You are on page 1of 1

Comentario dunha paisaxe industrial

1. Localización industrial
a) Localización xeográfica
Localidade, provincia e comunidade autónoma.
Características físicas da contorna na que se asenta a industria (relevo, proximidade ao mar,
localización na área dunha gran cidade...).
b) Factores de localización industrial
Son factores que poden influír na localización da industria.
• Clásicos: Existencia de materias primas, fontes de enerxía, mercado, transporte, man de
obra, capital, infraestruturas, política industrial.
• Novos: difusión industrial (acceso á tecnoloxía e información), industrialización endóxena
(industrialización baseada nos recursos de cada zona).
c) Tipo de localización industrial
• Concentrada en grandes aglomeracións ou dispersa.
• Vantaxes e inconvenientes de cada tipo de localización (se están aglomeradas, as industrias
poden colaborar entre si e aproveitar o transporte e as infraestruturas; pola contra, tamén
será maior o seu impacto ambiental e paisaxístico).
d) Localización concreta no espazo
• Industria illada, polígono industrial clásico, polígonos industriais modernos (parques
empresariais e tecnolóxicos).
• Tamaño do polígono e das parcelas ocupadas pola industria. Indicamos se hai planificación
urbana.
• Servizos dependentes directa ou indirectamente das industrias (talleres, almacéns, oficinas,
transportes), indicando a súa calidade.
2. Características xerais
• Tipo de industria segundo o destino dos bens producidos (de base, equipamento, uso e
consumo).
• Sector produtivo ao que pertence (metalurxia, química, agroalimentario, tecnolóxico...).
• Grao de desenvolvemento tecnolóxico e nivel de cualificación da man de obra.
• Importancia actual do sector (maduro, dinámico ou punta).
• Maduro: Metalurxia, construción naval, industria téxtil e confección.
• Dinámicos: Automoción, químico, agroalimentario.
• Punta ou alta tecnoloxía: Farmacéuticas, industria aeronáutica e aeroespacial, electrónica e
TIC, biotecnoloxía.
3. Problemática
• Problemas que ten a industria (organización, deslocalización, problemas do sector).
• Repercusións ambientais da industria, tanto as que se observan como as que poden deducirse do
tipo de industria e da súa actividade.
4. Conclusión
• Grao de desenvolvemento da paisaxe
• Perspectivas de futuro: favorables ou desfavorables; e neste último caso, solucións ou
alternativas.

You might also like