You are on page 1of 15

CURSO

ENSINO SECUNDARIO ADULTOS 2013-2014

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN. LINGUA GALEGA.

TEMA 1: A COMUNICACIÓN.
A. TIPO DE TEXTOS
1. A comunicación.
Todos os animais que viven en comunidade senten a necesidade de intercambiar información para poder
organizárensedentro da comunidade á que pertencen, para advertir dun perigo, para buscar alimento, etc.
O home, como animal que é, tamén sente esta mesma necesidade. A este acto de intercambio de
información entre dous ou máis individuos denomínase comunicación.

2. Elementos do acto comunicativo.


En todo acto comunicativo interveñen seis elementos que fan posible que se transmita a información
desexada dun xeito correcto. Estes son:
 Emisor. É quen elabora e transmite a información; pode ser unha persoa, un grupo ou unha máquina.
Por exemplo, unha nai que lle di ao seu fillo que ten que estar na casa ás 14.00 para xantar.
 Receptor. Équen recibe e interpreta dita información. Seguindo o exemplo anterior, o fillo que lle
responde a súa nai que non se preocupe que vai ser puntual.
 Mensaxe: é a información que se transmite. Mensaxe da nai: “Tes que estar na casa ás 14.00 para
xantar”. Mensaxe do fillo: “Non te preocupes. Vou ser puntual”.
 Canle. É o medio físico polo que transcorre a mensaxe; pode ser natural (aire, luz, son) ou artificial
(radio, televisión, computador, papel, teléfono...), pero o receptor sempre as percibe a través dun dos
seus sentidos. Seguindo co mesmo exemplo, a canle é o aire por onde van as ondas sonoras.
 Código. É un sistema estruturado de signos mediante o cal se constrúe a mensaxe. Ten que ser
compartido polo emisor e máis polo receptor. O máis empregado na comunicación humana é a linguaxe
verbal. Seguindo o exemplo, o código empregado, neste caso, é a lingua oral galega.
 Contexto. É o conxunto de factores lingüísticos e extralingüísticos necesarios para comprender
axeitadamente unha mensaxe. Seguindo o exemplo, o contexto é onde se produce o acto comunicativo.
Pode ser o cuarto do rapaz, a porta de entrada da casa, etc.
3. A linguaxe humana.
A linguaxe é a capacidade que ten todo ser humano para poder comunicarse. Esta capacidade
materialízase nas diferentes linguas que hai no mundo (arredor dunhas 6 000).
Unha lingua é o conxunto de signos lingüísticos e de regras que conforman un sistema e que están á
disposición dos falantes dun mesmo idioma. Cando elaboramos unha mensaxe, sóempregamos aqueles
que precisamos e materializámolos a través da fala.
Así pois, a fala é a posta en práctica dunha lingua concreta a través da pronunciación de sons que emitimos
cos órganos da fonación.

4. Os elementos paraverbais e non verbais na comunicación.


Son elementos non lingüísticos dos que o emisor se axuda para transmitir a información.
 Os elementos paraverbais son o volume, a velocidade, as pausas e a entoación.

1 IES García Barbón-Verín


CURSO

ENSINO SECUNDARIO ADULTOS 2013-2014

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN. LINGUA GALEGA.

TEMA 1: A COMUNICACIÓN.
 Os principais elementos non verbais son os acenos, xestos, imaxes, etc.

5. O texto.
O texto é a unidade de comunicación mínima do ser humano. Diferenciamos distintos tipos de textos:
 Segundo a canle utilizada: orais e escritos.
 Segundo o nivel de formalidade: formais, informais ou coloquiais e vulgares.
 Segundo o modo de discurso: narrativo, descritivo, dialogado, expositivo e argumentativo.
 Segundo a intención do emisor: informativo, instrutivo, literario, persuasivo, preditivo e prescritivo.
 Segundo o ámbito de uso: persoal (carta e diario), laboral (acta, currículo vitae, instancia, certificado,
informe, declaración xurada, etc.) e sociocultural (noticia, reportaxe, crónica, cartas ao director, bandas
deseñadas, avisos, anuncios, publicidade, etc.).

6. Texto oral e texto escrito.


A linguaxe verbal ten dúas grandes modalidades: lingua oral e lingua escrita. O uso dunha ou doutra vai
depender do contexto en que se atopan o emisor e o receptor no momento da comunicación.
Na lingua oral o material que utilizamos son os fonemas ou sons que emitimos; mentres que na lingua
escrita son signos gráficos visuais, as letras, que tratan de ser o máis fieis posible aos fonemas.
Segundo isto, tamén diferenciamos entre textos orais, os que utilizan os sons, e textos escritos, os que
utilizan as letras. As principais diferenzas entre estes dous tipos de textos son:

texto oral texto escrito


A canle de comunicación é auditiva: o receptor A canle de comunicación é visual: o receptor
percibe o texto co oído. percibe o texto coa vista.
A comunicación prodúcese de xeito case inmediato A mensaxe tarda máis en chegar ao receptor
(mesmo ás veces pode tardar séculos, pensemos en
xa que emisor e receptor están presentes.
textos literarios escritos na Idade Media).
É momentáneo, a mensaxe ten a duración limitada É perdurable, a mensaxe pode permanecer
do momento da comunicación. inalterable ao longo do tempo.
Está fortemente apoiada na entoación e nos xestos Carece destes recursos e precisa substituílos por
corporais dos falantes que transmiten moita outros específicos: signos de admiración,
información (sorpresa, dúbida, ironía, alegría, interrogación, puntos, comas, espazos en branco,
preocupación, tristeza, expectativa...). guións, parénteses, maiúsculas...
O normal é que interactúen emisor e receptor (fala
Non sucede esta interacción, xa que a resposta do
un, fala outro, interrómpense, quítanse a palabra,
receptor non sempre se dá, e no caso de darse
un acaba unha frase que empezou o outro...).Todo
(resposta a unha carta, por exemplo) estará
isto vai construíndo e modificando a mensaxe no
demorada no tempo.
propio momento en que se produce.
É máis espontáneo e menos coidado, abundan nel É máis elaborado e preciso, e normalmente require
as repeticións, as frases inacabadas, as estruturas unha planificación.
2 IES García Barbón-Verín
CURSO

ENSINO SECUNDARIO ADULTOS 2013-2014

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN. LINGUA GALEGA.

TEMA 1: A COMUNICACIÓN.
máis sinxelas, as palabras comodín...

7. Actividades:
7.1. Realiza unha pequena investigación sobre a comunicación dalgúns animais (abellas, golfiños...) e logo
compáraa coa comunicación humana.
7.2. Escoita un anuncio publicitario e analiza os elementos da comunicación que interveñen no acto
comunicativo. Analiza tamén os elementos paraverbais e non verbais.
7.3. Le os seguintes textos e logo contesta as preguntas referidas aos mesmos:
Texto A
Ai! Que abafo! … deixa que sente…, Ai, miña nai!... Que viña… e víao vir… E tíñao enriba… E non podía
facer nada. Ai, Virxe do Socorro! Grazas, Virxenciña, que me salvaches. Que o vía enriba. Ai, pobre de min!
Si, si, un vaso de auga. Que susto! E que non dou sacado este susto de dentro. Onde está o meu cesto? Ai!
Xa non me lembro do que fixen con el. Co susto… Que non podo co susto. Que eu sei como son. Que me
vou poñer mala, se o saberei eu…
Texto B
Logo de ser avisado por radio presenteime no lugar do accidente ás doce e sete minutos da mañá. Puiden
observar un vehículo de cor branca, sen placas de matrícula, dentro do vestíbulo da vivenda número 8 da
rúa Sarampelo. Observábanse cristais rotos en abundancia. Procedín á observación ocular do vehículo e
non apreciei nada digno de mención, polo que me dirixín ao público que se congregara para dar orde de
"Circulen, por favor".
7.4. Segundo o nivel de formalidade, a que tipo de texto corresponde cada un?
7.5. Segundo a canle utilizada, cal cres que é a transcrición dun texto oral? Que características presenta?

B. LÉXICO
1. O significado das palabras: denotación e connotación.
As palabras teñen un significado obxectivo, recoñecido polas persoas que as usan e que é o que rexistran
nos dicionarios. Así, Nadal é para todos “o día 25 de decembro” e, por extensión, “ o período festivo que
rodea esa data”. Este significado obxectivo e común a todosos falante denomínase significado denotativo.
Non obstante, as palabras úsanas persoas concretas para dirixirse a outras persoas en contextos
comunicativos determinados. Estas circunstancias evocan subxectivamente valores que se engaden ao
significado das palabras. Así, navegar vai asociado para un mariñeiro á idea de “traballo”, mentres que
para un afeccionado aos deportes náuticos, a mesma palabra vai asociada ao lecer. Nadal vai asociado para
uns falantes á idea de “relixiosidade”, para outros a “vacacións”, para outros a “agasallos”, para outros a
“saudade”, etc. Este significado evocado e subxectivo das palabras denomínase significado connotativo.

2. Actividades:
2.1. Completa a seguinte táboa.
Palabra Denotación Connotación
choiva

3 IES García Barbón-Verín


CURSO

ENSINO SECUNDARIO ADULTOS 2013-2014

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN. LINGUA GALEGA.

TEMA 1: A COMUNICACIÓN.

sol
rosa vermella
2.2. Indica o significado denotativo e connotativo das palabras destacadas nos seguintes versos
(traducidos) de Garcilaso de la Vega:
Collede da vosa alegre primavera
o doce froito, antes que o tempo airado
cubra deneveo fermoso cumio.
2.3. Os animais posúen moitos valores connotativos. Indica o valor connotativo que se asigna a cada un
destes: lince, can, león, raposo, aguia.

C. ORTOGRAFÍA
1. O acento prosódico.
É a maior forza de intensidade ao pronunciar unha sílaba. Denominamos sílaba a cada un dos golpes de voz
que damos cando pronunciamos unha palabra. Segundo a intensidade diferenciamos:
 Sílaba tónica. Na que recae o acento prosódico. Exemplos: ca-lor, men-sa-xe, plá-ta-no.
 Sílaba átona. As demais sílabas da palabra. Exemplos: ca-lor, men-sa-xe, plá-ta-no.

2. Tipo de palabras segundo o acento prosódico.


 Agudas. As que levan a sílaba tónica no último lugar. Exemplos: calor, café, construcións, funil.
 Graves. As que levan a sílaba tónica no penúltimo lugar. Exemplos: mensaxe, cráter, difícil.
 Esdrúxulas. As que levan a sílaba tónica no antepenúltimo lugar. Exemplos: plátano, cárcere, náutico.
 Sobreesdrúxulas. As que levan a sílaba tónica antes do antepenúltimo lugar. Exemplo: díxonolo.

3. O acento ortográfico ou til (´).


Como acabamos de comprobar, en galego (e en castelán) o acento prosódico ten mobilidade, é dicir,
cambia de lugar segundo as palabras. Daquela, para marcar a sílaba tónica das palabras inventouse un
acento ortográfico ou til. Así, este utilízase nos seguintes casos:
 As agudaslevan acento gráfico cando rematan en vogal, en vogal + n, en vogal + s e en vogal + ns:
ventá, ventás, salón, salóns. Non levan acento gráfico as agudas rematadas en ditongo decrecente (-ei, -
ou, -oi...) nin as monosílabas: limpei, varreu, pintou;chan, fe.
 As graveslevan acento gráfico cando rematan en consoante diferente de –n, –s e –ns: fácil, álbum,
cráter, tórax, bíceps.
 As esdrúxulaslevan acento gráfico sempre: mármore, ático, náutico.
 As sobreesdrúxulaslevan acento gráfico sempre: díxonolo, contáchesnolo.

4. Actividades:
4.1. Completa as seguintes oracións coa palabra axeitada:
 A policía pediunos o ________________ para identificarnos. (carné/carne)

4 IES García Barbón-Verín


CURSO

ENSINO SECUNDARIO ADULTOS 2013-2014

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN. LINGUA GALEGA.

TEMA 1: A COMUNICACIÓN.
 Colleu un _________________ no regato que cruza o prado. (cagado /cágado)
 Fai falla un pouco de _________________ para arranxar isto. (mañá/maña)
 O __________________ de beleza cambiou moito neste últimos anos. (canón/canon)
 A __________________ do cadrado calcúlase multiplicando lado por lado. (área/area)
 Desde que estivo enfermo, non ten moito _______________________ (ánimo/animo)
 Non me gusta que me ____________________ historias de terror. (contén/conten)
 Os bonsais son unhas árbores _________________ que poden alcanzar un gran valor. (ananás/ananas)
 Ela estivo a ________________nos meus papeis e agora non atopo ese documento. (revólver/revolver)
 Pousa a cunca co leite quente preto da fiestra para ver se _____________ (temperá/témpera/tempera)

4.2. Pon acento gráfico (til) na palabras que o precisen:


chandal esfera almacens caracol contamo
comic azucre rodape amencer exercito
futbol textil ascensor entrechan xilgaro
tenis lapis autobus mandil escribellelo
album fiestra aleli veraz platano

Unha das palabras de cada unha das columnas do exercicio anterior non cumpre os mesmo requisitos cás
demais. Cales son?

4.3. Analiza estas palabras na seguinte táboa segundo a súa acentuación:

Levan til?
Palabra Xustificación
si non
canibal
estrada
arbore
capitan
album
bambu
esparrago
man
decisions
facil

4.4. Pon os acentos gráficos que faltan neste texto.

5 IES García Barbón-Verín


CURSO

ENSINO SECUNDARIO ADULTOS 2013-2014

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN. LINGUA GALEGA.

TEMA 1: A COMUNICACIÓN.
Os outros enmudeceron ao ver como tremían as pequenas mans da muller mentres agarraba con forza o
revolver. Niso disparouselle un tiro contra o teito e os tres comezaron a dar gritos alporizados. En medio da
confusion, o tal Delmiro aproveitou para liscar por detras dos sofas cara á porta exterior e botarse
escaleiras abaixo.
Rosiña saíu aloucadamente tras del coa arma na man e sentiuse nas escaleiras a detonacion, multiplicada
polo eco dun par de disparos. Despois a moza volveu entrar ás carreiras, pechou a porta dun golpe, pasou
todos os ferrollos e asomouse ao balcon, desde onde volveu a descargar dous ou tres tiros máis contra o
tal Delmiro cando intentaba saír pola porta principal en direccion á rúa, coxeando ostensiblemente. Logo,
muda de estupor, entrou na sala outra vez, achegouse ao telefono e, sen deixar de apreixar coa man
dereita o revolver, marcou coa esquerda o numero da policía.
Só acertou a dicir o enderezo e unhas palabras confusas. Despois rompeu a chorar e deixouse caer no sofa,
alentando con dificultade e tremendo de axitacion, mentres permanecía inmobil e palida coma unha
estatua de marmore.
Gonzalo Navaza, Erros e Tánatos
D. GRAMÁTICA
1. A organización da lingua.
As linguas están formadas por diferentes unidades que se combinan entre si para formar unidades máis
complexas. Deste xeito, cun número limitado de fonemas podemos construír un número infinito de
mensaxes. Os elementos que constitúen unha lingua son os seguintes:
 Fonemas. Son as unidades mínimas da lingua, que se corresponden cos sons la lingua oral e ás grafías
da lingua escrita. Exemplo: o fonema /b/ correspóndese cos sons [b] e [] e coas grafías b e v.
 Palabras. Son o agrupamento de fonemas que levan asociado un significado. Así, se combinamos os
fonemas /a/ + /b/, optemos a palabra baba, que significa “cuspe que escorre da boca do home e
doutros animais”.
 Enunciados. Trátase da combinación de palabras para formar unidades lingüísticas que expresan unha
idea. Os enunciados poden ser unha palabra, unha frase ou unha oración. Así, se combinamos as
palabras “cala” e “xa”, optemos o enunciado “cala xa”, unha oración.
 Textos. Son o resultado da combinación de enunciados, que se combinan para formar unha unidade de
comunicación pechada. Así, son textos un conto, unha crónica, unha carta...

2. Os fonemas.
 En galego temos7 fonemas vocálicos, pero só cinco grafías para representalos na escrita: a, e, i, o, u.
Isto ocorre porque o e e o o poden ser abertos (pзrna, pᴐrta) ou pechados (pelo, pozo).
 En galego temos 19 fonemas consonánticos e, a diferenza dos vocálicos, son máis as grafías cós
fonemas. Así, o fonema /b/ represéntase coas grafías b ou v; o fonema // represéntase coas grafías c
(ante e, i) e z (ante a, o,u)... Tamén posuímos dígrafos para representar algúns fonemas consonánticos:
o nh para representar o fonema nasal velar sonoro;
o ch para representar o fonema africado palatal xordo;
6 IES García Barbón-Verín
CURSO

ENSINO SECUNDARIO ADULTOS 2013-2014

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN. LINGUA GALEGA.

TEMA 1: A COMUNICACIÓN.
o qu para representar o fonema oclusivo velar xordo ante e, i;
o gu para representar o fonema oclusivo velar sonoro ante e, i;
o ll para representar o fonema lateral palatal sonoro.
o rr para representar o fonema vibrante alveolar múltiple sonoro en posición intervocálica.

3. Actividades:
3.1. Indica se a vogal tónica das seguintes palabras é aberta ou pechada:
toca: do verbo tocar toca: que lle falta unha man
pega: do verbo pegar pega: paxaro
fora: verbo ser, ir fóra: na parte exterior
roda: especie de sacho roda: peza circular
oso: animal plantígrado óso: parte do corpo
bola: de pan bóla: esfera
ves: do verbo ver vés: do verbo vir
pe: letra pé: extremidade inferior
corda: asisada corda: cordel
choro: do verbo chorar choro: pranto, salouco

3.2. Escribe 5 palabras con cada un dos dígrafos que temos en galego.

E. LINGUA E SOCIEDADE
1. A diversidade lingüística no mundo.
Na actualidade, temos constancia dunhas 6.000 linguas vivas no mundo, das que a metade están a punto
de desaparecer. A parte do mundo con mais diversidade lingüística é Oceanía. Bolivia, que ten como lingua
oficial o español,é o país de Sudamérica onde máis linguas se falan. Os Estados Unidos éo país de
Norteamérica que máis linguas perdeu, debido a imposición do inglés. Isto é un bo exemplo de como unha
lingua que coloniza un territorio tende a facer desaparecer a lingua ou linguas nativas.
A metade das linguas do mundo concéntranse en oito Estados: Papúa Nova Guinea (832), Indonesia (731),
Nixeria (515), A India (400), México (295), Camerún (286), Australia (268) e Brasil (234).
Malia o considerable número de linguas existentes e da necesidade de preservalas, poucas gozan dunha
boa saúde, sendo aglobalizaciónunha das causas máis importante que provoca que algunhas comunidades
abandonen as súas linguas.

2. A diversidade lingüística en España.


En España fálanse varias linguas: o castelán, idioma oficial en todo o Estado; o catalán, que comparte
cooficialidade co castelán en Cataluña e nas Illas Baleares, tamén o é na Comunidade Valenciana pero
neste caso baixo a denominación de valenciano; o galego, que comparte cooficialidade co castelán en
Galicia; o éuscaro é cooficial co castelán en Euskadi e no terzo norte da Comunidade Foral de Navarra; o

7 IES García Barbón-Verín


CURSO

ENSINO SECUNDARIO ADULTOS 2013-2014

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN. LINGUA GALEGA.

TEMA 1: A COMUNICACIÓN.
aranés, que comparte cooficialidade co castelán e co catalán no Val do Arán e tamén, desde o 2006, en
toda Cataluña xunto co catalán e o castelán.
Ademais destas linguas, en España tamén se falan:
Astur-leonés. A súa situación legal está fixada no Estatuto de Autonomía de Asturias, que estipula que o
asturiano é lingua específica de Asturias. A súa normalización conta co apoio da Llingua Asturiana(1981).
Aragonés ou fabla. Fálase nos altos vales dos Perineos. O maior número de falantes concéntrase na
provincia de Huesca. Aínda que a súa situación legal está recollida no Estatuto de Autonomía de 1982, só
os xornais locais e programas de radio de carácter cultural empregan o aragonés.

3. Actividades:
3.1. Procura información sobre linguas que se falen en Europa e que non teñan a consideración de lingua
oficial do Estado.
3.2. Procura información sobre Estados monolingües en Europa.
3.3. Que linguas, a nivel oficial, se falan en Bélxica e en Suíza?
3.4. Elabora un mapa lingüístico de España, onde reflictas as zonas lingüísticas e o número de falantes que
posúe cada lingua na actualidade.
3.5. A plurilingüismo é o máis común na maioría dos países. Cres que esta diversidade é boa? Por que?

F. LITERATURA
1. Que é a Literatura?
A orixe da palabra literatura está no termo latino LITTERA, que se refería á arte de ler e escribir
correctamente. Ata o século XVIII chamábaselle literatura a toda obra escrita, sen importar o tema. A partir
deste século este termo restrinxe o seu significado e enténdese por literatura unha forma de
comunicación, a través da palabra (oral ou escrita) e de expresión artística, froito da imaxinación dunha
persoa e que procura o pracer estético, a beleza.

2. A lingua literaria vs. lingua natural.


 A lingua literaria é a lingua natural que utilizamos todos os días, modelada cunha intencionalidade
estética: prevalece a forma de transmitir un contido por encima do propio contido.
 Na linguaxe literaria o emisor persegue unha finalidade estética; mentres que na lingua natural o
emisor persegue unha finalidade práctica, é dicir, informativa.
 Por outra parte, fronte á lingua natural que é principalmente denotativa, a lingua literaria é
connotativa, onde as palabras, maioritariamente, adquiren un valor figurativo e subxectivo.

3. A forma que adoptan os textos. A poesía e a prosa.


 Denomínamos poesía a todos os textos que están escritos en verso. Estes adoitan estar divididos en
estrofas e caracterízanse polo ritmo (acentos, pausas, musicalidade...).

8 IES García Barbón-Verín


CURSO

ENSINO SECUNDARIO ADULTOS 2013-2014

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN. LINGUA GALEGA.

TEMA 1: A COMUNICACIÓN.
 Denominamos prosa á forma que adoptan os textos que non están escritos en verso. As liñas que
compoñen os textos en prosa divídense en parágrafos. É a forma habitual de expresión. A maior
diferenza entre verso e prosa atópase no ritmo.

4. Actividades:
4.1. Le estes dous textos e indica, razoadamente, cal emprega unha lingua natural e cal emprega unha
lingua literaria.
Texto A
DEFINICIÓN
A noite é o pranto do día,
lágrima inmensa de sombra
que escorre sobre a campía.

O ventiño da mañá
límpalle os ollos á aurora
roxa de tanto chorar.
Aquilino Iglesia Alvariño

Texto B
Imos examinar as peculiaridades dunha casa-vivenda ordenada, xunto coas súas construcións adxectivas,
en torno a un patio central, ó que se accede por unha porta de dúas batentes situada nun dos muros
piñóns dun alpendre no que atopamos o galiñeiro, e un pequeno almacén para os útiles de labranza
cuberto polo palleiro.
A edificación da casa-vivenda está composta por tres corpos edificados en distintos momentos. No
primeiro, cunha planta terrea ocupada pola corte, encontramos un andar composto pola sala e os cuartos
de durmir, ó que se chega a través dunha escaleira exterior que desemboca nun corredor totalmente
pechado. No segundo, unha ampla cociña que ocupa a totalidade do andar, comunicada co resto da
vivenda polo corredor. E o terceiro, de pequenas dimensións, está ocupado por un cuarto con entrada
desde a sala.
Pedro de Llano. Arquitectura popular en Galicia

4.2. Comenta a forma que presentan os textos anteriores.


4.3. Resume, coas túas palabras, o contido dos dous textos anteriores.

9 IES García Barbón-Verín


CURSO

ENSINO SECUNDARIO ADULTOS 2013-2014

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN. LINGUA GALEGA.

TEMA 1: A COMUNICACIÓN.
ACTIVIDADES RESOLTAS
A. TIPO DE TEXTOS
7. Actividades:
7.1. Realiza unha pequena investigación sobre a comunicación dalgúns animais (abellas, golfiños...) e logo
compáraa coa comunicación humana.
Resposta libre.
7.2. Escoita un anuncio publicitario e analiza os elementos da comunicación que interveñen no acto
comunicativo. Analiza tamén os elementos paraverbais e non verbais.
Resposta libre.
7.3. Le os seguintes textos e logo contesta as preguntas referidas aos mesmos:
Texto A
Ai! Que abafo! … deixa que sente…, Ai, miña nai!... Que viña… e víao vir… E tíñao enriba… E non podía
facer nada. Ai, Virxe do Socorro! Grazas, Virxenciña, que me salvaches. Que o vía enriba. Ai, pobre de min!
Si, si, un vaso de auga. Que susto! E que non dou sacado este susto de dentro. Onde está o meu cesto? Ai!
Xa non me lembro do que fixen con el. Co susto… Que non podo co susto. Que eu sei como son. Que me
vou poñer mala, se o saberei eu…
Texto B
Logo de ser avisado por radio presenteime no lugar do accidente ás doce e sete minutos da mañá. Puiden
observar un vehículo de cor branca, sen placas de matrícula, dentro do vestíbulo da vivenda número 8 da
rúa Sarampelo. Observábanse cristais rotos en abundancia. Procedín á observación ocular do vehículo e
non apreciei nada digno de mención, polo que me dirixín ao público que se congregara para dar orde de
"Circulen, por favor".
7.4. Segundo o nivel de formalidade, a que tipo de texto corresponde cada un?
Texto A: nivel informal ou coloquial.
Texto B: nivel formal.
7.5. Segundo a canle utilizada, cal cres que é a transcrición dun texto oral? Que características presenta?
O texto A, porque está fortemente apoiado na entoación e nos xestos corporais dos falantes que
transmiten moita información (sorpresa, dúbida, ironía, alegría, preocupación, tristeza, expectativa...).
Vai construíndo e modificando a mensaxe no propio momento en que se produce.
É máis espontáneo e menos coidado, abundan as repeticións, as frases inacabadas, estruturas sinxelas...

B. LÉXICO
2. Actividades:
2.1 . Completa a seguinte táboa.
Palabra Denotación Connotación
Morriña, tristura, riqueza
Auga que cae das nubes en forma
choiva (para un labrador), inverno,
de pingas
catástrofe, tormenta...
10 IES García Barbón-Verín
CURSO

ENSINO SECUNDARIO ADULTOS 2013-2014

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN. LINGUA GALEGA.

TEMA 1: A COMUNICACIÓN.

Praia, vacacións, enfermidade,


sol Estrela que dá luz e calor á Terra saúde, alegría, calor, optimismo,
cor...
Flor da roseira de recendo moi
Amor, romanticismo, tristeza,
rosa vermella agradable (neste caso de cor
socialismo, diñeiro...
vermella)
2.2 . Indica o significado denotativo e connotativo das palabras destacadas nos seguintes versos
(traducidos) de Garcilaso de la Vega:
Collede da vosa alegre primavera
o doce froito, antes que o tempo airado
cubra de neve o fermoso cumio.
Primavera
Denotativo: Estación do ano que vén despois do inverno e precede ao verán, que comeza o 20 ou 21 de
marzo e remata o 21 ou 22 de xuño.
Connotativo: mocidade (neste contexto).
Neve
Denotativo: Auga conxelada que cae das nubes en forma de folerpas.
Connotativo: Neste contexto, refírese ás canas (do pelo). Simboliza a vellez.
Cumio
Denotativo: Parte máis elevada dunha montaña.
Connotativo: Neste contexto, refírese á cabeza (a parte do corpo que está máis alta).

2.3 . Os animais posúen moitos valores connotativos. Indica o valor connotativo que se asigna a cada un
destes: lince, can, león, raposo, aguia.
Lince:
“Ser un lince” > Ter moita intelixencia, habilidade ou astucia.
Can:
“Can pequeno” > Antiga moeda de cinco céntimos de peseta.
“Coma un can” > Aplicado a unha persoa, con verbos como vivir, morrer, tratar, etc., significa abandonado,
sen coidados.
“Meter os cans pola bouza” >Provocar enfrontamento.
“Non ter un can” > Non ter cartos.
“Ser un can vello” > Ser astuto e precavido ou ter moita experiencia nun determinado asunto.
León:
“Fortaleza”, “poder”...
Raposo:
“Astucia”, “habilidade”... Sinónimos: pillo, pillabán, raposeiro...

11 IES García Barbón-Verín


CURSO

ENSINO SECUNDARIO ADULTOS 2013-2014

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN. LINGUA GALEGA.

TEMA 1: A COMUNICACIÓN.
Aguia:
“Poder”, “control”, “dominio”....

C. ORTOGRAFÍA
4. Actividades:
4.1. Completa as seguintes oracións coa palabra axeitada:
 A policía pediunos o carné para identificarnos. (carné/carne)
 Colleu un cágado no regato que cruza o prado. (cagado /cágado)
 Fai falla un pouco de maña para arranxar isto. (mañá/maña)
 O canon de beleza cambiou moito neste últimos anos. (canón/canon)
 A área do cadrado calcúlase multiplicando lado por lado. (área/area)
 Desde que estivo enfermo, non ten moito ánimo (ánimo/animo)
 Non me gusta que me conten historias de terror. (contén/conten)
 Os bonsais son unhas árbores ananas que poden alcanzar un gran valor. (ananás/ananas)
 Ela estivo a revolver nos meus papeis e agora non atopo ese documento. (revólver/revolver)
 Pousa a cunca co leite quente preto da fiestra para ver se tempera (temperá/témpera/tempera)

4.2. Pon acento gráfico (til) na palabras que o precisen:


chándal esfera almacéns caracol cóntamo
cómic azucre rodapé amencer exército
fútbol téxtil ascensor entrechán xílgaro
tenis lapis autobús mandil escríbellelo
álbum fiestra alelí veraz plátano

Unha das palabras de cada unha das columnas do exercicio anterior non cumpre os mesmo requisitos cás
demais. Cales son?
tenis (grave sen til), téxtil (grave con til), ascensor (aguda sen til), entrechán (aguda con til), escríbellelo
(sobreesdrúxula).

4.3. Analiza estas palabras na seguinte táboa segundo a súa acentuación gráfica:

Levan til?
Palabra Xustificación
si non
caníbal x Grave rematada en consoante diferente de -n, -s.
estrada x Grave rematada en vogal.
árbore x Esdrúxula. Levan til todas.
capitán x Aguda rematada en -n.

12 IES García Barbón-Verín


CURSO

ENSINO SECUNDARIO ADULTOS 2013-2014

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN. LINGUA GALEGA.

TEMA 1: A COMUNICACIÓN.

álbum x Grave rematada en consoante diferente de -n, -s.


bambú x Aguda rematada en vogal.
espárrago x Esdrúxula. Levan til todas.
man x É monosílaba.
decisións x Aguda rematada en -ns.
fácil x Grave rematada en consoante diferente de -n, -s.

4.4. Pon os acentos gráficos que faltan neste texto.


Os outros enmudeceron ao ver como tremían as pequenas mans da muller mentres agarraba con forza o
revolver. Niso disparóuselle un tiro contra o teito e os tres comezaron a dar gritos alporizados. En medio da
confusión, o tal Delmiro aproveitou para liscar por detrás dos sofás cara á porta exterior e botarse
escaleiras abaixo.
Rosiña saíu aloucadamente tras del coa arma na man e sentiuse nas escaleiras a detonaci ón, multiplicada
polo eco dun par de disparos. Despois a moza volveu entrar ás carreiras, pechou a porta dun golpe, pasou
todos os ferrollos e asomouse ao balcón, desde onde volveu a descargar dous ou tres tiros máis contra o
tal Delmiro cando intentaba saír pola porta principal en dirección á rúa, coxeando ostensiblemente. Logo,
muda de estupor, entrou na sala outra vez, achegouse ao teléfono e, sen deixar de apreixar coa man
dereita o revólver, marcou coa esquerda o número da policía.
Só acertou a dicir o enderezo e unhas palabras confusas. Despois rompeu a chorar e deixouse caer no sof á,
alentando con dificultade e tremendo de axitación, mentres permanecía inmóbil e pálida coma unha
estatua de mármore.
Gonzalo Navaza, Erros e Tánatos

D. GRAMÁTICA
3. Actividades:
3.1. Indica se a vogal tónica das seguintes palabras é aberta ou pechada:
toca: do verbo tocar aberta toca: que lle falta unha man pechada
pega: do verbo pegar aberta pega: paxaro pechada
fora: verbo ser, ir pechada fóra: na parte exterior aberta
roda: especie de sacho pechada roda: peza circular aberta
oso: animal plantígrado pechada óso: parte do corpo aberta
bola: de pan pechada bóla: esfera aberta
ves: do verbo ver pechada vés: do verbo vir aberta
pe: letra pechada pé: extremidade inferior aberta
corda: asisada pechada corda: cordel aberta
choro: do verbo chorar aberta choro: pranto, salouco pechada

3.2. Escribe 5 palabras con cada un dos dígrafos que temos en galego.

13 IES García Barbón-Verín


CURSO

ENSINO SECUNDARIO ADULTOS 2013-2014

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN. LINGUA GALEGA.

TEMA 1: A COMUNICACIÓN.
 nh para representar o fonema nasal velar sonoro. Unha, algunha, ningunha, /-s.
 ch para representar o fonema africado palatal xordo. Chegar, coche, chofer, chinés, chave.
 qu para representar o fonema oclusivo velar xordo ante e, i. Queixo, querer, quimono, quiosco,
pequeno, quinqué.
 gu para representar o fonema oclusivo velar sonoro ante e, i. Guerra, guiso, seguir, guía, guindar.
 ll para representar o fonema lateral palatal sonoro. Coller, billar, billa, colleita, escollo, pallaso.
 rr para representar o fonema vibrante alveolar múltiple sonora cando aparece en posición
intervocálica. Correr, carro, barro, carril, correa.

E. LINGUA E SOCIEDADE
3. Actividades:
3.1. Procura información sobre linguas que se falen en Europa e que non teñan a consideración de lingua
oficial do Estado.

3.2. Procura información sobre Estados monolingües en Europa.

3.3. Que linguas, a nivel oficial, se falan en Bélxica e en Suíza?

3.4. Elabora un mapa lingüístico de España, onde reflictas as zonas lingüísticas e o número de falantes
que posúe cada lingua na actualidade.

3.5. A plurilingüismo é o máis común na maioría dos países. Cres que esta diversidade é boa? Por que?

F. LITERATURA
4. Actividades:
4.1. Le estes dous textos e indica, razoadamente, cal emprega unha lingua natural e cal emprega unha
lingua literaria.
Texto A
DEFINICIÓN
A noite é o pranto do día,
lágrima inmensa de sombra
que escorre sobre a campía.

O ventiño da mañá
límpalle os ollos á aurora
roxa de tanto chorar.
Aquilino Iglesia Alvariño

Texto B
Imos examinar as peculiaridades dunha casa-vivenda ordenada, xunto coas súas construcións adxectivas,
en torno a un patio central, ó que se accede por unha porta de dúas batentes situada nun dos muros pi-

14 IES García Barbón-Verín


CURSO

ENSINO SECUNDARIO ADULTOS 2013-2014

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN. LINGUA GALEGA.

TEMA 1: A COMUNICACIÓN.
ñóns dun alpendre no que atopamos o galiñeiro, e un pequeno almacén para os útiles de labranza cuberto
polo palleiro.
A edificación da casa-vivenda está composta por tres corpos edificados en distintos momentos. No pri-
meiro, cunha planta terrea ocupada pola corte, encontramos un andar composto pola sala e os cuartos de
durmir, ó que se chega a través dunha escaleira exterior que desemboca nun corredor totalmente pe-
chado. No segundo, unha ampla cociña que ocupa a totalidade do andar, comunicada co resto da vivenda
polo corredor. E o terceiro, de pequenas dimensións, está ocupado por un cuarto con entrada desde a sala.
Pedro de Llano. Arquitectura popular en Galicia

O texto A ten unha finalidade estética e emprega unha linguaxe literaria e connotativa, con valores
subxectivos. Aspectos que podemos ver no emprego da metáfora na primeira estrofa e a personificación
na segunda.
O texto B emprega unha lingua natural e obxectiva. A finalidade principal é a de informar dun xeito
obxectivo.
4.2. Comenta a forma que presentan os textos anteriores.
O texto A está escrito en versos e os versos (seis) divididos en estrofas (dúas).
O texto B está escrito en prosa, dividido en liñas e estas en dous parágrafos.
4.3. Resume, coas túas palabras, o contido dos dous textos anteriores.
O texto A dá a definición poética da noite (1ª estrofa) e do amencer (2ª estrofa).
No texto B trátase da descrición dunha casa-vivenda, como é e o que hai en cada un dos seus andares.

15 IES García Barbón-Verín

You might also like