You are on page 1of 1

Vocabulario tema de urbanismo:

- Área suburbana
Territorio próximo ás cidades que polas súas características constitúe unha zona de transición entre o
núcleo urbano propiamente e o espazo rural adxacente.

- Área metropolitana:
Aglomeración urbana formada por una cidade principal que concentra importantes funcións, que a
converten nun centro organizador dunha extensa área, que abrangue distintos municipios adxacentes.
En España as áreas metropolitanas non teñen una delimitación oficial. En xeral considérase que a cidade
central debe ter como mínimo 50.000 habitantes, e os municipios que forman as súas coroas
metropolitanas dirican cara a cidade central alomenos un 15% dos seus fluxos económico-sociais.

- Cualificación do solo: é o establecemento dos usos e da edificabilidade do solo previamente clasificado


( urbano, urbanizable, non urbanizable…) nun plan urbanístico.

Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOU): Instrumento básico para a ordenación urbanística integral
dun municipio. Proxecta o desenvolvemento urbano para certo número de anos: os usos de solo de
cada zona, a edificabilidade ou densidade edificatoria, a rede viaria, os equipamentos, a clasificación do
solo (urbano, urbanizable e non urbanizable), e as medidas de protección ambiental.

- Unidade Veciñal de Absorción (UVA).


Trátase dunha solución formulada durante os anos 50 e 60 do século XX cando o masivo éxodo rural en
Barcelona e Madrid produciu a creación de barrios e poboados chabolistas de crecemento espontáneo
por toda a área suburbana das cidades. Son barriadas de promoción oficial, construidas en 3 ou 4 meses
como barracóns prefabricados, con carácter provisional, para un periodo máximo de 5 anos que logo se
prolongou durante décadas. Moi coñecido o barrio de Hortaleza en Madrid.

- Xentrificación. Provén da palabra inglesa “gentrificación”, ou aburguesamento. É un proceso de


transformación urbana no que un barrio deteriorado e degradado recobra valor. Implica a expulsións
dos seus habitantes tradicionais que son substitutídos por veciños de clase media-alta. Implica tamén
cambios nos tipos de vivendas e nas actividades comerciais e produtivas. Estes barrios adoitan estar
situados preto do centro da cidade ou contar con determinadas vantaxes, como estar situados preto dos
polos de emprego.

You might also like