You are on page 1of 2

Os textos Evaluación Pragmática de las Políticas Públicas de Osvaldo feinstein e La

Implementación de las Políticas de Luis F. Aguilar, comparten un mesmo tema central que xira
entorno ao éxito das políticas públicas. Isto, referido aos procesos de evaluación aos que se deben
de someter as políticas públicas para garantir o éxito do seus obxetivos, tratado por Feinstein, ou
ben, tamén, ao proceso de implementación das políticas públicas facendo especial énfase no papel
que xoga a Administración Pública no seu éxito, tratado por Luis F.Aguilar.

Ao longo dos últimos séculos, as formacións sociais foron acadando niveis cada vez máis
sofisticados de complexidade, afectando as políticas públicas que, ante o crecemento do aparello
burocrático e maiores complexidades no entorno, requiren de evaluacións para asegurar que os
obxetivos marcados nun principio sexan logrados. Estas pretenden extraer leccións sobre o que
funcionou ben ou o que fallou en políticas similares ou programas anteriores, para así, aprender da
experiencia e tratar de non repetir os mesmos erros, tanto nos procesos como nos resultados. Do
mesmo xeito, as políticas tamén son empregadas para rendir contas ante o público ou quen aportase
os recursos para a súa execución.
Os criterios a empregar nas evaluacións de políticas públicas son os de relevancia, eficacia -grado
de logro dos obxetivos- e eficiencia, esta última, referida ao uso dos medios. Mediante estes
criterios conseguimos examinar os obxetivos a luz da estratexia, mediante o grado de logro dos
obxetivos, a eficacia e, por último, mediante a os niveis de logros obtidos e os recursos empregados,
a eficiencia. Para exemplificar isto, empregaremos o caso da vía rápida C.G 2.2 que enlaza Lugo e
Monforte. Este proxecto, pretendía acurtar os tempos de viaxe, sen embargo, a vía é pouco
empregada polos veciños das localidades que conecta, debido a que non acurta o tempo de viaxe e,
ademáis, ten un alto índice de sinistros. Aquí podemos ver que a relevancia ou pertinencia deste
proxecto fallou e que a súa eficacia foi nula, debido a que non logrou os seus obxetivos. Asimesmo,
os presupostos da construcción da vía tiveron que ser varias veces ampliados debido as condicións
adversas do terreo, non tomadas en conta por experiencias de construcción anteriores da zona,
amosando así, que o uso dos medios en relación cos logros obtidos foi pésimo. É por todo isto que,
a evaluación debe de primar a hora de levar a cabo unha política pública, aínda que so sexa para
adiantarse as dificultades que poidan aparecer, coincidindo co autor en que deben de incentivarse as
evaluacións, ben sexa mediante premios para incrementar a súa calidade, ou mediante máis
inversión na investigación de este eido. Pese a isto, decir que, son tantos os factores que existen na
implementación dunha política que, a evaluación, aunque útil, nunca vai poder prever totalmente o
éxito de esta.
Centrándonos na implementación das políticas públicas, o ensaio de Luis F. Aguilar, estudia como
as políticas públicas se transforman en servizos públicos, é decir, o paso do papel á práctica,
facendo especial fincapé en como a Administración Pública pode actuar como actor político
relevante no proceso e, incentivada por beneficios propios poden boicotear unha política e facer que
os obxetivos previstos non cheguen a sua fin, ou que cheguen parcialmente. Como ben sabemos, as
políticas son elaboradas polos altos niveis e executadas por niveis inferiores, tendo moi difícil os
altos funcionarios, contar con absoluto control dos seus subordinados. É por iso que o autor fai un
estudo sobre que políticas son máis proclives a ser víctimas de boicots burocráticos, facendo unha
relación entre a magnitud do cambio e o consenso dos participantes nela, chegando a conclusión de
que “será máis difícil poñer en práctica aquelas políticas que obrigan cambios profundos das
relacións entre os participantes durante a implementación, que aquelas outras que demandan
únicamente cambios marxinais nas relacións establecidas”. É decir, canto máis consenso máis éxito,
do mesmo modo, canto menos cambio, maior éxito. É por isto que, os superiores, deben de ter
mecanismos de enforcement que, ante a imposibilidade de evitar que a administración desacate as
ordes, permitan crear incentivos que inflúan positivamente na actitude dos administradores. Estes
mecanismos van dende o ascenso ou promoción, ou ben incentivos negativos tales como a
reubicación ou o despido. Cando a execución confronta a dous organismos, o mecanismo que
menciona o autor e que, ao meu xuízo, parece máis viable é a de xogar coas condicións de
asignación de recursos para incentivar a administración, procedendo a que, en caso de malas
prácticas na execución da política, os fondos concedidos teñan que ser devoltos.
O proceso de implementación, non está exento de toparse con administradores incompetentes ou
erros na comunicación que poidan afectar ao contido da mensaxe. Ante este panorama, o autor
incide na importancias de prestar medios de asistencia aos burócratas tales como formación
específica na execución da política ou dotar de asistencia a estos.

Concluír mencionando que, a lectura dos ensaios, permitume obter máis coñecemento no campo das
políticas públicas e, sobretodo, coñecemento aplicable a polémicas actuais como, por exemplo, a da
Lei 10/22, de 6 de septiembre, de garantía integral de la libertad sexual, popularmente coñecida
como a lei solo sí e sí, un exemplo de política pública que non acadou os obxetivos esperados e
víctima, probablemente, de un proceso saboteado pola Administración Pública.

Iago Iglesias Calvo CLIS 4

You might also like