You are on page 1of 10

Número 10 - febreiro 2023

BOLETÍN DE NOTICIAS do PSdeG-PSOE de Arteixo

#SOCIALISTAS
ARTEIXO
www.psoe-arteixo.org
Número 10- febreiro 2023

BOLETÍN DE NOTICIAS do PSdeG-PSOE de Arteixo


Arteixo

Patricia Boedo
Voceira do Grupo Municipal Socialista
e candidata á alcaldía do PSdeG-PSOE de Arteixo

Pasada a emoción da presentación da miña candidatura é o


momento de empezar a traballar para que todo o que dixen nese
fermoso acto poida cumprirse no mes de maio.

Traballar COA MIRADA NA XENTE para mellorar Arteixo


implica asumir como nosos os problemas dos veciños e veciñas, e
facer das súas demandas unha prioridade polo que é preciso
estar en cada punto do territorio pero tamén no tecido social,
educativo, asociativo e empresarial, primero para escoitar e
despois atender.

Porque ese é o noso obxectivo, o dos socialistas, gobernar para


todos e todas nun Arteixo integrador e dialogante. E para iso
necesito compañeiros e compañeiras ao meu carón que me
acompañen con ese propósito. Compañeiros e compañeiras
representativos de toda a sociedade arteixá, desde todas as
parroquias e barrios e de todos os perfís sociais. Compañeiros e
compañeiras con gañas de aportar a súa experiencia e o seu
traballo e que teñan a mesma ilusión que a candidata por facer
de Arteixo un lugar mellor para vivir.

E a pesar do difícil que é elaborar unha candidatura, penso que


témolo conseguido.

Despois de moitos encontros e conversas e de escoitar as


propostas da militancia en asamblea, estes son compañeiros e
compañeiras elixidos para conformar a candidatura aprobada
pola Comisión Executiva Municipal para ser refrendada polos
diferentes órganos do partido.

www.psoe-arteixo.org Páxina 01
Número 10- febreiro 2023

BOLETÍN DE NOTICIAS do PSdeG-PSOE de Arteixo


Arteixo

1. Patricia Boedo Naya


2. Fernando Vázquez Martínez
3. Ana Cedeira Zas
4. Luis Vazquez Fernández
5. Charo Figuerias Icasuriaga
6. Juan Carlos Añón Álvarez
7. Eva Sánchez Ramilo
8. Martín Seco García
9. Vanesa Cerdeiro Lema
10. Daniel Turrado Vázquez
11. Virginia Vázquez Varela
12. Simón López Fernández
13. Cristina Calvo Espasandín
14. Julio Iglesias Fernández
15. Lucía Vázquez Mosquera
16. Pablo Hernández Pérez
17. Pilar Bello López
18. Faustino Vázquez Prego
19. Tamara Figueroa Cedeira
20. Secundino Núñez Ruíz
21. Lucinda Regueira Regueira

SUPLENTES:
22. Ángel Díaz Souto
23. Beatriz Pardo Aldao
24. Álvaro Esmorís Suárez
25. Raquel Martínez Vázquez

Esta candidatura é a miña aposta persoal para gobernar Arteixo


COA MIRADA NA XENTE e non teño máis que palabras de
agradecemento para todos e todas elas pero tamén para os que
non están nesa lista pero sei que traballarán arreo para
conseguir un cambio de goberno en Arteixo. Sen a vosa axuda
non será posible.

Non temos tempo que perder. Comezamos!!

www.psoe-arteixo.org Páxina 02
Número 10 - febreiro 2023

BOLETÍN DE NOTICIAS do PSdeG-PSOE de Arteixo Arteixo

O PSOE de Arteixo pide un plan de mellora integral da


Avenida Platas Varela en Vilarrodís

O plan debería realizarse a maiores da


actuación puntual do concello en
colaboración da Xunta de Galicia para
o impulso do seu comercio, hostalería e
cidadanía en xeral.

Segue lendo (+)

O PSOE de Arteixo insta ao goberno local a tomar as


medidas necesarias para acabar coas irregularidades no
Servizo de Axuda a Domicilio.

A candidata socialista á alcadía de Arteixo, Patricia Boedo, comprométese a


iniciar o proceso de municipalización do SAD se recibe o apoio da cidadanía no
mes de maio: "O primeiro que farei como alcaldesa é comenzar cos
trámites para municipalizar este servicio, cambiando o obxecto social da
empresa SUMARTE, para que a nosa empresa pública faga unha xestión
directa que permita un mellor funcionamiento, un maior control e
coordinación do mesmo e unha mellora sustancial das condicións laborais
da plantilla, que é maioritariamente feminina é a teñen precarizada”
Segue lendo (+)

www.psoe-arteixo.org Páxina 03
Número 10- febreiro 2023

BOLETÍN DE NOTICIAS do PSdeG-PSOE de Arteixo Arteixo

Os socialistas de Arteixo presentan unha moción para


que o concello sexa“pet friendly”
O PSOE de Arteixo insta ao
goberno local a actualizar a
Ordenanza Municipal reguladora
de posesión e custodia de animais
de compañía.
.Segue lendo (+)

O PSOE de Arteixo afirma que o goberno local anuncia


infraestruturas que non están previstas nin baixo a súa
competencia, como unha nova comisaría de Policía
Nacional
Preguntamos no pleno se o grupo
de goberno consultou co goberno
do Estado sobre a posibilidade da
construción desa comisaría da
Policía Nacional e se hai algún
estudo do concello de Arteixo para
esa proposta ao tempo que
requiren información sobre a
presenza nas rúas da policía local.
Segue lendo (+)

Os socialistas demandan un plan de investimentos para o


barrio do Alto de Arteixo
O grupo municipal socialista pediu
no pleno partidas orzamentarias
específicas que se poidan executar
coa maior brevidade posible.
.Segue lendo (+)

www.psoe-arteixo.org Páxina 04
Número 10 -febreiro 2023

BOLETÍN DE NOTICIAS do PSdeG-PSOE de Arteixo Arteixo

O grupo municipal socialista de Arteixo acusa ao


goberno local do PP de perder unha liña de subvención
da Deputación para un programa de arte urbana

Lembran que ese programa de arte


urbana en medianeiras á vista foi
aprobado en pleno por unanimidade
hai dous anos a proposta do grupo
socialista.
.Segue lendo (+)

Patricia Boedo propón co apoio da executiva local a


Fernando Vázquez Martínez como número 2 da candidatura
dos socialistas de Arteixo nas eleccións municipais de maio

O empresario, secretario da
asociación de veciños San Xosé
Obreiro e directivo do Sporting
Meicende, é a aposta da
candidata socialista para mellorar
o servizo de promoción
económica do concello.
Segue lendo (+)

Os socialistas de Arteixo denuncian que o goberno local


organice eventos para falar de plans estratéxicos cando o Plan
Xeral de Ordenación Municipal está paralizado
Consideramos prioritario que o
concello de Arteixo finalice os
deslindes cos municipios veciños e
elabore o PXOM para darlle
calidade de vida á veciñanza.
.Segue lendo (+)

www.psoe-arteixo.org Páxina 05
Número 10-febreiro 2023

BOLETÍN DE NOTICIAS do PSdeG-PSOE de Arteixo


Arteixo

Martín Seco
Secretario Xeral da Agrupación Socialista de Arteixo
e deputado no Parlamento de Galicia

Vimos de ver como o Comité Provincial aprobaba a candidatura dos


socialistas arteixáns para as eleccións municipais de maio. Un equipo de
compañeiros e compañeiras que a nosa candidata propuxo á executiva
local para que a acompañarán na tarefa de recuperar para Arteixo un
goberno que pense na xente.

Como dixen no acto de presentación de Patricia de nada vale ter un


trasatlántico como o noso concello se é dirixido como unha chalana. E iso
é o que leva facendo Calvelo durante tres lexislaturas, a pesar de
xestionar un orzamento que triplica o de municipios coma o noso, a
calidade dos servizos que ofrecemos á cidadanía non é a desexable
para os nosos veciños.

No 2019 fomos quen de mellorar os nosos resultados electorais e ser a


única alternativa real de goberno ao PP, temos agora unha nova
oportunidade de seguir crecendo para facer de Arteixo un lugar mellor
donde vivir. Un lugar con identidade propia e onde prime o benestar
daqueles que viven aquí, facendo política coa mirada na xente.

E para iso conformamos unha candidatura de perfís preparados para


gobernar con dilixencia , que son representativos da sociedade arteixá,
dos nosos barrios e parroquias e que aportarán a súa experiencia e o
seu traballo primeiro para conseguir que Patricia sexa a próxima
alcaldesa de Arteixo e despois facer unha xestión que priorice o
benestar das persoas que decidiron facer do noso concello o seu fogar.

Pero Patricia e os compañeiros e compañeiras da candidatura non poden


facelo sen o voso apoio. Anímovos a participar activamente con eles
nestes meses de traballo intenso para que ningún veciño e veciña de
Arteixo quede sen escoitar as nosas propostas.

www.psoe-arteixo.org Páxina 07
Número 10 - febreiro 2023

BOLETÍN DE NOTICIAS do PSdeG-PSOE de Arteixo

Agrupación Socialista de Arteixo


Travesía Ría de Ferrol Nº4 Baixo


15142 Arteixo (A Coruña)

648 451 878


agrupacion@psoe-arteixo.org

www.psoe-arteixo.org Páxina 08
Número 10 - febreiro 2023

BOLETÍN DE NOTICIAS do PSdeG-PSOE de Arteixo


Arteixo

PATRICIA
BOEDO

COA MIRADA
NA XENTE
www.psoe-arteixo.org Páxina 09

You might also like