You are on page 1of 5

Planificación

Tema 3: Instrumentos de planificación e xestión turística dende as Administracións


Públicas.

1. Impactos ambientais do turismo. Técnicas de valoración de


impactos. A avaliación de impacto ambiental e a avaliación
estratéxica.
Relación do turismo co medio ambiente
O turismo utiliza unha gran variedade de recursos naturais, o turismo podemos dicir que
esta moi condicionado polo medioambiente e polo medio onde se sitúa.
O turismo e unha actividade que vive grazas os recursos naturais, entre os recursos
naturais podemos falar de:
- Clima, a maioría dos turistas prefiren as zonas temperadas.
- Mares e Costas
- Ríos, lagos e augas interiores
- Espazos naturais e paisaxes
- Enerxía
- Auga, é un recurso básico e fundamental tanto para alimentación como para
baños, limpezas... A necesidade de este recurso é maior cando hai menos.

A estacionalidade, a coincidencia co período dos recursos e as dimensión das


infraestruturas.
Hai un debate de como dimensionar as infraestruturas, si hai estacionalidade, si hai
maior influencia... Para saber se construír unha maior infraestrutura ou ter unha sobre
demanda en algúns períodos de ano.

O impacto ambiental da actividade turística, depende de varios factores:


- Da resistencia ou vulnerabilidade dos ecosistemas receptores (Capacidade de
carga) depende de os ecosistemas que esteamos tratando:
 Ecosistemas construídos, máis a capacidade de metabolización.
 Ecosistemas naturais, moitas diferencias en función de especies, poboacións
e substrato físico.
- Se o destino e interior/ de costa ou insular.
- PD/ PVDs (País desenvolvido ou en vías de Desenvolvemento
- Intensidade do uso turístico
 Nº de visitantes
 Duración media da estancia
 Actividades realizadas
 Instalacións requiridas
- Época
- Perspectiva temporal (ritmo de desenvolvemento.
- Segmento turístico

Técnicas de valoración de impactos


As técnicas poden ser cualitativas ou cuantitativas (non económicas):
Listas de contraste:
Son listas de control onde aparecen compoñentes do medio que poden verse afectados
polas actividades do proxecto, normalmente se fan 2 listas 1 onde figuran os elementos
no seu estado orixinal antes de que se realice o proxecto, e outra onde se describen as
modificación que estes elementos poden sufrir si se realiza o proxecto.
A única vantaxe e que son moi sinxelas pero non ofrecen información suficiente e non
se cuantifican.

Matriz de Leopold:
Son táboas de dobre entrada onde nun lado aparecen accións e noutro factores que
poden ser modificados polo proxecto.
Dentro de cada casilla que relaciona cada acción co seu factor ou efecto, No 1 se mide a
magnitude, e no 2 Se avalía a importancia de ese impacto.
Se pode calcular os impactos totais sobre as accións ou que efecto ten cada acción
incluso se poderá facer unha valoración xeral.

É unha técnica proposta polo Ministerio de Obras públicas en relación á construción de


encoros, trasvares e vías de comunicación. É aplicable tamén a urbanización turísticas.

Útil para identificar e sintetizar impactos.

Vantaxes Desvantaxes
- Forza a considerar posibles - Subxectividade do proceso de
impactos de accións proxectada avaliación, non contempla a
sobre diferentes factores metodoloxía algunha para
ambientais. determinar a importancia dun
- Incorpora a consideración da impacto
magnitude e importancia dun - Non ten en conta a interacción
impacto ambiental (intento de entre factores
cualificación) - Non distingue entre efectos a
- Permite a comparación de corto, medio e longo prazo
alternativas, cunha matriz de cada - Existe a posibilidade de
opción considerar un efecto varias veces
- Sirve como resumo da (dobre contabilización).
información obtida no informe
AIA

Diagrama de Redes
Son diagramas de secuencias ou árbores de impactos, poden considerarse
representacións gráficas dos efectos en cadea da realización dun proxecto e completan a
información de listas de contraste ou matriz de Leopold – que proporcionan información
estática do proxecto.
Exemplo de Diagrama de redes

Vantaxes Desvantaxes
- Identifica interrelacións entre - A identificación de impactos pode
acción e factores, consecuencia converterse en subxectiva.
secundarias e terciarias. Relación - Non existe procedementos
causa – efecto. normalizados para establecer
- Permiten comunicar de forma interrelacións.
sinxela a existencia de - Complexidade. Dificultade de
interaccións. comprensión polo decisor público
- Son recomendables para a
avaliación ambiental de proxectos
simples.

Superposición de mapas
Normalmente ten que ver cos Software de Sistemas de Información xeográfica (SIX,
SIG, GIS). Consisten en mapas do territorio afectado ( Topográficos, Xeolóxicos, De
cuberta arborada, de uso agrícola etc).
Polo que mostran en imaxes a situación anterior e posterior do territorio.

Aínda que podemos dicir que ten algunhas limitacións como:


- Aínda non está suficientemente experimentado par obter modelos ambientais
complexos.
- A información requirida para unha AIA non está dispoñible en formatos que
poidan cargarse.
Exemplo. SIG
Modelos de simulación
Son ecuacións para determinar a relación causa – efecto entre unha actuación e o
impacto ambiental que provoca. Hai unha cadea entre variables causantes- variables de
estado e os resultados previsibles.

Un exemplo sería a estimación da necesidade de auga nunha urbanización.


A= VxTxC

Onde=
- A= Necesidade de auga (m3/día)
- T = tamaño da unidade familiar que as ocupa
- C= consumo de auga per capita

Indicadores ambientais – Técnica máis complexa


E unha ferramenta que incorpora descricións cualitativa sumada con cuantitativa xa que
responde a dúas preguntas
- Que problemas hai que solucionar
- Cales son as prioridades
É unha técnica bastante recente, é e aínda máis recente a súa incorporación ó turismo
polo que non hai consensos sobre o sistema de indicadores e polo tanto hai un escaso
grado de homoxeneidade e complexidade.
Pero é un intento moi interesante.

O sistema ten que ter 3 partes, 3 Indicadores


- De estado: Cal é a situación
- De presión: Intentar saber as causas que producen cambios
- De resposta: Cales serían as medidas que se estarían tomando para corrixir os
problemas.
Os indicadores ambientais son moi útiles as características son:
- Non deben ser moi extensos
- Son indicadores cuantificables e con datos
- Deben reflexar a interacción do medio coa actividade humana.

Avaliación do impacto ambiental e avaliación estratéxica

Definición: É o proceso de recollida de información, análise e predición destinado a


anticipar, corrixir e previr os posibles efectos que unha actuación pode ter sobre o
medioambiente.

Utilidade: O órgano administrativo encargado de autorizar o proxecto (público ou


privado) dispón de información no momento de decidir se concede ou non a
autorización ou baixo qué condicións.

Diferenciar EsIA ( Estudio de Impactos Ambiental) e DIA (Declaración de Impacto


Ambiental).

Que proxectos necesita AIA?

Esquema de tramitación
1. Posibilidade de solicitar ó órgano ambiental o documento de alcance de estudo do
impacto ambiental.
2. Elaboración do estudo de impacto ambiental polo promotor
3. Sometemento do proxecto e do estudo do impacto ambiental a información pública e
consultas ás administracións públicas afectadas e persoas interesadas polo órgano
substantivo.
4. Análise técnico do expediente polo órgano ambiental.
5. Formulación da declaración do impacto ambiental polo órgano ambiental –
integración do contido da declaración do impacto ambiental na autorización do proxecto
polo órgano substantivo.

You might also like