You are on page 1of 42

Novos soportes

TEMA 1: ARQUITECTURA DA INFORMACIÓN E XORNALISMO

As redes permiten gran penetración, pero a audiencia dunha rede vai mudando. Varios
exemplos:

• MySpace: rede adolescente. Cando comeza a caer, especialízase na promoción


de bandas de música. Ata que morreu.
• Facebook: conforme se está reducindo, a curva xeracional é máis elevada.

Hai que emitir contidos de forma personalizada para as redes sociais, adaptándoos,
pero non debemos producir unicamente para as redes.

EVOLUCIÓN DOS CIBERMEDIOS (1993-2021)

Fórmulas e formatos diversos. Camiños relacionados coa diversificación da tecnoloxía.

A evolución dun medio é un proceso integrado por múltiples facetas interconectadas:

1. Tecnoloxía de produción e de consumo

Que tecnoloxías fan posible ese medio? Hai unha tecnoloxía que o produce e outra
que o consume. A pantalla condiciona o xornalismo: por exemplo, cos vídeos en
vertical, cando antes se grababan en formato panorámico. A tecnoloxía de
consumo condiciona como produces o contido. Por exemplo, grabar en vertical
pero co centro de interese no medio porque vas ter que recortalo.

2. Perfís profesionais máis especializados

A especialización é temática pero tamén de formato: fotoxornalistas, cámaras,


sonidistas, infografistas, xornalistas de datos…

3. Modelos económicos diversos

Por exemplo, baixo subscripción ou cun modelo mixto.

4. Relación coas fontes de financiamento

Por exemplo, as subscripcións ou a publicidade.

5. Integración con outros medios e cabeceiras

Por exemplo, o caso de Mediaset.

6. Transformación dos hábitos de consumo da información

Parte da publicidade dixital está xestionada a partir de axencias externas. O prezo


da publicidade ven condicionado por factores como o número de usuarios ou o
Novos soportes

tempo de lectura. Mellorar as ratios de lectura do medio é incrementar a súa


calificación. Por exemplo, o suplemento cultural capta lectores para incrementar o
valor publicitario. Grazas aos nichos, podemos penetrar en público que nunca
tiveran accedido ó resto dos nosos contidos. Por exemplo, é o caso do documental
do Reino suevo que produciu a TVG.

7. Cambios na cultura xeral

PRIMEIROS CIBERMEDIOS (1993)

Nacen na California dos anos 90 cando aínda non existían sistemas informáticos como
tal. Son medios que proviñan do papel e que non sabían como enfrontarse a unha
tecnoloxía nova. Os medios de hoxe son herdeiros do primeiro cibermedio que
empezou en 1993: San José de California. En 1999 os medios déronse de conta de que
Internet era algo máis que unha moda. Tiña que ver coa súa supervivencia.

GRÁFICA: INVESTIMENTO EN PROXECTOS DIXITAIS EN EE.UU. / TOTAL USA VENTURE


CAPITAL INVESTMENTS / BURBULLA PUNTO COM

No 2000, as empresas de telecomunicacións teñen claro que as entradas a Internet ían


facerse polo mesmo punto, un lugar que ía concentrar todos os contidos para a túa
experiencia na rede. Así naceu o portal web, que mesturaba información,
entretemento e servizos.

Os inversores estaban convencidos de que os portais ían ser un éxito, mais non había
sistemas publicitarios que puidesen sustentalos para garantir a súa supervivencia. En
paralelo, tamén naceu Google. Polo tanto, o investimento nos portais caeu. Acabaron
desaparecendo porque pasamos dun modelo piramidal (portais) ao modelo Google, co
que nacen moitas iniciativas pequenas de productos máis dimensionados e específicos.
Constitúe un cambio tecnolóxico e cultural.

En 2013 comeza de novo o investimento na Internet. Foi grazas a outro cambio


tecnolóxico brutal: o nacemento das redes sociais, que engaden elementos
multimedia. Como xestionar esa información? Como almacenala no sistema? Como a
reciben os usuarios? Como se recupera cando pasa o día? Cada vez máis foron
xenerándose ferramentas (software) para traballar cos medios dixitais e técnicas para
organizar e controlar o inxente caudal de contidos. De aquí parte a evolución
multimedia dos xornais.
Novos soportes

THE NEW YORK TIMES:


1999 VS 2021

En 1999: apretado, web


ríxida –para que encaixe
nun navegador e nunhas
dimensións de pantalla–,
coa forma do xornal
norteamericano, coa
convicción de que a xente
vai entrar ó xornal pola
portada.

En 2021 pouca xente


entra ao xornal
pola portada,
que segue a ser
importante
pero non
determinante
na atracción.
Non é onde se
xeran os
impactos de
tráfico das
noticias. O
deseño é
responsive, pois
está pensado
para velo en diferentes pantallas. A composición deixa de importar: cambian a
tecnoloxía e os hábitos de uso do conusmidor.

13/9/2021

A partir de 2013… APPS. Cada tecnoloxía plantéxanos preguntas: En que medios vou
estar presente?
Novos soportes

Gráfica EXM. 1eiro acumulado 2021 VS 2020. Galicia. Audiencia en %

Hai un soporte asentado e líder, as redes sociais, o cal non implica que o resto de
medios non sexan interesantes. A capacidade de impacto sobre o público segue a estar
moi segmentada nas redes sociais.

Roger Fidler sistematiza isto en 5 principios ou mediamorfose (principios de


transformaicón dos medios). Aborda o concepto de complementariedade dos medios,
de co-evolución, de tal xeito que os novos medios e soportes non supoñen
necesariamente a desaparición dos existentes, senón unha reconfiguración dos usos,
das linguaxes e dos seus axustes sobre os públicos.

➢ A tensión entre o gratuito e as diferentes formas de pagamento da


información
Onde está o valor e canto vale?

➢ A commodity
Produtos básicos, que apenas se diferencian entre si, e de valor baixo, para os
cales hai moita demanda que se proporciona sen unha diferencia cualitativa a
través dun mercado. Por exemplo, ninguén se fixa nunha marca de sal.

O usuario percibe a información dos medios como unha commodity porque a


atopa replicada en moitos medios e porque accede a ela de forma gratuita. Isto
obriga a repensalos medios e a forma na que constrúen e crean valor. El País
crea valor xerando contactos directos. Por exemplo, unha charla de Zoom coa
correspodente en Kabul.

Os medios pequenos rompen a commodity cando editorializa titulares. Porén, o


interior da noticia segue sendo de axencia remitida polos medios.

➢ Converxencia e concentración
Pola economía e pola tecnoloxía: El País compra un medio pequeno de
divulgación científica, un nicho en auxe. Ademais, nos últimos anos deuse a
capacidade tecnolóxica de maximizar e de agrupalo contido para aforrar.
A XML é unha unidade de servizo de produción. Se tres xornais teñen a mesma
XML, aproveitan a mesma tecnoloxía.

➢ Novos soportes. Internet xera a súa propia cultura e valores


• Velocidade de escape
• Hackear el periodismo: non aceptar unha funcionalidade de algo e, a partir de
aí, explorar novos usos. Propiedade intelectual. Forma de organización.
Novos soportes

➢ Novos conceptos de produto xornalístico

Por exemplo, as redes sociais de El País. ¿Onde empeza e onde remata o noso
produto? Falamos de xornalismo expandido, alén da idea tradicional de medio, de
cabeceira; isto é, un fenómeno máis disruptivo do mundo dixital.

O xornalismo xa non é só dos seus profesionais nin se exerce só nos medios. Hai un
cambio de paradigma coa emerxencia da sociedade rede, que propicia novas
prácticas culturais, actores, metodoloxías, narrativas e experiencias que toman o
espazo discursivo coa pretensión de facer xornalismo e de empoderarse para
plantexar ao poder as súas demandas: a periferia, parece, desafía o centro.

Arquitectura da información

A capacidade dos medios para construir o seu propio nicho, un concepto industrial e
masivo que responde a un novo tipo de medio. Cada medio condiciona coa súa
tecnoloxía as narrativas empregadas e o rango de posibilidades expresivas dos
comunicadores. Agora prodúcense noticias para diferentes soportes as 24 horas.

O concepto “arquitectura de información” inventouno Richard Soul Wurman, que se


plantexou o que hoxe coñecemos como infografía, e consiste en expresar a
complexidade dunha sociedade a traves de arquitecturas visuais.

Definicións

▪ O individuo que organiza os patróns inherentes ós datos facendo claro o


complexo
▪ Quen crea a estrutura ou mapa de información que permite a outros atopar os
seus camiños presoais de coñecemento
▪ A ocupación profesional emerxente que atende a necesidades de clarificar o
coñecemento humano, que é a ciencia da organización da información.

Cronoloxía da arquitectura da información

➢ 1970
XEROX: empresa de computación, cando se presenta a necesidade de organizar
a información que circula nunha organización

➢ 1976
Wurman traballa no anterior
Novos soportes

➢ Gran salto coa aparición de Internet


Quere conseguirse a eficiencia das máquinas traballando con datos

➢ Os cibermedios xa son poderosos e complexos sistemas de información


Demasiada información que atende a moitos públicos. A arquitectura da
información intenta ordear esa morea de datos. Para conseguilo, os
programadores e os xornalistas dialogan.

O sistema de publicación tamén nos concerne: a maquinaria está dentro do


sistema de produción como parte directa do proceso, a diferencia dos medios
anteriores: radio e televisión. Imos entendelo co funcionamento da Internet
moderna. Hai dous tipos de sitios web: estáticos (produto pechado que non
depende de terceiras partes) e dinámicos, cuxa diferencia é técnica.

Varios termos

▪ Software: permite a publicación en internet


▪ Servidor: software preparado para servir ficheiros a Internet. Ex: un ordenador
▪ ID: número na dirección IP.
▪ PC FARMS: granxas de servidores. Gran negocio en Islandia. Enerxía renovable
continua, baratísima, que permite correr os gastos a costes moi eficientes.

▪ Sitio estático
Servidor apache, open source, gratuito. Cada contido é unha páxina web. Se
quero ver a páxina de contacto, toco un ficheiro e este ten asociado un contido.
O ordenador do usuario fai unha petición a un servidor. Un contido, un ficheiro.
Permite distribuir páxinas con pouco rendemento do PC. A páxina en HTML
permite distribuila información sen que colapse o sistema.

▪ Sitios dinámico
Máis complexos tecnoloxicamente. Seguimos tendo servidor. É un sitio
dinámico que necesita cambiar moito o contido (zapatos ou prezos).
Amosamos os 5 últimos zapatos que chagaron á tenda. O primeiro que fai o
sistema é ir a unha base de datos, instalada dentro do servidor. Vou dicirlle:
amosame os últimos 5 zapatos que metiches na base de datos. Vai sacar a
información deses cinco e a vai encher nunha maqueta inicialmente baleira, a
da paxina de inicio. E esa maqueta téñoa a mans do usuario.

Nos sitios dinámicos facemos unha separación entre a forma (páxina web) e o
contido (base de datos). Nun sitio web estático necesito 1001 páxinas para
Novos soportes

representar o incio e as paxinas de zapatos. No sitio web dinámico, necesito


dúas páxinas, o que se coñece como paxina detalle: de plantilla, na que
cargamos o modelo de zapato que quere ver o cliente.

Exemplo Amazon: a plantilla é a mesma para todo o que busque. Se cambio o


ID, o sistema mándanos á noticia con outra ID pero pona na mesma páxina.

PROCESO: Petición < servidor administra < consulta na base de datos (MySQL)
< saco os datos do disco duro < procesa a consulta da base de datos na linguaxe
MySQL < inserto na maqueta < pásollo ao usuario.

16/9

▪ Estáticos
Servidor e cliente. Petición sinxela: ficheiro HTML que ves no teu PC. É a
tecnoloxía máis vella de Internet.
▪ Dinámicos
Un cliente fai unha petición ao servidor, que a procesa (ficheiro). O primeiro
que fai o sistema é revisar a base de datos. Recolle os contidos e insértaos
dentro dunha maqueta preparada que se carga con espazos en branco que se
enchen cos novos contidos que se indican.

As vantaxes dende o punto de vista técnico e de deseño son enormes.


Exemplo: páxina de Zara, sempre coa mesma estrutura na versión web cando
clicamos nos produtos. A web de Zara ten miles de prendas pero sempre a
mesma plantilla. Todo se simplifica. Con ter de tres a seis maquetas, xa temos
todo o sitio web. Toda a información ten que adaptarse a unha base de datos,
ser encaixada, flexible e que unifique todo para ser administrado. Tipicamente
trabállase con servidores como Apache e IIServer. As bases de datos máis
común son: MySQL, Postgress SQL e Oracle.

A gran diferencia é que nos sitios dinámicos tes que poñer regras para que as
maquetas en branco funcionen. O desafío é convertir o conxunto de datos non
combinables nun conxunto de datos estandarizados e combinables.

ORGANIZACIÓN DO SISTEMA

Como sacar proveito ao contido producido? Como conectalo entre si e encontrar


novas unidades de sentido?
Novos soportes

Teoría xeral do hipertexto (Lansow, 1998)

Nas bases de datos chamámoslles entidades: as unidades mínimas de sentido e a base


de calquera sistema dixital de contidos. Son elementos comprensibles por si mesmos
dentro dunha estrutura narrativa, aínda que ás veces necesiten estar insertados con
outros elementos.

Falamos de unidades dependentes e independentes. Se teñen sentido por si mesmas,


son independentes. Se necesitamos máis información, son dependentes. As
independentes poden verse en contextos diferentes que o inicial e sen máis unidades
asociadas a el.

Exemplo, liña de crédito: Santiago.creacion. Para crear sentido, ten que estar ligada a
unha unidade superior.

Principios asociados ás unidades mínimas dun sistema

• Granularidade
Metáfora de Lego: pezas regulares, cambian as cores, combinándoas e facendo
formas diferentes, pezas pequenas, recombinalas para crear outra cousa. Por
exemplo: concebir un medio en web para o que decido deseñar e publicar
contido de forma independente en Instagram, Twitter, televisión, reasocialo
para a versión impresa, como notificación nos móviles…
Pensamos en deseñar unha estrutura para que unha información circule, non
só en crear unha noticia. Pensar nos soportes e ata onde podo facer pequeno
un contido.

• Valor relacional
Resultado da granularidade. Mide a flexibilidade da unidade de contido para
poder relacionarse con outras unidades (que non forman parte da idea orixinal
dese texto).
Canto de produtiva é unha unidade de contido arredor dun sistema en termos
de eficiencia. Por exemplo, indicar nunha foto con etiquetas: é JLO, con quen
está, leva un vestido nocturno, en Nova York… podo chegar a dicir: como se
viste JLO cando vai de noite por NY. Na medida en que o sistema ofreza a
posbilidade de combinar os elementos, máis necesidades diferentes
responderá dos potenciais usuarios.

RELACIÓNS ENTRE UNIDADES DE CONTIDO

▪ Secuencias
Novos soportes

As unidades poden emprazarse nunha secuencia e os procesos adoitan ser


concebidos como secuencias. Por exemplo: un fío de Twitter. O usuario ten que
desplazarse por toda a información se quere coñecela por completo, a
diferencia das vinculacións, que son unidades independentes

▪ Colocación
Malia a independencia das unidades, estas poden engadir valor cando son
emprazadas no mesmo lugar. Varios exemplos:

- A descrición dun monumento


- Os horarios e prezos de entrada deste
- Reunir unha información complementaria cunha ficha de Rubens (biografía)
e os seus cuadros. Ao reunilos, creamos algo novo

▪ Vinculacións
Ligazóns que se establecen entre unidades orientadas a ampliar información

▪ Significado compartido
Se as unidades mínimas comparten características semánticas poden ser
colocalizadas na súa recuperación, aínda que non compartan características
formais. Todas as unidades crean un conxunto común. Un exemplo: noticias
sobre Joe Biden. Noticia: Picasso sanea las cuentas del Reina Sofía. O sistema
suxireche outros contidos que comparten significado con ese, de forma máis
ampla pero que no están conectados con ese.

▪ Metadatos
Elementos que posibilitan a recuperación de unidades
“Metadata is structured, encoded data that describe characteristics of
information-bearing entities to aid in the three functions of identification,
discovery, assessment, and management of the described entities”.

▪ Identificación
Características para que un contido poida ser localizado.

▪ Descubremento
Habilitar mecanismos para que se poida localizar a unidade mínima de contido.
Exemplo: Voos a Italia entre o luns e o mércores que saian pola tarde. O
sistema ten que poder responder a esa demanda.

▪ Emprazamento
Novos soportes

Información nun punto específico dentro do sistema. Exemplo: páxina de inicio


pero recuperable nunha páxina interior, vai sair nun boletín semanal e quero
que se programe a tal hora en Twitter.

▪ Xestión: marcar como queremos que o contido se vaia distribuíndo

5 funcións dos metadatos segundo Haynes (2007)

1. Descrición dun recurso: identificar que recurso é


2. Recuperación da información: como o usuario accede á información dentro do
sistema
3. Xestión da información: como a manipulamos, como conectala e movela con
outros contidos, como publicamos…
4. Xestion de dereitos, propiedade e autenticidade: podemos xestionar a
privacidade do que subimos a Internet
5. Interoperabilidade e comercio electrónico: queremos que un contido pase de
plataforma a plataforma

▪ CODIFICAR: Excluir. Colocar dacordo a unha norma que os limita.


Exemplo: Base de datos de coches, un dos datos é a cor do coche. Codificar é
dicir: os coches poden ser brancos, negros, grises e vermellos. Cada vez que
meta un coche novo na base de datos teño que dicir de cal desas cores é. Unha
entidade pode ter múltiples codificacións. Os ordenadores son unha entidade e
as persoas outra.

Codificar é: persoas de 5, 6 e 7 anos. Grupo pechado no que clasificar.


Estruturar é dicir: ti naciches neste lugar, parroquia, concello… situar algo
dentro dun contexto máis amplio pero de forma organizada. Alumno USC,
Comunicación, Santiago, sistema universitario galego.

Protocolos de metadatos para ficheiros multimedia (a base de todo o


software de reproducción)

ID3 (Para ficheiros MP3)

Comando ou etiqueta TAG+: Empezar directamente na música

EXIF (para fotografía de cámaras dixitais)


Novos soportes

Sistema de etiquetado de unidades

▪ Categorías
Estrutura taxonómica, en árbore, que almacena os conceptos de etiquetado do
xeito que pertenza a un inferior implícitamente, que significa a clasificación en
todos os inmediatamente anteriores.
Exemplos: Galicia, España, Unión Europea… en árbore significa que un nivel
pode recoller a varios niveis anteriores. A Coruña: Betanzos, Ribeira, Sada. Se
pertences a Betanzos, automaticamente pertences á Coruña, a Galicia, á Unión
Europea…
É un sistema de relacións unívocas que clasifica de maneira excluínte: se un
contido está en deportes, non está en economía.

Pros e contras das categorías

- Equilibrio entre profundidade e amplitude: permiten clasificar ben un


elemento e limitar o conxunto de posibilidades. Excluinte.

- A amplitude está limitada pola capacidade de usuario de visualizar un


sistema: non podemos ter 39393 categorías diferentes porque o usuario
non as ve.

- A profundidade non debe superar os dous niveis; isto é, chegar á


información en dous clicks.

Dous xeitos de etiquetar: categorías e tags

As categorías son potencialidades multinivel e, habitualmente, están suxeitas a un


tesauro (conxunto limitado de opcións) limitado. Empréganse na clasificación de
noticias e na clasificación “un a varios”.

Os tags son sistemas de etiquetado:

➢ Horizontais: describir unha unidade mínima de contido de múltiples formas


➢ Mononivel: só un nivel de clasificación no que un non comprende ao outro.
Non funciona “se es de Ribeira, es da Coruña”.
➢ Tesauro inexistente: etiquetas menos precisas, pero que permiten agrupar
contido de actualidade de forma rápida e tamén conectar contidos. Por
exemplo, as etiquetas de Twitter
➢ De etiquetado múltiple e complementario
Novos soportes

Sistema de etiquetado facetada, de múltiples caras, co que ser etiquetados de


múltiples formas. Clasificación de facetadas nos cibermedios:

1. Formal
Cal é a natureza do obxecto (foto, vídeo, texto) ou o xénero (reportaxe, noticia,
viñeta…) Exemplo: galería multimedia

2. Temático
Sitúa a noticia nun contorno de contido similar a través de categorías ou tags.
Exemplo: agrupar contidos por seccións

3. Posicionamento
Definen a posición xerárquica do ítem no front.end (portada-interior, columna
esquerda-dereita)

4. Autoría
Quen está involucrado na produción dese contido. Exemplo: personalización
para a audiencia

5. Temporal
Permite o datado e a conseguinte recuperación posterior da unidade do
sistema. Exemplo: Caducidade da noticia en portada, crear liñas de tempo,
autoclasificación das novas na hemeroteca…

6. Local
Etiquetado xeográfico. Nos últimos anos pode estar mesmo asociado á
xeolocalización a través de datos UTM ou similares. Exemplo: personalizar a
información coa tu ubicación

RECUPERACIÓN DE INFORMACIÓN

A recuperación é o proceso polo cal o usuario accede á información almacena no


sistema, ben a través das opcións predefinidas na interface ou accesos hipertextuais,
ben a través dun proceso de busca activo a partir deste.

- Pasivo: esa recuperación xa ven predefinida polo sistema para recuperar a


información. O usuario simplemente accede ao sistema.
- Activo: cando o sistema está orientado no interés do usuario de recuperar
información que non está predefinida. Marcas as reglas de como queres
recuperar a información.
Novos soportes

Hai puntos intermedios, que teñen que vir derivados dunha terceira parte que é cando
o sistema recupera información, pero necesita da túa habilidade, pero ti non estás
realizando buscas deliberadas.

MODELOS

• Modelos clásicos: reglas estrictas, estandarizados, moi probados e


consolidados.
- Método booleano
- Método vectorial

• Modelos de Internet: están evolucionando continuamente, pero poden


compartir diversas premisas básicas.
- Page rank
- Semántica latente
- Redes neuronais, Intelixencia Artificial

Método básico: BOOLEANO

- Lóxica binaria con 2 valedores que se opoñen ou que se complementan,


xogando con buscaer ou atribuir. Empreganse, por exemplo, para buscar en
rquivos históricos dixitais. É o caso dos buscadores web AND,
OR, NOT EX: Miguel and’ Delibes
Poema AND/E “Miguel del dean”. {Puebla o Pobra)

Compostela Not camiño.

• Método vectorial: empregado en boa parte dos buscadores. Os documentos


poden expresarse en función dos vectores que recollen a frecuencia de
aparación de termo s e documentos. Os vectores recolle cada vez que un
usuarios realizan unha búsqueda.

Si nuetro SRI tiene los siguientes 4 documentos. Outro factor clave é coñecer as
relación entre bases de datos. Os navegadores puntúan a disposición dos
metados na web, deendendo da ubicación dos metadatos na liña dos textos,
das palabras clave, ou das buscas dos usuarios e a sá situación.

La matriz corresponde con un espacio vectorial por puntos. Distrbuidos en el


impacto y salida de las noticias. Asignar puntos, regla de xogos.
Novos soportes

MODELOS DE INTERNET

PAGE RANK

No caso de Google, os procesos de recuperación chámanse Page Rank.

Yahoo traballaba cun modelo estructurado de categorías, taxonómico. Era unha


orde en árbol, clasificada e funcionaba manualmente.

Altavista funcionaba con vectores, buscaba e lía os TITLE das webs e tamén os
Head. Sobre todo lía os metadatos. A veces buscaba a páxina de incio, pero non
tiña unha grandísima capacidade.

En Galicia, mesa época chegou a haber 5 buscadores, con páxinas repartidas en


varias ou non en todas. Os buscadores empezaron a intentar monetizar. E
empezaron a vender SEM, que foi o pincipio da súa fin, porque a calidade de
busca baxou moiot.

O PAGE RANK varía constantemente. Eles defendían a idea dun buscador sen
SEM, con resultados claros, limpos, e reglas marcasdas e administrada.
Partía de que unas páxinas se poñán norta unas a otras. Facían transferencias
da crbilidade.

10 (-2) +4 10 (-2)

Este é un sistema que o que fai é virtualizar un sistema colectivo. Cando máis grande é
a rede, mellor funciona. O elemento principal do web é o proceso, a xenerosidade.
Cada páxina requiere unha puntuación, e esta é un determina que determina a súa
posición en Google.

Non se trata solo de que as webs están en sitios e servidores diferentes. Page e Larry
non confían na rede, así que Google fai unha copia caché (texto) das webs nas súas
Content Farms en California. Logo buscan o que acontece dentro. Logo realizan unha
busca TOC¸ no que buscan a información do internet. Este fixeiro TOC clasifícase como
Goole quere, e con esto determina a información relevante da web e emprega o
sistema vectorial asignando puntuación por funcións: estes factores son –a partinencia
de contidos– a proximidade– a correcta elaboración do código. Estes factores
transforman moito os resultados de busca.
Novos soportes

TRUCOS DE POSICIONAMENTO WEB MALICIOSO

Unha forma habitual de pervertir os resultados é un tipo de colonización que acontece


en wordpress. Alternan o código fonte para engadir links maliciosos e case invisibles, e
estes links ganan puntos de page rank, nunha competencia por puntos e visibilidade.
Non tiran a páxina, nn intentan roubar. INYECTAR CÓDIGO.

• Semántica latente
As palabras que se atopan a unha determinada distancia, nunha mesma
porción do texto, teñen significados similares ou unha elación estreita entre
elas. Achégase á linguaxe e comprensión humana e aprende de nós cada vez
que refinamos unha busca.
Intenta aprender entre cadenas de texto próximas entre si. Emprégase tamén
en Siri ou Cortana, que se refinan conforme ti falas máis con eles.

• Redes Neuronais, IA: son extender esa idea de comprender un contido no seu
contexto, a un corpus pasivo de datos que permite interpretar eses resultados.
A un sistema se lle ensina que hai unha serie de valores común a todos eses
datos. Ensinámoslle ao sistema unha serie de valores. O sistema traballa para ti
procesando e xerando un corpus de información.

Nun medio de comunicación, os modelos totalmente abertos son pouco satisfactorios


debido á gran heteroxeneidade de contidos. Así que se usan estratexias
complementarias.

A forma na que traballamos con recuperación de información en medios é creando


Clústers de información. O que facemos é que o sistema identifique os temas que se
repiten, e que se agrupen, e ao agrupalos permiten dar unha resposta máis
satisfactoria a ese resultado.

PAGE RANK

O PROCESO PASA POR CONCEBIR


CADA PÁXINA DE RESULTADOS
COMO UNHA FORMA DE
FACILITAR AO USUARIO O QUE A
EL LLE GUSTA. TEMAS GRANDES
COMO: BIDEN, COVID, ETC…

Formas clásicas de agrupación de resultados de busca en cibermedios


Novos soportes

- Data: proximidade á data actual/relevancia (optativa)


- Busca temática
- Invocación directa de contedores de contido de actualidade
- Invocación directa de perfís de análise de persoas e entidades
- Innovación directa de contido multimedia.

1. ESQUEMAS EXACTOS
- Dividen a información en grupos ben definidos e mutuamente excluíntes
- Son de uso frecuente: orde alfabética, cronolóxica e xeográfica
- Son os máis axeitados cando se coñece o elemento a buscar.

2. ESQUEMAS AMBIGUOS: fronteira entre sociedade e economia, ou política


sociedade dun medio.
- TEMÁTICOS: Organizados os contidos por temáticas ou, no caso dos
cibermedios, seccións.
- Orientados a tarefas: Organizan os contidos e as aplicación a partir de
coleecións de procesos, función e tarefas.
- Por audiencias: filtran os contidos en función dos intereses de perfís de
usuarios determinados. Nun web universitario, por alumnos, por profesores,
por personal de apoio…
- Por metáforas: establecen unha metáfora con conceptos do mundo real para
facer máis comprensible a interface.

3. ESQUEMAS HÍBRIDOS: combina os esquemas exactos (filtro por mes), por


ambiguas (por temas)
- Os esquemas ambiguos combinan diferentes esquemas de organización
- Deben combinarse con coidado porque poden orixinar problemas. Habitual nos
medios.

USUARIOS, e a súa busca de información

a) Item coñecido: sábase o que se está a buscar e como atopalo (usuario


recorrente que coñece como buscar información no producto dixital e sabe o
que buscar)
b) Exploratorio: non se está seguro do que se está a buscar e se vai aprendendo
co proceso de busca.
c) Exhaustiva: quérese todo o que hai sobre un tema concreto.
d) ‘Rebuscas’: recuperar información útil que previamente atopara. Convírtese o
buscador en interfaz de navegación (varias pestañas abertas).
Novos soportes

RESEDEÑO DA WEB DE EL PAÍS

O obxectivo, segundo os responsables, é unha evolución máis sustancial, unha mirada


propia máis selectiva e ordeada, onde a exclusiva e a última hora se xuntan coa
información. O eixo debía xirar arredor do lector. Preocupación por manter unha
estructura tradicional e, en xeral, facer máis visibles as historias grandes, o
xornalismo en profundidade.

4/10

T2: ESTRUTURAS E FLUXOS DIXITAIS DE CONTIDO


DÚAS EXPERIENCIAS DE NAVEGACIÓN

O hipertexto é a linguaxe que rixe como nos navegamos. Pouco a pouco van
impregnando todas as narrativas que temos pero tamén a comunicación hipertextual.
O que fai é provocar un cambio gradual.

“Trala revolución copernicana os homes xiramos ao redor das imaxes. Despois da


revolución dixital os homes xiramos dentro delas”

QUÉAU, Philippe. Le virtual. Virtudes y vértigos.

Hai un novo contorno, o virtual, para a interacción, para o almacenamento da


memoria (como gardamos coñecemento) e para a reproducción cultural humana
(como se transmite de forma masiva). A cultura vale para reproducirnos e para xerar
novas historias.

Cada contorno de interacción ten un paradigma, un método que permite a transmisión


e a preservación de información.

Na sociedade galega, a xeografía galega e os nomes de lugares son un bo lugar de


memoria. Cando se perde ese coñecemento pasan desastres.

Outra forma importante de preservación da memoria é a herdanza entre persoas,


baseando o que es en función de quen foches. A contorno visual reproduce, simula e
emprega tódolos paradigmas anteriores de comunicación e transmisión. Simúlaos e
intégraos.

O contorno virtual reproduce, simula e emprega tódolos paradigmas anteriores de


comunicación e de transmisión. Non os substitúe senón que os integra. Por exemplo, o
Ipad permite debuxar e gravar o proceso semellando unha animación. Conforme
Novos soportes

penetra nun cambio cotiá, acaba xerando algo novo. Tamén sucede cos PDFs, que
nacen como réplicas dos PDFs do papel, pero que agora son navegables e poden
incrustar obxectos manexables doutro tipo.

O control virtual é un espazo non físico. Un espazo adimensional, non rexido polos
eixos X, Z e Y. Un espazo de obxectos infinitamente reproductibles.

O contorno virtual é un espazo limitado pola tecnoloxía e polo contexto social que o
forma. Ademais, é un espazo sen convencións de tempo. A convención do tempo que
estás nunha historia podes regulala ti. É case unha percepción imaxinaria. O tempo
dixital vai a un ritmo máis rápido que o tempo físico. Un exemplo: cando xogamos a
videoxogos.

O contorno virtual precisa dunha concepción narrativa e organizativa especial que nos
fai desprazarnos polas historias: o hipertexto, o cal non é unha ténica narrativa nova
porque se empregaba como método narrativo oral. Saltou desas sociedades, hai un
século, ás socidedades contemporáneas, como unha forma de rebeldía que se chamou
decontrucción; é dicir, fragmentar e xogar coa percepción para recontruir na nosa
cabeza.

A vangarda artística de principios do S.XX revelouse contra a arte burguesa basada en


representacións clásicas (impresionismo de Monet). A ruptura produciuse entre os
significantes e os significados, entre a forma e o contido para que o espectador
constrúa o resultado final.

James Joyce explorou o emprego da linguaxe abrindo diferentes posibilidades na


forma e multiplicando as direccións da acción narrativa.

Na plástica, a deconstrucción é un proceso que comeza no Impresionismo e que se


codea coas vangardas cubistas e abstraccionistas. O mesmo pasa co hipertexto, que
rompe a liñalidade do texto para que a lectura sexa diferente. Podemos extrapolalo á
obra plástica de Picasso, que racha coas formas para construir unha nova realidade
que se percibe de maneira diferente.

Todo isto quere dicir que:

• A escritura secuencial desaparece como modelo único


• O autor non é o único propietario do texto
• O texto constrúese nos seus contextos

O camiño cara a deconstrucción narrativa tivo que ver con:

- A multiplicación de polos de produción de contido


- A diversificación social dos creadores de contido
Novos soportes

- As transformación tecnolóxicas

FACENDA é a responsable do nacemento da Facenda Modera, que nace nos EE.UU.,


país difícil de xestionar.

Xorde nos anos 30 nos laboratorios norteamericanos como metodoloxía de acceso a


máquinas de memoria (interfaces): a “memoria distribuída”. Por exemplo, aparellos
como o MEMEX, para atopar métodos para superar a baixa densidade de memoria do
papel.

ALAN TURING, mente brillante.

• A tecnoloxía provocou o hipertexto moderno


• ‘Unha tecnoloxía informática que consiste en bloques de texto individuais, as
lexías, con ligazóns electrónicas que vencellas entre elas. George Landow.
• Tim Berners Lee creou as etiquetas que usamos en HTML, moitas delas.

Ted Nelson explica o hipertexto así:

“Por hipertexto entendo escritura non secuencial”

A escritura tradicional é secuencial por dúas razóns. Primeira, derívase do discurso


falado; e segunda, porque os libros están escritos para lerense de xeito secuencial.
Porén, as estruturas das ideas non son secuenciais. Están interrelacionadas en
múltiples direccións. E cando escribimos sempre tentamos de relacionar cousas de
xeito non secuencial. Pero a nosa experiencia é secuencial. Iníciase e remata no tempo
en nun lugar concreto, polo que moitos textos están suxeitos ao tempo

18/10

MODELOS E ESTRUCTURAS DO HIPERTEXTO

Ainda que hai moitas formas de plantexalas, en función do que queremos contar adoptamos
unas estructuras ou outras.

MODELO BÁSICO DE HIPERTEXTO

1. SUBMODELO DE DATOS
Novos soportes

Coleccións de datos non estruturados agrupados de tal xeito que forman unha
entidade lóxica. Os nodos están conectados por ligazóns referenciais ou
organizacionais. Son ordes de datos. Deseño de táboa de datos.

2. SUBMODELO DE PROCESOS

Describen a dinámica que seguen os usuarios para acceder ao contido. Son datos de
uso. Forma na que concebimos como vai navegar o usuario. É o chamado DIAGRAMA
DE FLUXOS.

AS ESTRUTURAS PODEN SER

1. AXIAIS: seguen un eixo definido, hai un fío argumental e unha forma de


navegar que non se move, sen perder un sentido narrativo. É aquela estrutura
que aborda un tema en profundidade. Por exemplo, este especial de El Diario

2. RETICULARES: o sentido narrativo depende do que constrúa o usuario a partir


da súa experiencia. É aquela na que non preocupa tanto un tema en particular
senón facilitar a exploración do usuario. Baseadas na idea de que o usuario ten
o control completo dunha narrativa en función dos seus intereses. Os
metadatos conéctanse uns cos outros e nós navegamos dentro dunha base de
datos. Ti organizas o itinerario de navegación. Por exemplo, Film Affinity.
Ninguén condiciona a túa forma de navegar. Configuras a túa propia
experiencia. Podemos considerar tamén Twitter, que alimenta o feed polas
eleccións que fas no teu entorno. Non teñen unha xerarquía.
Novos soportes

O segundo dos casos son estruturas polas que podo navegar pero que non me
permiten ampliar a información.

No terceiro dos casos, a estrutura distribúe o contido en función da decisión inicial do


usuario. Por exemplo, a web da USC, na que hai varios tipos de usuarios: profesores,
alumnos, pais…

3. ESTRUTURAS ARBÓREAS

Punto de vista inicial con catro opcións que vai estendendo ramas en función das
eleccións. Por exemplo, é o modelo clásico dos sitios web coroporativos: coñece os
técnicos directivos, coñece as instalacións, coñece as tendas de Santiago…

4. ESTRUTURAS ARBÓREAS INVERTIDAS (dereita)

Ten o obxectivo de facilitar información ao usuario para que faga a súa transacción
máis eficazmente. É o modelo que se emprega nas tendas de comercio electrónico
como Amazon.

5. ESTRUTURA BAZAR (esquerda)

Conforme se descende na árbore, o risco de abandono do usuario é maior. Por iso


inténtase que des o menor número de pasos para acadar o produto.
Novos soportes

6. ESTRUTURA SAND BOX OU CAIXA DE AREA

Metaversos, mundos que podemos navegar en múltiples direccións. Empréganse no


mundo do entretemento e dos videoxogos. Por exemplo, https://earth2.io/ ou os
videoxogo The Witcher e Cyberpunk 2077.

A visual vocabulary for information architecture, de Garret

http://jjg.net/ia/visvocab/ TEXTO
Novos soportes

DIAGRAMAS DE FLUXO: FLOWCHART

• A – B: Isto é un conector, que revela que dende A pódese ir ata B, pero que o
usuario debe facer algo ou moverse ata desencadear algo.
• Se colocamos unha flecha, significa que pode ir de A a B pero non de B a A.

A cada un destes elementos do diagrama (pasos) asignámoslle etiquetas (valores


consecutivos 123 ou ABC). Despois, explícanse e desenvólvense no resto do guion. Os
bos elementos deseñados teñen poucas etiquetas (follas)

• O conxunto concurrente: Unha interacción no sistema provoca máis dunha acción no


soporte.
• Puntos de continuación:
Novos soportes

• Áreas iteractivas

Cando unha parte do sitio ten a súa propia estrutura, un deseño diferenciado, e o
deseño se repite bastante, é isto. Unha pila pero con este esquema. Típico de webs
complexas e productos complexos.

• Áreas de fluxo: compoñentes reutilizables

É reempregado en diferentes lugares, represéntase con ese octaedro e úsase para dicir
que aí entra toda esa navegación. Cando un proceso se invoca en varias artes do
proceso, e sempre é o mesmo, iso é unha área de fluxo.
Novos soportes

ELEMENTOS CONDICIONAIS

Exemplo de log in: se usuario e contrasinal están ben, lévaos a C. Se non, a D. Os


puntos de decisión teñen condicións moi variadas. Exemplo: Un modelo no que o
sistema diga que en función de decisións túas che ofreza cousas, como a compra de
Amazon. O sistema ten en conta unhas condicións.

• Os conectores condicionais

Poden ofrecer varios caminos pero só se o usuario cumpre condición previas. EX:
diferentes niveis de pago.

• As ramas condicionais

S
e

u
n
h
a
Novos soportes

Se reúnes unha condición, amósase C ou D. Son mutuamente excluintes. Cando as


webs levan as sitios exteriores non as marcamos neste diagrama, porque non
afectan.

25/10

Nos diagramas de fluxo escríbese de arriba abaixo (down stream) porque o primeiro
que poñemos é o primeiro que se atopa o usuario, o punto de partida colocado na
zona superior. Os conectores expresan a interacción do usuario, por exemplo, a través
dun clic. B e C son consecuencia da decisión A. Por exemplo, a apertura da páxina de
comentarios de Twitter.

Conxuntos concurrentes: as apps están conectadas con todo tipo de sistemas. Unha
acción provoca máis de dous resultados simultáneos. Por exemplo, cando me rexistro:
cambio de pantalla, chega un mail e pode que chegue un SMS, pois suceden en
soportes diferentes provocadas polo sistemas. No caso dun videoxogo, se eu mato a
unha personaxe, hai unha parte do xogo que se pecha e non podo continuar por ela.

Creamos un punto de continuación que permite levar a outro lugar unha parte do
percorrido e estendela se é necesario mostrala con detalle. Por exemplo, en webs de
xestión administrativa, entradas de facturas electrónicas nas que se necesitan ter
vistas detalladas e independentes.

Áreas iteractivas (iterar=repetir): Representan zonas dentro do sitio que por diversos
motivos teñen un deseño visual ou incluso unha organización diferenciada.
Representámolas con ángulos redondeados en forma de naipe. Zonas independentes a
nivel visual e de realización de contidos. Por exemplo, cando creemos crear nichos
especializados de audiencia cunha cultura visual diferenciada. Moitos medios dixitais
de todo o mundo teñen maquetas diferentes para os contidos da fin de semana, pois
entenden que se consumen en circunstancias nas que a xente ten máis tempo, e
diferenciarse cun tratamento máis atractivo visualmente, sin estar preocupado pola
economía visual, tratamento máis arrevistado… tamen, ámbitos de contido cos que
queren experimentar os medios. Cando o contido alude a algo que se repite en
numerosas ocasións coa mesma estrutura, típicamente as páxinas de produto,
creamos un área iteractiva. Cando se repite unha páxina varias veces, representámola
cunha pila de documentos, por exemplo as maquetas de chíos de twitter, que son
unha única representación. Son económicas á hora de representar un diagrama de
fluxos.

Puntos de decisión: eu decido ir de A a B, pinchado, cunha acción, mentres que nos


puntos de decisión, eu quero ir de A a B pero esa decisión non a tomo eu senón que a
toma o sistema porque responde a unhas regras. Non podo facer ese paso directo. O
Novos soportes

sistema comproba que reuno as condicións para ir de A a B. Por exemplo, o log in. O
sistema verifica que coinciden usuario e contrasinal. En función do que o sistema
decide ou sabe de nós, hai opción que se presentan sempre e opción que se presentan
de xeito condicional, cando se cumpre algunha condición do sistema. Por exemplo,
Wordpress amosa opción en función de se es administrador, colaborador… e
permíteche unhas posibilidades asociadas ás condicións que ti cumpres.

A - B: podemos ir nas dúas dirección vs A->B: só nunha dirección.

3 PARTES DUN PROXECTO DE ARQUITECTURA DA INFORMACIÓN

1. ELABORACIÓN DO GUION
- Bases de datos: conectar iso (parte gráfica) con algo que deseñamos
previamente (a base de datos). Na base de datos rixe todo o traballo diario, vai
ordealo e canalízalo. As discusións sobre o modelo de produto dixital que
queremos van bascular arredor do deseño da base de datos.
- Diagrama de fluxo de datos: como o usuario extrae información desa base de
datos. Deseñamos como navegamos.
- Guion interactivo

2. PROXECTO
- Modelo de BD + Diccionario de datos: como se introducen os datos (formato,
caracteres, extensión, estrutura…)
- Diagrama de flixo de datos
- Guion interactivo
- Pranchas gráficas: simulación da apariencia final do prototipo.

3. CONSTRUCCIÓN DE GUION
- Elementos comúns. Interfaces que te permiten navegar
- Lexias: individuais ou en áreas iteractivas. Elementos almacenados en bases de
datos sobre os que se adoita navegar. Nun sistema dixital son as noticias
- Fluxos : formas que temos dentro dun sistema,pasos que damos, método para
conseguir un resultado, que é conseguir info

INTERFACES (descripción da sua estrutura, funcion e sistema de cambios). Nunha web


ou app os elementos da interfaz poden ser moitos pero hai 2 tipos. Non adoitan ir na
base de datos pq forman parte da maqueta, do deseño xeral do sistema
Novos soportes

- Menús: lista de áreas navegables da app


- Footers ou headers: cabeceiras e pés

3 estados que ten un menú

Por defecto: solapa branca

Hover: cando pasamos o rato por algún dos elementos do menú

LEXIAS: Cada un dos celementos independentes do produto dixital que proveñen da


base de datos, identidicados a partir das referencia. Poden agruparse en áreas no caso
de que sexan iteractivas. Nos decimos en que condicions queremos que se comporte o
contido dentro do sistema. Por exemplo: quero que se mostren as noticias mais vistas
das ultimas 24h e como se ve gráficamente a lexía, como a xente a ve. Como sacamos
os datos da base de datos e neste caso como os amosamos. Polo tanto, as lexías
precisan da consulta de base de datos e da súa plasmación gráfica.
Novos soportes

O titular destacado (A1): No campo estado un valor tres


Novos soportes

Por exemplo, estrutura dunha paxina web na que a A vai sempre na mesma posición.
Para que unha noticia vaia na posición B, C… se quero que esté en 1D teño que
cambiar o estado 3 polo 2, é a mesma noticia cambiada de posición, iso teño que
contalo no guion.

8/11

TEMA 3: XESTIÓN DA COMPLEXIDADE

Imos abordar a complexidade desde a idea de big data, tema de moda no xornalismo,
cunha metodoloxía de traballo que nos permite amosar realidades non visibles doutra
forma a través de ferramentas complexas. O big data é unha enorme economía de
escala en Asia, EE.UU. e Europa occidental, cun gran volume de investimento.

Dous exemplos

1. Recaptcha: Google ensínase a si mesmo como recoñecer formas. Emprega aos


humanos para aprendelo a través dun mecanismo de seguridade mellorado
para as empresas. Desta forma, este acceso xera datos que fan mellorar as
páxinas de recoñecemento de imaxes de Google.

2. Google Flu Trends: Procesa en Google as buscas que se facían para un


medicamento do constipado. O que facía o buscador era procesar estos datos e
detectar como se espandía unha epidemia de gripe nun territorio, en que
momentos do ano, etc. para elaborar predicións e para anticiparse ás
pandemias.

3. Búsquedas de Google: radiografía das inseguridades da humanidade. Xente


que buscou algo masivamente.

4. Google Trends: ferramenta de marketing para detectar tendencias en


diferentes ámbitos e que podemos personalizar. A partir de buscas individuais
xera unha ferramenta que rastrexa a incidencia de calquera tema de moda e o
compara.

Xornalismo de datos

Novas áreas que requiren un coñecemento especializado, que complementan e que


son necesarias para o uso de big data. Cómpre ter dominio de:

- Estatísticas: para saber que preguntas facer a un conxunto de datos


Novos soportes

- Bases de datos: para almacenar e extraer e para reconvertir coleccións de datos


que veñen en formatos diferentes
- Visualización e infografía: de todo o procesado de datos necesitamos xerar
formas para que ser visualizadas por un espectro non especializado
- Deseño de interacción: producir algo con big data permite explorar esa
colección de datos e aproximala aos seus intereses. Traballo multidisciplinar.

Os datos contan historias

As historias exprésanse de múltiples xeitos, como visualizacións que permiten explorar


a súa continuidade. A historia non remata na nosa redacción senón que debemos crear
algo que permita outras lecturas.

Especializacións xornalísticas

- De investigación: métodos convencionais (entrevistas ou lectura de docs.)Faise


preguntas sobre temas que non están na axenda diaria. Por exemplo, o
Waltergate, un discurso non existía.

- De precisión: métodos anticonvencionais (estatística e análise informática de


fontes que impliquen manexo de cifras). A partir do nacemento da informática,
é o uso de métodos non convencionais do xornalismo (tecnoloxias como a
estatisitca ou o procesamento informático de datos). Chega a Europa nos 80-
90. O pai do xornalismo de precisión é Philip Meyer. As matemáticas valen para
contar historias e non só para procesos industriais. Poden utilizarse para
interpretar datos e facer unha lectura conectándoas cunha realidade social. Ata
ese momento era máis declarativo e de cobertura de feitos. Dende finais dos
60 ábrense novos camiños.

- De datos: sistemas de información que xestionan grandes conxuntos de datos.


Accesibles a través da web, en bases de datos ou noutras ferramentas.
Algunhas cifras: 5 exabytes de datos na historia da Humanidade. Hoxe
producimos iso cada dous días.

Tipos de big data

- Datos de actividade (activity data): escoitar música, uso de bibliotecas,


pagamentos bancarios, chamadas, mensaxería, consultas desde os móviles,
localizacións e desprazamentos…
Novos soportes

- Conversacionais: conversacións e chats gravados. Poden ser conversacións


privadas e en lugares abertos e semiabertos, nas que se produce moita
información para ser procesada e obter dela moitos datos diferentes
- Foto e vídeo: as fotos tomadas en dispositivos e as cámaras de vixilancia.
- Datos sensoriais: posición global, acelerómetro, altura… quero saber como é o
comportamento das persoas que fan senderismo e descargo WikiLoc. Permite
ver canta xente visita unha ruta determinada. Podemos saber cal é o tipo de
ruta máis frecuentada por esos usuarios: pendente, km que queren asumir,
montaña-interior…
- Datos da Internet das cousas: dispositivos como Smart TV, alarmas
intelixentes, semáforos que envían información a tráfico…

Catro Vs da datificación, según Bernard Marr

• Volume: sistemas distribuidos para almacenar e analizar datos a través das


bases de datos almacenadas en calquera sitio do mundo. Incapacidade de
almacenamento nun único punto.
• Velocidade: xéranse tantos datos e tan rápido que estes deben ser analizados
mentres son xerados, sen depositalos en bases de datos (in-memory analytics)
• Variedade: pasar de datos estruturados, almacenados en bases relacionais e
encaixados en táboas, a analizar datos desestruturados e mesturados (80% do
total)
• Veracidade: confiabilidade nos datos. Moitas formas de big data son pouco
controlables, como os posts de Twitter, pero a tecnoloxía permítenos predecir
esas varianzas.

Convertir datos en valor

Actividades – Conversas – Palabras - Voces - Medios sociais - Logs de navegación –


Foto – Vídeos – Sensores

Convertir eses datos en valores que sexan comparables, o que significa unha análise de
texto, de sentimentos, de recoñecemento fácil e de analíticas de movementos. Por
exemplo, extraer os comentarios dos videos de YouTube e asociar o léxico a
determinados sentimentos. Identificar cal é o contido dos vídeos e con que palabras se
describen.
Novos soportes

MODELO ECONÓMICO DA WEB 2.0

Un conxunto heteroxéneo de interaccións de usuarios para xerar valores distintos.


Coller datos de magnitude determinada e poder comparalos con outros permite xerar
historias novas sobre a sociedade e o seu comportamento.

PROCESO

15/11

Linked Open Data – Datos abertos vinculados

Protocolos para conectar contido de sitios web. Por exemplo, os servizos de


meteoroloxía, que ofrecen datos en tempo real.

Web semántica: web anotada con metadatos que permiten recoñecer información.
Non podes navegar entre apps, polo que son un universo máis pechado que as webs.
As webs semánticas son aquelas que non acaban en si mesmas; isto é, poden replicar a
información en tempo real para que sexa utilizada por terceiras partes.

Open gov data: iniciativa para que os Gobernos liberen os datos, co obxectivo de
prever casos de corrupción e de mellorar a democracia. Implementan a tecnoloxía
Novos soportes

para ter unha política de transparencia e un modelo de propiedade intelecutal aberto,


sen que haxa que solicitar dereitos para poder usalos.

Datos abertos: son abertos se calquera pode usalos, reusalos e redistribuilos coa única
restricción permitida de que obrigue á atribuación da súa autoría e/ou a compartir
datos coa mesma licenza. Por exemplo, todos os dereitos do DOG están cedidos.

8 principios do open Gov Data

1. Datos públicos
2. Completos: debe ofrecerse todo o conxunto
3. Orixinais: de produción propia para poder ser cedidos e reprocesables polos
medios sobre os que teñan todos os dereitos todas as Administracións
4. Datados: saber cando foron producidos e a que período corresponden
5. Accesibles: que podas chegar a eles e que sexan lexibles por usuarios con
dificultades visuais, por exemplo.
6. Electrónicos: accesibles de forma electrónica, non en papel, para que poida
detectarse o que está detrás deles.
7. Sen discriminar o acceso a ninguén
8. Copyright libre: carecen de dereitos de propiedade intelectual
9. Revisables: a Administración debe poder revisalos para actualizalos. Feed XML,
que debe ter sempre os datos actualizados. Por exemplo, un producido polo
Estado sobre a calidade das augas.

Portal Open Data da Xunta

https://abertos.xunta.gal/busca-de-datos
Novos soportes

Os discursos políticos poden ser utilizados por calquera, xa que se entende que son
parte do escrutinio público dos políticos na maior parte dos Parlamentos occidentais.
O proxecto https://chir.ag/projects/preztags/ crea nubes de etiquetas para saber cales
son as palabras máis empregadas nos discursos.

Compilar significa comezar a construir un formato no que podas cruzar datos. Xunto
coa limpeza, estamos preparando os datos para cruzalos, para construir un entorno de
análise. Os datos por si mesmos non significan nada para o público xeral, polo que
debemos darlles un contexto. A clave do big data é cruzar estes datos de forma
inesperada. Poderíamos atopar relacións que non se exploran desde outros ámbitos de
investigación, polo que ten que facelo o xornalismo. Por exemplo, combinar datos
xeográficos co lecer.

COMPILAR

O xornalismo de datos comeza dun ou dous xeitos: tes unha pregunta que precisa
datos ou tes un conxunto de datos que necesita preguntas.

Os datos pódense obter de varios xeitos:

- Proporcionados directamente por unha organización


- Atopados a través de buscas avanzadas no interior dos sitios gubernamentais
- Compilados por bases de datos escondidas detrás de formularios en liña
- Por convertir documentos nalgo que poida ser analizado
Novos soportes

LIMPAR

- Eliminar erros humanos


- Convertilos datos a un formato que sexa consistente (sempre estruturado da
mesma forma, que segue a estrutura de outros datos que estás compilando
para poder cruzalos) con outros datos que esteas empregando

CONTEXTO

- Quen distribúe os datos e por que o fai. Historia e obxectivos


- Precísase comprender o vocabulario técnico

COMBINACIÓN

- Pode haber boas historias nun simple conxunto de datos, pero a miudo se
precisan alomenos a combinación de dúas
- Clásica combinación: datos + mapas

ANATOMÍA DA VISUALIZACIÓN (Andy Kirk)

• Capa de representación de datos: como se van visualizar


• Capa de cor e fondo: a relación entre os datos e o fondo da app ou da web, na
medida en que temos que crear un contexto no que sexan fáciles de procesar.
As cores non deben anular.
Novos soportes

• Capa de animación e interacción: que o usuario poida interactuar por si


mesmo e que poida explorar os datos
• Capa de emprazamento e maquetación: onde os ubicamos dentro do sistema
e que apariencia gráfica lles outorgamos
• Capa de anotación: como permitimos que poida marcalos

Medición: contar ou totalizar algo. Precisa contexto

- Proporción
- Comparación interna
- Comparación externa
- Cambios no tempo
- Comparación entre entidade e grupos
- Análise por categorías
- Análise por asociación

Tipo de análises de texto en big data

• Automatizado de contido: frecuencias de aparición de termos nun set


• Análise de sentimento: cada palabra ten un valor determinado nun diccionario
de datos. Sentimento que provocan na poboación determinadas marcas ou
unha idea política. A través de software e analíticas.
• Data mining: extracción de coñecemento a partir dos datos e das relacións que
se dan entre eles
• Machine learning: aprendizaxe supervisado ou preditivo: ofrécense modelos,
aprendizaxe non supervisado, nos que a máquina detecta patróns. As máquinas
prográmanse para aprender. Por exemplo, Siri ou Alexa. A base de falar con
eles, saben o que podes precisar.

Ferramentas para traballar con big data

- Google Fusion Tables


- Google Drive Sheets
- Google Refine
- Excel
- Tableau
- QGIS, ArqGIS
- NitroPDF
- Frameworks: Django e Ruby on Rails
Novos soportes

Técnicas de obtención de datos

1. Scraping/PDF: extensión de navegador “web scraper”, imprescindible para os


xornalistas dixitais porque procesa e monitoriza información, que garda nunha
lista fácil buscable. Podes programas tarefas para que a máquina saque datos
por ti.
2. SIX / GIS: uso de sistemas de información xeográfica. Análise de ferramentas e
capas de territorio como detección de historias. A ferramenta máis habitual a
nivel básico é Google Earth.
3. Análise de redes sociais: detección de vínculos entre individuos e colectivos,
localización de emocións, sentimentos e axitación pública:
https://www.youtube.com/watch?v=H5w4amBIHj4. Reúnen usuarios próximos
entre si que á vez están conectados con outros usuarios. Permiten coñecer a
estrutura dunha comunidade (clústers)
4. Análise semántica: visto arriba
5. Análise estatística: Procesado de datos numéricos de acordo con variables de
estatística de acordo a localizar historias

22/11

TEMA 5: CONTENT MANAGEMENT SYSTEM

Principais ferramentas que sistematizan e producen o traballo con contidos dixitais,


dentro do sistema periódico en Internet hoxe por hoxe. Non os utilizamos cando o
contido necesita actualización. Polo demais, é unha ferramenta masiva. Xorde cos
portais de Internet: ver o tempo, xogar a pasatempos, consultar información de rúas…
querían que se pasase todo o tempo alí. Unha época pre Google. Esa idea estratéxica
tivo que dotarse de tecnoloxia para manexar esos inxentes volumes de contidos.
Novos soportes

WORKFLOW/FLUXOS DE TRABALLO

Na idea actual da xestión da información, o control dos procesos é clave, e o deseño


destes procesos en maquetas é parte do deseño da información. Faise necesario
definir procedementos para a máquina. Aquí cambia a filosofía de traballo nas
organizacións. Por unha banda, as empresas querían administrar produtos cada vez
máis grandes e con máis contido; e por outra, iso non era posible se non establecías
protocolos de traballo relativamente ríxidos: quen publica, quen revisa, quen
transforma e modifica, quen ten a responsabilidade, quen pode transformar as
portadas, como se xestiona a relación cos usuarios…

FUNCIÓNS DUN SISTEMA DE XESTIÓN DE CONTIDOS

• Xestión documental: como se garda e como se traballa co contido do pasado


• Creación de contido: versatilidadde de enriquecer o contido
• Almacenamento
• Produción: axentes que participan no proceso de saída pública: editalo,
corrixilo, asociarlle material creado por terceiras partes…
• Presentación exterior: como o contido sae ao público

Un obxecto dixital (ficheiro tecnolóxico, un vídeo….) pasa a ser un documento (ese


obxecto dixital e as capas de información que engadimos: autorías, datas de autoría,
descripción, forma na que conectamos o obxecto con outros…)

REQUISITOS DUN CMS

Ten que soportar os procesos de publicación, o fluxo de traballo e ser un repositorio de


información; é dicir, significa acompañar un contido ao longo de todas as súas fases.
Son ferramentas para integrar a información externa.

Nos últimos 20 anos, as empresas informativas teñen realizado procesos de


converxencia. Por exemplo, a través da súa fusión, chegan a acordos de compra que se
plasman en accionariados. Esa decisión empresarial ten consecuencias dende o punto
de vista humano e tecnolóxico. Hai que concentrar recursos humanos e tecnolóxicos.

Nese proceso, hai que integrar sistemas que son independentes para aproveitar
dinámicas de contido. Contido de terceiras marcas, un proceso habitual nas televisión,
que precisan Internet para facerse visibles. Porén, o seu contido só funciona cando é
distribuido en pezas de pequeno tamaño.
Novos soportes

Internet require moita edición. Por unha banda, as redaccións integran e transforman
os contidos de televisión; e por outro, teñen que competir no mesmo mercado que
organizacións que están máis adaptadas, como os xornais en papel.

As televisións tiveron que facer converxer ferramentas que combinasen:

- A integración de información externa no sistema (axencias)


- O reaproveitamento e a transformación
- Un exemplo: Jordi Evole produce un programa de entrevistas cuxo contido
despeza a redacción dixital
- Modelos e maquetas para produtos finais: a forma na que o CMS pode editar e
modificar a apariencia final dos produtos para avanzar o seu contido. Non pode
permitir empaquetar só dunha maneira, senón que o CMS debe solventar
moitas circunstancias diferentes de deseño. Canta máis flexibilidade ten o CMS,
máis custoso e difícil será de facer.

FASES DE TRABALLO

✓ Creación (redactores)
✓ Traballo colaborativo
✓ Quen realiza a revisión e como pode ser feita (lingüistas)
✓ Quen valida (redactores xefe) e sabe que o documento está listo para ser
validado
✓ Quen publica (xefes de sección e redactores xefe), rango de xerarquia que ten
que asumir para publicar un contido dentro de todo o medio
✓ Programación
✓ Rotación: como circula o contido por dentro de todo o sistema
Novos soportes

SUBSISTEMAS DUN CMS

1. COLECCIÓN: Como o CMS adquire información e de onde a obtén. Como


integramos as fontes externas que axudan a que o sistema teña máis
información. Recoller contido que procede doutro lugar. Orientado á creación e
á adquisición da información. Debe dar soporte á creación de contidos, a fluxos
de traballo, á sindicación e á integración de fontes externas.

2. XESTIÓN: Regula como circulan os documentos dentro do esquema de arriba e


como se estruturan os usuarios que poden acceder á información. Ata donde
poden chegar dentro do sistema no acceso á información. Encargado do
control dos repositorios de información, dos grupos de usuario e dos procesos
de soporte. Controla os fluxos de traballo empregados por outros subsistemas.

3. PUBLICACIÓN: editar e transformar todo o que ten que ver con maquetas e
plantillas. Produción final de publicacións.

CONFLUENCIA DE TECNOLOXÍAS

o STREAMING: a visión audiovisual


o AJAX: permite que un navegdor poida gardar pouco a pouco, como Drive, como
se comportaría unha app offline
o JAVA
o SQL: linguaxe de consulta de bases de datos
o XML: integrar fluxos externos. Por exemplo, captar a información de Europa
Press para integrala no sistema
o CSS
o HTML5: última versión de HTML, importante porque é a primeira na que todos
os navegadores se puxeron dacordo.

TIPOS DE CMS

1. Segundo a linguaxe de programación: PHP, ASP.NET, Java, Ruby on Rails,


Python…

Os costes de desenvolvemento son reducidos porque hai tipos de CMS gratuitos. O


que custa é adaptalos. Como todos os medios teñen as mesmas plantillas de CMS,
limitan as súas propiedades para diferenciarse: CMSificación. Páxinas estándar que
constitúen un problema dende o punto de vista da innovación xornalística.
Novos soportes

2. Segundo a propiedade do código: Open Source ou Código Propietario

3. Segundo o tipo de uso


- Plataformas xerais
- Blogs
- Wikis: é un CMS en si mesmo.
- E-learning
- E-commerce

ESTRUTURA DO CMS

- Programación básica: creación de contido, administración de contido de


usuarios e publicacións
- Paquetes de idiomas
- Módulos /Plugins: aínda que achegan funcionalidades específicas, perdes
control desde o proceso de desenvolvemento. Son modificables por terceiras
partes para ser usados no seu beneficio: para introducir ligazóns, por exemplo,
de paxinas porno, de venta de droga, etc. Wordpress está sometido a unha
vulnerabilidade enorme. Os principais problemas de hackeo proceden de
furados que se introducen nos plug ins.

AVANTAXES E INCONVINTES

1. BENFICIOS: Instalación e procesos verificados. Escasa asistencia ténica.


Aprendizaxe doada
2. PROBLEMAS: Redución da capacidade de innovación en formatos e dos valores
de diferenciación do produto

Grandes modelos de CMS

Wordpress, Joomla!, Drupal…

Desafío actual

Mudan de sistemas de xestión de contidos a ecosistemas de xestión de contido.

De que forma te integras en terceiras plataformas como Instagram? Boa parte do


tráficos dos medios está fóra dos seus medios; é dicir, da web. O tráfico está nas redes
sociais, onde é moi complicado administralo.

You might also like