You are on page 1of 2

IES AS LAGOAS. 1º BAC.

Raúl Piñeiro

Ficha de traballo Signo, significante, significado, símbolo, icona

Signos, símbolos, iconas, sinais... Termos que tentan analizar algo tan primitivo e irracional
como a importancia das imaxes na comunicación. Procesos comunicativos complexos que
parecen sinxelos a base de usalos diariamente, pero que esconden un dos segredos máis
importantes e característicos da raza humana: a comunicación.

SIGNOS
Explicando a base da comunicación mediante imaxes, teriamos que empezar polo que
denominamos signos, que no seu concepto máis xenérico sería "algo que fai referencia a
outra cousa". Unha especie de ligazón mental na que se crea unha vinculación entre dúas
cousas diferentes.

Os signos son forsad ou obxectos cos que nos referimos a outro obxecto ou idea. O debuxo
dunha pomba branca é o signo co que identificamos a “paz”.
Os signos poden ser imaxes, como a man co polgar cara arriba, que significa "de acordo",
pero tamén poden ser, sons, cores, texturas...

Significante e significado
Os signos, e máis concretamente o signos visuais que son os que nos interesan agora,
compóñense de significante e significado, que non é outra cousa que:

SIGNIFICANTE: a forma que ten ou presenta o signo.


SIGNIFICADO: O que este representa.

Continuando na nosa análise pasamos á relación entre significante e significado, é dicir,


entre a forma ou a imaxe e o que esta representa. Que a comunicación sexa efectiva,
dependerá en gran medida das seguintes relacións.

Símbolo
Un símbolo ou simbólico, preséntase cando utilizamos imaxes que nada teñen que ver co
que significan, é dicir, imaxes que non teñen relación formal entre significante e significado,
por exemplo, se o símbolo da paz é unha pomba branca, dicimos que a imaxe é simbólica ou
que se trata dun símbolo.

Estes signos son intencionados, a súa relación baséase nunha convención arbitraria, na que
non hai semellanza e parecido. Polo tanto, o significado dun símbolo é totalmente arbitrario
ou convencional, iso quere dicir que chegamos a un acordo para referirnos a unha idea
mediante ese sinal.

Tendo en conta este carácter convencional, o símbolo existe mentres haxa un intérprete
capaz de asociarlle un significado. Do mesmo xeito que convertemos a pomba no símbolo
da paz, creamos unha convención cos sinais de tránsito, por exemplo, estipulouse que o
triángulo refírese a idea de precaución, ou un círculo vermello a de prohibición.
IES AS LAGOAS. 1º BAC. Raúl Piñeiro

Icona

Nas iconas entre o signo e o seu significado hai unha relación de semellanza. Son signos
intencionados que se caracterizan por unha gran semellanza co obxecto representado. O
significado da icona permanece aínda que o obxecto deixase de existir.

As fotos son iconas, as pinturas... Calquera imitación da realidade é icónica. Tamén pode
haber iconas non intencionais, como a forma das nubes, das follas ou das ondas do mar
rompendo na area da praia.

En ocasións, os interlocutores deben ter certos coñecementos para entender a semellanza


entre o obxecto e a súa representación; acontece nun mapa, xa que hai que coñecer certos
datos arbitrarios (a escala, as curvas de nivel, as cores...) para filtrar correctamente a
información.

Exercicio 1:
Presentamos algunhas imaxes para comentar cales son máis simbólicas e cales máis
icónicas.

Exercicio 2:
Traballamos a idea de crear un símbolo característico para o grupo aula. Podemos propoñer
diferentes opcións e escoller a alternativa votada pola maioría.

You might also like