You are on page 1of 1

FEIRACO LACTEOS SL, en colaboración coa

Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia,


convida o alumnado de 5º e 6º de primaria e 1º e 2º de ESO
a participar no “XI Certame de Relatos Breves FEIRACO. Letras Galegas 2023”

“(...) Que o idioma non se convertise nun


idioma familiar e coloquial, senón que se
restituise as súas esencias de idioma escrito”

Francisco Fernández del Riego (1913-2010)

PREMIO PARA OS 1.000 PRIMEIROS PARTICIPANTES (SÓ POR PARTICIPAR!) E


UNHA EXCURSIÓN A UNHA GRANXA PARA A CLASE DO RELATO GAÑADOR

FEIRACO homenaxea o intelectual de Lourenzá e convida as e os escolares a escribir un


relato breve, dunha cara DIN A4 como máximo. A temática é libre, co único condicionante
de que a historia aconteza na Galicia do futuro. O texto estará escrito en galego e será
orixinal do/da autor/a. Con premio seguro para os 1.000 primeiros participantes e unha
excursión a unha granxa para a clase do relato gañador.

As bases íntegras do “XI Certame de Relatos Breves FEIRACO. Día das Letras Galegas”
poden consultarse na web www.falarei.gal

COMO VAI O CONTO?


Anima o pensamento creativo das alumnas e alumnos.

Mans á obra! A escribir un bo relato sobre a Galicia do futuro!

Sube a falarei.gal os relatos ANTES do día 16 de maio.

MOITOS PREMIOS! Levan premio as 1.000 primeiras persoas


participantes, as finalistas de cada centro e, por suposto,
o gañador ou gañadora final e toda a súa clase!

Categorías

O certame presenta dúas categorías de participación: nivel 1 (para alumnado de 5º e 6º de


primaria) e nivel 2 (para estudantes de 1º e 2º de ESO). O centro, entre todos os relatos que
reciba dos seus alumnos/as, seleccionará os seus finalistas, máximo un por cada nivel. Eses
relatos deben subirse (en arquivos independentes e en formato PDF) á web
falarei.gal/certame, cubrindo todos os datos do formulario de contacto. Poderase subir
toda a información nesta páxina a partir do 25 de abril. Ollo! Mentres tanto, os estudantes
poden ir dándolle ao boli!

Prazos

O prazo para recibir os textos estará aberto do martes 25 de abril ao martes 16 de maio
de 2023, ambos inclusive. Tanto para o nivel 1 como para o nivel 2, os escritos remitidos
polos colexios pasarán directamente á final.

O 31 de maio de 2023, por teléfono ou correo electrónico, contactarase cos colexios


gañadores para a aceptación do premio. Posteriormente daranse a coñecer os relatos
gañadores na páxina web de FEIRACO e nas súas redes sociais.

Premios

Os mil primeiros/as participantes recibirán de balde un estoxo escolar de FEIRACO.

As/Os autores dos textos seleccionados polos seus colexios para pasar á final gañarán un
caderno de vaca de FEIRACO.

Para os dous relatos gañadores elixidos polo xurado de FEIRACO, un para cada nivel, toda
a clase do/da autor/a gozará dunha excursión a unha das nosas granxas, transporte
incluído, onde o alumnado poderá vivir a experiencia de ser gandeiro ou gandeira por un
día. O autor ou autora da historia gañadora recibirá, ademais, unha mochila de vaca
FEIRACO.

Criterio de selección

Para seleccionar os relatos gañadores, o xurado valorará a súa orixinalidade e


creatividade (cun 50 % da puntuación total), o coidado da redacción (un 25 %) e o uso
correcto da lingua galega (outro 25 %).

Contacto

Se tes calquera dúbida, chámonos ou escríbenos e axudarémosche.


Queremos que moitas e moitos estudantes participen.
Grazas polo teu compromiso!

feiraco@falarei.gal
662 944 296
Patricia Amboage Santos

You might also like