You are on page 1of 88

lois pardo.

2021
Ourense
loispardo.wordpress.com

A Cidade de Nós xa non é a nosa cidade

lois pardo

Introdución

A
índa que renunciemos a medilo, o tempo pasa de
xeito tan inexorábel como pertinaz era a seca
naqueles tempos grises ou antigas as pesetas
nun pasado máis recente. Neste 2021 fai 10
anos que decidín abrir unha xanela virtual e compartir,
moi de cando en vez, unha opinión sobre as cousas que
acontecían na minha contorna.

Abría o blog un 18 de xullo, umha data de lembranza in-


fausta para as libertades deste país e con evocacións
entrelazadas de centro médico e paga extra para un
neno da Transición.

O nome elixido para o blog, como dicía naquela primeira


entrada, quería ser umha homenaxe á minha familia,
nuns tempos de pescuda xenealóxica e adaptación ás
novas realidades vitais. Todo isto sen esquecer que ca-
sagrande é tamén o nome co que se denomina nalgúns
foros ao concello de Ourense e a outras sedes guber-
namentais, o que daba umha idea de por onde ían ca-
minhar os contidos da bitácora.

Non tenho sido nada prolí co, precisamente. Nin escri-


bín de xeito periódico nin sequera todo o que se me
ocorreu. Pero o caso é que, ao revisar os contidos, vexo
con raiba e tristura que a cidade da minha lla segue
coas mesmas urxencias e con moitas máis miserias que
10 anos atrás. É como un reloxo de parede ao que non
fi
fi
se lle dá corda e deixa de marcar as horas, acabando
por se converter nun atranco na vida familiar. O perverso
desta situación é que ese reloxo parado non ten máis
razón de ser ca ornamental ou aqueloutras relacionadas
coa saudade, pero envellece e esmorece co paso do
tempo do mesmo xeito que calquera outro reloxo que si
cumpra coa súa función.

E velaquí o motivo que me levou a rescatar algumhas


entradas da última década relacionadas coa vella Auria,
con aquela pequena cidade que dera en producir a Re-
vista Nós e que tan pouco ten a ver coa actual cidade,
murcha, postiza, dormida e resignada, agardando por
alguén que a desempoe e lle dea corda para recuperar o
pulso, ese pulso que entre todas e todos deixamos per-
der.

Ourense, na Lúa de Neve de 2021

Ilexítima inversión

P
or encargo de Godoy e do conde de Florida-
blanca, escribía o primeiro Inspector Xeral de
Caminhos -o conde de Guzmán– umha inter-
esante obra, dictada polo “zelo e escrita con máis
présa da que esixía a súa natureza”, que analizaba na
parte nal do S. XVIII “a urxente necesidade e o grande
interese en abrir a estrada reclamada durante muitos
anos pola maior parte dos habitantes de Galicia, repre-
sentados polas cidades de Ourense, Santiago e Tui coas
vilas e comercio dos Portos de Vigo e Pontevedra, desde
a vila de Benavente pola Puebla de Sanabria e Monterrei
a aquelas tres capitais e vilas”[…].
Continuaba facendo un alegato sobre a necesidade de
comunicar co mar ás 3/4 partes de Galiza, concretamen-
te aquelas que o autor consideraba “máis pingües e in-
teresantes”, ao tempo que se melloraban as condicións
dos viaxeiros a un custo limitado a respecto do xerado
por outras obras.
Remataba facendo umha comparativa entre a contribu-
ción anual do noso país e a “ilexítima inversión” que se
fi
dera a estes caudais, empregados habitualmente lonxe
das nosas terras, amais da “xustiza coa que clamaba
aquel Reino para que se empreguen nel e nas obras para
que os paga; obras que lle son tan esencialmente nece-
sarias, como que pola súa falla, atópase a súa numerosa
poboación e clase máis preciosa dos seus habitantes no
maior desacougo e atraso máis lastimeiro”.

Velaquí, logo, como entre 1786 e 1795, a Superinten-


dencia de correos e caminhos acordaba abrir umha es-
trada xeral que, arrincando de Benavente, pasara pola
Puebla de Sanabria e Monterrei a Ourense, Santiago,
Vigo e Tui; acordo que voltamos a atopar no ano 1803, a
través da orde de reabrir o caminho xeral de Benavente a
Vigo, con ramais a Santiago e Tui. Na realidade, a obra
arrincou e desenvolveuse moi devagar até a súa parali-
zación completa no ano 1833. E aínda no 1850, á penas
4 anos despois da silenciada revolta galega, podemos
atopar outra publicación que fala da necesidade de
construcción daquela vía que xa acumulaba máis dun
século de atraso(1).

Ten a súa importancia sublinhar que Galiza, xunto a Va-


lencia e ás Andalucías continuaba a ser un dos territorios
máis poboados da península aínda no primeiro tercio do
século XIX, tal e como recollen Alexandre de Laborde e
Mariano de Cabrerizo(2) no seu Itinerario das Provincias
de España; unha poboación que se correspondía co ex-
presado nos escasos censos de vecinhos e almas que
se tinhan realizado con anterioridade.

O caminho de ferro, as autoestradas, a comunicación


dos portos galegos co continente, o AVE… Case todo
chegou (o que chegou) a Galiza con 30, 50 ou 100 anos
de demora a respecto doutros puntos do Estado, sen
importar a poboación nin os tributos territoriais. Estes
feitos, talvez poidan axudarnos a comprendermos mellor
o despoboamento e as emigracións masivas sufridas
nos últimos 200 anos, amais de non entender de nitiva-
mente que raio nos botan na auga para acadar tal nível
de sumisión e autoodio.

Non é banal lembrar estes datos se temos en conta que


a poboación do que hogano conforma a provincia de
Ourense á penas mudou desde o século XVIII; feito ben
curioso se temos en conta que se trata dun dos territo-
rios con máis recursos da península, acadando relevan-
cia internacional no sector da castaña, da pizarra ou das
surxencias termais, alén da grande importancia do ro-
mánico, do téxtil ou do viño. Se con todo isto, en 300
anos non fomos quen de incrementar o número de habi-
tantes -ao contrario do que ocorreu no resto do Estado-
nin sequera de garantir un nivel de vida aceptábel dos
mesmos, algo xemos mal. A resposta semella dema-
siado obvia: ou Ourense estivo [e está] mal xestionada
ou simplemente foi [e está sendo] saqueada.

E así chegamos á situación actual, renegando da nosa


língua e de nós mesmas/os, destruíndo o que debera ser
a base da nosa economía e identidade ou choromicando
diante dos caciques modernos unha esmola en forma de
postiño de traballo que nos permita “terracear” nas pra-
zas e quintairos do país. Polo menos até que alguén
queira gobernar e poñer en valor os nosos recursos e a
nosa identidade.

7 de setembro de 2016

1 Memoria sobre la necesidad de construir las carreteras pro-


vinciales de Santiago á Orense y de Santiago a Lugo en el anti-
fi
fi
guo reino de Galicia, (1850), Madrid, Estab. Tipográ co de H.
Martínez

2 Laborde, A. e de Cabrerizo, M., Atlas del Itinerario descriptivo


de las Provincias de Espa a, (1826), Valencia, Imprenta de José
Ferrer ñ
fi
Sobre o problema demográ co

E
scoitar falar do problema demográ co en Ouren-
se e en Galiza con tanta frecuencia chega a xerar
certa descon anza, polo menos para un profano
na materia como é quen escribe. As interpreta-
cións e as perspectivas coas que podemos achegármo-
nos ao fenómeno son tantas e tan dispares, que o pro-
blema en cuestión deseguida adquire umha forma polié-
drica que convida a analizar e debater de xeito transver-
sal sobre o porqué do despoboamento nun dos territo-
rios máis ricos da península.

Aproveitando que estiven recollendo algúns datos para a


entrada anterior, gostaría de compartir con vós 3 grá -
cas sobre a evolución demográ ca en Ourense, Galiza e
Espanha nos últimos séculos. Non é nada cientí co. E
imaxino que nin sequera será moi completo. Mais penso
que pode aportar un punto de partida para un debate
entre profanos (con perdón, pola parte que che toque).

Deixei de incluír algúns datos atopados por non poder


facer as comparativas ou simplemente por semellaren
dubidosos ao topar con diversas fontes contradictorias.
Porén, o que si parecen re ectir as cifras é que até me-
fi
fl
fi
fi
fi
fi
f
diado o século XIX, Galiza vinha representando umha
porcentaxe moi importante de poboación (e, por tanto,
de ingresos) do que hoxe é o Estado espanhol. Empori-
so, esta situación de peso demográ co non se corres-
pondeu coas inversións efectuadas polos distintos réxi-
mes que foron gobernando o noso país desde a distan-
cia, o que provocou múltiples reclamacións e reivindica-
cións desde as vilas e cidades galegas que non podían
desenvolver a súa actividade económica mentres obser-
vaban como medraba a Corte. Tanto o libro analizado na
anterior entrada (escrito polo Conde de Guzmán a ins-
tancia de Godoy e do conde de Floridablanca) como a
revolución de abril do 1846, deixan boa constancia deste
sentir.

Temos logo, dumha parte, a falla de investimento na


rede viaria principal que provocou grandes eivas na co-
municación dun dos países/reinos/provincias máis ricos
da península, imposibilitando a comunicación con esta e
co resto do continente, ao tempo que prexudicaba cla-
ramente a exportación dos seus produtos. Só esta xa
sería umha razón de peso para provocar as primeiras
ondas de emigración cara outros lugares con menos po-
boación e con maiores expectativas de crecemento.

Doutra parte, xa no século XX, obsérvase umha caída en


picado da poboación no ámbito rural, até ese momento
moi compensada coa poboación nas cidades e vilas. O
caso de Ourense resulta especialmente chamativo pois,
até principios do século pasado, a poboación do que
hogano é a capital(*) á penas representaba o 5% do total
da provincia, mentres que na actualidade ronda o 35%.
Outro exemplo disto xa era o censo de habitantes de
1857, onde a provincia de Ourense ocupaba o 16º lugar
entre as máis poboadas de Espanha, mentres a capital
fi
tinha que conformarse co 38º posto entre as capitais de
provincia máis populosas.

Esta forte migración interior cara as cidades, que se


agudiza nas décadas dos 40 e 50, antóxaseme umha
estratexia de desruralización que “casualmente” provoca
-aquí e no resto do Estado- un boom inmobiliario nas
seguintes décadas. Pola contra, non se atendeu a com-
pensar o despoboamento das vilas e aldeas, desaten-
dendo os recursos primarios e menosprezando o inves-
timento en Investigación que pudera poñer en valor es-
tes recursos.

A chegada da democracia ponhía n á dictadura pero


non así ao modelo económico baseado na especulación
do solo e nos servizos. Os potenciais recursos económi-
cos do país seguían onde estaban: desatendidos, con
sistemas de produción e aproveitamento anticuados e
con canles de distribución obsoletas. Paralelamente, co-
llía pulo a “idea” do traballo de funcionario como alterna-
tiva de éxito, o que provocou -probablemente- a maior
emigración histórica da provincia, que coloca traballado-
res públicos en todos os territorios do Estado sen claras
posibilidades de voltar á sua terra. Velaí, talvez, un dos
motivos polos que, nos primeiros anos da Transición,
observamos un pequeno repunte da poboación que
axinha volta a inverter a súa tendencia até o momento
actual.

Hoxe en día, o rural é básicamente monte. A maior parte


da super cie noutrora cultivada está a ermo. A super cie
forestal que debera sustentar boa parte da economía ou-
rensá e galega, no canto de producir riqueza e plusva-
lías, só xera gastos porque inventamos un sector eco-
nómico e pro sional que precisa de que o monte arda. E
mentres, seguimos inventando cheques-bebé electorais
fi
fi
fi
fi
como quen non entende ou non quere entender que a
merma poboacional non ven provocada por umha elec-
ción egoísta ou snob das nais e dos pais do século XXI.

16 de setembro de 2016

(*) Lembrar que até o ano 1943, o actual termo municipal de


Ourense estaba composto polos concellos de Ourense e
Canedo do Minho
No hay postre


Si no acabas todo, no hay postre”. Esta frase, es-
coitada isoutro día nun bar do centro da cidade,
provocou umha avalancha de iconas e estereotipos
sobre a minha memoria con música “del África tropical”
e guión de Guillermo Sautier Casaseca. Só cando pen-
sei que estaba a piques de comezar o episodio trescen-
tos corenta e tantos de Simplemente María, foi cando
erguín a cabeza do móbil (si, tamén son culpábel de usar
o “teléfono” para máis cousas que para falar) e puiden
asistir á escena que estaba tendo lugar na mesa cabo da
minha. Non é moi difícil imaxinar a escena, a frase é tan
pouco orixinal como pouco sorprendente foi o resultado.
O neno non acabou todo e non só houbo sobremesa se-
nón que, ademais, puido escoller o que máis lle apete-
ceu e tivo ración dupla por ter comido demasiado pou-
co.

Suponho que reparo máis nestas cousas desde que son


pai e tenho que pelexar contra da minha incoherencia,
xestionar as minhas contradicións ou aprender a pensar
3 veces todo o que lle vou dicir á minha lla. Semella
demasiado evidente supor que o neno daquela mesa
fi
tinha aprendido (e de non ser así, abondoulle aquel día
para asumilo) que as normas dos seus pais non eran de
obrigado cumprimento; é máis, desde entón ten a certe-
za de que poderá comer o que queira e cando queira
sen grandes custos engadidos, para alén dumha peque-
na rifa probablemente proporcional ao tamanho da chu-
che que lle mercarán a continuación.

O pasado 29 de novembro de 2016, o Concello de Ou-


rense aprobaba a nova Ordenanza de limpeza de soa-
res que obrigaba á limpeza de todos os terreos de pro-
piedade pública ou privada existentes no termo munici-
pal e regulaba as sancións a imponher a quen incumpri-
ra tal norma, amais dos custos ocasionados polos traba-
llos a desenvolver polo Servizo municipal de limpeza.

Claro, umha cousa son as lindezas que queremos plas-


mar nun papel e outra -ben distinta- a realidade que te-
mos que xestionar e administrar no día a día. Nos últi-
mos 40 anos o Concello de Ourense non foi quen (pola
falla de recursos e persoal) de manter limpas nin sequera
as súas propiedades. Difícil era pensar que ía ser capaz
de facelo este ano no que non tinha nin máis nin mello-
res recursos ca outros anos, e moito máis complexo
aínda sería engadir a esta angueira as labores de vixilan-
cia no cumprimento por parte dos milleiros de propieta-
rios e terreos do termo municipal. E aínda menos mal,
que nos trámites de aprobación desapareceu a data
tope para cumprir co articulado da Ordenanza, proposta
nun principio para o 1 de xullo.

Cal foi o resultado? Pois o agardado, que chegamos a


agosto, a piques de que o “principal sector económico”
do país comece a queimar os montes e ameace con se-
guir achegándose ás cidades, e umha manchea de soa-
res e terreos seguen sen cumprir nin esta Ordenanza nin
a lexislación aplicábel. E para máis inri o “propietario”
que máis incumpre a normativa é o propio Concello de
Ourense. Mala praxe pedagóxica esa de lexislar normas
de difícil ou imposíbel cumprimento, máis aínda cando o
propio lexislador é o principal quebrantador da mesma.
A cidadanía pode dar en pensar que as normas non es-
tán para cumprir e isto provocaría a entrada nun bucle
de difícil saída.

O que si me gustaría é que se o concello, nese universo


esperpento-kafkiano que enxendrou e ameaza con ex-
pandir por todo o territorio, tivera que pagar as multas
que a propia ordenanza municipal marca para quen non
cumpra co seu articulado, reparta responsabilidades
conforme as competencias (ou incompetencias) de ca-
daquén. E non volte a cargar ese peso nos bolsos dos
abusados cidadáns que, nalgún caso, xa xemos esta
re exión por escrito en tempo e forma, sen recibir con-
testación algumha ao respecto.

31 de xullo de 2017

fl
fi
A cidade na que non pasa nada

C
omo cada manhá, o sol sae por tras do Mon-
tealegre. Mentres, as cafetarías da vella Auria
prepáranse para albergar a super cialidade, os
chismes e o glamour de escaparate provocados
por aqueles que noutrora (como chegara a dicirme un
alcalde de Ourense) “non valían para outra cousa” e ho-
gano son responsables de administrar o concello e a
vida dos seus habitantes. Nalgún lugar dos arrabaldes,
érguese a persiana dumha pequena empresa da que vi-
ven 6 familias e que nunca mereceu atención por parte
da Administración local… mesmo os seus propietarios
non saberían ben como proceder se tiveran que perder
os 50 minutos de cola para rexistrar umha instancia no
concello. E, quen sabe, talvez umha persoa maior se fe-
che na casa, desbotando a idea de saír pasear por medo
a ser atropelada, pois ela é a responsábel, tal e como
se encarga de lembrarlle o concello de Ourense na súa
agresiva campanha de “concienciación”, acorde coas
campanhas "irmás" para a prevención de incendios ou
para o uso lúdico dos espazos públicos.

fi
Así esperta cada día a cidade na que non pasa nada.
Umha cidade que vai recollendo umha pequena parte
das persoas que abandonan o rural dumha provincia que
ten hoxe a mesma poboación que tinha hai 200 anos,
aínda que isto non abonde para maquillar o dé cit de-
mográ co provocado pola –talvez- maior emigración da
Historia no noso territorio. Umha cidade con moito que
ofrecer para turistas, antropólogos ou psicólogos, mais
con poucas propostas para as persoas que habitan e
conforman o territorio.

E desta deriva algo deberan ter que dicir as persoas e


entidades que componhen a provincia. Un presidente
da Deputación que, para alén de imputacións, sospei-
tas e certezas, ten a insolencia de ofrecer un emprego
na institución de todos os ourensáns a cambio de sexo,
sen sentir o mínimo pudor ao participar nos días interna-
cionais contra da violencia de xénero que cumpran. Un
alcalde que semella agochar baixo milleiros de sel es as
eivas das que adoece o goberno municipal talvez máis
inactivo das últimas décadas. Umha Administración
que segue creando o espazo ideal da burocracia en bu-
cle, di cultando e cargando de responsabilidades cada
vez máis a vida do administrado. Umha patronal, guiada
por liberais deses que se aproveitan do público e que
bailan ao son de quen asina concesións nos boletins o -
ciais. E tamén umha cidadanía á que “ben nos vale”
umha situación que á penas ten marxe para xusti cala
con un “podía ser pior”.

Entrementres, paseninho, seguen desaparecendo es-


tranguladas e/ou menosprezadas, as poucas iniciativas
culturais que sobrevivían e tinguían con algo de cor
umha cidade e umha provincia murchas que, antes de
que a minha lla sexa maior de idade e conforme ás pre-
fi
fi
fi
fi
fi
fi
f
visións do INE, vai ter tantos ourensáns vivindo fóra do
territorio como nos 8.489 núcleos de poboación que
conforman Ourense (ou a “ourensanía”, que nesta deriva
náufraga igual aparece algún iluminado ao que lle dea
por mudar o nome).

A provincia, líder mundial na produción de pizarra, nou-


trora líder europea en produción de castanhas, chea de
vinhedos e denominacións de orixe, entre os 5 territorios
do mundo con máis arte románica e nos primeiros euro-
peos con máis surxencias termais, esmorece pouco a
pouco nas mans de quen despois de 30 anos ten de-
mostrado non saber [querer] gobernar nin administrar o
territorio.

Pero iso é algo que nos importa pouco aos poucos ou-
rensáns que quedamos vivindo aquí. Talvez mellor que
en ningún outro lugar, facemos bo aquilo de quen non
goberna, fai oposición. E aquí seguimos, agardando
que chegue o día no que poidamos “gobernar” ou, polo
menos, deixar de opositar. 

Tempo hai e espazo para ir repasando a extensa fauna


coa que contamos entre os que entenden o público
como umha propiedade e os estómagos agradecidos;
do espía do Twitter ao enchufado reconvertido en acti-
vista radical contra o nepotismo…

E seguimos.

4 de abril de 2017

Pailaneando

D
espois dumhas semanas xogando a ser analista
xeopolítico e pensando que todo o mundo es-
taba tan pendente coma min de Catalunya,
Gaza, Liberia ou da porcentaxe do PIB que su-
pón a débeda espanhola, foron umhas voces fatuas no
café de hoxe as que se in ltraron no meu cerebro, apa-
gando todo o ruido de fondo e devolvéndome de súpeto
á realidade.

O tema de conversa na mesa cabo da minha versaba


sobre a mudanza de casa dumha das persoas do grupo.
Resulta que xa non podía aguantar máis a vida de retiro
que levaba e, á n, vinha a vivir para o centro da cidade.
Apuntalando o fenómeno, puiden escoitar a outra das
participantes sentenciando: "es que donde tú vivías,
hija..." en alusión á lonxanía e á incomunicación que a
pobre tivera que sufrir con paciencia franciscana no úl-
timo par de anos. Chegados a esta altura, os meus ouvi-
dos (ou as minhas orellas, que non son quen de saber
con precisión quen foi máis responsábel), xa tinhan gana
de rexouba e agardaron con ansia a chegada de máis
datos que permitiran procesar a información. No n de
fi
fi
fi
contas, o caso é que a persoa en cuestión vivía na Lonia
e ía trasladarse á rúa Sáenz Díez, que, para quen non
conheza, están a escasamente un quilómetro de distan-
cia... Outras lindezas saíron na conversa, tais como que
Ourense é a única cidade que non ten Mercadona no
centro ou a case depresión sufrida pola nosa protagonis-
ta ao ter que vivir tan á marxe da civilización e traballar
nas instalacións que a Xunta de Galiza ten no campus
universitario... vamos, "que sólo veía monte en su vida".

Lembrei outra conversa da semana, onde un cliente per-


guntaba estranhado, mentres folleaba o xornal, onde es-
taría Sta. Teresita, pois acababan de inaugurar un par-
que e debía sentir curiosidade por saber se o concello
gastara os cartos dentro do seu termo municipal... Des-
pois de ler un pouco o artigo descubriu o nome dumha
rúa, polo que deduciu que o outro debía ser o nome da
zona. A rúa en cuestión era Río Limia e seguía sen saber
da existencia da mesma (como de probablemente o 80-
90% do rueiro da súa cidade) e así llo transmitiu á per-
soa que estaba por tras da barra, quen, despois de cavi-
lar un anaco, respostou como se se lle acendera umha
bombilla... "Ah, sí! Las calles de los ríos son después del
puente de los romanos, desde allí hasta... uuuu muy le-
jos".

Se non somos quen de conhecer e preocuparnos do


noso contorno, en que medida nos vai interesar a actua-
lidade política do mundo, do Estado ou mesmo do país.
Os “centros”, e mesmo as capitais, sempre foron peri-
gosos, pois fannos actuar como se todo o mundo tivera
umha obriga divina de desprazarse alí. Neste senso, ve-
mos a Madrid, Santiago, a capital de provincia ou ao
centro da cidade -conforme o ámbito o requira- como o
lugar lóxico para manter encontros ou chegar a acordos,
renunciando primeiro e negando despois a potencialida-
de de descubrir, coñecer ou explotar a maior parte do
territorio. Contodo, o pior parado nesta relación e contra
do que poida parecer nun principio, é quen non se des-
praza, que perde opción de ver, de conhecer, de apren-
der ou de compartir, estancándose e abrazando o embi-
go-centrismo como dogma de fe.

Para alén do desconhecemento local e global, o embigo-


centrismo convértese numha sorte de pseudo losofía do
pailán, que non é quen de distinguir entre algo trascen-
dente e umha frivolidade, renunciando a calquera con-
hecemento do pasado, presente ou futuro que non tenha
a ver directamente co seu prato de patacas (con perdón,
de vichyssoise, que o pailán non come patacas).

A desafección e a pouca formación que tradicionalmente


se atribuía (e seguro que erradamente) ás persoas que
habitaban no rural estase trasladando aos centros das
urbes, nomeadamente daquelas que viven dumha apa-
riencia constante e que apostan pola cor da mediocrida-
de para tinguir as institucións e postos de responsabili-
dade pública.

Todos somos un pouco pailans, é certo. E disto saben


tirar proveito os máis espelidos da comunidade, que se
fartan de vendernos calefacción para o verán e pastillas
para viaxes interestelares. Até que deixemos de mirar-
nos o embigo.

3 de outubro de 2014

fi
Entroido, cara onde imos?*

B
on día. “O cina-de-turismo-e-desenvolvemento-
económico-de-Ourense-e-todas-e-cada-umha-
das-súas-comarcas-dígame?”. E visite o noso
entroido ancestral, porcierto.

– Bon día. Mire, chamaba porque o ano pasado fun a un
entroido que publicitaban na súa campanha promocional
e resultou que nin saíron as máscaras nin sequera houbo
moita festa. E este ano quería ir ao seguro. Ouvín falar
do Entroido de Viana do Bolo…

– Venha a Viana, entroido ancestral….

– Pois alá vou, logo. Podería indicarme como chegar, por
favor?

– Até alí non chega o transporte regular… Tería vostede
que coller un taxi…

– Vaia! Igual se me vai un chisco de presuposto. E ao de


Vilarinho de Conso, do que tamén ouvín cousas boas?

– Pois tampouco chega tren nin autobús, pero talvez
poida empregar o mesmo taxi, igual lle fai prezo…

– Deixe, deixe… será mellor ir a un deses que levan tan-
tos anos promocionando… Podería dicirme onde durmir
en Laza?

fi
– Ehem! Pois… se atopa sitio, talvez poida durmir en Ve-
rín… e despois coller un taxi para ir e vir de Laza.

– E na cidade? Que me di deses entroidos de barrio nas
Eiroás, Seixalbo ou A Ponte?

– Pois… este ano concretamente non sabemos moi ben
como irán… Os actuais xestores do concello de Ourense
non mantenhen as colaboracións que a Administración
municipal tinha con eles e non sabemos como in uirá
isto nas organizacións.

– Dame medo seguir preguntando, porque tenho a sen-
sación de que se carga cada Entroido que nomeo…

– Pero oiga, sempre pode ir ao museo do entroido [ca-
chis, tamén o chimpamos] ou ver calquera dos nosos
magní cos folletos… Que raio! Se lle é moito máis boni-
to ver así os entroidos e, ademais, pode facelo cando
queira. A min persoalmente, laverdá, nunca me gustaron
un cara o esas festas tan anárquicas e populares. Penso
que sería moito mellor se se deixaran de tanta troula e
puderamos montar un buen-museo con umha exposi-
ción permanente sobre o que foi umha das festas máis
importantes da nosa Cultura.

– Non dou crédito ao que me está dicindo…

– Xa lle dixen que tamén podería vir o día X? Ese día
reunimos a un feixe de máscaras para tirar umha foto
cos nosos políticos. É un acto formidable, e ao rematar
vostede tamén poderá facerse un sel e con algumha
das máscaras do noso Entroido

… … …

A conversa é cticia… pero non tanto. Neste mundo fe-


liz, conformado pola provincia con máis idade do con-
xunto do Estado (por enriba dos 50 anos de media), coa
pensión de xubilación máis baixa de España (729 € de
media) e con menos poboación da que tinha hai 200
anos, aínda temos humor para festas.

fi
fi
fi
fi
fl
Dentro do ciclo festivo, a nosa festa máis querida sabe a
farelo e patrimonio, arrecende a pólvora e cocido e ten
son de chocas e de bombos. É o Entroido. As festas e
máscaras de inverno -que viven na provincia de Ourense
umha orxía de representacións- tenhen tamén neste te-
rritorio un inimigo común vestido de despoboamento no
rural, con traxe fachendoso de técnico da administración
que despreza o Entroido e con abrigo de político que
non é quen de dinamizar o seu territorio para impedir
que milleiros de persoas emigren cada ano na procura
dun posto de traballo. Esta é a crúa realidade coa que se
atopan cada ano os centos de persoas e comisións de
festas que traballan para manter viva umha tradición que
en Ourense vívese dun xeito especial.

Ven como se baleiran as súas aldeas, ao tempo que


quedan sen servizos básicos de ensino, saúde ou trans-
porte, di cultando a vida da heroica e minguada poboa-
ción. Sofren os procesos farragosos dumha burocracia
adocenada que está conseguindo esnaquizar o pouco
capital social que lle queda activo a esta cidade e pro-
vincia. E escoitan, vaia se escoitan, o que “había que fa-
cer” mentres ninguén fai nada. Polo de agora, os vecin-
hos dalá volven polo Entroido. Outra cousa será saber
como respostan as xeracións futuras, nacidas lonxe da
terra, cando xa non haxa ninguén aquí para ponher en
orde o farelo, a pólvora, o cocido, as chocas e os bom-
bos.

O Entroido berra, e as cento e umha manifestacións que


componhen o acervo cultural na provincia de Ourense
acompanhan este berro. Queren ser algo máis ca un
sel e. Queren ocupar un espazo maior do que umha
exposición museística sobre o esplendor do noso pasa-
fi
fi
do e queren ser umha manifestación cultural e festiva
viva dentro dumha provincia viva.

8 de febreiro de 2018

* Publicado no Especial Entroido en Galicia, (2018),


O Barco de Valdeorras, Xornal O Sil
Xogamos ou facemos deporte I

N
estes últimos meses tenho reparado no raudas
que avanzan as obras de construcción da infra-
estrutura deportiva d’As Eiroás, amais da publi-
cidade que comezamos a advertir e da visita a
estas instalacións por parte dos próceres da cidade. É
por isto que quero adicarlle un par de entradas ao tema,
centrándome nesta primeira numha relación do histórico
dos acontecementos.

Cando no 2003 a dotación que nos ocupa cara re ecti-


da no Plan de Ordenación da cidade, quen aquí escribe
participaba do movemento vecinhal da zona, conhecen-
do ben polo miúdo o proxecto en si, e mesmo partici-
pando na redacción de distintas propostas sobre o par-
ticular.

Naquela altura, o planeamento de nitivo contemplaba un


espazo dotacional que comprendía os espazos para un
centro de saúde, un estadio multideportivo, un pavillón
cuberto e umha piscina, liberando umha praza aberta e
diáfana para o lecer e o solaz das vecinhas e dos vecin-
hos, propiciada pola orografía do terreo. E isto -máis ou
fi
fi
fl
menos- era o que contemplaba o primeiro anuncio de
construcción, feito polo goberno local por conta dos or-
zamentos autonómicos e dun plan que  dicía chamarse
“Ourense cara o novo milenio” (moito fume, nunca che-
garon a orzamentar un can para tal n). Desde aquela,
os continuos trocos no goberno do concello e da Xunta,
supuxeron continuos atrancos no desenvolvemento do
proxecto.

Foron múltiples as xuntanzas que mantivemos con re-


presentantes políticos e gubernamentais de distinta cor
ao longo de 5 anos e foron moitos (e moi singulares) os
compromisos incumpridos por parte de todos eles:

Entre 2003 e 2004, co PP no goberno da Xunta, mesmo


chegaran a pregonar aos catro ventos por todo o barrio
un proxecto nomeado Ourense cara o novo milenio, con
infografías e montaxes varias de como caría o espazo.
Nunca tal vimos nin sequera orzamentado.

Posteriormente –no ano 2005- chegou á Xunta un go-


berno sustentado polo PSOE e o BNG. Nesta ocasión, o
Xefe provincial de deportes comprometeuse en varias
ocasións (no barrio e no seu propio despacho) a levar
adiante a construcción das infraestruturas deportivas
dentro dun plan plurianual que comezaría a levarse a
cabo no seguinte exercicio.

Finalmente, nin os uns nin os outros foron quen de cum-


prir con ningún dos compromisos. Os cuartos comeza-
ron a escasear e a pelota caeu no tellado do concello
(desaparecido todo este tempo e asubiando cara arriba,
por non poder asumir o custo das infraestruturas). Así as
cousas, no ano 2007 mantinhamos umha reunión co –
naquela altura- tenente-alcalde para darlle a conhecer as
nosas inquedanzas e reivindicacións. E a verdade foi que
fi
fi
chegou a presentarnos umha proposta que -aínda que
non nos convenceu demasiado- está a piques de ver a
luz.

O mao desta proposta é que se trataba de outorgar


umha concesión a mans privadas da xestión de dous
dos espazos dotacionais máis grandes da cidade (Oira e
As Eiroás) en contraprestación por asumir un parcial no
custo das obras. Para outra ocasión deixo o comentario
sobre o grande número de concesións que está asumin-
do a empresa FCC e as súas liais (si, a das Koplovitz)
na nosa cidade ou da súa histórica relación familiar co
noso territorio no que atinxe a sacar tallada de grandes
concesións públicas.

A Sabrigueira, aquel espazo mal acondicionado onde


nenas e nenos podían ir brincar cando quixeran, con se-
rio perigo de mancarse nos xeonllos vai car perfecta-
mente urbanizado. Con un bon aproveitamento e con
umha proxección estética moito mellor, iso si, mais con
un pequeno matiz: agora, as nenas e os nenos que quei-
ran xogar han ter que pagar o carné das instalacións ou
a cha federativa de algumha sociedade ou clube depor-
tivo.

Por outra parte, e para que quede claro que sufrimos os


paus de todas as bandas, o actual goberno da Xunta pa-
ralizaba en marzo do 2009 a Resolución de 12 de febrei-
ro de 2009 da División de Recursos Económicos, pola
que se anunciaba a licitación, polo trámite urxente e
procedemento aberto multicriterio, para a redacción do
proxecto básico e de execución para a construcción dun
centro de saúde no Vinteún. AB-SER3-09-020 (publicada
no DOG do 18 de febreiro – páxina 3.439).

fi
fi
fi
Naquela zona da cidade estamos lonxe do que alguén
dera en bautizar como milla de ouro, o espazo céntrico
onde outrora asentara a pseudo-burguesía da cidade e
onde se enterran os cuartos públicos facendo e desfa-
cendo beira-rúas ou instalando e reinstalando mobiliario
urbán. A xentri cación tamén chega a Ourense. E, ló-
xicamente, non vai ser a Rúa do Progreso (polo de ago-
ra) quen sufra as súas consecuencias. Toca agardar por
uns orzamentos que non chegan e por uns políticos que
pensen a escala e perciban o concello de Ourense como
algo máis ca un solar na praza Maior onde empregar aos
seus achegados.

23 de maio de 2012

fi
Xogamos ou facemos deporte II

D
espois dalgúns meses sen atender a bitácora,
decídome a retomar o contacto para dar conti-
nuidade a umha entrada sobre a xestión do de-
porte e da actividade física por parte das admi-
nistracións públicas.

Nos últimos tempos venho observando con preocupa-


ción o caminho incipiente da privatización dos espazos
públicos e da prohibición do seu uso para xogos infantís.
Xa chegará o tempo de contratar á mesma empresa
concesionaria para organizar un congreso no que se
analice por que as nenas e os nenos de hoxe en día non
xogan na rúa do mesmo xeito que o facían nas pasadas
xeracións… mesmo pagaremos umha consultoría para
diagnosticar os motivos da desaparición progresiva dos
nenos nas rúas.

Esta circunstancia desnaturalizadora e deshumanizante


preocúpame e moléstame en demasía, e máis aínda
porque semella caminhar cabo da evolución social e do
desenvolvemento mal entendido. Ás veces semella que
non acabamos de asimilar que nós mesmos fomos ne-
nos, así como os nenos de hoxe serán adultos e do
mesmo xeito que a maior parte desapareceremos sen
deixar máis pegada na Historia do que umha partícula
de pó cósmico na atmosfera terrestre.

Queixámonos da escasa capacidade de socialización


das nosas llas e dos nosos llos, da súa dependencia
da DS, da PSP ou doutras plataformas audiovisuais e
dixitais. E facémolo mentres non permitimos que baixen
á rúa (polos perigos que acarrea) nin que xoguen coa
terra (porque mánchanse e poden metela na boca). Os
xogos de sempre, testados por múltiples xeracións ao
longo da Historia, seguen a ser moi atractivos para os
máis pequenos aínda que moitos pais se resistan a
asumilo, cando reducidos ao espazo escolar, museísti-
co ou propagandístico. Os pais e avós do futuro só terán
a posibilidade de aprender a rodar un aro ou lanzar un
trompo nos 15 minutos nos que lle toque o monitor de
turno na actividade programada por algumha institución.
Ao rematar a actividade, acabouse. Saen ás rúas (onde
non poden xogar), pasan por diante de locais sociais e
centros cívicos (onde non poden facer ruido) e chegan á
casa (onde os seus pais aínda non voltaron do traballo e
se o xeron non tenhen azos para enredar con eles). É
máis cómodo -onde vai parar!- acender a televisión e
deixar que vaia entrando pola vea, paseninho, toda a in-
formación que a sociedade considera que precisan os
seus novos membros para non seren “antisociais”.

Asemade, empregamos ás nenas e aos nenos como


atrezzo fotográ co para escoltar aos políticos de turno
na inauguración ou presentación dun programa calque-
ra. Para isto si serven. É habitual mobilizar desde o con-
cello aos centros de ensino da cidade para que ache-
guen até a praza maior a algúns centos de escolares aos
que agasallar con algumha cousa menor mentres acom-
fi
fi
fi
fi
fi
panhan –ilusionados e de verdade, que na infancia todo
é sinceiro- ao político que non consegue trascendencia
doutro xeito. Esta estampa convértese na imaxe do ab-
surdo cando, nesa mesma tarde, son reganhados por
quereren desenvolver os mesmos xogos e actividades
no mesmo espazo matutino.

Noutra tesitura atópase a concesión do complexo de-


portivo d’As Eiroás, onde os pequenos do barrio e
arredores van deixar de gozar dun espazo de xogo his-
tóricamente abandonado pola Administración para ob-
servar umhas estruturas ben desenhadas e ben dotadas
que ocupan a totalidade do terreo e ás que non poderán
acceder sen pasar previamente por caixa, o que enraíza
con ese costume enfermizo de deixarmos nas mans de
federacións e clubes deportivos os desenhos das políti-
cas e estratexias da educación física da sociedade.
Umha prática que semella tan pervertida como sería dei-
xar as políticas sanitarias nas mans das farmacéuticas, a
xestión das bibliotecas nas mans das editoriais, as polí-
ticas de vivenda nas mans das inmobiliarias ou a xestión
cultural nas mans das distribuidoras artísticas (ups!).

As Administracións deben facilitar e promover a activi-


dade física entre a cidadanía como fonte de saúde e be-
nestar. Garantir espazos libres e/ou dotacionais para o
xogo e o exercicio, e non cargar no erario público a acti-
vidade deportiva derivada do espectáculo e da activida-
de económica dos deportistas profesionais e das em-
presas do deporte. Teremos que ver se de verdade nos
interesa que os espellos nos que se miren os nosos llos
sexan aqueles deportistas que sitúan a súa residencia
fóra de Espanha (aínda que compitan baixo a súa ban-
deira) coa única intención de evadir impostos, aqueles
que cobran as primas por ganhar mundiais en paraísos
fi
scais, aqueles que desde moi cedo aprenden que in-
frinxir as reglas de xogo non é mao se non se inteira o
xuiz ou aqueles que anteponhen o rendemento deportivo
á saúde ou ao desenvolvemento persoal. Os ídolos que
escollamos para os nosos llos han ser os faros que
alumeen as vidas dos responsables da sociedade do fu-
turo.

3 de abril de 2013

fi
fi
Ollo, sonche as festas

N
o acervo de elementos que enche o meu maxín
hai un pequeno espazo para aquel slogan de
nais dos ’80 que, polo menos a umha parte da
mocidade ourensá daquel entón, devolvíanos un
orgullo de seu para coa cidade e cos seus festexos. O
león dos Enríquez deixaba a espada e o escudo para
mergullarse de incógnito nas festas e asistir aos concer-
tos de distintos grupos e bandas que até aquel entón só
podiamos ver na televisión.

Co paso dos anos (e das festas) a minha percepción da


xestión dos espazos de lecer foi madurando, entenden-
do e asimilando o contido lúdico e cultural das festas,
máis tamén a importancia antropolóxica e económica.
Todo isto, claro está, a desenvolver e ponher en valor
desde a linha política escollida polo goberno municipal
de turno, que é quen representa o sentir da cidadanía
ourensá.

Non me excita demasiado a santi cación do pasado; en-


tre outras cousas porque son máis da opinión de que
calquera tempo pasado sempre pode ser mellorado no
futuro. Interésame máis traballar pola vida da minha lla
fi
fi
fi
que sentir morrinha da minha infancia. Emporiso, sinto
un grande desacougo que vai medrando dun ano para o
outro. Non sei se é polo rosmón que me está volvendo a
idade, pero a percepción que tenho é de que as festas
xeran menos ilusión a cada ano que pasa… mesmo me
atrevería a dicer que molestan máis ao conxunto dos ci-
dadáns.

Este ano observo con certa perplexidade (hai que recon-


hecer que non inesperada) a anulación do mercado me-
dieval (un experimento máis dos últimos anos, que se-
mella axinha pasará á Historia) e a cancelación do espa-
zo habitual dos feirantes. Circunstancias estas que su-
madas ao conxunto de actividades que conforman o
programa festivo falan dumha programación [ancorada
no século XX] que non soubo evolucionar conforme aos
tempos e ás demandas da cidadanía.

Renunciar ás atraccións dos feirantes ten un punto de


disparatado. Para alén da propia actividade que supon-
hen as barracas por si mesmas, desistir de acadar ingre-
sos por este concepto para convertelos numha nova
partida de gastos no conxunto das festas non deixa de
ser –cando menos- sorprendente. Aínda que –tamén é
certo- este comportamento ten un aquel común no ADN
galaico, que renuncia a aproveitar un monte vivo e xera-
dor de riqueza para crear un novo sector económico
(con data de caducidade) baseado na súa queima e des-
trucción. A sensación de ridículo medra en tanto imos
vendo como van desaparecendo actividades creadas e
desenvolvidas anos atrás, creando a sensación de que o
programa festivo non foi desenhado en base a ningún
criterio nin a ningumha re exión amparada nas linhas
políticas que poidan emanar dun proxecto de cidade
concreto.

fl
O desacougo vese incrementado cando constatamos
como o Concello é quen de crear normas autolesivas
que di cultan e/ou imposibilitan diversas accións que xa
tinhan o seu lugar no calendario festivo e cultural da ci-
dade. A recente esixencia da contratación dun plan de
evacuación e prevención de riscos para todas as festas
parroquiais do municipio, que ven a signi car un impor-
tante gasto extra para as comisións de festas (as máis
das veces xestionadas por persoas coa maior das von-
tades, pero con escasos recursos), veu provocar xa nes-
te ano a desaparición de diversas festas desta índole no
termo municipal. Estes festexos, convertidos hogano
nos eixos do escaso capital social que queda neste con-
cello, ven deste xeito como é o propio concello quen
propicia a volatilización dun dos núcleos fundamentais
da organización social, “que facilita a coordenación e a
cooperación para un bene cio mutuo […] permitindo re-
conciliar interese individual e interese xeral”1 da cidade e
dos seus habitantes.

Hai uns anos, numha das escasas reunións do [estéril]


Consello Municipal de Cultura, quen aquí escribe che-
gou a proponher a Avenida da Ribeira Sacra como espa-
zo feiral, para a instalación das atraccións e dos feiran-
tes: por ser un espazo céntrico (no actual termo munici-
pal), por xerar menos molestias vecinhais que outras
ubicacións e por constituir un dos espazos nos que se
levan a cabo cada ano as intervencións máis populares
da cidade (os espectáculos pirotécnicos de Ourense e A
Ponte). A persoa responsábel da concellaría -sorpreden-
temente- alegou a imposibilidade de usar ese lugar por
constituir o tramo urbano da N-120 e ser titularidade do
Ministerio de Fomento, non sabendo que contestar á
pregunta posterior que lle inquiría sobre os motivos po-
fi
fi
fi
los que o concello non fora quen ainda de solicitar a re-
cepción do vial, ao atoparse dentro do rueiro da cidade.
E aquí seguimos. Os anos pasaron e a situación segue
sendo a mesma, con umha actividade cotiá a ritmo de
culebrón, que fai que os anos pasen sen que mude prá-
ticamente nada, e umhas festas que máis semellan
umha dor de cabeza anual que o principal programa fes-
tivo da cidade.

A evolución das festas de Ourense non deixa de ser


preocupante. Talvez deberiamos deixar de preocuparnos
e comezar a ocuparnos en desenhar e crear umhas fes-
tas que sintamos nosas e que axuden a proxectar orgu-
llo de cidade. E se, ademais, poden aportar algo á mal-
treita economía ourensá e a mellorar a imaxe da mes-
ma… pois moito mellor, oiga.

25 de xunho de 2016

1 Putnam, Robert D., (1995),


Bowling Alone: America’s Declining Social Capital, na Journal
of Democracy 6 V. 6 Nº 1 (pp. LXV-LXXVIII),
Baltimore, Maryland, Johns Hopkins UP
Glamour de escaparate

E
sta semana, a actualidade ourensá veu marcada
–para algúns- polo desenvolvemento dumha
nova edición do Festival de cinema. Non sei se é
que me vou facendo maior e áspero ou o Alz-
heimer comeza a facerme as beiras; mais o caso é que
cada ano tenho menos constancia da celebración deste
evento.

A percepción que tenho –por suposto, totalmente sub-


xectiva- é que a trascendencia caeu en picado conforme
foron pasando os anos e as distintas edicións do festi-
val, diluíndose numha prestidixitadora sorte de alfom-
bras vermellas, glamures de alugueiro e fotos comparti-
das, consumindo talvez demasiados esforzos nas ceri-
monias de inauguración e clausura e perdendo forza
para desenhar as linhas estratéxicas do festival.

Reinventamos, reestruturamos, reorganizamos, recria-


mos…. mais o festival segue sendo o mesmo buraco no
que cada ano se colan entre 60 e 100 millóns das anti-
gas pesetas (xa non sei escribir pesetas sen colocarlle o
adxetivo diante), sen acadar o reconhecemento ansiado
no sector nin a trascendencia desexada entre a propia
cidadanía.

Se viaxamos atrás no tempo até o ano 1996 -primeira


edición do OFF– e facemos umha comparativa do que
ten evolucionado o sector audiovisual nestes 15 anos,
atopámonos con que a produción audiovisual na cidade
non sufriu grandes mudanzas (agás custosos e esporá-
dicos exemplos), a formación mesmo diminuiu e a exibi-
ción… bon, xa só existe umha empresa que xestiona a
exibición cinematográ ca na cidade de Ourense. Ante
isto, as cuestións son evidentes: que queda do cinema
na cidadanía? Que sabe do festival un vecinho d’A Car-
balleira ou do Val do Regueiro? Conste que non preten-
do –nin de lonxe- censurar as accións culturais minorita-
rias; mais cando umha actividade non emana dumha
demanda social importante, só ten cabida dentro dumha
programación anual como elemento divulgador, forma-
dor ou estratéxico, circunstancias que –lamentablemen-
te- non cumpre o noso OUFF.

Lamento enormemente o desaproveitamento destes 16


anos. Que non se convertera na plataforma real de pro-
moción do audiovisual galego e/ou numha referencia
peninsular do cinema independente. Que non se erixise
no principal promotor das producións audiovisuais na
cidade e provincia. Que non tivera umha linha clara e
continuada sobre a temática do festival. Que non apos-
tara por umha programación continuada como elemento
dinamizador ao tempo que formador. Que non facilitara a
formación e a distribución das nosas producións e dos
novos valores…

E mentres seguimos mantendo o noso particular gla-


mour de escaparate, a Administración local vai comezar
fi
un novo exercicio sen liquidez abondo para asumir a dé-
beda acumulada.

19 de outubro de 2011

OUFF

N
as últimas semanas, alguns dos MUPI’s da ci-
dade amosan un grande número 17, e non se
trata dos 17 novos parques eólicos que van
producir electricidade esquilmando os montes
ourensáns sen deixar plusvalía ningumha na nosa terra.
Tampouco se re re á taxa de paro en Galiza (a de Ou-
rense xa pasa do 21%). Por ser, nin sequera consiste
numha lembranza melancólica da canción de Violeta Pa-
rra.

Xa sei, xa sei… A resposta a tal incógnita non tería sido


moi difícil de acadar se houbera lido o contido do MUPI,
mais a minha deixadez xo que tiveran que pasar aínda
uns días para descubrir de que trataba aquela publicida-
de. Foi o venres pasado cando, mergullando entre as
propaganda do Carrefour, das videntes e dos servizos
de fontanería que ateigan a caixa do correo publicitario
da minha vivenda, atopei un folleto informativo coa pro-
gramación da 17ª edición do Festival de cinema de Ou-
rense.

Non sabería dicir se a sorpresa que me causou tal des-


cubrimento foi positiva ou negativa, mais o caso é que
fi
fi
xa tinha resposta ás minhas dúbidas sobre o anuncio do
MUPI.

E é que as novas xeradas ao longo do ano polo concello


de Ourense e o propio OUFF, amén da pésima situación
económica do país, concebiron en min toda umha serie
de dúbidas sobre a continuidade do evento. Un festival
que, pouco a pouco, como se dumha morte anunciada
se tratara, vai chegando ao seu n. Un caminho erráti-
co de 17 anos e máis de 1.000 millóns das “antigas
pesetas” (e seguimos co binomio) gastadas nun sector
que á penas xerou postos de traballo na nosa cidade nin
conseguiu introducir en Ourense umha identidade cine-
matográ ca que si se pode percibir noutras cidades con
este tipo de acontecementos.

Está a piques de celebrarse o acto de clausura do festi-


val e a desazón que me produce a mala xestión que se
ten feito deste evento e o pouco proveito que lle ten ti-
rado a cidade xa non pode ser maior. Se tivera que opi-
nar sobre as linhas xerais, serviría perfectamente o que
escribía fai un ano sobre o mesmo. E talvez ese sexa un
dos principais problemas: mentres vemos como outros
festivais (mesmo con menos antigüidade) evolucionan e
prosperan co paso dos anos, o OUFF non deixa de ser
outra ferramenta política, amais de seguir engangrenado
numha situación de querer e non poder, umha festa de
novos ricos.

Vaise esvaendo. Como a luz escintilante dun cirio que –


no seu ocaso- semella non querer deixar de alumear,
aínda que todos tenhamos a completa certeza de que
acabará por extinguíndose. Outra cousa vai ser compa-
rar a rendibilidade do cirio e máis do festival.

8 de novembro de 2012

fi
fi
OUFF!! Xa pasou

E
alá foi outro ano. As avaliacións, probablemente
escritas con anterioridade á celebración do pro-
pio festival, de seguro van con rmar que a actual
edición foi un éxito, máis aínda contando coas
circunstancias adversas actuais, que di cultan un ópti-
mo desenvolvemento das accións desexadas… Así as
cousas, detectamos un incremento de público en com-
paranza con outras edicións, constatando ademais
umha maior a uencia de xoves espectadores e bla bla
bla…

Este tipo de análises sempre me provocaron -por que


non dicilo?- un pouco de sarpullido, a verdade. A xeito
de leria, lembro un faladoiro no que o tristemente nado
Antonio Tabarés -tan vital e falador como boa persoa-
contaba umha anécdota sobre a Festa do polbo do Car-
ballinho. Dicía que nas primeiras edicións cometeran o
erro de daren cifras que case duplicaban ás do ano an-
terior, feito que os “obrigou” a ir incrementando o núme-
ro de participantes até as cifras actuais que, cando me-
nos, son… “curiosas”.

fl
fi
fi
fi
Pois ben, ao noso OUFF pásalle un pouco o mesmo.
Como non hai nada que analizar no que atinxe á tras-
cendencia do evento, tanto no ámbito cultural como
económico, centramos o foco no número de butacas
ocupadas, sen ter en conta a merma no número de salas
de exhibición, a reducción de actividades paralelas ou a
permeabilidade que o propio festival ten na cidadanía.

E velaí que temos ao “mozo” con 18 anos cumpridos e


con tantas variantes, retoques e reinvencións como polí-
ticos e aspirantes pasaron polos postos de responsabili-
dade do OFF, Festival de Cine, Festival de Cinema,
OUFF…

Non hai profusión de planos nin de encadres. Abonda


con un plano enteiro dos responsables políticos de cada
edición, con cadanseu sorriso de dentífrico, sesión de
raios UVA e traxe negro, defendendo o logotipo da súa
leira (cadaquén o seu, sen confusións) para termos a
foto- xa de cada edición. Do demais, pouco que dicir…
Consiste básicamente na proxección dun feixe de pelí-
culas de “difícil” acceso (desde que existe Internet, esta
di cultade é moito menor) ao longo dumha semana e a
un prezo esaxerado para o contribuínte. Do cinema
-como arte ou como industria- pouco queda na cidade.
Lamentablemente, a minha opinión sobre o evento en si
segue sen variar desde hai moitos anos. Neste mesmo
blog xa incluín entradas ao respecto nos 2 anos anterio-
res.

Cando investimos tanto dinheiro público numha marca e


chegamos aos 18 anos, umha porcentaxe moi elevada
da cidade debera saber respostar -polo menos- a cues-
tións tan básicas como en que consiste, onde se desen-
volve e en que datas se celebra. Respostas que triste-
fi
fi
mente non atopamos se damos un paseo pola cidade, e
moito máis se nos alonxamos da “milla auriense”.

Hai algún tempo, a fotógrafa e amiga Rosa Veiga, pa-


soume esta foto, tirada o 10 de novembro de 1996 no
vestíbulo do Teatro Principal. Era umha boa parte do
equipo organizador con algúns dos premiados na xorna-
da de clausura da primeira edición daquel OFF. Mirán-
doa máis umha vez, non podo deixar de sentir certas
saudades. Non só por ver a algumhas persoas que xa
non están con nós, como o Eloi ou o Rober, senón ao
pensar no que puido ser e non foi.

Mentres outros certames como CINEUROPA ou Cans


seguen umha traxectoria ascendente, asentándose no
mercado da exhibición cinematográ ca e audiovisual,
Ourense segue buscando as respostas a COMO, PARA
QUE, ou PARA QUEN cómpre umha estrutura como a do
OUFF xerando un importante gasto corrente anual á ci-
dadanía ourensá e aportando pouco máis que 3 proxec-
cións cinematográ cas ao día durante 1 semana ao ano.

25 de novembro de 2013

fi
fi
Arde Galiza

O
pasado mes de agosto, a vaga de lumes ache-
gábase outra vez á cidade de Ourense e o
lume voltaba a apoderarse do norte da cidade.
É algo ao que –desgraciadamente- estamos
afeitos nas últimas décadas. As condicións do incendio,
os distintos focos e a gravidade do mesmo, fíxome revi-
vir outro moi semellante ocorrido no mesmo lugar e na
mesma semana de agosto do ano 2006. Entre a raiba e
a tristura, por momentos vinha á minha memoria aquel
olor a alma chamuscada, o ruido ensordecedor do canil
-onde cans e gatos pregoaban todo o alto que podían o
seu nerviosismo- e o silencio cruel e duro que se insta-
laba naquel monte recén queimado, o silencio dun lugar
onde acababa de desaparecer todo resto de vida animal
e vexetal.

Os bailes de cifras sobre hectáreas queimadas, as res-


postas inmediatas e profesionais pola parte dos corpos
de extinción de incendios e as declaracións dos políticos
con distintas responsabilidades no asunto (mesmo os
que aproveitan para ganhar un espazo nos medios de
comunicación), non fan máis ca rea rmarme na postura
fi
de que o lume é un gravísimo problema que non vai fa-
cer outra cousa ca ir a máis. Que os incendios non se
controlan até que non que nada que arder é unha ver-
dade só comparable á cuestión de que o lume é hoxe un
dos principais sectores económicos do noso país.

Segue ardendo Galiza, como cantaba o “resentido” An-


tón Reixa hai dúas décadas, ou a mellor dicir, seguimos
queimando Galiza. Por que? Talvez porque temos tal dis-
torsión da realidade que cremos rmemente nos bene -
cios do lume, do mesmo xeito que cremos nos bene -
cios de calquera lingua que non sexa aquela pola que
existimos como comunidade cultural. É umha espléndi-
da metáfora do que está ocorrendo no país: Queimamos
o interior, o máis sagrado, destruindo todo signo de vida
como querendo borrar da face da terra calquera sinal de
galeguidade. Mais ese é outro asunto, do que cómpre
falar con máis amplitude.

19 de setembro de 2011

fi
fi
f
f
Queimando o País

C
uando escoito a algúns políticos (ou aos seus
estómagos agradecidos en tertulias televisivas)
facendo comparacións peregrinas do noso País
ou do noso Estado con outros territorios da
nosa contorna, non podo evitar lembrar un dos sectores
nos que se basea a economía nlandesa: o forestal. Alí,
sector estratéxico que xera cuantiosos bene cios para
as arcas públicas, suponhendo un 18% da produción
total da industria en Finlandia (20.700 millóns de € en
2014), emprega ao 15% dos traballadores de toda a
industria nesa e xa poboación no rural. Aquí, converti-
do no combustíbel que alimenta un sector que se veu
xestando nas últimas décadas e que está a minguar
-pouco a pouco- os nosos recursos materiais e poten-
ciais, amais da identidade do país.

Onte, no Día Nacional de Galiza, un dos moitos lumes


que acabaron con milleiros de especies vivas (animais e
vexetais) e con un bo feixe de euros públicos (sumando
o que tivemos que gastar e o que deixamos de ingresar)
tivo lugar en Alongos -Toén.

26 de xullo de 2015

fi
fi
fi
fi
Outro punto de vista sobre o din-
heiro

E
stamos no ano 32.000 a. de C. Entramos no Pa-
leolítico superior e asistimos ao dominio do
homo sapiens en Europa, amparado polo desen-
volvemento de novas técnicas ou polas primeiras
artes rupestres atopadas en Altamira e Lascaux.

Imos imaxinar por un momento que aqueles homínidos


manexaran o mesmo sistema monetario que o gran ca-
pital nos foi metendo nos miolos de xeito impasíbel, re-
nunciando á fortaleza e estabilidade da comunidade
para abrazar a escravitude dun sonho neoliberal disfra-
zado de bens materiais que nunca posuiremos. E postos
a imaxinar, pensemos que a moeda manexada hai
32.000 anos era o Euro. Nesta tesitura, non é difícil con-
cibir que as persoas encargadas de decorar as covas
nas actuais Dordogne ou Santillana del Mar percibirían
umha paga por tal labor (ao gusto do lector se quere se-
guir desenvolvendo o rol e pensar en convocatorias,
concursos públicos, prevaricacións…).

Por continuar coa leria, imaxinemos que o pintor en


cuestión ten un asesor nancieiro cuxa labor básicamen-
te consiste en agochar 1 € por cada segundo transcurri-
do na vida do artista, tentando así contribuir o menos
posíbel ao mantemento do lume e a loxística da súa co-
munidade, que xa haberá abondo quen o faga. Sen dú-
bida, esgrimirán para si algo semellante ao seu dereito á
liberdade individual para non teren que compartir co res-
to da comunidade esas chapas numeradas que tanto
traballo e esforzo lles custou ganhar. E chegado o caso
de que os investigaran ou os forzaran muito, pedirían a
entrada noutro clan que respectara máis os “dereitos do
individuo”.

Así, ano tras ano, a razón de 1 euro por segundo, iría


pasando a vida do noso amigo até o día do seu pasa-
mento, momento no que (con umha esperanza de vida
de 50 anos e unha vida laboral de 30) tería defraudado á
comunidade 946.080.000 €. Aquilo debeu provocar
umha suba dos niveis de avariciosa no seu código xené-
tico, convertíndoo no primeiro dumha saga que apren-
deu a roubar 1 € por segundo e que continuou até os
nosos días. Hoxe, umhas 1.500 xeracións depois daquel
homínido precursor da evasión, a saga familiar leva “afo-
rrado” arredor dun billón de Euros por defraudar ao con-
xunto das sociedades nas/das que foron vivindo.

Agora deixemos de imaxinar e voltemos á realidade. Esa


cifra – 1 billón de Euros– é a cantidade que, conforme a
Comisión Europea, alcanza a evasión e a elusión scal
no territorio UE28… cada ano. A cifra, que pode provo-
car todos os cali cativos que se nos ocorran (inconmen-
surable, infame, inmoral, criminal…) permítenos facer
uns paralelismos cos números que non deberan deixar-
nos impasibles. A maior parte dos evasores son grandes
fi
fi
fi
corporacións multinacionais e/ou nancieiras e, se tribu-
taran simplemente con un 19% (o tramo scal menor,
que asumen todas as persoas con ingresos mínimos) ás
arcas dos seus propios Estados, teriamos un “extra”
anual de 190.000.000.000 € na UE28, o que nos daría –
por exemplo- para asumir máis da metade do total da
"inabarcábel" débeda grega ou cubrir as 14 pagas
anuais de 20.719.738 persoas percibindo o salario mí-
nimo interprofesional de España.

Moitas outras contas, todas elas rozando a inmoralida-


de, podemos tirar desas cifras. E é por isto que me mo-
lesta enormemente cando calquera salvapatrias de pou-
ca monta tenta vendernos fume ao ritmo de discursos
insultantemente falaces sobre a economía, a in ación, as
primas de risco ou o nível de vida por riba das posibili-
dades de non sei quen. Ía sendo hora de mandar para a
súa casa a estes parásitos institucionais e ver se son
capaces de producir ou xerar algún tipo de riqueza sen
depender de soldos xenerosos, contratos ilícitos ou so-
bres en B que –á postre- saen dos petos de toda a cida-
danía.

23 de xunho de 2016

fi
fi
fl
A cidade sen cultura

O
nte foi 30 de outubro. Cumpríanse 100 anos
desde que pra ledicia de todos e pra enseño
de moitos(*), vira a luz o primeiro número da
Revista Nós. Umha revista feita cos pés na te-
rra, que veu a colocarnos por un tempo na vangarda cul-
tural do país e do continente. Onte celebramos, pois, a
efeméride da que ben poderiamos presumir todas as
persoas que conformamos a vella Auria e tenho a impre-
sión que a situación provocada pola pandemia veu a
agochar as carencias que a sociedade ourensá do sécu-
lo XXI posúe no ámbito da cultura, da programación e
mesmo da identidade. As restriccións provocadas pola
pandemia, axudaron a tapar as miserias das administra-
cións e institucións ourensás que enchen a papada fa-
lando da Xeración Nós, malia son totalmente incapaces
-por máis recursos e dinheiro que tenhan- de organizar
un programa de actos digno dun centenario destas ca-
racterísticas.

Pero no meu maxín -e salvando todas as distancias de


tempos e contidos coa conmemoración citada no pará-
grafo anterior- o 30 de outubro garda tamén umha efe-
méride que lembro con moito agarimo. Hai 15 anos or-
ganizabamos umha charla en Ourense para que o amigo
Rafael López Loureiro vinhese a contarnos a súa expe-
riencia coa dinamización e posta en valor da festa do
Samain na vila de Cedeira. Facíao dentro do programa
do Magosto ourensán daquel 2005 que, á súa vez, esta-
ba dentro do programa de actos de apoio á candidatura
do patrimonio inmaterial galego-portugués a Obra Mes-
tra da humanidade, que a Asociación Ponte… nas on-
das! promovera un par de anos antes.

A conferencia tinha lugar no pub Turco un domingo 30 e


constituía, logo, a primeira acción do programa de apoio
á candidatura e tamén o primeiro acto do Samaín en
Ourense, converténdose así na primeira cidade galega
que incluía esta festa no seu calendario.

Á fronte da concellaría de Cultura estaba o Pepe Araújo,


quen -todo hai que dicilo- con ou e facilitou o desenho e
a organización destes actos. Aquela primeira edición do
Samaín celebrouse, pois, dentro da festa do Magosto, e
contou coa implicación -totalmente desinteresada- de
boa parte do capital social da cidade por aquel entón.
Un capital social que, por certo, foise esvaíndo abando-
nado e menosprezado pola institución que pagamos en-
tre todas e todos.

Lembro as conversas e os debates sobre o que debía


ser aquela primeira edición e as subseguintes: sobre a
necesidade de ter aos colexios no punto de mira, as
medidas a tomar para evitar ser arrasados [o menos po-
síbel] polo Halloween, se existía algumha opción de evi-
tar que se convertira nun Entroido ou mesmo as propos-
tas e re exións sobre o nome da festa en cuestión ocu-
paron boa parte do tempo previo a aquela primeira vés-
fl
fi
pera de Santos (ou hallows eve)… Os puntos de vista
foron variados, e talvez mereceran umha memoria por-
menorizada sobre a intrahistoria da festa. No que habia
máis consenso, era na presenza dumha certa ilusión xe-
rada polo nacemento dumha nova data no calendario
festivo da cidade. Umha festa que emerxía da comuni-
dade, con éxito de participación desde o primeiro mo-
mento e con un escasísimo custo económico naquela
primeira convocatoria.

Nos anos posteriores houbo de todo. Desde quen des-


cubriu umha oportunidade de negocio até quen atopou
un altofalante para a comunicación política… Quen de-
cidiu reinventar (a condena constante dumha cidade sen
proxecto político) "o produto" sen ter en conta o traballo
anterior ou quen, como este ano, decidiu non facer
nada, que sempre é menos canso que traballar.

Hai uns meses, ante a inacción do concello de Ourense,


e nomeadamente da área de Cultura (cuxo mantemento
cústanos un par de riles cada ano), un grupo de persoas
decidimos lanzar ao ar umha convocatoria virtual para
non deixarmos de celebrar a festa dos Maios. A convo-
catoria Cantádeme un Maio foi un éxito maior aínda do
agardado, o que reforza a con anza na cidade e nas
súas xentes. Pero a actitude do concello naquela altura -
abandonando as súas responsabilidades e as súas atri-
bucións, sen renunciar ás súas nóminas- desacouga
enormemente a quenes cremos “que temol-a evidencia
de sermol-os millores, os mais doados, os mais fortes;
de que todal-as forzas do esprito están connosco, de
que imos trunfar por sermor nós, por sermos galegos, e
por seren o Tempo e o Mundo os que o piden…”(*)

Na nosa cidade e na cidade de Nós a 31 de outono de


2020. "A todol-os que nos lean SAÚDE E TERRA"(*).

fi
31 de outubro de 2020

* Primeiras verbas, (30 de Outono de 1920),


na Revista Nós Nº 1 (pp. I-II), Ourense
Non nos canceles
Precisamos da cultura, polo que debemos axudala a facer frente a
esta conmoción.
Temos que avaliar o impacto da crise, iniciar unha re exión conxunta
e levar
a cabo iniciativas coordenadas. A UNESCO ten a plena intención de
desempenhar o
seu papel neste proceso, conforme ao seu mandato.
Audrey Azoulay
Directora Xeral da UNESCO

A
cidade de Nós xa non é a nosa cidade.

Escribía Florentino Cuevillas no primeiro número


da Revista Nós sobre o pouco que ten “d’agra-
dabre nacer n-unha d’estas épocas en que o
mundo cambea de pruma ou de dentes…”(1). En Ouren-
se débenos estar tocando mudar a pluma, os dentes e
até a pel, porque as novas que chegan cada día do noso
concello fan dubidar sobre a veracidade das mesmas e
o bo tino de quen as propugna.

Mentres a práctica totalidade do mundo chega a un


consenso sobre a necesidade de artellar accións dirixi-
das a impulsar o sector cultural (que se enfrenta a unha
fl
crise sen precedentes consecuencia da pandemia pro-
vocada pola COVID-19) através dunha reunión on-line
convocada pola UNESCO o pasado 22 de abril e na que
participaron os máximos representantes políticos de
máis de 130 países; o concello de Ourense desmárcase
deste consenso planetario cancelando, na mesma data,
toda a Cultura no termo municipal por máis de medio
ano. Semella que o actual goberno municipal aposta por
ser o protagonista dos programas de tele-lixo ou conse-
guir que Ourense sexa o referente de todas as risas e
escarnios no panorama estatal polas súas medidas ab-
surdas, extravagantes e disparatadas.

A este rumbo erradío cara a cidade da incultura (agrava-


do aínda máis polo que representa no centenario da Re-
vista Nós), podemos engadir a sorpresa provocada polo
feito de incumprir a práctica totalidade das medidas ex-
traordinarias que a Rede de teatros, auditorios, circuitos
e festivais de titularidade pública trasladaba o pasado 7
de abril ao Ministro de Cultura, entre as que se incluían
un amplo programa de accións en ámbitos como a
contratación pública, a Seguridade Social, a nanciación
empresarial, as subvencións públicas, os impostos ou o
fomento do sector escénico e musical. E digo sorpresa
porque o Auditorio Municipal (cuxo titular é o propio
concello de Ourense) é socio desta Rede.

En consonancia co relatado nos puntos anteriores e cos


debates e acordos existentes en medio mundo no actual
período de crise sanitaria e económica, semella doado
colixir na necesidade de artellar e procurar medidas para
evitar, dentro do posible, a interrupción da actividade
cultural durante o con namento e nos meses inmedia-
tamente posteriores. Lonxe disto, o actual goberno mu-
nicipal, como quen reinventa o concepto kitsch dos be-
fi
fi
léns de Nadal ou discorre a construcción dun ranhaceos
de 80 pisos, proclama alegremente a cancelación do ac-
ceso á cultura no curto prazo para a totalidade da cida-
danía ourensá, dirixindo a nave cara o decaemento do
ecosistema cultural ourensán e -en consecuencia- cara
o triste buraco da incultura.

A Cruzada deste goberno municipal semella ter uns ob-


xectivos políticos claros e teimudos, na procura de aca-
bar co tecido cultural e máis co capital social desta ci-
dade, eliminando -de paso- a formación dun espírito crí-
tico no noso concello. De non ser así, faise difícil enten-
der como o concello de Ourense, que goza da maior
disponibilidade de Tesoureiría da súa Historia ou que ten
a maior disponibilidade de recursos técnicos, loxísticos e
humanos (con perdón polo de recursos) de todo o terri-
torio, sexa incapaz de manter umha mínima acción cul-
tural, deixando todo o protagonismo ás/aos axentes cul-
turais (tanto persoas como colectivos ou empresas) que,
por iniciativa propia e cos seus cada vez máis merma-
dos recursos, están desenvolvendo e procurando vías
alternativas para garantir que a Cultura siga viva na ci-
dade que alguén chegara a denominar “Atenas de Gali-
za”.

Ourense, no centenario da primeira edición da Revista


Nós

29 de abril de 2020

1 Cuevillas, Florentino, (1920), Dos nosos tempos, na


Revista Nós Nº 1 (pp. XII-XIII), Ourense
OurenSmart

U
mha cidade ou umha provincia intelixente non se
mide polo número de sel es dos seus políticos
nas redes sociais, senón -e entre outras cousas-
polo aproveitamento, a optimización e a posta en
valor dos seus recursos.

A Ourense, á ourensanía ou como raio lle dean en cha-


mar a este territorio que non para de producir emigran-
tes despois de gastar miles de euros na súa formación,
queren colgarlle umha desas etiquetas que tan ben
campan nun hashtag do twitter, aínda que despois non
estea claro a que se re ren. Mentres vemos como esmo-
recen os recursos que nos debían/poderían situar como
potencia mundial na produción de lousa ou castaña e na
posesión de surxencias termais ou patrimonio románico,
imos valorando se o vocablo smart non se referirá máis á
situación de proído, queimado… máis acorde ás augas
que manan do chan antes de marchar polo sumidoiro ou
a un dos maiores sectores económicos do país, consis-
tente en rendibilizar o monte através do lume.

fi
fi
Estes feitos, por si mesmos, ben nos podían levar a pen-
sar máis en OurenSilly ou OurenFoolish, que non soan
nada mal e mesturan o inglés (esa lingua tan internacio-
nal que tamén é a o cial do papanatismo) coa nosa lín-
gua propia, da que nos avergonhamos menos se a mes-
turamos con calquera fala estranxeira.

Hai umhas semanas tiven ocasión de departir con un


político local que concorría ás eleccións municipais do
pasado 26 de maio. Falamos sobre a parálise na que se
atopa a cidade, sobre a merma demográ ca, sobre o
emprego precario, sobre o limiar da pobreza… e ao in-
querirlle polas súas propostas en materia de política cul-
tural, atopeime coa desafortunada resposta (e non por
iso, menos habitual) de que “eles non querían facer polí-
tica, e menos coa Cultura”… OMG! Ao chegar a este
punto, saltáronlle os ollos das órbitas ao emoji que xa
case domina a minha área de Broca, antes de decatarme
que ese é o nivel: os políticos renuncian á Política…
Talvez tenhan escoitado tantas mensaxes maniqueas e
insidiosas, habituais nos novos parlamentos televisivos,
que xa interiorizaron por completo ese discurso baleiro e
demagogo dos líderes que nunca molestan ao Poder,
deses salvapatrias con bandeirinhas nos pulsos e contas
correntes en Panamá que, entre falacias e medias ver-
dades, van convidándonos a non meternos en Política,
pois xa haberá abondo quen o faga por nós.

O asunto xa non é que pensen no elefante, senón que


nacen con el dentro e... claro, cando chegan á política,
están dispostos a negar calquera realidade que non
chegue entre sorrisos de dentífrico e fanfarrias vitorio-
sas. Aborrecen o traballo, fuxen dos problemas e a polí-
tica... a política, mellor non meterse nela.

fi
fi
Para alén dos farragosos procesos burrocráticos e ad-
ministrativos que pouco a pouco están acabando co ca-
pital social da cidade e da provincia, amais de provocar
a desaparición ou ponher en perigo boa parte dos even-
tos culturais de maior calado que nos custaron moitos
esforzos, moitos anos e moitos euros das arcas públi-
cas, quería hoxe ponher o foco nun par de iniciativas en
forma de libro que nos alegraron o ano e ilustran ben -ao
meu ver- a falla de intelixencia amosada polas adminis-
tracións que pagamos entre todas e todos.

Refírome a dúas edicións que, pola calidade dos conti-


dos, polas temáticas escollidas e polo traballo ben feito
dos autores, ben merecen ocupar un espazo en calquera
biblioteca que se precie. Trátase de Kallaikos, de Paco
Boluda e de Gran Hotel Roma, de Fernando Valcárcel
González. En calquera cidade normal, por pouco smart
que fora, a Administración tería asumido ambas edicións
por completo, se aínda non tivera sido capaz de producir
desde dentro uns traballos semellantes. Polo interese
artístico, divulgativo e histórico de ambas obras, a pro-
cura da simbiose entre o creador/investigador e o políti-
co, si podería ter construido neste caso un smart-sel e.
Pero estamos en Ourense. Entre os políticos que non
queren facer Política e os que só queren facer política
“para os seus”, a única alternativa que tiveron os autores
referidos foi a de custear por completo sendas auto-edi-
cións, que -dito sexa de paso- están a ter umha enorme
acollida, mérito case exclusivo do Paco e do Fernando.

Mentres, no “Ourense o cial” seguimos presentando


modelos de smart para o noso territorio, e recollendo
premios que nos auto-otorgamos para poder encher con
máis sel es/sel sh as nosas redes sociais e podermos
fi
fi
fi
fi
dicir que somos unha cidade e unha provincia intelixen-
te.

Agardamos, por enésima vez (somos así de pacientes e


con ados, talvez intoxicados por un exceso de radón)
que os novos gobernos (e os vellos tamén) de Ourense
saiban desprenderse do elefante que os aprisiona e
aposten polos seus recursos e pola revitalización dos
seus territorios. Talvez así, non precisemos tantas mar-
cas ridículas para aparentar que facemos algo mentres
vemos como a provincia se funde ao ritmo da orquestra
que non deixa de tocar.

3 de xullo de 2019

fi
Vaite a Alemania, Pepe

H
ai uns días, un xornal local agasallábanos con
un titular que mesmo parecía saído daquel
“Curso de ética periodística” co que Juanjo de
la Iglesia nos axudaba a discernir –através dun
humor punzante e comprometido- entre umha crónica
escrita por un xornalista e umha propaganda redactada
polo  gabinete de prensa dun partido ou institución cal-
quera.

A cabeceira en cuestión dicía que descende o paro en


Ourense, naqueles lugares que perden poboación; ou
sexa, para alén do meneo sufrido polo noso cerebro nun
primeiro momento, semellaba que o propósito era facer
un paralelismo entre o incremento poboacional e a suba
do número de desempregados, o que, despois da dixes-
tión e de xeito indirecto, convidábanos a pensar que tal-
vez academos o pleno emprego o día que deixemos a
provincia deserta. Non sei se foi maior a perplexidade ou
o escepticismo provocados en min por semellante cir-
cunloquio, que me convidaba a tomar a pílula azul antes
de regresar á Matrix e ver a merma demográ ca como
umha oportunidade para xerar emprego.

fi
Nese momento de escolla entre as pílulas azul e verme-
lla, atopeime diante dumha variante da aposta de Pas-
cal; asumindo que a Economía e o Emprego son umha
cuestión de azar e aínda que non saibamos de certo se
o despoboamento é umha das causas da reactivación
económica, o racional é apostar a que a perda de po-
boación afectará positivamente á economía ourensá
porque, aínda que a posibilidade sexa extremadamente
pequena, sería compensada pola grande ganancia aca-
dada (a saída do túnel da provincia). E dito sexa de
paso, mentres pasen os anos e vaiamos con rmando o
contrario, os políticos responsables do desastre xa non
estarán ocupando cadeira ningumha nas institucións
cando lle toque fechar a porta ao último ourensán en
emigrar.

Este conto, na provincia máis envellecida do Estado, co


maior número de pensionistas e coa pensión media de
xubilación máis baixa, non deixa de ter un aquel de al-
draxe, (porno duro, que diría un bon amigo) para umha
situación a cada paso máis insostíbel e con menos solu-
ción de futuro. Máis aínda, cando apesar dos múltiples
recursos económicos, sociais, turísticos e culturais que
posúe, á penas pode acoller hoxe ao mesmo número de
habitantes que vivían en Ourense hai máis de 200 anos.

Emulando a aquel programa que nos xo vivir momentos


inesquecibles nas tardes dominicais, sería bon rematar o
post convidando a quen fora oportuno a empregar un
titular máis entendible e acorde coa realidade do noso
territorio (con perdón de Juanjo de la Iglesia e do equi-
po de guionistas do CQC). As cifras do desemprego son
teimudas e seguen ofrecendo un panorama desolador
na provincia de Ourense; un territorio que sofre un in-
cremento xeralizado do paro e só ve invertido este dato
fi
fi
naqueles lugares nos que as únicas persoas que non
emigran, son aquelas que están xubiladas ou tenhen
traballo. Algumha proposta de titular, pois, sería algo así:

A suba do desemprego en Ourense só se ve aminorada


nos concellos que perden poboación

ou

O incremento xeralizado do desemprego provoca o unha


forte emigración no rural ourensán.

Claro que, se o que se persegue é facer umha versión


moderna da aposta de Pascal, ou directamente, ensinar-
lle as saídas (ou a saída) de Ourense ás paradas e aos
parados, que non se corten, e aposten por algo máis di-
recto como:

Canta máis xente se vaia para Alemanha, máis baixará o


desemprego en Ourense.

18 de setembro de 2018

Subimos ou baixamos

H
ai un algo [ou un moito] de rancio nese cansino
costume de atribuirlle tópicos aos pobos da pe-
riferia peninsular. Casualmente case sempre
proceden do mesmo lugar e casualmente ta-
mén, inciden na parte parodiable dos mesmos; feito que
propicia a creación dumha división cticia entre o rexio e
o bufonesco através de fábulas, contos e anécdotas.

Hai un par de días tiven ocasión de ler o artigo dun céle-


bre escritor ao que non frecuento hai anos por prescrip-
ción facultativa. Deulle por aterrar no TimeLine do meu
Twitter (ese mundo odiosamente fantástico no que eu
mesmo -válame Deus!- podería dicirlle ao Albert Eins-
tein que non ten idea de física e quedar tan ancho) e
non saíu dalí até que o rato do meu portátil accedeu a
abrir o contido do chío.

O caso é que caín na provocación de ler o artigo que


chegaba rodeado por umha aura de controversia (estra-
texia escollida polo autor), e puiden asistir ao relato
dumha anécdota persoal ocorrida na capital do antigo
Reino que afondaba no tópico galego por excelencia;
aquel que fala de nós como un pobo que nunca sabe se
fi
sobe ou baixa e que adoita respostar as preguntas con
novas interrogantes. Pouco importa se foi verdade ou
simplemente era froito da imaxinación ou da esaxeración
do autor, o caso é que xa aburre o conto. Cansa, farta,
empalaga e mesmo molesta, do mesmo xeito que abu-
rriría a creación dun novo tópico que tildara de toutizos
ou babecos (ou como di o noso himno, de “imbéciles i
escuros”) a aqueles que non nos [queren] entender nin
sequera cando lles falamos no seu idioma.

Non vou tentar explicar que o xeito máis doado de saber


se un galego ou umha galega sobe ou baixa na escaleira
é mirarlle para onde ten o cú e para onde ten a cara, o
que axudará a calquera persoa, por máis pán la que
sexa, a interpretar o sentido (que non a dirección, esa é
muito máis obvia) que leva o individuo en cuestión. Tam-
pouco vou lembrar a nobleza do territorio que lle deu a
primeira língua á Coroa de Castela, amais do maior nú-
mero de habitantes e tributos a esa Coroa até ben en-
trado o século XIX, xunto a Valencia e aos reinos que
hogano conforman Andalucía. Nin sequera vou incidir na
historia de traizóns e abandonos que carga sobre as
súas costas este reino (provincia, rexión, comunidade…
chámelle o lector como máis excitación lle cause), feitos
todos eles difícilmente imaxinables para un pobo que
non tivera claro cara onde vai nin cara onde quere ir.

O que xa amola un pouco, e máis no caso do viaxado


autor é o feito de analizar de xeito desigual os mesmos
tópicos en pobos distintos. O versado autor do artigo
terá coñecemento -sen ningún lugar a dúbidas- da anti-
ga tradición xudea do pilpul, método de estudo do Tal-
mud e mesmo práctica habitual en centros culturais e de
ensino, extremadamente respectada polo pobo xudeo e
por todo o mundo. E parello a esta tradición, o costume
fi
xudeo -tamén presentado como tópico- de empregar
novas preguntas como resposta. Neste senso, quero
lembrar un chiste sobre os llos de Iudá, que di:

– Por que os xudeos sempre respostades con outra pre-


gunta?

– E por que non?

Sobre o humor e sobre a orixe de lendas, fábulas, con-


tos e mesmo chistes non vou falar nesta entrada, aínda
que sería de interese contrastar o contido do citado an-
teriormente con aqueloutro sobre os galegos:

– Por que os galegos respostades sempre con outra pre-


gunta?

– Quen?, Eu? Eu? Eu?… 

Os “chistes” enriba expostos falan de costumes seme-


llantes, mesmo poderiamos colixir sen di cultade que se
trata case do mesmo chiste (aínda que un deles estea
adobiado con un toque de orgullo e o outro con un chis-
co de vergonha). Sobre o común destas tradicións, tal-
vez poderiamos procurar nun pasado máis parello do
que pensamos entre culturas imbricadas ao longo de va-
rios séculos. O que xa non é tan semellante é a percep-
ción nin a explicación do costume en cuestión.

Procurando ao respecto, aínda non fun quen de atopar


referencias sobre as di cultades de saber se un xudeu
sobe ou baixa na escaleira. Que a tradición xudea é máis
de preguntas ca de respostas, ou que o obxectivo é
chegar ao núcleo da verdade, son frases que fácilmente
imos atopar cabo de calquera parodia ou anécdota so-
bre ese costume compartido que ás veces saca de qui-
cio ao noso interlocutor. Mesmo no apartado máis críti-
co, podemos atopar a Israel Shamir desenvolvendo un
fi
fi
fi
interesante traballo arredor do síndrome de Hamán, so-
bre as minorías selectas, relacionado con este costume
de respostar con preguntas. En calquera caso, obsérva-
se umha diferencia enorme entre o tratamento máis inte-
lectual e respectuoso por umha banda e outro máis vul-
gar pola outra, que o único que procura é a risa fácil do
lector.

Non quixera pensar que o Académico, autor do artigo


que nos ocupa (e por quen sinto grande respecto inte-
lectual), resposte ao per l daquelas persoas que lle dan
umha importancia superlativa á propia língua/cultura
pero non lle conceden o mesmo respecto a calquera ou-
tra língua/cultura que non sexa a súa, o que me parece-
ría -cando menos- contradictorio e decepcionante.

24 de novembro de 2017

fi
O maio que eu quero
Cando eu me atopare

de donos liberto

i o pan non mo quiten

trabucos e préstemos

e como os do abade

frorezan meus eidos,

chegado habrá entonces

o maio que eu quero.

Curros Enríquez

F
loreceu o maio deste 2020. E aínda rebordou
enerxía e vida na xornada con nada do pasado
domingo 3 de maio, 22 anos e 1 día despois do
pasamento de Xosé Ramón Fernández-Oxea.

A previsible cancelación de todas as actividades que de-


ron e dan forma á identidade ourensá (con rmada na
triste xornada do 22 de abril), xo emerxer umha respos-
ta espontánea xurdida entre persoas e colectivos que se
atopan no contorno da festa dos Maios. Desde o con -
namento das nosas casas deixamos claro que estaba-
mos dispostos a procurar e artellar alternativas para evi-
tarmos que o 2020 pasara a Historia por ser o terceiro
fi
fi
fi
f
ano -despois dos dramáticos 1937 e 1938- no que Ou-
rense non celebrara a chegada da primavera e o renacer
dos campos. Abondou, pois, o interese cidadán para
evitar que se cancelara umha das datas máis importan-
tes do noso calendario festivo e patrimonial através
dumha receita baseada en amor polo noso e gana de
traballar.

Os números deixados pola convocatoria #Cantádeme-


UnMaio, que co tempo pasará a ser a edición dos
Maios de 2020 (a primeira edición na Historia da que se
desentende o concello de Ourense) falan por si mesmos:
máis de 400 persoas presentaron 89 iniciativas absolu-
tamente fabulosas, dispares e enriquecedoras.

• 53 propostas de Maio, algunhas das cales ache-


gaban -á súa vez- varios modelos dentro da
mesma proposta, podendo ver até 70 maios en
videos de coplas e participacións recibidas. En
proporción, víronse máis maios alternativos, aínda
que os realizados con elementos vexetais ocupa-
ron un lugar importante, chegando a visualizar
unha ducia de maios de tamanho e feitura seme-
llantes aos que participan tradicionalmente na
festa.

• 58 Coplas, con e sen acompañamento musical,


co canto típico de Ourense ou con outros, en mul-
tichamada ou grabadas… que falaban das cance-
lacións do concello de Ourense ou dos recortes
sanitarios, aínda que -como tamén era lóxico- tin-
han como tema principal o con namento ou o Co-
ronavirus e deixaban ao Fernando Simón conver-
tido nun verso en si mesmo.

fi
• 4 desenhos grá cos, 8 ramos nas portas das ca-
sas ou un grupo de vecinhas e vecinhos da rúa
ourensá López Ferreiro, que saíron ao mediodía a
cantar as coplas aos seus balcóns, despois de
colocar o maio no medio da rúa e antes de levar-
llo como agradecemento polo seu traballo nesta
crise ao persoal do Complexo Hospitalario.


Canto medrou a nosa autoestima ao ver que a festa dos


Maios non está en continuo perigo de extinción! Cantas
portas se abren ao comprobar que o amor e o respecto
polos Maios seguen a or de pel! Queremos a festa dos
Maios como quen cre no seu futuro através dos ollos
das xeracións máis novas. Queremos a festa dos Maios
como quen coida os rituais e os costumes recibidos de
quenes herdamos a vida e o mundo tal e como o conhe-
cemos. Queremos a festa dos Maios como quen quere
ter espazos para a convivencia, plurais, participativos e
sen complexos, pero ben arraigados na nosa Cultura…
en nós mesmas/os.

Cumpría saber se a institución que mantemos e paga-


mos todas as ourensás e todos os ourensáns tomou
nota do acontecido. Sería bon conhecer se os perspica-
ces prebostes da Cultura municipal viron a fortaleza des-
ta grande participación ou albiscaron umha oportunida-
de na natureza da convocatoria. Algo -se cadra- puidera
aportar para dar pulo a umha das 2 festas de interese
turístico coas que conta a cidade de Ourense. Un “título”
no que a concellaría de Cultura centrou boa parte dos
esforzos nos últimos anos e que, por ter, nin sequera ten
un sitio web no que amosar as particularidades da festa,
a súa Historia e as súas historias ou as participacións de
cada ano.

fi
fl
Tempo haberá para debater se o Maio está encorsetado.
Se non soubo, non quixo ou non deixamos que asimilara
e adoptara o sotaque -e mesmo as linguaxes- das últi-
mas xeracións… Polo de agora, ben poderiamos empre-
gar un instantinho en pensar que se umha boa parte das
vivendas ourensás colocan umha árbore no Nadal, talvez
non sería demasiado complexo imaxinar un maio (xa iría
collendo forma o elemento en si) nestes mesmos fogares
coa chegada do mes das ores. Quen sabe se tería ca-
bida un Maio xigante no torreiro dumha das principais
festas da cidade… O “Ourense exterior“ podería ter un
oco na celebración… Oralidade, literatura, humor, gas-
tronomía, desenho (grá co e de moda) na terra das
desenhadoras e dos desenhadores, agricultura ecolóxi-
ca… Todo suma se non perdemos a esencia, mantemos
o respecto e seguimos construindo umha festa que cau-
tive a máis xente e que sexamos aínda moitos máis os
que esteamos orgullosos dela.

11 de maio de 2020

fi
fl
Agora toca aplaudir

R
ematou a campanha máis insonora desde aque-
las eleccións do tardofranquismo nas que se vo-
taba, con certa discreción e sen facer moito rui-
do, para tentar escoller a umha parte do tercio
de representantes que permitía o réxime.

No 2020, xa non hai réxime (polo menos, franquista) e xa
podemos escoller ao 100% de case todas as cámaras
de representación, asumindo -tamén hai que dicilo- que
non imos ter a mesma información de todas as candida-
turas que concorran, nin sequera através dos medios de
comunicación que pagamos entre todas/os.

Semella que nos están afectando os 3 meses de con -


namento provocados pola COVID-19 porque, nin escoi-
tamos demasiadas propostas nin somos quen de esixir
moitas medidas das que até hai 4 meses tinhan umha
urxencia vital. Por momentos, mesmo percibo umha
mensaxe desmobilizadora, que fala da inutilidade de vo-
tar, de non meterse en política (que xa haberá quen o
faga por nós) ou do bien que se vive en Galicia (quen
aínda non tivo que emigrar ou pasar a pandemia numha
residencia, claro)… Talvez nos recuperemos pasados
f
uns meses e quen sabe se botaremos en falla non ter-
mos exercido o noso dereito ao voto nestas eleccións á
11ª Lexislatura galega.

No pasado con namento -entre outras miserias- conhe-


cimos os nomes das principais empresas coas que a
Xunta de Galicia e outros gobernos do PP [sorpresa?]
ten conveniada a atención ás persoas maiores no noso
país. DomusVi, OrpeaIbérica (agora con Sanre, Ecoplas e
a Clínica López Ibor), Amavir ou a Fundación San Ro-
sendo son os nomes dos principais bene ciados por
umha política que aposta por especular coa vellez e a
atención sanitaria (do mesmo xeito que décadas atrás
apostou por especular coa vivenda e a construcción),
abandonando ou menosprezando a quenes coidaron de
nós e agardan que coidemos deles, como manda cal-
quera código ético e moral de sentido común.

Asistimos incrédulos ao sucedido en Madrid, onde o


Partido Popular comparte políticas e empresas con Ga-
liza para a atención sanitaria e á dependencia. Alí, o Go-
berno da Comunidade negaba a atención sanitaria das
persoas máis fráxiles da comunidade, através de escri-
tos dirixidos ás direccións dos centros e residencias. O
mesmo tridente (PP+Cs+VOX) que “se parte o peito”
defendendo a vida, cando queremos regular a eutanasia
ou o aborto, foi o primeiro disposto a abandonar aos no-
sos maiores por completo, deixando morrer sen aten-
cións e en soidade ás persoas máis fráxiles que para a
súa desgraza contraeron o CoronaVirus. Talvez umha
cuestión de rendemento monetario, tal e como ocorrera
en Galiza hai 5 anos, onde a Xunta esgrimira “razóns or-
zamentarias” para non pagar umha vacina xa existente,
coa que poder evitar a morte por Hepatite C das 4.000
fi
fi
persoas que xa non están con nós, froito daquela
inaceptable decisión.

Á parte dos momentos difíciles e daqueles que por saú-


de mental teremos e tenderemos a esquecer, o con na-
mento tamén deixou na nosa lembranza un sabor a soli-
dariedade e a ilusión. Descubrimos nestes meses o
agradable desa sensación de pertenza a umha comuni-
dade ou o pracer que produce o traballo desinteresado
polo interese colectivo. Foi emocionante ver como o
sector cultural volcou o seu traballo desinteresado (e
moitas veces coa Administracións dándolle as costas)
para seguir alimentando o espírito de toda a sociedade.
Tamén foi extraordinaria a mobilización de milleiros de
persoas autoorganizadas (mellor e máis rápido que moi-
tos concellos) para ofrecer axuda de primeira necesida-
de ás vecinhas e vecinhos con máis apuros. Foron miles
tamén as persoas que, cada día ás 8 da tarde, saíron a
aplaudir ás súas xanelas en apoio dos servizos públicos,
cando máis apurados vimos os recortados recursos sa-
nitarios… Pois agora é cando de verdade toca aplaudir.
Toca rendición de contas e compromisos reais nos pro-
gramas dos partidos. Toca aplaudir introducindo a pape-
leta na urna. Toca coidar de quen coidou de nós e aillar
a quen abandone aos seus maiores ou queira desfacer-
nos como país e como comunidade.

Non deixemos que outros voten por nós.

11 de xullo de 2020

fi
As mimosas no Entroido

H
ai un par de semanas, pouco antes do santo
Antón, recibín umha mensaxe dun bon amigo
para dicirme que xa rachaban as mimosas na
beira do Minho, sinal inequívoca de que o tem-
po do Entroido estaba por chegar.

Non sei ben nin como nin cando chegaron as mimosas


ao noso país, aínda que si tenho lido sobre o uso da súa
madeira nos caminhos de ferro e na elaboración de es-
tacas ou zarros, facendo bon o nome co que se designa
a esta leguminosa no seu lugar de procedencia.

Xa na Exposición de Agricultura de 1857, o Duque de


Osuna presentaba 6 exemplares de acacia dealbata en-
tre os centos de especies presentes na feira e, quen
sabe se apartir de entón, esta especie arbustiva xadora
de terreos, deu en inzar por todo o territorio até asentar-
se dun xeito case dominante no noroeste peninsular, in-
vadindo comunidades vexetais inalteradas ate o mo-
mento e converténdose numha das modi cacións antro-
poxénicas sufridas pola masa forestal galega. Modi ca-
cións por mor das cales, acabamos de descubrir -atra-
fi
fi
fi
vés dun estudio publicado na revista Nature- que os ga-
legos están entre os bosques de menor integridade eco-
lóxica do continente.

Contodo, fomos desenvolvendo a habilidade de introdu-


cir ás mimosas até no ciclo festivo e, portanto, na nosa
oralidade. Velaquí como o acervo patrimonial vai acumu-
lando elementos de toda índole numha sorte de conxun-
to poliédrico que, con distintos discursos, relatos ou vi-
sións, sempre fala de nós. Fala de nós e fala dos nosos
devanceiros, pero tamén daqueles que están por vir. Fala
dumha cultura viva, capaz de adaptarse aos tempos e
aos hábitos sen renunciar á esencia nin a ese atavismo
cultural que semella formar parte do noso código xenéti-
co. E fala tamén da capacidade de adaptación dos no-
sos costumes ao medio e ás condicións de cada época,
sexan estas cales foran.

A pandemia da COVID-19 (talvez o acrónimo máis em-


pregado da Historia) está a piques de provocar o que
non acadaron os distintos réximes opresores dos sécu-
los pasados. Nin a guerra incivil provocada polo golpe
dos nacionalistas espanhois, nin a dictadura do xeneral
Franco, nin a educacion como-dios-manda conseguiron
evitar que a nosa sociedade celebrara esa conxunción
de festividade pagá e relixiosa, de libertade e represión,
de ritual e anarquía, que nós conhecemos como Entroi-
do. Está tan embutida no noso ADN cultural, que pode
adaptarse, mudar ou transformarse a calquera contorno
que sexamos capaces de crear, introducindo micro-cos-
tumes ou pequenos elementos que han facilitar que a
tradición siga sendo iso mesmo: umha tradición viva e
non un elemento arqueolóxico.

Talvez por todo isto, polo respecto ás sociedades que


nos precederon e que souberon adaptar a festa do in-
verno ás diversas condicións relixiosas, políticas ou me-
teorolóxicas, debemos facer un esforzo aínda maior para
reinventar, só por este ano, a nosa festa máis querida.
Con un plus de creatividade, con un extra de sons e con
un feixe de cores que suplan as ausencias que imos ter
que asumir nestas semanas previas á Coaresma. Será
polo ben da comunidade, asumindo con responsabilida-
de o coidado de quen coidou de nós e tentando que non
falte ninguén para o vindeiro entroido, polo menos que
non sexa por causa da nosa imprudencia ou da nosa in-
sensatez. E talvez -quen sabe- sexamos capaces de en-
riquecer aínda máis a tradición, facendo que asimile un
novo ingrediente que -no vindeiro século- sexa percibido
como inseparable do resto de elementos que conforman
o acervo lúdico e patrimonial do noso Entroido.

18 de febreiro de 2021

* Publicado no Especial Entroido en Galicia, (2021),


O Barco de Valdeorras, Xornal O Sil
Na lembranza, por sempre
Cando me din que son demasiado vello
para facer algumha cousa, procuro facela decontado
Picasso

D
e volta a casa, despois de pasar a tarde sen os
sorrisos e as miradas da persoa que me revitali-
za día a día, tiven a sensación de que a cidade
estaba triste. E deume por pensar a que podía
deberse esta percepción. Talvez á comparanza coa pe-
quena Lara, que derrama a mancheas vida e enerxía;
talvez a sangría que a situación socio-económica está
provocando no tecido empresarial e laboral; se acaso
aos mil e un casos de corrupción, que esgotan e des-
alentan á cidadanía ou se cadra á ausencia dun clube
deportivo nas competicións de elite.

Foi ao cruzar o Paseo cando reparei nas ausencias.


Cada ano son moitos os homes e as mulleres do noso
contorno que deixan de partillar con nós as rúas para
pasar a formar parte da nosa lembranza. E neste ano,
especialmente, noto a falla de dúas persoas moi espe-
ciais, que caminhaban pola vida agasallando enerxía e
ilusión por vivir.

Dumha parte Amando I. Moure, que en cada mes das


ores -por máis de 60 anos- confeccionaba o seu Maio
sen máis intención que o de compartilo coa cidadanía
ourensá e manter viva a súa festa máis querida. A rma-
fl
fi
ba que a celebración perdera moito por non manter a
festividade no día da Santa Cruz, mais non por iso dei-
xaba de participar nela coa mesma ilusión e coas mes-
mas ansias reivindicativas, lembrándonos sempre o
abandonado que se atopaba o castelo da Peroxa ou
calquera feito que considerara inxusto. Era un pracer re-
cibir o agasallo das súas coplas que repartía entre os
amigos -como el dicía- que na realidade eramos todas e
todos… e todas e todos sentiamos o mesmo afecto por
el.

Case nas mesmas datas deixounos o sorriso que ilumi-


naba as rúas do centro e da cidade vella. Os ollos aber-
tos e vivos, por baixo daquel cabelo branco, curto e
sempre ben coidado, acompañaban o movemento vital
da sempre elegante Elvira Cuevillas. A curiosidade e o
atrevemento que nunca lle faltaron, facían da Elvira unha
das persoas máis queridas e admiradas na vella Auria.

De existir un equilibrio natural, imaxino que o que debe-


mos aprender destas perdas é que tivemos sorte de par-
tillar tempos e espazos con estas persoas (e de seguro
que con moitas outras), ao tempo que renovamos os
azos de vivir cada día, ponhemos en valor o noso con-
torno -colocando a percepción positiva das cousas por
enriba da negativa- e abrímonos a novos coñecementos
e novas sensacións a cada instante. No meu caso parti-
cular, quero car na memoria co abrazo do Amando e co
ollar vivo e pícaro da Elvira.

Deica sempre, queridos.

21 de maio de 2013

fi
Tecendo noites

C
ada noite, antes de durmir, a minha lla e máis
eu lemos un libro, cantamos umha canción ou
contamos un conto. É umha cerimonia diaria
que precede ao momento calmo no que –xa
coa luz apagada e coa “música de durmir” de fondo-
compartimos os medos, as alegrías ou simplesmente as
vivencias da xornada.

Onte perguntoume se podía meter a cabeza no seu co-


razón para ver aos seus avós, pois quería xogar con
eles… Por máis que me debandara os miolos, eu non
sería quen de expresar dun xeito tan sinxelo o que me
apetece facer por momentos.

Hoxe, a minha nai cumpriría 83 anos. Hai 6 anos que


marchou e, por n, xa podo voltar a vela rindo nos meus
sonhos. Co ruido de fondo dos moinantes que -día a
día- ornean nos mass media empenhados en vender
fume e roubarnos a capacidade de emoción, vou com-
prendendo que, aínda máis importantes que as cousas
que moven o mundo son aquelas que evitan que o mun-
do deixe de moverse.

E así seguimos, aprendendo a cada momento a convivir


coas persoas da nosa contorna, con aquelas que están
lonxe e tamén coas que se atopan aínda máis lonxe.

8 de abril de 2016

fi
fi
lois pardo
loispardo.wordpress.com
2021

You might also like