You are on page 1of 10

Número 5 - setembro 2022

BOLETÍN DE NOTICIAS do PSdeG-PSOE de Arteixo

#SOCIALISTAS
ARTEIXO
www.psoe-arteixo.org
Número 5 - setembro 2022
BOLETÍN DE NOTICIAS do PSdeG-PSOE de Arteixo
Arteixo

Martín Seco
Secretario Xeral da Agrupación Socialista de Arteixo
e deputado no Parlamento de Galicia

Despois dun mes de agosto no que estivemos traballando arreo defendendo a


calidade de vida dos veciños e veciñas de Arteixo preocupados pola
implantación de tres parques eólicos e unha liña que dana o noso entorno,
comezamos o mes de setembro denunciando a situación de descoordinación e
descontrol do transporte escolar.

Nenos e nenas dos CEIP que chegan á derradeira parada por pasar a horas
non estipuladas e non teñen quen os recolla, retrasos de máis de 40 minutos,
reconfiguración das liñas establecidas polos centros educativos... Así no lo
transmitían moitos pais e nais, e así o recoñecían as ANPAs e as direccións
dos centros.

É a nosa obriga como socialistas poñerlles voz a esas queixas e problemas no


concello, e a do goberno local debera de ser a súa interlocución coa Xunta
de Galicia para que non sigan a destrozar eses servizos, pero tamén
respondimos a outros problemas d@s nos@s veciñ@s. Como a situación de
desleixo dalgunhas rúas dos nosos barrios polas que é difícil circular en
coche, mentres outras se levantan ano tras ano (e sempre previo a período
electoral, como se os tres anos anteriores non existisen necesidades) e tamén
denunciamos o maltrato que recibe o paseo fluvial do río Bolaños ou a
nefasta xestión do goberno local no eido cultural, cun goberno que ten
múltiples dedicacións exclusivas e asesores que son incapaces de dotar ao
noso municipio de actividade.

O presidente do goberno, Pedro Sánchez dixo hai pouco que “Gobernar es


elegir. Nosotros elegimos a la gente, todo lo demás viene después” e esa
é a nosa prioridade. Atender as demandas da veciñanza de Arteixo para
trasladarllas a este goberno local que fai ouvidos xordos ante esas peticións,
pese ao magnífico traballo que fai o noso grupo municipal encabezado por
Patricia Boedo, que coa educación que lle falta ao noso alcalde realiza a súa
labor de fiscalización dende a oposición, tal e como lle encargaron os nosos
veciños.

www.psoe-arteixo.org Páxina 01
Número 5 - setembro 2022

BOLETÍN DE NOTICIAS do PSdeG-PSOE de Arteixo Arteixo

O grupo municipal socialista de Arteixo denuncia a


situación de descoordinación e descontrol do servizo de
transporte escolar no concello.

Os socialistas presentamos unha moción para instar á Consellería de


Educación a realizar e facer público un informe de inspección das rutas,
horarios, paradas e vehículos de que dispón a concesionaria para ofrecer
ese servizo no concello de Arteixo.

Paralelamente instamos ao Goberno galego a realizar e facer público a


súa páxina web un informe de inspección das rutas, horarios, paradas e
vehículos de que dispón a concesionaria para ofrecer ese servizo no
concello de Arteixo.

Segue lendo (+)

www.psoe-arteixo.org Páxina 02
Número 5 - setembro 2022
BOLETÍN DE NOTICIAS do PSdeG-PSOE de Arteixo
Arteixo

Patricia Boedo
Voceira do Grupo Municipal Socialista
no Concello de Arteixo

Uns cantos meses van xa dende que asumín a portavocía do grupo municipal. Tal e
como vos comentei naquela primeira asamblea, este é un traballo arduo que
supuxo moitas tardes de traballo de compañeiros e compañeiras que se prestaron a
sentarse conmigo para poder axudarme e situarme nunha posición que me permita
defender os temas que debíamos debatir nos plenos. Moitas grazas a todos e
todas!

Gustaríame dende esta plataforma, que me permite dirixirme a vós, trasladarvos a


miña opinión sobre o que estos plenos e o traballo que desenvolvemos nel significan
para este grupo.

Somos conscientes de que a nosa posición é complicada, tendo diante de nós un


partido con maioría que impón o seu criterio e as súas formas para gobernar este
concello, cun alcalde con moi pouco talante e ningúnha aceptación das críticas e
fiscalización que nós como oposición responsable, tratamos sempre de facer.

Os plenos son densos e broncos, repletos de faltas de respecto e de educación non


só hacia nós senón hacia outras persoas que non están presente nos pleno, e
tentando meter medo á cidadanía... Escusas pobres para esquivar a súa
responsabilidade nunha xestión que deixa bastante que desexar.

Aínda así, seguimos firmes , facendo aquela tarefa para a que nos elixiron os nosos
veciños e veciñas, reuníndonos con todos aqueles que nos demandan axuda,
tentando darlles esa visibilidade que precisan os seus problemas mediante rogos e
preguntas que buscan unha solución directa, e elaborando mocións dirixidas a
tentar resolver problemas que nos afectan e preocupan a todos, que en moitas
ocasións saen aprobadas por maioría porque as nosas propostas sempre son
medidas para mellorar a vida dos nosos veciños.

Somos conscientes de que iso é o que lle molesta ao PP, porque poñemos a mirada
da veciñanza nesa mala xestión da que vos falaba e de que por esa razón os
plenos van seguir nesa liña, pero nós temos claro que a nosa posición é a correcta
e de que nós somos a alternativa para poner á xente como prioridade!

Quedan por diante meses moi duros, pero aquí seguiremos incansables, coa vosa
axuda, na tarefa que nos encomendastes hai máis de tres anos.

www.psoe-arteixo.org Páxina 03
Número 5 - setembro 2022

BOLETÍN DE NOTICIAS do PSdeG-PSOE de Arteixo Arteixo

O grupo municipal socialista de Arteixo denuncia a falla


de organización e xestión política da concelleira de
Cultura

Presentamos un rogo para instar á responsable de cultura do goberno local a


asumir as súas competencias ante a deficiente dirección do seu departamento
que anuncia o festival de Sisalde só con catro días de antelación e nada se
sabe áinda da “Feira histórica 1900” a finais de setembro.

Levamos anos denunciando “a falla de capacidade do goberno local para


desenvolver unha axenda cultural propia no noso concello” como dixo a
nosa voceira, Patricia Boedo, e acusamos ao grupo de goberno de
“programar exclusivamente o que ven proposto dende outras
administracións e subcontratar con empresas a celebración dos eventos
do noso concello”.

.Segue lendo (+)

www.psoe-arteixo.org Páxina 04
Número 5 - setembro 2022

BOLETÍN DE NOTICIAS do PSdeG-PSOE de Arteixo Arteixo

O PSdeG-PSOE pide explicacións ao goberno local pola


situación de desleixo do paseo fluvial do Río Bolaños en
Arteixo

Os socialistas denunciamos de novo o estado de deterioro do paseo e


preguntaran ao grupo de goberno se teñen planificada algunha actuación
de limpeza desta zona

lVimos de recoller as denuncias da veciñanza sobre o estado no que


se atopa o paseo fluvial, cunha sucidade acumulada “que non se
sabe de onde procede e que fai que en épocas secas desprenda un
cheiro moi desagradable” relata a voceira, Patricia Boedo.

.Segue lendo (+)

www.psoe-arteixo.org Páxina 05
Número 5 - setembro 2022

BOLETÍN DE NOTICIAS do PSdeG-PSOE de Arteixo Arteixo

Os socialistas de Arteixo denunciamos o deterioro do


firme na rúa das Viñas de Abaixo en Oseiro

O grupo municipal socialista presenta un rogo para instar ao concello a


arranxar os problemas e evitar danos nos vehículos que circulan por esa
vía.
A veciñanza queixase tamén de que o mal estado do firme está a
causar danos nos fondos dos vehículos que circulan por esa vía e que
o goberno local ten constancia da situación por unha comunicación
transmitida hai tempo polos propios veciños e á que áinda non
recibiron unha resposta para solucionalo.

.Segue lendo (+)

www.psoe-arteixo.org Páxina 06
Número 5 - setembro 2022

BOLETÍN DE NOTICIAS do PSdeG-PSOE de Arteixo Arteixo

PLENO ORDINARIO DE SETEMBRO

Levamos a pleno a descoordinación do transporte escolar no concello, os


gravames enerxéticos, as deficiencias da xestión da concelleira de
Cultura, o deterioro do firme da rúa das Viñas e o desleixo do paseo
fluvial do Rís Bolaños.

As dúas mocións presentadas para urxir ao goberno local e á Consellería de


Educación a dar unha solución inmediata á absoluta descoordinación e
descontrol do servizo de transporte escolar no concello e para a aprobación do
establecemento de gravames de carácter temporal enerxético sobre os
beneficios extraordinarios foron aprobadas.

Segue lendo (+)

www.psoe-arteixo.org Páxina 07
Número 5 - setembro 2022

BOLETÍN DE NOTICIAS do PSdeG-PSOE de Arteixo

HORARIO DA
CASA DO POBO

Agrupación Socialista
de Arteixo

Travesía Ría de Ferrol Nº4 Baixo


15142 Arteixo (A Coruña)

648 451 878


agrupacion@psoe-arteixo.org

www.psoe-arteixo.org Páxina 09

You might also like