You are on page 1of 7

Xeografía e historia – 1º ESO - tema 7

Nome: Data:

Que é a xeografía?
A ciencia que estuda a Terra e a relación do ser humano con ela

Que son os puntos cardinais? Cales son?


Os puntos cardinais son un conxunto de puntos que representan a orientación na superficie terrestre
ou nun mapa.

- N, S, E, O son puntos cardinais principais


- NE, NO, SO, SE son puntos cardinais
intermedios
- NNE, ENE, ESE,SSE, SSO, OSO, ONO son
puntos cardinais secundarios

Como poden ser as fontes de información xeográfica?


- PRIMARIAS OU DIRECTAS: as obtidas directamente polo xeógrafo
- SECUNDARIAS: as usadas polos xeógrafos pero non directamente creadas por eles.

Que son os documentos de información xeográfica?


Son documentos que amosan información xeográfica e poden ser de varios tipos:
- DOCUMENTOS CARTOGRÁFICOS: mapas, planos...
- DOCUMENTOS AUDIOVISUAIS: fotos, vídeos, anuncios...
- DOCUMENTOS GRÁFICOS: gráficas de liñas, de sectores...
- DOCUMENTOS ESCRITOS: táboas, textos...
A información que se presenta dixitalmente, chámase SIX (Sistema de Información Xeográfica)
Os documentos cartográficos

Un mapa é unha representación da Terra, NON A TERRA.

Para representar a terra, que ten unha forma esférica, precisamos facer unha proxección da mesma e,
polo tanto, distorsionase a realidade
Podemos representar a Terra de moitas maneiras diferentes:
O sistema de proxección máis usado é o MERCATOR, orientada cara o norte e co centro en
Europa.

A proxección de GALL-PETERS, mostra os países subdesenvolvidos de maneira máis grande.


Todas as maneiras de representar a Terra son correctas, pero sempre e cando non as mesturemos. E
todas elas nos axudan a ver a realidade que nos rodea, a diversidade cultural...

As proxecións poden ser:


Escalas
As escalas mostran a relación entre o tamaño de un obxecto na realidade e nun plano.
As Lendas recolle a relación entre os signos do mapa e os elementos da realidade que representan.
Os mapas topográficos amosan elementos naturais e artificiais
A súa característica principal é que indica tamén a altitude a través de liñas de nivel.

Mapas temáticos: mostran un tema en particular en unha área xeográfica determinada.


Poden ser de dous tipos:
Cuantitativos: representan cantidades de un elemento en un determinado espacio
Cualitativos: representan características de un elemento en un determinado espacio (clima,
tendas, campos de fútbol...)
De distribución:
- corocromáticos (mostran información cualitativa por medio de cores)
- coropletas (mostran información cuantitativa con diferentes cores)
- isoliñas (mostran información cuantitativa por medio de curvas)
- símbolos (usa distintos símbolos para amosar información, p.ex. O mapa do tempo)
- símbolos proporcionais (mostran información cuantitativa usando símbolos de distintos
tamaños en función da información)
Mapas de frechas: amosan o movemento dun lugar a outro a través da dirección da frecha.
Poden ser tamén “mapas de frechas proporcionais”, que mostran información mediante a variación do
tamaño da frecha.

Todos eses mapas poden combinarse, entre si para amosar a maior información posible.

Plano Urbano: é unha representación dun lugar que se distingue dun mapa en que usa unha escala
maior
Gráficos
Buscan representar a evolución dun fenómeno no tempo ou a distribución deste.
Poden ser de tres tipos: liñas, barras e sectores

COMENTAR UN DOCUMENTO XEOGRÁFICO


- Decir que tipo de documento é (gráfico, cartográfico...)
- Identificar a fonte ou autor
- Identificar o tema
- Resumir a información
- Dicir unha conclusión (polo tanto......)
- Dar unha opinión razoada (eu penso que...)
1. Sinala os puntos cardinais nesta rosa dos ventos e indica se son principais, intermedios ou
secundarios.

2. Indica que tipo de proxeción trata cada imaxe das seguintes:

3. Sinala cal é o “Mapa Mercator” e cal o “Gall-Peters” e indica por que o sabes.
4. Que é un mapa temático? E un topográfico?

5. Indica a que tipo de mapa temático corresponde cada un dos seguintes mapas.
6. Fai un comentario do seguinte mapa temático

You might also like