You are on page 1of 70

TEORÍAS DA COMUNICACIÓN

Curso 2020 /2021


3º Xornalismo

O XORNALISMO E A DECLARACIÓN UNIVERSAL


DOS DEREITOS HUMANOS

Os fundamentos internacionais do xornalismo, das emisións públicas e de toda


actividade comunicativa pódense procurar nos acordos internacionais sobre liberdade
de comunicación. O artigo número 19 da Declaración Universal de Dereitos Humanos
(1948), estipula as cuestións relativas á liberdade de expresión, ratificadas polo Acordo
Internacional dos Dereitos Civís e Políticos, promulgado en 1966.

c) Toda persoa ten dereito a manter opinións sen interferencia.

d) Toda persoa ten dereito á liberdade de expresión; este dereito inclúe a liberdade de
procurar, recibir e comunicar todo tipo de ideas sen que as fronteiras poidan ser
impedimento, por medio da escrita, dos prelos ou da expresión oral, en forma de arte ou
a través de calquera outro medio da súa elección.

e) O exercicio do dereito previsto no parágrafo segundo deste artigo implica dereitos e


responsabilidades especiais. Pode ficar logo suxeito a certas restricións, mais as tales
serán só aquelas previstas polas leis e son necesarias para o respecto dos dereitos ou
reputacións doutros ou para a protección da seguridade nacional, da orde pública ou da
saúde e moralidade pública.

O artigo 29 do Acordo Internacional sobre Dereitos Civís e Políticos tamén establece:

Prohíbese por lei toda propaganda bélica.

2. Prohíbese por lei toda defensa nacional, racial, ou odio relixioso que constitúan
incitación á discriminación, hostilidade ou violencia.

Hai outros acordos internacionais que reiteran ou expanden as devanditas previsións.


O Acordo Americano sobre Dereitos Humanos (asinado en 1969 e promulgado en 1978)
está en vigor en moitos países occidentais e reitera en moitos aspectos a Declaración
Universal de Dereitos Humanos de 1948. De por parte, o artigo 19 da Declaración
Universal de Dereitos Humanos refundiuse no artigo 10 do Acordo Europeo sobre
Dereitos Humanos.

Outro texto importante no tocante ó exercicio do xornalismo e a comunicación é o


Acordo Europeo sobre Televisión Transfronteiriza, de 1989.

No contexto internacional, o concepto compensatorio da liberdade de comunicación é o


de soberanía informativa. A soberanía informativa é a capacidade da nación ou
comunidade para controla-la difusión dentro e a través das fronteiras e para preserva-la
súa integridade e características culturais, sempre que se manteña o respecto ós
dereitos básicos de procurar, recibir e transmitir información. A relación entre os
conceptos de “liberdade para comunicar” e, por outra banda, “soberanía informativa” no
nivel das nación ou comunidades pódese enxergar de xeito paralelo ás chamadas
teorías libertarias e, por outra banda, teorías da responsabilidade social dos medios. A

2
3º Xornalismo

noción de soberanía informativa defendeuse no informe Mc Bride (1980), do que se


falou anteriormente.

O xornalismo e a declaración de Múnich


As lexislacións estatais e comunitarias amosan variacións considerables tocante á
liberdade de expresión, á privavidade e á violación da intimidade e do honor. Case
tódalas nacións teñen declaracións relativas á liberdade de expresión.

Os aspectos comúns das normas das nacións desenvolvidas amósanse na Declaración


de Dereitos e Deberes dos Xornalistas que circula entre algúns profesionais da
Comunidade Europea. A declaración aprobouse nuha reunión de xornalistas de seis
países membros da Comunidade Europea celebrada en Munich en 1971. O preámbulo
establece algúns principios xerais. O primeiro di que “o dereito á información e a
liberdade de expresión e crítica é un dereito fundamental da humanidade”. Despois
desta repetición da Declaración universal de dereitos humanos, o texto da reunión de
xornalistas di que “os dereitos e deberes dos xornalistas dimanan do dereito do público
a ser informado sobre acontecementos e opinións”. Dito noutras palabras, mantense
que os xornalistas obteñen o dereito a actuar por mor dos dereitos públicos. Alén diso,
non se declara dereito especial ningún en beneficio dos xornalistas.

No terceiro parágrafo do preámbulo enfatízase, máis una vez, a cuestión do servizo


público e dáselle prioridade con respecto ós propietarios dos medios e as burocracias
do momento. O cuarto parágrafo recoñece que a procura e difusión de informacións
pode xustificar actividades non desexables.

O parágrafo final trata das condicións de traballo e da moralidade. Declárase que “os
xornalistas, sexa como for, poden respecta-los devanditos deberes só cando se dan
verdadeiramente condicións de independencia e dignidade profesional. Tal é o obxecto
da seguinte declaración de dereitos.”

Todo xornalista digno de tal nome considera que é o seu deber atender lealmente ós
devanditos principios. No marco da lexislación xeral de cada país, os xornalistas
recoñecen, no que atinxe ás cuestións profesionais, unicamente a xurisdición dos seus
colegas, isto exclúe todo tipo de interferencias dos gobernos ou doutro tipo de
organismos.

Esta declaración de Munich parécenos moi significativa por dúas razóns. En primeiro
lugar, representa os principios básicos a partir dos cales os xornalistas de toda Europa
deben de establecer acordos comúns. En segundo lugar, identifica case enteiramente
as restricións coas que se adoitan enfrontar os profesionais:

1) As leis nacionais e internacionais e mailas normativas relativas á información.

2) As orientacións, accións e preferencias do goberno de turno.

3) As políticas, prácticas e actitudes dos propietarios dos medios.

3
3º Xornalismo

4) As filosofías, prácticas, rutinas e actitudes dos colegas, directores incluídos


(quere dicir, o que Gaye Tuchman (1972) chamou no artigo sobre “o ritual
estratéxico da obxectividade” “coñecemento sagrado” e no libro de 1978 sobre
a elaboración de noticias deu en chamar “paraideoloxía”).

5) As presións das sociedades e dos subgrupos que hai en cada sociedade.

Ademais das restricións enumeradas, hai outras dúas que non se mencionan. A primeira
é a debida ás técnicas, a segunda é a do acceso á información (véxase o artigo de T.
A. Van Dijk titulado “Discurso, poder e acceso” (Van Dijk, 1993).

4
3º Xornalismo

CARACTERIZACIÓN XERAL DAS SOCIEDADES


ORAIS E ALFABETIZADAS

• Sociedades alfabetizadas: coñecen a técnica da escritura. Os individuos teñen


unha técnica para facer rexistros precisos (inscribir signos nun soporte), o que
permite deixar constancia da historia (comparar os feitos dun ano cos de anos
anteriores) da sociedade. Estas sociedades teñen historicidade (capacidade de
escribir historias verdadeiras ou falsas, superficiais ou profundas). Coñecemento
analítico e científico. A vivencia temporal é diacrónica (compárase o que vai de
tempos en tempos. Platón e Aristóteles.
Trátase de desenvolver unha capacidade analítica que dá lugar a un
coñecemento científico. Conta cunha serie de riscos. A cultura alfabetizada pode
xerar monopolio de coñecemento. Dá lugar a que algún grupo social dotado da
capacidade de escritura, detecten máis coñecemento e o reserven para si.
A sociedade alfabetizada está centralizada, o que leva a que haxa unha certa
xerarquía. As escrituras alfabéticas son máis económicas, polo reducido número
de trazos e a flexibilidade na súa emprega.

• Sociedades orais: Non coñecen a técnica da escritura, non poden elaborar un


rexistro preciso, e, polo tanto, deixar constancia na historia, Poden recoller e
transmitir coñecementos mediante o boca- a- boca. Si que dispoñen de técnicas,
como as técnicas memorísticas ou mnémicas (como a rima ou o verso), é dicir,
unha memorización dos feitos mediante relatos, volubles en canto á veracidade
pero dentro da verosimilitude. Así, os mitos son un esquema interpretativo que
dota de sentido a realidade dunha sociedade. Non teñen historicidade pero si
tradición (o relato do pasado contribúe a dotar de sentido o presente. A vivencia
temporal é sincrónica (todo está de maneira presente).
Tamén se pode identificar como tradición. Nas sociedades orais, o coñecemento
verbal («logos», PLATÓN) lémbrase o significado da palabra mediante o axuste
contextual da mesma. O coñecemento é compartido e elaborado pola razón
común, a razón é unha e de todos.

Esta división centra a súa atención no ámbito de estudos de comunicación de masas a


un libro de McLuhan, The Gutemberg Galaxy. Un libro de escritura máis suxestiva
que informativa, no que se cuestionaba era se co desenvolvemento da radio e da
televisión o que lle pasaría a moita xente é que deixaría atrás a cultura das letras e dos
libros e volverían a vivir nun entorno similar ao das culturas orais. O que quería dicir era
que moita xente empezaba a falar do mundo sen ter ditos datos rexistrados, xa que se
escoitaban algo, isto contábano máis tarde e, moitas veces, con datos modificados.

O que imos tratar, polas reflexións de Marshall McLuhan, é un obxecto moi vello de
reflexión en persoas como Platón. Esta cuestión é relevante á hora de preguntarnos se
estas novas costumes levan a unha nova oralidade influída polos aparatos
comunicativos. Vemos modificados elementos como os tonemas das oracións, por
exemplo. Isto é, os locutores de radio falan sempre cun tonema ascendente cando o
natural nunha oración enunciativa é o tonema descendente.

5
3º Xornalismo

Ong, W. escribe Orality and Literacy no ano 1972. Este permitiranos entrar nalgunhas
apreciacións que imos a tratar.

Jack Goody, Literacy in werstern society. Trata temas como o que supuxo a
alfabetización á hora de facer historias, entre outros temas.

A xente conta historias non para describir as cousas tal e como foron, senón que conta
historias para dotar de sentido o presente. Unha cousa é buscar coñecemento e outra
elaborar sentido, na que non ten como prioridade contar os antecedentes, senón buscar
aquela información necesaria para explicar un acontecemento concreto.

O que nós lembramos dos autores presocráticos non nos permite decidir cal é o valor
semántico dos seus enunciados. Por exemplo, os fragmentos de Eráclito. Pero con
Platón comeza a nosa tradición literaria, pasamos a ter un corpus amplo de textos no
que se puñan as condicións para ter pensamento sistemático: non é a única forma de
coñecemento pero si a única que permite o seu rexistro.

Outro libro, A musa aprende a escribir, escrito por outro autor cercán, xunto con outros
escritos de Sócrates e outros, tomámolo como unha revolución, xa que todos estes
textos teñen un elemento común dun personaxe que fai preguntas (como o fai Sócrates:
“que é?” -> por exemplo “que é a virtude?”).

Se comparamos a forma de escritura da Política de Platón coa de Aristóteles veremos


que nunha sola xeración estaremos ante un texto alfabetizadamente asentada.
Transmiten nocións moi sofisticadas.

• Oralidade secundaria
Oralidade electronicamente mediada

Relación entre comunicación e sociedade: O desenvolvemento das comunicacións e do


transporte supón un beneficio xeral para o conxunto dassociedades, pero en grao maior
para os que ocupan as liñas xerais.

Innis, H. A. publicou dous libros relacionados co tema das sociedades orais: Empire
and Comunication e The Bias of Communication. Innisconsideraba que era moi
importante ter en conta: o monopolio do coñecemento e as estruturas da comunicación.

Para Innis a cultura oral era unha cultura con razón común: a elaboración de sentido
(relato que vale de patrón interpretativo=mito). Adaptación do enunciado. Enunciado
aberto. Exposición viva, sincrética e sincrónica.

Monopolio do coñecemento: As sociedades orais tendían a ser pouco innovadoras,


pero o coñecemento era sempre compartido, así o observamos, por exemplo, na Antiga
Grecia. Un caso de monopolio de coñecemento sería, por exemplo o Imperio Romano,
porque dentro da lei romana recollíase unha documentación especializada e que non se
discutía abertamente con todos. Nas sociedades alfabetizadas o coñecemento non
corre para todos. Estas sociedades non están preocupadas en elaborar sentido.
Coñecemento analítico e científico. Non hai mito, senón ciencia e coñecemento

6
3º Xornalismo

sistemático (o enunciado ten valor autónomo e está fixo, ten valor de seu). O enunciado
autónomo se convive independentemente do enunciado de comunicación.

Enunciado determinado (o escrito está, pero o contexto está aberto). Cando se escribe
algo a exposición debe de ser lóxica, lineal e abstracta.

Soportes de escritura

o Pesados (pedra, por exemplo) nas sociedades alfabetizadas, caracterizado pola


Orientación temporal: non se transporta ben, pero mantense no tempo.
Orientación cara o pasado (soportes inmóbiles); Razón común: propia dunha
cultura oral: ágora. Sistematización do coñecemento=das leis e das cousas de
xuzgado. En sociedades alfabetizadas (romana) atíñanse a aquilo que se
determinou e que se escribiu (Dereito).

o Lixeiros (como o papiro, pergamiño, papel) nas sociedades orais, que posúe
Orientación espacial, isto é, que permite o seu desprazamento. Orientación cara
o futuro.

Tipos de escritura:

▪ Escritura xilogrífica: pasa de significar algo en concreto a unha clase (conxunto


de elementos iguais.
▪ Escritura ideográfica: de rexistros icónicos. Cada signo ten o valor dun
enunciado.
▪ Escritura alfabética: é o grao ulterior da extracción. Dun ideograma apreciamos
só unha parte (un son—gráfico)

7
3º Xornalismo

Distinción entre o oral e o concreto:


A diferenza entre unha cultura de pensamento abstracto e outra na que o pensamento
marxinal.

• Levi- Strauss, C.
• Antropoloxía estrutural: análise estrutural do mito.

8
3º Xornalismo

• O pensamento salvaxe: as sociedades orais polo feito de non ter pensamento


sistemático non quere dicir que non teñan cultura, pero si que non teñen
pensamento abstracto.

A lóxica do concreto funciona por unha serie de ordenamentos binarios do mundo.


O ordenamento binario responde á forma mental da humanidade. Todas as culturas
parten dun ordenamento binario que se subdivide en categorías (ordenamento
estrutural).

Unha institución social é unha práctica social reiterada. Pode ter unhas normas
claramente establecidas. Polo feito de repetirse, ten un carácter normativo. Un
costume tamén é unha práctica social. Cando os costumes non están fixados en
normas é difícil ter unha autoridade central. A xerarquía son as persoas máis vellas,
as autoridades que din como hai que comportarse. Non é tan diáfana.

As sociedades de control funcionan na medida en que non transgreda unha serie


de normas, o individuo é libre. Desaparece a idea de autoridade central.

Na medida en que aparecen significados fixos asociados a significantes concretos


comeza a desenvolverse o pensamento sistemático, impulsado pola escritura.

Que é o que caracteriza ás sociedades alfabetizadas? O pensamento abstracto


caracteriza a nosa forma de pensar.

• Individualismo expresivo, nas sociedades orais, isto é, non se caracteriza por unha
expresión inelástica, adaptada a unhas expresións xa fixadas e preestablecidas,
como sería unha fórmula matemática; hai adaptabilidade no enunciado:
individualismo expresivo (a persoa á quen decide como o conta e como o narra). O
fundamental parece inalterado.

• Individualismo da acción, nas sociedades alfabetizadas, a comunidade está chea


de individuos tanxibles.

Eslin, M: The exploding stage

Eslin di que podemos falar de diferentes formas de comunicación electrónica:

▪ Oral: radio
Características parateatrais: comunicación interpersoal. Os guións son na radio
en moitos casos abertos. Riscos suprasegmentais: non se estudan
gramaticalmente, non están establecidas. Na comunicación electrónica oral ten
máis importancia a relación de cada enunciado co contexto total (parateatral). É
unha comunicación impresionista e baseada na memoria: importa máis que algo
soe a verdade do que sexa verdade. Teñen importancia os riscos

9
3º Xornalismo

paralingüísticos, igual que nunha actuación teatral, isto é, imítase unha relación
cara a cara, unha relación interpersoal.

▪ Audiovisual: tele
Comparte moitas características ca comunicación anterior. Un bo comunicador
trata de reconstruír as formas cara a cara. Interacción parasocial: entre os
locutores da TV e a audiencia. É unha comunicación predominantemente
icónica, é máis importante o que se ve. Ten moito peso o elemento parateatral,
a escenografía. Ponse moita énfase: o tipo de iluminación, os tipos de encadre,
ambiente. Importancia da xestualidade, a posición corporal e demais expresións.

▪ Alfanumérica: bases de datos


Desencaixe entre o entorno espacial e o arquivo informativo. Bases de datos:
museo da cultura galega, etc. Conteñen cifras, algoritmos… A rede eléctrica ten
cada vez máis pero na vida dos individuos e polo tanto da sociedade. Na nosa
sociedade a comunicación alfanumérica adquire grande importancia grazas ás
novas tecnoloxías.

Tonnies, F: Comunidade e sociedade

Formas de comunicación:

▪ Aldea ou vila pequena (comunidade): coñécense cara a cara, as relacións son


non monofuncionais, son multifuncionais.
▪ Grandes cidades (sociedade): Aglomeración de persoas, cunha relación de
anonimato. As formas de relacións son monofuncionais. As formas de trato son
dieferentes.

Formas de relación/de socialización:


▪ Primarias: relacionadas coa comunidade: multifuncionais, cara a cara,
emotividade difusa, implicación afectiva.
▪ Secundarias: relacionadas coa sociedade: monofuncionais, non permite o
despregue do que é a nosa vitalidade, non hai afecto, é unha relación moito máis
específica, máis funcional.

C. Calhoun: Information, technology, The infraestructure of modernity

Se queremos estudar as estruturas informativas das sociedades contemporáneas,


poderíamos falar dunha subdivisión de relacións secundarias:
▪ Relacións terciarias: relacións informativas xerárquicas (un pode pedir e o outro
non). Responsables/ transparentes.
▪ Relacións cuaternarias: unha información que require o xestor do banco de
datos.

Estas dúas relacións teñen cada vez máis peso na xestión e na actividade da sociedade.

10
3º Xornalismo

Meyrowitz, J: No sense of place. The impact of electrony media in social behaviour

Este libro estuda o efecto que os medios electrónicos teñen no comportamento social.
Estuda as características dun medio:
▪ Bidireccionalidade / Unidireccionalidade
▪ A rapidez das mensaxes
▪ A dificultade de codificación / descodificación
▪ Simultaneidade na transmisión das mensaxes

Relevantes a dous niveis:

1. Macronivel: relativas ó impacto da adicción dun medio novo nunha sociedade que
xa tiña outros medios. O peso dun medio novo no ecosistema de comunicación. Os
medios dan forma a novos entornos sociais, non só transmiten contidos. As análises
de medios determinan que estes medios novos non só aportan contidos, senón que
dan forma ós entornos sociais: non é o mesmo ler unha gaceta que ver un programa
de TV en público.

2. Relacións interpersoais (menos nivel)

Resumen No sense of place: Cada medio é diferente dos outros. A identidade social
dun individuo é grazas ó coñecemento compartido.
Coñecemento compartido-----Transmisión gradual------Xerarquía
(Estudante de medicina)--------De grao ou posgrao-------Ser doutor

Interpreta a realidade social en termos de información.

Cantos máis sistemas de información hai nunha sociedade e , polo tanto, canta maior
actividade social haxa (mas medios, radios…) hai máis bambalinas (a actividade social
ten dous aspectos: frontal e bambalinas). Máis se pode preparar a actuación ou a
intervención social para os outros.

As análises de medios son difíciles de verificar: son especulativas; pero lembran que os
medios non só transmiten contidos senón que tamén transforman os contornos sociais.

A comunicación oral varía moito segundo sexa primaria ou secundaria. Pero varía nos
medios electrónicos, nos que ás veces non importa quen é o emisor da información,
senón que o asociamos coa empresa. En xeral as noticias son do propio medio.

Para traballar máis sobre esta cuestión, podemos recorrer a Even-Cohar.

Os medios de comunicación producen o momento masivamente, fan a experiencia


repetible e únense a outras iniciativas técnicas. (Boorstin, D., The Republic of
technology).

Comunicación electrónica: parece que volve á implicación sensorial e emotiva. A teoría


do comportamento do medio electrónico é unha teoría de 2º nivel (ten en conta o uso e
as características dos medios electrónicos). A identidade sensorial reside nas redes de

11
3º Xornalismo

relación dun individuo. Está determinada por modelos de acceso. As situacións sociais
son sistemas de información.

Teoría do coñecemento compartido: transmisión gradual do coñecemento nas


sociedades alfabetizadas. Transmisión xerárquica de información. A identidade social
adquírese cunha transmisión gradual (hai unha xerarquía de identidade social). Un
grupo fundaméntase na información compartida, segregada ou graduada. Cantos máis
sistemas de comunicación haxa nunha sociedade, máis rangos xerárquicos haberá.

▪ A literatura identifica ó autor, propiedade e nación.


▪ A comunicación oral non identifica ó autor

A oralidade pode ser primeira ou segunda

“Os medios de comunicación producen o momento masivamente, fan a experiencia


repetible e únense a outras iniciativas técnicas”.

As comunicacións orais son pechadas:


- Non se pode falar cos que están fóra
- Non se rexistra a innovación
- A inmotivación vese con prevención

O rol xerárquico:
Aspecto de rol, que é a xerarquía?. En que sentido unha sociedade oral é xerárquica?.
Nas sociedades orais de cazadores e nómadas, a xerarquía non é tan forte, non todas
as persoas teñen igualdía. A xerarquía é unha carga, o xefe é o que máis forza ten que
demostrar. Cando os grupos humanos observaban os ciclos da natureza, advertiron que
había ciclos favorables. Deste modo, podían vivir con menos esforzo e duplicar as
plantas das que obtiñan alimento, e así foisedesenvolvendo a agricultura. Empezáronse
a desenvolver elementos técnicos: frechas …

A técnica aplicouse ás ramas e tamén á agricultura: arado, panca … isto provocou a


Revolución Neolítica (momento crucial na historia da humanidade). Cando os nómadas
se establecen, mellorar as súas condicións de vida e tamén se establecen as funcións:
un pastor, un guerreiro … Nas sociedades xa sedentarias e dotadas de escritura
(civilización grega, latina) hai poucas diferenzas sociais; hainas pero poucas. Están os
letrados, os administrativos … e despois están os “brutamontes”.

Lyotard, JF: filósofo francés: a condición do saber nas sociedades desenvolvidas:


meditacións paganas, os individuos que están a certa distancia do poder (nos montes)
probablemente teñan unha intuición máis certa da historia que de aqueles que están
máis preto do poder.

Nas sociedades antes de Gütemberg estaban os poucos que sabían escribir e os


paganos. Tampouco había gran distinción entre nenos e adultos ata o séc. XX (vestían
e posaban como adultos). Co Renacemento empezan a escribirse moitos manuais de

12
3º Xornalismo

comportamento (distinción entre idade, comportamento, sexo …) A unidade dunha


sociedade letrada depende de que haxa moitos grupos sociais: distintas pezas
diferenciadas que se integran mecanicamente. O mundo enteiro vese como unha
máquina que debe encaixar para que os rangos sociais adquiran importancia. Na
historia social, unha xeración loita e consegue dereitos. Hoxe estamos nun momento de
regresión ideolóxica. Nalgunhas sociedades aumentan as melloras dos nenos.

O comportamento social: divídese entre o público e o privado, entre o que se fai á vista
da xente e que se fai entre bambalinas (esfera pública e privada).

Homoxeinízase o macronivel, pero no micronivel hai máis heteroxeneidade. O que a


xente agora comparte son opcións comúns: o que se xera son as identidades febles:
grupo social que comparte roupa semellante, gustos musicais …

As teorías dos medios relacionan medios e efectos:


Os efectos que estudan as teorías dos medios son civilizacións a longo prazo. As teorías
do medio axudan a coñecer os grandes patróns estruturais en períodos longos de tempo
(transfórmanse moitos aspectos da vida social), pero estas teorías non son útiles no to
cante ó curto prazo. Un sistema político e económico interesado en estimular o consumo
de bens tenderá a desenvolver comunicación unidireccional (Ex. / con certo tipo de
programacións, series etc. Nas que apareza un coche, por exemplo, fará que a
audiencia desexe compralo). Pero as características ignoran moitas veces as diferentes
culturas da audiencia.

Teoría de especificidade de cada medio a xeito de modelo con características xerais.


As perdas de liberdade veñen de ignorar como as barreiras de comunicación nos forman
e tamén nos deforman. Hai ambigüidade de por si nos medios de comunicación. A teoría
do medio é útil cando non se implanta a preocupación polo contido.

Fairclough, N., Media discourse


Di que os medios ofrecen descricións do mundo, autodescricións subxectivas do mundo
e o propio receptor, o que xera, a longo prazo, unha conversión do receptor no modelo
transmitido. Isto é o que Habermas chamou «autocolonización da vida privada». O
equilibrio cambiante entre medios escritos e electrónicos, afecta á forma de traballo do
xornalista e provoca o deterioro da calidade do produto.

FEUERBACH di que o obxecto de coñecemento é cambiante, de igual forma que o


suxeito de coñecemento. Deste xeito, é difícil precisar un coñecemento obxectivo. A
primeira ciencia social é a da economía política, isto é, como se desenvolven as forzas
produtivas dunha sociedade, desatendendo as relacións de produción. A socioloxía trata
temas menores, intentando extraer constantes presentes en todas as sociedades.

A acrofonía afirma que un signo ten o valor do primeiro son que o integra.

13
3º Xornalismo

TIPOS DE AUDIENCIA

A audiencia pode definirse como o número de persoas que están en disposición de


recibir unha mensaxe emitida por un ou máis medios de comunicación. O auditorio está
conformado pola xente que recibe esa mensaxe.

Cando queremos facer estudos de audiencia realmente relevantes, tamén interesa


saber aqueles que reciben un programa con calidade única (se só atende a dito medio
e non está a facer varias cousas ao mesmo tempo). Os estudos cualitativos da audiencia
destacados son os estudos de David Morley –dos que fala Bennet, T., en Medios,
realidade, significación (“Media”, “reality”, “signification”), que fixo estudios onde
se preguntaba que tipo de actividade vital era para moitas familias o feito de ver a
televisión, quen decidía qué ver nunha casa. Actualmente non haberá este tipo de
guerras, porque foi individualizándose a audiencia, agás en casos por razón de
ambiente como os partidos de futbol.

Estúdase tamén, por exemplo, as preferencias diferentes, como que os homes prefiren
programas informativos mentres as mulleres prefiren os coloquios e as teleseries.

Tipos de audiencia en relación a análise cuantitativa:

• Audiencia bruta: número de persoas que están en disposición de recibir unha


mensaxe emitida unha ou máis veces por un ou máis medios. É un concepto
potencial (“número de persoas que poden”).
* Se nós pensamos nesta cantidade existente en Galicia veremos que esta
audiencia bruta podería ser maior que o número da poboación de Galicia. É dicir,
se sumamos as cifras de audiencia bruta das diferentes canles pode dar unha cifra
maior á poboación total.

• Audiencia neta: número de persoas que recibiu polo menos unha vez unha
mensaxe emitida unha ou máis veces por un ou máis medios de comunicación. É
un concepto efectivo.
* Non pode ser un número maior á poboación efectiva dun sitio.

• Audiencia idónea ou target: público idóneo, parte da audiencia que corresponde


de maneira idónea ás características recibidas polo emisor. Certos produtos están
concibidos para un público idóneo.

• Audiencia acumulada: número de persoas que recibiron polo menos unha vez
unha mensaxe despois de que se emitise ao menos unha vez por un ou máis
medios de comunicación.
* Cando na televisión se advirte que nunha cidade non se pode tomar a auga da
mesma porque está contaminada, consideramos que non se recibiría dunha forma
efectiva se só se emite unha vez, polo que teremos que repetila para que a
sociedade chegue a estar en coñecemento disto. Isto sería a audiencia acumulada.

14
3º Xornalismo

• Duplicación de audiencia (ou audiencia duplicada): número de persoas que


viron un programa ou teñen noticia dunha emisión, é dicir, recibiron unha emisión
polo menos unha vez despois de que se emitise por máis dun medio de
comunicación.

• Audiencia compartida ou share: parte proporcional da audiencia habitual nun


período determinado de tempo que lle corresponde a un medio.
* Cando se nos di que a audiencia compartida o venres pola noite é de 30%, que
sería o share máis grande de toda galicia, o cálculo faise sobre a cifra dos
espectadores totais do venres pola noite. A audiencia compartida é iso: unha
porcentaxe sobre o público habitual nun periodo de tempo.

Conceptos para a análise cualitativa da audiencia:

• Tempo de visión (Time viewing): tempo de duración dun programa nun medio.
Moitas veces en enquisas, cando se pretende calcular o número de persoas que
ven un programa, non se define se estamos a falar dunha audiencia de dez minutos
ou se dun seguimento completo do programa. Por este motivo se engade o
concepto de tempo de visión.

• Alcance (Reach): número de persoas en disposición técnica de recibir unha


emisión.
* Unha televisión estatal ten máis alcance que unha autonómica, xa que no primeiro
caso pode verse en todo o estado e incluso pode traspasar estas fronteiras.
Na actualidade, coas conexións entre satélite e ordenador, o alcance chega a ser
case universal. Pero durante uns cantos anos a TV de Galicia non se vía en toda
Galicia por dificultades de chegada. Agora esta cuestión é menos relevante, foi
perdendo importancia ao longo dos anos.

Son conceptos analíticos con consecuencias de xestión mercantil que están ás veces
moi presentes nos textos de prensa.

15
3º Xornalismo

A OPINIÓN PÚBLICA

Habermas: Historia e crítica da opinión pública. A opinión pública é unha


característica estrutural das sociedades modernas. Expón como, dende fins do século
XVII empezou a desenvolverse a actividade da opinión pública, desde cuestións de
interese públicas. É un libro idealista. Reclama unha cuestión crucial nas sociedades
modernas. É un libro de exposición histórica (Alemania, Gran Bretaña e Francia foron
os países onde tirou con mási forza o desenvolvemento da opinión pública). Fala de que
a opinión pública crea unha esfera pública. Caracterízase por unha semiautonomía, que
depende en parte do mercado.

V. Price: Public Opinion. Libro non histórico pero sintético que presenta as nocións
con alto grao de abstracción.

Dous conceptos de opinión pública: como se concibe a Opinión Pública?


• Dende o punto de vista epistemolóxico: Posición no pensamento clásico: dogma
e coñecemento certo (pensamento grego). Opinión: cuestión subxectiva (episteme).
Platón critica á doxa (cando da doxa se pasa ó dogma, este si é importante porque
é unha opinión non razoada). Dogma é unha palabra que implica fixación, unha idea
que vai en continuo evolucionamento. É unha idea fixa (isto non é propiamente
pensamento.)

• Dende o punto de vista moral: pensamento moderno: a cuestión da opinión ten


que ver cos costumes que debemos evitar (por exemplo fanatismo).
o Rousseau: importancia que a opinión pública ten para a Ilustración.
o Kant, I: A Ilustración tiña por finalidade tirar á humanidade do seu estadio de
infancia permanente. Como? A través do razoamento.
o Locke, J: Two treatises on Civil Goverment. Sociedades organizadas pola lei
divina, pola gracia de Deus. Nas sociedades modernas dábase unha
substitución da lei divina pola lei civil (a que acordan os cidadáns entre si). A
lei civil, dos xuíces, estaba a empezar a ser substituída pola lei da opinión
pública: a opinión pública non ten sempre as características de racionalidade e
sistematicidade que tiña a lei civil. A opinión pública non é unha manifestación
da racionalidade. As veces a opinión manifesta conceptos arcaicos, como a Lei
do Talión (sistema carcelario).

Concepción da opinión pública discursiva

A opinión pública é o resultado dun racionamento cooperativo.

Park, R: The crowd and the public and its problems: a opinión pública é un produto
cooperativo: varias persoas razoando chegan a establecer unha opinión. A opinión
pública era un estado preliminar empírico de organización social.

16
3º Xornalismo

Esta concepción discursiva é unha concepción optimista.

Adorno, T: Modelo de propaganda fascista: debes someterte.

Séc. XX: Cooley, C: Social organization and study of the larger: Na política, a
comunicación fai posible a opinión pública, que cando se organiza é a democracia. A
opinión pública non xurdiu das reformas institucionais, formais das constitucións, senón
de resultas de condicións que fan natural para a xente ter conciencia das cuetsións do
día e presentalas.

Vicente Risco: Nós, os inadaptados: opinión pública foránea sobre imposta para falar
de cousas do país.

Cafecta o medo nas masas:


Le Boon, G: Psychologie des foules
▪ comportamento individual nas grandes aglomeracións humanas, amparado no
anonimato, relaxa as súas normas de comportamento consciente.
▪ Se estenden comportamentos non conscientes por contaxio.
▪ Este comportamento non consciente é comparable ó comportamento que se ten
por hipnose.
Algo similar dixo Tarde, G en As leis de imitación , elabora tamén algo máis desenvolto
Freud (sobre psicoloxía da multitude). Estes pensadores tiñan unha concepción
denigrante das masas, pensaban que eran un grupo de xente sometida á hipnose (La
rebelión de las masas, Ortega y Gasset). Nas masas había un predominio daemoción
sobre a racionalidade. O concepto de multitude non tivo moita vixencia nos estudos
sociais do século XX. O concepto recuperouse na obra de Balibar, E (O medo as masas)
e tamén No desprezo das masas de Scorterdijk, P. E tamén na obra Multitudes de Negrit
e Hard.

Un asunto público pasa por 5 fases:


Vincent Price, Public Opinion

1. Fase do Problema: público e problema xorden xuntos no discurso de acción, o que


provoca o comezo de discusións e conversacións entre a poboación. A fin desta
fase cristaliza no discurso de acción.

2. Fase da Proposta: o tema vai chegando ao público, o cal formula liñas potenciais
de acción e a opinión pública faise, así, discursiva. Ao principio da fase as propostas
son de tanteo. Son habituais os rumores, as presións (para que un se sume ao
argumento maioritario, para que cale..), os comentarios parciais, etc.

3. Fase Política: as propostas da opinión pública debátense, xerando o Debate


Público. Os membros máis activos procuran o apoio dos menos involucrados,
mediante editoriais, noticias, columnas, cartas de apoio (colectivas, privadas), etc.
A opinión pública marca a súa posición. Esta fase identifícase co discurso público.

17
3º Xornalismo

4. Fase Programática: o que se debateu lévase a efecto, acción aprobada lévase a


cabo. As institucións toman as súas decisións ao respecto e poñen en práctica as
medidas que consideran necesarias.

5. Fase de Valoración: a Opinión Pública actúa en consecuencia ás decisións,


reafírmase, protesta ou maniféstase ao respecto, co que queda consolidada nese
aspecto. É o que podemos chamar resonancia ou intervención do público
nofenómeno de formación da Opinión Pública, que sobrevén cando se cumpren as
demais condicións e as persoas procuran os seus motivos (intelectuais, morais ou
sociais) para participar no ambiente de controversia no que se atopan os medios de
comunicación. Nesta última fase participan as minorías que participaron no Debate.

Schattschneider, E - O pobo semisoberano


Se consideramos o desenvolvemento do século XVIII e XIX (sufraxio universal…) segue
habendo problemas, temeos que ter unha visión realista. Para que un asunto sexa
público ten que ter: un certo grao de complexidade, que se poida subdividar en moitos
asuntos/ aspectos, e se é un asunto relevante a longo prazo para a sociedade (ex/ a
sanidade pública).

Hai un factor que inhibe que algo se converta en opinión pública: que esperte
comportamentos abertos e viscerais entre a xente.

Russel Newman: Quen lle presta atención a un asunto de discusión pública?


▪ Público xeral: o que coincide co discurso electoral. Público atento (D. devine).
Describimos un público atento atendendo: ó quen, ler publicacións e participar en
debates (formais ou informais). O público atento sería un 50% do votante e un 35%
do xeral
.
▪ Público votante: máis implicado nos asuntos.
▪ Público activo: público atento que participa de maneira f ormal ou informal. Sería o
10% do público atento e un 3,5% do público xeral.
▪ O que é opinión pública está entre o público atento e o votante.

Problemas da Opinión Pública

• De superficialidade:
o Debidos á falta de coñecemento: se nunha sociedade como a moderna hai moito
coñecemento, ningún é capaz de opinar sobre tantos temas.
Walter Lippmann: Public Opinion The phantom public (indica que o problema de
superficialidade é máis ben de falta de coñecemento da xente).

o Debidos á falta de instrumentación: ás veces, tal e como indicou Dewey, J. (O


público e os seus problemas), o problema é que as institucións que deberían
captar a opinión pública non teñen os instrumentos para captala: é moi difícil
captar o verdadeiro estadio da opinión pública.

18
3º Xornalismo

• De susceptilidade:
o O dominio das elites: as opinións económicas dos xornais son as opinións dos
que pagan a publicidade.
Mills, C Wright: A elite do poder
Chowsky,N: Los guardianes de la libertad
Couldry, N: Why a voice matters: os medios son amplificadores do credo
antiliberal.

o Tiranía da maioría: Efecto furgón de cola: antes da xornada electoral---- xente


que se sumará á corrente dominante. Un dos exemplos mási influínte foi o texto
de Noelle Neumann, A espiral do silencio, que di que cando un individuo percibe
que a súa opinión non é a maioritaria pode tender a inhibila. Xe que esta non ten
presenza nos medios e é decrecente. Dominio das elites: tiranía da maioría.

o Predominio da emoción sobre a racionalidade: A opinión pública é un produto


cooperativo: ten algo de racionalidade.
Blumer, H: os debates públicos poden ser altamente intelixentes ou
inminentemente emocionais.
Cantril, H: sobre o programa a Guerra dos Mundos de Welles--- cantos dos que
correron despavoridos escoitaron a advertencia de que o que ía retransmitir era
unha adaptación da novela?
- A opinión pública non se mide só por sondaxes.
- Non hai que avaliar só opinións de igual valor de individuos dispares.
- Hai outras formas de medición que se centran en coller grupos selectos
demostra. A mostra debería ser ponderada, seguindo a implicación e a
participación activa.

Mills, C., A elite do poder

1. O problema da opinión pública en moitas sociedades contemporáneas é que non hai


canles para transmitila.
2. Son poucas as persoas que expresan opinión pública.
3. A comunicación de masas é unha forma de comunicación moi organizada.
4. Nos medios hai un grande control das autoridades (financeiras, políticas ...)
5. A opinión pública non conta ás veces ca autorización das elites.
6. Á hora de xerar opinión pública as institucións incorporan axentes na masa.

Críticas da opinión pública

Habermas preguntábase se a esfera pública é o único espazo público de razoamento,


información... ou se doutra maneira, todas as persoas naquela época (s. XIX) podían
acceder a estes medios. Non todo o mundo pode acceder á esfera pública da mesma
maneira, xa que o certo é que para algúns traballadores, había lugares como as
cafeterías nas que non tiñan permitido o acceso e, polo tanto, se lle privaba dalgunha
maneira este aceso á esfera pública (polo intercambios de opinións). A esfera pública é

19
3º Xornalismo

imprescindible na sociedade moderna, pero foi constituída polos burgueses para


fundamentar a súa sociedade cos feudais.

O que hai que preguntarse é qué categorías desta esfera pública non é unha concepción
idealista (Texto: Stuart Allan 2008 “As noticias e a esfera pública” (I parte do texto)).
Cando a obra de Habermas se traduciu ao inglés apareceron críticas que estaban máis
interesadas noutras cousas que en lucir a capacidade da mesma.

Segundo Fraser, N. nesta esfera pública tratada por Habermas, faise unha exclusión da
figura da muller e a participación feminina na esfera. Wollstonecraft tamén participa
neste debate, así como Steal participa no afán de vencer prexuicios nacionáis co seu
libro ‘X’. Na que se presentaba unha literatura con caracerísticas distintas na que no
momento non se habaliaba.

Había unha crítica moito máis interesante sobre a esfera pública, firmada por Oscar
Negt e Alexandre Kluge, chamada Public Opinion and experience. Non hai só unha ¡
esfera pública burguesa, xa que no século XIX non había só revistas, Gacetas como O
diario de Barcelona... senón que ademais das revistas burguesas había por outra banda,
panfletos, almanaques (onde se mesuraban consellos prácticas e críticas contra os
cleros), carteis, etc. E todas estas formas son formas non burguesas e formas en
contradición co pensamentos burgués, non só coa súa forma de expresión. Durante
moitos séculos aparece en revistas humorísticas tamén este novo tipo de esfera pública,
así por exemplo vemos a revista Jueves na que podemos atopar críticas á monarquía.

Polo tanto este concepto de Habermas de ‘esfera pública’ é un concepto moral ten que
ver cunha concepción ideal do goberno, pero fóra do ámbito recoñecido existen estes
detalles como o sexismo de Estado (pola exclusión da muller -> no século XIX non se
recoñecía o voto á muller).

O que se preguntan Kluge e Negt é: se por unha banda hai unha opinión pública
burguesa, as outras, as opostas, que nome recibirían? Esfera pública proletaria ou
esfera de produción? Por outra banda, en moitoscasos, a esfera pública burguesa
supón unha pauperizacón da experiencia, xa que aquelo que se falan nos medios de
comunicación diaria falan raramente en calidade de persoas traballadoras, non reflexan
a vida dos obreiros.

A esfera pública burguesa, que no caso da televisión ten a súa orixe no modelo de
cabaret: non informa, é un modelo de entretemento degradante. Así o afirma Kluge.
Pero este modelo na opinión pública, coas declaracións hiperbólicas tamén nos
transmite unha temporalidade que non responde os máis dos traballadores.
Preguntábase Kluge se se podía chegar a unha contraopinión pública e ata que punto
se adaptaría a ese ámbito fabril no que viven os traballadores.

Prince, V. “Democracy glory politics and women opinion” en AAVV Global civil
society 2007/8 Communicative Power and Democracy. Londres, Sage, 2008:

Intentan preguntarse se existen unhas cuestión que son de importanciapara as


sociedades (como a francesa, por exemplo). Dinos Price que por moito que haxe máis

20
3º Xornalismo

emisións por satélite e xente mellor calificada en idiomas, en termos xeráis, a xente
adoita ter un punto de vista nacional, por moito que lle interese o tema internacional.
Pero esta é unha cuestión case infinita, polo que para abordar este tema, o texto de
Price sería o máis adecuado.

Ás veces prodúcense fenómenos de opinión pública moi impactantes. Chégase a aplicar


a publicidade fascista empregada na Alemania nazi.

Temos que lembrar achegas como as de Adorno, porque unha opinión maioritaria non
é necesariamente razoable. Ten unha certa racionalidade, pero pode estar feita por
informacións falsas, estereotipos ideolóxicos. “Co respecto da opinión pública hai moitos
envelenadores” O que obxectivamente é falso, subxectivamente non pode ser verdade.
E moitas veces a dinámica social fai que calquera diferencia se convirta en motivo de
crítica e de exclusión, xa sexa unha característica física como unha lingüística, cultural,
etc. (a xente ten prexuizos étnicos) Estes motivos carecen de racionalidade.

(RESUMEN): Definición da Opinión Pública ao longo da historia

A pesar de ser a «opinión pública» un dos fundamentos da ciencia política de hoxe, e a


pesares do seu voceo ecuménico, a súa natureza é mal coñecida e o seu emprego,
confuso. Isto débese, en gran parte, a que se manexou a palabra con moi diversas
intencións e para fins moitas veces contrapostos.

A opinión pública serviu para fundamentar revolucións e para apoiar réximes totalitarios.
Serviu de panca para transformar o tradicional en real, como pretendía Marx, e para
converter o real en racional, como pretendía Hegel. En definitiva, abusouse tanto dela
en tantos e tan variados sentidos e pasou por moitas formas de expresión ao longo das
diferentes épocas da nosa historia.

Podemos dicir que a Opinión Pública como tal nace a comezos do século XVI, coa
creación da imprenta de Gütemberg, pero non é ata o século XVIII cando se consolida
en Francia coma o espírito público ou conciencia pública (Rousseau). O século XVIII
supón un punto de inflexión na evolución do raciocinio e do coñecemento. No ano 1772,
D'Alembert e Diderot publicaron L’Encyclopédie, que supón unha clara influenza no
desenvolvemento da Opinión Pública.

Os enciclopedistas criticaron o réxime absolutista e defenderon os interesesda


burguesía. Pódese afirmar que L’Encyclopédie na súa forma ten grandes relacións co
desenvolvemento da prensa, xa que conforma unha testemuña dos pensamentos da
época. Comeza, entón, unha época na que o home é totalmente curioso e desexa
transmitir a información que posúe. É máis, considérase que a Revolución Francesa é
o período no que a Opinión Pública evoluciona ata o punto no que Jürgen Habermas
(1962) déunola a coñecer na súa obra Historia e crítica da Opinión Pública. Neste libro
trata de vincular a existencia dun Estado democrático coa lexitimación popular da
Opinión Pública. Habermas distingue en Historia e crítica da Opinión Pública, obra citada
anteriormente, entre unha opinión pública real ou crítica, que permitirá falar dun Estado

21
3º Xornalismo

democrático auténtico, e unha pseudo opinión pública ou manipulada que non é máis
que a triste realidade cotiá que amosan, en opinión de Habermas, a maioría das
democracias formais, onde non hai carencia de medicacións críticas na comunicación
política. Fronte ao reducionismo positivista que se expresa na asociación da Opinión
Pública cas sondaxes, Habermas reivindica a Opinión Pública como o resultado dun
diálogo nacional e plural.

Para Habermas, a Opinión Pública é unha cuestión das ciencias socias no tocante á súa
definición e límites, debido ás súas arestas sintéticas: por unha banda, a notoriedade
pública, relacionada coa esfera pública, os espazos e as institucións sociais, isto é, a
racionalidade formal do sistema; por outra banda, a receptividade, relacionada co
privado, o individual e, polo tanto, no público; é dicir, a racionalidade substantiva da vida
cotiá individual. Con estas dúas formas opostas, pero en xogo persistente, Habermas
propón un modelo de Opinión Pública en dous sentidos: un interno, onde actúan os
suxeitos en sociedade, e outro externo ou estrutura sistémica ou das institucións
públicas; ámbolos aspectos dan por resultado o Estado de Dereito.

Jürgen Habermas é prosélito do modelo democrático do Estado xurdido das ideas


ilustradas, e por iso presupón como principio deste a Opinión Pública. Por tal motivo,
resalta a necesidade de reconceptualizala, pois na ideoloxía liberal fórmase opinión a
partir do raciocinio individual, da discusión racional; fala de representantes que
publicitan, de formadores de opinión e nela concíbese a posibilidade dunha polémica
racional entre as grandes correntes de opinión da sociedade. Sen embargo, para as
institucións, a Opinión Pública “domina pero non goberna”, é dicir, que a través do
Parlamento inflúe na actividade gobernamental pero sen chegar a controlala.

En cambio, no pensamento institucional o concepto de “esfera pública” é como un


acceso libre e directo de tódolos cidadáns, pero tamén é necesario falar do poder
coercitivo que exerce o Estado a través das esferas de control político (medios,
propaganda, etc.). O Estado é un poder público, pero debe a súa calidade de público
precisamente á súa tarefa social, de promover o ben común a tódolos seus membros.
Soamente cando o exercicio da autoridade pública subordínase realmente aos
requisitos da masa democrática, a “esfera pública política” adquire unha influencia
institucionalizada no goberno a través do corpo lexislativo.

Temos, pois, dúas instancias que definen o concepto de Opinión Pública: a primeira,
crítica en relación á notoriedade pública normativamente licitada do exercicio do poder
político e social; e a segunda, receptiva en relación á notoriedade pública representativa
ou manipulativamente divulgada de persoas, institucións, bens de consumo e
programas.

A partires do século XIX comézase a considerar á Opinión Pública coma algo


supraindividual. Xa se comentou o feito de que Habermas tratara o conxunto da Opinión
Pública como un elemento fundamental da sociedade moderna, debido á diversidade
de comportamentos que se reúnen na sociedade. Para el a Opinión Pública
compréndese coma unha guía para o comportamento social.

22
3º Xornalismo

Pero para outros sociólogos como John Dewey ou Walter Lippman (1922), a Opinión
Pública era un concepto moito máis susceptible de variar. Para Lippman a
superficialidade da Opinión Pública supoñía, en certos aspectos, unha incapacidade
para a opinión argumentativa válida. Dewey, pola súa parte, tamén tratou a dificultade
de instrumentalización para “educar” á Opinión Pública.

A profesora alemá Elisabeth Noelle-Neumann (1974) tamén falou da susceptibilidade


da Opinión Pública cando esta non ten expresión nos medios de comunicación na súa
Teoría da Espiral do Silencio (1974). A súa postura é totalmente contraposta á de
Habermas, ao contrario que este aborda a Opinión Pública desde unha perspectiva
antropolóxica (mecanismo psicosocial),mentres que o primeiro tratábaa desde unha
perspectiva político-valorativa.

Para Neumann, a Opinión Publica debe ser explicada como un fito social, desprovisto
de categorías normativas que a analizan a partir do que debería ser e non do que
realmente é. O esforzo debería centrarse en describir e analizar a Opinión Pública tal e
como se presenta, sen pretender asociala a ningún tipo de valoración, por máis xusta
que esta pareza ou pretenda ser. Considera á Opinión Pública coma un conxunto de
comportamentos que constitúen a expresión das mentalidades e actitudes das
colectividades sobre temas de calquera índole. Así, as opinións están ligadas a
tradicións, valores, prexuízos ou modas antes que posturas racionais ligadas aos
aspectos político-institucionais. Na súa Teoría da Espiral do Silencio sinala que as
persoas está atentas ás opinións do seu entorno para construír a súa.

Dalgún xeito, esta atópase pendente daquela, baseada no temor ao illamento, é dicir,
sometidos á presión social. Dito mecanismo sicosocial está presente no ambiente
social do que non pode fuxir o individuo. Os que se atopan en minoría en relación ás
súas opinións, as silenciarán antes de recibir o rexeitamento e a sanción social. Catro
puntos de vista son fundamentais á hora de estudar este paradigma: a opinión dun
individuo sobre un aspecto determinado; a percepción do individuo da opinión colectiva
que considera que é a predominante; a valoración do que a persoa considera será o
curso da opinión nun futuro; e, por último, a vontade que un individuo teña para soster
as súas propias opinións.´

Neumann reafirma a preocupación de Alexis de Tocqueville (século XIX) ao profetizar o


dominio da maioría sobre a minoría, confinándoa a calar (o que ela lle chama «a espiral
do silencio»). A teoría da espiral do silencio foi difícil de entender, porque non
harmonizaba no ideal democrático, o cal pretende cidadáns informados, responsables
e, por tanto, sen temor do individuo ou do goberno cara a opinión pública; ademais, os
temas tratados na democracia non son de natureza socio-psicolóxica nin menos
vinculados á moral, tal e como o estipula esta teoría.

Esta púidose fundamentar a través de varios experimentos e estudos de caso para


predicir a actuación dos enquisados sobre asuntos polémicos e demostrar, así, a
disposición da xente a emitir a súa opinión cando sente que a maioría comparte a
mesma opinión ou gardar silencio se percibe o adverso.

23
3º Xornalismo

A medio camiño entre a teoría de Habermas e a de Neumann, está a teoría da


perspectiva sociopolítica funcionalista: o haz de luz. Para el, a Opinión Pública é a
estrutura temática da comunicación pública, na medida que é esta estrutura común de
sentido na que permite unha acción intersubxectiva nun sistema social. Esta posición
considera que se ben a Opinión Pública é un aspecto particular da interacción social,
ten presente as funcións políticas do fenómeno e traduce o consenso dun
recoñecemento duns temas de interese xeral. É a tematización común que permite o
diálogo político-social.

Para Luhmann as sociedades contemporáneas son cada vez máis complexas, como
consecuencia da maior especialización e diversificación funcional. Este proceso
crecente podería facer estoupar o propio sistema, na medida que os individuos perciben
cada vez menos dita complexidade –menos aínda a globalización-, tendendo, polo tanto,
a rexerse por criterios moi particulares e minifundistas. Ante esta situación, o sistema
demanda un mecanismo redutor que canalice as forzas centrífugas sicosociais,
producíndose deste xeito as observadas simplificacións globalizantes. É este papel
funcional o que lle consigna Luhmann á Opinión Pública. Identifícaa coma un espello,
na medida en que non é mais que o reflexo dos poucos observadores.

A Opinión Pública cumpre tamén, segundo Luhmann, unha función política, pero distinta
á que lle outorgou Habermas. A Opinión Pública convértese en base da democracia,
mais non por unha valoración ética, se non por razóns pragmáticas, na medida que
permite unha interconexión entre as persoas que polo menos teñen certos temas
básicos que compartir, que en caso contrario a estrutura social carecería de sentido. Na
percepción de Luhmann, os medios e o Parlamento cumpren o papel de ser
simplificadores da complexidade.

Se algún teórico considerou as teses e teorías de Habermas demasiado “idealistas” e


estáticas, afastadas do dinamismo que supón o estudo da esfera pública, foi Vincent
Price. Na súa obra Public Opinion (1992), Vincent Price establece as diferenzas entre
o concepto máis primario de Opinión coma algo social no Antigo Réxime e a Opinión
Pública na actualidade coma unha ferramenta de presión e poder social, unha cuestión
de interese xeral oposta ao particular pero non ao persoal.

As fases que propuxo Vincent Price e polas que pasa un asunto público son as
seguintes:

1. Fase do Problema: público e problema xorden xuntos no discurso de acción, o


que provoca o comezo de discusións e conversacións entre a poboación. A fin desta
fase cristaliza no discurso de acción.

2. Fase da Proposta: o tema vai chegando ao público, o cal formula liñas potenciais
de acción e a opinión pública faise, así, discursiva. Ao principio da fase as propostas
son de tanteo. Son habituais os rumores, as presións (para que un se sume ao
argumento maioritario, para que cale..), os comentarios parciais, etc.

3. Fase Política: as propostas da opinión pública debátense, xerando o Debate


Público. Os membros máis activos procuran o apoio dos menos involucrados,

24
3º Xornalismo

mediante editoriais, noticias, columnas, cartas de apoio (colectivas, privadas), etc. A


opinión pública marca a súa posición. Esta fase identifícase co discurso público.

4. Fase Programática: o que se debateu lévase a efecto, acción aprobada lévase a


cabo. As institucións toman as súas decisións ao respecto e poñen en práctica as
medidas que consideran necesarias.

5. Fase de Valoración: a Opinión Pública actúa en consecuencia ás decisións,


reafírmase, protesta ou maniféstase ao respecto, co que queda consolidada nese
aspecto. É o que podemos chamar resonancia ou intervención do público no
fenómeno de formación da Opinión Pública, que sobrevén cando se cumpren as
demais condicións e as persoas procuran os seus motivos (intelectuais, morais ou
sociais) para participar no ambiente de controversia no que se atopan os medios de
comunicación. Nesta última fase participan as minorías que participaron no Debate.

25
3º Xornalismo

OS MODELOS DE COMUNICACIÓN, MODELOS PARA


OS ESTUDOS DA DIFUSIÓN DA INFORMACIÓN

Modelo 1: Newcomb, T.

“An approach to the study of communicative acts”.

É un modelo de coorientación social. A comunicación ten a función principal, de orientar


a dous ou máis obxectos entre si e a un obxecto exterior (función de coorientación).
Cando dicimos suxeito estamos a referirnos a un individuo ou a un grupo.

Newcomb baseou o seu modelo no de Heder, F., publicado en “Attitudes and cognitive
information” en Journal of Psychology, segundo o cal dicía que a comunicación para os
individuos ten unha función equilibrante (un individuo procura información a partir de
actividades de comunicación).

A nosa percepción nun acto de comunicación é subxectiva: está determinada polos


nosos intereses e expectativas. Se esta non coincide procuraremos outra fonte e a nosa
conduta variará.

A comunicación é un proceso importante para que un individuo poida orientarse con


relación ó exterior que está constituído ou de obxectos ou de outros individuos.

Imos estudar un modelo A ------ B (X), na que a comunicación é fundamental para o


equilibrio dos individuos. Se A ve que na súa relación con B non funcionan as cousas,
procura unha información a través da cal poida reestablecer dita relación. Tamén as
relacións intergrupais (pensemos que A e B non son dous individuos, senón dous grupos
de dúas cidades), á hora de equilibrar as relacións estables e consistentes, é importante
cruzar información. De feito, cando hai situación de desequilibrio necesitamos
información cando esta situación se altera.

26
3º Xornalismo

Outras veces a cuestión non é de equilibrio, senón que a comunicac ión nos permite a
cooperación e a coorientación.

[A e B son suxeitos humanos e X é un obxecto. A pode estar interesado en B, polo que


decide falarlle de X (música) porque supón que pode estar interesada niso.]

Coorientación a outras persoas e a certos obxectos. Newcomb dicía que un proceso de


comunicación pode iniciarse por tres circunstancias:

1. Cando un individuo é atractivo para outro.


2. Cando dous individuos son mutuamente atractivos. Hai un interese recíproco.
3. Cando un ou os dous comparten interese nun obxecto exterior, que é relevante
para un ou os dous.

Este modelo fala da importancia da comunicación para coordinar accións entre


individuos e con obxectos exteriores (p.e: sanidade pública). Podemos preguntarnos se
estes modelos non son extensibles ao centramento de atención que xestionan os
medios de comunicación, que poden falar de moitas cousas, pero sempre acabar por
seleccionar a metade das cuestións que poderían. E esta selección faise, por exemplo,
segundo o peso da elite social (e os seus intereses) e os intereses do público (que as
veces poden coincidir con algo que as elites non lle interesa que saian).

Modelo 2: Chaffee.

The diffusion of political information no libro Political communication´

Establece un modelo que permite diferenciar distintos tipos de noticias e público


(implicación do público implica que unha noticia pouco relevante se converta en
relevante, por exemplo).

Chaffee indicaba que as noticias teñen unha difusión temporal distinta: un


acontecemento medra de diferentes formas segundo a súa natureza e contexto de
difusión. Unha noticia sobre información financeira medra con certa rapidez, pero, unha
vez que remata de medrar, estáncase. Mais a noticia que pode ter grande cobertura
debido á súa relevancia (prima de risco) pode chegar a medrar ata alcanzar case o
100%. Tamén hai noticias de difusión lenta

É un modelo aproximativo, unha tipoloxía especulativa, que se cumpre en case todos


os casos.

Patróns nos modelos de difusión:

27
3º Xornalismo

A- Curva de difusión normal

As noticias non teñen unha distribución de crecemento constante, senón que medran
ata o límite do publico que está interesado nese acontecemento, despois estáncase. Se
o tema se mantén, hai un remate e pode chegarse ao 99,9% de público.

O modelo de difusión normal pode verse alterado por:


1. Motivos intrínsecos: a dificultade de comprensión por causa da complexidade do
propio acontecemento. Como por exemplo a reforma xurídica da UE.
2. Motivos extrínsecos: desacerto na cobertura (complexidade deliberada);
inconstancia na cobertura; expectativas do público (un acontecemento complexo
ten dificultades para crear interese).

B- Difusión incompleta:

As redacción non elaboran as noticias con claridade, o que dificulta a recepción. Por iso
se estanca. A prensa deixa de falar dunha cuestión.

28
3º Xornalismo

C - Difusión lenta

Non medran con tanta facilidade ao principio, medran pouco a pouco (crecemento
lento).

D- Difusión rápida.

Faise un grande esforzo por difundir o acontecemento o antes posible cunha


amplificación da fonte. Sería o caso, por exemplo, dunha enfermidade vírica. A curva de
difusión habitual non está probada empiricamente pero é habitual na maioría dos
estudos realizados.

Crítica deste modelo


▪ Ten unha visión moi idealizada.
▪ Os medios de comunicación non os reciben individuos illados, senón persoas
que están e pertencen a redes. Se queremos estudar unha comunicación
debemos contrastar como un individuo que obtén información por un medio, o
contrasta coa opinión dunha persoa.
29
3º Xornalismo

▪ Hai receptores da información que non reaccionan, así como tamén hai persoas
que reaccionan ante a información sen recibila directamente dos medios. De
aquí concluímos que hai dous posible efectos dos medios da sociedade:
- Acción.
- Reacción.
▪ En sociedades máis atomizadas, que pasan máis horas conectadas á Rede, as
persoas están máis en contacto cos medios. Máis que aquelas nas que non
teñen esta posibilidade e se guían máis pola voz dos líderes de opinión, que son
os que máis poden enganar á hora de transmitir a información.

Modelo 3: Westley, B. e McLean, M.

“A conceptual model for mass communication reseach”


en Journalism Quaterly

É un modelo sociolóxico da prensa: un axente A compón unha reportaxe con distintos


elementos (x1, x2, x3...); o lector (receptor) B coñece a información de A e moita máis
información (máis elementos). No proceso de descargar información hai
retroinformación ou feedback (este pode ser crítico, como por exemplo unha carta a un
xornal, ou non). Na comunicación de masas a retroinformación é escasa.

Reelabórase a mensaxe (x’) aportando novos datos sobre o tema, para outro receptor.
O público (B) pode coñecer tanto o que comunican A e C, como outros aspectos sobre
o tema. O público pode ter información que non teñen nin o avogado (comunicador que
defende unha posición) nin o porteiro (comunicador neutral e que intenta seleccionar as
cuestións interesantes para o público cun criterio profesional). Cada vez máis, os
avogados colonizan o lugar dos porteiros. O avogado atende durante un tempo
determinado, dun xeito depende sobre calquera asunto que se lle propoña. Dan a mellor
imaxe posible sobre aquel que o contrata.

Os porteiros falan sobre o atopado importante dentro do seu ámbito de cobertura. Se


non se pode contrastar ou a información non se pode conseguir, o porteiro vai ao seu.

Pode darse resposta desde públicos cara aos porteiros. Tamén se pode dar o caso de
que alguén (C) contrate a información (x’) que dá o xornal coa información orixinal (xy).
Un lector (B) diríxese a unha organización (A) para protestar, por exemplo, por certa
información (x’’) que se emitiu en certo medio de comunicación, que non é certa.

Estes tres «feedback» pódense representar:


1. FB- C: carta ao director
2. FC- A: notas de prensa, chamada telefónica
3. FB- A: comunicado de protesta

30
3º Xornalismo

O obxecto do público é estar informado das cousas, non dos intereses de certas
organizacións.

Nos procesos de información pode darse unha colonización dos porteiros por culpa do
avogado. Os porteiros e os avogados van ao seu intentando difundir as informacións
que a eles lles interesa. Mais o que se pide é que a imaxe de certas organizacións sexa
a verdadeira. Os porteiros tratan de forma «neutral» os intereses xerais e o que é
relevante ou noticia. Ás veces, nunha redacción, o redactor deixa de preocuparse da
veracidade da información ou da relevancia, polo que acaba recorrendo a información
de fácil elaboración. O público tamén pode ir ao seu, no momento no que deixan de
consultar aos medios de comunicación.

Críticas a este modelo:


▪ Modelo de selección e filtraxe.
▪ Visión desintegrada da información → véndese unha información de interese,
independentemente de que a información que circula sexa máis precisa ou
elevada.
▪ Resultados frustrantes, xa que B ao mellor le por ler, menospreciando o esforzo
de A e C.

Na sociedade hai moitas fontes, cando o público non está contento con unha
pasa a outra.

Modelo 4: Gerbner, G.

“Towards a general model of communication” Audiovisual communication review; 1956

O proceso de comunicación descríbese atendendo a dez pasos:


1. Alguén
2. percibe un acontecemento
3. reacciona
4. nunha situación
5. por medio de instrumentos asequibles

31
3º Xornalismo

6. para elaborar materiais accesibles


7. con determinada forma
8. que se perciben nun contexto determinado
9. que teñen consecuencias
10. que aportan contido

Alguén percibe un acontecemento e reacciona dentro dun contexto. Créase un


enunciado sobre un acontecemento que se pode transmitir converténdose nun
enunciado sobre un acontecemento percibido. Aquí hai o mesmo proceso de percepción
que no caso anterior, mais este último sobre o acontecemento directo e o outro sobre
un enunciado. É preciso estudar tanto a forma como o contido. Aquí, o enunciado sería
a forma e o acontecemento sería o contido. A forma determina ao contido en moitos
casos. A percepción está determinada por cuestións tanto psicofísicas como culturais.
Estas últimas son presuposicións, experiencias e un punto de vista que se basea en
informacións previas. Na percepción, o crucial é o axente comunicador, caracterizado
como fiel e imparcial, á hora de comunicar. O axente de percepción pode ser humano
ou mecánico. Este modelo pódese utilizan para modelos de comunicación no que
interveñen homes e máquinas, no caso de testemuñas ante un tribunal, por exemplo, e
ata que punto se corresponden coa realidade e son declaradas. Isto a nivel individual.

A nivel social, cabe destacar ataque punto coincide o que seleccionan os medios co que
acontece na realidade e en que medida entenden ben os sentidos os diferentes públicos.
Os contidos dos medios non son representativos e a cobertura depende dos públicos.
Así, A, é o conxunto de acontecementos; A’, son os acontecementos que saen nos
medios; os enunciados dos acontecementos, E/A, serían os contidos dos medios; e,
EA’, é a percepción que ten o público dos contidos que saen nos medios.

A forma (o enunciado) nunca ten valor de seu a menos que sexa ruído, porque está
emparellada con condicións de significación e contido. Para transmitilo débese
empregar a canle e os medios dos que se coñeza a súa natureza e funcionamento e
sobre os que se poida ter máis o menos control (en casos de censura). Calquera
mensaxe pode ser percibido por calquera persoa: percepción activa e se transmite a
outros que a estiman ao tempo que tamén perciben activamente. As percepcións poden
ser subxectivas, variables, selectivas e impredicibles.

A= acontecemento primario
A’= acontecemento percibido
E/A= enunciado dun acontecemento (E= forma; A=contido)
EA’= enunciado dun acontecemento percibido

32
3º Xornalismo

Cabe facer unha serie de indicacións, a modo resumo, do modelo de Gerbner:


1. Hai que describir o proceso de comunicación no que interveñan homes e
máquinas.
2. Hai que definir os procesos perceptivos das testemuñas dun suceso e ata que
punto coinciden coa realidade.
3. Hai que definir o grao de coincidencia do que seleccionan os medios co que
acontece na realidade e en que medida entenden ben os conceptos os diferentes
públicos.

Modelo 5: Jakobson, R.

“Linguist and politics” en ‘Style in Language’. Cambridge.

Jakobson, R. “Lingüística, poética, tiempo” (1991) Aquí se reflexiona sobre se o plano é


o mesmo, e é a sintaxe a que está expresando unah serie de contidos, a relación é
sintagmática. Pero por outra banda, na expresividade é cruciar a relación paradigmática.
Por exemplo, nun fundido encadeado entre unha imaxe dun bosque que remite a
natureza antes dunha imaxe dun conxunto de chimeneas.

Jakobson achega unhas ideas que estaban xa presentes nas teorías da fala de Karl
Bühler (“Filosofía da linguaxe”) que dí que á hora de traducir á mensaxe temos que ter
en conta o destinador, o destinatario o contexto (situación determinada na que falan os
mesmos).

• Destinador (emisor) ten unha función emotiva.

33
3º Xornalismo

• O contexto ten unha función referencial. O contexto poden ser unhas eleccións,
nas cales un xornalista (destinador) transmite algo á redacción central do seu
xornal (destinatario).
• O destinatario (receptor) cumpre unha función conativa.

Pero nun acto de fala podemos diferenciar máis elementos, xa que un acto de falar
tamén de:

• Función de contacto. Malinowski, B. E Odgen, Ch. “The meanin of meaning”


(1926). Aquí vemos a relación que existe entre un obxecto, un signo e o seu valor.
A palabra mesa non ten unha relación directa cun obxecto determinado, senón
que o signo ten relación cun concepto, e un valor ten relación cun obxecto. O signo
o que fan e darnos categorías e valores, non nos sirven para dirixirnos ós
obxectos. A función de establecer contacto permite coñecer a actitude de uns e
de outros.

• Función fática. Asegurar que se mantén o contacto, xa sexa a partires de


afirmacións.

• Funcións do código: O código no que unha persona se dirixe a outra pode ser,
por exemplo, galego ou portugués. Existe outra función que describe o propio
código, ó que Jakobson chamou función metalingüística.

• Función da mensaxe. Cando chama a atención sobre a súa propia composición


atopamos o que chamamos FUNCIÓN POÉTICA.

Estas seis funcións están presentes en calquera enunciado. As consideracións deste


modelo levaron a un politólogo francés, Deboul, que publicou en 1980, a considerar que
atendendo a cada unha destas funcións podemos considerar que:

- A función emotiva implica o valor da sinceridade.


- A función referencia dálle importancia á verdade.
- A función conativa (que non ten só que ver con ordes, senón tamén
con preguntas) ten que ver coa lexitimidade.
- A función metalingüística ten que ver coa corrección lingüística.
- A función fática ten que ver coas normas sociais.
- A función poética ten que ver co gusto persoal.

34
3º Xornalismo

Modelo 6: Greenberg, B.S

“Person to person communication in the diffusion of news events”

Á hora de estudar diferentes tipos de noticias, Greenberg pregúntase en que proporción


o coñecemento desa noticia viña de fontes mediáticas (difusión directa) ou se un
individuo a recibía porque lla contaba outro (difusión indirecta).

Propón un modelo polo cal é preciso definir cal é a fonte pola que a xente se informa
dos feitos. Os medios constituirían as chamadas «fontes directas» mentres que a
comunicación interpersoal serían «fontes indirectas».

Estudou que, segundo o tipo de noticia, cambiaba o tipo de información. Estableceu tres
tipos de noticias:

• Noticias de interese grupal.- Noticias que non teñen moita difusión, que non
teñen moito interese xeral, pero que son de gran importancia para as persoas.
Transmitidas polo boca a boca. Así pode ser, por exemplo, o resultado das
probas de selectividade. Isto é, os implicados na noticia danlle unha gran
relevancia a esta información, e xeralmente son noticias eufóricas, noticias que
non molesta transmitir.

• Noticias de interese xeral.- Noticias que se dan por sabidas (o acceso a ela é
doado), e por ese motivo as persoas non as transmiten entre si, porque a difusión
que tiveron nos medios é moi elevada. Por exemplo, o resultado dunhas
eleccións.

• Noticia extraordinaria (“bomba”).- Noticias de gran difusión mediática e non-


mediática. É unha noticia tan importante que se difunden a través dos medios,
así como entre persoas. A información transmítese a xente que non se expón
directamente ós medios. Ex: 11M, asasinato Kenedy.

35
3º Xornalismo

A cuestión de que a difusión das noticias sexa máis ou menos lenta é unha cuestión
antiga que está nalgúns dos antigos estudos presentes nun libro de Lazarsfeld, Berelson
e Gaudet que se chama “The people choice ”. Advertían que seguramente os cambios
de actuación nas eleccións non eran moi grandes, pero que dous meses antes da
xornada electoral, o 30% da mostra non sabía qué ía votar, e que finalmente votaría o
que votou nas eleccións previas. O efecto, polo tanto, dos medios, non é o de modificar
o comportamento, senón que máis ben o reforzaban, xa que soamente un 5% modificou
o seu voto. As mensaxes dos medios flúen dos medios ós líderes de opinión, e
destes ó público xeral. E isto é o que chamaron Two-Step-Flow.

Modelo 7: Maletzke, Gerhard

“Psicología de la comunicación social”

Estuda os procesos de comunicación atendendo a 4 estancias:


1. Emisores
2. Mensaxes elaborados polos emisores
3. Os medios –non é o mesmo escribir para un medio que para outro, ex:
radio, tv...
4. Receptor

As relacións entre o receptor e o medio, o cal exerce presión, impoñen unha serie de
características:

• Requerimento sensorial, dos sentidos (prensa: visual; radio: auditivo).

36
3º Xornalismo

• Ligazón espazo-temporal. Durante moito tempo, aínda que a prensa fose rápida,
non era simultánea, e moitos xornais tardaban en reproducir as noticias. Coa radio
comezou a conseguirse esa simultaneidade.

• Grao de simultaneidade. Ten que ver coa emisión en directo ou en diferido. A


emisión en diferido permite modificacións que poden ser beneficiosas, como por
exemplo nunha emisión de debate parlamentario pódese eliminar media hora na
que os debatintes soben e baixan es escaleiras. O falso directo consiste en facer
pasar por inmediato (directo) o que non o é (diferido). A escritura non permite o
grao de simultaneidade que ten a comunicación radiofónica. Dentro da prensa
tamén hai graos.

• Contexto social ou situación de recepción: como recibe a xente esta mensaxe


sensorial radiofónica e televisiva? O contexto de recepción pode facer unha
mensaxe máis ou menos favorable. Maletzke quería explicar que os primeiros
informativos que houbo forno os cinematográficos, os informativos que se vían no
cine antes da película e que se vían en conxunto, daban lugar a comentarios, logo
a xente comezou a recibir información de xeito máis íntimo, na familia, e na
actualidade podemos velos de xeito individual. Pode ser un contexto social amplo,
familiar ou individual.

Os xornais teñen moitas páxinas, coa crise menos. O receptor non le un xornal
integramente, senón que selecciona o que quere ler centrándose nos titulares e lendo
só as noticias chamativas. Os receptores seleccionan.

Un medio ten moitas características, exerce moita presión e o que fai o usuario é
“pescar”, seleccionar. Esta selección está motivada pola imaxe que ten ese usuario dese
medio (isto é, a idea que ten dese medio: esquerda, dereita, intelectual, deseño,
contidos segundo o nivel de estudos...) e condicionada por esa presión. Tendo en conta
esta imaxe, presión e selección podemos falar do efectoexperiencia (condicionado polas
características dos receptores:)
o Autoimaxe: o receptor ten unha imaxe de si mesmo. Tamén ten que ver coa
autoestima. É importante á hora da compra do produto, xa que as persoas con
autoestima baixo poden ser máis persuadibles por un medio de comunicación, por
exemplo.

o Estrutura da personalidade, con elementos constantes e elementos transitorios


(exemplo: depresión).

o Integración social xeral do individuo. Un individuo illado, atomizado, moito máis


persuadible que un individuo que está dentro dun grupo social.

o Integración social na audiencia. Un individuo actúa de forma distinta se está illado


ou en grupo. A integración nunha audiencia determina a súa percepción.

Un medio que exerce presión sobre o receptor tamén o fai sobre o emisor, ao
igual que a mensaxe. Características dos emisores:

37
3º Xornalismo

o Autoimaxe: considéranse avogados (propagandistas dunha opción ideolóxica),


porteiros (conciliar intereses dos actores sociais co interese do público),
divulgadores. O xornalista de costumes (árbitro).

o Estrutura da personalidade, con elementos tamén, constantes e transitorios


(“queimado” na redacción, o xefe...). Hai que ver se é unha persoa analítica ou
emotiva ou se combina ámbalas dúas.

o Integración no equipo de traballo. Non é un traballo individual (os free lance son
minoritarios). Deciden os asuntos e traballos cooperativamente. Isto é importante
e determinante para decidir a temática, o orzamento, os tempos de estrutura...

o Organización da empresa.

o Integración social xerárquica. Tanto o entorno como a xente coa que se relaciona
un individuo, condicionan a súa forma de actuar. Ex: non é o mesmo que un
xornalista viva nun barrio residencial cómodo onde non hai grandes conflitos,
parados ou delincuencia que vivir nunha parte urbana da cidade con edificios
semi-abandonados.

o Presión polo desenvolvemento da súa actividade en público. A presión do medio


pode resultar un vínculo fático entre o profesional e o público. Hai que ter presente
que un xornalista escribe información que pode ser motivo de persecución.

O receptor ten unha imaxe do medio (IR), pero o medio tamén ten unha imaxe do
receptor (IE).

Ocasionalmente nos procesos de comunicación de mesas se dá o feedback ou


retroinformación, mais é unha posibilidade moi reducida. Non é tan importante. En
consecuencia, a mensaxe actúa sobre o emisor e a súa actividade. Os emisores teñen
unha imaxe dos receptores. É lamentable que se trate de xeito despectivo ao público,
pois este pode descoñecer moitos termos xurídicos, mais non de que é a xustiza, por
exemplo. O receptor ten unha imaxe, unha consideración, do emisor, non do medio.

O interesante deste modelo é que nos fai ver é que nos procesos de comunicación,
sobre todo os de comunicación de masas, interveñen moitos procesos, e se queremos
estudalos e estudar a maior idoneidade do triunfo dun modelo temos que ter en conta
moitos elementos. Este modelo é un modelo que nos pode axudar moitas veces a
pensar fenómenos inhabituais e a pensar en estratexias de desenvolver procesos de
comunicación exitosos.

38
3º Xornalismo

Modelo 8: P. F. Lazarsfeld; B. Berelson e H. Gaudet

The people's choice (1944)

Este estudo considera que a difusión da información non se produce da fonte (A) ao
público (C) directamente, senón que se transmite a través das fontes non mediáticas
(B), que son líderes de opinión no público. Este modelo implica a concepción dos efectos
dos medios como “efectos de reforzo” e non coma “efectos de persuasión limitada”. Os
efectos dos medios non poden ser avaliados independentemente da estrutura social, é
dicir, considerando aos individuos coma illados. Ademais, este modelo explica or que
certa parte da audiencia que non tivo percepción directa xera feedback, mentres que
certa parte dos receptores directos non a xeraron. Axúdanos a distinguir a recepción
dun medio e a reacción ante elo.

Neste modelo baseáronse os seguintes estudos:


- E. Katz e P. F. Lazarsfeld: Personal influence (1953)
-J. P. Robinson: Influencia interpersonal de las campañas electorales (1996)

39
3º Xornalismo

Modelo 9: Shannon, C. e Weaver, W.

“ The mathematic theory of comunication”

Supostamente a canle non altera os sinais, polo que serían isomorfos (que teñen a
mesma forma), pero se imaxinamos que hai unha transmisión ruidosa, os sinais poden
modificarse e comprenderse doutra forma. O reprodutor técnico permite producir unha
mensaxe isomorfa, que fai que chegue correctamente ao receptor.

Este modelo estuda a comunicación de maneira unidireccional. A capacidade da canle


depende non só do número de impulsos que se transmiten, senón da forza de
transmisión. Explica os procesos de comunicación humana. A información prodúcese
por un proceso de transmisión óptima de símbolos, entendendo por óptima a transmisión
do maior número posible de símbolos no menor tempo e custes posibles. Falamos de
símbolos porque teñen valor polisémico e contextual, mentres que as sinais posúen un
valor semántico.

Se non hai ruído a mensaxe transmitiuse sen alteracións. O receptor recibe eses sinais
sen alteracións, descodifícaos e convérteos nunha mensaxe recomposta. Todo aquilo
que non é desexado e que está entre emisor e receptor. Os procesos de comunicación
non son un proceso pecho. En que condicións unha canle é ruidosa?

A cuestión do ruído é técnica e tamén semántica. A noción de ruído que pode afectar
á canle pode comprenderse de tres maneiras. Hai tres tipos de ruído:

• Técnico: o proceso técnico de comunicación vai de emisor a receptor. O de


comunicación humano dende receptor ata destinatario. O proceso técnico dáse
cando hai unha alteración de son. Afecta á transmisión de sinais (impulsos
eléctricos nos que se descompón a imaxe).

• Semántico: corresponde a distorsión de símbolo (=signo).


o Sinal: elemento informativo unívoco e de uso restrinxido. O que convén se
hai ruído é a repetición de sinais (redundancia).

40
3º Xornalismo

o Símbolo: leva a intencionalidade de significar algo, deexpór algo.


Polisémica.

• Pragmático: A reacción do receptor da mensaxe (destinatario) non responde ás


expectativas do emisor. É liñal. É unha visión reducionista porque se entende que
hai ruído cando non se cumpren as expectativas.

Conceptos fundamentais da teoría da comunicación vistos en Escarpit: Teoría xeral da


información e da comunicación.

A lingua non está perfectamente estruturada, estrutúrase a través do uso. Así, a


información a nivel técnico pon en cuestión o grao de imprevisibilidade dun sinal.

O primeiro que temos que advertir é unha noción que ven da termodinámica: a entropía,
que é o grao de imprevisibilidade dunha fonte (e condición necesaria para que algo sexa
informativo). Se unha fonte informativa é imprevisible, ten potencial informativo.

Esta forza informativa que dá lugar a mensaxes, podería intentar calcularse a través de
cálculos binarios. (cantas eleccións necesito para determinar cal é a cara dun dado que
cae?).

A indeterminación é moitas veces non a entropía, senón a redundancia. Nun proceso


é importante que haxa reiteración de algo que xa sabemos. A redundancia é crucial na
reprodución social e na transmisión de información. Así, ten dúas funcións: técnica e
social. Incrementar a redundancia axuda a reducir as dificultades de recepción cando
unha mensaxe é entrópica (inesperada). Constatamos as mensaxes recibidas co que é
probable. A convención e a redundancia fan a descodificación fácil.

Algunhas veces para facilitar a transmisión da información importa reiterar informacións.


Se nun sistema, por exemplo, hai un erro técnico (como fundirse a bombilla da luz de
aviso dunha presa) , polo que debemos tomar precaución e non só poñer unha bombilla,
senón por dúas (redundancia). Esta redundancia temos que empregala moitas veces na
nosa comunicación. É máis, se pensamos noutra lingua, como o francés ou o inglés,
teñen moita máis redundancia que unha linguaxe sintética como a lóxica. Isto é porque
estas linguas naturais prevén que o emprego deses códigos non se van ver tan
favorecidos como outras linguas. Un exemplo disto é “xa te vou dar eu”, no que queda
claramente exposto quen é quen realiza a acción (polo tempo verbal, o pronome, etc.).
Por isto, cando falamos dun proceso de información óptima temos que falar cun grado
de redundancia suficientes.

Cando se transmite información elabórase un código para reducir a imprevisibiladade


(o contido da materia) a unha serie de elementos significativos. Por exemplo, non só as
palabras dunha lingua conforman un código, senón que é o conxunto das mesmas. E
así sucede tamén cos sinais de tráfico. Un código é:

• Un sistema semántico, conxunto de sinais aos que se lles atribúe un valor


determinado. Achega nocións.

41
3º Xornalismo

• Un sistema sintáctico, conxunto de elementos cuxas regras combinatorias teñen


un funcionamento determinado independentemente do valor que teñan.
Elementos que poden portar un significado sen ter en conta o significado que
porten. Un significado exclúe ao outro. Ex: o semáforo verde exclúe ao laranxa e
ao vermello.

• Un conxunto de reaccións de comportamento. Ex: se o nivel é baixo o


comportamento é tranquilidade, se é medio activaremos un sistema, se é alto
activaremos varios.

• Unha regra relacional para certos sistemas de sinais ou un sistema sintáctico.


Ex:

A comunicación semántica está formada polo plano da expresión e o do contido. Para


a comunicación humana o código é a relación de dous destes sistemas. Só a
articulación de sistemas é propiamente un código, o resto son subcódigos.

Dous subcódigos (composto por un conxunto de elementos estruturados, en oposición


e rexidos por linguas combinatorias. Poden xerar sinais finitos ou infinitos) participan na
elaboración dun código. O código ten unha dupla articulación. A articulación do plano
da expresión e do contido é necesaria. A primeira articulación que se dá cando
transmitimos sinais (comunicación semántica) unimos o plano da expresión e o plano
do contido. A expresión está feita do son, dos fonemas (materia=ondas) de todos os
sons que se artellan, nós artellamos unha serie limitada de fonemas.

Os fonemas podemos dividilos en 19 riscos (bilabial, labiodental…). A materia da lingua


falada (o son) e a substancia (son bilabial, palatal…) constitúe a súa forma de expresión.

A materia a partir da cal se forman símbolos é a actividade neuronal. Un símbolo está


composto por substancia e forma. As linguas non só escollen unha serie de elementos
expresivos. Os fonemas poden combinarse para ter formas expresivas. A forma de
expresión ten que relacionarse cunha forma de contido.

42
3º Xornalismo

A información pode considerarse:


▪ Disposición de determinada fonte natural.
▪ Información dispoñible despois de que un subcódigo reduza a equidialidade da
fonte.
▪ Información é o paso a través dunha canle de sinais que son puros estímulos.
▪ Información é o paso a través dunha canle de sinais con función comunicativa.

A teoría matemática da información serve para entender o que é a información: unha


información é moito máis valiosa canto máis improbable e complexa sexa (cantos máis
bits teña).

Na comunicación humana ten que haber entropía e canto máis complexa sexa haberá
máis entropía e será máis importante a redundancia.

A transmisión de sinais e de signos faise mediante unha mensaxe ou un texto. A


mensaxe é un enunciado cun nivel discursivo; o texto é unha combinación de mensaxes
con diferentes niveis discursivos (discursivo, pragmático, alarma...) e simultaneamente.
A condición textual non ten que ver coa cantidade de signos, senón co que represente
cada un. Non é unha cantidade fixa.

O que nos teríamos que preguntar verdadeiramente é se o que fan os m edios de


comunicación é previsible ou verdadeiramente redundante.

43
3º Xornalismo

Os signos non son entidades estables. En vez de signos falamos de funcións


simbólicas, onde se establecen relacións entre planos de expresión e planos de contido
(implicitamente entre materia e formas de expresión e de contido).

Un signo é unha elaboración conceptual que relaciona un sistema sintáctico cun


semántico. Non é unha entidade material (é conceptual), pódese realizar de distintas
maneiras.

O signo non é unha entidade fixa. O que é propio do signo é relacionar elementos
mutuamente dependentes que proceden de sistemas diferentes (o sistema da expresión
e o do contido) e que se asocian por unha lingua codificadora. Así pois, o signo non é
unha entidade fixa porque o seu uso frecuente transfórmao en diferentes niveis de
significación.

Os signos nos enunciados únense a outros signos (para entender un signo precisamos
outro).Se o signo non é unha entidade estable significa que pode transmitir varias
cousas á vez (varios niveis de significación). Un signo ten dous niveis de significación:

1. Denotación: primeiro nivel. Formado por significante e significado. O significado


básico dunha palabra, tal e como aparece por exemplo definido nos dicionarios,
dunha maneira formal e obxectiva.

2. Connotación: segundo nivel. Son palabras con sentidos subxectivamente


adheridos. Na connotación aparecen relacionados uns significantes con outros.
Emprégase habitualmente na linguaxe literaria. Depende dunha semiótica
anterior. Significante e significado dependen do significante doutro nivel superior.
Nivel de significación secundario, pois está relacionado cun anterior. É un nivel
de significación que non se pode dar se non existe outro superior pero non é
máis vago.

O plano de expresión nun sistema semiótico está composto por outro sistema semiótico.

Concepcións do signo:
1) Relación binaria: significante e significado.
2) Significante e significado relaciónanse por outra cousa. Algo relacionado con algo
para alguén en virtude de certas circunstancias. Isto implica que haxa un
interpretante. O interpretante serve para o funcionamento mental do signo (algo
para entender o obxecto):

44
3º Xornalismo

Así, nos signos identifícase a un signo cun obxecto a través dunha referencia. Ex: esta
mesa. O interpretante dun signo é outro signo, que seguirá relacionándose con outro
signo mediante obxectos de diferentes culturas.

A referencia non é o mesmo que o referente. A referencia é unha unidade cultural, como
por exemplo, o concepto de democracia, opinión pública, metalingüística...

Pierce caracteriza os signos en tres formas diferentes:


▪ Icónica. Signo que se caracteriza por ter unha referencia lóxica. (Cando a
percepción dun rostro está por todas partes, unha simple imaxe visual pode facer
que o recoñezamos). Garda analoxía con aquilo que representa. Ex:
representación icónica dun triángulo (tres lados)

▪ Simbólica. As palabras son símbolos, non teñen analoxía co que representan.

▪ Index (Índice, indicio). non garda relación de analoxía nin unha relación
arbitraria, senón que a súa relación é de causalidade (causa-efecto). Ex: lume,
pegadas dun animal.

Os signos non son estables. Implican unha atribución. A comunicación humana é un


proceso bidireccional ou multidirecional. O proceso de comunicación iníciase cando os
suxeitos teñen interese mutuo, un interésase
polo outro ou ambos por un terceiro obxecto.

Como funciona a información na sociedade? Eco, U., Tratado de semiótica xeral


a) Estudo de códigos (Teoría dos cógidos: pódese estudar dende diferentes puntos
de vista:
- Extensos
- De uso restrinxido
- Primarios
- Secundarios
- Segundo a materia (sonoros, visuais...)
Pódese comentar un gran conxunto de sinais.

45
3º Xornalismo

b) A produción de signos. Un signo é unha cantidade binaria composta por dúas


partes íntimas e conxuntamente unidas (dupla articulación): significante e
significado. O signo é unha unidade binaria con valor relacional. O significante
funciona por un valor relacional, un valor relativo.

O psicólogo Bernstein, B. distinguía entre códigos elaborados e códigos restrinxidos:


- Códigos elaborados.- lingua filosófica, psicolóxica, etc.
- Códigos restrinxidos.- teñen que ver con expresións, formas feitas... un uso
menos coidado da lingua, que é o empregado, por exemplo, nunha taberna. Aquí
o máis importante non é dicir algo innovador, senón establecer un contacto
social.

▪ Agora rememoraremos a noción de canle: Soporte técnico que permite a


transmisión de mensaxes. Na actualidade, as mensaxes, as hondas hetzianas é
algo presente neste proceso. Se cadra é só o soporte técnico determinado por
certo tipo de usos sociais. Á hora de falar de medios, existen medios
unidireccionais, multidireccionais, etc.
▪ Feed-back: efecto mediante o cal se comproba que o destinatario recibiu a
mensaxe. cando estudamos a comunicación, normalmente vemos a comunicación
lineal e a multidireccional.
Se un emisor manda unha mensaxe, o receptor debería de producir algún tipo de
reacción. Estamos falando de exemplos como a consigna dun partido durante a
campaña electoral, xa que se a xente vota a un determinado partido, estase a
producir unha resposta ante a súa mensaxe.

O proceso de comunicación xérase ao captarse a atención do individuo. Os medios de


comunicación diminúen a entropía mediante a función fática ou de contacto. Pode haber
comunicación sen información, pero non ao revés. De feito, a maioría das
comunicacións humanas están orientadas non á transmisión de información, senón á
transmisión de actitudes ou reforzos actitudinais.

▪ Medio: canle determinada por certo tipo de uso social

Non podemos interpretar a cuestión de percepción de signos como se fose unha


percepción de símbolos que forman resposta de xeito mecánico. O que falamos
xornalismo de masa non é o mesmo como ese estímulo de respostas que pode producir
un médico comprobando a nosa reacción no xeonllo (por exemplo).

Non o entendemos así porque a comunicación simbólica é unha comunicación que non
é mesmo que a transmisión de símbolos: os símbolos interprétanse cando o receptor
atribúe unha intencionalidade ao emisor (unha hipótise), pero hai moitos símbolos que
teñen máis dun valor (exemplo: levantar o dedo dunha man –corte de manga ou número
un-). A comunicación simbólica non é nunca perfectamente predicible porque o valor
desta comunicación depende da intencionalidade coa que o receptor reciba a mensaxe
do emisor. Algunhas mensaxes podemos recibilas de maneira simbólica e outras non.

46
3º Xornalismo

Hjelmslev, L., Fundamentos para unha teoría da linguaxe. Establece que na linguaxe
hai dous planos:
▪ Expresión: determina formas. Exemplo: sinais → unhas exclúen a outras: isto é
unha articulación de sinais (un subcódigo)

▪ Contido:
PATACA/PETACA: diferenzas no plano da expresión e no do contido.

47
3º Xornalismo

ANÁLISE FUNCIONAL DA COMUNICACIÓN DE MASAS. QUE BUSCABA?


QUE ESTUDA? FUNCIÓN, DISFUNCIÓN, EXEMPLOS...

A cuestión fundamental dos estudos funcionais da comunicación intenta analizar a


comunicación en calidade de feito institucional. Analiza a comunicación dende o
punto de vista institucional e os medios como institución social, que se considera
unha práctica reiterada, das cales, moitas non están perfectamente regradas. O que
fai o dereito moitas veces é describir un uso social e tipificar dende aquí que é o normal
e que é o aceptable. Este tipo de delito pode, de feito, abstraer ás persoas.

Se unha institución é unha práctica social reiterada, tamén podemos falar depráctica
como dar noticias periodicamente. E dentro disto, o que podemos preguntarnos é: qué
funcións desenvolven os medios de comunicación nas sociedades? Cales son as
consecuencia de que nunha sociedade, grande parte da comunicación se desenvolva a
través dos medios? (xa non preguntamos a outras persoas nin se dan avisos públicos
porque se publican). Cales son as consecuencias para o individuos de desenvolver unha
parte da súa vida a través dos medios de comunicación de masas (e obter unha
formación, en parte, a través dos mesmos)?

Para a xente, unha actividade regular que adoita moitas veces xerar expectativas, xerar
paraideoloxías (normas de comportamento informativo, tanto para os receptores como
para os emisores). Para estudar institucionalmente a comunicación pública os
funcionalistas preguntáronse se o que tiñan que facer era estudar sociedades dotas de
medios de comunicación de masas e sociedades que non estiveran dotadas dos
mesmos. O que moitos autores consideraron (como Wright, por exemplo) pensan que
o idóneo non era comparar sociedades con estas características tan distintivas porque
a propia estructura sería diferente. O idóneo sería advertir como funciona esa sociedade
(a que ten uns medios de comunicación) nalgún momento no que non haia esta
comunicación de masas. [En que circunstancias se pode advertir esta suspensión nesta
sociedade? Por exemplo nalgúns apagóns eléctricos, como aconteceu durante tres días
en Estados Unidos. ]

A análise funcional tende a estudar algo así como “a historia natural dos medios de
comunicación”, isto é, estudar cales son as estruturas de certos medios. Que
características estruturais ten un medio de comunicación de masas nunha
sociedade moderna.

A cuestión é que estrutura e función non son exactamente o mesmo. Á hora de falar de
estrutura social, poucos escribiron con tanta claridade como Radcliffe- Brown a idea da
estrutura social. Radcliffe defende que na vida social hai distintas estruturas que poden
desenvolver a mesma función, polo que son polifuncionais. Polo tanto, houbo que
estudar que diferentes estruturas pode existir dentro destas funcións á hora de transmitir
información masiva.

48
3º Xornalismo

Teorías de rango intermedio. MIDDLE-RANGE THEORY: (Merton, Teoría y


estructuras sociales):

Teoría que non se conforma coa máxima concreción. Parte da observación concreta e,
a partir de ahí, pretende establecer unhas consideracións e chegar a unha idea xeral
pero que non vai a compoñer unha norma para a sociedade. Isto é, máis que establecer
unha serie de normas xerais, queremos ter unha serie de consideracións extraídas dun
caso concreto pero que tamén se poderá aplicar noutros momentos, pero non
establecela como norma xeral.

A función dunha campaña por ser unha concreta, pero as razóns polas que se leva
acabo, son moitas. Un proceso de comunicación poder ter unha función manifesta pero
acabar tendo outra función diferente. Por exemplo, nunha campaña de vacinación,
poden pretender facilitar un fármaco de forma gratuíta e, finalmente, polo agobio e o
estrés que supón todo aquilo, pode que a súa función acabe sendo relaxar o ambiente
As necesidades dun estudo funcional son:

1. A posibilidade de manipular as formas de comunicación


2. Aproveitar alteracións ocasionais
3. Analizar individuos con posibilidades de acceso diferente

Non se pode separar a acción dos medios de comunicación de masas doutros factores.
As sociedades que carecen deles carecen doutras capacidades, como xerar
excedentes, etc. A análise funcional é a análise de estudos xeneralizados e
estruturados. O 2º nivel ocúpase de cada método concreto dos medios de masas
(formas concretas nun medio). Por ex: funcións que desenvolve un xornal / Funcións e
disfuncións da crecente cantidade de información en medios como a televisión ou a
radio.

Para Wrigth hai ocasións de analizar as funcións de cada medio cando se localiza unha
sociedade que carece dun medio en particular. Estas hipóteses pódense estudar cando
se para un medio, canso se altera o seu funcionamento (exemplo: folgas, apagóns...).

▪ 3º tipo de análise funcional: o que se centra nun medio concreto (exemplo: unha canle
de televisión) e examina a función dalgunha operación repetitiva e normativa dese
medio de comunicación. Exemplo: Tuchman, G., News making.

▪ 4º tipo de análise funcional: estuda as consecuencias de desenvolver as actividades


básicas da comunicación humana (vixilancia e introspección do entorno, etc) por
medio das comunicacións de masas. Ex: estudos sobre o desenvolvemento dos
nenos ao empregar a tecnoloxía e desenvólvese menos a comunicación humana.

A análise funcional non se limita ás consecuencias útiles ou desexadas, tamén atende


ás inesperadas.

a) Cando estas son contrarias á intención do emisor chámanse funcións


manifestas ou disfuncións.

49
3º Xornalismo

b) Cando estas non son contrarias á intención do emisor chámanse funcións


latentes ou funcionais.

A) Funcións: poden estudarse desde diferentes puntos de vista:

1. Punto de vista xeral:


1.1. Advertir de perigos → pode darse unha función latente. Exemplo:
perigo de gripe → todos os cidadáns poden alterar dese perigo → hai unha
sensación de igualitarismo.

2. Punto de vista do individuo:


2.1. Advertir de perigos → é unha función instrumental. Ten que ver con cuestións
de utilidade para o individuo.

2.2. Outorgar prestixio → Merton, R., Teoría y estructura sociales: atende a dúas
cuestións:
- A xente que aparece con regularidade nos medios goza de prestixio social.
- Non só hai o aspecto de que esa persoa sexa relevante e poderosa ou con
prestixio, senón que as persoas que teñen información de actualidade gozan
de prestixio.

As cuestións de persoas cosmopolitas e locais foron estudades por Hannerz:


establece que hai dous tipos de líderes de opinión, os i) locais e ii) os
cosmopolitas, aqueles que non teñen tanto coñecemento da actividade cultural da
sociedade pero si para ler prensa internacional.

2.3. Merton, R. e Lazarsfeld: os medios ademais de outorgar prestixios na


comunicación tamén teñen unha función moralizante (ethicizing), é dicir, reforzan
as normas. Como o fan? Expondo as desviacións (exemplo: Thompson, J. B.,
Media Scandals). As infraccións e desviacións de normas poden ser coñecidas,
pero é a exposición pública a que crea as exposicións sociais que lle conveñen.

B) Disfuncións:

1. As noticias masivamente difundidas reforman a cohesión e o control social en


grandes sociedades, o cal implica un control cara a cara e de condutas aberrantes
(por exemplo, a violencia machista). Este control pode ser ocasionalmente
disfuncional.

2. A vixilancia prospectiva tamén pode ser disfuncional.


3. Narcose: o feito de que moita xente, polo feito de estar informada, cree que
está a participar nunha campaña.
4. Outra sería a anomía: non saber acatarse a unha norma existente. Polo tanto,
aquilo que interesou ós analistas é:

50
3º Xornalismo

▪ Crecemento dos medios. Como amplía ou non os temas dos que fala a opinión
pública.
▪ Propaganda política.

Wright pretendía facer a análise funcional estudase cales son as funcións e disfuncións
latentes e manifestas nos medios de comunicación no tocante á...
1. Vixilancia prospectiva
2. Correlación
3. Transmisión patrimonial
4. Entretemento
Para...
1. o individuo
2. o grupo social (p.e. os galegos en Bos Aires)
3. a nación/Estado
4. a cultura (p.e. emisións interesantes para tódolos falantes de castelán)

Crítica á analítica funcionalista:


Os estudos funcionalistas perciben a sociedade como un todo mecánico, composto de
aparellos de goberno, aparello económico, aparello cultural, etc. Non analiza as
dinámicas nin as transformación previsibles.

O cambio social é unha noción da socioloxía funcionalista. Pero á hora de falar deste
cambio temos que facer referencia a Sorokin. Analiza dous tipos de cambio social:
▪ Cambio social home do estático: faise nunha sociedadepero non altera o
conxunto da sociedade.
▪ Pero os verdadeiros cambios non son os que fan que se manteña a mesma
estrutura na relación de forzas, senón aqueles que provoquen cambios na
mesma.

Moitas veces a análise funcionalista tendía a ser unha que evacuaba a temporalidade.
A cuestión do cambio social nun libro de Giddens, chamado The consttitution of society
(1984).

Os estudos funcionais dos medios de comunicación

Fanse cando manipulamos as actividades de información das que dispón o individuo.


▪ Sempre se aproveitan alteracións do entorno comunicativo.
▪ A análise da conduta dos individuos con posibilidades diferentes á hora de acceso
á información. Por exemplo: como acceden á lectura as sociedades alfabetizadas
e analfabetizadas?

Alleynee, M. D., News Revolution: como unha empresa nutre a diferentes medios de
información útil, por exemplo, Reuters. Nun sistema de comunicación total cada medio
pode desenvolver unha ou varias funcións.
1. Luhmann, N., La realidad de los medios de comunicación de masas → concepción
funcionalista dos medios de comunicación. Considera que unha das funcións

51
3º Xornalismo

principais dos medios é reducir a complexidade social para orientarse, á fin de


evitar a ruptura do sistema. A evasión que ofrecen os medios a través de temáticas
simplificadas axuda a atopar o equilibrio, contrarrestando coa complexidade das
actividades do sistema. Esta concepción ocúpase de que lle poden facer os
medios á xente.

2. Corrente de estudos de usos e gratificacións (USA, 60’, Journal of communication)


→ que lle fai a xente aos medios? Que uso lle dan os receptores aos medios de
comunicación de masas? Hai dous usos que se poden facer aos medios: 1) uso
cognitivo dos medios (para obter información importante, relevante) e 2) uso non
cognitivo (como ritual, como ruído de fondo). Novos medios, concepción social,
gratificación.

3. Evolución dos estudos xerais dos medios de comunicación → Moragas, M.,


Interpretar la comunicación.

4. A análise funcional da comunicación de masas é unha socioloxía moi presenta na


revista “Public Opinion Quarterly”. Aparecen aquí textos de discusión
metodolóxica (que técnicas se teñen que aplicar para...). Temos que prestar
atención á moita influencia que tiveron as publicacións de Innis, que afirmaba que
tanto as comunicacións como a forma de transporte condicionaba moito. E parte
destas consideracións son inspiración das de Marshall MacLuhan. Tan importante
como os contidos de prensa, radio, televisión... é importante o tipo de equilibro
sensorial de cada medio (auditiva, visual, máis de un sentido...). Pero houbo máis
nesta teoría de McLuhan. “O medio é a mensaxe” Os medios máis que facer unha
transmisión medida e de contidos, máis ben o que fan é alimentar certo tipo de
actitudes individuais, causar un certo pracer ou estímulo como o que causan as
mensaxes. O contido do medio, que non é tan importante como a propia forma do
medio. O contido dun medio é o medio anterior: se apreciásemos os informativos
radiofónicos veríamos que ofrecen noticias segundo a noticia breve, pero por outra
banda, na aparición da TV, os informativos xa non eran como as de noticias de
prensa, senón que estaban adaptadas ás súas características, e por isto, cando
xorden imitaban ás informacións radiofónicas.

Á vista de que moitos autores falaban do peso político nos medios, tamén á hora de
difundir informacións estratéxicas, o que intentaron é facer ver que os medios non eran
tan distintos das sociedades nas que xurdían. Se o peso das financias era máis
importante que a industria, iso repercutiría polo tanto no seu facer.

As investigacións sobre as comunicacións xorden en lugares determinados, e alén,


temos que estudar as diferentes escolas. Deberíamos saber como se estuda este tema
en diferentes países.

Os estudos de comunicación en Europa teñen precedentes en París, onde se estudaban


cuestións de prensa. Estas non eran exclusivas das facultades de Dereito, senón que
tamén se prestaba atención nas facultades de Filoloxía. Preocupábanse polo estilo
verbal dos medios (o que Leech, G. chamou “mynd style”), é dicir, se era un discurso
que se preocupaba pola comunicación ou era emotivo.

52
3º Xornalismo

• Smith, A., “From Arnold’s vision to television”, en Software for the self → di que a cu
tura ten dúas funcións: de perfeccionamento e de mellora social. Na actualidade o que
se dá por interesante na televisión é por unha cuestión mercantil, aquilo que promociona
mercadorías ou capta a atención da xente (vendida como mercadoría) pero de xeito
barato.

Precendetes dos estudos de comunicación en Europa

Nas facultades de Dereito un dos temas que preocupaba era a censura, os patróns
lingüísticos que impoñían os medios. Nos anos 30, e aínda máis nos 40, prodúcese un
parón pola convulsión histórica (II Guerra Mundial).

Pola metade dos anos 50, uns cantos países europeos, tales como Gran Bretaña –xa
superara o esforzo bélico-, Alemaña –relacións comerciais con USA (cine, etc), aceptar
trato con USA polo plan Marshall para a recuperación económica do país, novo cinema
alemán: Klugue, A., etc- Italia, entre outros, empezan a desenvolver sociedades ricas.
Hobsbawm, E. no capítulo 5 do libro Historia del siglo XX (do inglés An age of extremes)
refírese a Gran Bretaña como unha xeración de estudantes consumidores de máis
música que de libros (o 3% da poboación era estudante). Por outra banda, McQuail, D.
en An introduction communication’s theories preocúpase polas teorías das
comunicacións de masas e a súa incorporación nas cátedras europeas.

Derrotado o fascismo, moitos pensaron que a comunicación podería ser beneficiosa


para a sociedade. Esa idea da cohesión da sociedade está implícito nos estudos
funcionalistas da comunicación que tratan, ó mesmo tempo, á sociedade como un
conxunto de funcionamento mecánico. Pero os estudos de comunicación podemos
historizar atendendo aos dous lados do atlántico, así como atendendo soamente ó noso
lado do atlántico. Así pois, como xa dixemos, estes estudos apareceron en facultades
de Dereito, así como de Filoloxía (os libros clásicos, manuais, etc. foron exemplos dos
empregos lingüísticos da época).

Os estudos de comunicación en Europa, cos seus precedentes que xa dixemos, foron


estudos que se romperon pola inestabilidade política. E unha vez pasada esta época,
consideraban que era máis importante a dedicación a outros temas como a sociedade
política e económica. Pero hai un momento no que en Francia e Gran Bretaña, se
empezan a facer ditos estudos sobre a comunicación, xa que hai en lugares nos que os
medios de comunicación teñen máis peso que o propio goberno.

Son moitos as escolas que fixeron ditos estudos:

ESCOLA FRANCESA

a) Roland Barthes
Os estudos de comunicación en Francia gañaron relevancia a fins dos cincuenta, sobre
todo por unha revista que se chama Communications, de Barthes, quen estudou
filoloxía clásica e estaba interesado na cultura popular contemporánea. O seu primeiro
libro foi sobre a historiografía (como escribir unha historia pertinente en troque de facer

53
3º Xornalismo

referencia a cales foron as ideas políticas e económicas que definiron unha


sociedade).

Para Barthes, había razóns para pensar que na sociedade contemporánea seguían
funcionando os mitos. Así o amosou na súa obra Mythologies. O mito da sensualidade
de Italia, é un exemplo destes. El considera un mito como un patrón interpretativo da
realidade que se impón independentemente de cada cuestión da realidade.

Para Barthes podemos advertir moitos mitos nas sociedades contemporáneas, por
exemplo, o Tour de Francia é comparable á Ilíada e a Odisea. En primeiro lugar porque
é episódico, e segundo porque os personaxes teñen unha serie de atributos fixos que
se expresan a través de epítetos tamén fixos (branca neve, p.e.). Así, tiña que ver cos
cantos odiséacos ou as cantigas heroicas. Barthes di que un mito non é estático, senón
que ten variacións. Estas variacións míticas tamén se daban nos mitos das culturas de
masas que estudaba Barthes. Varían pero sempre teñen un mesmo patrón de
interpretación, ao igual que as retransmisións televisivas.

Para Barthes un mito connota e denota.

A mitoloxía tiña que ver coa concepción dun país. Hai que naturalizar o que é histórico
e social (a socioloxía), o que sempre foi así. Mitos que xeran angustia, favorables, etc.
A cultura de masas podería compararse con modelos míticos e non científicos, como
ata o momento.

As reflexións máis abstractas de Mithologies está cara o final. Pero o que Barthes nos
expón son outras cuestións como o modelo de crítica “nin-nin”: crítica insustancial que
aparece ás veces nos xornais. (Por exemplo, cando din que unha película non é nin
realista nin fantástica).

b) Jean Baubrillard
Revista: “International Journal Baubrillard Studies”

O sistema dos obxectos é libro no que expuña que nas sociedades contemporáneas
a vida e os valores sociais estaban máis centradas nos obxectos que nas persoas. A
sociedade de consumo. No capítulo de “La cultura mediática” (ensaio de
valor autónomo dentro do libro)

Crítica de economía política do signo. Na sección final “Requiem polos medios”,


considerando que os medios de comunicación dentro da sociedade, están mortas. E
como moitas cousas mortas, se replican (así como os virus). En textos posteriores
chegou a dicir que as transmisións dos medios de comunicación eran transmisións
víricas, que non son nocións con peso informativo.

En La precesión de los simulacros expón é que moitos conciven ós medios como un


espello do acontecer, pero neste artigo dise que, máis que reflictir ou estampar a
realidade, son medios que crean representacións formularias que, cando se
difundían, creaban unha realidade (pero antes disto, era un simulacro).

54
3º Xornalismo

Así pois, o comportamento de moitos está condicionados por elementos que se teñen
por realistas. É posible que moitas familias incorporen formas de comportamento ou
costumes que só estén en series de televisión, mentres os medios crean
representacións con gran autonomía con referencia á realidade. Son o que en física
se chamarían “prototipos”, o que só salienta algúns aspectos.

O que Baubrillad expresou co “simulacro” é a visión clásica tanto de Lucrecio como


de Demócrato, intenta reflexionar sobre un mundo de representacións enganosas
valendose de nocións clásicas da filosofía. O efecto zoom nos medios de
comunicación, varía o tamaño dunha parte do obxecto, pero non cambia o punto de
vista, só o que se inclúe no cadro. Cando un fai unha toma moi próxima, o que acaba
vendo son unha serie de fragmentos (p.e. os poros). O que fai o efecto zoom dos
medios de comunicación é que cada vez distingamos menos os lugares nos que nos
atopamos, xa que esta proximidade limita moito a diferenciación.

A representación da política nos medios de comunicación tamén está pasando por


este efecto do que falamos. Pequenos representantes locais, por exemplo, queren
ter un trato de ministros, isto é, que unha noticia de menos importancia sexa tratada
como outras dunha escala maior. BAUBRILLARD foi un escritor inxenioso. Empezou
a falar da morte do signo: cando un elemento visual se tira, acaba carecendo de
valor. O exceso de signos satura a atención da xente. Pero hai outra tópica, que é a
do fetichismo do código, que tamén trata este autor.

* Fetichismo da mercadoría: Karl Max dixo que a riqueza en sociedades modernas


se presenta nun gran arsenal de mercadorías. Unha mercadoría é intercambiable,
iso é o que a caracteriza. E Marx distinguiu o valor de uso e o valor de cambio, e
dende sempre, os homes (grupos humanos), non teñen un comportamento tan
predicible como os animais, fanse a eles mesmos. É dicir, é capaz de crear o seu
propio entorno, xerado co seu propio traballo. Axústase por medio da produción.
Medramos nn entorno creado por xente coma nós. Pero o que nos temos que
preguntar son as condicións baixo as que traballan para a elaboración de ditos
produtos. Todo o que vemos é resultado dun proceso de traballo humano en
condicións determinadas (económicas e sociais).

Fetichismo é unha palabra de raíz portuguesa, que significa ‘feitizo’. Parece que
mercadoría xorde da nada, quedando así apartado do proceso de traballo que esta
implicou, pero debemos preguntarnos qué levou a todo isto. Agora ben, o que Marx
nos lembra é que as cousas ten un valor de uso, (automóbil: transportarnos), pero o
que predomina na mercadoría é o valor de cambio, de forma que o que se acaba
apreciando dun automóbil non é que transporte ben, senón a cantidade de produtos
que lle darían a cambio deste. Pero a forma absoluta do valor é que teríamos que
facer unha fórmula xeral de calquera das cousas polas que se podan cambiar. As
cousas están metidas nun entorno que as transmuta, isto é: o que importa é cantas
cousas pode dar cada cousa e non para que sirve esa cousa.

Estamos nunha sociedade na que a riqueza se presenta como unha fábrica de


mercadorías.

55
3º Xornalismo

Os homes producimos moitas cousas, entre elas símbolos, os cales se converteron


en mercadorías. Este modo de información simbólica ten cada vez máis importancia,
pero a xente pensa que é relevante interpretalos. Para Baubrillad é un erro pensar
no fetichismo de cada tipo de signos. Á hora de falar do funcionamento dos signos
da sociedade contemporánea, hai moita xente que pensa que o que temos é un
crecente fetichismo simbólico.

A fins dos 90 estaba farto da proliferación de artigos dos medios de comunicación


que se encargaban máis da cuestión do fetichismo do signo porque éste está morto;
hai que falar do fetichismo do código. Relacionar o valor dun logo, por exemplo, con
outro (p.e. Dolce&Gabbana con Tommy Hilfiger). Qué significa un con respecto a
outro. Para Braubillad podo isto é moito máis sinxelo, xa que é a tendencia dunha
sociedade que vive moi entre fantasmas.
* Texto: A cultura mediática. BAUBRILLARD. / Industria cultural. ADORNO.

c) J. CAZENEUVE, A sociedade da ubicuidade

ESCOLA ITALIANA

HUMBERTO ECO, a través da experiencia do control de medios e ó longo dos anos 60


foi elaborando estudos de comunicación. A achega de Eco, tamén se elaboraban
interesantes estudos sobre estes medios, como por exemplo da man de Calabrase,
Grandi... [“Medios de comunicación entre texto y contexto” de Grandi.]

▪ Que influencia poden ter os medios na educación dos nenos é un dos temas
tratados nalgún estudo italiano. Pero outros temas que se tratan tamén son de
carácter xornalístico e da súa actividade.
▪ Dende fins dos 90 e principios deste século, moita xente depositou esperanza
en medios de Internet para a modificación dos medios e as rutinas habituais, e
unha das persoas que falou de este tema e escribiu sobre esto é Berardi, “Bifo”.
O libro máis coñecido deste autor é Neuromagma. En lugar de acelerar o
capitalismo cognitivo, o que teríamos que facer é compartir unahs formas de
producir distintas que se corresponden coa nosa capacidade de comunicación.

Outro autor a destacar é Caponera (“Caponata no, esa é a galiña”). A súa obra La
sparilione del reale, Roma, Le Nubi, 2005.

56
3º Xornalismo

O CONCEPTO DE INDUSTRIA CULTURAL DE ADORNO E


HORKHEIMER (LEGADO ESCOLA DE FANKFURT)

Industria cultural é un termo que aparece a partires da Revolución Industrial.


Introdúcese a cultura como produto creado a partires dos procesos de creación
industrial, polo que se introduce a propia cultura dentro do mercado masivo. Difúndese
a través dun conxunto de empresas ou entidades que se adican a difusión da cultura a
cambio dunha remuneración ou duns beneficios.

Adorno, T. W. e Horkheimer, M. “A industria cultural. Ilustración como engano de


masas” en Dialéctica da ilustración (1947). É neste capítulo deste libro onde
introducen por primeira vez o termo de “industria cultural”. Foron os primeiros en
empregalo. Crearon este neoloxismo para evitar a confusión coa “cultura de masas” (xa
que non respondía aos intereses das masas nin xurdía espontaneamente das masas).
Cando propuxeron esta nova expresión decatáronse de que era crítica: o que
caracteriza á produción industrial é o modelo Taylorista, en serie. Como se pode
pretender producir música e cine a través de fórmulas de produción?

Expuxeron como xeraron o concepto de industria cultural:

Adorno, “Resumo sobre a industria cultural”: cando el e Horkheimer expuxeron o


concepto de “industria cultural” querían evitar o equívoco coa “cultura de masas”. As
características da industria cultural segundo estes dos autores son as seguintes:

1. Pretexto comercial → a idea de que as producións son un negocio válelles de


coartada ideolóxica.

2. Produción caracterizada por unha nivelación paralizante → o modelo de


melodramas eran psicoloxicamente concebidos para un público específico (mulleres,
nenos, estudantes...). Isto é debido aos xuízos estéticos que fai o individuo, pasando
da análise de sentimentos á de concepto ou violencia.

A nivelación paralizante conleva unha actividade promocional que caracterizaba os


aspectos da sociedade moderna. Rubert de Ventos, X., Crítica de la modernidad: o
que se nos ofrece (modernindade) son experiencias preparadas, predefinidas (en
palabras de Adorno e Horkheimer: “modelo da industria psicotécnica).

Como consecuencia os individuos desenvolvían patróns de comportamento


compulsivos (característicos dos nenos pequenos). Facer sempre o mesmo, cos
mesmos patróns, todos iguais (característico do primeiro estado da psique humana) →
o que nos ofrece a industria cultural é un patrón regresivo (facer sempre o mesmo).
Emprego da estética a maneira de signo. A transmisión de comportamento da industria
cultural é un patrón regresivo.
3. É un modelo de inversión ou de perversión. O atractivo dunha obra é a
posibilidade de recoñecer unha FÓRMULA, un cliché (así se dá a nivelación
paralizante).
57
3º Xornalismo

Crítica a Adorno: non lle gustaba o jazz porque os patróns rítmicos eran previsibles e
isto era un síntoma de inversión masoquista. Adorno non é un escritor apocalíptico. Para
el, a arte ten unha función primordial: reconciliar ao individuo coa natureza (incluíndo a
natureza e a natureza do individuo). Isto é, non hai escisión entre o obxecto noscente e
noscible e moitas veces é a actividade do suxeito a que condiciona ao obxecto. É dicir,
a relación de coñecemento é dialéctica e creativa, non hai escisión entre o suxeito e o
obxecto.
Cando un individuo ten clichés presenta un comportamento regresivo.

4. Detalle identificador → a identificación dunha obra non se debe a un detalle, senón


que o que o fai significativa é unha estrutura nova. Para Adorno e Horkheimer non
se fala dunha forma nova, se non que a forma é un mapa catastral.

5. Ditadura estilística → calquera ditadura estilística é unha constrición. A dinámica


característica da moda é o cambio arbitrario (revista “Cosmopolitan”, etc).
Preséntase como ruptura. O gusto por unha aceptación arbitraria implica un
sometemento. Non é unha cuestión liberizadora, senón que propicia o autoritarismo.

6. Humor amargo → sarcasmo paralizante. Por exemplo: a historia dun melodrama


dunha muller de Arkansas que traballa en Whasington e namórase do seu xefe.
Non ten os modais da clase alta, ten moito acento, isto implica que rompe co
estereotipo. Detrás do humor amargo atópase a idea inútil do progreso social do
individuo.

7. Falseamento do clásico → o clásico triunfa porque é útil. O clásico: material que


se usa en clases. Dános esquemas que seguen valendo aínda que pasen anos. Os
clásicos eran os libros que se empregaban para aprender cousas, porque eran
útiles. Un clásico é un instrumento útil. Non é atemporal, cando una obra valeu para
reflexionar sobre algo e valeu a outras xeracións resulta un obxecto moi rico. Foron
útiles para diferentes xeracións e tiveron adicións enriquecedoras.

O falseamento do clásico pódese simplificar co falseamento do tráxico. O tráxico en


Edipo rei: alguén cumpre un destino que ninguén desexa (Edipo). A traxedia grega
amósanos personaxes de comportamento admirable. A comedia amosa
comportamentos previsibles/vulgares e personaxes singulares. Edipo fai todo o
posible para evitar o que se lle anuncia.

O clásico non é algo que teñamos que conservar porque si, temos que conservalo
porque é algo valioso e porque foi útil por moitas razóns (modelos de
comportamento).

A Industria Cultural é unha tipificación dos modelos da cultura predominante, é un


modelo de cultura conformista. Aristóteles falou de 3 puntos que conformaban unha
traxedia: prótese, epítese, catástrofe. Hai un poder de conmoción no tráxico porque
algo se desenvolve entre prótese e epítese, non hai a mesma tensión de cando a
acción aínda se está desenvolvendo. Así, a traxedia ten as seguintes partes:
i. Prótese.
ii. Epótese, que pode ser estática ou dinámica → desenvolvense os feitos.

58
3º Xornalismo

iii. Catástrofe. A catástasis atópase entre o desenvolvemento dos feitos e o


final.

O propio do tráxico é evitar o final. O personaxe clásico non é culpable, nunca


comete ningún crime doloso. Por exemplo, Antígona, que intenta harmonizar as
leis.

En definitiva, Adorno e Horkheimer desenvolveron a industria cultural para criticar unha


cultura supostamente popular, pero que era enganosa.

ESCOLA DE FRANKFORT: MARCUSE E BENJAMIN

Estudos de comunicación en Europa, dentro da súa historia, un dos momentos máis


interesantes era a creación da Escola de Francfort, unha cidade mercantil vella que tivo
unha gran importancia en Alemania pola súa posición central estratéxica. En Frankfurt
constituíuse en 1923 Instituto para estudos sociais deedicado a investigacións que
favorecesen a mellora das condicións de vida espirituais. Un deles foi M. Horkheimer,
un sociólogo, e T. W. Adorno, xudeu alemán, filósofo e sociólogo que estaba moi
interesado en cuestións musicais. Dentro da escola destaca tamén o autor H. Marcuse
e E. Fromm. Tamén traballou para esta escola W. Benjamin, tamén xudeu alemán que

Unha das cuestións desta escola era a preocupación porqué xurdiu fascismo.
Produciuse porque antes houbo unha renuncia á sociedade. Z. Bauman dixo que un
partido fascista se crea non para debatir cuestións políticas, senón que é un cadro militar
de xente armada que disparase e inhibise ós obreiros. O Partido Nacional Socialista
Alemán foi o que praxiou malamente a Falanxe Española. A transformación social en
Alemania foi por conta destas accións inhibitorias. O que preocupou a esta escola non
forn as accións de coacción senón que porqué se contiñan os intereses da xente a través
de estratexias. Cando unha parte destes autores lograron estar fóra de Alemania, o que
lles chamou a atención é que unha parte da cultura dos mmcc en EEUU era tamén unha
cultura moi conservadora.

Horkheimer en Teoría tradicional e teoría crítica falaba de que durante moito tempo
había unha ética exposta sistematicamente. Os autores da escola de Frankfurt o que
querían era máis que facer un tratado da natureza humana, o que querían era incidir en
cousas que lles parecínan urxentes e inmportantes. Creron que máis que escribir
tratados, o idóneo era escribir pequenos textos que tivesen incidencia que foran obxecto
de reflexión subxectiva e que cambiasen iso urxente. A maneira era escribir, non trata
os senón ensaios.

Sobre W. Benjamin falou T. Eagleton. Dentro desta forma do ensaio, Benjamin


reflexionou sobre a historia da fotografía en Pequena historia da fotografía. Lembra que
unha gran parte das fotos que facían as familias atopábanse cun estudio que pretendían
representar un ámbito burgués. É moi influínte o seu ensaio A obra de arte na época da
súa reprodución técnica durante moito tempo contemplar unha obra de arte era
contemplalo nun lugar e momento determinado e cun certo calor de reflexión e

59
3º Xornalismo

veneración dun obxecto singular. Co cal os obxectos eran auráticos. A reproducción


técnica permitiu que as obras de arte se coñezan con alteracións escalares ou
cromáticas. E así, estase perdendo esta aura. Benjamin dixo que hai
dous valores na arte: o valor de culto (as pinturas rupestres non estaban no sitio idóneo
para verse) e o valor de exhibición (é patente no teatro, na foto de prensa.

Cando a reprodución técnica chegou ás artes teatrais, ó cinema, a forma de actuar do


actor é completamente distinta. Cando a xente ía ó teatro o que quería era ver como lle
saía a función ó actor. Estaba cambiando a natureza da obra de arte).

Benjamin confiaba moito en que esas obras de arte e a reprodución técnica cambiaría
a extensión da percepción e a facilidade de acceso á arte, aínda que esa arte estaría
desprovista de aurea. Benjamin considou que a reprodución técnica provocaría que a
arte perdera a aurea, e que se perdería a cuestión do culto cando un xa non tivese ese
entorno que lle fai sentir estar contemplando unha obra de arte.

O texto The dialectical imagination de M. Jay foi a primeira historia que se escribiu sobre
a Escola de Francoforte, conta a historia desta escola dende o punto de vista de
Horkheimer. A. Arato e E. Gerbhardt en The Frankfurt school essencial reader. Estes
dous autores foron, dalgunha maneira, herdeiros da escola de Francoforte. Ofreceron
neste libro unha historia dalgúns dos autores desta escola.

En tierra de nadie, T. H. Adorno de MollerDohm.

Manuela Fontana escribiu un libro sobre H. Herzog.

F. Martel en Cultura mainstream.

El gentil monstruo de Bruxelas de Enzersberg.

Hai tamén unha segunda xeración (máximo representante: Habermas) e unha terceira
xeración da Escola de Francoforte. Se hai algo que une a todos estes autores tan
dispares é que todos intentaron analizar a natureza e consecuencias das características
económicas que lle pareceron importantes para as sociedades capitalistas. Intentaron
buscar explicacións dun fenómeno que os desconcertou: o triunfo do fascismo.
Intentaron explicar o declive dos movementos revolucionarios, e tamén as tendencias
autoritarias e burocráticas nas sociedades occidentais. Cando chegaron a EEUU, a fins
dos anos 30, é cando xorde a cuestión da industria cultural, que xurdiu á vista da función
manipuladora do capitalismo avanzado. Algúns din que as teorías dos autores da Escola
de Frankfurt son pesimistas, pero non o son.

Por outra banda, todos os autoes sentiron profunda preocupacion diante dos socialismo
xeneralizados. Algunhas veces falaron do terror mudo. Eles querían criticar e
transformar a sociedade na que vivían, non simplemente suscribila. Características
comúns dos autores da Escola de Francoforte: influencia do pensamento marxista
clásico: para estes autores a estrutura social ten que ver coas bases da estrutura
material e da cultura, xa que a cultura non é plenamente autónoma.

60
3º Xornalismo

A psicoanálise: supuxo unha gran humillación, cando se formou a principios do s.XX,


para os homes dese século. pois era pensar que unha parte da nosa psique non se
podía controlar. O que Freud dixo foi que a actividade consciente si é unha pequena
parte da nosa psique, pero é unha parte importante.

A tradición do pensamento liberal burgués crítico ou crítico revolucionario: entendía que


os deuses non lexitimaban as monarquías. Para eles era un pensamento que reclama
a autonomía do individuo e eles vían isto en crise nas sociedades do fascismo.

O que fai importante a estes autores non é as súas influencias, senón a orixinalidade de
cada un deles. O máis interesante do legado da Escola de Francoforte era a cuestión
da industria cultural, como os mmcc estaban creando o concepto de cultura de masas.
Industria cultural Adorno e Horkheimer escribiron en 1947 a catro mans A industria
cultural. Ilustración como engano de masas. Foron eles os que introduciron este
concepto que foi un ós que máis voltas se lle deu. Ó principio pretendía expor que certa
maneira de xestionar a cultura como produto comercial implicaban facer unha
mercadería de algo que non se tiña como tal.

Xestionábanse os bens culturais para que se convertesen en produtos de entretemento,


en produtos compracentes. O concepto era crítico. Adorno e Horkheimer preocupoulles
que aparente variedade que se transmitían pola radio, nas revistas, no cinema...
gardaba dentro de si moitas analoxías estruturais: transmitir unha cultura conservadora,
pesimista e fatalista.

Houbo unha cultura que lle transmitía á xente unha busca de satisfacción inmediata por
ter confirmado unha serie de clichés que tiñan.

O libro Dialéctica da ilustración foi o libro que escribiron a catro mans estes dous autores
e no que se inclúe o texto ‘A industria cultural. Ilustración como engano de masas’.
Dentro deste libro hai un capítulo que se chama ‘Illamento da comunicación’.

O libro de Adorno e Horkheimer trata sobre a cuestión da Ilustración, que se presenta


como un proxecto de liberación dos individuos. Kant nun texto chamado ‘Que é a
Ilustración?’ dicía que o público exercicio do razoamento tiña por finalidade sacar á
sociedade da súa situación de ignorancia. O segundo gran tratado de Kant foi Crítica á
razón práctica.

O que nos din Adorno e Horkheimer é que probablemente a razón chegou a ter o que
eles chaman momentos alienados porque o que caracterizou o “momento alienado da
razón” é que se confundiu unha parte da razón práctica/razón práctica dirixida a fins
concretos/razón instrumental. O que se fixo foi relacionar sempre a razón xeral coa
razón instrumental. (Un exemplo de razón pura son as matemáticas).

O momento alienado da razón, para Adorno e Horkheimer, entende que a razón


práctica é a razón única.

Outro tipo de razón estética. Kant dicía que a traves do xuizo estético veñen dnha rais
comúnque aínda non acabamos de explorar. Disto falou tamén F. Martínez Marzoa en

61
3º Xornalismo

Desconocida raíz común: os individuos constitúan a súa propia autonomía a través da


reflexión, porque reflexión e sentimento non están illados.

Eagleton lembra tamén como foi a cuestión da estética do sublime a que de súpeto
poderíamos interpretar como un síntoma de que por vez primeira os individuos se
percibían como singularidades libres.

O modelo de cultura de masas que Adorno e Horkheimer atoparon en Am érica e na


Alemaña nos anos 30 era un modelo que lles ofrecía cultura á sociedade. Pero por tras
desa aparente variedade había unha gran pobreza. Se os individuos ofrecían sempre
produtos dunha liberación paralizante. O que ofrecía a industria cultural era un
comportamento compulsivo, é algo que desenvolve en nós unha actitude semellante á
dos nenos. A cuestión do level levaríanos a estar interesados nalgo específico, que os
levaría a ter só unha colección diso específico. O que desenvolve na xente é un
comportamento compulsivo, é a antítese do que sería a cuestión estética.

Adorno e Horkheimer di que na industria cultural non falta inxenio, pero ese inxenio non
se usa para facer innovacións culturais. Crítica da razón instrumental, escrito no exilio
estadounidense. O exemplo fundamental de uso da instrumentalidade é a produción de
armas atómicas para destruír Iroshima. Isto é un
momento alienado da razón, estar usando de maneira xa vencida o instrumento militar.

Que entendemos por dialéctica e porque a dialéctica da Ilustración chegou a ver un


momento alienado?
Cando Adorno e Horkheimer falan de dialéctica afirman que aqueles principios que
intentaban gobernar con racionalidade a sociedade, poden chegar a converterse nos
seus contrarios. Na lóxica están as táboas de verdade, nas que se establece cando un
coñecemento é verdadeiro ou non.

A principal dialéctica, se se pensa en termos lóxicomatemáticos, é verdadeiro ou falso.


Sobre isto falou en 1940 H. Marcuse en Razón e revolución. Moitas veces á hora de
facer análise social, tende a considerar que a análise económica é algo eminentemente
sólido. Pois non advertimos que as cuestións psicolóxicas tamén son cuestións de peso.

Os mmcc difunden estilos musicais, noticias bursátiles... Pero visto dende o punto de
vista de CMiel os medios son unha especia de pegamento social. En opinión de Gaye
Tuchman os medios teñen a función de parar transformacións sociais, introducen á
xente en condutas de forte hábito, en condutas compulsivas (das que fala Horkheimer)
e xeran moitas veces cortinas de fume para que se definan grandes debates.

O libro de M. Jay foi o primeiro que se escribiu na Escola de Francoforte.

O libro La escuela de Fankfurt de R. Wiggerhaus.

No libro de J. L. Pardo Esto no es música. El malestar en la cultura de masas.

62
3º Xornalismo

En Gran Bretaña, S. Csh e C. Lury en Global culture industry fálase de lanzamentos


internacionais que abranxen dende as sagas que lanzan estratéxicamente con
finalidade mercantil.

O lingüista Agustín Fdz Calvo falaba de que os medios de masas formaban masas
illando os individuos, ó facerlles estar pendentes de continuas noticias do 24h e evitando
que reflexione sobre cuestións amplas como 'que entendemos por democracia?'.

O concepto de Adorno e Horkheimer é un concepto temporal. Por dialéctica entendemos


as circunstancias para considerar algo verdadeiro ou falso, é un concepto no que non
entra a temporalidade.

O texto de 'As sociedades nun mundo neoliberal', de A. Callincos.

A cuestión da dialéctica historica pode igualarse á igualdade xurídica, se expón no libro


de Adorno e Horkheimer. Neste texto fala do mito da identidade en Ulises, e que indo á
Odisea podemos reflexionar sobre o mito da identidade individual na sociedade
burguesa moderna. É unha cuestión da que se fala en Dialéctica da Ilustración.

No segundo ensaio, din Adorno e Horkheimer, que o modelo de produción das


sociedades modernas é un modelo de produtividade sádica. Esta cuestión leva a unha
explotación brutal dos recursos naturais e dos individuos. Para falar deste modelo de
produtividade sádica botan man de Sade e as súas obras Justine, Juliette..., que permite
reflexionar sobre o que é o comportamento compulsivo. O comportamento sádico é un
exemplo de comportamento no que un individuo non sabe conter os seus desexos nin
saber darlles formas, nin sequera sabe obter pracer. Nunha relación sádica non hai
relación intersubxectiva, un trata ó outro como unha cousa. Podemos considerar o
sadismo como un comportamento que non sabe ter man de si, non sabe dominarse, e
por iso, dificilmente pode ter pracer. O problema dos sádicos é que é un comportamento
compulsivo. R. Coover falou tamén sobre este comportamento sádico.

O sádico que non sabe controlar o seu comportamento, non busca o pracer, porque eu
busca é unha sensación intensa, e buscan, segundo Adorno e Horkheimer, que 'nin o
máis mínimo buraco deixe de sentir pracer'.

O que hai que preguntarse se o comportamento dos individuos é compulsivo respecto


non só á sexualidade, senón tamén respecto á estética. A concepción de estética que
temos hoxe apareceu por primeira vez nun texto de A. Baumgarten. Dixo que a
percepción que máis pode interesarnos non é só a percepción diáfana, senón un certo
grado de escuridade., é dicir, o que alenta unha percepción activa, que non se ve a
simple vista. A percepción de estética de Baumgartnen é a concepción de estética
moderna. As novelas de Sade tiñan un humor sarcástico. O que caracteriza a estética
no mundo moderno, é que é unha percepción activa e singular.

Durante moitos tempo, para algúns a estética ten relación co fermoso, coa forma. Tamén
durante moito tempo, os gregos consideraron que o estético era aquilo que se
asemellaba a certas formas xeométricas. Isto leva a pensar, que a orde estética para os

63
3º Xornalismo

antigos era unha orde obxectiva, ó igual que a orde política, que tamén tiña que ver con
proporción numéricas. O que é estético para nos hoxe xa non é aquilo que corresponde
unicamente a unha forma. Mesmo a idea do ben para un moderno, non é plenamente
obxectiva, senón que é en parte subxectiva. Pero esta idea de subxectividade
extendeuse plenamente na estética, porque fixo que os individuos acolleran
singularidades libres.

Hai fundamentalmente dous tipos de estética:

▪ A do fermoso: a idea de Aristóteles, por ex.


▪ A do sublime: que se corresponde máis coa moderna. Aquilo que non sabemos
se é intcional ou non, se é formado ou non. Sbre o sublime ía Baumgatnen. Esta
cuestión non foi absolutamente allea ó mundo antiguo. Como exemplo de
estética do sublime é a idea de Longinus. Esta estética é a que procura o
singular.

O texto El fin de la utopía de H. Marcuse dicía que as sociedades técnicamente


desenvolvidastiñan un potencial científico tan grande que permitía que moita xente
puidese sobrevivir ben con poucas horas de traballo, e que así poderían dedicarlle máis
tempo a vivir. No seu libro O home dimensional*? dicía que unha característica das
sociedades avanzadas dos 50 era que se xeran necesidades, e que son secundarias.
Para Marcuse unha parte dos medios funcionaban como sublimación represiva. Que
pasa cando se nos incita a cumprir os desexos? A través da observación dunha serie
de mecanismos Marcuse, Horkheimer, Adorno... preguntáronse se o potencial desas
sociedades modernas era algo que acabase convertindo case nunha promesa de
liberación, de felicidade.

Que caracteriza o comportamento humano para Freud? Que un pode diferir a satisfación
deses impulsos.

O primeiro que dixeron Adorno e Horkheimer é que a aparente diversidade des


industrias culturais era só supercial pois tiñan unha serie de aracterisitas. O exemplo de
industria cultural era o filme de Hollywood, o melodrama de Hollywood.

Características da industria cultural


• A industria cultural caracterízase polo pretexto comercial: a idea de obras
concebidas para gañar diñeiro válelles de coartada ideolóxica.

• A nivelación paralizante: o estético é confrontarnos ó singular, a aquilo que difire.


O que dicíanHorkheimer e Adorno foi quea industria cultural é unha industria
concebida para gustar a certos 'levels'. Para explicar este concepto acudimos ó libro
De la modernidad, de X. Rubert de Ventós, onde conta que hai un produto
concebido para o público, anticipándose ás peticións do público sen ter en conta o
que público poida pedir con claridade. Dicía que seguramente nunha sociedade na
hai tanta cultura mercantilizado, está previamente categorizado o sentimento que
vai causar no público un obxecto cultural. A experiencia estetia vese reducida por
un patrón, por un cliché.

64
3º Xornalismo

Sobre o carácter fetichista na peza musical de Adorno, di que hai moita xente que
non vai acentuada en síncopa (como rock, jazz). Para moitos a percepción estetica
non é atender ó singular, senon que é oertencer a un cliché (escoite o que escoita,
a xente quere escoitalo ' a ritmo de')¿. Adorno denigrou o jazz porque era unha
contrata masoquista (unha estimulación de comportamento pola que unhas persoas
lle atribúen a un obxecto unhas serie de propiedades que non ten). Se se confunde
a experiencia estética co recoñecemento dun cliché estase creando o esquema de
que ese cliché é un fetiche. Supostamente estas formas clichés distínguense entre
si nun detalle identificador. En todas estas obras derróchase enxeño, o que pasa é
que nas obras comerciais este eneño non se emprega para facer cousaas
singulares senón que está sometido a unha ditadura estilística. Hai un gran
derroche de enxeño, impoñen máis un estilo, unha ditadura estilítica, que un ámbito
de creación e innovación.

• Conversión de calquera forma cultural en entretemento: din Adorno e Horkheimer


que a industria cultural xestiona calquera produto para convertelo unicamente en
entretemento e usan a palabra 'amusement'.

• O entretemento era un humor amargo e conformista: o humor do filme


estadounidense da década dos 40 era un humor amargo. Ese conformismo era moi
conservador que quería facer ver ás mulleres que por moito que traballasen nunca
serían unha gran figura. Esta ideoloxía conformista é a que se mediante o humor
amargo.

• Falseamento do clásico: a industria cultura falsea o tráxico. Podemos exemplicar o


falseamento do clásico por medio do falseamento do tráxico? O que fai grande o
personaxe clásico é que se opón ata o final o seu destino fatídico. O que fai
conmovedor o tráxico é que o personaxe é responsable dun erro non intencional,
unha culpa non intencional, e isto resulta aínda máis conmovedor dende o punto de
vista da traxedia. O que caracteriza a traxedia é que no 1 acto se lle presenta ó
personaxe principal un destino horrible, e o tráxico é que se resista e que evite o
horrible. No 2 acto desencadéase a acción, e unha vez desencadeada a acción xa
podemos adiviñar o final tráxico, a catastrophe. Aínda que parece que se pode
evitar, ó final cúmprese o destino. O que se nos transmite na traxedia é ese ethos
de afrontar a.

65
3º Xornalismo

TEORÍA DA CONFIGURACIÓN DA AXENDA

McCombs, M. e Shaw, D., “The agenda setting function of mass media”, Public
Opinion Quaterly, 1972.

McCombs, M. e Shaw, D., “Structuring the Unseen envilloment”, 1976.

Como os medios de comunicación inflúen na opinión pública e como conseguen que se


falen duns temas e non de outros. O primeiro texto no que se trata este tema está escrito
por McCombs e Shaw. Esta teoría, despois dunhas cantas refutacións, segue bastante
vigorosa despois dunhas cantas décadas e existen moitos artigos no que se recolle.

McCombs e Shaw dicían que os medios de comunicación, polo só feito de prestar


atencións a uns asuntos e ignorar outros, orientan a actividade cognitiva e a opinión da
xente. Os medios, por outra banda, xerarquizan os asuntos que trata. Uns, por exemplo,
son de portada, mentres outros aparecen só en breves, polo que sacamos a conclusión
de que hai asuntos maiores e menores que determinan a importancia que este feito
acadará para a sociedade.

Metodoloxía desta teoría exposta por McCombs e Shaw:


• Análise de contido, segundo uns criterios funcionalistas positivistas. Un análise
manifesto, unha análise cuantitativa de manifesto.
• Combinar a análise de contido con diversas enquisas sobre un asunto, xa que
os temas de maior importancia para o público non teñen porque ser os que se
lle impón nos medios (pode haber casos, pero non é así necesariamente).

A hipótese da configuración da axenda é que os medios polo simple feito de crear esta
xerarquía, xa están orientando a opinión da xente. Existen porteiros, redactores que
seleccionan os feitos, outros redactores que escollen que noticias sairán daquelas que
chegan ó medio. Isto conformaría a axenda dos medios. E esta, inevitablemente
conforma a axenda do público. (Ademais, non é igual a axenda dun medio impreso que
dun televisivo). O resultado desta selección e eliminación de asuntos é a Axenda
Setting (Axenda dos Medios).

Levy e Roeh. En “Global news, local newsroom”: Se ben é certo que moitas das
noticias, imaxes e datos que circulan son dunha axencia, os elementos finais que
conforman o texto final diverxe nas distintas redaccións.

Nos 90 a restrición dos temas era máis forte nos medios de Estados Unidosque nos
anos 50, porque naqueles anos os dirixentes saían de facultades de política polo que
pensaban que os medios tiñan que falar de bastantes cousas. Pero cando deixou de ser
así e os dirixentes saían das facultades de economía, solamente buscaban os beneficios
económicos do medio, polo que a información deixou de ter relevancia.

O que nos teríamos que preguntar é se algúns xornais non teñen unha axenda que
depende de certas televisións, pero en xeral, os medios máis determinantes á hora de

66
3º Xornalismo

establecer a axenda temática son os xornais de influencia. Cando dicimos “axenda” non
nos referimos só a uns asuntos estáticos, senón que poden ser asuntos proactivos.

Ambos autores citan a Bernard Cohen. Este quería saber como falaban do
seu país (EEUU) en países estranxeiros. Para iso, colleu unha mostra pequena e
analizou unha mostra de contido pequena (Cohen é o precedente de Benelson, B.).
Analizou as portadas e editoriais de prensa editorial e viu cantas veces aparecía
EEUU ou o nome do presidente; ademais contabilizou tamén as predicacións que
se facían do país. Había dous tipos: positivas e negativas.

Distinguiremos entre axenda dos públicos (que fan entre 7 e 9 asuntos) e a axenda dos
medios, que selecciona e xerarquiza os asuntos (axenda: lista de asuntos
xerarquizados).

Rogers e Dearing, “Agenda setting: where has it been is it going”, en


Communication Yearbook: elaboraron a clasificación das axendas (ademais da dos
medios e a do público):

1. Axenda dos Medios (A. M.)


2. Axenda do Público (ou pública) (A. P.)
3. Axenda dos Políticos (A. PO)

Relación entre as axendas (hipóteses):


1- A. M. inflúe en A. P.
2- A. M. inflúe en A. PO. → un político non pode ignorar do que fala a prensa.
3- A. P. inflúe en A. PO. → un político non pode ignorar o que lle interesa á
xente.
4- A. P. pouca influencia en A. M.
5- A. PO. Inflúe directamente en A. M. → os gabinetes de prensa ofrecen
roldas, informes, etc, para os medios. Algúns medios son moi seguidistas e outros
non.

Factores que determinan a entrada dun tema na axenda:


- Experiencia persoal e interpersoal do público
- Relevancia do tema

67
3º Xornalismo

Cuestións
1. Intencionalidade → segundo se lle dea máis relevancia entre unha axenda e
outra, tamén se lle dará máis importancia á análise de contidos ou ás enquisas.
Percepción de que algo é relevante. Metodoloxicamente, as investigacións das
cuestións da axenda son unha mestura de análise de contido e análise de
enquisas. Hai unha diverxencia entre unha axenda e outra.

2. Ao haber moitas máis emisións hoxe en día, a capacidade da axenda é máis


grande? Si, as axendas son máis diversas. Aínda que os medios a amplíen, a
do público ampliouse? Aumentou a dos medios, pero non tanto a do público.
Este presta pouca atención aos temas de actualidade (capacidade limitada).

Os temas son máis volátiles? Si, posiblemente. Os que son pouco relevantes o son.

Capacidade, volatibilidade, diversidade (McCombs e Hua- Zhu, “Capacity,


priversity and volatility if the public trends from 1954 to 1994” en Public Opinion
Quaterly → artigo no que se analizaba a temática da información televisiva. En 40 anos
a axenda era a mesa ou cambiara? A conclusión á que chegan é que aumentou a
capacidade, xa que nos últimos 40 anos aumentaron os medios de comunicación, tamén
aumentou a diversidade pero, como consecuencia, tamén aumentou a volatilidade dos
asuntos).

A teoría da configuración da axenda é unha teoría sobre a orixe da opinión pública.


As teorías de configuración son dalgunha maneira, herdeiras dos estudos de
gratificacións, xa que pretenden advertir qué é relevante e que non o é. Pero a axenda
dos medios non trata tanto as preocupación da xente como a preocupación das elites.

68
3º Xornalismo

A ESPIRAL DO SILENCIO

Noelle-Neumann, E., “The spiral of silence. A theory of public opinion”, en Journal


of Comunnication, 1974.

Esta teoría da opinión pública publicouse posteriormente no libro La espiral del


silencio, Paidós (España). A teoría da espiral do silencio consiste en que cando a
opinión dun individuo non coincide ca da maioría, este tende a inhibir a súa opinión, por
ser minoritaria. Ao inhibirse, non aparece nos medios, creándose así a espiral do
silencio.

Un individuo ten unha opinión (1) que contrasta coa opinión percibida (2), que está
condicionada polos medios, e coa tendencia da opinión. A tendencia (3) pode ser
crecente ou decrecente (exemplo: independentismo en Cataluña: crecente a opinión a
favor da independencia, decrecente a aceptación das autonomías polos cidadáns//
Pena de morte: crecente a favor da pena de morte // Monarquía ou República? Nos
últimos anos aumenta a tendencia de preferir a República, os medios e artigos en prol
dela).

Antes de expresar unha opinión, un individuo contrástaa coa opinión percibida e a


tendencia percibida. Se esta non coincide, o individuo inhibe a súa opinión (pola presión
social). Así, dependendo da opinión percibida e a tendencia, o individuo expresará ou
non a súa opinión. Se expresa a súa opinión (4) éntrase nunha segunda fase (5), na que
se volven repetir os puntos anteriores (primeira).

Como conclusión, podemos dicir que segundo a teoría da espiral do silencio de Noelle-
Neumann, o medo pode inhibir opinións e as nosas accións sociais están caracterizadas
pola espiral do silencio.

69
3º Xornalismo

Críticas da teoría da espiral do silencio


Simpson, C.: concepción pesimista, debido á súa relación co nazismo. Di que Neumann
proxecta súa ideoloxía, nazi, colaboradora de Goebbels, no escrito. Pretende facer ver
que existen estados de inhibición latente por mor das ideoloxías.

Presupostos da teoría da espiral do silencio

1- Vinculan a expresión individual da opinión.


2- Percepción que teñen os individuos do clima de opinión.
3- Vinculan a comunicación interpersoal e a comunicación social.
- A sociedade ameaza ao individuo co illamento.
- O individuo ten medo ao illamento.
- O medo ao illamento fai que os individuos asintan o clima de opinión.
- Alteración do comportamento en público, normalmente ocasionado por este clima
de opinión.

Para Noelle-Neumann os medios e a sociedade conforman a opinión do individuo. Esta


teoría explicouna para demostrar o resultado inesperado das enquisas das eleccións.
As enquisas non funcionaban porque a xente non expresaba a súa opinión.

Cada vez a xente se desinhibe máis. Na axenda da prensa internacional moitas veces
se eliminan informacións positivas, por exemplo, hai noticias sobre as ditaduras en
África pero non sobre o crecemento económico.

Á hora de estudar a opinión pública, non importa tanto que haxa minorías silenciosas,
senón que haxa minorías que expresen opinión. Isto tamén o di Mosvici, S. no texto
“Silent majorities and loud minorities” en Anderson, J., Communication Yearbook.

70

You might also like