You are on page 1of 2

XEOGRAFÍA HUMANA

TEMA 1 - XEOGRAFÍA HUMANA. OBXECTO. EVOLUCIÓN.

a. Xeografía a ciencia do territorio.

1.1. Que é a xeografía?:


A xeografía na actualidade forma parte das ciencia sociais e ten como obxectivo central de estudo a superficie
terrestre e dentro deste a relación entre o ser humano e a natureza a través do tempo (describir as
características territoriais).
Ademais disto, a xeografía analiza as accións positivas e negativas do Home sobre o espazo terrestre.
A ciencia da xeografía é unha ferramenta fundamental e imprescindible para ter unha visión e unha comprensión
integral do poblema ambiental.
O termo xeografía significa: descripción da terra que estuda os fenómenos físico, biolóxicos e humanos
acontecidos sobre a superficie da Terra; ademais de tamén investigar as causas que os producen e as súas
relacións mutuas.

1.2. Historia da xeografía:


Nos seus comezos a xeografía formouse a través dos pensadores, viaxeiros e exploradores das diferentes
civilizacións como necesidade de coñecer os espazos, ben fose por necesidade ou curiosidade do
desenvolvemento da poboación.
Os inicios da xeografía parten de viaxes e exploracións que descifraban e describían as características do que
os rodeaba, os primeiros estudos explicaban mediante documentos e información territorial a relación do Home
co medio (carcaterísticas naturais do territorio).
Persoeiros relevantes para a xeografía:

● Herodoto ( 425 - 485 a.C ): é unha figura importante xa que considérase como o un dos primeiros
xeográafos da historia xa que realizou traballos topográficos, culturais e rexistrou os modos de vida de
diversos pobos e rexións do mundo coñecido naquel entón.

● Aristóteles ( 384 - 322 a.C. ): quen fixo as primeiras aproximacións da Tera Cmomesfera, aínda que tivo
pequenos erros debido ás ferramentas e coñecementos do momento estes foron case imperceptibles.

● Eratósteles ( 276 - 194 a.C. ): fixo varios intentos por calcular a circunferencia do planeta e creou os
primeiros mapas de coordenada dos territorios para poder moverse.

● Estrabón ( ca. 64 a.C. - 24 de.C. ): foi un filósofo e historiador grego que elavorou os primeiros tratados
sobre xeografía recollidos na súa obra Xeografía (de máis de 15 tomos), nela describiu o Imperio
romano detalladamente (os romanos preocupábanse moito polas carcaterísticas do terreo que querían
invadir para poder conquistar de xeito máis favorable os territorios).

● Ptolomeo ( - ): recompilou os coñecementos dos gregos, realizou interesantes mapamundis e


elaborou unha obra chamada Guía xeográfica. Ademais de preocuparse por recrear e coñecer o
espazo a nivel mundial.

● Vikingos ( - ): fixeron importantes viaxes e exploracións debido á navegación (construiron barcos de


madeira debido á abundancia desta), método que precisaban e empregaban para poder saquear e
invadir outros territorios debido ás difíciles condicións climatolóxicas de Escandinavia (frío, complexo
desenvolvemento dos cultivos, illamento…).

● Árabes:
● Al Mugaddas ( 945 - 988 ): metodoloxía de traballo de campo climatolóxico.
● Al Idrisi ( 1099 - 1180 ): formulou novas clasificacións climáticas ( o máis importante a nivel
xeral).
● Ibn Khaldum ( 1332 - 1406 ): creou as bases da Xeografía histórica.

Estaban especializado en xeral no ámbito climatolóxico debido a que a eles este factor os delimitaba debido ás
altas temperaturas, a aridez do solo, a escaseza de auga, desertización… que provocaban un difícil cultivo
agrícola.

● As viaxes de Marco Polo (s.XIII), as cruzadas cristiáns e as exploracións de europeos (principalmente


españois) tiñan obxectivos diferentes de ata o momento. Por isto a partires deste momento comezan a
inventarse instrumentos innovadores de navegación, observación e métodos para crear novas
proxeccións cartográficas e mapas do mundo que ilustraban as novas terras e como chegar ata elas.

No s.XIX debido á gran cantidade de información que xorde, vóltanse a realizar exploracións de caracter
científico cara as terras invadidas no s.XVI, vólvese a a moitos territorios e espazos para analizalos
exhaustivamente e de xeito diferente para poder entender e facer sobre o mesmo diferentes actuacións. Como
por exemplo:

● As grandes exploracións e os “novos” mundos:


● Varenio ( 1622 - 1650 ): divide a xeografía xeral en dúas clases de xeografía:
● Características físcas: relevo, elementos naturais…
● Cararcterísticas relativas/humanas: elementos rexionais vinculados aos procesos humanos.
● Kant ( 1724 - 1804 ): a ciencia é indispensable para o coñecemento e entendemento do ser
humano.

You might also like