You are on page 1of 7

Número 12-xuño/xullo 2023

BOLETÍN DE NOTICIAS do PSdeG-PSOE de Arteixo

#SOCIALISTAS
ARTEIXO
www.psoe-arteixo.org
Número 12-xuño/xullo 2023

BOLETÍN DE NOTICIAS do PSdeG-PSOE de Arteixo


Arteixo

Martín Seco
Secretario Xeral da Agrupación Socialista de Arteixo
e deputado no Parlamento de Galicia

Estamos no mes de agosto e cómpre facer un balance dos intensos períodos


electorais que tivemos que vivir dende a primavera ata o verán deste ano, nos que
vivimos a celebración das eleccións municipais de maio e un adianto electoral das
eleccións xerais para o mes de xullo.

As eleccións municipais non trouxeron o resultado que os socialistas arteixáns


esperábamos e desexabamos, cun avance do Partido Popular en todo o país que
chegou tamén ao noso concello, facendo que perderamos dous concelleiros e máis
dun millar de votos en comparación co ano 2019, cortando así un período de
avance que nos levara a ter naquel ano 6 concelleiros e case 4000 votos.

O goberno de Carlos Calvelo despois dunha sucia campaña, utilizando a notable


capacidade económica do concello ao seu favor e facendo nos últimos 6 meses as
obras que non fixo nos 42 meses anteriores, conseguiu un magnífico resultado que
debe de ser analizado pola militancia socialista ao remate do verán e despois de
que a organización estivese centrada en acadar uns mellores resultados nunhas
eleccións xerais, nas que o PSOE tivo un maior resultado e que pode facilitar que
continúe un goberno progresista ao fronte do noso país.

Neste mes de setembro, o PSdeG-PSOE de Arteixo debe de sentar as bases para a


liña política a realizar durante os vindeiros catro anos, cun novo grupo municipal e
cun programa de traballo que faga unha oposición máis dura, máis achegada á
cidadanía e con máis presencia na sociedade, dando continuidade ao traballo que
está a facer a nova dirección do partido elixida fai pouco máis dun ano e que
durante este período intensificou o traballo político dunha agrupación que estaba
algo aletargada.

Para este traballo deben de renovarse os equipos de dirección con novo osíxeno e
toda a militancia debera de estar unida ante os vindeiros retos que nos esperan, xa
que a cidadanía arteixá non desexa divisións nin confrontacións estériles que só
benefician ao Partido Popular, polo que fago un chamamento á unidade, ao
traballo conxunto, a dárlle todo o apoio que necesita a nosa voceira no concello e o
seu grupo municipal. O mesmo apoio que terá do seu secretario xeral que sigue e
seguirá traballando arreo para que o noso pobo teña máis cedo que tarde o
goberno que necesita.

www.psoe-arteixo.org Páxina 01
Número 12 -xuño/xullo 2023

BOLETÍN DE NOTICIAS do PSdeG-PSOE de Arteixo Arteixo

O novo grupo municipal socialista de Arteixo pídelle a Carlos


Calvelo que non confunda maiorías absolutas con
absolutismo.

Os catro representantes do PSOE de Arteixo elixidos nas eleccións municipais


do pasado mes de maio tomaron posesión das súas actas no pleno de
constitución da corporación local de Arteixo celebrado no centro Cívico.
Neste mandato o grupo municipal socialista de Arteixo estará formado por
Patricia Boedo, Fernando Vázquez, que se estrea como concelleiro, e Ana
Cedeira e Luis Vázquez que como Boedo xa formaban parte da corporación
anterior.
Patricia Boedo: “Faremos unha oposición construtiva e propositiva pero
contundente. Temos a obriga de ser a voz da conciencia do goberno de Carlos
Calvelo”
Segue lendo (+)

Carlos Calvelo inicia o seu mandato pasando do “diálogo” ao


“rodete” da súa maioría absoluta, e deixa á oposición sen
medios para exercer o seu traballo de fiscalización do
goberno
Os socialistas de Arteixo denuncian que Calvelo coarta o labor da oposición
pervertendo o concepto de proporcionalidade cando designa todas as dedicacións e
os postos de persoal de confianza ao grupo popular e ningunha ao resto de grupos.
Segue lendo (+)

www.psoe-arteixo.org Páxina 02
Número 12-xullo 2023

BOLETÍN DE NOTICIAS do PSdeG-PSOE de Arteixo Arteixo

O PSOE de Arteixo presenta unha moción para rexeitar a


censura no mundo da cultura

Os socialistas pedimos a
reafirmación do compromiso do
concello na defensa da liberdade de
expresión e artística e o total apoio
ao mundo cultural: “Sen cultura non
hai democracia”.

.Segue lendo (+)

Os socialistas de Arteixo presentan unha moción en defensa


do servizo básico e esencial da educación pública

O grupo municipal socialista denunciamos os recortes educativos aplicados no


curso 2022-23 e suspende a xestión da Xunta de Galicia en materia educativa
e pedimos que o concello de Arteixo inste á Xunta de Galicia a cumprir coas
súas obrigas e responsabilidades no ámbito educativo, dispoñendo dos medios
materias e persoais e dos recursos económicos que sexan precisos para
“garantir a prestación e o acceso ao servizo público esencial da educación”

Segue lendo (+)

www.psoe-arteixo.org Páxina 03
Número 12-xullo 2023

BOLETÍN DE NOTICIAS do PSdeG-PSOE de Arteixo Arteixo

Os socialistas de Arteixo demandan un espazo de


aparcamento para coches e camións na contorna da
Travesía de Groufa
O grupo municipal socialista denuncia a
situación de inseguridade da vía polo
continuo estacionamento de vehículos
na beirarrúa que obriga aos peóns a
circular pola calzada.

Demandamos no pleno un espazo de


aparcamento para coches e camións
na Travesía de Groufa, ante a
situación de inseguridade da vía.

Segue lendo (+)

O PSOE de Arteixo denuncia a inseguridade viaria na AC-


552 na contorna da Escola Infantil de Larín

Os socialistas pedimos que se volva sinalizar a


vía a un máximo de 60km/hora e a instalación
de elementos para que os vehículos teñan que
moderar a súa velocidade.
O grupo municipal socialista denuncia a
inseguridade viaria na contorna da Escola
Infantil de Larín e piden que o concello esixa ao
goberno da Xunta que se volva sinalizar a vía a
un máximo de 60km/hora e a instalación de
elementos para que os vehículos teñan que
moderar a súa velocidade.

Segue lendo (+)

www.psoe-arteixo.org Páxina 05
Número 11 -marzo 2023

BOLETÍN DE NOTICIAS do PSdeG-PSOE de Arteixo

Agrupación Socialista de Arteixo


Travesía Ría de Ferrol Nº4 Baixo


15142 Arteixo (A Coruña)

648 451 878


agrupacion@psoe-arteixo.org

www.psoe-arteixo.org Páxina 06

You might also like