You are on page 1of 17

PROPOSTAS

PARA O
CONCELLO DE
ARTEIXO
FONDOS LEADER
Redacción: Mónica Montero Borrazás
Maio de 2016
Propostas para o programa LEADER. Mónica Montero Borrazás Maio
membro da Coordinadora Nacional de ANOVA-IN. Arteixo 2016

ÍNDICE DE PROPOSTAS

1. MELLORA DA COMUNICACIÓN ENTRE O RURAL E A CABECEIRA DO


CONCELLO

2. VIARIO RURAL

3. MELLORA DA REDE TECNOLÓXICA

4. DOTACIÓN DE INFRAESTRUTURAS

5. ECONOMÍA ECOLÓXICA E SUSTENTABLE

6. ECONOMÍA CIRCULAR

7. MELLOR CAPACITACIÓN E MÁIS PROFESIÓNS PARA O RURAL

8, EDUCACIÓN, LECER, ARTE, CULTURA

9. PARTICIPACIÓN CIDADÁ

10. RECUPERAR PARA A SOCIEDADE ARTEIXÁ O FRUSTRADO POLÍGONO


DE MORÁS

2
Propostas para o programa LEADER. Mónica Montero Borrazás Maio
membro da Coordinadora Nacional de ANOVA-IN. Arteixo 2016

Este documento foi realizado por Mónica Montero Borrazás en maio de


2016 sendo afiliada a Anova-IN, nesta última revisión na que se inclúe
unha portada e captura de pantalla dos datos do documento, son
afiliada ó Partido Feminista de España e 2ª candidata na lista de
Unidade Local de Arteixo, lista encabezada por Antonio Patiño Pérez.

Quede constancia porque parece que hai quen gusta de apropiarse do


traballo alleo.

Captura de pantalla das propiedades do documento


onde se ve a data de creación

3
Propostas para o programa LEADER. Mónica Montero Borrazás Maio
membro da Coordinadora Nacional de ANOVA-IN. Arteixo 2016

O presente documento está desenrolado e redactado por Mónica Montero


Borrazás, membro da CN de Anova-IN e membro da asemblea de Anova-IN de
Arteixo, moitas das propostas que aquí se achegan formaron parte do programa
electoral da candidatura “Son de anova, Son de Arteixo” das pasadas eleccións
municipais.

Trátase dunha serie de propostas encamiñadas a potenciar as áreas rurais do


concello de Arteixo en concreto, pero poden desenvolverse en calquera outro
concello galego.

Estas xiran a redor de varios aspectos:

 mellora da comunicación entre o rural e a cabeceira do concello


 mellora da rede tecnolóxica
 rede viaria rural
 conseguir o pleno emprego
 economía ecolóxica e sustentable
 economía circular
 mellor capacitación e aumento das profesións relacionadas co agro
 mellora na calidade de vida nun senso holístico
 educación, lecer, arte, cultura
 participación cidadá
 recuperar para a sociedade arteixá o frustrado polígono de Morás
 empresas de carácter público
 fomento das cooperativas
 redución da taxa de desemprego a nivel local

Dado que a proposta lanzada polo concello a través da páxina web fala de
seleccionar algunha das propostas a cargo do LEADER pero onde non se detalla
a dotación económica, e sendo consciente de que o presente programa de
propostas é estenso, propoño comezar por aquelas de máis doada
implementación, mais, ca vista posta en que todas e cada unha forman parte
dunha unidade para dar un futuro completo á vida no rural.

Dende Anova-IN Arteixo traballamos e pensamos nunha sociedade con valores,


unha sociedade autosuficiente e xeradora de riqueza, soberana a nivel
alimentario e enerxético, emancipada das ataduras dunha economía que
produce enormes desigualdades e estragos naturais. Queremos unha sociedade
que medre culturalmente e na vangarda en canto a propostas como as que aquí
se achegan, dicirlles ás novas xeracións que o medio rural pode ser diverso en
propostas, e que agro que alimentou a centos de xeracións pasadas pode
seguir facéndoo pero dun xeito algo diferente adaptado ós novos coñecementos
e necesidades, mais sempre de calidade.

Aspectos a ter en conta:

 empresa municipal nunca subcontrata


 comunicación a tódalas persoas desempregadas directamente da posta
en marcha do servizo para o que poderán inscribirse para acceder a un
posto de traballo
 primar a media xornada para facilitar que máis persoas accedan a postos
de traballo
 primar as persoas empadroadas en Arteixo

4
Propostas para o programa LEADER. Mónica Montero Borrazás Maio
membro da Coordinadora Nacional de ANOVA-IN. Arteixo 2016

 realización de cursos destinados á capacitación das futuras profesionais


previamente seleccionadas no período que vai dende a redacción do
proxecto técnico á posta en marcha do mesmo que teñan en conta a
calidade do servizo no aspecto humano (trato cas persoas, condución
segura, etc

1. MELLORA DA COMUNICACIÓN ENTRE O RURAL E A CABECEIRA DO


CONCELLO

Levamos décadas demandando no rural arteixá un servizo de transportes


que facilite e mellore a comunicación das parroquias ca cabeceira do
concello para acceder en igualdade de condicións ós servizos públicos
(administración, centro médico, dotacións deportivas, feirón, actividades
culturais…) como privados (comercio, polígono industrial…) así como
facilitar o acceso ó transporte colectivo a modo de enlace entre as
parroquias e Coruña, Laracha, Carballo, etc. É indubidable que un rural mal
comunicado vai quedar irremediablemente illado e deserto. Posteriormente
sería interesante aumentar as conexións cos concellos limítrofes: Culleredo,
Carral, Cambre

O principio de igualdade de dereitos e oportunidades entre toda a cidadanía


debe ser primordial para calquera corporación municipal.

Propoño: adquisición de minibuses eléctricos

 programar liñas: unha por cada parroquia/ter en conta o polígono


industrial
 programar horarios: compatibles ca liña Coruña/Carballo/urbano nº6
 programar horarios nocturnos
 promocionar activamente o uso do transporte colectivo para que o
proxecto teña éxito pero ademais conseguir que a nosa rede viaria se
desconxestione
 debe estar complementado con electroliñeiras de tal forma que sexa un
xeito de animar á veciñanza a substituír vehículos de gasolina/gasóil por
outros eléctricos ou cando menos híbridos.

Outros aspectos:

 empresa municipal nunca subcontrata


 comunicación a tódalas persoas desempregadas directamente da posta
en marcha deste servizo para o que poderán inscribirse para acceder a
un posto de traballo e posteriormente ós bonos especiais de transporte
 emprego municipal valorando en positivo a media xornada por riba da
xornada completa, para facilitar que máis persoas accedan a postos de
traballo
 primando as persoas empadroadas en Arteixo (exemplo, cun ano ou
dous, de antigüidade)
 realización de cursos destinados á capacitación das futuras profesionais
previamente seleccionadas no período que vai dende a redacción do
proxecto técnico á posta en marcha do mesmo que teñan en conta a
calidade do servizo no aspecto humano (trato cas persoas, condución
segura, etc)
 poder levar animais de compaña (poño por caso para poder acceder ós
servizos veterinarios, cursos, ou calquer outra circunstancia de persoas

5
Propostas para o programa LEADER. Mónica Montero Borrazás Maio
membro da Coordinadora Nacional de ANOVA-IN. Arteixo 2016

que non teñen vehículo de seu) en condicións de seguridade tanto para o


animal como resto de pasaxe

6
Propostas para o programa LEADER. Mónica Montero Borrazás Maio
membro da Coordinadora Nacional de ANOVA-IN. Arteixo 2016

2. VIARIO RURAL:

Precísase que no rural se recupere a tranquilidade de andar polos rueiros


sen medo ó tráfico cada vez máis intenso e rápido; é máis ca evidente que
nas últimas décadas o rural ten sufrido un aumento drástico do tráfico
rodado, ás veces usado como carreteiras secundarias para esquivar as vías
principais co detrimento da calidade de vida que isto supón tanto para as
persoas como animais.

Propoño:

 substitución do firme de asfalto por outro de adoquinado ou un firme


mixto de adoquín e cadeirado de pedra de grá para o rueiro nas aldeas
que ademais de obrigar a aminorar a velocidade mellorará a estética do
noso modelo de hábitat máis tradicional e senlleiro
 non esquencer a necesidade de canalizar as pluviais
 limitacións de velocidade ZONA 30 nas entradas/saídas das aldeas que
será ZONA 20 nos rueiros das aldeas
 pasos elevados, sinais, etc que indiquen e que fagan aminorar
velocidades
 concienciar á veciñanza na necesidade de empregar velocidades
menores e un modo de conducción menos agresiva
 acabar cas perigosísimas gabias paralelas ás vías, substituílas por
beirarrúas transitables, que poden estar conformadas por xabre… ou en
último caso con embaldosado de cor gris, nunca baldosas brancas que ca
luz solar resultan moi molestas para a vista pois reflicten a luz. As gabias
en si non serán colmatadas senón que se canalizarán para recoller as
augas pluviais.
 soterrar os contedores de lixo

Outros aspectos:

 realizado dende a concellería de obras con contratación directa ente a


xente desempregada do concello (subcontratación de maquinaria)
 obradoiros de emprego
 mantemento en condicións óptimas
 estudiar minuciosamente a orografía para evitar encharcamentos por
mor dos torrentes estacionais, preguntar á xente do lugar e realizar as
obras necesarias para que esta auga flúa sen causar danos ós vieiros
 adecuar pasos para a fauna silvestre que en determinadas épocas do
ano cruzan camiños e estradas para ir ás zonas de reprodución ou
alimentación, é necesario ter un mapeo das zonas de risco, tódolos anos
nos mesmos lugares morren exemplares de fauna salvaxe importante
para o equilibrio natural como sapos, rás, denosiñas…
 mantemento da vexetación: mediante métodos ecolóxicos primando os
directos como a corta antes da saída das sementes, ou por exemplo con
sulfatación con VINAGRE, de probada eficacia, pero nunca con hebicidas
sistémicos como o “glifosato” que chegan ó nivel freático e de aí á cadea
alimentaria tanto para animais como para as persoas
 nos paseos o mantemento das árbores debe reducirse á poda das pólas
máis baixas ou das partes danadas, así mesmo nas estradas rurais que
adoitan tamén transitarse a pé, as beiras deberan ter árbores para
protexer no verán ca súa sombra ás paseantes. Deben rematar no
concello as talas como as acontecidas en Monteagudo por moito que se

7
Propostas para o programa LEADER. Mónica Montero Borrazás Maio
membro da Coordinadora Nacional de ANOVA-IN. Arteixo 2016

busquen xustificacións, hai que buscar sempre alternativas onde prime o


mantemento delas.

3. MELLORA DA REDE TECNOLÓXICA

É unha obviedade que no actual nivel de desenvolvemento a tecnoloxía e


nomeadamente internet cumpren un papel decisorio, internet une, espalla
novidades, informa, etc… o noso rural é enormemente deficiente,
conectarse á internet é unha odisea, hai que ter tamén en conta que algún
profesorado xa imparte materia por internet e moit non podemos seguir
tendo un rural desfasado tecnoloxicamente.

Nesta mellora entra tamén a necesidade de achegar o uso de tecnoloxías


que permitan a xeneración de electricidade que permitan co tempo (unhas
cantas décadas) eliminar parte do tendido eléctrico o que melloraría a saúde
ambiental.

O principio de igualdade de dereitos e oportunidades entre toda a cidadanía


debe ser primordial para calquera corporación municipal.

Propoño:

 levar a fibra óptica ós núcleos tradicionais consolidados (aldeas) en


tódalas parroquias
 ou no seu caso dotar de redes inalámbricas municipais, mediante a
banda ampla, mais neste caso dado os problemas que pode causar na
saúde sería só como medida transitoria mentres non se achega a fibra
óptica
 substituír as actuais farolas por outras solares, nos paseos e beirarrúas,
estas serán baixas e ca parte superior cuberta para impedir a
contaminación lumínica que tanto estresa ás árbores pois impide o ciclo
natural do día/noite
 que tódolas dotacións públicas no rural estean equipadas con equipos
fotovoltaicos e/ou sistemas de enerxía solar para a calefacción/auga
quente e iluminación
 dotar ó rural de enerxía eólica, en canto o proxecto de captación desta
enerxía mediante muíños sen aspas estea máis desenvolvido

Outros aspectos:

 democratización do acceso á internet


 municipalización do servizo
 mantemento: a cargo de empresa municipal
 emprego a media xornada

8
Propostas para o programa LEADER. Mónica Montero Borrazás Maio
membro da Coordinadora Nacional de ANOVA-IN. Arteixo 2016

4. DOTACIÓN DE INFRAESTRUTURAS

Seguir dotando ata completar tódalas parroquias de infraestruturas,


nomeadamente centros sociais para tódalas idades, con espazos ó ar libre
onde sobre todo as crianzas poidan xogar sen entrar en problemas de
convivencia con outras persoas.

Neste sentido a necesidade de transporte faise máis evidente, pois a xente


maior sobre todo non pode moitas veces achegarse a un centro que lle
queda a uns cantos km por moito que sexa na propia parroquia, a dispersión
do actual modelo de hábitat é un atranco que hai que solucionar con outras
medidas xa que se permitiu este tipo de poboamento.

Propoño:

 creación de parques infantís máis inxeniosos, imaxinativos realizados


con materiais reciclados un por aldea, comezando por aquelas aldeas
con crianzas ou un por parroquia
 acondicionar espacios para poder soltar os cans, e con mobiliario que
permita poder realizar cursos para adestramento, etc, tanto para a xente
da aldea como de paseantes, sobre todo nos lugares máis próximos ás
zonas urbanas
 adquisición para o patrimonio inmoble do concello de vivendas
abandonadas, tanto para centros sociais como escolas… aptas para levar
a cabo as diferentes actividades, evitar en todo caso obras de nova
pranta (recuperadas mediante obradoiros de emprego)
 acondicionamento de fontes, lavadoiros, e outros bens patrimoniais da
nosa etnografía

Outros aspectos:

 de carácter municipal
 emprego entre as persoas en situación de desemprego primando a
xornada parcial
 escolas obradoiro (recuperación de bens etnográficos, arquitectura
tradicional…)
 dotar de máis contidos os centros sociais
 documentación de tipo histórico/artística do patrimonio etnográfico

9
Propostas para o programa LEADER. Mónica Montero Borrazás Maio
membro da Coordinadora Nacional de ANOVA-IN. Arteixo 2016

5. ECONOMÍA ECOLÓXICA E SUSTENTABLE:

O rural actualmente en Arteixo perdeu en grande medida o carácter de


xerador de riqueza, o agro está abandonado e non quedan xa nin rastros
de profesións doutros tempos non tan lexanos, nin de artesanado.
Cómpre recuperalo como parte imprescindible da nosa economía, da
nosa tradición, como unha saída máis que importante ós problemas de
desemprego que sufre o concello de Arteixo.

Mais hai tamén que incorporar os avances neste sentido que sobre todo
nestas últimas décadas se veñen desenvolvendo, ben a pequena escala
ou a outra algo máis grande, en aspectos tan diversos como a
alimentación, aproveitamento da masa forestal… etc-

Búsqueda da soberanía alimentaria e enerxética.

Propoño:

A. AGRICULTURA E SILVICULTURA ECOLÓXICA

 banco de terras: recuperación das terras de labranza e montes


mediante a creación dunha ou dunha serie de cooperativas que aúne
as necesidades de persoas propietarias, produtoras e finalmente das
consumidoras a ser posible eliminando intermediaria, onde o concello
teña o papel de impulsor e mediador se fose preciso, pero nunca de
control dos proxectos
 compromiso de que o concello non permitirá construír nas antigas
terras de labranza nin nos montes sen que iso sexa un menoscabo
para propietarias, buscando sempre alternativas viables dirixidas a
que non se perda nin un só metro cadrado de terreo
 poñer en común a maquinaria necesaria para o traballo agrícola
(cooperativismo)
 cultivos que respondan ás novas necesidades, como os denominados
“súperalimentos”, a necesidade de consumir menos carne por saúde
e sustentabilidade, poder responder á demanda das persoas que xa
non consumen animai.
 cultivos ecolóxicos NON extensivos adecuados ó tamaño da
propiedade en Arteixo, o minifundio como valor e garante da
autosuficiciencia alimentaria así como de comercio xusto como por
exemplo:
o soia non transxénica: elaboración de tofu, bebidas, “carnes”
vexetais, etc
o cereais: millo miúdo, trigo sarraceno, avea, centeo, trigo país,
variedades de millo adaptadas ó noso clima, quinoa …
elaboracións diversas, masas de pastalería ou panadería,
biscoitos, etc
o bosques comestibles, plan de substitución escalonada do
monocultivo do eucalipto por outras especies que dean máis
valor ó monte
o froitas e hortalizas: elaboración de conservas
o cultivo/recolección de plantas con propiedades terapéuticas
autóctonas ou non
o verduras tradicionais: grelos, repolos, etc

10
Propostas para o programa LEADER. Mónica Montero Borrazás Maio
membro da Coordinadora Nacional de ANOVA-IN. Arteixo 2016

o sementes comestibles: liño, mapoula, cáñamo, etc


o variedades para textís: liño, cáñamo, pitas…
o flores comestibles e outras especies menos habituais pero de
interese como o dente de león, etc
o legumes: fabas, gravanzos, lentellas,
o etc

 hortas urbanas para aliviar o problema das familias sen medios,


onde o concello volva ser unicamente mediador entre a parte
propietaria e a usuaria, con compromiso de coidar por esta, sen custe
para a usuaria nomeadamente se está en situación de desemprego
 xardinería sustentable, emprego de especies duradeiras, ausencia de
fitosanitarios para o control das pragas agás sexan permitidos pola
agricultura ecolóxica
 realización dos preparados ecolóxicos para uso e venta: control de
pragas, abonos orgánicos
 crianza de abellas de forma ecolóxica, obtención do mel e da cera de
forma non agresiva para elas

B. ENERXÍAS RENOVABLES

Aínda que xa se mencionou nun punto anterior sobre a necesidade de


levar as renovables non só ó rural senón a todo o concello a pesares de
que a actual lexislación parece estar en contra das renovables, si
debemos afondar na substitución do modelo actual por outro que
primeiro alivie ás familias do custe que supón a enerxía convencional
subministrada polas grandes empresas do sector, así como conseguir
revertir os niveis de contaminación ós que chegamos e que están
cambiado o clima, algo que xa é innegable a estas alturas de século.

É indubidable que moitas familias en Arteixo non teñen para pagar as


abultadas facturas da electricidade, trátase de volver a poñer en valor
unha enerxía inesgotable, sexa polo Sol, vento, biomasa…

Trátase de mellorar a calidade de vida dos fogares no rural e acadar a


soberanía enerxética.

 enerxía solar para calefacción e agua quente


 cociñas de leña aptas para quentar a auga e calefacción

COMPOST:

Cito a parte o tema do compost porque está relacionado cos dous puntos
anteriores

Propoño:

 recollida selectiva dos refugallos orgánicos para compostaxe, comezando


polas parroquias rurais (programa piloto nunha das parroquias)
-

11
Propostas para o programa LEADER. Mónica Montero Borrazás Maio
membro da Coordinadora Nacional de ANOVA-IN. Arteixo 2016

6. ECONOMÍA CIRCULAR

A economía verdadeiramente sustentable é aquela que non agrede nin ó


medio nin ás persoas que a levan a cabo, a economía circular é aquela
que pon na sociedade bens de consumo que poden repararse,
reutilizarse ou transformarse, compartirse ou cederse… para ser usados
por quen realmente o precisa.

Aínda que non estrictamente pensado para o rural, non quero deixar
pasar a oportunidade para propoñer isto; no concello temos a sorte de
realizar cada sábado un feirón polo que o marco desta economía que
propoño xa existe, trátase agora de mellorar un feirón que decae,
permitir que calquera persoa que sexa veciña do concello poida ter un
espazo para vender obxectos que xa non usa, ou dalos en troco, ou
simplemente regalalos…

FEIRA:

 crear un espazo para a feira de 2ª man


 sen necesidade de terse dado de alta en autónomos
 aberta a toda a veciñanza
 venta tamén de artesanía (dende alimentación, reciclaxe, etc)
 postos para persoas doutros concellos (pero que non acaben
acaparando a feira)
 poñer e valor a REPARACIÓN de aparellos
 que en tódolos postos existan artículos en troco e/ou de balde
 venta de produtos horto-frutícolas sexa das hortas “urbanas” ou de
calquera persoa do concello principalmente se están desempregadas
 identificar os produtos hortícolas “ecolóxicos” para un cambio de
modelo
 mellorar as infraestruturas da feira, sobre todo canto á proteción das
inclemencias climáticas, que fan que moitos sábados a xente non se
achegue, o concello pode fornecer de “casetas” desmontables que
ademais si se escollen ben os modelos poden mellorar a experiencia
da visita da feira
 fai falta que o tema dos postos se revise pois da lugar a conflictos
 en todo caso que as condicións para acceder a un posto estean ben
visibles e permitan que calquera persoa nun período de tempo o máis
breve posible poida acceder a un posto para vender o que xa non
usa, ben por necesidade, por falta de uso ou calquera outra
circunstancia
 crear un marco de “confianza” canto a que os produtos á venta
(sobre todo os aparellos eléctricos, electrónicos) quede claro que
están en perfecto estado ou no seu caso quede indicado os fallos, ou
calquera outra incidencia.

No caso dos alimentos, está o problema do nº de rexistro sanitario, ten que


buscarse a fórmula para solventar este “atranco” pois moita xente con
economía precarizada non pode facer fronte ó que isto supón. No concello hai
instalacións que poden ser usadas se fose necesario por diferentes artesás que
manipulen alimentos, pero non acadan por sí soas o suficiente como para
afrontar o que significa esta actividade, o concello unha vez máis debe ser un
FACILITADOR.

12
Propostas para o programa LEADER. Mónica Montero Borrazás Maio
membro da Coordinadora Nacional de ANOVA-IN. Arteixo 2016

13
Propostas para o programa LEADER. Mónica Montero Borrazás Maio
membro da Coordinadora Nacional de ANOVA-IN. Arteixo 2016

7. MELLOR CAPACITACIÓN E MÁIS PROFESIÓNS PARA O RURAL

Dunha forma ou outra xa se veñen mencionando no documento algunha das


profesións que poden desenvolverse no rural. A capacitación necesaria pode
abordarse no concello ampliando estudos en formación profesional, ou
levando a cabo unha “universidade popular” con cursos específicos, teóricos
pero sobre todo prácticos, o rural sigue sendo unha opción máis que válida para
levar a cabo proxectos viables e satisfactorios para quen os poña en marcha e
necesarios para toda a sociedade.

 agricultura e gandería ecolóxicas


 elaboración de produtos alimentarios, formación a nivel técnico para
elaborar novos produtos alimentarios, ou non tan novos, como as carnes
vexetais… alimentos realmente funcionais, sás e nutritivos
 biomasa, leña, madeira
 micoloxía, silvicultura en amplo sentido
 artesanías: textil (reciclase de roupa, complementos, teares, etc), olería,
zapatería, carpintería (ebanistería, reciclaxe de mobles etc), etc, etc
 novas profesións relacionadas ca informática
 artes varias: plásticas, cinema, etc etc

Onde:

 instituto de FP
 centros sociais
 con apoio na internet

14
Propostas para o programa LEADER. Mónica Montero Borrazás Maio
membro da Coordinadora Nacional de ANOVA-IN. Arteixo 2016

8. EDUCACIÓN, LECER, ARTE, CULTURA

Trátase de que o rural non quede illado da axenda cultural do concello como
ata o de agora acontece.

Canto a educación, ademais do dito no punto anterior neste vou pararme nas
crianzas máis pequenas, hai que devolver ó rural as escolas, con modelos
pedagóxicos que só se abordan en proxectos privados, Montessori, Waldorf, así
como outros alternativas ás garderías como son as “nais de día” dado que este
servicio é necesario dado o noso modelo laboral que fai que as proxenitoras
teñan que incorporarse canto antes ós seus postos de traballo aínda sexan as
crianciñas ben cativas.

Propoño:

 crear escolas rurais para primaria, facilitaría moito a vida das persoas
que viven no rural e aliviaría os centros escolares das zonas urbanas
 facilitar a función de “nais de día” sobre todo para persoas que estean
desempregadas, neste caso cabe a necesidade de boa formación agora
inexistente e seguimento dos servizos pero sen que o concello sexa un
órgano de dirección e menos represor, falta lexislación pero é un servizo
moi necesario pois a mesma Xunta de Galicia vén de dotar de orzamento
para este fin
 que os centros sociais entren no circuito cultural, neste sentido o tema
do transporte é trascendental,
 exposicións itinerantes, actuacións itinerantes
 obradoiros diversos: micoloxía, plantas mediciñais, plantas silvestres
comestibles, elaboración destas… mermeladas, etc etc
 directorio na web de profesionais que viven no rural ou queiran exercer a
súa función no rural

15
Propostas para o programa LEADER. Mónica Montero Borrazás Maio
membro da Coordinadora Nacional de ANOVA-IN. Arteixo 2016

9. PARTICIPACIÓN CIDADÁ

Indiscutiblemente o rural queda illado da vida política do concello, é necesario


que se implemente un modelo de participación, mediante

 xuntanzas ca veciñanza periódicas por parroquia para todo o que teña


que ver ca propia parroquia ou con calquera tema de interese do
concello
 facilitando na web un espazo para peticións, propostas, críticas…
 charlas, coloquios, visionado de documentais… sobre temas relacionados
co rural

16
Propostas para o programa LEADER. Mónica Montero Borrazás Maio
membro da Coordinadora Nacional de ANOVA-IN. Arteixo 2016

10. RECUPERAR PARA A SOCIEDADE ARTEIXÁ O FRUSTRADO


POLÍGONO DE MORÁS

No progama de Anova para as municipais tiña un lugar preponderante, este


hoxe ermo lugar está cheo de posibilidades, se ben igual no programa LEADER
quedaría fóra pola certa complexidade, a sociedade arteixá merece que o
concello teña propostas e alternativas diferentes que melloren a calidade de
vida en moitos sentidos, dende a oportunidade de conseguir o pleno emprego,
ata ser un concello na vangarda de actividades sustentables. A iniciativa
poñería en valor este espazo si, pero sobre todo melloraría significativamente
moitos aspectos do noso concello.

A proposta está pensada dende o punto de vista da “permacultura” é dicir o


que está chamado a perdurar, actividades durareiras no tempo, emprego polo
tanto durareiro…

Como a proposta orixinal tiña unha extensión considerable, fago aquí unha
enumeración dos puntos principais:

 municipalización dos terreos


 edificios perfectamente mimetizados na orografía, o menos visibles
posible e totalmente autosuficientes
 ubicaríanse varias actividades relacionadas con todo o dito ata o de
agora:
o planta de compostaxe, para a recepción, compostaxe,
envasado… gas, etc
o planta de reciclaxe de material tecnolóxico, como móbiles,
ordenadores, que conteñen cantidades nada desprezables de
diferentes minerais, etc
o planta de transformación das materias primas agrícolas
o centro de investigación de actividades sustentables ecolóxicas
o converter toda a superficie nun “bosque comestible”
o deixar unha zona xunto ó cemiterio para un cambio de modelo de
enterramento, moitas persoas desexamos servir para que a
Natureza siga o seu curso, cemiterios vivos onde sobre cada
enterramento medrará unha árbore
o gando ceibo, como ovellas e cabras e dar a posibilidade de que
volvan animais salvaxes
o roteiros no bosque con zonas destinadas ó arte, visitas guiadas,
actividades variadas
o etc etc…

Agradecemos a oportunidade de participar e colaborar mediante a posta en


común de propostas ó concello, esperando que as ideas que aquí plasmamos
moi sucintamente sirvan para que o noso concello se poña á vangarda en canto
a sustentabilidade, ecoloxía, mellora da calidade de vida do noso rural e polo
tanto do concello de Arteixo.

En Arteixo a 24 de maio de 2016


Mónica Montero Borrazás
Membro da Coordinadora Nacional de Anova-IN

17

You might also like