You are on page 1of 16

Xestión e Organización da Produción de Planta Tema 9: Esgallado.

Tipos 1

Tema 9. ESGALLADO. TIPOS


1. DEFINICIÓN ...................................................................................................................................................... 1
1.1. VANTAXES .............................................................................................................................................. 1
1.2. INCONVENIENTES ................................................................................................................................. 2
1.3. APLICACIÓNS: ........................................................................................................................................ 2
2. CLASIFICACIÓN............................................................................................................................................... 2
3. DIFERENTES TIPOS DE ESTACAS ................................................................................................................ 3
3.1. ESTACAS DE TALO ................................................................................................................................ 3
3.1.1.-Estacas de madeira dura.............................................................................................................................. 4
3.1.2.-Estacas de madeira semidura ou semiherbáceos ......................................................................................... 6
3.1.3.-Estacas herbáceas........................................................................................................................................ 7
3.2. ESGALLOS DE XEMA. .......................................................................................................................... 9
3.3. ESGALLOS DE FOLLAS E PORCIÓN DE FOLLAS............................................................................. 9
3.4.-ESGALLOS DE RAÍZ .................................................................................................................................... 10
4. DATOS BIOLÓXICOS. ............................................................................................................................... 11
5. RIZOXÉNESES............................................................................................................................................ 13

1. DEFINICIÓN
Consiste en tomar dun vexetal,
denominado planta nai ou pe nai, un
órgano ou un fragmento dun órgano,
axudalo a subsistir e a formar as partes
que lle faltan co fin de reconstituír unha planta completa.
O conxunto de plantas obtidas partindo dun mesmo individuo denomínanse
CLONS, e polo tanto o seu material xenético é uniforme.

1.1. VANTAXES
Son as da multiplicación vexetativa, e, en xeral, son
claramente maiores que os inconvenientes, o que fai que
sexa un procedemento moi común en todas as empresas
de multiplicación.
9 Reproducción fiel.
9 Plantas homoxéneas.
9 Permite a reproducción de mutantes (fixación dun
fenotipo interesante en calquera momento).
9 Permite a reproducción de plantas que non dan
semente. Ex.- Plantas aclimatadas no que o
polinizador non existe. Plantas que deben acadar certo volume e idade para
fructificar.

Marina Engroba Sal


Xestión e Organización da Produción de Planta Tema 9: Esgallado. Tipos 2

9 Cultivo máis curto que para a multiplicación sexual. Ex.- Pelargonium x hortorum
9 Para unha planta en maceta o cultivo a partir de semente é duns 5 meses e a
partir dun esgallo sitúase nuns 3 meses. Ocorre o mesmo noutras especies como:
Ficus, Philodendrom, Cordyline.
9 Cultivo máis curto que por enxerto. Ex.- Azalea, Chamaecyparis lawsoniana
“minima glauca”.

1.2. INCONVENIENTES
9 Non en todos os vexetais se poden obter esgallos con facilidade.
9 Aínda que se poidan obter esgallos, algunhas especies presentan dificultade de
enraizamento ou problemas vexetativos posteriores (desenrolo moi lento, pouca
lonxevidade, dificultade de adaptación a certos solos).
9 Obrigación de posuír e manter os pes nais.
9 Producción limita á cantidade de esgallos producidos polos pes nais. Ex.-
Pelargonium x hortorum produce de 60 a 100 esgallos por pe nai e ano.
9 Transmisión de enfermidades: virales, bacterianas e en menor medida fúnxicas.
9 Risco de aparición dun mutante de parasito especialmente perigoso para un clon.
9 En xeral, require de instalacións de reproducción axeitadas con certo control
ambiental. Tamén precisa maior grao de especialización do persoal do viveiro.

1.3. APLICACIÓNS:
É unha técnica moi difundida e a maioría dos arbustos estanse a propagar con
este sistema. Nas coníferas ornamentais tamén o sistema máis empregado. En árbores
de sombra e forestais tan só se emprega para reproducir certos xéneros como:
Populus, Tamarix, Platanus, Salix, e Ginkgo entre outros.

2. CLASIFICACIÓN
Pódense clasificar os esgallos de diferentes formas:

9 Segundo a natureza do órgano tomado: Ex.- Esgallos de follas, de raíces, de


porcións de talo...
9 Segundo o estado dos tecidos: herbáceos, semiherbáceos, leñosos.
9 Segundo a época de realización: primavera, verán, outono.

Marina Engroba Sal


Xestión e Organización da Produción de Planta Tema 9: Esgallado. Tipos 3

3. DIFERENTES TIPOS DE ESTACAS


De forma xeral todos os esgallos poderían ser realizados segundo o seguinte
esquema:
9 Tipo mazo ou culata, incluíndo unha pequena porción de madeira máis vella.
9 Tipo talón na que se deixa unha sección máis pequena de madeira da rama
vella.
Ambos casos solo se utilizan se o enraizamento é malo. Ademais teñen o
inconveniente que solo se pode obter unha vara de cada gromo.
9 Tipo simple, sen madeira vella, que é a de uso máis común e que da
resultados satisfactorios na maioría dos casos.
Os diferentes tipos de estacas poden agruparse en:
3.1.- Estaca de talo.
3.1.1.-De madeira dura
3.1.2.-De madeira semidura
3.1.3.-Herbáceos
3.2.-Estacas de folla
3.3.-Estacas de folla e xema
3.4.-Estacas de raíz

3.1. ESTACAS DE TALO

Esgallo de raíz
Esgallo leñoso Esgallo semileñoso

O material de partida é un talo enteiro ou porción do mesmo, a veces, reducida a un


fragmento de un ou dous centímetros, que posúe polo menos unha xema viva. Son os
que máis importancia teñen a nivel forestal A presencia da xema terminal ou unha
lignificación máis ou menos marcada será a orixe de diferentes tipos de esgallos.

Marina Engroba Sal


Xestión e Organización da Produción de Planta Tema 9: Esgallado. Tipos 4

3.1.1.-Estacas de madeira dura

SEN FOLLAS
Realízanse unicamente en vexetais leñosos durante o proceso de repouso da
vexetación. Este é un dos métodos máis fáciles e menos custoso de propagación, xa
que normalmente non necesita instalacións moi complexas e tampouco require
técnicas especiais. As varas de madeira dura son fáciles de preparar, non morren con
facilidade e non requiren equipo especial de enraizamento.
Varían considerablemente de lonxitude estando entre os 10-75 cm, incluíndo a lo
menos 2-3 nós, e sendo cortados coa tesoira de podar baixo un nó pola parte basal e
cun lixeiro bisel por riba dunha xema na parte superior. O diámetro das varas varía
entre 0,5 e 2,5 cm dependendo da especie En determinadas especies é difícil distinguir
entre a punta e base da estaca, nestes casos é aconsellable facer un dos cortes
inclinado e o outro en ángulo recto. Agrúpanse en paquetes de 25-30 segundo o grosor
e despois son aviveirados sendo etiquetadas e conservadas ata o momento da
plantación ó abrigo da seca e dos cambios bruscos de temperatura. Normalmente nos
viveiros métense en cámaras frigoríficas.
As estacas deben ter almacenados suficientes hidratos de carbono para cubrir
as necesidades das raíces e tallos en desenrolo ata que sexan capaces de facelo por si
mesmos. De cote, as puntas das ramas teñen poucas reservas e se descartan,
obténdose as mellores da parte basal ou central.
Aínda que a plantación faise, en xeral, en primavera, é igualmente posible
colocar os esgallos nada máis feitos. Obtéñense a partir de tallos do ano. A época máis
axeitada par recoller as estacas é en xaneiro-febreiro, asegurándonos así de que as
xemas superaron o letargo. Debemos seleccionar tallos vigorosos, desbotando o ápice
si é demasiado tenro, tamén deben evitarse as xemas de flor.
Esta técnica aplícase esencialmente nos arbustos e árbores de adorno (Spirea,
Tamarix, Deutzia, Forsythia, Ligustrum, Wisteria, Weigelia, Viburnum, Cornus...). En
cultivos florais, certos porta-enxertos de rosais tamén se multiplican desta forma.
Tamén en especies forestais como Salix, Platanus e Populus , nos que a emisión de
raíces é moi fácil. Estes últimos esgallos solen facerse de 80 a 250 cm. de lonxitude
segundo as especies e segundo o destino.

Marina Engroba Sal


Xestión e Organización da Produción de Planta Tema 9: Esgallado. Tipos 5

CON FOLLAS
Son os que se aplican a vexetais leñosos que non perden as súas follas,
xeralmente fanse en outono ou a principios do inverno. As estacas deste tipo deben
enraizar en condicións de humidade suficiente que impida a desecación. Normalmente
son lentas pudendo ir dende varios meses ata 1 ano.Ex.- Os de coníferas, Prunus
lauroceraus, Ilex, Viburnum tinus.
Coníferas.-Unha mención a parte merecen as coníferas, que aínda que se poden
reproducir durante todo o ano a época máis axeitada é a de setembro- outubro e
posteriormente na primavera. Normalmente as estacas son de madeira dura, aínda que
noutra épocas pódese usar madeira semidura.
Utilízanse só os extremos das ramas que se colleitan pouco tempo antes da
formación dos gromos novos, e son recollidas en épocas variables, aínda que o normal
é no verán.
As coníferas tardan
moito en enraizar, dedicando
os primeiros meses á formación
do callo cicatricial, e non
emitindo raíces ata a
primavera. Si unha vez
chegada esta o callo fora
demasiado grande, este impediría a emisión de raíces, polo que deberá ser cortado
lonxitudinalmente e repetir, si así o require a técnica, un aporte de hormonas. Aínda
así algunhas especies producen raíces
con máis facilidade que outras ex.-
Thuja que enraíza con facilidade e
Taxus que dan problemas e outras
especies como Juniperus, Abies e
Pinus fano con dificultade.
Se quitarán con precaución as
acículas da parte que se enterra a
unha lonxitude de 2-3cm. En Piceas e
Taxus deben recollerse as varas
inmediatamente antes do gromo e en moitas coníferas non é problema facelo mentres
se propicia o gromo.

Marina Engroba Sal


Xestión e Organización da Produción de Planta Tema 9: Esgallado. Tipos 6

Na propagación de coníferas se
pode utilizar a vara astillada, é dicir non se
corta a súa base, senón que se arrinca
dunha rama de dous anos; deste xeito se
forma un talón. A mellor época para facer
este traballo está entre finais de agosto e
mediados de setembro cando estean
suficientemente endurecidas. Este
esgallado debe facerse en caixóns
quentes.
O aporte de calor de fondo, si ben non imprescindible, resultou ser útil para
acelerar o enraizamento así como para a protección dos esgallos durante o inverno. No
obstante debemos saber que un aporte esaxerado de calor provoca un crecemento
grande do callo cicatrizal e polo tanto dificulta o enraizamento. A utilización do Fog-
system para os días soleados de outono e primavera, aumenta a porcentaxe de
esgallos enraizados, en especial para as coníferas.

Marina Engroba Sal


Xestión e Organización da Produción de Planta Tema 9: Esgallado. Tipos 7

3.1.2.-Estacas de madeira semidura ou semiherbáceos

Normalmente obtéñense de especies


leñosas sempreverdes de folla ancha, solen
tomares en verán das ramas novas despois dun
período de crecemento e onde a madeira
lignificouse en parte.
Este tipo de varas enraíza con facilidade,
pero requiren moita atención e equipos
axeitados. Sempre se fan deixando follas e en
consecuencia deben ser manexadas con
coidado para impedir a seca. As mellores varas son aquelas en que a madeira é
flexible pero está suficientemente lignificada como para romperse si se dobra con
brusquidade.
Son esgallos que teñen unha época moi precisa de producción: fin de verán
principios de outono Ex.- Fucsia, Pelargonium x hortorum, Erica, Ceanothus, Erica,
Spirea, Hypericum, Nerium oleander , Ilex aquifolium.........

3.1.3.-Estacas herbáceas

Fórmanse a partir de pes nais


en plena vexetación nas partes xoves
das plantas. Fanse todo o ano. Ex.-
Chrysanthemum, Coleus, Abutilon,
Pelargonium, Euphorbia, Diffenbachia,
Dracaena, Ficus, Erica, Hydrange,
Codiaeum, Fatsia, Calathea, , Philodendrom, Hibiscus, Aster, Iberis, Statice, Alyssum,
Dianthus, Hypericum...
Este tipo de varas levan follas e faise de plantas herbáceas e suculentas
(normalmente plantas de interior e terraza). Sácanse das plantas en plena vexetación.
Este tipo de multiplicación require unas instalacións de protección para evitar a seca
dos esgallos o que eleva o prezo de costo da producción. As plantas nais non teñen
que seguir necesariamente un tipo de poda determinado, pois o sacado de esgallos
non representa un traumatismo serio nin modifica esaxeradamente a estructura da

Marina Engroba Sal


Xestión e Organización da Produción de Planta Tema 9: Esgallado. Tipos 8

planta, por eso podemos utilizar como planta nai, planta san crecendo no seu estado
natural. Non ten moita aplicación en forestais, aínda que si pode ser interesante en
especies cespedantes. Hai dous tipos de esgallos herbáceos fundamentalmente:
9 Esgallo herbáceo de primavera cedo onde se trata de aproveitar a gromación
recente dunha árbore ou arbusto á saída do inverno. Faise en marzo abril. O
esgallo é un gromo de uns poucos centímetros que debe sacarse cortado a ras
da rama principal cunha navalla de enxertar, ou ben tirando con coidado cara
abaixo, arrincado o esgallo cunha porción de pel da rama principal. É un esgallo
moi tenro, coas xemas axilares aínda sen madurar, sendo a xema apical a única
responsable do crecemento aéreo, de aí a importancia de que non existan xemas
de flor no ápice. Estes esgallos precisas calor de fondo.
9 Esgallo de primavera verán, que se fan nos meses de maio xuño. Os gromos son
máis longos e grosos, atopándose as xemas axilares xa maduras, o que nos
permite efectuar esgallos de entrenó. Estes esgallos deberán ser cortados, na
medida do posible, a ras dunha xema por debaixo, é dicir, disporán dun nó na
parte basal. Os esgallos máis recomendables teñen dúas xemas. Na base
debemos suprimir as follas, e as restantes do esgallo poden suprimirse en parte
ou recortarse si son de gran tamaño co obxecto de diminuír a evaporación.

Calquera que sexa o seu grao de lignificación, todos os esgallos realizaranse da


mesma maneira:

9 Esgallos denominados en cabeza, que se caracterizan por posuír unha xeman


terminal.
9 Esgallos de anacos realizados nas partes intermedias dos talos. Estes poden ser
máis ou menos longos, poden estar constituídos dunha xema, dun corto fragmento
de talo e dunha folla; e para certas especies prescíndese, as veces, desta folla.
Ex.- Hedera, Ficus, Philodendron, Dracaena, Dieffenbachia.
Normalmente as estacas ou varas sepáranse con partes de ramas de 7 a 15 cm
de longo, deixando follas no extremo superior. Se as follas son moi grandes deben
cortarse para reducir as perdas de auga e permitir colocalas máis xuntas nas camas de
propagación. Debe controlarse o medio ambiente para que as perdas de auga das
follas sexan mínimas
Dentro destes hai unha modalidade denominada esgallo de folla con xema moi
utilizado que consiste na lámina dunha folla, o pecíolo e unha corta porción de talo

Marina Engroba Sal


Xestión e Organización da Produción de Planta Tema 9: Esgallado. Tipos 9

cunha xema axilar. Este tipo de esgallos é moi útil en plantas nas que as follas
separadas inician raíces adventicias pero non talos. A xema axilar que están na base
do gromo da lugar a un novo gromo.

3.2. ESGALLOS DE XEMA.


Non deben confundirse cos esgallos de talo de anacos reducidos a unha xema e
a unha porción de talo. Esta denominación só se aplica a unhas condicións precisas: o
esgallo faise sobre un vexetal no que as xemas están opostas e a continuación, o talo
se parte pola metade en sentido lonxitudinal. Este tipo de esgallo practícase pouco só
en Hydrangea, Aphelandra, ... e normalmente no caso de que se teñan poucos pes
nais e se precisen numerosos esgallos.

3.3. ESGALLOS DE FOLLAS E PORCIÓN DE FOLLAS.


Os esgallos practícanse, en xeral, en plantas
acaules (plantas que teñen un talo tan curto que
parece inexistente), pero esto non é unha obriga.
Certas Begonias ou Peperomia, sen ser acaules,
poden multiplicarse por esgallos de folla.
Hai varias modalidades:

9 Utilizar como esgallo unha folla completa (limbo


e pecíolo). A folla non debe ser nin demasiado
nova, nin demasiado vella. O pecíolo debe reducirse a uns 2 cm. e situala en
condicións favorables. Na maioría dos casos fórmase na base da folla un tallo
adventicio e raíces adventicias, onde a folla principal non se
volve parte da nova planta
9 Utilizar a lámina da folla ou lámina para iniciar unha nova
planta. Esta folla pode estar fragmentada en certo número
de porcións máis ou me mos importantes. O caso máis
coñecido é o da Begonia rex onde a folla pode estar
fragmentada en rectángulos de 3 x 3 cm. coa condición de Esgallo de Sanseviera
posuír unha nervación principal.
Ex.- Sansevieria, Begonia, Saintpaulia, Sedum, Peperomia, Streptocarpus...

Marina Engroba Sal


Xestión e Organización da Produción de Planta Tema 9: Esgallado. Tipos 10

Esgallo de Saintpaulia
Esgallo de Diffembachia

Esgallo de Begonia rex

Marina Engroba Sal


Xestión e Organización da Produción de Planta Tema 9: Esgallado. Tipos 11

3.4.-ESGALLOS DE RAÍZ
Para obter os mellores resultados as varas tómanse de plantas nais xoves á
finais do inverno ou comezo da primavera cando as raíces están ben provistas de
reservas, pero antes de iniciarse o novo crecemento (repouso vexetativo). A obtención
de varas de raíz pode ser moi laboriosa a menos que se faga nos viveiros recortando
raíces de plantas conforme se vaian sacando.
Arríncase a planta nai e se lava o sistema radical, fragméntanse as raíces en
anacos de 2 - 5 cm. de lonxitude e se transplantan verticalmente cando o seu diámetro
o permite ou se colocan horizontalmente nun surco cando o seu diámetro é máis
pequeno.
Esta técnica emprégase sobre todo en plantas vivaces e, as vece, en árbores ou
arbustos ornamentais: Actinidia chinensis, Aesculus parviflora, Ailanthus altissima,
Albizia julibrissin, Chaenomeles japonica (membrilleiro), ficus carica, Malus sp
(mazairo) Rubus sp., Wisteria, Robinia pseudoacacia, Rhus sp., Bambus, Paulownia,
Phox, Dicentra, Hypericum, Anemone x japonica...

4. DATOS BIOLÓXICOS.
Na propagación por estacas e por estacas con xema foliar, só é preciso que se
forme un novo sistema de raíces adventicias (raíz adventicia é aquela que se orixina en
calquera parte da planta diferente ás raíces do embrión e as súas ramas), xa que existe
un sistema caulinar en potencia: unha xema.
Nas estacas de raíz débense iniciar un novo sistema de talo a partir dunha xema
adventicia (son as que se orixinan en calquera parte da planta diferente ás xemas
terminais, laterais ou latentes dos talos), así como unha extensión da parte da raíz xa
existente, a miúdo pola formación de raíces adventicias. Nas estacas de folla débese
formar un sistema novo, tanto de raíces como de talo.
Cada célula posúe a totalidade do patrimonio xenético da planta e pode así,
baixo certas condicións, rexenerar unha planta enteira. Esta facultade de reconstituír
unha planta a partir dunha célula ou dun pequeno grupo de células denomínase
TOTIPOTENCIA CELULAR. Esta capacidade non está expresada totalmente, xa que a
célula recibe diversas “informacións” que difiren en función da idade, localización...
chegando así a especializarse máis ou menos ou ata incluso cesar de dividirse para
certos órganos.

Marina Engroba Sal


Xestión e Organización da Produción de Planta Tema 9: Esgallado. Tipos 12

Ex.-Certos vexetais leñosos emiten facilmente raíces cando son novos e perden pouco
a pouco esta facultade coa idade.
Un esgallo de Araucaria excelsa dunha rama lateral, da lugar a un vexetal que
queda “plano”, e parece ser que neste caso as ramas laterais xa non expresan as
informacións que permiten un crecemento vertical.
Estas características son máis pronunciadas nalgunhas células e partes das
plantas que noutras, e polo tanto o propagador debe efectuar algunhas manipulacións
para proporcionar as condicións apropiadas para o enraizamento. Estas zonas das
plantas onde sempre existe actividade históxena (de tecidos) u organóxena (de
órganos) son os MERISTEMAS.

MERISTEMAS: Existen diversas categorías de meristemas que se clasifican en función das súas aptitudes. Na
orixe do vexetal, o embrión desenrólase en plántula. Os factores de base deste crecemento son dous
meristemas: O CAULINAR que dará lugar ó aparato aéreo e o RADICAL que dará lugar ó aparato subterráneo.
De seguido, co tempo, o vexetal deberá asegurarse o seu engrosamento que se fará a partir dos fenómenos de
MÉRESIS (proliferación celular) e de AUXESIS (aumento das dimensión celulares). Podemos definir os
meristemas como zonas privilexiadas localizadas que aseguran unha proliferación celular non especializada no
orixe, estas células especialízanse de seguido, sendo esta operación a diferenciación.
MERISTEMAS PRIMARIOS.-Están: ápice da raíz, xemas apicais e xemas auxiliares e son os responsables do
crecemento en lonxitude.
MERISTEMAS SECUNDARIOS.-Situados nas partes de máis idade do vexetal, son os que aseguran o
crecemento en espesor. Existen dous meristemas secundarios: Cambium vascular que produce xilema
secundario (principal tecido conductor de auga, e tamén implicado na conducción de sales minerais, na reserva
de nutrintes e na función soporte)) cara o interior e cara ó exterior o liber ou floema (principal tecido conductor
de nutrintes das plantas vasculares que levan a saiba elaborada dende as follas ós diversos órganos das
plantas). Cambium suberóxeno que produce a felodermis cara o interior e o corcho ou suber cara o exterior
MERISTEMAS ADVENTICIOS.-Son os neo-formados a continuación dunha desdiferenciación localizada. Esta
pode ser natural, e intervir nun momento dado no desenrolo da planta, ou aparecer tras unhas condicións
particulares : caso do esgallado. Estes poden ser de orixe caulinar ou radical.

Colénquima.-Son tecidos de armazón ou esqueleto das plantas impedindo a súa


deformación. Está formado por células vivas, en cuia membrana prodúcese unha
acumulación de celulosa, pero non están lignificadas e están especialmente adaptadas
para soportar órganos xoves en crecemento. Atópase formando cordóns por debaixo
da epiderme en talos e pecíolos.
Esclerénquima.- Tecido de armazón ou esqueleto das plantas que impiden a súa
deformación. Está formado por células mortas na súa madurez, con parede celular moi
engrosada ou lignificada, por eso teñen unha función importante de reforzo, así como

Marina Engroba Sal


Xestión e Organización da Produción de Planta Tema 9: Esgallado. Tipos 13

de elementos da planta que xa non sofren a elongación. Poden desenrolarse en


calquera parte do vexetal.
Epiderme.- Tecido de recubrimento ou protección doutros tecidos para que non
sexan danados por axentes externos. É a capa máis externa do corpo do vexetal
Parénquima.- Tecido de nutrición, implicado en actividades como a fotosínteses,
almacenamento de substancias de reserva. Xoga un importante papel na rexeneración
cando se producen feridas.

5. RIZOXÉNESES
A rizoxéneses é o conxunto de fenómenos que conducen á emisión radical.
Calquera que sexa o tipo de esgallado, o primeiro estado da reconstrucción dunha
planta enteira será (salvo para os esgallos de raíz), o nacemento dun sistema radicular.
Para os esgallos que non posúan xemas ou talos, a reconstitución dun sistema aéreo
farase nunha segunda etapa.
Na rizoxéneses podemos considerar varias cuestións:

1) Cando se fai unha estaca, as células viventes que están nas superficies cortadas
son lesionadas, o conseguinte proceso de cicatrización e rexeneración ocorre en tres
pasos:
ƒ O morrer as células externas lesionadas, fórmase unha placa necrótica que sela
a ferida cun material suberoso (suberina) e tapa o xilema, deste modo a placa
protexe as superficies cortadas da seca.
ƒ Despois de uns días as células que están detrás destas placas empezan a
dividirse e pódese formar unha capa de células de parénquima (callo). O callo é
unha masa irregular de células de parénquima en varios estados de lignificación.
O callo prolifera de células novas que se atopan na base da estaca na rexión do
Cambium vascular, aínda que tamén poden contribuír células da cortiza e da
medula. Existe a crenza de que a formación do callo é esencial para a formación
de raíces, pero normalmente ambos procesos son independentes entre si, pero
si ocorren simultaneamente é debido a súa dependencia de condicións internas
e ambientais similares. Tamén ocorre que, en certas especies, a formación do
callo é precursora da formación de raíces adventicias.
ƒ En certas células próximas ó cambium vascular e o floema empezan a emitirse
raíces adventicias.
2) O orixe das raíces está en estreita relación co tipo de esgallo considerado:

Marina Engroba Sal


Xestión e Organización da Produción de Planta Tema 9: Esgallado. Tipos 14

Para os esgallos de ramas:


Para os esgallos de ramas, o mecanismo da rizoxéneses está estreitamente
ligado á existencia do CAMBIUM, que xoga un papel importante no nacemento das
raíces. Son posibles dous esquemas:
ƒ Un illote de células meristemáticas de tipo primario se desenrola directamente a
partir do cambium, e posteriormente organízase nun meristema de tipo radical.
ƒ Na base do esgallo e esencialmente a partir do cambium, unha proliferación
celular intensa., remata coa formación do callo. No interior deste callo, certas
células evolucionan a células meristemáticas de tipo primario e , posteriormente,
organízanse en meristemas de tipo radical.
Non hai unha regra precisa para que unha especie evolucione seguindo un ou
outro esquema. Só se pode precisar que o primeiro atópase, en xeral, nas plantas
herbáceas, mentres que o segundo está máis en vigor nas plantas leñosas.
Para os esgallos de follas:
O proceso xeral, é o mesmo que para os talos, sen embargo, a planta formarase
na base do pecíolo ou dos meristemas adventicios de tipo radical nun primeiro
momento e despois de tipo caulinar.
Para os esgallos de raíces:
Non hai, neste caso, formación de raíces propiamente ditas, de feito as raíces
novamente formadas son, ramificacións do esgallo. A súa orixe, en xeral, é profunda,
formándose a partir de células meristemáticas que se diferenciaron a nivel do periciclo,
e a veces, do endodermo.
3) As diferentes etapas polas que pasa o sistema de rizoxéneses e que están
intimamente ligadas son:
ƒ Actividade inicial.- Despois do esgallado, obsérvase nalgunhas células,
modificacións, que están particularmente marcadas a nivel dos cambium e dos
vasos conductores. Esta primeira etapa (non visible) é o primeiro paso cara ó
nacemento das raíces, xa que é unha activación xeral pouco específica e
polarizada na base do esgallo.
POLARIDADE.- É unha característica de talos e raíces nas que o polo situado do lado
da extremidade das raíces inducirá máis ben raíces e o polo oposto inducirá xemas. Si
cambiamos a posición das estacas respecto a gravidade (invertémolas) non se altera
esta tendencia. Os talos mostran unha forte polaridade, as raíces unha máis débil e as
follas aínda máis débil. Suponse que esto débese a unha redistribución dalgunha
substancia, probablemente auxina.

Marina Engroba Sal


Xestión e Organización da Produción de Planta Tema 9: Esgallado. Tipos 15

ƒ Desdiferenciación celular. Entre os


tecidos activados, só as capas xeratrices
e , en menor grao, os tecidos veciños,
son o asento de numerosas divisións, que
terminan coa formación dun tecido
cicatrizal de importancia variable que
pode evolucionar (caso de coníferas e
leñosas) a callo.
A nivel de capas xeratrices ou no
callo, as mitoses sucesivas dan progresivamente células que teñen as
características dos meristemas primarios.
ƒ Reorganización.- A partir dos illotes (meristemas primarios formados na etapa
anterior), as células vanse a organizar dando lugar a un meristema de raíz que
comezará o seu crecemento e, unha vez,
atravesado os tecidos veciños, a raíz
neoformada farase visible.

Marina Engroba Sal


Xestión e Organización da Produción de Planta Tema 9: Esgallado. Tipos 16

Plantas nais de pino para esgallar

Marina Engroba Sal

You might also like