You are on page 1of 44

2021-2022

RADIO ESCOLAR

GUÍA DIDÁCTICA
INTRODUCIÓN
A presente guía didáctica está elaborada no marco do proxecto
Radio Escolar como ferramenta de cambio social, desenvolvido por
Agareso.
Este é un proxecto financiado pola Xunta de Galicia, en concreto, a
través da Consellería de Política Social. Englobase dentro da Liña V
(acción destinadas á xuventude).
Radio Escolar como ferramenta para o cambio social emprega unha
metodoloxía participativa e puramente práctica.
O alumnado traballa en grupo, debatendo, aprendendo, e usando a
ferramenta da radio. Todo isto para concienciar aos mozos e mozas
galegas da necesidade de ter unha sociedade xusta, inclusiva e
igualitaria.
OBXECTIVOS
ESPECÍFICOS

1º 2º 3º
Outorgar competencias
Darlle ao profesorado as Darlle ao alumnado as técnicas para que tanto
ferramentas necesarias claves para ter unha profesorado como alumnado
para incluír nas súas mentalidade crítica saiban manexar os elementos
da radio e poidan úsalos como
clases ferramentas de fronte ao discurso do
unha ferramenta comunicativa
cambio social odio válida

OBXECTIVOS
ESPECÍFICOS

4º 5º
Contar con pezas Facer ver a importancia
radiofónicas de calidade, de que se inclúa a
feitas polo alumnado e ensinanza social no
que permitan difundir currículo académico
mensaxes inclusivos coa

súa propia voz


ACCIÓNS PARA ACADAR OBXECTIVOS
Formación de profesorado en materia de loita
contra o discurso do odio
Formación de alumnado para: identificar discurso
do odio, concienciar e editar pezas
Creación e mantemento de páxina de ivoox para
compartir contido de calidade feito polo alumnado
Creación de unha guía didáctica para compartir
a metodoloxía empregada
OBRADOIROS
Obradoiros
Para levar a cabo o proxecto fixéronse tres obradoiros Durante os obradoiros o alumnado estudará polo miúdo o
de 1OO minutos cada un con dous grupos de 4º da ESO funcionamento dos medios de comunicación, en especial
do IES Rafael Dieste da Coruña. Neste caso a temática a a radio, como entes xeradores de opinión.
tratar foi a LGTBIfobia.
Segundo o informe anual emitido por Sos Racismo
O resultado final esperado é contar con alumnado Galicia, o total de incidentes de discriminación en Galicia
formado, que sexa quen de elaborar dous podcast que ascendeu a 154 no 2020. Isto supón un incremento de
fagan didáctica e conciencien da necesidade de loitar 58 con respecto a 2018.
contra o discurso do odio. Os coñecementos adquiridos Discriminación por orixe, orientación sexual, ideoloxía e
non só serán en materia teórica, se non tamén na outros aspectos, proliferan no día a día de moitas
práctica xornalística. persoas e tamén están patentes nos medios de
comunicación. Por iso é tan importante saber como
funcionan.
Obradoiros
Nos obradoiros tamén se analizarán discursos e Hai que ter en conta que a Educación Secundaria
mensaxes que levan a difundir máis aínda o discurso do comprende idades nas que a xuventude está formando a
odio. Ter mentalidade crítica é fundamental para súa personalidade e mentalidade. É fundamental
detectar e reformular. traballar con eles, que ademais son xeradores de opinión
Todo isto, irá acompañado de nocións técnicas para que entre a súa comunidade.
sexan quen de producir, elaborar e difundir as súas
propias mensaxes usando a canle da radio.
1 Empatizarán con realidades diversas

Obradoiros 2 Aprenderán a identificar o discurso do odio nas


redes sociais e nos medios de comunicación
3 Aprenderán a reformular discursos para que
sexan máis empáticos e respectuosos
4 Coñecerán o funcionamento dos diferentes
medios de comunicacion
5 Investigarán o mundo da radio e as súas
posibilidades
Obradoiros 6 Aprenderán a redactar e locutar para radio

7 Construirán as súas propias cuñas radiofónicas

8 Poderán entrevistar a unha persoa que nalgún


momento sufriu discurso do odio

9 Valorarán o poder da comunicación para o


cambio social
Necesidades
· Unha mesa de radio sinxela.
· Varios micrófonos (nós contamos con 4) con cableado e
pes de micro.
· Varios auriculares (nós contamos con 4) e unha
distribuidora de son.
· Uns altofalantes

Necesidades
· Un ordenador cun programa de edición de audio instalado
(nos utilizamos o AUDACITY, un programa de software libre
· Conexión a internet
· Tamén é útil ( aínda que non imprescindible) contar cun
canón na aula, para compartir materiales e que sexan parte do
proceso.

Necesidades
**No caso de non contar cun equipo de radio completo, pódese
recorrer a unha gravadora sinxela ou a un micrófono de solapa
conectado a un teléfono móbil. Neste caso será necesario
atopar un lugar insonorizado e con boa acústica.

Obradoiros- Sesión 1
Comezamos o noso obradoiro de Radio Escolar poñendo a proba os coñecementos do alumnado.

Introducción
Para iso facemos colaborativamente un TEST
Visualizan o vídeo e despois van respondendo as preguntas que plantexa o test. Este é un
xeito de introducir a temática facendo ver que aínda existen moitas barreiras para ter unha
sociedade igualitaria.
O audiovisual axuda a comprender mellor certas temáticas e fai que os mozos e mozas non
perdan interese e esteen entretidos.
Por iso, seguimos con esta vía. Nesta ocasión, poñemos un audio de Radio Televisión Española.
Trátase dunha noticia que explica que o parlamento de Hungría ven de prohibir falar do
colectivo LGTBI nas escolas. Ademais, fai especial fincapé nas restricións que o colectivo ten
neste país. Para descargalo: Exercicio.
Unha vez escoitado o relato, propoñemos a seguinte actividade:
¿Que pasaría se isto se fai aquí? Nun folio escribimos unha palabra que nos provoque o audio.
Ao rematar, compartímola co grupo.
Obradoiros- Sesión 1
Estereotipos
O tema xa está introducido e os rapaces xa tiveron gancho coa temática a través do
audiovisual, é o momento agora de algo de teoría.

Para entender determinados discursos que seguen inundándoo todo, debemos entender que son os estereotipos.
■ Crenza que atribúe características específicas aos membros un grupo
–Estereotipos de xénero: Roles que as persoas socializadas como homes ou mulleres “teñen” que desempeñar na
sociedade
–Isto condiciona a maneira de actuar das persoas e tamén as súas experiencias.
Obradoiros- Sesión 1
Estereotipos
■¿Que estereotipos crees que rodean a comunidade LGTBIQA+?
–Primeiro deixamos que o alumnado expoña os estereotipos que máis oíron e despois expoñemos algúns dos
máis habituais:

1. Un home efeminado é gai e unha muller “marimacho” é lesbiana


(EXPLICACIÓN) O estereotipo dá a entender iso, pero a forma de ser e os nosos gustos non determinan a orientación
sexual. As persoas heterosexuais e homosexuais poden seguir ou non os estereotipos do xénero masculino ou
feminino e serán igualmente respectables.
Obradoiros- Sesión 1
Estereotipos
2. O feito de ter unha relación sexual ou fantasías cunha persoa do teu mesmo sexo significa que es gai,
lesbiana ou bisexual.
(EXPLICACIÓN) Calquera orientación sexual é válida e respectable. Se unha determinada experiencia ou
fantasía xeran dúbidas en nós, o mellor é aceptalo con naturalidade. A orientación sexual irase definindo por si
mesma. O medo só serve para xerar angustia e auto-rexeitamento.

3. Gais, lesbianas, bisexuais e transexuais son persoas promiscuas.


(EXPLICACIÓN) Do mesmo xeito que ocorre entre as persoas heterosexuais, entre os gais, lesbianas,
bisexuais e transexuais hai quen é totalmente fiel á súa parella e hai quen manténnumerosas relacións sexuais,
sendo isto igualmente respectable.
Obradoiros- Sesión 1
Estereotipos
4. Unha persoa homosexual desexa cambiar de sexo.
(EXPLICACIÓN) A homosexualidade é a atracción que senten persoas do mesmo sexo. Nunha persoa transexual
non coinciden o sexo físico e o xénero co que se identifica. Hai homes e mulleres transexuais. Pode que
desexen cambiar de sexo mediante unha operación ou que nunca cheguen a someterse a ela.

5. A homosexualidade é unha enfermidade e pódese curar.


(EXPLICACIÓN) Ata 1990 a Organización Mundial da Saúde mantivo a homosexualidade na lista de
enfermidades mentais e a transexualidade continuou nela ata 2018. A bisexualidade segue a ser invisibilizada, o
que provoca que aínda sexa unha orientación sexual estigmatizada.
Obradoiros- Sesión 1
Estereotipos
6. Se aceptamos aos gais e as lesbianas, cada vez haberá máis.
(EXPLICACIÓN) O colectivo LGTBIQA+ representa entre o 7% e o 10% da poboación. A orientación sexual é
algo normal que lle ocorre a todas as persoas en todo o mundo e non garda ningunha relación coas modas ou os
caprichos.
Obradoiros- Sesión 1
Estereotipos
En moitas ocasións a xuventude ten acceso a moitos perfiles de Redes Sociais que seguen a afondar nos estereotipos
existentes. Por iso, é fundamental compartir con eles e elas perfiles que promovan outro tipo de contido.
Obradoiros- Sesión 1
Os medios de comunicación
Unha vez establecido este marco teórico sobre a temática LGTBI+ debemos introducir tamén o funcionamento dos
medios de comunicación, pois estes teñen un papel fundamental á hora de perpetuar ou combater estes mesmos
estereotipos.
¿Para que serven os medios de comunicación? Para informar, entreter e facer publicidade
Moitas veces reflexan a sociedade, a xente de a pé.
Normalmente crean tendencias, modas.
Xeran opinión
Xeran estereotipos.
Obradoiros- Sesión 1
A radio
Nestes obradoiros traballarase coa radio, por tanto, é importante tamén que se coñeza o medio en profundidade.

COMPOÑENTES TIPOS DE PROGRAMAS:


Mesa de son Deportivo
Micrófonos Musical
Cableado Magazín
Ordenador Espertador
Voces e sons Nocturno
Informativo
Humorístico
Obradoiros- Sesión 1
A radio- Formatos
Existen diferentes tipos de programas e xéneros. Cada un deles ten asociados un tipo de expresión, unha
forma de locutar, un ritmo e unha estrutura.
■ ENTREVISTA
Importante coñecer ben a persoa entrevistada e o tema a tratar
Exemplo: Entrevista Rebeca Lane en Sangre Fucsia
Exemplo con varias persoas: Estirando el chicle
■ DEBATE OU TERTULIA
Importante controlar ben os tempos e ser capaz de cortar para que todas as persoas participen do mesmo
modo
Exemplo: Tertulia sobre o Nadal en Castañas no verán
Obradoiros- Sesión 1
A radio- Formatos
■PARTE INFORMATIVO
Importante condensar toda a información nun titular corto e claro
Exemplo: Crónica da RG
■ DRAMATIZACIÓN
Pode ser ficción ou real
Exemplo: Ficcions sonoras de Radio 3
■ PROGRAMA MUSICAL
Por exemplo Los 40 principales
■ REPORTAXE OU CRÓNICA
Require documentación previa, búsquela de recursos sonoros, entrevistas e guión.
Exemplo: O aborto no mundo, Castañas no verán (32.40)
Obradoiros- Sesión 1
A radio- Formatos
■IMPROVISACIÓN
Mínima organización previa e complicidade
■CONSULTORIO
Poden ser reais ou ficticios
Audiencia como parte activa
Exemplo: Consultorio radiofónico en Ágora Sol Radio.
■ CONCURSO
Poden ser de moitos tipos
Tes que establecer un canal de comunicación
Exemplo: En la Ser se juega en directo
**TODOS ELES PODEN SER PARA RADIO CONVENCIONAL OU PODCAST
Obradoiros- Sesión 1
Práctica
É o momento de dar unha serie de consellos para que o podcast saia ben.

Como escribir para radio


1. As frases teñen que ser curtas
2. Linguaxe coloquial, sen palabras raras nin extravagancias
3. Importante contextualizar e ser moi descritivos
4. Orde cronolóxico
5. Sempre tempo presente e voz activa
6. .Evitar a repetición de palabras
7. .Redondeamos cifras a non ser que queiramos incidir moito nese dato
Obradoiros- Sesión 1
Práctica
Como preparar a voz
1. .Helicóptero
2. .Vocalización
3. .Trabalinguas:
Do queixo non che me queixo Se vou a Bueu nun bou non vou
Que o queixo ben che me sabe Se non vou a Bueu nun bou non vou
Quéixome de quen o vende
Que non mo deixa de balde
Obradoiros- Sesión 1
Práctica
Consellos mentres estamos locutando:
1.Nada de comer ou mascar goma
2.Sentámonos erguidos e erguidas
3.Situámonos, a poder se nunha habitación pequena, que non este completamente valeira e de costas á parede
4.Colocámonos adecuadamente dependendo do micro que usemos
5.Non debemos ler nin moi rápido nin moi amodo
6.Volume enérxico
7.Moi importante vocalizar ben
8.Ser naturais e divertidas, sen nervios.
9.Previamente leemos varias veces o texto que imos locutar
10.Axudaranos marcar no texto palabras clave ás que darlle máis énfase na locución
Obradoiros- Sesión 1
Práctica
Consellos xerais de estilo
1.Presentar sempre aos entrevistados e entrevistadas, se así o queren (incluso cando se trata de cortes)
2.Nunha peza reportaxeada é importante concluír e nunca se remata coa testemuña.
3.Os silencios son importantes
4.As voces dentro de unha mesma peza teñen que sonar similares na medida do posible
5.O entrevistador non é o protagonista, ten que escoitar
6.Os efectos de son e a música son importantes
Obradoiros- Sesión 1
Exercicio
■Leemos o artigo
■Respondemos as seguintes preguntas:
–¿Como crees que se sentiu esta persoa mentres estaba no instituto e lle gustaba o seu amigo?
–¿Que tipo de relación che parece que lle costou máis soportar?
Non poder dicirllo aos seus amigos
Non poder manter unha relación afectiva coa persoa que quere
Non poder contarllo á súa familia
Descoñecer o que lle acontecía e non ter referentes no entorno
Obradoiros- Sesión 1
Exercicio
-"A los dieciséis años dejé los estudios y empecé a trabajar aquí y allá, dando tumbos de un lado para otro”.
¿Paréceche esaxerado que esta situación afecte tanto á vida de unha persoa? ¿Como crees que podería levalo
mellor?
-Se un amigx che conta que sinte atracción por unha persoa do seu mesmo sexo, ¿Que lle dirías?
Que vaia ao médico ou ao psicólogo
Deixaría de ser o seu amigx por se me acaba afectando
Diríalle que non me importa e que me ten para o que queira
Sería un desgusto para min
Sería unha traizón porque non mo dixo antes
A partir dese momento sería unha persoa diferente para min
Obradoiros- Sesión 2
Introducción
Nesta segunda sesión adicaremos unha parte do tempo a analizar como tratan os medios de
comunicación as persoas que forman o colectivo LGTBI+. Analizar titulares e noticias e saber
modificalos para que sexan respectuosos con todas as persoas é un exercicio fundamental
para ter unha mentalidade crítica e identificar mensaxes discriminatorios.
O discurso do odio tamén se dirixe cara ás persoas do colectivo LGTBIQA+.
Os profesionais dos medios de comunicación deben coñecer as ameazas contra a liberdade das
persoas con orientacións sexuais e identidades de xénero diversas e achegarse aos seus
relatos con respecto, sen ideas preconcibidas e sen xulgar.
Os dereitos do colectivo LGTBIQA+ son dereitos humanos.
Obradoiros- Sesión 2
Exercicio
A día de hoxe aínda se publican palabras moi ofensivas. Serías quen de identificalas? Escolle a información que
si respecta ao colectivo LGBTIQA+.

■Relato dunha agresión en prensa


–Opción incorrecta:
El é Xaime Sánchez, un home gai que foi insultado na rúa. Agrediulle ao velo pasar ao seu carón da man do seu
mozo e berroulle: “Maricón!”.
–Opción correcta:
El é Xaime Sánchez, un activista polos dereitos das persoas LGTBIQA+, que foi agredido física e
psicoloxicamente na rúa con insultos degradantes cara a súa orientación sexual.
Obradoiros- Sesión 2
Exercicio
■Entrevista en televisión a unha persoa transexual
–Opción correcta:
Poderías dicirme o teu nome por favor?
Cal é a túa ocupación? A que te dedicas?
Por que é necesario reivindicar a día de hoxe a liberdade do colectivo LGTBIQA+ e a igualdade de trato?
–Opción incorrecta:
Por que dis chamarte Carla cando o teu nome é Alberto?
Bailas? Dedícaste á prostitución? Gústache prostituírte?
Non tedes dereitos dabondo? Saídes na televisión, dades conferencias… Que máis queredes?
Obradoiros- Sesión 2
Exercicio
■Entrevista na radio a unha persoa bisexual
–Opción correcta:
Na manifestación atopámonos con María, unha muller bisexual defensora dos dereitos da comunidade
LGTBIQA+. María, cales son as vosas reivindicacións?
–Opción incorrecta:
Na manifestación atopámonos con María, bisexual. Non é un pouco confusa a vosa orientación sexual?
■ Entrevista na radio a unha persoa vítima dunha agresión LGTBIfóbica
–Opción correcta:
Ninguén no restaurante saíu na vosa defensa cando empezaron a insultarvos?
– Opción incorrecta:
Non cres que igual vos berraron “Bolleras!” dentro do restaurante porque vos bicastes no medio da cea?
Intentastes provocar un conflito?
Obradoiros- Sesión 2
Exercicio

■Titular de prensa sobre o aumento dos ataques de odio contra o colectivo LGTBIQA+
–Opción correcta:
O aumento das agresións LGTBfóbicas é respondido con contundencia e coordinación polas administracións
públicas e organizacións LGTBI.
–Opción incorrecta:
Medo no barrio madrileño de Chueca polo aumento das agresións homófobas
Obradoiros- Sesión 2
Exercicio
Explicación e consellos para informar e entrevistar de xeito correcto:
Non invadir, quen decide o que contar e o que non é a persoa entrevistada
Informarse previamente para non cometer erros de expresión
Empatía
Non afondar no sufrimento, mellor recorrer a profesionais (psicólogos, avogados..)
Non dar voz ao odio
Transmitir sen xulgar
Entrevistar sen prexuízos
Preguntar á persoa entrevistada como quere que nos dirixamos a ela
¿Que queremos contar? ¿Cal é a mensaxe importante?
Obradoiros- Sesión 2
Exercicio
Explicación e consellos:
Non invadir, quen decide o que contar e o que non é a persoa entrevistada
Informarse previamente para non cometer erros de expresión
Empatía
Non afondar no sufrimento, mellor recorrer a profesionais (psicólogos, avogados..)
Non dar voz ao odio
Transmitir sen xulgar
Entrevistar sen prexuízos
Preguntar á persoa entrevistada como quere que nos dirixamos a ela
¿Que queremos contar? ¿Cal é a mensaxe importante?
Obradoiros- Sesión 2

Práctica
Visto todo isto, chegou o momento de crear o noso propio podcast. Por unha banda, crearemos cuñas
radiofónicas que nos sirvan para introducir a temática e ademais lanzar mensaxes que consideramos
importantes.
Por outra banda, prepararemos e gravaremos unha entrevista con unha persoa activista polos dereitos da
comunidade LGTBI+. Ao final, teremos que gravar unha introdución e unha conclusión que abran e pechen o
podcast.
Obradoiros- Sesión 2
Práctica-Cuña radiofónica
Recordamos que teñen que ser:
Creativas
Curtas
Concretas
Completas
Voz
Música
Efectos
Exemplos
Obradoiros- Sesión 2
Práctica-Cuña radiofónica
Para elaborar a nosa cuña radiofónica:
Dividimos a clase en grupos de 5 persoas aprox.
Cada grupo pensa unha mensaxe que queira lanzar
Escribimos o texto
Repartimos frases para que todos poidan locutar
Ensaiamos un par de veces
Locutamos e gravamos
Escollemos músicas (Hai diferentes bancos de músicas gratuítas como Purple Planet )
Editamos
Obradoiros- Sesión 2
Práctica-Entrevista
O alumnado escoita un audio no que a persoa entrevistada se presenta e explica a súa traxectoria como
activista
Por grupos, pensan posibles preguntas para esa persoa
En voz alta, póñense en común as preguntas e acordase cales incluír e cales non
Recordamos os consellos á hora de entrevistar
Decídese que persoa ou persoas serán as encargadas de facer as preguntas
Grávase a entrevista
Obradoiros- Sesión 2
Práctica-Introdución e conclusión
Con todo o visto ata o de agora, os alumnos e alumnas teñen que presentar e concluír o seu podcast.
Na introdución terán que:
Presentarse (grupo, centro escolar, etc)
Presentar a temática (de que imos falar)
Introducir as diferentes seccións do podcast e as persoas que van participar nel
Na conclusión:
Farán reflexións propias sobre todo o aprendido e escoitado
Darán gracias as persoas participantes
Se o podcast ten continuidade, anunciarano
Obradoiros- Sesión 2

Fin
Con todo isto, as partes do podcast estarán completadas. Falaría o proceso de edición (con Audacity), que de ser
necesario facelo en horario de obradoiros, habería que engadir máis sesións. Se non, asumiría esa labor a persoa
formadora.

You might also like