You are on page 1of 6

Infraestruturas de prevención de incendios

e silvicultura preventiva.
1.- Infraestruturas hidráulicas. Puntos de auga.
Denomínanse puntos de auga a todo aquel lugar no que se almacena auga para o seu
posterior uso con medios de transporte aéreo ou terrestre.
Unha rede hídrica debe asegurar a dispoñibilidade en todo momento de recursos hídricos
para os medios de extinción aéreos e terrestres.
Hai dous tipos de puntos de auga:
• Infraestrutura hídrica preparada expresamente para a extinción de incendios
forestais:
❖ Rede de depósitos, tubeiras, tomas...
❖ Depósito de auga para cargar en terra.
❖ Depósitos de auga para carga de medios aéreos.
❖ Tomas de auga para carga de camións.
❖ Puntos de carga en galerías particulares e canles.
• Puntos de auga de uso múltiple
❖ Augas libres: ríos, embalses, mar...
❖ Depósitos de auga para uso agrícola ou gandeiro
❖ Piscinas
❖ Hidrantes, bocas de rego...

1.1.- Limitacións de uso dos puntos de auga.


• Coincidencia do estiaxe coa época de perigo
• Os usos alternativos nos embalses ou portos do mar poden dificultar o acceso ós medios
de extinción.
• mal tempo nas zonas costeiras pode impedir a carga non mar polos medios aéreos.
• Os danos que pode provocar a carga de auga polos helicópteros en balsas e piscinas.
No deseño e instalación destes sistemas hai que ter en conta unha serie de consideracións
ambientais:
• Imprescindible levar a cabo unha adecuación paisaxística do entorno.
• Debe haber sistemas de seguridade para persoas e animais.
• Poden establecerse sistemas de abrevado para a fauna.

1.2.-Sistemas de enchido
Naturais: escorrentía superficial, fontes ou manantiais naturais.
Artificiais: enchido por tanques, redes pública ou de rego...

2.-Bases de medios aéreos: tipos e características


Os criterios básicos a considerar á hora de elixir a ubicación dunha base para medios
aéreos son os seguintes:

1
• Que o aparato no seu radio de acción, abarque unha superficie forestal na que o incendio
poda presentar:
❖ Perigo
❖ Intensidade de propagación singularmente grande
❖ Accesibilidade difícil
• Que se dispoña de posto fixos de vixilancia.
• Que a zona de actuación presente un risco alto ou moderado de incendios forestais.
• Que esté ben situada, próxima a algunha poboación e estrada
Respecto o medio aéreo descríbense a continuación brevemente algúns dos requisitos mais
importantes:
• A helipista debe estar situada preferiblemente sobre lomos ou cerros.
• Estar vaiada e con iluminación nocturna.
• Dispor dunha plataforma, como mínimo, 1,5 veces o diámetro do rotor
• Asegurar rutas de saída e entrada das aeronaves en dirección dos ventos dominantes.
• Non ter árbores e matogueira na superficie nun radio mínimo de 100 m.
• Dispor dunha manga indicadora da dirección dominante do vento.

3.-Outras infraestruturas: rede viaria.


Os camiños forestais son complexas estruturas de enxeñeira das que depende o
transporte eficiente e o acceso seguro ao monte. Son deseñados e trazados sobre o terreo
sendo conscientes de que é preciso perturbar o solo o menos posible, establecer un sistema de
drenaxe adecuado e evitar cando séa posible, o cruce dos cursos de auga.
• Os camiños forestais deben:
• Permitir o acceso ao monte para atendes as necesidades de ordenación e protección dos
bosques.
• Reducir ó mínimo a erosión do solo
• Empregar sistemas naturais de drenaxe
Compren dúas funcións fundamentais:
• Posibilitan a vixilancia, disuasión e información dos medios terrestres móbiles e permitir o
acceso ao monte para a realización de traballos forestais de prevención.
• Unha vez xerada a emerxencia por incendio forestal, posibilitan a entrada e saída dos
medios terrestres de extinción.

3.1.- Xerarquía
En función do tipo de rede:

Rede principal Rede secundaria

• Deben permitir a circulación nos • Debe ter 4 metros de ancho con


dous sentidos. ensanchamentos cada 200 metros.
• Debe ter 6 m de anchura, mais • A pendente debe ser inferir ó 20%
ensanchamento cada 2 km para
permitir o xiro.
• Pendentes inferiores ó 20%

2
Rede complementaria

• Son pistas cegas de acceso limitado e nunca superior a 1 km.


• Debe terminar nunha plazoleta de xiro
• Constrúense para acceder a determinados puntos.

4.- Tipos de traballos silvícolas preventivos.

4.1.- Liñas cortalumes.


Estruturas lineais coas que se interrompe a continuidade horizontal da masa. Son faixas
alongadas de 20-30 metros de ancho desprovistas de todo tipo de vexetación, deixando o solo
mineral ó descuberto. Serven para retrasar a propagación do lume e facilitar o desprazamento
dos medos de extinción.

Obxectivos principais

• Dar seguridade e aumentar eficacia dos equipos terrestres de extinción.


• Posibilitar a aplicación de cortalumes.

Execútanse mediante un decapado con bulldocer e situase sobre:


• Liñas artificiais.
• Lindes, bordes de estradas e camiños
• Zonas limítrofes entre cultivos agrícolas e monte
• Zonas de uso recreativo
• Zonas de máxima pendente
• Ó longo de liñas de cumes.
Os principais inconvintes son o impacto paisaxístico e a posibilidade de inducir na erosión
na zona tratada.
As faixas deben ser accesibles aos medios de extinción, por ilo sempre deben comezar e
acabar en pistas ou estradas. A anchura deberá permitir o traballo do persoal de extinción para
evitarlles sufrir danos por radiación, así como dificultar o paso do lume ao outro lado por efecto
da radiación.

4.2.- Áreas cortalumes


Son zonas nas que se aclara a vexetación, eliminando parte dela, rompendo a continuidade
da cuberta vexetal. Son espazos alongados (40-100 m de ancho) onde se modifica o modelo de
combustible. Realizase mediante claras, podas, desbroces...
Favorece a descontinuidade do combustible.
O obxectivo é reducir a velocidade das lapas e a intensidade ó chegar a estas zonas, así
como facilitar o acceso ós medios e os seus traballos en condicións de maior seguridade.
Coinciden con camiñ0s, bagoadas, divisorias, cursos de auga e bordes de masas forestais,
aínda que as veces tamén se realizan dentro das formacións vexetais.

Deseño de áreas cortalumes


Deben deseñarse como parte integrada dun plan xeral de defensa a medio longo prazo.
3
A superficie protexida pode formar compartimentos de tamaño variable:
• De ata 300 hectáreas en zonas de alto risco ou en montes moi valiosos.
• De ata 1.000 hectáreas en zonas de risco moderado ou montes de valor secundario.
Poden situarse seguindo divisorias ou bagoadas anchas para partir superficies arboradas,
ter forma perimetral para separar superficies arboradas de cultivos, zonas habitadas ou situarse
paralelas a vías.
O área cortalumes serve para deter o lume do solo e apoiar os cortalumes. En función das
súas características, poden ser:
Rede primaria Rede secundaria

• Anchura >100 metros. • Anchura 20 a 100 metros.


• Pretende compartimentar o monte • Pretende compartimentar <2.500
en unidades <5.000 hectáreas. hectáreas
• Aproveitar o cauce dos ríos, as • Aproveitar a rede viaria xeral, a rede
autopistas e os afloramentos eléctrica, zonas limítrofes con
rochosos. cidades, ríos pequenos...

Rede terciaria

• Anchura de6 a 20 metros.


• Compartimentar o monte en unidades <500 hectáreas.
• Aproveitar as pistas, as lindes de propiedades, os arroios e as construcións rurais

Se a faixa cortalumes conserva parte da vexetación, pode ser necesario aumentar a súa
anchura ata os 500 metros

Execución de áreas cortalumes


En función de onde localicemos esta infraestrutura, será necesario realizar un ou outro
tipo de tratamento.
• Zonas rochosas: ningún tratamento.
• Masas arboradas: córtanse todos os pés defectuosos, torcidos, pes madeirables para que
non haxa copas entrelazadas. As masas con distintas clases de idade, os pés de un subpiso
aclaréanse ata conseguir un espaciamento de 6 metros. A matogueira rozase e eliminase.
• Pradeiras: ningún tratamento.
• Matogueira e monte baixo: desbrózase ata un 70%, deixando matas ailladas separadas
como mínimo 3 metros.
• Bagoadas, cursos de auga: eliminar vexetación seca. Deben introducirse especies
frondosas.

4.- Procedementos. Métodos de modificación dos combustibles


• Desbroce mecánico: eliminación dos matorrais e restos forestais mediante a
utilización de apeiros especiais acoplados a maquinaria pesada.
❖ Vantaxes:
1) Rapidez de execución
4
2) É realizable todo o ano
3) Pode facerse un estelado posterior no propio campo, reducindo os
custos e o perigo de incendios.
❖ Inconvintes.
1) Mantemento da maquinária
2) Limitacións pola pendente do terreo
a) 30% en curvas de nivel
b) 60% en liñas de máxima pendente
3) Prezo elevado
4) Problemas de compatación do solo
• Desbroce manual: eliminación de matogueira mediante do uso de ferramentas
manuais mecánicas.
❖ Vantaxes:

1) Realizable todo o ano


2) Pode ser selectivo
3) É dosificable se se aplica regularmente
4) Da emprego á poboación rural
❖ Inconvintes:
1) Rendemento baixo
2) Xestión complicada do persoal
3) Coste elevado das operacións
4) Baixa eficacia en desbroces de pastos
5) Necesidade de eliminar os restos xerados
• Poda manual: a poda é a eliminación das ramas do arborado có obxetivo de mellorar
a calidade da madeira e romper a continuidade vertical dá masa
• Lume prescrito: consiste na eliminación da vexetación arbustiva por medio do uso
do lume baixo control. Tamén se pode facer a poda dos verticilos inferiores dá
árbore.
❖ Vantaxes:
1) Pódese aplicar en todos os sitios
2) Rapidez de execución e inmediatez dos efectos
3) Coste baixo das operacións
4) Boa redución da vexetación
❖ Inconvintes:
1) Persoal especializado e esperto
2) Precisa de vixilancia continua
3) O momento de execución é corto
4) É un proceso pouco selectivo
5) Precisa continuidade do material
6) É unha opción socialmente discutida
• Pastoreo controlado: uso de gando doméstico para a eliminación da cuberta
vexetal.
❖ Vantaxes:
1) Favorece a economía local
2) Os seus efectos son variados según o tipo de gando empregado

5
3) Require un cercado móbil pouco custoso
4) Favorece o acercamento entre sectores
❖ Inconvintes:
1) Require de pastores especializados
2) Existe risco de compatación do solo
3) Poden producirse danos ás árbores
4) A irregularidade da vexetación pode facer precisa a adicción de
complementos alimentarios para o gando.

You might also like