturais ou doutro fenómeno acústico non discursivo.

LOIS! O MEU COCHEEEEEE!


ALÓ VAAAAAAI!!!

5. Liñas cinéticas.
Trátase de liñas que marcan a traxectoria dos corpos ou dos obxectos e tamén se empregan para indicar os
efectos de movemento, como un impacto ou unha explosión. A súa función é dar a sensación de
movemento dos personaxes e dos obxectos. Exemplos no cadro anterior dereito.

6. As metáforas visuais.
É unha forma que emprega o debuxante para transmitir ao lector/-a o que está a ocorrer cos personaxes.
Trátase duns debuxos abstractos que nos suxiren unha acción ou un sentimento. En moitos casos proceden
da linguaxe oral (“ter unha idea luminosa”, “ver as estrelas”, etc.)

2 IES García Barbón-Verín


CURSO

ENSINO SECUNDARIO ADULTOS 2013-2014

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN. LINGUA GALEGA.

TEMA 3: A NARRACIÓN II.


7. Actividades:
7.1. Analiza os tipos de plano, as onomatopeas e as liñas cinéticas que aparecen nas seguintes viñetas
7.2. Relata a historia que se conta nestas viñetas.
7.3. Ponlles globos ás viñetas que non os teñen.

7.4. Elabora ti unha banda deseñada onde contes unha pequena historia real ou inventada.
7.5. Le a seguinte noticia e responde as preguntas a a continuación se formulan sobre a mesma. (Os
aspectos teóricos danse en lingua española)

La Voz de Galicia 25 de maio de 1997

Paco gaña a III Edición da Gran Carreira de Carrilanas de Galicia


Os contrincantes recoñeceron que foi de xustiza que el gañase.

AXENCIA Zeta ■
Paco Pena, máis coñecido estaba en baixo forma unha forma de supositorio
como Paco, o da Costa da fisicamente, pero que estaba moi verídica, dato que
Morte, resultou o vencedor preparado para gañar por fin confirmou o representante do
indiscutible da carreira de a carreira, posto que levaba laboratorio Celtas, que
carrilanas galega máis dous anos seguidos quedando presidía o xurado.
importante do ano, que en segunda posición. O resto de participantes
celebrou a súa terceira Ademais, a carrilana de Paco recoñeceulle todos os méritos
edición o domingo en Vilalba gañou o premio á máis a Paco, que este ano arrasou.
(Lugo). traballada, pois non só
Paco recoñeceu ante os combinaba funcionalidade,
medios de comunicación que senón que tamén presentaba

7.6. Segundo o modo de discurso, de que tipo de texto se trata? Xustifica a resposta.
7.7. Indica a estrutura externa que presenta esta noticia.
7.8. Indica a estrutura interna que se emprega nesta noticia. (Que?, Quen?, Cando?...)
7.9. Redacta un breve resumo desta noticia.

3 IES García Barbón-Verín


CURSO

ENSINO SECUNDARIO ADULTOS 2013-2014

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN. LINGUA GALEGA.

TEMA 3: A NARRACIÓN II.

B. LÉXICO
1. Polisemia.
A polisemia e a homonimia constitúen casos de significación múltiple: a dous ou máis significados
diferenciados corresponde un mesmo significante (palabra).
No caso da polisemia, son razóns de tipo histórico, moitas veces difíciles de precisar, as que provocan este
fenómeno. Un mesmo significante, cun mesmo étimo, foi adquirindo varios significados ao longo da súa
historia. Ex.: OCULUM > ollo (órgano da vista, burato dunha agulla, arco da ponte, xema das patacas, etc.).
Como as identificamos?
 Na maioría dos casos podemos atopar unha clara relación entre os diferentes significados que posúe
unha palabra polisémica.
 As palabras polisémicas aparecen nos dicionarios cunha soa entrada e tantas acepcións como
significados posúa, xa que estamos a falar da mesma palabra.

2. Homonimia.
Ao igual que as palabras polisémicas, a existencia de palabras homónimas vén provocada por razóns
históricas; pero, neste caso, trátase de étimos diferentes que conflúen nun mesmo significante (mesma
palabra) nun determinado momento da historia. Ex.: TEDAM > tea (facho); TELAM > tea (tecido).
Como as identificamos?
 Non hai relación entre os seus significados, de aí que formen parte de familias léxicas diferentes.
 As palabras homónimas teñen diferentes entradas no dicionario (tantas como significados).
Normalmente aparecen cun subíndice ao final da palabra, é dicir, un número pequeno debaixo da liña
base da palabra.
Segundo a identidade gráfica ou fonética as palabras homónimas denomínanse:
 Palabras homófonas. Aquelas que coinciden foneticamente pero non graficamente: valo – balor.
 Palabras homógrafas. Aquelas que coinciden graficamente pero non foneticamente: bóla - bola.
 Homógrafas e homófonas sen equivalencia sintáctica. Ex.: el compra (verbo) / a compra (substantivo).
 Homógrafas e homófonas con equivalencia sintáctica. Ex.: el compra (verbo) / a compra (substantivo).
Nestes casos a homonimia é total. (Nos tres casos anteriores fálase de homonimia parcial).

3. Actividades:
3.1. Indica se as palabras subliñadas son polisémicas ou homónimas:
 Nunca varro cunha vasoira de xestas aínda que haxa moito barro.
 A maleta caeu da baca nun prado onde pacía unha vaca.
 Atopou un niño de peto e gardou os ovos no peto.
 Deulle co abano e case lle fai comer o habano que estaba a fumar.
 Botou toda a noite en vela, coidando que non lle roubasen a vela do barco.
 Levou un golpe na perna mentres estaba perseguindo a un golpe.
 Debuxou unha pluma de paspallás coa súa pluma preferida.
4 IES García Barbón-Verín
CURSO

ENSINO SECUNDARIO ADULTOS 2013-2014

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN. LINGUA GALEGA.

TEMA 3: A NARRACIÓN II.

3.2. Cales das palabras anteriores son homógrafas e homófonas?


3.3. Escribe unha oración cos seguintes pares de palabras: votar – botar, doce – doce, queixo – queixo,
naval – nabal, cavo – cabo.
3.4. Coa axuda dun dicionario, indica os diferentes significados que teñen as seguintes palabras
polisémicas: folla, calculadora, cometa, carta, cabeza, gato, capital.

C. ORTOGRAFÍA
1. Úsase b nos seguintes casos:
 En interior de palabra, despois de m: lombo, cambiar, pomba...
 En todas as formas dos verbos rematados en -bir (escribir, recibir, rubir, prohibir, subscribir...): escribo,
recibías, rubirá, prohibiron... Excepción: vir, vivir, servir e os seus derivados.
 En todas as formas dos verbos rematados en -buír (atribuír, distribuír, contribuír...): atribuín, distribúes..
 Nas terminacións do copretérito (pretérito imperfecto) de indicativo dos verbos da 1ª conxugación:
falaba, cantabas, bailabamos...
 Nas palabras que comezan por bu-: bubela, bufanda, buscar, budista, burla... Excepción: vulgo,
vulnerar, vulto, vulva, vurullo e os seus derivados.
 Nos casos en que o son [b] vai seguido doutra consoante: branco, público, súbdito, absterse...
Excepción: acivro, ávrego, avreguía e ovni.
 Nas palabras cos prefixos biblio- (‘libro’), bi- ou bis- (‘dous’), bio- (‘vida’), sub- (‘baixo’): bibliografía,
bimotor, bioloxía, subatómico...
 Por criterios etimolóxicos, en: abelá, automóbil, bafo, balde, baleiro, beira, billa, bolboreta, biscaíño,
fibela, gabia, gabián, marabilla, móbil, nobelo, polbo, rebentar, ribeira, trobar, trobador, Xabier e os
seus derivados.

2. Úsase v nos seguintes casos:


 En interior de palabra, despois de b, d e n: obvio, advertir, inverno...
 En todas as formas dos verbos rematados en –servar (reservar, conservar...) e –versar (conversar,
terxiversar...): reservade, conservo, conversaron...
 En toda a conxugación dos verbos estar, ir, ter, servir, ver, vir e vivir: estiven, vou, tivera, vexas, vivín...
 En todas as formas dos verbos rematados en –ver (absolver, ferver, mover, ver, volver...): absolveron,
fervía, moveu, verás... Excepción: beber, caber, deber, haber, lamber, saber, sorber e os seus derivados.
 Nos adxectivos rematados en -ave, -avo/a, -eve, -evo/a, -ivo/a: grave, oitavo, leve, nociva... Excepción:
árabe.
 Nas palabras que comezan por di-: divagar, divino, dividir, diversión... Excepción: dibásico/a.
 Nas palabras co prefixo vice- (‘cargo de rango inferior’) ou co sufixo -voro/a (‘comer’): vicepresidenta,
insectívoro...
 Por criterios etimolóxicos, en: acivro, avó, avoa, avogado, caravel, chuvasco, covarde, Cristovo,
escarvar, escaravello, Estevo, esvelto, garavanzo, gravar, gravata, pavillón, trevo, varanda, varredor,
varrer, vasoira, vermello, verniz, verza, voda, voitre, vulto, xavelina e os seus derivados.

5 IES García Barbón-Verín


CURSO

ENSINO SECUNDARIO ADULTOS 2013-2014

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN. LINGUA GALEGA.

TEMA 3: A NARRACIÓN II.

3. Actividades:
3.1. Completa con b ou v segundo conveña. Repara en que os ocos sempre están en formas verbais.
 Náufrago descri__iu aos periodistas como sobre__i__iu naquel illote durante tres semanas.
 Eu creo que con__ersar con el resol__ería o problema, pero Ana di que non ser__iría para nada.
 Por sorte, onte reser__ei os dous últimos cuartos que ha__ía libres nese hotel.
 Non conci__o como eles me atri__úen a min esas palabras: eu nunca dixen tal cousa.
 Con__én que vos inscri__ades nese curso de ioga canto antes.
 O presidente dixo que non sa__ía que o seu conselleiro mal__ersara fondos públicos.
 Eu só inter__ín na reunión para dicir que subscri__ía por completo as palabras de Paula.
 O químico disol__eu os compoñentes en auga e logo distri__uíu a mestura en tubos de ensaio.

3.2. Anota na seguinte táboa os infinitivos correspondentes ás formas verbais anteriores:

Infinitivos con b Infinitivos con v

3.3. Pon b ou v nos ocos segundo corresponda.


A__riuse o semáforo e pisei o acelerador ata o fondo. O motor ruxiu como as __estas cando están en
celo. Metín a segunda e agarrei con forza o __olante; non se deron conta ata que esti__en enri__a
deles. Non ti__eron tempo nin de mo__erse; le__antaron ó aire as súas mans mara__illosas intentando
determe, pero xa era inútil. Tireime a eles como me tira__a á ne__e da montaña, sa__endo que duraría
pouco, que deseguida todo estaría porco e enlurdiado.
E así foi. Agora __ostede faga o que queira. Entón dixéronme que só tiña dúas saídas: ou a cadea por
criminal ou o manicomio por tolo. A miña muller pensou que isto era mellor e dixo o que lle mandou o
a__ogado. A min tanto me da__a, así que calei. Ó comezo ela __íñame __er todos os días de __isita, e
despois cada __ez menos. E agora __ostede, despois de tantos anos, empéñase en __otarme fóra, para
que refaga a miña __ida, di, pero, ¿que __ida? A min só hai unha cousa que me apetece __ol__er facer.
__ostede é no__o, doutor, e é unha __oa persoa: para comigo a falar e a __otar un cigarro. Por iso lle
quería contar todo isto antes de marchar, para que despois non se diga...
Marina Mayoral, Querida amiga
3.4. Completa as oracións coa palabra adecuada de cada par:
Ela sempre _________ ao mesmo partido. / O zapateiro reparoume a _________. (bota / vota)
O fotografo vai _________ as fotos. / Débeste _________ contra as inxustizas. (rebelar / revelar)
Paréceme moi _________ o que dis. / Xulia, _________ aquí axiña.(ben / ven)
Es unha persoa moi _________. / A bolboreta _________ de flor en flor. (boa / voa)
Nese ___________ medieval aparecen seres como a harpía, o dragón, o unicornio... /O adestrador e os
xogadores, reunidos no ___________ , estudaron a táctica para o segundo tempo. (bestiario / vestiario)
6 IES García Barbón-Verín
CURSO

ENSINO SECUNDARIO ADULTOS 2013-2014

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN. LINGUA GALEGA.

TEMA 3: A NARRACIÓN II.


Na nosa horta temos cebola, tomate, _________ e leituga. / O _________ axúdalle ao gato a manter o
equilibrio nos seus saltos. (rabo / ravo)
Vai á ferraxaría e compra unha _________ de arame de aceiro. / A peste _________ provocou a morte
de milleiros de vacas en moitos países. (bobina / bovina)
O __________ cumpriu ao pé da letra as ordes do sarxento. / Se queres _________ eu os buratos e
despois ti plantas as árbores. / No ___________ Touriñán hai un fermoso faro. (cabo / cavo)
Os meteorólogos descartan que este ano se produza unha _________ de calor como a do 2003. / Teño
unha _________ idea do que puido ocorrer alí, pero prefiro que mo contes ti. / Helena é a persoa máis
_________ que coñezo. Nun mes foi incapaz de rematar ese traballo. / Miña nai fai un saboroso licor
coas _________ do sabugueiro. (baga - vaga)

D. GRAMÁTICA
1. O substantivo e o adxectivo.
O substantivo é unha palabra que nomea entidades, tanto se son seres vivos coma obxectos inanimados ou
conceptos abstractos.
O adxectivo é unha case de palabras que expresa calidades atribuídas a un substantivo. Concordan en
xénero e número cos substantivos aos que acompañan: A nena loura.

2. O xénero.
O xénero é un morfema constitutivo que clasifica as palabras en masculinas e femininas. Nos adxectivos a
flexión xenérica está condicionada polo substantivo co que concorda (algúns adxectivos non teñen flexión
de xénero -fácil, civil, verde-).
2.1. Substantivos e adxectivos con flexión de xénero. Son os que presentan os dous xéneros, un
masculino ao que se lle opón outro en feminino, marcados no lexema a través dos seus respectivos
morfemas. As regras de flexión do xénero son as seguintes:

Terminación do masculino Formación do feminino Exemplos


En vogal átona Cambian esta vogal por –a fillo > filla, xefe > xefa
En –ao (xentilicios) Cambian o hiato por –a mariñao > mariñá, burelao> burelá
Perden o –n e engaden –a ladrón > ladroa, león > leoa
En –ón
Engades –a (adx. despectivos) abusón > abusona
Engaden –a (adx. despectivos) folgazán > folgazana
En -án
Perden o –n e engaden –a irmán > irmá, alemán > alemá
urbano> urbana,
En –ano (cultismos) Cambia pola terminación –ana
humano> humana
Sufixos específicos Sufixos específicos actor> actriz, duque> duquesa
avó > avoa, vacún> vacúa,
bailarín > bailarina,
O resto das terminacións Engaden -a
doutor > doutora,
francés> francesa, rapaz> rapaza

7 IES García Barbón-Verín


CURSO

ENSINO SECUNDARIO ADULTOS 2013-2014

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN. LINGUA GALEGA.

TEMA 3: A NARRACIÓN II.


2.2. Substantivos e adxectivos sen flexión de xénero. Non presentan un morfema propio de xénero.
Distínguense dous tipos:

Xénero contextual Xénero inmanente


Oposición polo contexto. Non hai oposición de xénero.
Maioría en –o: millo, polbo, ollo, peito, leito...
o artista Nome da letras: o be, o ce...
o personaxe Maioría en –e: leite, cárcere, sangue, dote... Agás:
Teñen xénero
o modelo a ponte, a fonte, a árbore, a arte, a orde...
masculino
perdiz macho Maioría en consoante –l, -n, -r e –s: túnel, mel,
formiga macho canón, dolmen, amor, pracer, gas, luns... Excepto:
a pel, a dor, a suor, a cor, a calor, a flor, a culler
Maioría en –a: pantasma, cadeira, mesa, verza...
Maioría en –z: paz, noz, vez, voz... Agás: o nariz,
a artista
o xadrez, o xiz...
a personaxe
Teñen xénero Terminacións –ade, -ite, -se e –ción: liberdade,
a modelo
feminino falsidade, hepatite, conxuntivite, crise, análise,
perdiz femia
sanción, función...
formiga femia
Sufixo –axe: viaxe, peaxe, paisaxe... Agás: o traxe,
o paxe e o garaxe.

3. O número.
O número é o segundo morfema constitutivo do substantivo e do adxectivo. Vai despois do morfema de
xénero e infórmanos da oposición singular / plural.

3.1. Substantivos e adxectivos sen flexión de número. Non presentan un morfema propio de número.
Distínguense dous tipos:

Número contextual Número inmanente


Oposición polo contexto Non hai oposición de número
un oasis fermoso / uns oasis fermosos Só singular Só plural
o tórax / os tórax puntos cardinais (leste....), as cóxegas, os víveres,
este bíceps / estes bíceps minerais (sílex...), meses do as nupcias, os miolos, as
o luns próximo / os luns próximos ano (xaneiro, febreiro...), etc. tebras...

3.2. Substantivos e adxectivos con flexión de número. Son os que presentan os dous números, un
singular ao que se lle opón outro en plural, marcados no lexema a través dos seus respectivos morfemas.
As regras de flexión do número son as seguintes:

8 IES García Barbón-Verín


CURSO

ENSINO SECUNDARIO ADULTOS 2013-2014

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN. LINGUA GALEGA.

TEMA 3: A NARRACIÓN II.


Terminación do singular Formación do plural Exemplos
Palabras rematadas en avó> avós, xefe> xefes, lei> leis,
Engaden –s
vogal, en –n e préstamos. león>leóns, álbum>álbums..
Palabras agudas remata- caracol > caracois, civil > civís,
Perden o –l e engaden –is
das en –l. material > materiais...
mel > meles, téxtil > téxtiles,
Todas as demais (agás as
Engaden –es muller > mulleres, francés >
compostas)
franceses, rapaz > rapaces...
ollomol > ollomoles, chuchamel
Palabras unidas, con > chuchameles...
Forma o plural só a última
ou sen guión redactor-xefe > redactor-xefes,
Palabras compostas

físico-químico > físico-químicos...


Palabras unidas por pita do monte > pitas do
preposición Só forma o plural a primeira monte, estrela de mar >
estrelas de mar
Forman o plural por separado garda civil > gardas civís...
Palabras separadas Forma o plural só a primeira (cando
sofá cama > sofás (con) cama..
se imite o elemento de unión)

4. Actividades:
4.1. Escribe o feminino das seguintes palabras:
abade _______________ pescantín_______________ médico _____________
heroe_______________ actor __________________ cabezón ____________
xenro ______________ galo __________________ cidadán _____________
león _______________ ladrón __________________ folgazán ____________
cru ________________ bo _____________________ nu _________________
só ________________ boi ____________________ avó ________________
paisano _____________ fregués _________________ coruñés _____________
fulano ______________ cabalo __________________ burelao _____________
alemán _____________ ferrolán _________________ cristián _____________
urbano _____________ muradán _________________ avogado _____________
cotián ______________ ourensán _________________ humano _____________
conde ______________ castelán _________________ vacún ______________

4.2. Indica o xénero das seguintes palabras, poñendo diante o artigo determinado correspondente:
..... humor .... dote .... couce .... viaxe .... vinganza
.... sangue .... énfase .... arte .... labor .... garaxe
.... leite .... orde .... nariz .... fonte .... pantasma
.... sinal .... azar .... fel .... dor .... voz
9 IES García Barbón-Verín
CURSO

ENSINO SECUNDARIO ADULTOS 2013-2014

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN. LINGUA GALEGA.

TEMA 3: A NARRACIÓN II.


.... efe .... xadrez .... xiz .... carraxe .... cárcere

4.3. Escribe un adxectivo flexivo para cada un dos seguintes substantivos.


costume: marxe:
mensaxe: arte:
análise: suor:
apendicite: mel:
leite: árbore:

4.4. Volve escribir os seguintes enunciados corrixindo os erros que atopes:


 A servidume ten a costume de prender o lume cando chegan os días do friaxe.

 A maceira é un árbore que dá unha froita moi saborosa e no verán gárdanos do calor coa súa sombra.

 Houbo unha liorta na cárcere e coa sangue que había non se recoñecía aos presos.

 O orixe deste dor está na forte crise que está pasando.

 O personaxe secundario era unha muller loura moi atractiva que tiña unha nariz moi fermosa.

4.5. Escribe en galego as seguintes oracións:


 El agua que bajaba por el canal traía mucha cal y mató muchos peces.

 Pusieron una señal de tráfico a la entrada del nuevo puente.

 Tiene la mala costumbre de tomar la miel con la leche muy caliente y pierde sus propiedades.

 Cuando era pequeño, un caballo le dio una coz en la nariz y todavía tiene una señal en la frente.

 Me caí de un árbol. El dolor no era mucho, pero la sangre no cesaba de salir por mi nariz.

 Los análisis dicen que disfrutas de buena salud, pero el color que tienes no es buena señal.

 El reportaje que echaron por la televisión sobre los árboles autóctonos de Galicia es muy bueno.

 En el viaje que hicimos a la cumbre de aquella montaña, donde vimos aquellos paisajes tan bonitos nos
lo pasamos muy bien, a pesar de la sed que pasamos porque el agua que llevábamos ya la habíamos
terminado antes de llegar a la cima.

10 IES García Barbón-Verín


CURSO

ENSINO SECUNDARIO ADULTOS 2013-2014

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN. LINGUA GALEGA.

TEMA 3: A NARRACIÓN II.


4.6. Forma o plural das seguintes palabras:
a orixe ________ a ponte ________ avó ____________ o sangue ________
o iglú _________ o pan __________ o irmán _________ a pantasma ______
o pai _________ o álbum ________ israelí __________ a aldraxe ________
a arte ________ a cute _________ o costume ________ folgazán _________
 En que rematan as palabras anteriores? Explica como formaches o seu plural.

4.7. Forma o plural das seguintes palabras:


o funil__________ o proxectil ___________ o mandil ______________
o mandril ________ o aval _______________ o vendaval ____________
o caracol ________ civil ________________ industrial _____________
 En que rematan as palabras anteriores? Explica como formaches o seu plural.

4.8. Forma o plural das seguintes palabras:


o mel _________ o val __________ o sol ___________ o mísil __________
o sal _________ o til __________ o labor _________ portugués _______
áxil __________ hábil __________ o nariz _________ a suor __________
a cor _________ a noz __________ o rapaz _________ a perdiz _________
 En que rematan as palabras anteriores? Explica como formaches o seu plural.

4.9. Forma o plural das seguintes palabras:


xirasol ____________ papavento ____________ paporroibo ____________
porco bravo _________ sapo concho ___________ porco teixo ____________
ave de rapina __________ estrela de mar __________ económico-social _______
 Explica como formaches o seu plural.

4.10. Clasifica as seguintes palabras segundo o seu número: sílex, nupcias, cóxegas, paspallás,
fervellasverzas, víveres, venres, valor (=coraxe), oeste, tebras, oasis, tórax.

4.11. Clasifica as seguintes palabras segundo indiquen individual e colectivo: carballeira, orquestra,
persoa, ovella, enxame, coro, piñeiro, xogador, equipo, exército, xílgaro, rabaño, souto, cardume.

11 IES García Barbón-Verín


CURSO

ENSINO SECUNDARIO ADULTOS 2013-2014

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN. LINGUA GALEGA.

TEMA 3: A NARRACIÓN II.


4.12. Escribe en singular as seguintes oracións, sempre que se poida:
 Os meus fillos mercaron uns álbums novos cos cartos aforrados.

 Os xenerais ordenáronlles aos soldados que fosen buscar os víveres aos cuarteis.

 As orixes desas lendas son escuras e difíciles de comprender.

 Todos os luns dos meses de maio hai conferencias sobre réptiles e parasitos.

 Os gardas civís detiveron aos físico-químicos desas fábricas téxtiles por non levaren os cintos de
seguridade postos.

4.13. Corrixe os erros que atopes nas seguintes oracións:


 Os caracoles son animales que se caracterizan porque teñen os seus corpos mois.

 Os enfrontamentos entre os palestíns e os israelíes causan moitas mortes e graves perdas materiales.

 Merquei uns sofás camas para poñer no salón que arranxaron os albaneles.

 Teñen as postales agochadas no medio duns papeles vellos desde que eran uns rapazes novos.

E. LINGUA E SOCIEDADE
1. Lexislación esencial sobre a lingua galega.
En Galicia fálanse dúas linguas, o galego (que é a lingua propia de Galicia) e o castelán (que é a lingua
oficial do Estado). A cooficialidade das dúas linguas está recollida no artigo 3 da Constitución e no artigo 5
do Estatuto de Autonomía de Galicia.

1.1. Constitución Española, aprobada no ano 1978, artigo 3º:


1. O castelán é a lingua oficial do Estado. Todos os españois teñen o deber de a coñecer e o dereito
de a usar.
2. As outras linguas españolas serán tamén oficiais nas súas respectivas Comunidades Autónomas
de acordo cos seus Estatutos.
3. A riqueza das distintas modalidades lingüísticas de España é un patrimonio cultural que será
obxecto de especial respecto e protección.

12 IES García Barbón-Verín


CURSO

ENSINO SECUNDARIO ADULTOS 2013-2014

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN. LINGUA GALEGA.

TEMA 3: A NARRACIÓN II.


1.2. Estatuto de Autonomía de Galicia (aprobado no 1980) título primeiro, artigo 5º:
1. A lingua propia de Galicia é o galego.
2. Os idiomas galego e castelán son oficiais de Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de
os usar.
3. Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán
o emprego do galego en todos os planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os
medios necesarios para facilitar o seu coñecemento.
4. Ninguén poderá ser discriminado por causa de lingua.
Vai ser no primeiro punto deste artigo onde se recoñece por primeira vez na nosa historia legal que o
galego é a lingua propia de Galicia.

1.3. Lei de normalización lingüística (1983):


Consta de vinte e cinco artigos desenvolvidos en seis títulos:
Título I. Dos Dereitos Lingüísticos en Galicia.
Título II: Estabelece a oficialidade de galego e castelán nas institucións dependentes da
Administración Autonómica e Local.
Título III: regulamenta o uso do galego no ensino.
Título IV: está dedicado ao uso do galego nos medios de comunicación e determina ouso
normalizado do idioma galego en todos os medios sometidos a xestión ou competenciadas
institucións da Comunidade Autónoma.
Título V: conságrase á protección do galego no exterior; tanto o dos territorios de fala galega que
caen fóra da Comunidade Autónoma, como o dos servizos culturais e lingüísticos á poboación
emigrada.
Título VI: fala da responsabilidade do goberno autónomo e das corporacións locais na protección e
fomento do galego e no desenvolvemento da función normalizadora.

1.4. Plan Xeral de Normalización Lingüística, aprobado o 22 de setembro de 2004 :


Serve como desenvolvemento á Lei de Normalización Lingüística de 1983. O Plan recolle 445
medidas moi diversas aplicables a distintos ámbitos sociais e ten como obxectivos: garantir a
posibilidade de vivir en galego a quen así o desexe, conseguir para o galego máis funcións sociais e
máis espazos de uso, introducir na sociedade a oferta positiva de atender os cidadáns e os clientes
en galego, promover unha visión afable, moderna e útil da lingua galega, e dotar o galego de
recursos lingüísticos e técnicas que o capaciten para vehicular a vida moderna.

1.5. Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia .
Este decreto desenvolve a lei de normalización lingüística para a súa aplicación en todos os
centros docentes públicos e privados que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica
2/2006, do 3 de maio, de educación.

13 IES García Barbón-Verín


CURSO

ENSINO SECUNDARIO ADULTOS 2013-2014

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN. LINGUA GALEGA.

TEMA 3: A NARRACIÓN II.


2. Actividades.
2.1. Fíxate no artigo 5 da Constitución Española e no artigo 2 do Estatuto de Autonomía. Que diferenza
hai entre deber e dereito? Que idioma sae favorecido comparando estes dous artigos?

2.2. Fíxese no artigo 1 do Estatuto de Autonomía. Que quere dicir que o galego é a lingua propia de
Galicia?

F. LITERATURA
1. Subxénero narrativo. O conto.
O conto é un relato breve onde se narra unha acción sinxela. Na historia
interveñen pouco personaxes e os feitos adoitan ser de carácter fantástico e
de aventuras. Hai contos de moi distintos tipos: contos populares e contos
cultos; contos de misterio, de terror, de amor...

2. O conto popular.
O conto popular, de transmisión oral, sobrevive desde hai moito tempo. Cruzou os séculos e as xeracións,
camiñou todas as terras e atravesou todos os océanos e mares, asimilando nunha perfecta simbiose as
aportacións de centos de anónimos contadores de historias. Son parte do patrimonio dos pobos, pero non
de ningún pobo en particular. Por ese motivo, hai moitas e diferentes versión única de cada conto.

3. Características do conto popular:


 O narrador en P3, non participa na acción.  A localización espacial adoita ser indefinida.
 As accións encadéanse de forma lineal.  Características da lingua oral.
 A localización temporal é indeterminada.  Frecuente apoio no diálogo.

4. O conto literario.
No conto literario a historia é concibida e transmitida a través da escrita. O autor adoita ser coñecido. O
texto xeralmente ocorre só nunha versión, sen o conxunto característico de variantes do conto popular.
Consérvase un gran corpus de contos do Antigo Exipto, que é a primeira mostra coñecida do xénero. Pero,
foi G. Boccaccio (1313 - 1375) quen estableceu as bases desta forma narrativa no seu libro Decameron.

5. Actividades:
5.1. Le o seguinte conto popular e analiza as súas características.
Contan que había un home chamado Xan, da casa de Branco, e a carón da casa había un pequeno horto no
que salientaba unha gran figueira que na súa época botaba uns figos moi doces.
O Xan aínda que tiña sona de ter pouco brío, non puido soportar que dun día pra outro desapareceran os figos
da figueira sen outra explicación que as visitas que pola noite lle tiñan que facer algúns dos rapaces da aldea. 

14 IES García Barbón-Verín


CURSO

ENSINO SECUNDARIO ADULTOS 2013-2014

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN. LINGUA GALEGA.

TEMA 3: A NARRACIÓN II.


Foi por iso polo que decidiu poñer garda permanente á figueira, pra o que colleu a escopeta de caza e con
ela ao lombo subiu á figueira con intención de pasar alí o resto do día e tamén a noite.
Os rapaces, dirixidos por dous estudantes do lugar veciño, argallaron darlle un escarmento a Xan e pra iso,
cando se fixo noite pecha, reuníronse, provistos de sabas e velas, nunha capela antiga, abandonada desde
o tempo dos mouros que había preto do lugar.
Alí agardaron ata que o vento, a friaxe e os ruídos da noite empezaran a afrouxar o ánimo de Xan. Cando
viron chegado o momento, os rapaces botaron por riba deles as sabas, puxeron lume ás velas e saíron en
procesión cara a o horto de Xan.
Xan ao ver vir aquel lucerío talmente cavilou na Santa Compaña, e máis aínda cando escoitou as voces que
saían dos procesionarios:
–Antes que eramos vivos comiamos destes figos!
–Agora que estamos mortos andamos por estes hortos!
–Ánima cándida que vas na dianteira... 
–Cólleme a Xan de Branco que está na figueira!
Ao escoitar isto último, o Xan deixou caer a escopeta, tirouse da figueira abaixo botando a correr pra casa e
meteuse nela cerrando e atrancando todas as portas.
Namentras, os rapaces tiraron as sabas ao chan e botáronse a rir brincando cos figos que quedaban na
figueira; e alí, entre gargalladas, deron boa conta de todos eles.
Conto recompilado da tradición oral por F. Vázquez González (A Coruña), en Friol (Lugo)

5.2. Le o seguinte conto literario e compárao co anterior.


Eu era pescador no Coruña. Chegaramos de Campeche na véspera, cunha boa marea de cherna. Eramos
doce, co patrón. Todos estabamos a bordo, co barco amarrado na badía. A proximidade do furacán era
noticia que rolaba de boca a orella e sentíase na calma chicha que viña do sur, do Caribe, e cubríanos a
manta dun nubeiro mesto, sen cabo, e oiamos coma un balbor tremante. Pero rosmábase que o ciclón
tardaría en chegar; que inda estaba lonxe. E por eso falei cos compañeiros e díxenlles que os deixaba por
dúas ou tres horas para ir ó teatro Alhambra, onde viñan poñendo La isla de las cotorras. Nada apuxeron. E
funme. E vin a obra. Ai, pero cando voltei xa non puden nin achegarme á Avenida do Porto. Entrara o ciclón
e aquelo era un mundo de auga e vento. A xente berraba, e grupos de voluntarios, atados uns ós outros con
cordas, axudaban o que podían. Agarreime coas dúas mans a unhas reixas do Club Marino e estiven varias
horas enchoupado e aterecido, procurando que non me levase o vento. Recordo unha árbore arrincada polo
pé, que case me esmaga, e un balcón que me caiu á beira, e o enorme letreiro de chapa que viña voando e
que logrei esquivar. Cando aquelo foi pasando deixeime caír nunha poza de auga suxa. Estaba desfeito.
Souben logo o peor: o Coruña afundírase e afogaran os meus once compañeiros. Chorei moito. Chorei sobre
todo por Pepiño, o rapaz de trece anos que saíra ó mar por primeira vez, despois que eu falara coa nai para
que o deixase vir. Teño coma un anoto que me atafega; doime esta sobrevida, este sentirme orfo de
compañeiros. Eran todos de Redes, e cando a noticia chegou alá tocaron a morto as campás durante cinco
días.
“O ciclón”, Xosé Neira Vila

15 IES García Barbón-Verín


CURSO

ENSINO SECUNDARIO ADULTOS 2013-2014

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN. LINGUA GALEGA.

TEMA 3: A NARRACIÓN II.


ACTIVIDADES RESOLTAS
A. TIPO DE TEXTOS
7. Actividades:

7.1. Analiza os tipos de plano, as onomatopeas e as liñas cinéticas que aparecen nas seguintes viñetas.
Banda deseñada 1:
Viñeta 1: plano xeral e liñas cinéticas na auga.
Viñeta 2: plano xeral e liñas cinéticas na auga.
Viñeta 3: plano enteiro, onomatopea da cámara (RRRRRRR) e liñas cinéticas para indicar que o señor
corre.
Viñeta 4: plano enteiro e liñas cinéticas na pedra para indicar que o señor tropeza nela e no señor para
indicar o movemento da súa caída.
Viñeta 5: plano de detalle para ver de cerca a cámara, liñas cinéticas para indicar o flash e onomatopea
(CLIK) para indicar que a cámara disparou.
Viñeta 6: plano de detalle para ver de cerca o resultado da fotografía.
Banda deseñada 2:
Nas viñetas 1, 2 e 3 emprégase o plano medio para ver mellor a expresión dos personaxes.
Na viñeta 4 emprégase o plano enteiro para ver, ademais da expresión da cara, a expresión corporal do
neno, xa que a caída de brazos tamén é significativa.
Na viñeta 2 aparecen unhas liñas cinéticas que indican con que rapidez levanta a man.
7.2. Relata a historia que se conta nestas viñetas.
Banda deseñada 1:
Un pai e o seu fillo están á beira dunha lagoa e deciden quitar unha fotografía. O señor por a cámara na
función de “automático” e vai correndo onda o neno, pero no camiño tropeza cunha pedra e cae ao lago
e, como podemos ver pola fotografía, caeu á lagoa e unicamente se fotografaron os seus pés; xa que o
corpo está dentro da auga.
Banda deseñada 2:
Unha mestra pregunta aos seus alumnos e alumnas se entenderon a explicación. Un alumno levanta a
man para dicir que non só o dese momento senón que non entende nada desde o mes de marzo.
(Pódese aproveitar para falar de Mafalda. Hai traducións en galego e é interesante).

16 IES García Barbón-Verín


CURSO

ENSINO SECUNDARIO ADULTOS 2013-2014

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN. LINGUA GALEGA.

TEMA 3: A NARRACIÓN II.


7.3. Ponlles globos ás viñetas que non os teñen.
Resposta libre.
7.4. Elabora ti unha banda deseñada onde contes unha pequena historia real ou inventada.
Resposta libre.
7.5. Le a seguinte noticia e responde as preguntas a a continuación se formulan sobre a mesma. (Os
aspectos teóricos danse en lingua española)

7.6. Segundo o modo de discurso, de que tipo de texto se trata? Xustifica a resposta.
Trátase dun narrador en 3ª persoa, porque se fala dunha terceira persoa (“Paco Pena”) e as formas
verbais e posesivos así o indican (“resultou”, l.3; “súa”, l. 7...).

7.7. Indica a estrutura externa que presenta esta noticia.


Consta de título, subtítulo e corpo da noticia, dividido en tres columnas.

7.8. Indica a estrutura interna que se emprega nesta noticia. (Que?, Quen?, Cando?...)
Que? Paco Pena gañou a III Edición da Gran Carreira de Carrilanas de Galicia.
Quen? Paco Pena.
Cando? O domingo. A noticia foi publicada o 25 de maio de 1997, polo que é de supoñer que o
acontecemento tivo lugar o día antes (24 de maio de 1997).
Onde? En Vilalba (Lugo).
Por que? Porque levaba dous anos seguidos quedando en 2ª posición e a súa carrilana estaba ben
traballada, combinando forma e funcionalidade.
Como? (non se dan datos).

7.9. Redacta un breve resumo desta noticia.


Un corredor de carrilanas da Costa da Morte gaña a III edición da Gran Carreira de Carrilanas de Galicia,
despois de dous anos quedando en 2ª posición, a bordo dunha carrilana que combinaba forma e
funcionalidade, segundo confirma o presidente do xurado.

B. LÉXICO
3. Actividades:
3.1. Indica se as palabras subliñadas son polisémicas ou homónimas:
 Nunca varro cunha vasoira de xestas aínda que haxa moito barro. Homónimas homófonas.
 A maleta caeu da baca nun prado onde pacía unha vaca. Homónimas homógrafas.
 Atopou un niño de peto e gardou os ovos no peto. Homónimas homófonas.
 Deulle co abano e case lle fai comer o habano que estaba a fumar. Homónimas homófonas.
 Botou toda a noite en vela, coidando que non lle roubasen a vela do barco. Homónimas homófonas.
 Levou un golpe na perna mentres estaba perseguindo a un golpe. Homónimas homógrafas.
 Debuxou unha pluma de paspallás coa súa pluma preferida. Polisémica.
17 IES García Barbón-Verín
CURSO

ENSINO SECUNDARIO ADULTOS 2013-2014

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN. LINGUA GALEGA.

TEMA 3: A NARRACIÓN II.


3.2. Cales das palabras anteriores son homógrafas e homófonas?
Resolto no exercicio anterior.

3.3. Escribe unha oración cos seguintes pares de palabras: votar – botar, doce – doce, queixo – queixo,
naval – nabal, cavo – cabo.
 Primeiro foi votar ao colexio que lle correspondía e despois foi botar o barco ao mar.
 Podo convidarte a un doce, pois aínda me quedan doce euros.
 Cando ía coller o queixo á neveira, esvarou e fixo unha ferida no queixo (queixelo).
 Desde o nabal que hai ao carón da casa dos meus avós vense os edificios da escola naval.
 É unha orde do cabo, pero eu non cavo ese burato.

3.4. Coa axuda dun dicionario, indica os diferentes significados que teñen as seguintes palabras
polisémicas: folla, calculadora, cometa, carta, cabeza, gato, capital.
 Folla:
1. Órgano verde que sae do talo ou das pólas das plantas.
2. Lámina delgada de calquera materia.
3. Coitela das armas brancas e das ferramentas que serven para cortar.
4. Cada unha das partes nas portas ou ventás que abre e cerra.
 Calculadora:
1. Máquina que mediante un proceso mecánico ou electrónico resolve operacións matemáticas.
2. Dise da persoa que planifica friamente o que quere facer.
 Cometa:
1. Astro do sistema solar con cola luminosa.
2. Xoguete infantil feito de canas ou variñas de papel e que se eleva no aire aproveitando as correntes
de vento, quedando suxeito por un cordel.
 Carta:
1. Escrito pechado nun sobre que unha persoa envía a outra para comunicarlle algo.
2. Constitución política outorgada por un Estado (Carta Constitucional; Carta Magna).
3. Mapa (Carta mariña).
4. Cada un dos naipes da baralla. (En plural emprégase como sinónimo de baralla)
 Cabeza:
1. Parte superior ou anterior do corpo humano ou dos animais.
2. Principio ou parte extrema dunha cousa.
3. Parte ancha e plana dun cravo.
4. Localidade principal dunha zona. (“cabeza de comarca)
5. Parte superior dunha árbore.
6. Persoa que figura a efectos legais como representante da familia. (“cabeza de familia”)
7. Persoa na que recaen as culpas, sen telas. (“cabeza de turco”)

18 IES García Barbón-Verín


CURSO

ENSINO SECUNDARIO ADULTOS 2013-2014

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN. LINGUA GALEGA.

TEMA 3: A NARRACIÓN II.


 Capital:
1. Principal, que constitúe a parte esencial de algo.
2. Dise da pena ou castigo que implica morte.
3. Dise da cidade principal dun Estado.
4. Cantidade de diñeiro ou bens, patrimonio dunha persoa.
5. Factor da produción constituído polo diñeiro fronte ao traballo.

C. ORTOGRAFÍA.
3. Actividades:
3.1. Completa con b ou v segundo conveña. Repara en que os ocos sempre están en formas verbais.
 Náufrago describiu aos periodistas como sobreviviu naquel illote durante tres semanas.
 Eu creo que conversar con el resolvería o problema, pero Ana di que non serviría para nada.
 Por sorte, onte reservei os dous últimos cuartos que había libres nese hotel.
 Non concibo como eles me atribúen a min esas palabras: eu nunca dixen tal cousa.
 Convén que vos inscribades nese curso de ioga canto antes.
 O presidente dixo que non sabía que o seu conselleiro malversara fondos públicos.
 Eu só intervín na reunión para dicir que subscribía por completo as palabras de Paula.
 O químico disolveu os compoñentes en auga e logo distribuíu a mestura en tubos de ensaio.

3.2. Anota na seguinte táboa os infinitivos correspondentes ás formas verbais anteriores:

Infinitivos con b Infinitivos con v


contribuír inscribir sobrevivir reservar
haber saber conversar convir
concibir subscribir resolver malversar
atribuír distribuír servir intervir / disolver

3.3. Pon b ou v nos ocos segundo corresponda.


Abriuse o semáforo e pisei o acelerador ata o fondo. O motor ruxiu como as bestas cando están en celo.
Metín a segunda e agarrei con forza o volante; non se deron conta ata que estiven enriba deles. Non
tiveron tempo nin de moverse; levantaron ó aire as súas mans marabillosas intentando determe, pero xa
era inútil. Tireime a eles como me tiraba á neve da montaña, sabendo que duraría pouco, que deseguida
todo estaría porco e enlurdiado.
E así foi. Agora vostede faga o que queira. Entón dixéronme que só tiña dúas saídas: ou a cadea por
criminal ou o manicomio por tolo. A miña muller pensou que isto era mellor e dixo o que lle mandou o
avogado. A min tanto me daba, así que calei. Ó comezo ela víñame ver todos os días de visita, e despois
cada vez menos. E agora vostede, despois de tantos anos, empéñase en botarme fóra, para que refaga a
miña vida, di, pero, ¿que vida? A min só hai unha cousa que me apetece volver facer.
Vostede é novo, doutor, e é unha boa persoa: para comigo a falar e a botar un cigarro. Por iso lle quería
contar todo isto antes de marchar, para que despois non se diga...
Marina Mayoral, Querida amiga
19 IES García Barbón-Verín
CURSO

ENSINO SECUNDARIO ADULTOS 2013-2014

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN. LINGUA GALEGA.

TEMA 3: A NARRACIÓN II.


3.4. Completa as oracións coa palabra adecuada de cada par:
 Ela sempre vota ao partido. / O zapateiro reparoume a bota. (bota / vota)
 O fotografo vai revelar as fotos. / Débeste rebelar contra as inxustizas. (rebelar / revelar)
 Paréceme moi ben o que dis. / Xulia, ven aquí axiña.(ben / ven)
 Es unha persoa moi boa. / A bolboreta voa de flor en flor. (boa / voa)
 Nese bestiario medieval aparecen seres como a harpía, o dragón, o unicornio... /O adestrador e os
xogadores, reunidos no vestiario, estudaron a táctica para o segundo tempo. (bestiario / vestiario)
 Na nosa horta temos cebola, tomate, ravo e leituga. / O rabo axúdalle ao gato a manter o equilibrio nos
seus saltos. (rabo / ravo)
 Vai á ferraxaría e compra unha bobina de arame de aceiro. / A peste bovina provocou a morte de
milleiros de vacas en moitos países. (bobina / bovina)
 O cabo cumpriu ao pé da letra as ordes do sarxento. / Se queres cavo eu os buratos e despois ti plantas
as árbores. / No cabo Touriñán hai un fermoso faro. (cabo / cavo)
 Os meteorólogos descartan que este ano se produza unha baga de calor como a do 2003. / Teño unha
vaga idea do que puido ocorrer alí, pero prefiro que mo contes ti. / Helena é a persoa máis vaga que
coñezo. Nun mes foi incapaz de rematar ese traballo. / Miña nai fai un saboroso licor coas bagas do
sabugueiro. (baga - vaga)

D. GRAMÁTICA
4. Actividades:
4.1. Escribe o feminino das seguintes palabras:
abade abadesa pescantín pescantina médico médica
heroe heroína actor actriz cabezón cabezona
xenro nora galo galiña cidadán cidadá
león leoa ladrón ladroa folgazán folgazana
cru crúa bo boa nu núa
só soa boi vaca avó avoa
paisano paisana fregués freguesa coruñés coruñesa
fulano fulana cabalo egua / besta burelao burelá
alemán alemá ferrolán ferrolá cristián cristiá
urbano urbana muradán muradá avogado avogada
cotián cotiá ourensán ourensá humano humana
conde condesa castelán castelá vacún vacúa

4.2. Indica o xénero das seguintes palabras, poñendo diante o artigo determinado correspondente:
o humor o dote o couce a viaxe a vinganza
o sangue a énfase a arte o labor o garaxe
o leite a orde o nariz a fonte a pantasma
o sinal o azar o fel a dor a voz
o efe o xadrez o xiz a carraxe o cárcere

20 IES García Barbón-Verín


CURSO

ENSINO SECUNDARIO ADULTOS 2013-2014

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN. LINGUA GALEGA.

TEMA 3: A NARRACIÓN II.


4.3. Escribe un adxectivo flexivo para cada un dos seguintes substantivos.
costume: antigo marxe: esquerda
mensaxe: fermosa arte: románica
análise: sanguínea suor: pegañenta
apendicite: aguda mel: saboroso
leite: frío árbore: froiteira
Pídese un adxectivo flexivo para saber o xénero do substantivo a través da concordancia!!!

4.4. Volve escribir os seguintes enunciados corrixindo os erros que atopes:


 A servidume ten a costume de prender o lume cando chegan os días do friaxe.
A servidume ten o costume de prender i lume cando chegan os días da friaxe.
 A maceira é un árbore que dá unha froita moi saborosa e no verán gárdanos do calor coa súa sombra.
A maceira é unha árbore que dá un froito moi saboroso e no verán gárdanos da calor coa súa sombra.
 Houbo unha liorta na cárcere e coa sangue que había non se recoñecía aos presos.
Houbo unha liorta no cárcere e co sangue que había non se recoñecía aos presos.
 O orixe deste dor está na forte crise que está pasando.
A orixe desta dor está na forte crise que está pasando.
 O personaxe secundario era unha muller loura moi atractiva que tiña unha nariz moi fermosa.
A personaxe secundaria era unha muller loura moi atractiva que tiña un nariz moi fermoso.

4.5. Escribe en galego as seguintes oracións:


 El agua que bajaba por el canal traía mucha cal y mató muchos peces.
A auga que baixaba pola cal (polo canle) traía moito cal e matou moitos peixes.
 Pusieron una señal de tráfico a la entrada del nuevo puente.
Puxeron un sinal de tráfico na estrada da ponte nova.
 Tiene la mala costumbre de tomar la miel con la leche muy caliente y pierde sus propiedades.
Ten a mal (mao) costume de tomar o mel co leite moi quente e perde as súas propiedades.
 Cuando era pequeño, un caballo le dio una coz en la nariz y todavía tiene una señal en la frente.
Cando era pequeno, un cabalo deulle un couce no nariz e aínda ten o sinal na fronte.
 Me caí de un árbol. El dolor no era mucho, pero la sangre no cesaba de salir por mi nariz.
Caín dunha árbore. A dor non era moita, pero o sangue non cesaba de saír polo meu nariz.
 Los análisis dicen que disfrutas de buena salud, pero el color que tienes no es buena señal.
As análises din que gozas de boa saúde, pero a cor que tes non é bo sinal.
 El reportaje que echaron por la televisión sobre los árboles autóctonos de Galicia es muy bueno.
A reportaxe que botaron pola televisión sobre as árbores autóctonas de Galicia é moi boa.
 En el viaje que hicimos a la cumbre de aquella montaña, donde vimos aquellos paisajes tan bonitos, nos
lo pasamos muy bien, a pesar de la sed que pasamos porque el agua que llevábamos ya la habíamos
terminado antes de llegar a la cima.
21 IES García Barbón-Verín
CURSO

ENSINO SECUNDARIO ADULTOS 2013-2014

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN. LINGUA GALEGA.

TEMA 3: A NARRACIÓN II.


Na viaxe que fixemos ao cume daquela montaña, onde vimos aquelas paisaxes tan fermosas,
pasámolo moi ben, malia a sede que pasamos porque a auga que levabamos xa a remataramos antes
de chegar á cima (ao cumio).

4.6. Forma o plural das seguintes palabras:


a orixe as orixes a ponte as pontes avó avós o sangue sangues
o iglú os iglús o pan os pans o irmán os irmáns as pantasmas
o pai os pais o álbum os álbums israelí israelís a aldraxe aldraxes
a arte as artes a cute as cutes o costume os costumes folgazán folgazáns
 En que rematan as palabras anteriores? Explica como formaches o seu plural.
Rematan en vogal (átona e tónica), en –n e –m (préstamo)
Formei o plural engadindo un –s.

4.7. Forma o plural das seguintes palabras:


o funil os funís o proxectil os proxectís o mandil os mandís
o mandril os mandrís o aval os avais o vendaval os avais
o caracol os caracois civil civís industrial industriais
 En que rematan as palabras anteriores? Explica como formaches o seu plural.
Rematan –l (palabras agudas, non monosílabas).
Formei o plural eliminando o –l e engadindo –is.

4.8. Forma o plural das seguintes palabras:


o mel os meles o val os vales o sol os soles o mísil os mísiles
o sal os sales o til os tiles o labor os labores portugués portugueses
áxil áxiles hábil hábiles o nariz os narices a suor as suores
a cor as cores a noz as noces o rapaz os rapaces a perdiz as perdices
 En que rematan as palabras anteriores? Explica como formaches o seu plural.
En consoante diferente de –n (e que non son préstamos recentes) e as agudas en –l.
Formei o plural engadindo o sufixo –es.

4.9. Forma o plural das seguintes palabras:


xirasol xirasoles papavento papaventos paporroibo paporroibos
porco bravo porcos bravos sapo concho sapos concho porco teixo porcos teixos
ave de rapina aves de rapina estrela de mar estrelas de mar económico-social
económico-sociais.
 Explica como formaches o seu plural.
As palabras compostas con e sen guión forman o plural tendo en conta só a última palabra.
As palabras que teñen un nexo no medio só forma o plural a primeira palabra.
22 IES García Barbón-Verín
CURSO

ENSINO SECUNDARIO ADULTOS 2013-2014

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN. LINGUA GALEGA.

TEMA 3: A NARRACIÓN II.


As palabras separadas por espazo en branco poden formar o plural as dúas ou só a primeira. Neste
último caso é cando se sobreentende un nexo que xa desapareceu( coche con cama  coche cama).

4.10. Clasifica as seguintes palabras segundo o seu número: sílex, nupcias, cóxegas, paspallás,
fervellasverzas, víveres, venres, valor (=coraxe), oeste, tebras, oasis, tórax.
Só en singular: sílex, venres, valor, oeste.
Só en plural: nupcias, cóxegas, víveres, tebras.
A mesma forma para singular e plural: paspallás, fervellasverzas, oasis, tórax.

4.11. Clasifica as seguintes palabras segundo indiquen individual e colectivo: carballeira, orquestra,
persoa, ovella, enxame, coro, piñeiro, xogador, equipo, exército, xílgaro, rabaño, souto, cardume.
Individual: persoa, ovella, piñeiro, xogador, xílgaro.
Colectivo: carballeira, orquestra, enxame, coro, equipo, exército, rabaño, souto, cardume.

4.12. Escribe en singular as seguintes oracións, sempre que se poida:


 Os meus fillos mercaron uns álbums novos cos cartos aforrados.
O meu fillo mercou un álbum novo cos cartos aforrados.
 Os xenerais ordenáronlles aos soldados que fosen buscar os víveres aos cuarteis.
O xeneral ordenoulle ao soldado que fose buscar os víveres ao cuartel.
 As orixes desas lendas son escuras e difíciles de comprender.
A orixe desa lenda é escura e difícil de comprender.
 Todos os luns dos meses de maio hai conferencias sobre réptiles e parasitos.
Cada luns do mes de maio hai unha conferencia sobre un réptil e un parasito.
 Os gardas civís detiveron aos físico-químicos desas fábricas téxtiles por non levaren os cintos de
seguridade postos.
O garda civil detivo ao físico-químico desa fábrica téxtil por non levar o cinto de seguridade posto.

4.13. Corrixe os erros que atopes nas seguintes oracións:


 Os caracoles son animales que se caracterizan porque teñen os seus corpos mois.
Os caracois son uns animais que se caracterizan porque teñen os seus corpos moles.
 Os enfrontamentos entre os palestíns e os israelíes causan moitas mortes e graves perdas materiales.
Os enfrontamentos entre os palestinos e os israelís causan moitas mortes e graves perdas materiais.
 Merquei uns sofás camas para poñer no salón que arranxaron os albaneles.
Merquei uns sofás cama para poñer no salón que arranxaron os albaneis.
 Teñen as postales agochadas no medio duns papeles vellos desde que eran uns rapazes novos.
Teñen as postais agochadas no medio duns papeis vellos desde que eran uns rapaces novos.
E. LINGUA E SOCIEDADE
2. Actividades.

23 IES García Barbón-Verín


CURSO

ENSINO SECUNDARIO ADULTOS 2013-2014

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN. LINGUA GALEGA.

TEMA 3: A NARRACIÓN II.


2.1. Fíxate no artigo 5 da Constitución Española e no artigo 2 do Estatuto de Autonomía. Que diferenza
hai entre deber e dereito? Que idioma sae favorecido comparando estes dous artigos?
Todos os españois e todas as españolas teñen o deber de coñecer o castelán e o dereito de usalo;
mentres que os galegos e as galegas só temos o dereito de coñecer e de usar o galego, non o deber de
coñecelo.
Deste xeito, quen sae favorecido claramente é o castelán.

2.2. Fíxese no artigo 1 do Estatuto de Autonomía. Que quere dicir que o galego é a lingua propia de
Galicia?
Resposta libre. Intentarase que reflexionen sobre a importancia que supón ter unha lingua de noso.

F. LITERATURA
5.Actividades:
5.1. Le o seguinte conto popular e analiza as súas características.
• O narrador non participa na acción.
• As accións encadéanse de forma lineal.
• A localización temporal é indeterminada. (“Contan que había un home chamado Xan”)
• Características da lingua oral. (“tiña sona de ter pouco brío”)
• Frecuente apoio no diálogo.

5.2. Le o seguinte conto literario e compárao co anterior.


 O autor adoita ser coñecido (Xosé Neira Vila)
 O narrador participa na acción (“Era eu pescador...”)
 Localización temporal e espacial precisas (“Chegaramos de Campeche na véspera”).
 Linguaxe máis coidade e sintaxe máis complexa.
 Ausencia de diálogo.
 Etc.

24 IES García Barbón-Verín

You might also like