You are on page 1of 9

Máster de filosofía: coñecemento e cidadanía.

Materia: Pensamento e discurso.


Cruz Fernández González.

A característica universal de Leibniz no proxecto ilustrado.


A filosofía, en xeral todo o pensamento científico acada un punto álxido durante a
Modernidade e a Ilustración. Esa foi quizais a última vez que os pensadores foron quen de
achegarse globalmente dentro dun mesmo sistema, a tódalas grandes cuestións e problemas da
humanidade: a ciencia e a filosofía non son aínda disciplinas separadas; o dereito, a teoloxía, a
matemática, a lóxica, áreas que dende ese momento de constitúen independentemente, na
modernidade poden ser aínda abordadas por un mesmo individuo que dese modo, incorporaba unha
perspectiva unificada e moi enriquecedora. Leibniz foi sen dúbida aun dos máis grandes pensadores
nos que se materializa esta unidade. Falamos dun autor excepcionalmente brillante, tanto pola
intensidade como pola gran variedade de temas nos que manifestou interese. Na súa prodixiosa
mente, as matemáticas, a metafísica, a lóxica, a filosofía da linguaxe, e por suposto a ética, a
política e a teoloxía, formaban parte dunha única e maxistral organización sistemática. Estamos ante
unha figura extraordinaria, que transcende con moito a súa época.
Por esa razón cando nos adentramos na obra deste autor advertimos como as súas grandes
preocupacións aparecen reflectidas en todos os seus textos, independentemente de cal sexa en
principio a disciplina predominante. Nos grandes achados científicos no eido da física e da
matemática, nos que Leibniz é considerado un dos máis grandes da historia da humanidade está
presente unha proposta metafísica e subxace unha actitude ética e unha concepción teolóxica. Isto
mesmo sucede cun dos grandes proxectos de Leibniz ó longo de toda a súa vida; a característica
universal que consiste na elaboración dunha linguaxe racional, loxicamente consistente que sexa
capaz de incorporar a exactitude e claridade do cálculo matemáticos e así favorecer o entendemento
universal. Nunha carta a Jean Gallois Leibniz escribe:

En ese tiempo, (...) meditaba sobre las cosas, y sobre todo soñaba con mi viejo propósito de una
lengua y escritura racional de la cual el menor efecto sería la universalidad y la comunicación de
diferentes naciones. Su verdadero uso sería el de pintar, no la palabra como dice el señor de Brebeuf
sino los pensamientos y el de hablar al entendimiento antes que a los ojos. Pues si la tuviéramos tal y
como yo la concibo podríamos razonar en metafísica y en moral poco más o menos como en
geometría y en análisis, porque los caracteres fijarían nuestros pensamientos, demasiado vagos y
demasiado volátiles en esas materias, donde la imaginación si no fuera por medio de esos caracteres
no nos ayuda. (Leibniz, 2011, p. 17).

Temos que sinalar aquí que Leibniz ademais de científico, matemático e filósofo extraordinario foi
un home moi implicado nas vicisitudes políticas do seu tempo: formou parte das sociedade
intelectuais, Real academia das ciencias de París, ente outras. Traballou para as grandes nobrezas
europeas, Maguncia, Hannover, incluídas as casa reais: para o rey francés desempeñou un posto
diplomático coa finalidade de evitar conflitos bélicos; tamén foi conselleiro de Federico de Prusia e
de Pedro o grande de Rusia. Leibniz sempre avogaba por unha paz fundamentada na unión das
nacións e o entendemento entre os pobos. Nese sentido cabe sinalar o súa excelente relación co
movemento xesuíta embarcado daquela na evanxelización de China e Xapón. Leibniz mostrouse
moi interesado en comprender a organización desas culturas e civilizacións tan dispares e distantes
da nosa. O autor amósase así perfectamente integrado no paradigma ilustrado, en particular na
pretensión de converter a razón humana en fundamento para o coñecemento e a dominación da
natureza, así como para lograr unha organización social entre os seres humanos, un proxecto que
abarcaba a toda a humanidade.
O presuposto ontolóxico de Leibniz coincide co da modernidade, afirmando que a realidade
responde a unha estrutura lóxica e matemática, pois son eses os elementos cos que se configura a
razón humana, e son tamén a linguaxe coa que Deus creou o mundo. Para Leibniz toda a creación
era obra dun mesmo Deus e tódolos seres humanos compartiamos o uso da razón, o instrumento por
excelencia que nos permite, tanto a comprensión da natureza, como o entendemento entre os
individuos. Tódolos conflitos, as guerras, a violencia, non son máis que a consecuencia dun mal uso
da razón, dunha falta de entendemento e de comprensión. Unha linguaxe racional, que incorpore a
claridade e exactitude da lóxica matemática, capaz de neutralizar os malentendidos sería polo tanto
a ferramenta capaz de lograr a paz e a concordia entre os pobos.

O soño dunha linguaxe universal.


Non foi Leibniz o primeiro pensador que buscaba unha linguaxe universal para garantir o
entendemento entre os pobos. Sinalemos os máis importantes e que supoñemos influíron
directamente no noso filósofo.
• Agostino de Hipona menciona unha chamada lingua de Adán, que seria unha suposta
linguaxe natural, común a tódolos seres humanos e anterior a calquera división idiomática. A
idea parte dunha cita bíblica, en particular Xénese 2, 19, que recolle o momento en que Deus
mostra ó home tódalas criaturas da terra e lle encarga que lles poña nome. Ese nome
orixinario pertence a unha lingua natural, a lingua de Adán, que sería a que de maneira máis
pura se corresponde cos pensamentos e que dalgún xeito permanece aínda nas nosas mentes.
• A relixión xudía utiliza o mesmo fragmento do Xénese para defender que esa lingua adánica
primeira é precisamente o hebreo, o que explicaría o seu carácter sagrado. O hebreo sería
tamén a lingua utilizada por Deus para a creación, a lingua coa que se comunicaba co home,
e na que ese mesmo Deus redacta a Biblia. O interesante da tradición xudía é que incorpora
a cabalística na que se introduce o número e o cálculo como elemento importantes na
semántica e na gramática. É moi plausible que os textos cabalísticos influíran en Leibniz e
no seu modelo de característica universal matemático.
• Outro autor co que Leibniz mantén unha forte polémica pero que ó mesmo tempo influíu
moito en el, foi Descartes. Este filósofo defende a chamada Mathesis universalis, que intenta
aplicar o modelo da matemática (en particular a aritmética e a xeometría) para calquera
outra forma e coñecemento. En particular, Leibniz recoñece en Descartes o valor do método
analítico, a idea de dividir os problemas ata atopar os primeiros principios, os que para
Leibniz serán os simples, ou na súa metafísica posterior, as mónadas. Leibniz comparte con
Descartes tamén a idea de que o pensamento debe seguir un camiño seguro e ordenado,
como un fío de Ariadna, metáfora apuntada por Descartes en Regras para la dirección del
espírito e recollida por Leibniz para describir o camiño do pensamento correcto. (Leibniz,
2011, p. 17). Dentro deste marco, a lingua universal debera ser o mecanismo sincronizado
co noso pensar, capaz de facer visible ese camiño do razoamento:

si se pudiesen encontrar caracteres o signos aptos para expresar todos nuestros pensamientos tan
neta y exactamente como la aritmética expresa los números, o como el análisis geométrico
expresa las líneas sería posible hacer todo lo que es posible en aritmética y geometría en todo
tipo de materias, en la medida en que están sujetas a razonamiento. Todas las investigaciones que
dependen del razonamiento se harían por medio de la transposición de dichos caracteres y
mediante una especie de calculo. (...) todo el mundo tendría que convenir en lo hallado o
concluído puesto que el cálculo sería fácil de verificar. (Leibniz, 2011, p. 22).

• Un último autor de destacada influenza en Leibniz foi Ramón Llull. O filósofo mallorquín
protagoniza catro séculos antes que Leibniz, un intento de elaboración dunha linguaxe
racional na que as verdades e falsidades se poñerían de manifesto por si mesmas. O
obxectivo de Llull era a defensa do cristianismo buscando o entendemento entre as tres
relixións monoteístas: Islam, Xudaísmo e por suposto o Cristianismo. É precisamente esa
aspiración conciliadora a que compartirá Leibniz. Pero de Llull Leibniz recolle tamén o
propio mecanismo de elaboración da linguaxe, a partir da arte combinatoria. Trátase dunha
idea desenvolvida en Dissertatio de arte combinatoria, un texto escrito por un novísimo
Leibniz de apenas 19 anos que en 1666 acababa de chegar a París tras o seu paso tamén moi
fugaz pola Universidade de Jena. Aquí aparece por primeira vez o proxecto da característica
universal así como o fundamentos ontolóxico da realidade que o sustenta.

A dissertatio de arte combinatoria.


En Dissertatio de arte combinatoria Liebniz desenvolve en forma de 12 problemas toda
unha serie de cuestións en torno á Combinatoria, a parte da matemática que estuda as diferentes
formas de reordenar e reagrupar os elementos dun conxunto. O autor define os números
combinatorios, Combinacións, Variacións e Permutacións, e enuncia as súas principais propiedades,
elaborando tamén unha serie de táboas con cálculos Os resultados obtidos por Leibniz, salvo
pequenas cuestións formais, son totalmente válidos na actualidade.
Mais a Dissertatio, malia o que poida parecer, non é un libro de matemáticas senón de
metafísica. Para Leibniz os Entes son un Todo formado por Partes, polo tanto, para coñecer o Ente é
necesario descompoñer o Todo nas partes, e analizar cal é a disposición que estas teñen no Ente, ou
sexa, analizar a relación. Toda a metafísica posterior de Leibniz está presente xa aquí. Para Leibniz
a realidade está formada por elementos simples (que máis adiante chamou as mónadas),
combinados de diferentes maneiras. Por iso, un instrumento a priori matemático, como é a
Combinatoria se descubre como o que é capaz de dar conta da realidade última das cousas

Así el mismo Todo (y así el número y la totalidad) puede romperse en partes como totales menores,
este es el fundamento de las Complexiones (...) Así aparecen dos géneros de variaciones: las
Complexiones y el Lugar. Y tanto la Complexión como el Lugar pertenecen a la metafísica, es decir,
a la doctrina del Todo y de las Partes si son considerados en si mismos” (Leibniz, 2015a, p. 551).

A Combinatoria é a maneira de coñecer os Entes, de analizar a súa constitución e a súa


variabilidade. Cando Leibniz demostra un resultado de Combinatoria, o que está mostrando é como
se organizan as cousas, como están constituídas. Por iso, os problemas e as súas solucións, pese ó
que poida parecer, non son matemáticos senón metafísicos.
O texto recorre exhaustivamente as formas matemáticas da Combinatoria formulando as
cuestións, enunciando os teoremas e aportando resultados, pero sen demostracións propiamente
ditas. Onde Leibniz está a poñer máis interese é na exposicións da proposta ontolóxica que xustifica
o estudo da Combinatoria. Así nas definicións preliminares, Leibniz explica os conceptos de
Complexións, Variacións, pero tamén define que é unha Clase de cousas: un “Todo menor" (unha
clase) é o conxunto das partes que se distribúen para formar un outro “Todo” (Leibniz, 2015a, p.
555). Ademais, os dous últimos problemas da Dissertatio fan referencia ó cálculo das Variacións
útiles e inútiles (Leibniz, 2015a, p. 636), o que nos coloca fóra da especulación matemática 1. Pero o
que ten máis importancia é o que Leibniz chama os Usos, ou sexa, os diferentes exemplos e
aplicacións que desenvolve despois da solución a cada problema. Como afirma Mary Sol Mora “En
los Usos de la Combinatoria se encuentra ya todo Leibniz, sólo le falta el conocimiento de las
matemáticas que adquirirá en París y la experiencia que obtendrá a lo largo de su vida en todos los
1 Unha variación útil é aquela que dá lugar a unha colocación compatible coa esencia de cada unha das partes. Como
exemplo, Leibniz aplica as combinacións á maneira en que Aristóteles deduce os catro elementos, por medio das
combinacións das catro calidades: seco, húmido, frío, quente. Unha complexión inútil é aquela na que dous
contrarios aparecen xuntos. Por exemplo seco-húmido. Por iso nas combinacións de 4 elementos tomados de 2 en 2,
C(4,2)= 6, temos que eliminar as que fan coincidir os contrarios: seco-húmido, frío-quente. Así quedan catro, os
catro elementos: seco-frío: terra; seco-quente: lume; húmido-frío: auga; húmido-quente: aire. (Leibniz, 2015a, p.
562)
demás ámbitos.” (De Mora, 2015, p.73). Porque eses Usos son a demostración do presuposto
ontolóxico leibizniano que se manterá dende estas primeiras obras. Citemos como curiosidade
algúns deses “usos” da combinatoria.
• A colocación dos convidados a unha mesa: unha aplicación das Permutacións con Ciclos
(Leibniz, 2015a, p. 620).
• A elaboración dun sistema criptográfico que permita codificar calquera membro dentro da
árbore de consanguinidade (Leibniz, 2015a, p. 611).
• A fabricación de pechaduras con código de apertura. (Leibniz, 2015a, p. 605).
• Na musica: calquera composición musical pode entenderse como Combinación con
repetición das sete notas2 (Leibniz, 2015a, p. 628).
E por último o “uso” que nos interesa principalmente aquí. O uso XI, que ten que ver directamente
coa linguaxe e o que será o proxecto da característica universal.

De aquello que hemos discutido acerca del Arte Combinatoria (...) fluye como un Porisma el uso o
aplicación XI: Una Escritura Universal, esto es, inteligible para cualquiera que pueda leer o sea
versado en alguna lengua.(...) Los Términos primitivos a partir de los cuales todos los otros se
constituyen en un complejo, serian designados con una notación, y esa notación sería casi el alfabeto.
(...) Esta escritura universal sería tan fácil como común, y podría leerse sin ningún léxico, e
igualmente se obtendría un conocimiento fundamental de todas las cosas (Leibniz, 2015a, pp. 601-
602)

Leibniz comeza recollendo a proposta de Llull, que pretendía compoñer tódalas


proposicións a partir da combinación dos conceptos simples, organizados en seis clases de nove
elementos cada unha (Leibniz, 2015a, p.586). En termos matemáticos o resultado son as
combinacións de nove elementos de 6 clases que dan como resultado: [CS(9)]6=(29-1)6=5116.
Leibniz recoñece o valor da proposta de Llull, mais non comparte nin o número nin o tipo de
conceptos escollidos polo mallorquín.

La verdad es que echo de menos muchas cosas en los Términos Llullianos.(...) Determinó
arbitrariamente el número de los Términos (...) ¿Porque omitió la belleza, o la figura, por qué el
número? Debería haber añadido muchos más predicados relativos por ejemplo, Causa, Todo, Parte,
Requisito (Leibniz, 2015a, p. 588).

O que Leibniz valora é a idea de elaborar unha linguaxe máis perfecta, combinando
conceptos simples usando a Combinatoria. Pero el vai moito máis lonxe que Llull. Leibniz non
establece un límite de conceptos simples, senón unha Clase de cousas, que define como “un Todo
menor que consta de las cosas convenientes para un tercero <Todo> determinado” (Leibniz, 2015a,
p. 555). Hai unha Clase de cousas para cada Todo, formada polas partes simples ou primitivas que

2 Deberan ser doce notas, mais Leibniz non inclúe as alteracións.


conforman ese Todo. Leibniz non combina os conceptos, como facía Llull, senón as partes simples.
O proceso é denominado por Leibniz, “análise”.

Por tanto, queda adoptado el análisis, para que quede manifiesto a partir de qué pueden ser
concluidas todas las cosas y para que se constituyan los predicamentos e incluso la materia de esta
Arte. Y este análisis es: (I) dado cualquier Término, se resolvería en partes formales, o sea, se
pondría su definición; además estas partes de nuevo en partes, o sea, la definición de los términos de
la definición hasta que se llegue a las partes simples, o sea a los términos indefinibles.(...) Hallados
todos los Términos primitivos, se pondrían en una clase, y se los designaría con algunas notas; lo
más cómodo será numerarlos (Leibniz, 2015a, p. 590-91)

Cada concepto pode ser analizado e descomposto nas súa partes simples. O número desas
partes pese a ser moi grande é finito. Leibniz establece un mecanismo para asignar a cada unha
desas partes simples un valor numérico de maneira que a relación entre os conceptos se corresponda
con relacións numéricas. Na Dissertatio Leibniz clasifica os elementos simples dun “Todo” en
clases, e a asignación numérica fai referencia a pertenza a unha clase en particular: así a Clase I está
formada por tódolos conceptos simples que poidamos obter da descomposición de calquera
concepto. A Clase II estaría formada por tódalas Combinacións de dous elementos a partir dos
primitivos da Clase I; a Clase III polas Combinacións de tres elementos; a Clase IV polas de catro; e
así sucesivamente. A asignación numérica para un elemento da Clase I se corresponde co lugar que
o simple ocupa na clase. Para os da clase II, dado que son termos formados por combinacións de
dous elementos da Clase I, se lles asigna un par de números que indican, onde cada un indica a
posición na Clase I dos elementos primitivos que o conforman. A partir de aí, para as clases III, IV,
V... os termos denótanse cunha fracción, onde o Denominador refire a Clase onde está o termo e o
Numerador o lugar que ocupa na clase (Leibniz, 2015a, pp. 591-92).
Por exemplo:
Clase I: {a(1), b(2), c(3), d(4)}
Clase II {ab(1,2), ac(1,3), ad(1,4), bc(2,3), bd(2,4), cd (3,4)}
Clase III {abc (1/2,3) ou (1,4/2), abd (1/2,4) ou (1,5/2), bcd (4/2,4) ou (2,6/2)}

O interesante deste procedemento é que Leibniz trata de adxudicar un código numérico a


cada termo, polo que os conceptos poden traducirse a unha linguaxe numérica coa que poder operar.
As proposicións analízanse a partir dos termos simples implicados no suxeito e no predicado.
Temos así un mecanismo para construír tódalas proposicións verdadeiras, a saber aquelas para as
que o suxeito deba estar contido no predicado, o que é posible determinar analizando os os códigos
numéricos:
Esto establecido, se pueden hallar todos los sujetos y predicados, tanto afirmativos como negativos,
tanto universales como particulares. Pues dado un sujeto, los predicados son todos sus términos
primitivos; igualmente todos los originados por los primitivos más próximos, cuyos términos
primitivos están todos en el dado(...) En una proposición universal, los sujetos de un Término dado
son, todos los términos originados en los cuales está contenido totalmente el Término dado ( Leibniz,
2015a, pp. 592-93).

As proposicións verdadeiras constrúense de dúas maneiras:


1. Dado un termo que tomamos como suxeito, os predicados cos que ese suxeito conforma
unha proposición analítica son tódolos termos simples que compoñen o suxeito, e todas as
complexións que se poden facer con eses termos simples. Deste modo garantimos que os
termos simples do predicado estarán presentes no suxeito e a proposición será analítica
(Leibniz, 2015a, pp. 592-93).
2. Dado un termo que tomamos como predicado, os suxeitos cos que ese predicado conforma
unha proposición analítica son os termos formados por tódalas Complexións de elementos
simples en xeral, que conteñan un Caput (parte fixa) formada polos elementos simples do
termo que tomamos como predicado (Leibniz, 2015a, p. 593).
Deste modo Leibniz perfecciona o mecanismo elaborado por Llull que tiña como obxectivo detectar
as falacias e os erros na comunicación. Os elementos primitivos máis simples están de forma innata
nas nosas mentes, non cabe desacordo respecto deles. O resto se reduce a un problema de
combinatoria e de cálculo. Un análise numérico, máis ou menos complexo bastaría para determinar
que proposicións son falsas e cales non, polo tanto, calquera desencontro podería solucionarse. Non
é de estrañar o entusiasmo de Leibniz polo seu descubrimento

Los caracteres que expresan todos nuestros pensamientos compondrán una lengua nueva (...) muy
difícil de hacer pero muy fácil de aprender. Pronto la aceptará todo el mundo gracias a su gran
utilidad y a su sorprendente facilidad y servirá de maravilla para la comunicación entre pueblos
distintos lo cual contribuirá a que sea aceptada. Los que escriban en esa lengua no cometerán errores
(...) esta lengua tendrá una propiedad maravillosa consistente en tapar la boca a los ignorantes pues
solo se podrá decir y escribir en esa lengua aquello que se entienda. (...) Me atrevo a afirmar que este
es el último esfuerzo del espíritu humano. Cuando este proyecto sea llevado a cabo a los hombres no
les quedará más que ser felices puesto que dispondrán de un instrumento que servirá para promover
la razón como el telescopio sirve para perfeccionar la vista (Leibniz, 2011, p. 23).

O fracaso da característica universal.


Leibniz adica ó longo da súa vida unha gran cantidade de escritos á elaborar as diferentes
propostas de linguaxe universal. Do que se trata en definitiva é de poder analizar a verdade ou
falsidade das proposicións en base a unha análise lóxico matemática convertendo un problema de
comunicación nun problema de cálculo. En ocasións vai depurando a maneira de adxudicar o valor
numérico. Nun texto posterior á Dissertatio, Leibniz asigna a cada termo simple un número primo.
Así os compostos correspóndense con produtos de primos, e a análise de conceptos faixe por
descomposición factorial. Un suxeito e un predicado nunha proposición verdadeira deben compartir
factores primos, en particular, o predicado debe “dividir” ó suxeito, e o suxeito debe ser un
“múltiplo” do predicado. Por exemplo, se animal é 2 e racional 3, entón, home é 6=2·3. A
proposición “O home é racional” (6 é 3) é verdadeira pois 3 divide a 6. (Leibniz, 2015b, p.51).
Independentemente das diferentes propostas de lóxica de caracteres que Leibniz elabora en moi
diferentes escritos, o que se mantén é o presuposto ontolóxico de fondo, a mesma que xa aparece na
Dissertatio, a saber, a posibilidade de analizar os conceptos en función dos elementos simples que
os conforman, así como das relacións numéricas entre os caracteres asignados, convertendo
calquera problema de comunicación nun problema de cálculo.
Supoñemos que Leibniz foi dolorosamente consciente da inconmensurabilidade dun
proxecto desta magnitude. Por esa razón son moi abundantes as referencias á característica
universal en multitude de cartas a amigos, colaboradores, e en especial a posibles patrocinadores
nas que o autos se espraia explicando as excelencias dun proxecto no que amosa dende o primeiro
momento unha fe conmovedora. Así describe o proxecto nunha carta a Juan Federico, duque de
Hannover, a quen Leibniz escribe solicitando precisamente o patrocinio do nobre señor.

Se trata de esta lengua o Característica Universal, a la que acostumbro a llamar la pintura de las
cosas, el inventario de los acontecimientos y el juez de las controversias. Es el gran órgano de la
razón, que llevará las fuerzas del espíritu tan lejos como el microscopio ha empujado las de la vista
(...) podrá aprenderse en pocas semanas (...) Nos proporcionará el medio para calcular en cualquier
materia como en la aritmética (...) Todos los errores no serán mas que errores de cálculo (...) O soy el
hombre más equivocado del mundo, o esta invención acabará por completo con las dudas de los
escépticos sobre la luz natural y la recta razón (Leibniz, 2011, p.36).

Pese a todos os intentos e a fe cega do autor na importancia desa linguaxe universal, Leibniz non foi
quen culminar a súa elaboración. Catro séculos despois, o proxecto da lingua esperanto como
linguaxe universal construída artificialmente para facilitar a comunicación entre os pobos, parece
recoller o legado de Leibniz. A diferenza fundamental é que o esperanto non pretende ser en ningún
momento unha linguaxe formal, de exactitude e precisión matemática como aquela á que aspiraba
Leibniz. Por outro lado na actualidade estamos nun paradigma moi diferente do da Ilustración, e o
presuposto ontolóxico da modernidade fai moito tempo que foi amplamente superado. Con todo
calquera proposta con ese afán conciliador, que pretendera favorecer o entendemento entre os pobos
seguiría a ser un proxecto defendible hoxe en día, e recollería o que quizais sexa unha das herdanzas
máis valiosas da Ilustración: a de conseguir a concordia e o entendemento entre todos os seres
humanos.
Bibliografía.
• LEIBNIZ G. (2011). Escritos científicos y filosóficos. Madrid: Gredos.
• LEIBNIZ G. (2015a). Obras filosóficas y científicas. Escritos matemáticos 7B. Textos
matemáticos. Granada: Comares.
• LEIBNIZ G. (2015b). Obras filosóficas y científicas 5. Lengua universal, característica y
lógica. Granada: Comares.
• DE MORA, M. S. (2015) “La matemática de Leibniz un caso especial”. Llull. Revista de la
sociedad española de la ciencia y de las tecnicas. Vol. 38, nª 81, pp.71-99.

You might also like