You are on page 1of 25

PROGRAMA

ELECTORAL
2023-2027

COA MIRADA
NA XENTE

#SocialistasArteixo
PROGRAMA ELECTORAL
2023-2027

COA MIRADA NA XENTE 1


PROGRAMA ELECTORAL
2023-2027

ÍNDICE
• COA MIRADA NOS NOSOS MAIORES ........................................................................... 2

• COA MIRADA NA NOSA INFANCIA ............................................................................... 4

• COA MIRADA NA XUVENTUDE, A CULTURA E DEPORTE ............................................... 7

• COA MIRADA NO EMPREGO E O TECIDO ECONÓMICO ............................................... 10

• COA MIRADA NUN CONCELLO ABERTO EN CONVIVENCIA .......................................... 13

• COA MIRADA NA PROTECCIÓN SOCIAL...................................................................... 16

• COA MIRADA NA PLANIFICACIÓN URBANÍSTICA E MOBILIDADE ................................ 18

• COA MIRADA NUN CONCELLO VERDE E SAUDABLE .................................................... 21

COA MIRADA NA XENTE 2


PROGRAMA ELECTORAL
2023-2027

_COA MIRADA
NOS NOSOS MAIORES

COA MIRADA NA XENTE 3


PROGRAMA ELECTORAL
2023-2027

• Introduciremos a xestión de servizos sociais na Empresa Pública de Servizos


(SUMARTE), incluíndo:
o Servizo de Axuda a Domicilio e Comedor de Maiores, cunha plantilla
estable e ben xestionada, ampliando servizos e atendendo as demandas
dos usuarios e familias.
o Creación dun Servizo de Lavandería Municipal para os nosos maiores e
dependentes.

• Construción dunha segunda Residencia de Maiores e Centro de día na zona


norte do concello.

• Posta en marcha dunha rede de centros de día nas parroquias rurais.

• Proxecto de cooperativa COHOUSING (vivenda compartida) Senior

• Crearemos un Programa de Voluntariado e Acompañamento dos nosos maiores.

• Novos Talleres de Envellecemento Activo e mellora nas actividades existentes


para os nosos maiores.

COA MIRADA NA XENTE 4


PROGRAMA ELECTORAL
2023-2027

_COA MIRADA
NA NOSA INFANCIA
COA MIRADA NA XENTE 5
PROGRAMA ELECTORAL
2023-2027

• LUDOTECAS MUNICIPAIS en todos os núcleos urbanos de Arteixo, en


colaboración co sector empresarial, con horarios adaptados para a conciliación
familiar e un amplo programa de actividades.

• Novos PARQUES INFANTÍS nos barrios e parroquias, iniciando a COBERTURA


dalgún dos actuais para o período invernal.

• Creación dun CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL, pactando coa comunidade


educativa solucións á saturación dos nosos centros e dotando de servizos de
conciliación a todos eles.

• Impulsaremos o Proxecto Educativo DIXITAL, coa mirada na excelencia do noso


estudantado, introducindo o xadrez e a robótica nas escolas.

• Programa “ACTIVA A INFANCIA” con actividades durante todas as fins de


semana e festivos do ano.

• Programa “APOIO AO ENSINO” para dar apoio no estudo aos rapaces de


familias con dificultades no seu fogar.

• Proxecto “ARTEIXO INCLUSIVO” para a infancia con capacidades diferentes, con


actuacións nas infraestruturas municipais, parques infantís, actividades e
ludotecas, potenciando a unidade de atención temperá recentemente creada.

COA MIRADA NA XENTE 6


PROGRAMA ELECTORAL
2023-2027

• Creación dunha NOVA AXUDA para os LIBROS ESCOLARES e reforma do sistema


de axudas para material e comedores, aplicando un sistema de bonos para
evitar as demoras eternas no cobro.

COA MIRADA NA XENTE 7


PROGRAMA ELECTORAL
2023-2027

_COA MIRADA
NA XUVENTUDE, A CULTURA E
O DEPORTE

COA MIRADA NA XENTE 8


PROGRAMA ELECTORAL
2023-2027

• Construción da CASA DAS ARTES, para ampliar a escola de música, dotar de


locais de ensaio e espazos creativos para artistas locais e entidades culturais,
ademais dun novo auditorio.

• Creación de AULAS DE ESTUDO e conexión ás novas tecnoloxías, con horarios


axeitados e integradas na “Rede de Bibliotecas municipais de Arteixo”

• Programa “ARTEIXOVEN”, para dotar de actividades continuas de ocio, lecer e


cultura para a xente moza, que conte con eles na súa elaboración.

• Novos ESPAZOS DEPORTIVOS nas rúas, coa programación de actividades e


campionatos.

• Creación do CONSELLO MUNICIPAL DA CULTURA E DEPORTE, para coordinar


coas entidades as súas necesidades.

• Nova CIDADE DEPORTIVA en Oseiro nas campos de fútbol municipais do


polígono de Sabón, e un NOVO POLIDEPORTIVO en Vilarrodís para clubes e
escolas municipais.

• Posta en marcha dun FESTIVAL DE MÚSICA ESTIVAL nos areais do concello.

• Planificación na praia de Alba dun ESPAZO para DEPORTES ACUÁTICOS e de


AREA.

• Impulso de concienciación medioambiental, de igualdade e de cooperación ao


desenvolvemento, con programación anual e a recuperación do ARTEIXO
SOLIDARIO.

COA MIRADA NA XENTE 9


PROGRAMA ELECTORAL
2023-2027

• Novo PROGRAMA de BECAS para o aprendizaxe de idiomas no exterior e


AMPLIACIÓN da oferta da ESCOLA DE IDIOMAS.

• Incorporación da formación universitaria no noso concello.

• Novo CERTAME de TEATRO, de PINTURA RÁPIDA, de ARTE URBANO nas


fachadas e a FEIRA DO LIBRO.

• Impulso ao deporte feminino, popular, minoritario e para persoas con


diversidade funcional.

• Garantiremos a celebración das FESTAS PATRONAIS de todo o concello,


dinamizándoas con máis actividades, e recuperando antigas romarías, así como
xogos populares a través das TRADIOLIMPIADAS INTERPARROQUIAIS.

• RENOVAREMOS a FEIRA 1900, cunha programación ampla e colaborando co


tecido asociativo.

• CUBRICIÓN de PISTAS DEPORTIVAS, comezando en Uxes e pedindo a do IES


Pastoriza.

COA MIRADA NA XENTE 10


PROGRAMA ELECTORAL
2023-2027

_COA MIRADA
NO EMPREGO E O TECIDO
ECONÓMICO

COA MIRADA NA XENTE 11


PROGRAMA ELECTORAL
2023-2027

• Creación da AXENCIA LOCAL DE PROMOCIÓN ECONÓMICA, potenciando o


asesoramento a emprendedores e a orientación laboral, cunha BOLSA DE
EMPREGO ben xestionada, con igualdade de oportunidades e que de servizo ás
empresas locais.

• Posta en marca dun CENTRO MUNICIPAL DE EMPRESAS, cun Viveiro para novas
empresas e un espazo de formación a disposición do tecido empresarial.

• Desenvolvemento da empresa pública SUMARTE como vía para o fomento do


emprego local, cunha bolsa de emprego propia.

• Elaboración dun PLAN DE TURISMO SOSTIBLE coa colaboración dos axentes


implicados, mellorando a sinalización, o atractivo visual do concello, as
infraestruturas nos areais e o coidado e protección do noso medio natural.

• Posta en marcha dunha verdadeira MESA DE COMERCIO E HOSTALARÍA LOCAL,


para colaborar man a man co CCA e outros axentes do sector, co fin de ter un
pobo dinámico e con vida propia.

• Creación dun CENTRO ESPECIAL DE EMPREGO para persoas con diversidade


funcional.

• Reforma do MERCADO dos sábados e organizar EVENTOS para potenciar os


nosos sectores primarios e comerciais.

• REBAIXAREMOS o IBI e ELIMINAREMOS o Imposto de Plusvalía, bonificando


outros impostos e taxas e facilitando o pago fraccionado para quen o necesite.

COA MIRADA NA XENTE 12


PROGRAMA ELECTORAL
2023-2027

• Impulso da FORMACIÓN OCUPACIONAL, facilitando a formación necesaria para


o emprego nas empresas do entorno. Proposta dun NOVO CATÁLOGO DE
FORMACIÓN PROFESIONAL para as necesidades do noso sector empresarial.

• Proxecto “ARTEIXO TERMAL” coa apertura do balneario e de instalación termais


abertas á cidadanía en Loureda.

• Creación dun CENSO LOCAIS BALEIROS para fomentar a súa ocupación

• Posta en marcha de programas de BONOS COMERCIAIS para fomentar o


consumo no comercio local.

• Mellora da ILUMINACIÓN, SINALIZACION E MOBILIARIO PÚBLICO en zonas


comerciais e fomento dos mercados e actividades do comercio local

COA MIRADA NA XENTE 13


PROGRAMA ELECTORAL
2023-2027

_COA MIRADA
NUN CONCELLO ABERTO EN
CONVIVENCIA

COA MIRADA NA XENTE 14


PROGRAMA ELECTORAL
2023-2027

• Desenvolver unha APP MÓBIL DO CONCELLO DE ARTEIXO que facilite a


comunicación e os trámites entre veciños e administración.

• REABRIR RADIO ARTEIXO como medio de comunicación público, en formato


mixto (analóxico-dixital), garantindo o dereito á información e á participación.

• REACTIVAREMOS o CONSELLO VECIÑAL e fomentaremos a participación da


veciñanza nos plenos, que volverán a ser en horario de fácil asistencia.

• A alcaldesa terá un HORARIO DE ATENCIÓN DIRECTA á veciñanza, co fin de que


esta poida expoñer, presentar, demandar e esixir o que considere de interese.

• Crearemos os ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS para que a veciñanza sexa


escoitada.

• REESTRUCTURAR os os RECURSOS HUMÁNS MUNICIPAIS, garantido a


dignificación do seu traballo.

• Dotar de ESPAZOS WIFI MUNICIPAIS GRATUITOS tanto en áreas urbanas como


rurais.

• Crearemos unha OFICINA DE ATENCIÓN Á CIDADANÍA, para consultas e


información da veciñanza.

• Creación dun PROGRAMA DE ESPAZOS ABERTOS a disposición da cidadanía


para o seu ocio e actividades, comezando polos baixos baleiros de Solymar.

COA MIRADA NA XENTE 15


PROGRAMA ELECTORAL
2023-2027

• Impulsaremos os PROGRAMAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

• Poñeremos en marcha patrullas de POLICIA DE BARRIO e un ESPAZO para a


Policía Local en Meicende e a BRIGADA VERDE para evitar posibles infraccións
medioambientais e de maltrato animal, así como a loita contra os
comportamentos incívicos dalgúns propietarios de mascotas.

• Impulsaremos formación sobre ciberacoso, educación afectiva, violencia de


xénero, control de impulsos, alimentación saudable, etc.

COA MIRADA NA XENTE 16


PROGRAMA ELECTORAL
2023-2027

_COA MIRADA
NA PROTECCIÓN SOCIAL

COA MIRADA NA XENTE 17


PROGRAMA ELECTORAL
2023-2027

• Mellorar e ampliar a ESTRATEXIA DE INCLUSIÓN SOCIAL, con obxectivos


específicos e cuantificables:

o Reformando a Ordenanza de Emerxencia Social para dar cobertura ás


necesidades e as subministracións básicas de todas as familias.
o Axilizando a resposta do Concello antes casos de risco social, asignando
un profesional de referencia nun prazo máximo de 10 días hábiles.
o Iniciaremos un sistema de Bonos Comedor para as persoas en risco de
exclusión, que axude tamén á nosa hostalaría.
o Asignaremos á partida de actuacións de protección e promoción social
un mínimo de 150€ por habitante e ano.
o Desenvolveremos unha estratexia específica para os colectivos e etnias
minoritarias presentes no noso concello, cunha unidade de xestión que
leve a cabo un programa de apoio para as persoas migrantes que chegan
e residan en Arteixo.

• Elaboración dun PLAN DE VIVENDA con especial atención á xente moza e as


familias con problemas, que logre que ninguén quede sen un teito onde vivir.

• REVITALIZAREMOS o DEPARTAMENTO DE SERVICIOS SOCIAIS, aumentando a


plantilla de traballadores municipais, descentralizando a atención nas
parroquias e reforzando o servizo da asistencia psicolóxica das usuarias do CIM.

COA MIRADA NA XENTE 18


PROGRAMA ELECTORAL
2023-2027

_COA MIRADA
NA PLANIFICACIÓN
URBANÍSTICA E MOBILIDADE

COA MIRADA NA XENTE 19


PROGRAMA ELECTORAL
2023-2027

• Iniciaremos a redacción dun PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL,


responsable e sostible, consensuado coa corporación local e a veciñanza para
ter novos espazos dotacionais, verdes e vivenda.

• Elaboración dunha OFICINA DE VIVENDA que teña como obxectivo a


construción de vivendas para alugueiro social e creación dunha bolsa de
vivendas baleiras con axudas para o seu amaño e arrendamento.

• Continuar coa CONSTRUCIÓN de BEIRARRÚAS en todo o polígono de Sabón, e


rematando todas as inexistentes no entorno urbano para a seguridade viaria e
accesibilidade,

• Continuar cun paralizado plan para conectar todas as parroquias rurais con
sendas peonís.

• Creación dunha ÁREA PARA AUTOCARAVANAS

• Proxectaremos a construción dun Cemiterio Civil Municipal.

• Avanzaremos no Plan de mobilidade e autonomía persoal, coas seguintes


medidas:
o Avanzar no servizo de transporte público, negociando a posible
unificación dos servizos nos concellos de Arteixo e A Coruña ou a
expansión deste no noso territorio
o Mellorar o transporte interparroquial.
o Impulsar a peonalización de novas rúas e novos carrís ciclistas e para
patinetes.

COA MIRADA NA XENTE 20


PROGRAMA ELECTORAL
2023-2027

o Creación de novos aparcamentos gratuitos en solares baleiros.


o Mellora dos pasos de peóns mediante dispositivos intelixentes.
o Iniciar un servizo de PEDIBÚS escolar, un sistema de camiños e rutas
seguras, para acompañar aos nosos nenos e nenas a pé cara a escola.
o Programa BARREIRAS CERO, un ambicioso plan que elimine
progresivamente as múltiples barreiras arquitectónicas do noso concello.

• Novo programa de CONSERVACIÓN e posta en valor do PATRIMONIO


MUNICIPAL E ARQUITECTÓNICO.

• Proxecto “PETFRIENDLY”, creación dunha gran área recreativa canina e un


parque canino. Inclusión dalgún dos areais do concello como praia canina
durante todo o ano.

• Mellora das instalacións existentes nas praias, así como a accesibilidade destas.

• Pecharemos o entramado urbanístico dende o centro de Arteixo ata a Travesía


de Arteixo, desenvolvendo a unidade de actuación que vai ata a travesía, cun
espazo peonil aberto e un novo parking subterráneo.

• Humanizaremos, convertindo en espazos para a mobilidade peonil, as Travesías


de Meicende, a de Pastoriza e a Avda. Platas Varela.

COA MIRADA NA XENTE 21


PROGRAMA ELECTORAL
2023-2027

_COA MIRADA
NUN CONCELLO VERDE E
SAUDABLE

COA MIRADA NA XENTE 22


PROGRAMA ELECTORAL
2023-2027

• PROTEXEREMOS ata as últimas consecuencias os nosos núcleos rurais da


implantación de parques eólicos e novas liñas de alta tensión e cambiaremos o
trazado actual da alta tensión en Solymar.

• Conservaremos o noso patrimonio natural con figuras de protección local


nalgúns espazos.

• Novo proxecto “ARTEIXO VERDE” para naturalizar o noso municipio. Creación


de espazos abertos para a conversa e reposo, rúas e prazas onde se poida
pasear de forma segura, agradable e confortable, usando de forma eficiente e
responsable os recursos naturais.

• Crearemos unha PLANTA DE CARACTERIZACIÓN E RECICLAXE EN ARTEIXO


dentro da empresa SUMARTE, que permitirá controlar de forma correcta a
xestión dos nosos residuos, promoverá a reutilización, creará postos de traballo,
motivará a poboación ao correcto tratamento do seu lixo e cumprirá cos nosos
compromisos medioambientais.

• Manteremos os cauces e ribeiras fluviais en bo estado e apostaremos pola


plantación de especies arbóreas autóctonas.

• Controlaremos os vertedoiros ilegais coa instalación de cámaras de vídeo


vixilancia.

• Fomentaremos acordos con establecementos comerciais para fomentar a


ecoloxía urbana.

COA MIRADA NA XENTE 23


PROGRAMA ELECTORAL
2023-2027

• Construiremos puntos de recarga públicos para vehículos eléctricos.

• Impulsaremos a reciclaxe nos edificios municipais e lugares públicos.

• Redactaremos un Plan de Erradicación de Especies Invasoras.

• Elaboraremos un Plan de Aforro enerxético nos edificios públicos e nas rúas,


con liñas de axudas para a rehabilitación e implementación de enerxías limpas
nas edificacións privadas.

• Acondicionaremos o parque do Monticaño como gran pulmón verde da zona


norte do concello para o lecer da nosa veciñanza e acondicionamento do Castro.

COA MIRADA NA XENTE 24

You might also like