You are on page 1of 3

UD1 Definición das características

e o formato dun programa de TV

TIPOS DE EMPRESAS DE TV

A orixe da TV como xa vimos nos apuntes anteriores, sitúase na segunda década do século XX. Pero
non é ata ben entrados os anos 40 cando se convirte nun medio de comunicación de masas.
Non podemos entender o fenómeno televisivo sen observar as influencias doutros medios no seu
desenvolvemento. Tanto a radio como a prensa escrita, axudaron á creación dunha linguaxe propia que
destacaría pola forza da imaxe sobre o resto. A televisión convírtese na principal fonte de información e
entretemento da xente. O boom televisivo comeza.

Para clasificar os tipos de empresas de TV partimos do concepto de medios de comunicación de


masas.
Según a definición da wikipedia “a Comunicación de Masas é o nome que recibe a interación entre un emisor
único (ou comunicador) e un receptor masivo(audiencia), un grupo numeroso de xente que cumpla
simultáneamente con tres condicións: ser un nºelevado, ser amplo e heteroxeneo, e básicamente ser
anónimo.”
Polo tanto, un medio de comunicación de masas é un instrumento a través do cal un grupo de empresas
ou institucións son capaces de xerar contidos (información xeral, entretemento e formación) e
transmitilos por unha canle tecnolóxica a unha audiencia masiva. Aquí está a clave, xa que o medio de
comunicación ten como fin influir de algún xeito na audiencia.
O medio de comunicación de masas pode manipular ao espectador se este non é consciente da forza
que exerce o mensaxe según a súa intencionalidade.
De ahí ven a expresión “los medios nos manipulan” tan recoñecida e tan pouco analizada en
profundidade.
E xa que estamos nesas, aquí vos deixo un enlace ao mapa de medios de comunicación de España.
Neste esquema veredes unha rede complexa de empresas e grupos de comunicación que son os
verdadeiros donos da información e o entretemento (*ano 2021)

Mapa de medios 2021 / fonte: http://medios.ymedia.es/

1
UD1 Definición das características
e o formato dun programa de TV

Visto de forma xenérica o mapa de medios en España, pasamos a definir as empresas máis habituais
da TV:

Canle televisiva: unha canle transmite contidos en aberto ou de pago a través dunha
rede tecnolóxica (analóxica ou dixital) que é capaz de chegar ao espectador a través do
aparato televisivo. A canle organizase a través dunha parrilla de programación na que se
distribúen os diversos contidos.
Exemplos de canles televisivos son: Telecinco, Antena 3, La 1 de TVE, Paramount
Network, Fox news, ABC, BBC, Neox…
*non debemos confundir as canles cos grupos de comunicación aos que pertencen

Produtoras televisivas: son as encargadas de levar a cabo os contidos que son


trasnmitidos polas canles. É dicir, producen e realizan os programas de entretemento ou
informativos que vemos na TV. Normalmente forman parte do conglomerado dos grupos
de comunicación tendo unha estreita relación coa liña editorial* dos mesmos
Un exemplo concreto podemos velo coa produtora Unicorn Content https://unicorntv.es/
que ten varios formatos de programas (AR, En el punto de mira…) e soe traballar nas
canles do grupo Mediaset (T5 e Cuatro)

Empresas de telecomunicacións: a TV dende o seu orixe depende das transmisións


vía satélite, xa sexan analóxicas ou dixitais. Estes procesos son moi complexos e só
poden implementalos as grandes tecnolóxicas expertas en redes e telecomunicacións. É
o caso de Telefónica (Movistar para redes móviles), AT&T, Verizon, Deutsche Telekom…
Debemos mencionar tamén exemplos de satélites como o ASTRA ou o HISPASAT que
foron os primeiros que usamos en España
Coa tecnoloxía dixital multiplicáronse as posibilidades de recepción de canles. Ahí temos
o caso da tecnoloxía IPTV coa que podemos recibir contidos a través de internet no
televisor. IPTV. Como funciona.

Plataformas de Video On Demand (VOD)


A última revolución televisiva foi a aparición destas plataformas que rompen coa
definición clásica de emisora de tv para convertirse nunha especie de “videoclub” de
contidos online. Netflix, HBO, Amazon prime video, Disney +, Filmin, Movistar+, …son
algúns exemplos. Eles mesmos producen e distribuen contidos de entretemento(a
maioria) e información, obtendo beneficios en base ás suscripcións individuais.

2
UD1 Definición das características
e o formato dun programa de TV

Agora mesmo, este modelo é o que máis triunfa na TV actual, xa que moitos
espectadores están cansos da televisión tradicional e a súa publicidade continua(fonte
principal de ingresos dos canles televisivos en aberto).

Empresas auxiliares e de servizos


Son todas aquelas empresas que axudan de forma indirecta a que as TV sigan
funcionando. Cátering, dereitos de imaxe, management, cásting, electricidade, redes,
transporte, vestiario, maquillaxe, atrezzo…

Como vedes a TV é unha industria en constante movemento e evolución. A tecnoloxía e


o cambio nos gustos dos espectadores fan que as empresas televisivas nunca teñan
descanso. Cada vez os televidentes demandan máis contidos específicos. A TV á carta
chegou para quedarse. O futuro da TV está nas súas máns.

BIBLIOGRAFÍA E REFERENCIAS

Apuntes propios

Concepto medio de comunicación de masas


http://medios.ymedia.es/
Analise medios 2022
https://kreab.com/espana/
Audiencias - 29/09/23

You might also like