You are on page 1of 8

Estudar toponimia

Aproximacións
metodolóxicas
e interpretativas

Edición a cargo de
Ana Isabel Boullón Agrelo

Verba
Anexo 75

2017
Servizo de Publicacións e Intercambio Cientí co • UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
ESTUDAR TOPONIMIA
APROXIMACIÓNS METODOLÓXICAS E INTERPRETATIVAS

Edición a cargo de
Ana Isabel Boullón Agrelo

Verba
Anexo 75

2017
Universidade de Santiago de Compostela
© Universidade de Santiago de Compostela, 2017

Edita
Servizo de Publicacións
e Intercambio Científico
Campus Vida
15782 Santiago de compostela
usc.es/publicacions

Maquetación
Raquel Vila-Amado

DOI http://dx.doi.org/10.15304/9788416954353
ISSN 2341-1198
ISBN 978-84-16954-35-3

A edición e preparación deste volume foi financiada parcialmente cunha axuda da


Secretaría Xeral de Universidades (Xunta de Galicia - Fondo Europeo de Desenvol-
vemento Rexional) ó grupo de investigación Filoloxía e Lingüística galega (USC).
ÍNDICE

Limiar
Ana Isabel Boullón Agrelo................................................................................ 5

A historiografía da toponomástica na Romania


Antón Santamarina.......................................................................................... 9

A clasificación semántica da toponimia


Paulo Martínez Lema..................................................................................... 37

Veigha: léxico e fonética da Galicia prelatina?


Carlos Búa....................................................................................................... 57

Toponimia miñorá: Miñor, Nigrán, Gondomar, Baiona


Gonzalo Navaza.............................................................................................. 81

Antropónimos en topónimos galegos


Antón Palacio Sánchez.................................................................................. 115

Achegas metodolóxicas para a investigación lingüística en


toponimia medieval
Gonzalo Hermo González.............................................................................. 137

O réxime xurídico da toponimia en Galicia: distribución


competencial, organización e conflitos xudiciais
Alba Nogueira López..................................................................................... 157

Bibliografía esencial da toponimia galega.........................................169


LIMIAR

O xerme deste volume foi o curso de verán da USC Toponimia: interpreta-


ción e actuación que tivo lugar en Santiago de Compostela durante o mes de
xullo de 2013. O seu obxectivo era proporcionar ós asistentes unhas ferra-
mentas útiles para, por unha banda, coñecer os fundamentos da toponimia
galega en canto á súa conformación, ós seus compoñentes etimolóxicos, á
súa análise científica e, por outra banda, para actuar sobre o terreo en can-
to á súa recollida e consolidación. Houbo, por tanto, conferencias e tamén
obradoiros para mostrar a metodoloxía da pescuda da microtoponimia. O
curso foi exitoso, con 72 matriculados e a implicación de varios concellos
(Rois, Touro, e a Mancomunidade Arousa Norte, que comprende Rianxo,
Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira) que concederon axudas para a re-
collida de microtoponimia nos seus respectivos territorios; o resultado foi a
recuperación de cerca de 5.700 nomes de lugares, para seren posteriormen-
te xeorreferenciados.
Neste volume recóllense unha selección das conferencias alí pronuncia-
das, elaboradas por especialistas con longa traxectoria no estudo da onomás-
tica de Galicia. Nas últimas décadas o estudo da toponimia galega cobrou un
extraordinario pulo, paralelamente ó acceso da lingua a usos anteriormente
vedados e en resposta á necesidade de elaborar un nomenclátor depurado
das interferencias lingüísticas e de coñecer e divulgar esta parte tan impor-
tante do noso patrimonio inmaterial. Aumentou en gran medida o número
dos estudos descritivos, pero aínda cómpren reflexións sobre aspectos xerais
do corpus. Un dos obxectivos do curso de verán, e mais deste volume, é o de
proporcionar esas orientacións metodolóxicas.
Varios dos colaboradores son membros da Comisión de Toponimia da
Xunta de Galicia e, como tales, participantes desde o primeiro momento da
elaboración do Nomenclátor de Galicia, polo que levan moitos anos estu-
dando de maneira intensiva e extensiva a realidade toponímica. Antón San-
6 A. I. Boullón Agrelo

tamarina, catedrático ad honorem na Universidade de Santiago de Compos-


tela e un dos fundadores do Instituto da Lingua Galega, comeza o volume cun
percorrido da evolución dos estudos de toponimia na Romania, e o encadra-
mento nela dos estudos toponímicos de Galicia. Gonzalo Navaza, profesor da
Universidade de Vigo, exemplifica a pescuda etimolóxica con Miñor, Nigrán,
San Fiz, Gondomar, Baiona, e demostra a necesidade dunha perspectiva in-
terdisciplinar que sume á lingüística os coñecementos da historia do territo-
rio, da documentación medieval, da xeografía, as vías de comunicación e as
advocacións relixiosas. Antón Palacio, tamén profesor da Universidade de
Vigo, mostra a fonda interrelación entre os nomes de lugares e os nomes de
persoa; o seu obxecto de estudo non son aquí os topónimos formados polos
nomes de posesores (denominados deste xeito por Joseph M. Piel) no perío-
do de creación do romance, senón os máis recentes. Así, detalla os procede-
mentos de formación de centos de topónimos a partir de nomes e apelidos,
desde a Idade Media en diante.
Un dos terreos máis esvaradíos á hora de investiga-la orixe etimolóxica
dos nomes de lugar é o compoñente prerromano. Carlos Búa (Universität
Leipzig), que conxuga a súa formación en filoloxía clásica e lingüística in-
doeuropea co coñecemento da lingüística románica, ilustra coa palabra veiga
(voz común e despois topónimo e apelido) a dificultade de desentrañar as re-
lacións entre as linguas prelatinas (de raíz indoeuropea ou preindoeuropea).
Ademais, desbota a posibilidade de que a gheada (ou espirantización do g,
como el prefire denominala) sexa un fenómeno debido ó substrato.
Outras contribucións son froito de investigadores novos que xa demos-
traron experiencia na investigación científica da toponimia. Paulo Martínez
Lema (Universidade de Lisboa) propón unha clasificación semántica para a
toponimia galega, sempre coa prevención sobre as dificultades dos encadra-
mentos, dado que son continuas as situacións fronteirizas. Pola súa parte,
Gonzalo Hermo (Instituto da Lingua Galega) dá conta das especificidades
que cómpre ter en conta para o estudo da toponimia medieval.
Por último, Alba Nogueira (Universidade de Santiago de Compostela)
achega a perspectiva xurídica: o uso da toponimia pertence ó dereito públi-
co e está regulado pola lei, non depende da vontade particular. En Galicia
está estipulado o uso da forma galega como exclusiva, o que se regula nas
leis autonómicas e se recoñece nas leis estatais. A autora tamén explica o
procedemento legal para a fixación dos nomes de lugar, que se reflectiu no
Nomenclátor de Galicia de 2003.
O libro péchase cunha bibliografía selecta que quere servir de guía breve
para asomarse ós principais estudos sobre a toponimia galega.
Limiar 7

En suma, as achegas que se presentan aquí pretenden contribuír ó co-


ñecemento da historiografía, da metodoloxía da investigación toponímica e
dos seus compoñentes etimolóxicos. Nos nomes de lugar podemos trazar a
nosa traxectoria como pobo desde moito máis atrás de que existise memoria
escrita, lemos o relato de como os nosos devanceiros se foron apropiando da
terra para habitala e aproveitala, os antigos nomes persoais que usaron e que
se esqueceron, a paisaxe física das augas, do terreo, da fauna e a vexetación.
Conservamos como testemuñas de tales procesos unha enorme cantidade de
topónimos. Confío en que este volume estimule o seu estudo científico, pois
constitúen parte fundamental do noso ser lingüístico e histórico.

Ana Isabel Boullón Agrelo


Universidade de Santiago de Compostela
Marzo 2016

You might also like