You are on page 1of 9

Número 1 - maio 2022

BOLETÍN DE NOTICIAS do PSdeG-PSOE de Arteixo

#SOCIALISTAS

ARTEIXO

www.psoe-arteixo.org
Número 1 maio 2022
BOLETÍN DE NOTICIAS do PSdeG-PSOE de Arteixo
Arteixo

Martín Seco
Secretario xeral do PSdeG-PSOE de Arteixo

Hai algo máis de dous meses a Agrupación Socialista de Arteixo elixiu a súa nova
dirección local para os próximos catro anos e fixémolo nun proceso de primarias que
caracteriza ao partido máis democrático deste país, onde todas as compañeiras e
compañeiros teñen dereito a participar como electores e como candidatos/as. Neste
proceso que transcorreu de xeito exemplar, a candidatura que encabezaba tivo o apoio
maioritario da militancia e polo tanto o dereito e a obriga de dirixir un proxecto que sexa
atractivo para a cidadanía arteixá.

O PSdeG-PSOE leva facendo un labor de oposición seria e construtiva nos últimos 11 anos,
liderando a única opción política capaz de ofertar un proxecto de cambio a un mal goberno
do Partido Popular, que tapa toda a súa incapacidade de xestión cun enorme orzamento de
60 millóns de euros co que pagar obras e subvencións, pero que son incapaces de utilizalos
para ter un pobo onde ninguén quede atrás, nuns servizos de calidade e nunha boa
planificación do noso presente e futuro.

Desde hai pouco tempo o Grupo Municipal Socialista no concello tambén ten nova voceira, a
veciña de Meicende, Patricia Boedo, unha muller empoderada cun gran perfil profesional
no ámbito educativo do noso concello, sendo mestra do CEIP Ponte dos Brozos, e esta é a
mellor carta de presentación dunha organización política que ten presencia nas rúas, conta
cun amplo coñecemento do noso territorio e das súas xentes e é coñecedora das
problemáticas dun concello que necesita dun goberno progresista que pense en como
mellorar a vida das familias que viven nel e non só dos poderosos e dos amigos dos que
gobernan actualmente.

Temos por diante un ano para que os electores decidan quen quere que lles goberne os
vindeiros catro anos e estamos preparados para elaborar un proxecto atractivo para as
mulleres e homes que viven dende Meicende ata Sorrizo e unha candidatura
representada por todos aqueles cidadáns e cidadás que desexen traballar por e para
Arteixo, sen outra motivación que o servizo público á súa veciñanza.

Para iso é preciso reactivarnos como socialistas e que mellor maneira que empezando coa
reapertura da nosa Casa do Pobo. Porque ademáis das visitas polos distintos barrios da
vila e os encontros con entidades e colectivos, queremos atender e recibir as propostas e
demandas dos veciños e veciñas de Arteixo na propia agrupación local socialista, e que
tamén sexa o punto de encontro da militancia e un eixo esencial da comunicación, debate e
convivencia para construír entre todos e todas o Arteixo que queremos para nós e para os
que virán despois.

Invitámosvos a participar con ilusión desde xa nese proxecto, onde toda a cidadanía que
pense en como mellorar a calidade de vida dos seus veciños e veciñas ten o seu espazo, e
facémolo baixo unha óptica progresista e feminista que traballa sempre por unha
sociedade máis xusta e equitativa.

www.psoe-arteixo.org Páxina 01
Número 1 - maio 2022

BOLETÍN DE NOTICIAS do PSdeG-PSOE de Arteixo Arteixo

Patricia Boedo substitúe a Simón López como voceira do grupo


municipal socialista de Arteixo

A Comisión Executiva Municipal do


PSdeG-PSOE de Arteixo, despois de
escoitados os seis compañeiros e
compañeiras do Grupo Municipal
Socialista, decidiu propoñer o
nomeamento da concelleira, Patricia
Boedo, como voceira socialista no
concello, co fin de darlle un pulo a
actividade política do partido cara ás
eleccións municipais de 2023.
Segue lendo (+)

O PSdeG-PSOE pide o arranxo do firme da senda peonil que sae


da rúa Sevilla e Codeseira de Meicende na entrada ao parque
da Cega.

Os socialistas de Arteixo consideran necesario priorizar as inversións en seguridade e


a calidade de vida dos maiores e da xente con dificultades de mobilidade.
Segue lendo (+)

www.psoe-arteixo.org Páxina 02
Número 1 - maio 2022

BOLETÍN DE NOTICIAS do PSdeG-PSOE de Arteixo Arteixo

A voceira do PSdeG de Arteixo pide o impulso necesario para o


proxecto estancado “Arteixo Innovación” que debe fomentar a
excelencia da educación dos estudantes.
Patricia Boedo participou na mesa de
debate das xornadas “Educa TIC
2022” sobre a posta en marcha dun
espazo de co-creación no concello de
Arteixo, e trasladou a petición do
Grupo Municipal Socialista ao
goberno local para que medite sobre
o futuro que quere para o proxecto
“Arteixo Innovación” nos centros
educativos, e a necesidade de darlle
o impulso necesario
Segue lendo (+)

Os socialistas de Arteixo piden declarar o concello de Arteixo,


concello libre de LGTBIfobia.

Co gallo da celebración do 17 de maio, día internacional contra a LGBTIfobia, o grupo


municipal socialista de Arteixo levará ao vinceiro pleno unha moción para continuar cos
avances en dereitos LGBTI acadados a nivel global e que protexen ás lesbianas, gais,
transexuais, bisexuais e intersexuais nun gran número de países.
Segue lendo (+)

www.psoe-arteixo.org Páxina 03
Número 1 - maio 2022
BOLETÍN DE NOTICIAS do PSdeG-PSOE de Arteixo Arteixo

O PSdeG-PSOE reclama un plan de rehabilitación integral para


o barrio do Petón.

É necesario unha mellora urbanística e de seguridade do barrio tras unha década de


abandono do goberno local.
Segue lendo (+)

O PSdeG-PSOE de Arteixo recolle as demandas da veciñanza


do barrio de Borroa para levalas ao pleno

Instalación de beirarrúas que conecten Meicende ata a entrada da Refinería, mellorar


o estado do pavimento, a limpeza das cunetas e a rehabilitación do tellado do
lavadoiro público.
Segue lendo (+)

Parece existir unha multiplicidade


O PSdeG pide a homoxeneización
de nomes para un mesmo domicilio
do rueiro municipal de Arteixo nos distintos organismos públicos e
empresas privadas que inflúen
tamén na xeolocalización que
ofrecen as aplicacións
informáticas
Segue lendo (+)

www.psoe-arteixo.org Páxina 04
Número 1 - maio 2022

BOLETÍN DE NOTICIAS do PSdeG-PSOE de Arteixo


Arteixo

Os socialistas recollen as queixas dos pacientes do PAC de


Arteixo pola posible vulneración de datos persoais

Os socialistas de Arteixo vimos de


recoller múltiples denuncias públicas
da cidadanía da vila polo trato
recibido cando teñen que acudir ao
Punto de Atención Continuada do
Centro de Saúde de Arteixo, xa que
teñen que falar por vía dun telefonillo
para dar os seus datos persoais e
explicar cal é o seu motivo da visita a
urxencias con algún traballador ou
traballadora do PAC do centro de
saúde.
Segue lendo (+)

O PSdeG de Arteixo pregunta no pleno polo Plan Xeral de


Ordenación Municipal, o proceso de aprobación do novo
inventario de bens, e a negociación dos deslindes con A Coruña
e Culleredo.

Xa tiñamos presentado dúas mocións no anterior pleno municipal ordinario, solicitando


que o grupo de goberno continuase cos traballos para finalizar os deslindes de Arteixo
cos concellos de A Coruña e o de Culleredo e outra para finalizar a actualización do
inventario de bens do noso concello.
Segue lendo (+)

www.psoe-arteixo.org Páxina 05
MOCIÓNS
Declarar o Concello de Arteixo, Concello
Arteixo libre de LGBTIfobia
Instar á Xunta de Galicia a dar cumprimento
ao artigo 8 da Lei 2/2014 pola igualdade de
trato e a non discriminación de lesbianas,
gais, transexuais, bisexuais e intersexuais
en Galicia e crear os Servizos Municipais de
Información, Atención e Asesoramento
LGBTI,
Instar ao goberno local a levar a cabo un
Plan de rehabilitación integral do barrio de O
Petón.

Rogos
maio 2022

LEVAMOS A PLENO

Demandas da veciñanza de Borroa


Homoxeneización do rueiro municipal

Preguntas
Sobre o arranxo inmediato do firme da rúa que
vai dende a rúa Sevilla e Codeseira de Meicende
#SOCIALISTASARTEIXO

ata a entrada ao parque da Cega.


Sobre o que está a suceder na entrada ao
servizo de urxencias do PAC de Arteixo.
Sobre as iniciativas que tomou o goberno local
para finalizar o proceso de aprobación do novo
inventario de bens
Sobre os deslindes cos concellos de A Coruña e
Culleredo
Sobre a contratación da redacción do novo
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Número 1 - maio 2022

BOLETÍN DE NOTICIAS do PSdeG-PSOE de Arteixo


Arteixo

O PSOE de Arteixo urxe a construción de novas infraestruturas


educativas ante o colapso nos colexios do municipio.

O secretario xeral dos socialistas de


Arteixo, Martín Seco criticou no
Parlamento de Galicia a inacción de
Xunta de Galicia e Concello de Arteixo
ante a “promesa” de construír un novo
colexio de Infantil e Primaria no
municipio anunciada no ano 2017, pero
que “quedou en papel mollado”.
Fíxoo na Comisión de Educación do
Parlamento galego onde presentou
unha pregunta oral para urxir ao
Executivo autonómico a construción do
anunciado proxecto.
Segue lendo (+)

Os socialistas de Arteixo denuncian o gasto do goberno local en


bandeiras azuis mentres se manteñen os vertidos nas praias e
sen servizos básicos.

Despois de 3 anos denunciando a situación, Calvelo segue sen solucionar os problemas


das verteduras nas praias, sen modernizar as infraestruturas de acceso e sen servizos
básicos.
Segue lendo (+)

www.psoe-arteixo.org Páxina 07
Número 1 - maio 2022

BOLETÍN DE NOTICIAS do PSdeG-PSOE de Arteixo

Recuperamos a nosa
actividade de atención
á veciñanza na Casa
do Pobo

A Casa do Pobo estará aberta


martes e xoves para recibir as
propostas e demandas da
veciñanza de Arteixo.
A nova dirección socialista
quere revitalizar de novo a
Casa do Pobo como un eixo
esencial da comunicación coa
militancia pero sobre todo coa
cidadanía.
Segue lendo (+)

Agrupación Socialista
de Arteixo

Travesía Ría de Ferrol Nº4 Baixo


15142 Arteixo (A Coruña)

648 451 878


agrupacion@psoe-arteixo.org

www.psoe-arteixo.org Páxina 08

You might also like