You are on page 1of 1

Interactiva 1 - Xeografía humana - 1º Historia Jaime Iglesias Díaz Grupo 1

Interactiva 1: Ensaio ao redor da figura de Élisée Reclus

O seguinte ensaio estará baseado principalmente nos textos expostos en clase: o prólogo da obra de
Élisée Reclus “O home e a Terra”, na que o autor reflexiona sobre a xeografía e a historia nun tempo
de crise aguda; e un artigo de Lorenzo López Trigal, no que o escritor medita sobre as aportacións de
Friedrich Ratzel, o considerado “pai da xeografía humana”. A partir de ambos escritos pódese
establecer unha relación entre a xeografía e a historia, dúas ciencias que variaron constantemente ao
longo do tempo, sobre a que falarei neste ensaio.

Nun primeiro momento podería parecer que xeografía e historia son dúas disciplinas que se ocupan
de ámbitos distintos. Con todo, é innegable que son dúas doutrinas complementarias, non pode existir
unha sen existir a outra. A súa relación é tan estreita que non é posible acadar un coñecemento
completo da historia sen dispoñer de coñecementos previos de xeografía e viceversa. Deste xeito,
escribe Reclus: “... así como a superficie da Terra nos presenta incesantemente fermosas paisaxes que
admiramos con toda a potencia do ser, do mesmo modo o curso da historia móstranos na sucesión
dos acontecementos escenas admirables de grandeza que nos ennobrecemos coñecéndoas ...”
(E. Reclus, O home e a Terra, 1906). É por iso que non poderíamos imaxinar a historia sen un contexto
xeográfico e á inversa, pois non chegariamos a comprender por que se orixinaron acontecementos
como guerras, invasións, revolucións, etc. que contaron con importantes factores xeográficos que
actuaron como causante.

Máis alá desta perspectiva, ao longo da historia demostrouse que o compoñente xeográfico é
indispensable, ademais de para a historia, para un Estado. Este compoñente xeográfico será o utilizado
por Ratzel para interpretar aos Estados como “seres vivos” (introducindo o concepto de Estados
orgánicos), que loitan polo espazo, pois, seguindo ao propio xeógrafo: “a tendencia a ocupar espazos
cada vez maiores encóntrase na esencia do mesmo progreso”. Será este pensamento un dos principais
baluartes que utilizará posteriormente a Alemaña nazi para explicar a súa expansión territorial. Así,
un concepto xeográfico acuñado por Ratzel: o Lebensraum ou “espazo vital”, foi adoptado como nexo
esencial do expansionismo alemán durante o goberno nazi. Cúmprese deste modo unha das leis
fundamentais que introduce Reclus: a busca do equilibrio

A observación da Terra explícanos os acontecementos da historia, e esta fainos volver á súa vez cara
a un estudo máis profundo do planeta

Un concepto xeográfico, Lebensraum (espazo vital), acuñado por Ratzel, influiu na historia e foi
adoptado como nexo principal do expansionismo alemán durante o goberno nazi.

You might also like