You are on page 1of 24

2.

A representación da
Terra

1
Unha profesión soñada

Ao saír das súas actividades


extraescolares, Mateo
adoita pasar as tardes na
oficina do seu pai. No ratiño
que está alí, fai os deberes,
toma a merenda e, ao
rematar, ponse a ler algún
libro. Ás veces, pasa o
tempo pensando que é un
gran aventureiro como
Tadeo Jones e imaxínase
descubrindo tesouros e
descifrando enigmas.

Un día, esqueceu o seu libro


de lectura na casa e púxose
a buscar, pola oficina
adiante, outro que lle
gustara. Na súa procura
atopou un atlas vello, de hai
moitos anos, e decidiu
botarlle unha ollada.
Pasando as páxinas,
detívose a contemplar o
mapa de España. Decatouse de que, ao ser un libro antigo, os distintos territorios do
seu país non viñan representados igual que na actualidade.

Foi así, con este atlas, como Mateo comezou a pensar nas posibles viaxes de Mateo
Jones e as súas aventuras. Caeu na conta de que, para localizar os lugares aos que
quería viaxar, precisaba mapas e outros recursos. Todo isto propiciou que se
interesase pola cartografía: saber como se levaban a cabo os mapas e quen os
deseñaba, cal era o significado das lendas, a importancia das cartas mariñas para
2
piratas, corsarios ou grandes descubridores como Marco Polo, Colón, Magallanes,
Cartier, Vasco de Gama, James Cook...

O soño de Mateo é atopar algún día, cando sexa un explorador e cartógrafo famoso,
un lugar novo ao que lle poida pór o seu nome. Ese día, será a persoa máis feliz do
mundo.

Mateo proponvos un reto


Investigade quen son eses grandes descubridores dos que nos fala Mateo, e procurade algún
máis. Por grupos, facede unha pequena presentación en PowerPoint para ampliar
coñecementos.

Se queres saber máis sobre a cartografía e como funciona, podes entrar nas seguintes páxinas
que Mateo che recomenda:

Instituto Xeográfico Nacional

Mapas: Produtos cartográficos

Institut Cartogràfic i Geològic de Catalunya

Información Xeográfica de Galicia

Cartografía oficial

3
4
Coordenadas terrestres

Mateo quere seguir estudando e ser un cartógrafo famoso. Para iso, cada día
infórmase un pouco máis sobre cal é exactamente o traballo que terá que realizar e
que elementos interveñen no mesmo.

O primeiro que descubriu é que, para poder localizar un lugar no mapa, é moi
importante saber cales son as súas coordenadas terrestres. Para coñecelas, tivo que
ter en conta factores como: os paralelos, os meridianos, a latitude, a lonxitude, os
polos, o ecuador...

Así que Mateo púxose mans á obra e recompilou información sobre todos estes
factores, e así contar cos coñecementos necesarios para poder realizar o seu traballo.

Os paralelos
Os paralelos son circunferencias ou liñas imaxinarias paralelas ao ecuador que
rodean á Terra.

Estas liñas son as que marcan a latitude, é dicir, a distancia que hai desde un punto
da superficie terrestre ata o ecuador. Mídese en graos, minutos e segundos (xa que o
noso planeta é unha esfera), e poden chegar aos 90º nos polos. Hai latitude norte e
latitude sur, dependendo de se o punto do que falamos se sitúa ao norte ou ao sur do
ecuador.

O ecuador denomínase tamén paralelo 0º ou principal. É, polo tanto, unha liña


imaxinaria que percorre á Terra e a divide en dúas metades, denominadas
hemisferios (hemisferio norte e hemisferio sur).

Ademais do paralelo 0º, existen outros catro paralelos principais: dous no hemisferio
norte e dous no hemisferio sur.

5
No hemisferio norte atópanse o Trópico de Cáncer e o Círculo Polar Ártico.

No hemisferio sur atópanse o Trópico de Capricornio e o Círculo Polar


Antártico.

Entre os dous Trópicos sitúase a zona tropical ou cálida do planeta. Entre os trópicos
e os círculos polares está a zona temperada, e entre os círculos polares e os polos, as
zonas frías.

Os meridianos
Os meridianos son circunferencias ou liñas imaxinarias perpendiculares aos paralelos
que unen ambos os dous polos.

Estas liñas son as que marcan a lonxitude, é dicir, a distancia que hai desde un punto
da superficie terrestre ao meridiano cero, medida no ecuador. Mídese en graos,
minutos e segundos, chegando ata os 180º.

Hai lonxitude leste e lonxitude oeste, dependendo da situación respecto ao


meridiano de Greenwich.

6
O meridiano de Greenwich é o meridiano de referencia que pasa polo observatorio de
Greenwich (Londres), en Reino Unido.

Fusos horarios
Os fusos horarios son cada unha das 24 franxas imaxinarias dunha hora nas que se divide a
Terra. Cada un deles equivale a 15 graos de lonxitude, polo tanto, cada 15 graos hai unha hora
de diferenza. Tendo en conta o movemento da Terra, se nos desprazamos de oeste a leste
debemos sumar unha hora e, polo contrario, se viaxamos de leste a oeste restaremos unha
hora.

7
Mateo proponvos un reto
Se Mateo estivese na illa de Madagascar, en que fuso horario se atoparía con respecto á hora en
Galicia?

Coordenadas xeográficas
Cada lugar que hai no planeta é único. A forma que temos de amosar esta
singularidade é asignándolle un valor numérico. Para poder facer isto, contamos tanto
coa latitude como coa lonxitude.

Agora que, ademais, xa sabemos que son o ecuador xeográfico e o meridiano de


Greenwich, podemos trazalos sobre un plano da Terra ou un globo terráqueo,
dividíndoo en catro partes iguais ou cuadrantes:
8
1. Cuadrante superior esquerdo: latitude norte, lonxitude oeste.

2. Cuadrante inferior esquerdo: latitude sur, lonxitude oeste.

3. Cuadrante superior dereito: latitude norte, lonxitude leste.

4. Cuadrante inferior dereito: latitude sur, lonxitude leste.

9
Os planos

O interese de Mateo pola cartografía foi crecendo co paso do tempo. Foise


interesando cada vez máis por todo o que tiña que ver con ela. Deste xeito, descubriu
os mapas e os planisferios, así como as diferentes partes das que están compostos.

Que é un plano
O plano é unha representación esquemática e cartográfica, en dúas dimensións e a
determinada escala dun determinado espazo, como pode ser unha vivenda, un
parque, unha aula do colexio...

Represéntase a realidade de forma esquemática e, dependendo do que esteamos a


representar, temos diferentes tipos de planos. Algúns deles son: o ortogonal, o lineal e
o irregular.

Plano ortogonal
Este tipo de plano utilízase para representar, normalmente, cidades cuxas rúas se
realizaron en ángulo recto.

10
Plano lineal
Veñen representadas localidades alongadas, moitas delas próximas ás estradas.

11
Plano irregular
Este tipo de plano representa territorios que non teñen unha forma definida.

Elementos dun plano (ou mapa)


LENDA: Rectángulo colocado nalgunha esquina do plano no que se explica o significado dos
diferentes símbolos (vexetación, habitantes, clima...).

ESCALA: A través dela coñecemos a relación entre o representado no plano e a súa equivalencia
coa realidade.

ORIENTACIÓN: Liñas que permiten situarnos e coñecer a posición dos elementos representados
segundo os puntos cardinais: norte, sur, leste e oeste. Os puntos cardinais poden representarse
a través dunha frecha que indica sempre onde está o norte.

TOPONIMIA: Trátase do conxunto total de todos os nomes de cidades, aldeas, rúas... que
aparecen nos planos e mapas.

12
Mateo proponvos un reto
Buscade unha ruta da vosa contorna e indagade se hai planos de rutas de sendeirismo para
facer. Se os atopades, preparade unha excursión coa vosa familia para unha fin de semana ou
organizade unha saída na clase coa axuda dun guía.

Tedes que estudar ben o plano, a súa lenda, a escala e as liñas de relevo que indican a altitude e
a orientación que ides seguir.

13
Os mapas

A segunda vez que Mateo acudiu á oficina do pai, volveulle botar unha ollada ao atlas
tan marabilloso que alí había. Desta vez, tomou nota dos distintos mapas que contiña,
fixándose nas súas semellanzas, nas súas diferenzas e o que se representaba en cada
un deles, posto que non todos os mapas que existen son iguais.

Mateo deuse conta de que nos mapas podemos representar moitas cousas, e non só
un país ou un continente.

Que é un mapa
Un mapa é unha representación xeométrica sobre unha superficie plana da Terra ou
dunha parte dela, vista desde arriba e representada a escala.

Un mapa é un esquema da realidade. Por esta razón, tres características resaltan en


todos os mapas:

Selección da información relevante de acordo cos obxectivos do mapa.

Transformación da imaxe en tres dimensións a unha de dúas.

Esquematización da realidade.

Dependendo do que se queira amosar, existen tres tipos de mapas: político, físico e
temático.

Mapa político
Este tipo de mapa amósanos como se dividen os estados, as comunidades, as cidades,
as localidades... Ademais, están indicadas as capitais e/ou cidades importantes.

14
Mapa político

Mapa físico
Os mapas físicos representan os elementos máis importantes do relevo: montañas,
vales, ríos, mesetas e demais accidentes xeográficos.

15
Mapa físico

Mapa temático
Son mapas con datos sobre determinados temas (vexetación, clima, estradas,
organización territorial, gandaría, etc). Deste xeito, temos unha gran variedade de
mapas temáticos. A continuación indícanse algúns deles e o tipo de información que
conteñen:

Climático: datos sobre chuvias, precipitacións, temperaturas...

Histórico: representan os feitos que aconteceron nun territorio.

De comunicacións: información sobre estradas, autovías, ferrocarrís...

Demográfico: conteñen información sobre as características dun territorio e


da súa poboación.

16
Mapa temático climático

17
Mapa temático demográfico

Mapa temático histórico

18
Globo terráqueo
Ademais dos mapas, tamén utilizamos o denominado globo
terráqueo para representar a superficie terrestre. Este
permite a súa representación sen distorsionar as formas ou as
distribucións dos diferentes territorios, aínda que non nos
permite ver toda a Terra dunha única vez.

Co globo terráqueo o que podemos observar son os polos, o


ecuador, os distintos paralelos e meridianos, e os cinco
continentes cos seus diferentes países, mares e océanos.

O uso do atlas
Un atlas é unha colección de mapas e cartas xeográficas reunidos nun libro. Podemos
utilizalo para consultar onde se sitúa ou como é algún territorio que nos interese.

Os atlas soen presentar un índice ao comezo no que se recolle toda a toponimia


(nomes de lugares). Cada lugar aparece cunha referencia, que é a que debemos ter en
conta para buscar o territorio desexado, posto que se corresponde coa páxina do atlas
na que se atopa representado.

19
As escalas

Sobre a cartografía e a representación da Terra, a Mateo só lle quedaba por coñecer


que son as escalas. Si, eses debuxos e indicacións nos mapas que nos permiten saber
cal é a equivalencia entre a realidade e o debuxado no mapa ou plano.

Mateo cría que todas as escalas eran iguais para todos os mapas. Pero seguindo coa
análise do atlas da oficina do pai, deuse conta de que estaba equivocado.

Escala gráfica
Vén representada por unha barra dividida en segmentos de igual lonxitude.

A través da barra, amósase a relación entre a distancia real e a representada, que se


acostuma indicar en quilómetros (km).

É dicir, se a barra mide 3 cm e no mapa indícase que equivale a 24 km, iso significa
que 1 cm do mapa equivale a 8 km na realidade.

20
Escala numérica
Esta escala indica a proporción que existe entre a realidade e o mapa a través dunha
fracción. Indícase en centímetros (cm).

Por exemplo, se temos unha escala 1:25.000 quere dicir que 1 cm do mapa equivale a
25.000 cm na realidade.

Glosario

Atlas
21
Atlas
Colección de mapas e cartas xeográficas nun volume.

Cartografía
Ciencia ou técnica da elaboración de cartas e planos xeográficos, mapas, etc.

Coordenada
Cada unha das magnitudes que determinan a posición dun elemento nun sistema.

Ecuador
Liña imaxinaria que rodea á Terra e que a divide en dúas partes iguais, os hemisferios.

Eixo terrestre
Liña imaxinaria arredor da que xira a Terra.

Escala
Indicación que serve para medir ou obter as proporcións de algo.

Escala gráfica
Represéntase mediante unha regra pequena para calcular distancias sobre o mapa.

Escala numérica
Denominador que amosa a relación entre o valor real e o valor no mapa.

Fuso horario
Cada unha das 24 partes nas que se divide a superficie terrestre para establecer a
hora común a todos os puntos nela situados.

Globo terráqueo
Representación do planeta Terra realizada sobre unha esfera.

22
Hemisferio
Cada unha das dúas metades dunha esfera dividida por un plano que pasa polo seu
centro.

Latitude
Distancia angular que hai dun punto da superficie terrestre ao Ecuador, que se mide
en graos e se expresa dicindo que o punto en cuestión está a tantos graos de latitude
norte ou sur.

Lenda
Pé explicativo que acompaña unha imaxe, un mapa, un plano, etc.

Lonxitude
Distancia en graos que hai desde un punto da superficie terrestre ao meridiano cero,
medida no Ecuador.

Mapa
Representación gráfica a escala da Terra ou dunha parte dela, polo xeral nunha
superficie plana, onde se describe a súa xeografía ou se localiza un fenómeno,
construción, etc., por medio de símbolos convencionais.

Mapa físico
Representación dos accidentes xeográficos diferenciados na superficie terrestre:
montañas, ríos, etc.

Mapa político
Representación dividida dun territorio: países, provincias, etc.

Mapamundi
Mapa que representa toda a superficie da Terra.

Meridiano 23
Meridiano
Cada un dos círculos imaxinarios que pasan polos dous polos da Terra.

Orientación
Determinación do lugar ou da posición en que alguén se atopa con respecto aos
puntos cardinais ou a outro punto calquera de referencia.

Paralelo
Cada un dos círculos imaxinarios da esfera terrestre paralelos ao Ecuador.

Planisferio
Representación sobre un plano a escala reducida da totalidade da superficie terrestre,
sen que se presente separada en hemisferios.

Plano
Representación esquemática, en dúas dimensións e a determinada escala, dun terreo,
unha poboación, unha máquina, unha construción, etc.

Polo
Cada un dos dous extremos do eixe imaxinario de rotación da Terra (Polo Norte e Polo
Sur) ou doutra esfera calquera.

Signo convencional
Calquera cousa que, por convención ou por unha relación natural, fai lembrar,
representa ou indica outra.

Toponimia
Conxunto dos nomes de lugar dun país, rexión, etc.

24

You might also like