You are on page 1of 3

REPOBOACIÓN FORESTAL 1940

Entre as provincias españolas destacadas polo seu cariño á causa forestal,


Pontevedra ocupa un lugar preeminente, grazas aos traballos realizados polo Distrito
Forestal e pola Excelentísima Deputación Provincial.

Da grande labor levada a cabo polo noso Distrito Forestal, poderiamos citar unha
morea de casos; pero, preferimos chamar unicamente a atención sobre algúns
especialísimos,que tan alto puxeron o pavillón pontevedrés en materia forestal.

A Deputación Provincial ten tamén unha honrosa tradición forestal. En tempos da


Dictadura de Primo de Rivera, enfrontouse co problema de repoboar os montes comunais
e mercede a un réxime de Consorcio co Estado, no cal a Deputación obtivo a representación
dos distintos Concellos da provincia que recoñeceron as vantaxes que podía irrogarlles o
devandito réxime de concerto, comezou a súa labor forestal a comezos do ano 1927.

O plan de repoboación formulado polo Enxeñeiro Xefe do Distrito Forestal


comprendía 21.500 hectáreas distribuídas en catorce zonas. A primeira zona repoboada
espallábase pola chamada Península do Morrazo entre as rías de Pontevedra e Vigo,
comprendendo cincuenta e un montes, pertencentes aos concellos de Bueu, Cangas, Marín,
Moaña e Vilaboa, dando principio os traballos no ano 1929.

A caída da Dictadura paralizou todos estes traballos e dende entón ata finais do
pasado ano so foi posible conservar o feito e repoñer algunhas marras e queimados dos que
desgraciadamente se produciran nos últimos veráns. En resumo, as superficies repoboadas
dende o comezo da campaña forestal ata finais do ano 1940 na zona 1 foron 1308 hectáreas.

Caducado o Consorcio establecido entre os Concellos e o Estado, que tiña unha


duración prevista de dez anos, e publicado o Decreto do 26 de Agosto de 1939, que puxo en
vigor o Patrimonio Forestal do Estado de 9 de Outubro de 1935, a Deputación dirixiuse a
aquel Organismo solicitando a celebración dun novo Consorcio para rematar o Plan
aprobado. A proposta foi favorablemente acollida e o devandito acordo foi aprobado e
firmado en Pontevedra o 25 de Novembro de 1940, entrando en vigor en 1º de Xaneiro do
presente ano.

A firma deste Consorcio co Patrimonio Forestal do Estado abre á Deputación


Provincial un porvir forestal realmente grandioso, xa que con tan poderosa axuda poderá
completar nun prazo relativamente breve o seu proxecto de repoboación, o cal, unha vez
realizado, constituirá un lexítimo orgullo para a provincia de Pontevedra.
Grazas ao Consorcio aludido púidose reanimar a campaña forestal interrompida.
Intensificándose os traballos ata o punto de terse logrado na presente primavera a
repoboación de máis de mil hectáreas, entre as que preto de dúas centas corresponden a
unha nova zona (Monte Xiabre, pertencente ao Concello de Vilagarcía de Arousa); todo isto
nas distintas zonas, así como a construción de dous novos viveiros voantes e a ampliación
de outros seis xa existentes.

Para a próxima campaña de outono o Servizo Forestal da Deputación ten en


proxecto a repoboación de outras mil hectáreas, aproximadamente, conseguidas as cales
se terá dado un impulso de máis de dúas mil hectáreas no ano 1941, o que representaría,
segundo os datos transcritos, case a metade da labor realizada dende o comezo das tarefas
forestais emprendidas pola nosa Deputación.

Para o desenvolvemento de todos estes traballos contamos en Galiza con


circunstancias altamente favorables, como quizais en ningunha outra rexión de España,
volvamos atopar. O clima suponnos aquí un apoio valiosísimo, pois salvo nalgunhas zonas
do interior, a abondosa pluviosidade e influencias marítimas mantén un ambiente
constantemente húmido, e o período de seca estival non existe ou pasa inadvertido; as
temperaturas extremas tampouco son esaxeradas, desfrutándose de invernos suaves e
veráns frescos por todo o cal, a nosa labor é moito máis doada que nas frías mesetas de
Castela ou nas secas cordilleiras do litoral mediterráneo.

Conforme xa dixemos, o proxecto de repoboación forestal da provincia de


Pontevedra comprende unha extensión de 21500 hectáreas. A extensión total dos montes
comunais acada a unhas 90000 hectáreas, quedando polo tanto un sobrante dunhas 65000
hectáreas que se destinan ao aproveitamento de leñas e pastos. Isto é completamente
indispensable para o desenvolvemento da nosa labor, xa que máis do 70% da provincia de
Pontevedra está constituído pola poboación rural, en réxime de pequena propiedade,
cunha poboación gandeira que precisa do complemento dos pastos que ofrecen os montes
comunais. Con estas medidas evitaremos aos nosos campesiños os prexuízos inherentes á
falta de terreos onde pastorear os seus gandos, e iremos levando ao seu espírito a
conveniencia da nosa labor forestal, que aparentemente podería parecerlle prexudicial
para os seus intereses, sen ver vantaxe algunha inmediata.

Esta maneira de considerar a repoboación foi recollida e concretada pola


Deputación provincial, limitando a repoboación a unha terceira parte, aproximadamente,
de cada zona, reservando o resto para o pastoreo e os aproveitamentos necesarios ao
cultivo agrícola. Reservábase aos veciños o aproveitamento dos esquilmos e leñas rodadas
e caídas, e recoñecíaselles o dereito a retirar gratuitamente dos seus montes a madeira que
precisasen para construír, ampliar ou reparar a súa casa, habitación e edificios ou locais
anexos. De igual modo, se facilitaba gratuitamente a madeira precisa para toda a
construción de interese veciñal, municipal ou provincial.

A repoboación forestal de Pontevedra foi ordenada para un aproveitamento


previsto: a fabricación de pasta para papel. A este fin, a Deputación provincial púxose en
relación co Instituto Forestal de Investigacións e Experiencias, o cal designou técnico que
realizaron un estudo escrupuloso dos crecementos da masas repoboadas, que permiten
ofrecer unha media anual de produción superior a sete metros cúbicos por ha.,
representando ata o día da data unha produción duns 45000 metros cúbicos anuais para
contribuír ao sostemento da futura fábrica. Con estes antecedentes, proxéctase instalar
nesta provincia unha fábrica de pasta con capacidade para producir 10000 toneladas que
absorberían 50.000 metros cúbicos de madeira.

A metódica explotación destes bosques representaría unha solución para o


problema do paro obreiro, proporcionando traballo en toda a provincia, e levaría consigo a
creación de innumerables industrias dela derivadas, como a papeleira, a destilación de
madeiras para obter diferentes produtos químicos, e outras diversas con elas relacionadas.
Esa explotación esixiría a instalación de novas fábrica de aserrío, de preparación de postes
telegráficos, etc, e obrigaría a multiplicar as vías de comunicación e establecer outros
medios de transporte, transformando en breve prazo toda a rexión que adquiriría vida
propia, vigorizada cos seus propios recursos e elevando a extraordinaria altura o nivel
económico e moral dos seus habitantes.

E non se obxecte que coa creación desas masas de arborado sufriría o menor
prexuízo a gandaría, riqueza así mesmo moi produtiva e lexítima do país e a cal é necesario
defender e facer medrar, porque na outra metade dos montes poden e deben crearse
devesas arboradas e nutritivos pastizais, sometidos a esmeradas labores culturais, onde
poderían sosterse maior número de cabezas das que actualmente pastan

You might also like