You are on page 1of 3

Podcast Flowers Coruxou. Concurso I-Comercio. 3º ESO CPI Virxe da Cela (Monfero).

Novembro 2022

GUIÓN PODCAST FLORES CORUXOU


PROPOSTA 3º ESO CPI VIRXE DA CELA (MONFERO)
CONCURSO I-COMERCIO

-PRESENTADOR/A: Ola, bos días a todos e todas. Estamos en directo no programa “Novos
Emprendedores”, na radio Ferrolterra FM. Hoxe é un día especial, imos tratar a fondo unha iniciativa
da Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia. Trátase do concurso “I-Comercio: Idea o teu
comercio” dirixido a escolares galegos de 3º e 4º da ESO. Temos connosco no estudio a Lucía Freire,
Iria Lence, Diego Curbeira, e Silvia Vidal, todos eles estudantes de 3º da ESO no CPI Virxe da Cela
(Monfero, A Coruña). Bos días, rapazada. Estamos moi contentos de convidarvos ao noso programa
e interesadísimos en coñecer a vosa proposta de Comercio Ideal.

-DIEGO: Grazas, Antía, por convidarnos. Para nós é unha grande oportunidade de visibilizar a nosa
proposta e atraer á clientela.

-SILVIA: Si, moitas grazas. A verdade é que estamos ilusionadísimos. Nunca pensaramos estar
falando na radio en directo!!

-PRESENTADORA: Non se afasten do seu transistor, que nuns segundos voltamos para coñecer
este atractivo negocio que nace en Coruxou, concello de Irixoa, cerca do Parque Natural das Fragas
do eume e da Reserva Mundial da Biosfera “Mariñas coruñesas e Terras do Mandeo”.

***AUDIO***

-PRESENTADORA: Como anteriormente anunciamos, temos aquí no estudio de Ferrolterra a un


grupiño de estudantes do colexio CPI Virxe da Cela, de Monfero, que no noso programa “Novos
emprendedores” veñen falar dunha idea de negocio de proximidade, innovador , sostible e con gran
presenza de dixitalización. A ver, rapaces, como empezou todo?

-LUCÍA: Pois nada, a comezos de curso as nosas profes de Xeografía e Historia e de Educación
Dixital propuxéronnos o plan de apuntarnos ao concurso. E como somos moi participativos dixemos
que si sin dudalo. Na clase de 3º da ESO fixemos dous grupos de traballo. A nosa proposta está
centrada nun negocio de decoración floral, presentámonoss pola categoría de ”Téxtil e
complementos, fogar, bricolaxe e xardín”. O outro grupo traballou sobre unha iniciativa de ocio e
tempo libre vinculada a rutas de moto polas Fragas do Eume. Tamén moi interesante, por certo… A
verdade é que é unha mágoa que non se poideran presentar máis dunha proposta por cole…

1
Podcast Flowers Coruxou. Concurso I-Comercio. 3º ESO CPI Virxe da Cela (Monfero). Novembro 2022

-PRESENTADORA: Carai, que ven sona iso. E podedes darnos un pouco máis de información sobre
o voso proxecto floral? Por certo, como se chama a vosa empresa?

-IRIA: A nosa empresa chámase Flowers Coruxou S.L. e como ben dice o seu nome, está situada en
Coruxou, unha pequena parroquia do concello de Irixoa. Flores Coruxou non só é un negocio de
flores ao uso, vai moito máis aló. Nos nosos productos tratamos de empregar materias primas da
zona, como son os toxos, os grelos, ortigas, camelias, fieitos, loureiro, entre outros. E incluso
tratamos de sacarlle partido a algunha especie non autóctona e con certa mala fama entre os
defensores do medio ambiente, como é o eucalipto. Nós non somos partidarios do seu uso para
repoboar os nosos montes, pero xa que así o fan os nosos veciños, pois aproveitalo nun uso máis
responsable.

-PRESENTADORA: Pois si que é innovadora a vosa proposta… Ademais, a pesares de levar moi
pouquiño tempo co voso negocio o seu éxito foi instantáneo. Resultou nun “trending topic” nas redes
sociais!

-DIEGO: A verdade é que nós consideramos que ademais de pensar nun bo producto é importante
visibilizalo, por iso somos tan sumamente coidadosos coa nosa imaxe corporativa. Non soamente
temos páxina web e blog, senón que apoiámonos moitísimo nas redes sociais, e temos conta en
Instagram, Twitter, Facebook e incluso temos canle propia en TikTok e Youtube. Contamos co apoio
e a colaboración de varios influencers galegos como María Tilve, Carla Estévez, Omaira Marcos e
Clara Redondo, que nos están axudando moito a dar un salto xigante. Tal como dirían as
Tanxugueiras, “non hai fronteiras” !

-PRESENTADORA: Efectivamente contar co apoio de xente con certa influencia é moi utilizado no
mundo do marketing e a publicidade. Chegounos aos nosos oídos que incluso se fala de Flowers
Coruxou na pasarela de moda de Cibeles!!

-SILVIA: Pois non te equivocas. A verdade é que tivemos moitísima sorte de contar co apoio
incondicional de Jorge Vázquez, deseñador betanceiro afincado en Madrid. Jorge apostou polo noso
negocio desde o minuto 0, e comprometeuse a crear unha colorida liña primaveral utilizando a
técnica de ecoprint, isto é, estampando directamente a folla na tela e deixando a súa pegada con
tinte natural. Dentro de nada xa veremos na rúa a centos de persoas lucindo vestidos e camisas
vaporosas cheas do colorido, en tonalidades predominantemente verdes e amarelas, coas pegadas
das flores e follas do toxo e dos grelos.

-PRESENTADORA: Prometo apuntarme a esa moda!! Por certo, falando de moda… fálase tamén
por aí (non sei si serán as malas linguas) de que incluso a grande marca de moda galega Inditex está
interesada na vosa proposta, que me dicides a isto?

-DIEGO: Bueno, as noticias voan… A verdade é que isto era un pouco confidencial, polo menos ata o
momento de firmar os contratos. Pero agora xa se pode falar disto, aproveitando o teu interés.
Efectivamente, temos un acordo con Inditex para utilizar tintes ecolóxicos a base dos restos das
flores e follas que non empregamos por estar dañadas ou en mal estado, e deste xeito contribuimos
a dar un novo uso a algo que iría ao lixo. E non queda aí a nosa colaboración con Inditex, xa que
incluso temos previsto comercializar algún obxecto decorativo en Zara Home, como pantallas para
lámpadas ornamentadas con flores e follas secas, estampados ecoprint das telas de mantelerías e
cortiñaxes ou ambientadores de barritas tipo “mikado” utilizando pequenas ramas secas e con
aromas tan autóctonos como o da flor do toxo.

2
Podcast Flowers Coruxou. Concurso I-Comercio. 3º ESO CPI Virxe da Cela (Monfero). Novembro 2022

-PRESENTADORA. Está claro que Flowers Coruxou é eco-friendly, é unha sorte que cada vez máis
empresas galegas vos vaiades sumando a esta tendencia e a esta forma de traballar tan respectuosa
co medioambiente. E qué outras medidas vanse implementar na área da sostibilidade?

-SILVIA: Unha da máis importante é utilizar placas solares para garantir a enerxía nas nosas
instalacións, especialmente nos secadoiros e na maquinaria de tintado. E sobre todo, sempre
tratamos de traballar con distribuidores locais, non só para reducir o uso de combustibles fósiles no
transporte, senón para que a nosa empresa poda revertir na economía da zona. Son moitas as
familias que dependen de Flowers Coruxou.

-PRESENTADORA: Deixamos uns minutos para a publicidade e en breves instantes continuamos


con esta interesante iniciativa de comercio local.

***AUDIO***

-PRESENTADORA: Pois de novo, en directo, no programa “Novos Emprendedores” de Ferrolterra


FM, temos a oportunidade de afondar nunha iniciativa Flowers Coruxou, un negocio que mestura
tradición con modernidade e que soubo adaptarse aos novos tempos, transformando un negocio
convencional e mergullándose incluso no campo do deseño…

-IRIA: Efectivamente, mais non por dar o salto a algo máis moderno e actual nos queremos esquecer
doutro tipo de clientela máis “clásica”. Por iso seguimos atendendo ás demandas de decoración floral
para vodas, comunións, bautizos, funerais, restaurantes da contorna, e tamén facemos encargos
para os concellos, xa que en festas patronais ou celebracións tan arraigadas na nosa terriña galega,
como son os Maios, solicitan os nosos servicios. . . :

-PRESENTADORA : Vaia marabilla! Está claro que o voso negocio está a cubrir as necesidades de
vosa zona. A xente debe estar encantada con vós e cos vosos produtos! E falando de tradición e
modernidade…que medidas se implementarán na área de innovación ?

-LUCÍA: Pois a nosa directora, que sempre mira por nós e polo noso centro, conseguiu unha especie
de convenio ou colaboración coa Universidade de Ferrol, nun proxecto de investigación I+D na área
da enxeñería e robótica, cofinanciado polo programa Erasmus+ dan Unión Europea. Trátase dun
experimento piloto de automatización dos procesos. Falando para que se entenda, temos uns robots
“tipo Rumba” que poden programarse para desplazándose polas nosas plantacións, con sensores
que detectan os diferentes tipos de flores ou follas e que teñen un mecanismo de extracción das
mesmas e uns compartimentos para depositalas. Iso si, como ben dixen, é un proxecto “piloto”. Non
temos pensado susbstituír ás persoas da nosa empresa por máquinas!! Pero por que non, axudarnos
e apoirarnos na tecnoloxía. Ademáis é moi enriquecedor poder practicar o noso inglés con
universitarios estranxeiros que veñen como Erasmus ao campus de Ferrol e que visitan as nosas
instalacións en Coruxou non so para controlar e ferrenchar cos robots. Moitos deles anímanse a facer
Wwoofing, isto é, aloxarse nas granxas ofrecendo algunhas horas de traballo diario a cambio de
comida e o oportunidade de vivir nunha contorna rural.

-PRESENTADORA: Pois achégase a hora de despedirnos. Iria, Lucía, Diego, Silvia. Desexámosvos
moito éxito no concurso. Parabéns a todos polo voso traballo.

-DIEGO: Moitas grazas, Paula, por convidarnos.

-FINAL: E xa escoitando as sinais horarias damos paso aos informativos en Radio Ferrol-Terra FM.

You might also like