You are on page 1of 1

Prezada comunidade educativa,

A Deputación de Pontevedra, a través do departamento de Lingua, e en colaboración


coa Fundación Rosalía de Castro, vén de poñer en marcha un programa de visitas
escolares á Casa-Museo de Rosalía para achegar a figura e o legado da autora á
rapazada de toda a provincia. Baixo o nome de ‘Rosalía, a súa casiña, o meu lar’
queremos que alomenos 30 centros de ensino se acheguen este ano á Casa da Matanza.

Consideramos fundamental que o alumnado dos centros de Primaria e Secundaria da


provincia coñeza a Rosalía como autora nuclear das letras galegas modernas, a voz
poética de Galicia por excelencia, unha icona popular e un referente indispensable do
panorama literario do século XIX.

Na cita, as persoas participantes realizarán un percorrido polos acontecementos que


marcaron a vida e a obra da autora. Na Casa-Museo poderán coñecer a contorna que a
rodeou e a súa relación do pobo galego, vivirán unha recreación da casa rural da época
-entre labrega e fidalga-, e asistirán a unha proxección audiovisual sobre a figura da
escritora, rematando coa entrega ao centro de varias das súas pezas literarias.

As visitas escolares levaranse a cargo polo persoal do Departamento de Educación da


Casa-Museo de Rosalía de Castro e estarán apoiadas polo material didáctico adaptado
a cada idade (Primaria, ESO e Bacharelato), que se enviará previamente aos centros
para a preparación dos grupos. A Deputación farase cargo dos custes da entrada e do
transporte do alumnado dende os centros de ensino ata a Casa, resultando a iniciativa
totalmente de balde para os centros beneficiarios.

Inicialmente será necesario concertar a visita co departamento de Educación da Casa-


Museo a través do correo fundacion@rosaliadecastro.gal ou do teléfono 981 811 204.
Unha vez acordada a cita, os centros educativos deberán presentar a súa solicitude á
Deputación (por vía electrónica) a través do formulario dispoñible na sede electrónica
provincial ata o 1 de decembro. As solicitudes deberán presentarse no formulario cunha
antelación mínima de 20 días naturais antes da súa realización, concedéndose por orde
de entrada.

Pontevedra, 5 de outubro de2022

María Ortega
DEPUTADA DE MEMORIA HISTÓRICA

You might also like