You are on page 1of 3

HISTORIA

INICIOS DE ZARA
A primeira tenda de Zara apareceu en Coruña no ano 1975. Esta foi aberta polo creador de
Inditex, Amancio Ortega. Comezou vendendo ropa de home, muller e neno similares a
productos de moda pero moito máis baratos. Esto supuxo un éxito inesperado e Zara
comezou a expandirse por toda España.. Amancio Ortega cambiou todo a cadea de
fabricación da roupa: o deseño, a fabricación e o proceso de distribución para reducir os
prazos de entrega e poder así reaccionar ás novas tendencias dunha maneira máis rápida.

OS PRIMEIROS AVANCES
En 1985, créase o grupo Inditex. En 1988 Zara abriu a súa primeira tenda fóra de España na
cidade do Porto, Portugal. En 1989, ingresou aos Estados Unidos, e logo a Francia en 1990.
A estratexia de expansión de Zara selecciona coidadosamente as cidades en que abrirán
tendas. A partir da década de 1990 Zara comezou a expandirse por todo o mundo.

ACTUALMENTE
Pablo Isla, conselleiro delegado de Inditex desde 2005, e desde 2011 presidente da
compañía, seguiu coa súa estratexia de internacionalización e novas aperturas, xa sexan
establecementos físicos ou plataformas de venda por internet.En 2015, foron abertas 77
novas tendas de Zara, ata chegar ás 2162 en 88 países. En 2017, Zara foi recoñecida como a
marca española máis valiosa do mundo.

PRIMEIRA TENDA
LOCALIZACIÓN

ONDE SE ENCONTRA A BASE


A base de Zara atópase na Coruña, máis especificamente en Arteixo.

ONDE TEN LOCALIZACIÓNS


Segundo a memoria anual de 2021, Zara tiña 1939 tendas no mundo, distribuídas en 215
mercados nos cinco continentes. Sendo España o seu principal mercado con 256 tendas,
seguido da China con 133 e 116 en Francia.

ONDE ATOPALOS
As tendas Zara atópanse en centros comerciais e nas rúas máis importantes de venda en todo
o mundo. Zara adoita seleccionar as áreas mellor situadas e máis caras do mundo para dar
unha mellor reputación á súa marca.

CENTROS DE FABRICACIÓN
A gran maioría das fábricas coas que traballa atópanse nos países seguintes: España,
Portugal, Marruecos, Turquía, India, Bangladesh, Pakistán, Vietnam, China, Camboya,
Argentina e Brasil.

BASE CENTRAL ZARA


SOSTENIBILIDAD DE PRODUTOS E MEDIOAMBIENTAL

JOIN LIFE
As políticas ambientais e nos produtos van moi unidas, pois a produción é a que xera o
impacto ambiental. Cabe destacar a identificación Join Life que estivo vixente cara ao
cliente desde 2014 a 2023 e que desde 2023 pasa a estar vixente de maneira interna. Join
Life foi a identificación das pezas que se fabricaron con materiais reciclados ou ecolóxicos,
como o algodón orgánico, o tencel, algodón reciclado, poliéster reciclado entre outros,
ademais de melloran os centros de produción con melloras técnicas e sociais: tratamento de
residuos, redución de uso da auga, enerxías renovables, beneficios sociais, formación
sanitaria e economía en contornas de escasos recursos,... Join Life foron dúas palabras que
desde 2014 revolucionaron a compañía e facéndoa máis sostible, sobre todo a nivel
produtivo.

LOGOTIPOS JOIN LIFE

You might also like