You are on page 1of 30

CURSO 2022-23

ÁREAS DE ESPECIALIZACIÓN
PERIODÍSTICA

IRIA FERNÁNDEZ
USC
Requisitos das áreas

Segundo Fontcuberta (1997), toda área de especialización debe posuír:

a) Unha coherencia temática.


b) Un tratamento específico da información que inclúa:
- A construción de textos coherentes.
- O emprego de fontes de información propias.
- A coherencia co segmento da audiencia á que se dirixe.
- A existencia de periodistas especialistas na área capacitados para
sistematizar e contextualizar a información que nela se produce.

Clasificación das áreas

Atomizadas obedecendo á evolución das sociedades. Difícil e negativo traballar con


taxonomías pechadas. É dicir, se antes traballabamos con 5 categorías ou áreas de
especialización xeral, agora traballamos con moitas máis e coa posibilidade de que esas
áreas varíen dependendo dos intereses puntuais.

Definición das áreas

Para Orive e Fagoaga (1974), é “el subcampo concreto de la información dentro del cual
un profesional es capaz de desempañar su quehacer periodístico de forma óptima y
fiable con el empleo de una estrategia operativa fundada siempre en el cuadro del
trabajo multidisciplinario”. Estes autores definen cada área de especialización temática
en función de catro elementos que lles aportan identidade: a audiencia, o profesional e
a súa empresa, os contidos, a metodoloxía.

A divulgación das áreas

1. Función informativa: como xornalistas, elaboramos información co obxectivo de


informar. Individuos que non coñecían unha información cheguen a coñecela,
para reformular a súa visión da realidade.
2. Función educativa.
3. Función social
4. Función cultural
5. Función económica

1
6. Función político-ideolóxica

Precísanse: un experto, un xornalista especializados e un xornalista xeralista apoiado


en fontes apropiadas.

O método como identidade

Como sistematizo o meu traballo?

Documentación

Co control de axendas, arquivos e fontes documentais, o xornalista que traballa en cada


área de especialización consegue facer un seguimento e vixilancia constante da súa
área de especialización dende a máis ampla perspectiva profesional.

Entrevistas

A protagonistas, a fontes expertas na área de coñecemento obxecto da especialización


ou con maior ou menor implicación nos acontecementos noticiosos.

Observación directa

A realización dos estudos de campo é elemental para o xornalista que ten como eido
profesional unha área de especialización. Debe tentar evitar os intereses das fontes
oficiais ou oficiosas que poidan ter como produto declaracións deliberadas.

Técnicas e estratexias específicas

Cada área conta coa identidade e carácter suficiente como para xerar comportamentos
propios e definitorios que requiren de estratexias e técnicas específicas.

Contraste e verificación

Máis ca en ningún outro xornalismo, no realizado nas diferentes áreas de


especialización é esencial.

2
O xornalista especializado

Teoría da Responsabilidade Social da Prensa

Esta escola ou movemento ten a súa orixe na Universidade de Chicago, relacionada


coa publicación do Informe da Comisión Hutchins en 1947. Este informe – titulado Una
prensa libre y responsable (1947)-, auspiciado polo responsable da revista Time,
Henry Luce e en colaboración co reitor da Universidade de Chicago –que conseguiu
a participación de 225 expertos en 17 sesións-, Robert Hutchins, xurdiu coa intención
de explicar e propoñer vías de escape ou solucións ás desviacións dos mass media nos
Estados Unidos que, dun xeito preocupante para Luce e Hutchins, estaba a vivir unha
situación de decadencia preocupante. Este informe cuestionou, de xeito claro os
paradigmas obxectivista e sensacionalista. Defendía a necesidade de que os medios
de comunicación mantiveran a súa independencia en todo momento e coidaran as
funcións sociais esenciais que desenvolvían en relación coa política democrática e non
se comportaran tan só como empresas de propiedade privada (McQuail: 1999).

Son cinco as funcións básicas que a Teoría da Responsabilidade Social da Prensa


enuncia e que os medios deberían cumprir para respectar, dende o punto de vista ético
que esta corrente propón, a súa función de mediadores entre a realidade e as
audiencias:

1. Facer un relato comprensivo e real dos acontecementos diarios con contexto e


sentido.
2. Servir de foro para o intercambio de comentarios e críticas.
3. Proxectar a visión da realidade dos grupos relevantes na sociedade: non falamos
de grupos relevantes a nivel de importancia, xa que estableceriamos unha
xerarquía. Somos todos.
4. Presentar e explicar as metas e valores da sociedade: se non está conectado
cos valores da sociedade, non é un medio de comunicación, é outra cousa, como
un panfleto.
5. Garantir o acceso pleno á información relevante do día. Nós decidimos (os
xornalistas) o que é relevante e o que non.

Xornalista gatekeeper

3
Segundo Borrat e Berganza, unha dobre especialización caracteriza ó xornalista
“especialista” ou “escritor especializado”:

 Por unha banda, unha especialización en Redacción Xornalística ou


Comunicación.
 Pola outra, en disciplinas propias da súa área de especialización.

Funcións esenciais:

 Imparcialidade: é como construímos o relato.


 Función de gatekeeper.
 Independencia.
 Render contas –referido a explicar de onde procede a información-.

Razóns e visións sobre a especialización

Razóns

 Tendencia desenvolvida ó longo do século XX para mellorar o acceso ós


coñecementos e para a posta en práctica dos mesmos.
 Práctica laboral máis adecuada, máis profesional en termos específicos.
 Contraposición entre o “saber universal” e “coñecemento analítico” máis
específico.

Heidegger

 Gran detractor da especialización.


 Dáballe prioridade á técnica.
 Agora as disciplinas son o centro de atención. Crise do pensamento occidental
por mor do esquecemento do Ser causador da técnica.
 A técnica convértese na forma suprema de conciencia.
 A renovación tecnolóxico implicou a necesidade de parcelación de saberes na
procura de exactitude, rigor e certeza.
 A separación brusca entre disciplinas que hai na actualidade, antes non existía.

4
 Actualmente, dáse un certo afastamento entre disciplinas (perda de valor das
Humanidades). A técnica reclama as humanidadas para humanizar a
aprendizaxe automatizada de contidos.
 Paradoxicamente, isto está a levar á uniformización cultural, dada pola práctica
tecnolóxica actual, e á incomunicación interdisciplinar.

Moles e a cultura mosaico

Na cultura mosaico, a imperante, dáse unha fragmentación dos coñecementos presidida


polas seguintes características:

 Na maioría dos casos é aleatoria.


 Xustaponse. Capas unha encima da outra. A comunicación entre as capas
resulta complicada. É máis difícil que a lectura dun plano.
 Carece de puntos de referencia.
 Entre as dificultades que presenta, cóntase a dificultade para xerarquizar, sinalar
o importante e diferencialo do complementario.
 O nexo entre saberes é superficial.
 Pérdese de vista a relación causa efecto.

Servan-Schreiber

“A especialización creou na actualidade subgrupos que non se expresan na mesma


linguaxe... Para responder ás necesidades de información de cada un deses subgrupos,
necesitamos publicacións talladas á súa medida”.

A especialización xornalística ocúpase de intentar ordenar os distintos contidos


informativos proporcionándolle unha síntese globalizadora. Necesitamos construír
pontes entre os saberes especializados.

Moragas

“El pensamiento del hombre actual no es el resultado de una educación ordenada, de


un cuadro racional, sino que lo es de un conjunto de conocimientos que recibimos por
información desordenada a través de los medios de comunicación de masas”.

5
Para evitar que ese desorde acabe destruíndo o proceso informativo, cómpre un
proceso de estruturación sistemática que introduza certa orde no “mosaico informativo”.

Quesada

A especialización como resposta:

 O xornalista especializado adoita contar cunha formación complementaria.


 Adopta unha actitude diferente ante a información.
 Ten outra metodoloxía de traballo: a propia do xornalismo de investigación.
 O seu obxectivo fundamental é ofrecer unha información máis contrastada.

Resultado

O resultado de todas estas reflexións é o seguinte: Fronte ao caos e á desorde, a


especialización aplica a Teoría Xeral de Sistemas, a cal concibe o mundo como unha
organización dentro do universo físico-tecnolóxico así como a posibilidade de aplicación
de amplas perspectivas sintetizadoras dos contidos. Supón un avance significativo a
prol da estruturación unitaria da pluralidade informativa.

Borrat

Partindo da aplicación da Teoría Xeral de Sistemas, Borrat propón a coñecida como


Teoría Xeral do Xornalismo Especializado que xira en torno a unha clave: a
contextualización.

6
Área de especialización política

 Xornalismo político

Rafael Llano sinala que os primeiros indicios desa interrelación entre política e
medios de comunicación xa se dá nos albores da Revolución Francesa (1789).

Tendencia á especialización ideolóxica. Isto quere dicir a existencia de medios


que apoian dende a súa liña ideolóxica determinadas tendencias.

A especialización ideolóxica é, polo tanto, unha realidade intrínseca aos medios


de comunicación.

Groth (1960) denuncia a primacía da información política dentro do


xornalismo a partir da II Guerra Mundial. Server para consolidar
progresivamente as democracias desenvoltas ao longo do século XX.

Os medios de comunicación convertéronse en escolas para as


democracias. Grazas a esa dimensión ideolóxica, os lectores acadaron unha
nova maneira de entender o mundo.

A información política é aquela que serve para albergar contidos de información,


interpretación e opinión relacionados coa actualidade e a acción política, que
forma parte das nosas vidas e xeran unha cantidade enorme de contidos
informativos.

Hai que diferenciar tres ámbitos informativos: política internacional, nacional


e rexional ou local.

Información política local. As novas locais son o tecido da democracia


(Park).

Dovifat. “Esta sección mantén un contacto máis estreito co lector”.

Lippmann. “Os lectores de local intentan ser coprotagonistas das noticias”.

María Rosa Cal. “A prensa naceu coa información local e rexional, e sobrevivirá
como complemento á macro e megainformación”. A información local é a esencia

7
do xornal desde as súas orixes, vai estar sempre aí e sempre será o que poña
os pés na realidade ao xornal respecto aos seus lectores máis inmediatos.

Na política local hai riscos engadidos, como o localismo informativo. Unha


sección de local interésase polos contidos que acontecen na contorna, pero
tamén ten unha lectura en negativo, que é caer no localismo exacerbado,
chegando a converter en información o que non o é, obviar valores noticia porque
algo pasou preto.

Parámetros de división:

 Parámetros xeográficos. Pódese distinguir un contido local propiamente


dito, comarcal e rexional.
 Tempo. Inclúe contidos pasados (a hemeroteca pode dar lugar a contidos
retrospectivos), presentes (contido informativo de cada día) e futuros (é a
única que publica axendas do que vai acontecer),
 Estilo. Fala de pezas exhaustivas (desenvolvidos de forma completa), de
pincelada (noticias breves) e costumistas ou desenfadados (dálle
importancia localista, que se non se mesura pode converterse no vicio do
localismo).
 Empresas editoras. Empresas asociativas, institucionais e privadas. É
importante saber quen é quen nos medios locais para entender o
contexto.

Funcións:

As funcións en canto á política local son as de case sempre. Informar, formar e


entreter. En ocasións está sobredimensionada a función de entreter e
introdúcense contidos que non deberían aparecer (reiteración,
espectacularización, amarelismo, etc.).

Disfuncións:

8
 Risco de manipulación. É un risco ao que está exposto calquera
profesional pero o xornalista local ten unha maior posibilidade de resultar
manipulado.
 Servilismo. Escribir marabillas do alcalde, por exemplo.
 Chauvinismo. Cun amor desmedido polo propio.
 Amateurismo. Hai moitos xornalistas locais que traballan de forma
voluntaria.

Fontes:

As fontes da política local son oficiais (gabinetes de prensa municipais e


provinciais, e boletíns provinciais), institucionais, organizacionais
(organizacións cidadás) e profesionais (calquera contacto que o xornalista pode
ter).

Profesional da política local:

 Coñecer exhaustivamente a política municipal.


 Manexar unha axenda de contactos o máis ampla posible, pero tamén o
máis profunda.
 Debe ser parte da comunidade sobre a que informa. Confianza.
 Demostrar independencia, pluralidade, apertura de miras e afán
innovador.

Información política internacional

Política internacional é todo aquilo relacionado coa información política que


procede de contextos fóra das nosas fronteiras estatais. Estas páxinas teñen
máis de relacións internacionais que de política internacional, posto que falan
máis de contidos diplomáticos que de política propiamente dita. As relacións
internacionais están intimamente relacionadas coa política, pero non é só iso.
Actualmente, a sección de política internacional é un caixón de xastre.

9
A política internacional ten cabida nos medios de comunicación porque somos
sociedades cada vez máis intercomunicadas e as nosas vidas dependen
cada vez máis de factores externos.

Outro interese da sección de política internacional parte de que cada vez temos
máis a percepción positiva de ser cidadáns do mundo. Son, ademais, as
páxinas que albergan os contidos relacionados coas institucións.

Aranguren afirma que “las páginas de información de política internacional


destruyen las imágenes míticas que se interponen entre unos pueblos y otros,
favorecen una mutua comprensión, fomentan la enseñanza más objetiva,
menos nacionalista de la historia, constituyen preciosas aportaciones a la
información y, por consiguiente, al entendimiento internacional”.

Xorde, como contrapunto, o colonialismo informativo: dar prioridade a


determinadas potencias fronte a outros países que informativamente non existen
por razóns económicas, de hexemonía industrial, etc. Xoga un papel importante
no diálogo internacional.

McBride trazou unha clasificación para identificar os desequilibrios nos


fluxos informativos que se producen entre países desenvolvidos e países en
vías de desenvolvemento. Eses desequilibrios tradúcense entre países
pertencentes a sistemas políticos e socioeconómicos diferentes, entre
países grandes e pequenos dentro do mesmo sistema político e
desenvolvemento, entre os propios países do Terceiro Mundo. E finalmente,
entre noticias políticas e aquelas que atinxen a sociedade economía e cultura
dos países en vías de desenvolvemento. Polo tanto, eses desequilibrios poden
entenderse de maneira transversal.

A primeira axencia especializada en contidos internacionais é Havas en


1835. A invención do telégrafo e posteriormente do teléfono, consolídanse como
figuras imprescindible para a transmisión de noticias internacionais.

Aumento da información política internacional a partir de 1914, co comezo da I


Guerra Mundial, que resulta fundamental na transformación mediática.
Influíu incluso na marcaxe de faccións políticas. Multiplícanse as páxinas
referentes á política internacional, polo que será unha das prácticas que quede

10
instalada nos medios de comunicación: converter os eventos bélicos nun
habitual das seccións de internacional dos xornais.

Bartolozzi formula unha cuestión a definir: se a información da sección


internacional é información internacional ou información estranxeira.

A diferenza atópase en que as estranxeiras son as orixinadas nun país e


difundidas a outro polo seu interese informativo, mentres que as internacionais
xorden no propio país, noutro ou en varios e que conta cun interese informativo
supranacional. As noticias de política internacional teñen un interese
actualizador da conformación política e moitas veces non son estritamente de
índole política. (Estranxeira: nova sobre Boris Johnson / Internacional: nova
sobre o Brexit).

Características:

 Noticias servidas maioritariamente por axencias. Rara vez son


redactadas polos medios nos que se publican.
 Ademais, aparecen crónicas e reportaxes, que admiten un tratamento
máis especializado por parte dos medios, especialmente porque adoitan
estar redactadas por un correspondente.
 Interesa todo tipo de contido que teña que ver co ámbito internacional.
Groth fala dunha aposta pola universalidade.
 Tratamento:
o Un esforzo por ambientar os contidos, dando ao lector un contexto
para ubicar o lugar de onde proceden esas noticias.
o Unha aposta pola claridade expositiva.
o Obxectividade enunciada como evitar intereses confrontados.
o Ecuanimidade: dar voz a todas as partes implicadas.
 Esixencias que se agardan dos profesionais da área de internacional
pasan por:
o Un traballo de selección, cunha dificultade engadida, porque hai
que seleccionar contidos de contextos que non coñecemos
suficientemente.
o Unha gran profesionalidade: que teñan unha formación
extraordinaria.

11
 Criterios de selección segundo Bartolozzi:
o Factores externos: lugar, criterio político, etc.
o Factores internos: importancia para o medio, dimensión.
Existencia de violencia ou de interese humano, etc. Son os factores
de noticiabilidade.

Ámbitos dentro de cada país:

 Xefaturas de Estado.
 Parlamentos ou Cámaras de representación.
 Gobernos centrais.
 Institucións e organismos comunitarios (entre eles, os lexislativos).
 Partidos e grupos por afinidades ideolóxicas.
 Organizacións internacionais.
 Organizacións cidadáns.

Ámbito supranacional ou comunitario:

 Consello Europeo.
 Comisión Europea.
 Parlamento Europeo.
 Institucións e organismos comunitarios.
 Partidos e grupos por afinidades ideolóxicas.
 Organizacións cidadáns de estrutura e incidencia supranacional.

Funcións:

1. Informar de maneira libre e neutral.


2. Fomentar a comprensión mutua.
3. Establecer un diálogo transnacional.
4. Promover o desenvolvemento.

12
Disfuncións:

 Disfunción narcotizadora. Se non cumpren as súas funcións, poden


crearnos o efecto de estar vivindo nun paraíso que podemos entender,.
Cando realmente é moi complexo.
 Empobrecemento cultural. Están deseñandas para todo o contrario,
pero en función de como se desenvolvan poden chegar a fomentar os
tópicos culturais.
 Desequilibrio psicolóxico. Consecuencia da función narcotizadora. Se
nos fiamos a cegas dos contidos disfuncionados, teriamos unha
percepción desequilibrada, e en extremos podería levar a algún punto de
desequilibrio psicolóxico.
 A sección de internacional é moi interesante para as potencias, porque
serve para facer propaganda internacional, e esta é unha das disfuncións
máis perigosas nos medios de comunicación.
 Colonialismo informativo. Orive di que o dereito para estar informados
ten que estar regulado polos organismos internacionais para evitar este
colonialismo.
 Cuestións que teñen que ver con todas as disfuncións habituais no
xornalismo: presións informativas, censura política, desestabilización
social e política.

O xornalista da área de política internacional:

 Visión política do feito informativo.


 Coñecementos de dereito internacional.
 Contidos de xeografía e historia universal.
 Coñecemento de idiomas.
 Coñecementos de socioloxía e estatística.
 Experiencia como correspondente.
 Dispoñibilidade para viaxar.

13
Información política nacional

Ademais das consideracións previas comúns cos anteriores escenarios, en


termos do exercicio da profesión xornalística, dependendo do tipo de medio,
podemos estar ante a sección do xornal máis importante. Os procesos
electorais conforman a gran pedra alicerce.

Ámbitos

1. Administrativo/representativo:
 Do Estado:
o Xefatura do Estado.
o Parlamento.
o Senado.
o Goberno central.
o Institucións políticas (organismos institucionais).
o Institucións non políticas (tribunais).
 Das autonomías:
o Parlamento.
o Goberno.
o Institucións/organismos.
o Institucións non políticas (Tribunais Superiores).
 Das Administracións locais:
o Gobernos locais (municipais, provinciais).
o Organismos.
2. Partidos políticos: municipais e provinciais.
3. Organizacións cívicas e sociais: sindicatos, patronais, Igrexa,
asociacións sectoriais ou de veciños, etc., segundo a estrutura e
incidencia territorial das mesmas, sempre que actúen para influír nas
tomas de decisión sobre asuntos de relevancia pública nacional.

Resumo final da área de política

Situación actual
14
 Importancia do papel das axencias de noticias nesta área.
 As axencias pasan de maioristas a minoristas.
 Prodúcese un efecto de desinformación.
 Prodúcese un efecto de desintermediación, porque se recorremos
constantemente e de xeito único en moitos casos perdemos a capacidade
de ser os intermediarios entre as fontes e os feitos e a cidadanía.

Enric González di que millóns de voces inconexas berran ao oído de millóns de


cidadáns inconexos.

Muro de que a mediación tradicional perde espazo fronte ás grandes empresa


que producen influencia.

Diezhandino di que máis do 70% da información que consumimos procede de


fóra das redaccións.

Davys di que a actualidade que programan as fontes e que as axencias


proxectan acaba gañando terreo. Isto é importante para entender esa perda do
papel de intermediación que debemos ter como xornalistas.

As maiores empresas españolas segundo o ranking do IBEX xa teñen máis


xornalistas económicos que os medios españois.

Desafíos

 Converterse no primeiro e efectivo filtro: non somos unha coladeira de


contidos, somos un filtro. O primeiro obstáculo que van encontrar os
contidos non suficientemente contrastados para non pasar adiante.
 Desenvolver máis a nosa axenda de contactos.
 Aprender a seleccionar e xerarquizar.
 Enriquecer o concepto de interese xeral.

15
Área de especialización económica

Contidos da área de información económica

Focos de interese

 Economía internacional.
 Política económica.
 Información financeira.
 Información bursátil.
 Información sociolaboral.
 Información empresarial.
 Información comercial.
 Información industrial.
 Información agroalimentaria.
 Información sobre consumo.
 Información sobre turismo, hostalería, axencias e transportes.

Tendencia á disgregación

Todo ten que ver con sectores socioeconómicos e con como se relacionan entre
si. Polo tanto, é moi difícil separar este ámbito doutros.

Características xerais

 Racionalidade económica. Facemos sempre pé na racionalidade como


elemento de construción do discurso.
 Participación de actores e axentes.
 Preocupación social.
 Afán divulgativo.
 Desexo de crear cultura económica. Se o conseguimos, logramos loitar
contra a preocupación social que pode xerar esta cuestión.
 Información tecnificada en base a unha linguaxe bastante complexa.

16
 Linguaxe técnica. A exactitude demanda tecnicismos.
 Tendencia a contidos macroeconómicos.
 Espazo de análise e interpretación en crecemento, porque cada vez
temos máis acceso a máis información económica e, por tanto, cada vez
precisamos dunha maior interpretación.
 Aposta pola visualización/gráficos, xa que é unha realidade moi
complexo. Estas precisas construcións desa realidade que sexan
amables e que permitan acceder a ese coñecemento de forma fácil e
rápida.
 Xéneros: nova, reportaxe, entrevista e artigo de opinión (os artigos de
opinión son capaces de influír de maneira moi intensa).

Ademais, necesitamos que eses contidos sexan tamén compartidos e difundidos


por eses prescriptores da área (xeran pensamento), protagonistas e público
xeral.

Funcións da área

Satisfacer unha demanda informativa. Existen lectores interesados en ser


informados con claridade e propiedade, podendo fiarse dos contidos que lles
están a facilitar.

Dimensión divulgativa. É fundamental nesta área para evitar estender esa


alarma ou preocupación constantes.

Satisfacer aos lectores especializados. Hai poucos e moi cualificados lectores


de prensa económica, e non deben quedar defraudados.

Cumpre un papel de intermediario entre os xestores da actividade económica


e os cidadáns, que debemos estar atentos aos movementos relacionados coa
actividade económica e financeira.

17
Disfuncións da área

 Exceso de tecnicismos. Ás veces inevitable ou necesario, pero


predominante. Isto reduce as audiencias da sección de economía.
 Sección con tendencia moi destacada á publicación de publicidade
encuberta.
 Intereses creados cos patrocinadores e cos anunciantes. Ás veces, os
intereses son da propia empresa informativa.
 Tratamento frívolo e anecdótico da información económica. Ademais
da parte divulgadora e técnica, existe esta outra posibilidade simplemente
por non darlle a atención que merece.

Martínez Soler fala dunha área subsidiada, é dicir, que está sometida eses
intereses económicos.

Fontes da área (Coca e Diezhandino)

 Fontes difíciles. As que chegan desde organismos oficias e directivos de


empresas. As fontes de primeira man son difíciles de conseguir no ámbito
informativo.
 Fontes intermediarias. Son bastante máis doadas; gabinetes e axencias
especializadas.
 Interese continuo por entrar en axenda.
 Fontes básicas. Están á nosa disposición e son fiables porque están
avaladas por expertos: estatísticas e análises.

O xornalista económico

Segundo a Asociación de Periodistas de Información Económica (APIE), os


xornalistas económicos caracterízanse polos seguintes aspectos:

 Dominio de contidos relacionados co sector e da terminoloxía económica.


 Coñecementos específicos de economía, estatística, dereito mercantil,
lexislación económica, etc.

18
 Contactos co sector.
 Coñecementos de idiomas, especificamente neste caso de inglés, lingua
financeira por antonomasia.
 Capacidade de análise e interpretación.
 Saber rodearse de expertos e asesores.
 Obxectividade e interpretación contrastada.
 Estar ao marxe das actividades sobre as que se informa.
 Imparcialidade.
 Non utilizar a información confidencial en beneficio propio.
 Rexeitar obsequios e invitacións.

Subáreas económicas

Información bursátil

É unha das que máis información en tempo real demanda. Trátase dunha das
áreas máis importantes con características propias presentes de xeito intenso:

 Actualidade.
 Precisión.
 Capacidade para influír.

Cando á precisión e á actualidade lle achegamos contexto é cando imos


conseguir unha fidelización maior dese tipo de público, porque chegamos a xerar
seguridade onde é moi difícil conseguila.

Información empresarial

Se no ámbito da política as relacións sono todo, no ámbito económico máis.


Precísase contexto, saber quen é quen, para coñecer as dinámicas.

Relación directa coa comunicación da Confederación Española de


Organizacións Empresariais (CEOE) e gabinetes.

19
 Procesos verticais. Transmitir ascendente ou descendentemente entre
persoas da mesma liña xerárquica con distintos niveis de
responsabilidade.
 Procesos horizontais: entre persoas do mesmo nivel.
 Procesos oblicuos: entre membros de distintas liñas xerárquicas e
distintos niveis de responsabilidade.

Información sociolaboral

 A interrelación entre economía e sector sociolaboral é constante.


 El Obrero, 24 días antes da fundación en Londres da Asociación
Internacional de Traballadores. Ten como obxectivo a defensa do
proletariado.
 La Razón, La Revista Social, El Socialista, La Internacional, Avance
social... (s. XIX e continúa no XX).
 Demanda social dos contidos do ámbito sociolaboral. Afecta a todo o
mundo.
 Coa Guerra Civil prohíbese esta prensa.

Os contidos da área sociolaboral son os seguintes:

 Toda información relativa ao sindicalismo.


 Todo o que ten que ver co ámbito do emprego.
 Lexislación sociolaboral, interpretada pola área de información
sociolaboral: calquera contido ofrecido a través das normativas
convértese nun contido opaco, cheo de tecnicismos. Existe todo un
discurso laboral repleto de dificultades.
 Actividade empresarial: a través desta atopamos unha ligazón directa
entre a subárea sociolaboral e a económica, denominada política
socioeconómica.

En canto ás súas funcións, correspóndense coas mesmas que as da área de


economía en termos xerais.

Pola súa parte, as disfuncións son as seguintes:

20
 Manipulación de datos e contidos. É moi fácil caer na manipulación, pois
en moitos casos as informacións xa chegan ás redaccións manipuladas.
 Partidismo.
 Sensacionalismo.

O xornalista da área sociolaboral:

 Coñecementos xurídicos, sociolóxicos, económicos e laborais moi


profundos.
 Sensibilidade a respecto dos temas sociais.
 Rigor e cautela profesional, que se lle pide a calquera xornalista, tendo en
conta que un desliz ou un erro neste campo pode ter consecuencia
graves.
 Demostrar unha ollada plural e neutral.
 Saber analizar e xerarquizar, separando a propaganda da información.
 Manter contacto con compañeiros doutros medios, sabendo
seleccionalos.
 É un contido moi difícil. Hai que ter moita vocación para dedicarse a este
ámbito.
 Escribimos para unha audiencia heteroxénea, o cal engade as dificultades
de que temos que escribir para públicos que tanto saben moito dos temas
como moi pouco.
 Interpretación dos contidos.
 Crear varios niveis de lectura nunha mesma peza. Isto quere dicir que
organizamos ben o espazo para crear distintos niveis.

21
Área de especialización social. Dar voz

Xornalismo social

O xornalismo social é aquel que ten en conta as implicacións e consecuencias


sociais de calquera feito, que ten como interlocutora de referencia á propia
sociedade organizada e que recolle as iniciativas cidadás con capacidade para
a transformación social. Este tipo de xornalismo é transversal a calquera outro,
ben sexa especializado ou non.

Alicia Cytrynblum, fundadora do proxecto Periodismo Social en Arxentina

O xornalismo social é unha corrente que asume un protagonismo nos procesos


sociais e que, ao mesmo tempo, reflexiona sobre a súa participación neles. Para
conseguir unha interacción entre os diferentes actores da comunidade, Alicia
Cytrynblum propón levar a cabo tres liñas de actuación:

 Dotar o eixo social da mesma importancia que o tándem político-


económico.
 Dar unha visión máis completa da sociedade coa incorporación de novas
frontes.
 Investiga a busca de solucións. Cando facemos xornalismo social, non
soamente estamos construíndo, senón que tamén estamos propoñendo,
en certo modo, solucións.

O terceiro sector, unha realidade

O xornalismo social apóiase de maneira intensa e directa neste terceiro ámbito:


o social. Pero sen esquecer os outros.

 O Estado sería o Primeiro Sector.


 O Mercado, que actuaría como Segundo Sector.
 As organizacións sociais que xurdirían como elemento novo e
conformarían o denominado Terceiro Sector.

22
Outra definición de xornalismo social:

O xornalismo que trata e disecciona os desafíos máis relevantes que unha


sociedade calquera afronta nun momento concreto coa intención de que eses
temas entren a formar parte da axenda pública e sexan debatidos pola cidadanía.

Juana Gallego

Servimedia: líder en información social

É a principal empresa de comunicación produtora de contidos sociais. Moitos


deles están elaborados incluso por parte dos colectivos.

O xornalista da área social

 Sensibilidade social. Saber ver a realidade con ollos que perciben o que
está a suceder.
 Ética e honestidade. Todos vemos a realidade desde o noso punto de
vista ideolóxico. O importante é non facelos trascender nos contidos de
carácter informativo.
 Ser aberto e tolerante.
 Empatizar coas persoas.
 Ser sistemático.

Recursos

Guía de linguaxe inclusiva.

Libro de estilo. Sobre discapacidade para profesionais dos medios de


comunicación.

Guía de estilo sobre saúde mental para medios de comunicación.

Manual para la protección de la infancia en los medios de comunicación y


campañas publicitarias.

23
(Cómpre ter en conta cando foron elaboradas todas estas guías para coñecer a
súa necesidade de actualización).

24
Área de especialización cultural

É importante poñer en contexto a área de especialización cultural en termos


económicos. Trátase dun espazo no que existe moita competencia e, polo tanto,
hai unha necesidade por parte dos autores para visibilizar o seu traballo.

Unha das características da cultura é que é un sector subvencionado. Esta é


outra das claves que imos ter en conta: a relación coa Administración na área
cultural.

Características

 É unha sección moi polivalente. É en si mesma moi variada, complexa e


con moitas superposicións. Tende a abranguer contidos moi diversos,
plurais. Cómpre, ademais, romper cos prexuízos ante determinadas
manifestacións culturais.
 Linguaxe moi coidada, específica. En termos culturais, precisamos
consumir moita cultura debido a que nos temos que dirixir a públicos
especializados.
 Admite un tratamento literario da información en termos estilísticos. Non
só pensar nos contidos que tratamos, senón tamén aos públicos aos que
nos diriximos.
 Tende a rexeitar o uso de tecnicismos.
 Ten unha vocación a prol dos contidos críticos. A interpretación é
fundamental na sección de cultura.
 Tendencia a disgregarse e dividirse en subseccións que acaban
independizándose. Na área cultural temos moitas subseccións, como
pode ser a turística.
 A audiencia que segue a sección de cultura soe estar asociada a un
público bastante estable, fiel, que procura eses contidos, que os valora
e que soe ser esixente porque ten un nivel de coñecementos medio ou
alto. A fidelidade na área cultural vai moito máis aló de calquera outra
área.

25
Funcións

 Informar.
 Mediar.
 Orientar.
 Educar.
 Reivindicar. Unha reivindicación da propia identidade no consumo de
contido.

Disfuncións

Elitismo. Concibida para público selecto. É dicir, unha tendencia a usar o


“mesmo idioma” que empregan as persoas que entenden do tema especializado.
Incluso se pode falar de certo clasismo, moi prexudicial para a área cultural.

Fontes

Fontes oficiais. Canles oficiais para a información sobre a cultura. Por exemplo,
a Consellería de Cultura.

Fontes institucionais. Proceden de institucións. Por exemplo, a Real Academia


Galega.

Fontes empresariais. Por exemplo, as editoriais.

Fontes cidadás. Por exemplo, un artista que promociona unha actividade de


índole cidadá.

Fontes bibliográficas e documentais.

O xornalista cultural

 Sólida formación no ámbito cultural.


 Formación continua.

26
 Coñecemento de varios idiomas sobre todo se se pretende abordar crítica
de contidos culturais que proceden doutras culturas.
 Curiosidade e interese.
 Debe demostrar capacidade para manter contactos cos distintos sectores
implicados.
 Visión sólida dos contidos culturais. Manexar conceptos amplos, como a
filosofía da cultura. Unha visión de conxunto e capacidade de relación con
outros contidos.
 Sensibilidade.
 Instinto.

Subseccións: información turística

FIJET: Federación Internacional de Periodistas e Escritores de Turismo


(Tendencia á agrupación).

O Grand Tour

O Gran Tour practicouse no século XVII e XVIII, e deu lugar á literatura de Gran
Tour, que consistía en organizar viaxes, fundamentalmente para os mozos da
alta burguesía e da nobreza, porque se entendía que estaban chamados a ser
os dirixentes do futuro. Esas experiencias foron recollidas en diarios, xa que esa
experiencia non se contemplaba sen eles, e de aí nace gran parte da literatura
de viaxes da época.

Literatura de peregrinación

Tamén a literatura de peregrinación, con antecedentes moi remotos; xa na Alta


Idade Media, a dona galega Exería peregrinou para coñecer Xerusalén e fixo un
diario desa viaxe: é o primeiro libro de viaxes dunha muller que se coñece. A
primeira guía de viaxes foi escrita para peregrinar a Santiago: Liber Santi Iacobi,
escrita por Picaut.

27
Exposicións universais

Outra realidade da cal xurdiu moita información turística foron as exposicións


universais ao longo do século XIX, cando xa había medios de comunicación que
recollían a visita a estas. En 1872, Times publicou a primeira volta ao mundo,
escrita por Thomas Hook.

Tipos de turismo

 Turismo cultural.
 Turismo gastronómico.
 Turismo de “sol e praia”.
 Turismo de festa.
 Turismo de saúde.
 Turismo rural.
 Turismo deportivo.
 Turismo relixioso.
 Turismo de congresos.
 Turismo social ou de cooperación (voluntariados).

Características

 Trátase dunha información plural e interdisciplinaria.


 Periodicidade determinada polos ciclos estacionais, que inciden
directamente no turismo.

Disfuncións

 Certo diletantismo. Facer algo de maneira non profesional. Neste ámbito


hai moitas persoas non xornalistas ás que lles gusta viaxar que ofrecen
ao medio o relato da viaxe.
 Uniformidade de rexistros. Case todos os contidos soan ao mesmo.
 Estacionalidade.
 Certo desdebuxamento das liñas entre información e publicidade. Moitas
veces, o que se nos vende son publirreportaxes.

28
 Existencia de axudas, subvencións e incentivos para que nos medios se
lles dea cabida a campañas promocionais, que desvirtúan a información
turística.

29

You might also like