You are on page 1of 85

PLANIFICACIÓN DA PRODUCIÓN

DO VIVEIRO FORESTAL
UD1.2_ZONIFICACIÓN DO VIVEIRO

Tema 2.2:
Zonificación do viveiro forestal: Deseño,
dimensións e elementos complementarios
RA1: Planifica a produción do viveiro forestal
analizando os sistemas de produción de palnta e
a superficie que se vai a repoboar.
BC1: Zoonificación do viveiro forestal: deseño e
dimensións, instalacións e elementos
complementarios.
O falar de deseño de espazos hai que buscar
 Que sexan funcionais

 Eficientes

 Operativos

 Optimizando custes

 Adaptables a futuros cambios

 Flexibles
A eficacia e funcionalidade dun viveiro dependen do
seu deseño.
 No deseño débese primar a eficacia e minimizar as
perdas de tempo.
 Ter en conta unha posible expansión.
 Todas as partes dun viveiro deben adaptarse a un
terreo en forma prefixada, cunhas determinadas
dimensións e con distintas calidades de solo, así
como outros condicionantes como vías de acceso
preexistentes...
 Tenderase, dentro do posible, a formas cadradas e
rectangulares para facilitar os movementos e
reducir os gastos de pechamento, camiños, etc...
 Preferiraxe que o eixe sexa o máis curto posible,
evitando que a lonxitude sexa superior ao dobre do
ancho.
 Non sempre é posible conseguir as formas
desexadas polo que se deben adecuar as
instalacións a forma do terreo.
 Dependendo do tamaño da explotación decidirase
cantas áreas de traballo existen (unha ou varias),
xa que isto vai influír de forma notable na forma de
planificar os movementos e os medios mecánicos a
utilizar.
 Deben evitarse zonas con elevado número de
persoas.
 Os espazos de traballo deben ser amplos, con boa
iluminación, ventilación, comunicación e
adaptables.
 O ideal é que o traballo fluía cara adiante formando
unha liña recta.
 Colocar as unidades con funcións similares ou que
estean relacionadas próximas entre si
 As previsións de traballo sempre se deben realizar
de acordo coas cargas máximas de traballo
previstas
 Illar as áreas onde se utilizan máquinas e equipos
ruidosos.
 As zonas de acceso a clientes deben ubicarse en
áreas accesibles, cerca da entrada.
 A imaxe de orde e confianza é fundamental para un
traballo axeitado.
Para determinar o tamaño do viveiro debemos coñecer:
 A área a forestar ou reforestar anualmente
 O distanciamento e sistemas de plantación
 As especies a plantar
 A técnica de producción
 O tempo de permanencia no viveiro
A superficie do viveiro forestal vira determinada por:
 A cantidade de hectáreas a plantar.
 Plantas mortas que deben ser repostas da
campaña anterior.
 Densidade de plantación
 Experiencias dos viveiristas
A producción de plantas nunha campaña está
determinado por:
 Número de plantas necesarias a plantar na campaña.
 Número de plantas destinadas a outros fins (venta,
convenios, promocións….)
 Porcentaxe de incremento por perdas, esto estará
en función das experiencias no vivero.
Viveiros Tarazona (Valencia)
Viveiros Iberplant (Valencia)
Plano de viveiros A Falmega
Viveros Sánchez
Para organizar o espazo debemos ter en conta:
 Cuantificar a produción e dimensionamento da
base territorial dispoñible cunha optimización
máxima.
 O espazo produtivo custa o mesmo que o non
produtivo, así pois débese procurar que o máximo
espazo sexa produtivo.
A superficie total dun viveiro repártese entre:
 Superficie útil ou verde que é a que se dedica á
producir planta. A grandes rasgos podemos dicir
que supón entre un 75 e 90% da superficie total.
 Superficie non cultivada ou auxiliar que se dedica a
outros menesteres.
Planificación de viveiros
Traballo a realizar:
 Exercicios prácticos sobre superficies e distribución de
plantas.
De forma xeral, consta de tres partes principais:
 Sección de xerminación ou sementeiros que é a
zona destinada á xerminación das especies.
Plantel ou zona de crecemento formando pola
zona ou zonas onde a planta cubre a maior parte
ou a totalidade do seu ciclo de crecemento no
viveiro.
 Elementos complementarios (rede viaria,
construcións...).
Viveiros La Villa (Madrid)
Sección de xerminación:
Normalmente son sementeiros ou lugares
protexidos, onde se sementan sementes (en eras ou
en envases) que posteriormente serán transplantadas
a outros lugares. Persegue tres obxectivos:
 Que existan condicións axeitadas para a
xerminación das plántulas.
 Sementar con densidade e profundidade óptimas.
 Evitar mortandade a causa e enfermidades ou
outros danos.
Sección de xerminación:
Solen ser estructuras de obra ou prefabricadas
que se enchen de substrato e que poden estar en alto
ou a nivel do solo.
Plantel ou zona de crecemento:
No caso de produción en solo ( a raíz núa ou con
cepellón) debemos prever a disposición de superficie
suficiente de descanso (barbeito).
De forma xeral as parcelas deben ter a maior
lonxitude posible para evitar perdas de tempo nas
voltas ó final dos surcos nos extremos das filas e non
perder tanto terreo no espazo reservado a
manobras.
As parcelas deben constituír unidades de
produción claramente localizables. Debemos recordar
que en moitos casos o propio cliente escollerá a
planta sobre o terreo, o que significa que deben ter
fácil acceso.
Camiños e rúas son zonas non produtivas aínda que
indispensables e convén reflexionar coidadosamente
antes do seu trazado para reducir as áreas
improdutivas ó mínimo necesario.
No proceso produtivo dende o comezo do ciclo ata
a comercialización da planta, son precisos unha serie
de fluxos de movementos de materiais que deben
realizarse a través da rede viaria do viveiro.
De forma xeral temos que ter en conta:

 Deben chegar a todas as partes do viveiro e estar


adaptadas ó uso máis frecuente. A súa anchura,
lonxitude e disposición deben planificarse buscando
unha máxima eficiencia no seu uso.
 Deben enmarcar os grandes cadros de cultivo
sen complicar a recollida, cruzarase en ángulo
recto, coas esquinas en chafrán para non danar as
plantas dos ángulos.
 Deben estar empedradas ou revestidas co material
axeitado ó uso que se pretende facer deles. Moitos
movementos realízanse con medios mecánicos,
outros a man e outros con combinación de ambos e
esto débese ter en conta na súa planificación.
A rede de camiños dentro dun viveiro podemos
dividila en:
Camiños principais: De 3 a 5 m de anchura, ben afirmados,
poden rodear todo o perímetro do viveiro e o dividen
internamente en cuartelis. Un cuartel dentro do viveiro é o
conxunto de superficie dedicado ao cultivo dunha especie
e/ou á unha técnica de cultivo.
Camiños secundarios.- Tamén denominados pasillos, teñen
de 2 a 3 m de anchura, serven para maniobra e paso de
tractores e dividen os cuarteis en bancales. Un bancal
dentro dun cuartel é o conxunto da superficie dedicado ao
cultivo dunha única especie cun determinado método de
cultivo e cunha única idade.
Sendas.- Teñen menos de 1 m de anchura,
normalmente 45 cm, dividen os bancais en eras. As eras
son a unidade mínima de cultivo no viveiro forestal.
Outros elementos constructivos

Peches para proteción das instalacións contra roubos,


animais, etc... normalmente con malla metálica a
distintas alturas e de distintos tipos, esta aínda que
resulta máis barata que outros tipos de peche, non
deixa de ser cara e só se sole utilizar para os puntos
máis sensibles (bordes de estrada, lindeiros de
bosque, zonas moi transitadas...)
Outros elementos constructivos

Zonas de acopio de material diverso: para o cultivo


(substratos, fertilizantes, fitosanitarios, macetas,
titores...), para reparar, acondicionar, construír...,
para almacenar caixas, plásticos, tubaria,
maquinaria, ferramentas e útiles de traballo (de
almacenaxe e reparación)..etc..
Outros elementos constructivos

Almacenamento de fertilizantes: débese facer de forma


que non se humedezan, nin se mesturen entre si. Non
convén almacenalos máis de 6 meses, polo que o
dimensionamento da zona destinada a este uso terá en
conta esto.
Almacenamento de solos e substratos deben estar
protexidos pola chuvia, pero pode ser un espazo ó aire
libre cuberto cunha lámina ou malla plástica. Os cálculos
de capacidade fanse para aproximadamente 4 meses,
tomando como referencia a época de maiores
necesidades.
Substratos e fertilizantes deben estar colocados de
forma que a súa carga e descarga se realice facilmente
por medios mecánicos.
Outros elementos constructivos

Fitosanitarios deben almacenarse segundo a


normativa legal, en lugares frescos, secos e
pechados baixo chave. Os equipos de seguridade
nunca se gardarán no mesmo lugar
Tamén se debe prever un lugar para almacenar
productos facilmente alterables como caixas, titores,
macetas, plásticos...
Zona de eliminación de restos vexetais, plásticos, etc..
Outros elementos constructivos

Oficinas e aseos
Vestiarios do persoal
Zona de venta
Zona de carga e descarga
Aparcamento
Enerxía eléctrica en toda a explotación, a ser posible,
co maior número de tomas posible para facilitar a
posibilidade de automatizar os procesos.
Outros elementos constructivos

Tamén é fundamental dispor de auga para poder


regar coas tomas ben distribuídas ó longo do viveiro
para facilitar a montaxe de sistemas de rega.
Os sistemas de rega, ventilación, calefacción e outras
instalacións complementarias deben estar situados
de tal forma que obstaculicen o mínimo posible os
movementos.
Cando existe un sistema de rega adaptado a un
cultivo principal que ocupa máis do 50% do ano
unha determinada zona, é preferible perder índice de
ocupación superficial que modificar o sistema de rega
Outros elementos constructivos

Os invernadoiros son instalacións custosas. Polo tanto


débese aproveitar o espazo interior de forma
óptima. Aconséllase que as distancias entre pilares
sexan as maiores posibles, de forma que se facilite
considerablemente a distribución de mesas ou
bancadas e tamén os movementos internos.
Os pasillos entre entre banquetas ou bancais de
cultivo serán (preferiblemente) de formigón para
facilitar a limpeza e os desprazamentos de carris e
outras máquinas.
 Cando o viveiro ten unha produción diversa, en
especies, número de saibas ou formas de
produción, é importante facer unha zonificación
das áreas produtivas de forma que se agrupen da
forma máis compatible para gañar eficiencia
produtiva.
As dimensións destas áreas e a súa ubicación variarán:
En función do tamaño de produción

Da forma de produción

Da topografía

Características da zona

Nivel de mecanización

Factores económicos
A distribución das mesas pode ser lonxitudinal ou
transversal. Sole ser máis aconsellable a distribución
transversal porque permite dispor dun corredor central
amplo dende o que se precisa un mínimo de movemento
para acceder a calquera planta. A lonxitude aconsellable
dunha mesa non debe superar os 30 m.
 Estas distribucións supoñen un índice de ocupación
(relación superficie neta/superficie bruta) entre 0.5 e
0.65. Para aumentar este índice hai procedementos
como:
 Colocación mesetas elevadas entre as columnas
 Mesas móbiles (de forma que a ocupación pode acadar ata
o 90%)
 Situación de dous niveis de cultivo con distinta esixencia
luminosa,cultivando no nivel inferior as plantas de menores
necesidades lumínicas e no superior as de maiores.
O ancho de bancais pode ser superior si o cultivo é
menos esixente en coidados culturais, mentres que
os pasillos tamén poden diminuír pola mesma
razón. Neste caso podemos atoparnos con
disposicións de cultivo de 2-3 m. de ancho para
bancais e pasillos de 50-60 cm empregados só
para tratamentos e vixiar pragas e enfermidades.
Hai tres tipos básicos de distribución espacial
coñecidos como lineal,curvilíneo e concéntrico.
 No modelo lineal o proceso produtivo comeza nun
extremo do viveiro e finaliza no outro, onde está o
lugar de venta ó público e molle de carga. Neste
caso debe haber dúas portas de acceso, os
movementos de material son maiores. Solen ser
máis eficientes outras disposicións.
 No modelo de distribución curvilíneo o comezo do
proceso produtivo e a venda do produto están na
mesma zona. É axeitado cando só hai un acceso
posible, permite unha centralización das
instalacións de almacenamento e propagación así
como as de servizos e oficinas. Os desprazamentos
son máis curtos, e en xeral aporta maior eficiencia
que o modelo anterior.
 O concéntrico é o que ofrece as menores
distancias de desprazamento de materiais e
produtos e permite unha maior centralización das
instalacións, pero ten como inconveniente de
presentar dificultades si se pretende facer unha
ampliación do viveiro.

You might also like