You are on page 1of 94

1.

O Universo e o Sistema
Solar

1
Para co
Para comezar

Como poderías explorar o que hai máis aló do noso planeta?

Que obxectos esperarías atopar se te afastases moito da Terra? Como cres que
son eses obxectos?

Coñeces o significado de Universo? Como se formou?

O Universo e
o Sistema Solar
Os seres humanos levámonos preguntando durante milleiros de anos pola orixe do
Universo. Xa as culturas antigas realizaron importantes observacións astronómicas e
propuxeron modelos que describían o Universo. Por exemplo, os maias pensaban que
existían sete ceos superpostos e outros sete niveis subterráneos nos que residían
deuses e demos. Pola contra, para os exipcios o Universo era unha caixa alongada .

Esta curiosidade fixo que ao longo da historia foramos aprendendo cada vez un
pouquiño máis dese inmenso lugar no que nos atopamos, o Sistema Solar, que forma
parte de algo aínda máis grande, inmenso, o Universo.

Queres coñecelos mellor? Acompáñanos nesta unidade para descubrir algúns dos
seus segredos.

2
O noso
O noso proxecto

3
O proxecto
Ao longo do curso realizaremos diferentes proxectos relacionados con outras asignaturas por
un nexo común. O nexo de unión neste primeiro trimestre é a gastronomía.

Nesta unidade comezamos coas tarefas para ese primeiro proxecto, dun xeito global.
Trataremos o Universo na aula. Consiste na creación dunha exposición que tratará temas
relacionados co Universo, o Sistema Solar ou o planeta Terra.

Antes de poñernos mans á obra debemos ter claro que é unha exposición: trátase dunha
presentación ordenada de obxectos que será vista por un público. É un acto comunicativo, xa
que mediante ela transmitimos saberes e coñecementos.

Nesta unidade definiremos as características que debe ter a exposición e na próxima


poñerémonos mans á obra para facer os módulos.

Como este proxecto queda enmarcado dentro dun máis amplo levado a cabo nas
diferentes materias sobre alimentación, na seguinte unidade imos construír o primeiro
módulo da exposición, que tratará sobre a alimentación dos astronautas.

Na terceira unidade crearemos os demais módulos e expoñerémolos para que o voso


público poida aprender co traballo que realizastes.

Listos para comezar a construír a vosa exposición? Para facilitarvos esta tarefa guiarémosvos
con actividades que vos mostrarán os pasos a seguir. Comezamos!

Paso a paso

1. Traballamos xuntos. Pensade nalgunha exposición que visitarades ou accedede


a estas páxinas de visitas virtuais:

4
Exposición virtual do Museo Nacional de Ciencias Naturais.

Tomando como referencia as exposicións que coñecedes, entre todos,


contestade estas cuestións:

Credes que os módulos das exposicións están relacionados?

Credes que seguen algunha orde?

A información que se transmite en texto é moi extensa?

2. Traballamos xuntos. Tendo en conta o que aprendestes na actividade anterior,


describide como ten que ser unha boa exposición.

5
Nun in
Nun inmenso Universo

Con só levantar a vista cara ao ceo de noite podemos ver esa multitude de puntiños
luminosos. Todos nós sabemos que son estrelas e planetas que aparecen e
desaparecen día tras día.

Desde tempos antigos ata a actualidade


foron moitos os novos datos que se
foron descubrindo sobre a bóveda que
está enriba de nós.

Temos moita información sobre o


Universo pero, aínda así, cando
levantamos miramos o ceo, eses milleiros
de puntiños brillantes dannos unha idea
da súa inmensidade e de todos os
interrogantes que quedan por
responder.

6
Sabías que...?
Podes explorar a inmensidade do Universo usando aplicacións como Google Sky.

Explora o ceo con esta aplicación e descobre que son eses puntiños luminosos que vemos no
ceo. Despois anímate a intentar identificalos durante unha noite despexada.

Observando o Universo
Para tentar resolver eses interrogantes desenvolvéronse aparatos, técnicas de
observación e instrumentos que nos dan información de zonas cada vez máis amplas,
daquilo que está máis alá dos nosos ollos. Vexámolos.

Telescopios
Os telescopios son instrumentos que nos Autoría: Pachango
permiten ver obxectos afastados. Son
unha ferramenta fundamental na
astronomía porque permiten estudar a
natureza e localización dos corpos
celestes. Os telescopios son capaces de
captar a luz ou ben outros tipos de
radiación como os raios X, a
infravermella ou a ultravioleta.

Moitos telescopios permiten observar o


Universo desde a superficie da Terra.

Outros, os telescopios espaciais,

7
sitúanse en satélites artificiais ou
sondas espaciais que observan os corpos
celestes desde o espazo. Fronte aos
telescopios que operan desde a Terra,
presentan a vantaxe de que non sofren
os efectos da contaminación lumínica nin
as deformacións que a atmosfera

Os telescopios poden ter


diferentes graos de
complexidade. Nesta
fotografía vemos O Gran
Telescopio, localizado nas
Illas Canarias, que foi
inaugurado en 2009.
terrestre provoca nas imaxes capturadas. En contraposición, teñen un custo máis
elevado e unha vida útil menor.

8
Sabías que...?
O telescopio espacial Hubble orbita arredor da Terra dende 1990. Captura e envía imaxes e
datos que están sendo de grande importancia para a comprensión do Universo.

Galaxia do Sombreiro, imaxe captada polo Hubble.

Outros exemplos de telescopios espaciais son Herschel ou Plank.

Sondas espaciais
Son dispositivos que se envían ao espazo para estudar corpos do noso Sistema Solar.
Están programadas para tomar fotografías ou para analizar a atmosfera ou superficie
dun corpo celeste.

9
Nos últimos anos enviáronse sondas a diferentes puntos do Sistema Solar para
explorar planetas, satélites, asteroides ou cometas. A medida que a tecnoloxía foi
ofrecendo novas posibilidades puidéronse acadar puntos máis afastados.

New Horizons, por exemplo, é unha sonda espacial que chegou a Plutón no verán do
2015 para estudar este planeta anano e as súas lúas. Durante a longa viaxe cara a
Plutón, recolleu ademais información de interese sobre outros corpos do Sistema
Solar.

Por exemplo, nesta secuencia de imaxes, New Horizons documentou a existencia


dunha nube de gases duns 330 quilómetros de altura que expulsa un volcán da lúa Ío
de Xúpiter.

Misións tripuladas
As misións espaciais tripuladas levan a bordo persoas ou, incluso, animais. Como
sabes, a bordo van os astronautas, que son os encargados de cumprir os obxectivos
da misión. Realizan experimentos científicos, exploran corpos celestes ou fan calquera
outra actividade que requira da presenza humana no espazo.

Foron levadas a cabo por países como Estados Unidos, a Unión Soviética e Rusia, a
República Popular China, Brasil, Canadá, India e algúns países de Europa.

Medindo o Universo
Ademais de instrumentos especiais para analizar o Universo, debemos empregar
medidas concretas para medilo, debido ao seu inmenso tamaño. Non podemos
empregar medidas de lonxitude como o metro ou o quilómetro. Vexamos por que os
substituímos.

O ano luz
O ano luz é unha medida de lonxitude que equivale á distancia percorrida pola luz
durante un ano.

A luz viaxa a unha velocidade de 299 792,458 (case 300 000) quilómetros por segundo.

Tendo en conta o número de segundos que hai nun ano e a velocidade da luz podemos
10
calcular os quilómetros que percorre a luz nese tempo: 9 460 730 472 580
quilómetros. Polo tanto:

1 ano luz 9,5 billóns de quilómetros

Para facernos á idea do que supón esta cifra podemos pensar neste exemplo. O Sol e
a Terra atópanse a unha distancia de 150 000 000 de quilómetros. A luz que nos está
chegando agora mesmo foi emitida tan só hai oito minutos e medio polo Sol; é dicir,
oito minutos e medio luz. Unha distancia moito menor que un ano luz.

A unidade astronómica
Unha unidade astronómica, UA, é outra unidade de lonxitude. Equivale á distancia
media que separa a Terra do Sol.

A unidade astronómica é menor que o ano luz, xa que corresponde a uns 150 millóns
de quilómetros, exactamente 149 597 870,7.

1 UA 150 millóns de quilómetros

Para reflexionar

1. Que é máis grande, unha unidade astronómica ou un ano luz?

2. Calcula cantas unidades astronómicas son, aproximadamente, un ano luz.

11
3. Proxima Centauri é a estrela máis próxima ao Sol. Está a unha distancia de
4,22 anos luz.

A cantas unidades astronómicas está esta estrela?

4. A que distancia aproximada, en billóns de quilómetros, se atopa?

5. Cando miras cara ao ceo e ves esta estrela, cres que a ves tal e como é
agora mesmo?

12
6. Realiza os cálculos que precises e despois une.

3 anos luz 75 millóns de quilómetros

2,5 UA 375 millóns de quilómetros

10 anos luz 28,5 billóns de quilómetros

0,5 UA 95 billóns de quilómetros

7. Para ampliar. Na páxina web da NASA ou da Axencia Espacial Europea podes


atopar información das misións que están levando a cabo.

Selecciona unha misión de cada unha destas ligazóns e di cal é o seu obxectivo.

8. Para reflexionar. Tendo en conta o número de misións espaciais que puidestes


observar na actividade anterior, discutide se credes que as concepcións sobre o
Universo e o Sistema Solar poderían cambiar nos próximos anos.

13
Compo
Compoñentes do
Universo

O Universo é enorme, de feito non se sabe onde remata, se é que ten un fin.

O que si sabemos é que o seu tamaño foi cambiando, xa que desde o comezo da súa
existencia expándese a gran velocidade. Componse de galaxias separadas por
grandes espazos baleiros.

As galaxias organízanse en cúmulos e estes en supercúmulos.

Galaxias
A grande escala, o Universo está formado por galaxias e grupos de galaxias.

Son as estruturas máis grandes nas que se organiza a materia dentro do Universo:
agrupacións de estrelas, planetas, po e outros elementos que se manteñen unidos
polo efecto da forza da gravidade.

Se as observamos cun telescopio verémolas como manchas luminosas de diferentes


formas.

A nosa galaxia
A Terra é un dos planetas que forman o Sistema Solar. Localízase dentro dunha galaxia
en forma de espiral chamada Vía Láctea.
14
Autoría: European Southern Observatory (ESO)

A Vía Láctea é a galaxia na que se atopa o noso Sistema


Solar. Podemos observala desde a Terra como unha franxa
pálida que cruza o firmamento. Esta fotografía foi tomada
nunha zona libre de contaminación luminosa, en Nevada.

Forma parte dun grupo dunhas trinta galaxias que se denomina Grupo Local.

Dentro das galaxias


Nebulosas
Dentro das galaxias podemos observar distintos elementos. Un deles son
as nebulosas, rexións nas que se acumulan gases e po. Son lugares de grande
importancia porque é aquí onde se forman as estrelas ao condensarse e agregarse a
materia.

Na seguinte ligazón podes ver un vídeo da nebulosa da Aguia.

15
Nebulosa da Aguia, coñecida como os Pilares da Creación,
localizada a uns 7000 anos luz da Terra. As primeiras
fotografías desta nebulosa foron tomadas en 1995 polo
telescopio espacial Hubble. Case vinte anos despois
tomouse estoutra con maior resolución.

Estrelas
As estrelas son enormes esferas de gas que se atopan a temperaturas moi elevadas.
Producen luz e enerxía mediante un proceso denominado fusión nuclear, durante o
cal elementos lixeiros combínanse para dar lugar a outros máis pesados,
desprendéndose ao mesmo tempo unha cantidade enorme de enerxía.

Non todas as estrelas son iguais. Hainas de diferentes tamaños, brillos e cores.
Ademais, teñen diferentes idades. Nacen e morren.

De feito, se miramos cara a eses puntiños luminosos, haberá veces que esteamos
vendo unha estrela que xa morreu. Por que? A luz que emite viaxa a 300 000 km/s
pero tarda moito tempo en chegar á Terra, polo que pode ocorrer que vexamos unha
estrela xa morta. Do mesmo xeito, ás veces, podemos non ver estrelas que xa naceron

16
porque a súa luz aínda non chegou ao planeta.

Ao redor dunha ou varias estrelas poden orbitar diferentes obxectos para formar un
sistema planetario.

A Terra é un planeta que pertence a un sistema planetario, o Sistema Solar, que ten
unha soa estrela, o Sol.

Onde parece que non hai nada


Entre as estrelas, planetas e outros corpos que forman parte das galaxias pode
parecer que non hai nada. Porén, isto non é así. Este espazo contén pequenas
cantidades de gases e po. Ademais, hai numerosos tipos de radiación (como a
radiación ultravioleta, os raios X, a luz visible ou os raios cósmicos) e campos
magnéticos.

E ademais, a misteriosa materia escura


A materia ordinaria, a que todos coñecemos, forma parte de todo o que nos rodea,
incluso de nós mesmos. A parte máis pequena deste tipo de materia é o átomo.

Algúns científicos pensan que debe existir outro tipo de materia, que chaman materia
escura. Non se pode ver e non se sabe exactamente como é, pero sosteñen que está
repartida por todo o Universo.

A existencia da materia escura podería explicar fenómenos como a forma na que a luz
viaxa polo Universo ou o modo en que as galaxias se manteñen unidas.

17
Actividades

1. Elixe a opción correcta en cada caso.

a. Son as estruturas máis grandes nas que se organiza a materia


dentro do Universo. Manteñen a súa estrutura polo efecto da
gravidade.

Nebulosas Sistema planetario

Estrelas Galaxias

b. Rexións das galaxias nas que se acumulan gases e po e nas que


se forman as estrelas.

18
Nebulosas Sistema planetario

Estrelas Galaxias

c. Conxunto formado por unha ou varias estrelas ao redor das que


orbitan diferentes corpos.

Nebulosas Sistema planetario

Estrelas Galaxias

d. Corpos celestes constituídos por unha enorme esfera de gas


que producen luz e enerxía por un proceso de fusión nuclear.

Nebulosas Sistema planetario

Estrelas Galaxias

2. Selecciona que hai dentro dunha galaxia.

Estrelas.

Sistemas planetarios.

Nebulosas.

Materia escura.

3. Que esperarías atopar dentro da Vía Láctea? Cres que hai algo entre os
elementos máis grandes que a forman?

19
4. Para reflexionar. Esta imaxe representa a Vía Láctea, a nosa galaxia. Fíxate
que ten forma de espiral. Entón, por que cando a vemos desde a Terra
parece só unha liña que cruza o ceo?

20
21
A orixe
A orixe do Universo

O Universo está formado por todo aquilo que se pode ver, detectar, medir ou sentir.
Inclúe seres vivos e obxectos inertes como estrelas ou planetas, luz, campos
magnéticos, tempo... Antes da aparición do Universo non existía a materia, o espazo
nin o tempo.

Vexamos algunhas ideas sobre o Universo propostas en diferentes épocas.

Ideas sobre o Universo


Se miramos cara ao ceo de noite podemos pensar que estamos quietos e que as
estrelas e a Lúa se moven sobre nós. O Sol sae polo leste e ponse polo oeste, unha vez
ao día.

Un estudo máis detallado dos corpos celestes permite observar movementos máis
complexos. Por exemplo que os puntos polos que sae o Sol e a Lúa varían ao longo do
ano, os planetas presentan movementos diferentes ás estrelas ou que algunhas
constelacións só se ven en certas épocas do ano.

Estas observacións deron lugar a modelos que intentaban explicar o Universo


coñecido. Destacan dous:

O sistema xeocéntrico
Este modelo propoñía que a Terra era o

22
centro do Universo e o resto dos corpos
celestes, incluídos o Sol e a Lúa, xiraban
ao seu redor. Este modelo foi aceptado
ata o século XVI.

Permitía explicar a sucesión dos días e


das noites e os movementos da maioría
das estrelas.

Pero había fenómenos que non era


posible explicar, como o movemento dos
planetas ou que o Sol parece realizar un
percorrido máis amplo no verán que no
inverno.

O sistema heliocéntrico
No século XVI, Copérnico propuxo un novo modelo que ao principio non tivo moita
aceptación. Defendía que o Sol era o centro do Universo, en lugar da Terra.

As principais ideas que defende este modelo son:

O Sol ocupa o centro do Universo e os planetas, incluída a Terra, xiran ao


redor del.

A Terra describe dous movementos: un de rotación, ao moverse sobre si


mesma, e outro de translación, ao xirar ao redor do Sol.

A Lúa xira ao redor da Terra.

Este novo modelo foi moi polémico e durante moito tempo rexeitado. Pero, Galileo, un
científico da época, construíu un instrumento novidoso, o telescopio, co que
confirmou a veracidade do modelo. Defender que o Sol ocupaba o centro do Universo
supúxolle ser condenado pola Inquisición. Se queres coñecer máis detalles sobre a súa
historia podes consultar a seguinte noticia.

A orixe do Universo, o Big Bang


A teoría do Big Bang é a máis aceptada actualmente para explicar a orixe do Universo.

23
Nos anos vinte, Edwin Hubble observou que as galaxias se estaban afastando unhas
doutras a grande velocidade. Esta observación marcou un antes e un despois na
concepción do Universo.

As galaxias afástanse unhas doutras porque o espazo que hai entre elas medra, como
se o Universo se tratase dun globo que se está inchando.

Pensa no seguinte: se o Universo se expande e as galaxias se separan, significa que


no pasado estaban máis xuntas. Se retrocedemos moito no tempo as galaxias
chegarían a fusionarse. Se retrocedemos aínda máis formaríase un punto diminuto no
que se concentraría toda a materia, a enerxía e o resto de compoñentes do Universo.
Este punto coñécese como singularidade inicial, un punto extremadamente denso e
quente.

O Universo formaríase a partir da singularidade inicial cunha grande explosión, un Big


Bang. Desde esa explosión o Universo expándese.

Aínda que a explosión ocorreu hai uns 13 mil ou 14 mil millóns de anos, o primeiro
segundo despois do Big Bang é clave; nel trazouse o borrador do que é o Universo
actual. A partir da singularidade inicial, aquel diminuto punto, apareceu a enerxía, o
tempo, o espazo, a materia e as forzas. Naqueles primeiros instantes de existencia o
Universo era moi diferente ao actual e non de todo coñecido.

As galaxias formáronse despois, grazas á condensación de nubes xigantes de materia


que se formaron naquela explosión. O proceso de formación de galaxias aínda non se
detivo xa que o Universo segue evolucionando.

Por exemplo, nesta animación podemos ver como dúas galaxias en forma de espiral se
fusionan para formar unha galaxia de maior tamaño.
24
Sabías que...?
Aínda que o Big Bang é unha teoría amplamente aceptada pola comunidade científica, existen
algunhas cuestións pendentes de resolver. Os científicos céntranse en comprender o acontecido
nas primeiras fraccións de segundo despois do Big Bang, un misterio aínda sen resolver.

Un novo estudo propón unha alternativa ao Big Bang: o Universo existe desde sempre, non ten
principio nin fin. Podes ver máis detalles aquí.

Como ves, aínda queda moito por aclarar. Aínda que o Big Bang é un modelo amplamente
aceptado, é posible que no futuro se redefinan algúns aspectos para dar respostas aos
interrogantes pendentes de resolver ou se propoñan modelos alternativos.

O destino do Universo
Na actualidade existen varias hipóteses que intentan explicar cal será o destino do
Universo, pero o certo é que non hai ningunha que estea confirmada.

Así, por exemplo, algúns científicos defenden que o Universo seguirá expandíndose e
arrefriándose mentres que outros opinan que dentro de moito tempo o Universo
contraerase para dar lugar a outra singularidade inicial ou Big Crunch.

Actividades

1. 25
1. Colocádevos en parellas e discutide como se poden explicar a sucesión do día e a
noite baseándovos no modelo xeocéntrico. Facede o mesmo para o modelo
heliocéntrico.

Despois, elaborade unha redacción coas vosas conclusións.

2. Que é a singularidade inicial?

3. Que papel xoga dentro do Big Bang?

26
O Siste
O Sistema Solar

Compoñentes do Sistema Solar

O Sistema Solar é un sistema planetario formado por unha estrela, o Sol, e diferentes
tipos de corpos celestes que orbitan ao seu redor.

O Sol
O Sol é a estrela que se atopa no centro do Sistema Solar. Está formado practicamente
na súa totalidade por dous gases: hidróxeno e helio. É, sen dúbida, o corpo celeste
máis grande do Sistema Solar xa que se calcula que contén o 99% da masa total deste
27
sistema.

O Sol ten un movemento de rotación, xa que xira sobre si mesmo. Tamén se move no
espazo, xunto co resto do Sistema Solar, ao xirar en torno ao centro da Vía Láctea.

O Sol compórtase como un enorme reactor nuclear: produce cantidades enormes de


enerxía que se emiten cara ao espazo en foma de luz e calor. Tamén produce outros
tipos de radiación e expulsa partículas que constitúen o vento solar.

A enerxía que emite o Sol en forma de luz e calor fai posible a vida na Terra, ao crear
unhas condicións favorables para a vida e posibilitar a fotosíntese.

Planetas
Os planetas son corpos celestes que:

orbitan ao redor do Sol,

teñen unha forma practicamente esférica e

non comparten a súa órbita con outros corpos celestes.

Ademais do movemento de translación, os planetas teñen outros, entre os que


destaca o de rotación, que fai que xiren sobre si mesmos.

Sabías que...?
Cando un corpo celeste cumpre estas características, pero en vez de orbitar ao redor do Sol
faino ao redor doutra estrela, falamos de exoplanetas.

Os científicos buscan vida dentro do Sistema Solar pero tamén nalgúns exoplanetas. Consulta
esta noticia para saber máis sobre estas investigacións.

28
No Sistema Solar coñécense oito planetas que quedan separados por un cinto de
asteroides; é dicir, unha zona poboada de multitude de obxectos rochosos, os
asteroides.

Planetas interiores
Os planetas interiores do Sistema Solar son os catro planetas máis próximos ao Sol:
Mercurio, Venus, Terra e Marte.

Son planetas pequenos e rochosos que posúen unha superficie sólida. Teñen
atmosfera, aínda que a de Mercurio e Marte son moi tenues.

Mercurio e a Terra teñen campos magnéticos importantes, polo que posúen ademais
magnetosfera.

Mercurio, Venus, Terra e Marte.

29
Planetas exteriores
Máis aló do cinto de asteroides sitúanse os catro planetas exteriores do Sistema Solar:
Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno.

Son planetas grandes formados fundamentalmente por gases, polo que non posúen
superficie sólida. Teñen importantes atmosferas e campos magnéticos que dan lugar
a importantes magnetosferas. A pesar do seu tamaño, teñen un movemento de
rotación máis rápido que os planetas interiores.

Estes planetas teñen moitos satélites e aneis.

Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno.

Máis aló de Neptuno


O estudo do Sistema Solar máis aló de Neptuno é complicado debido ás grandes
distancias que nos separan desa zona. Porén, sabemos que naquela zona existe un
grande número de obxectos celestes.

O Cinto de Kuiper é unha zona distante con forma de anel que contén obxectos
xeados. Recorda que no cinto de Kuiper localízanse Plutón, Makemake e Haumea.

A Nube de Oort é unha zona aínda máis afastada que envolve todo o Sistema Solar na
que tamén hai obxectos xeados.

Cando un deses obxectos abandona esas zonas afastadas para adentrarse en zonas
máis próximas a nós no Sistema Solar podémolo observar como un cometa.

30
Representación artística do Cinto de Kuiper e da Nube de
Oort. Compara o tamaño destas zonas co do Sistema Solar
que mellor coñecemos, interior a Plutón.

Planetas ananos
A diferencia dos planetas, os planetas ananos xiran ao redor do Sol compartindo a súa
órbita con outros corpos celestes. Os máis coñecidos son:

31
Ceres
Sitúase dentro do cinto de asteroides; é dicir, entre Marte e Xúpiter.

Ceres está formado por un núcleo rochoso rodeado por unha grosa capa de xeo.
Nesta capa de xeo acumúlase máis auga doce que en toda a Terra.

Neste planeta anano observouse ademais a existencia de auga en forma de vapor de


auga. Pénsase que se orixina por sublimación da capa de xeo.

Ceres (o máis pequeno), comparado coa Terra e a Lúa.

32
Plutón
É un planeta anano que se sitúa máis aló Autoría: NASA Goddard Space Flight
da órbita de Neptuno. Está tan afastado Center
do Sol que acada temperaturas moi
baixas.

Está formado por xeo que flúe en


cordilleiras e brumas. Ten unha
superficie de cor avermellada.

Ten unha atmosfera moi tenue, que se


conxela e cae sobre a superficie cando se
atopa moi afastado do Sol.

Plutón ten cinco satélites. O máis


grande deles chámase Caronte.
O tamaño de Caronte é moi A superficie de Plutón ten
manchas avermelladas.
próximo ao de Plutón. Isto fai que se comporten dun modo especial: ambos van dando
voltas ao redor dun punto situado entre os dous corpos mentres se desprazan ao
redor do Sol. Por iso, ás veces, referímonos a Plutón e Caronte como planeta (anano)
dobre.

33
Eris
É un planeta anano situado máis aló da órbita de Neptuno que ten un tamaño
similar ao de Plutón.

No seu percorrido ao redor do Sol chega Autoría: Ja:user:West


a acadar distancias moi afastadas del.
Isto fai que se acaden temperaturas moi
baixas.

Crese que é un corpo rochoso rodeado


por unha capa de xeo. A súa superficie é
tremendamente brillante polo que se
pensa, ademais, que os gases que
forman a súa atmosfera se conxelaron e
formaron unha capa de escarcha sobre a
superficie que reflicte a luz.

Eris e o seu satélite.

Outros planetas ananos


Makemake é un planeta anano situado Autoría: Jin Zant
máis aló da órbita de Neptuno
descuberto en 2005. Ao estar tan
afastado do Sol ten temperaturas moi
baixas. Non ten atmosfera nin satélites
coñecidos.

Haumea é un planeta anano situado


máis aló da órbita de Neptuno
descuberto en 2003. Crese que está
formado por un interior rochoso
recuberto dunha capa de xeo.

Coñécenselle dous satélites.

34
Sabías que...?
Os nosos coñecementos sobre o Universo e o Sistema Solar non paran de medrar. Nos últimos
anos descubríronse novos corpos celestes que os científicos están a investigar.

Por exemplo, Sedna é un corpo celeste situado máis aló de Neptuno, semellante a un planeta,
descuberto en 2003 e que orbita ao redor do Sol. A súa órbita é tan ampla que tarda máis de
11.000 anos en completala. Está moi afastado do Sol polo que a súa temperatura é moi baixa.

Satélites
Os satélites son corpos celestes que orbitan arredor de obxectos diferentes ás
estrelas, como pode ser un planeta, un planeta anano ou un asteroide.

Por exemplo, a Terra ten un satélite (a Lúa), mentres que Plutón ten varios.

Corpos menores do Sistema Solar


No Sistema Solar hai outros corpos
celestes que orbitan arredor do Sol.
Destacan:

Asteroides: son corpos rochosos


ou metálicos que orbitan en
torno ao Sol de menor tamaño
que os planetas. Poden ter
formas moi diversas. Algúns
asteroides teñen satélites.

A maioría dos asteroides do


Sistema Solar sitúanse entre
Marte e Xúpiter, formando o Asteroide (Graspa).
35
cinto de asteroides. Dentro
deste cinto de asteroides atópase
tamén o planeta anano Ceres.
Autoría: Philipp Salzgeber
Cometas: son corpos celestes
formados por po, xeo e rochas.
Xiran arredor do Sol. Cando se
achegan a el o xeo e o po, polo
efecto do calor e do vento solar,
forman colas características.

Meteoritos: son corpos que


acadan a superficie dun planeta
ou un satélite ao non
desintegrase por completo
mentres atravesan a súa
atmosfera. Ao atravesar a
atmosfera despréndese unha
grande luminosidade. Chámanse
Cometa Hale-Boop
popularmente estrelas fugaces.

Sabías que...?
Rosetta é unha sonda da Axencia Espacial Europea. A súa misión é orbitar ao redor dun cometa,
para comprender a súa composición e características. Chegou ao seu cometa anfitrión en 2014,
dez anos despois de ser lanzada.

Os cometas son os obxectos que menos se modificaron desde que se formou o Sistema Solar,
hai uns 4.800 millóns de anos, polo que o seu estudo pode ofrecernos datos moi interesantes.

Por exemplo, grazas a Rosetta, sabemos xa que a auga dos cometas é diferente á dos océanos
da Terra. Deste modo descártase a teoría que propoñía que a auga da Terra proviña de
cometas.

36
Actividades

1. Nesta lista hai varios planetas ananos. Sinálaos.

Terra Venus

Saturno Marte

Ceres Haumea

Makemake Xúpiter

Neptuno Eris

Urano Mercurio

Plutón

2. Escribe os compoñentes do Sistema Solar ao lado do número que


corresponda.

37
Haumea ● Saturno ● Mercurio ● Venus ● Urano ● Cinto de asteroides ●
Terra ● Neptuno ● Cinto de Kuiper ● Eris ● Ceres ● Cometa ● Marte ●
Plutón ● Sol ● Xúpiter ● Makemake

1. 10.

2. 11.

3. 12.

4. 13.

5. 14.

6. 15.

7. 16.

8. 17.

9.

3. Indica se as seguintes opcións son verdadeiras ou falsas.

a. O Sol é a estrela do Sistema Solar. O Sol permanece quieto no


centro do Sistema Solar.

Verdadeiro

Falso

b. O Sol emite enerxía cara ao resto do Sistema Solar.

Verdadeiro

Falso

38
c. Os planetas interiores están formados por gases, polo que non
teñen superficie sólida. Teñen ademais moitos satélites e
aneis.

Verdadeiro

Falso

d. O cinto de asteroides é unha zona con numerosos obxectos


rochosos que separa os planetas interiores dos planetas
exteriores.

Verdadeiro

Falso

e. O cinto de Kuiper e a nube de Oort son zonas próximas ao Sol


nas que hai obxectos xeados.

Verdadeiro

Falso

f. Algúns dos planetas ananos máis afastados do Sol


encóntranse a temperaturas tan baixas que se pensa que os
gases que formaban a súa atmosfera se conxelaron e caeron
sobre a súa superficie.

Verdadeiro

Falso

4. Corrixe as opcións que marcaches como falsas na actividade anterior para


que sexan correctas.

39
5. Cal é o obxecto máis masivo de todo o Sistema Solar? Describe as súas
características máis importantes.

6. Indica as diferencias que hai entre:

Un planeta e un planeta anano.

Un planeta e un satélite.

Asteroides, cometas e meteoritos.

40
Fai un debuxo dos cinco planetas ananos máis importantes do Sistema Solar e
7. sinala ao seu lado algunhas das súas características máis importantes.

Se o prefires, realiza unha presentación na que inclúas unha imaxe dos planetas e
coloca as características ao seu lado. Podes empregar programas como Impress
ou Prezi.

41
Os plan
Os planetas do Sistema
Solar

O Sistema Solar está formado por oito planetas, catro interiores e catro exteriores, que
quedan separados polo cinto de asteroides.

Os planetas interiores son rochosos e están máis próximos ao Sol (entre o Sol e o cinto
de asteroides). Os exteriores están máis alá do cinto. Son gasosos, máis grandes e
teñen sistemas de aneis.

Planetas interiores

42
Mercurio
Ocupa a posición máis próxima ao Sol. É Autoría: Jcpag2012
o máis pequeno dos planetas.

É un planeta rochoso que ten un gran


núcleo interior, rodeado polo manto e
máis externamente pola codia. Na súa
superficie presenta numerosos cráteres
producidos por impactos de meteoritos.

Non ten atmosfera significativa pero si


campo magnético.

Durante o día acádanse temperaturas moi elevadas, que descenden drasticamente


pola noite.

Carece de satélites.

43
Venus
É o segundo planeta máis próximo ao Autoría: Vzb83
Sol.

Trátase dun planeta rochoso que ten un


núcleo interior, rodeado polo manto e,
máis externamente, pola codia.

Ten unha atmosfera moi densa,


formada principalmente por dióxido de
carbono. Isto fai que Venus teña un
intenso efecto invernadoiro. Por iso as
temperaturas neste planeta son

sempre moi altas, tanto de día como de noite; incluso máis que en Mercurio.

Esta densa atmosfera ten outros efectos importantes:

Case non existen impactos de meteoritos na súa superficie porque se


desintegran ao atravesala. Só meteoritos moi grandes conseguen cruzar a
barreira da atmosfera.

Impide que a superficie do planeta sexa iluminada pola luz do Sol.

Prodúcense ventos tempestuosos.

Rota moi lentamente en sentido contrario á maioría dos planetas do Sistema Solar. A
este fenómeno coñéceselle como rotación retrógrada.

Non ten satélites e o seu campo magnético non é significativo.

44
Terra
Ocupa a terceira órbita máis próxima ao
Sol.

Ao igual que o resto dos planetas


interiores está formada por un núcleo, o
manto (superior e inferior) e a codia.

Ten atmosfera e campo magnético.

Posúe unha temperatura media suave


que fai que haxa auga en estado líquido.

Ten un satélite, a Lúa.

Caracterízase por ser o único planeta con vida coñecido.

45
Marte
o cuarto planeta máis próximo ao Sol.

É un planeta rochoso que posúe un


núcleo, manto e codia. A súa superficie é
na súa maioría de cor vermella.

Ten unha atmosfera moi tenue e un


campo magnético moi débil.Nos seus
polos ten dúas manchas brancas que
corresponden a casquetes que se

forman pola conxelación de dióxido de carbono.

Posúe dous satélites.

Neste planeta localízase o volcán máis grande de todo o Sistema Solar, o Monte
Olimpo, cunha altura de 25 quilómetros.

Planetas exteriores

46
Xúpiter
É o primeiro dos planetas exteriores.
Localízase a continuación do cinto de
asteroides.

Trátase do planeta máis grande de todo


o Sistema Solar. Ten máis masa que
todos os demais planetas xuntos e ten
un volume tan grande que dentro del
collerían 1.000 planetas Terra.

Xúpiter non ten superficie sólida porque


está formado por gases, principalmente
hidróxeno e helio.

A atmosfera de Xúpiter é moi complexa. Recoñécese facilmente por presentar nubes


de cores formando franxas e unha grande mancha vermella que é unha enorme
tormenta.

En zonas moi profundas da atmosfera, a presión e a temperatura aumentan


transformando os gases en líquidos. Deste modo, baixo a súa densa atmosfera,
localízase un enorme océano, aínda que non é de auga como na Terra. En zonas máis
profundas podería existir un núcleo sólido.

Xúpiter destaca tamén por ter un enorme campo magnético.

Está rodeado por un tenue anel de po e pequenas partículas.

Ten multitude de satélites. Destacan, polo seu tamaño, catro: Io, Europa, Gamínides
e Calisto.

Xúpiter ten un período de rotación moi pequeno, tan só 10 horas, por iso é o planeta
no que os días son máis breves.

A vida, tal e como a coñecemos, non é posible en Xúpiter, pero pénsase que algún dos
seus satélites podería presentar condicións favorables para ela.

47
Saturno
Localízase a continuación de Xúpiter e, ao
igual que Xúpiter, ten un período de
rotación moi breve. Os días en Saturno
duran un pouco máis de 10 horas.

Está formado por gases de modo que


non ten unha superficie sólida. Vista
desde os espazo, a súa atmosfera,
presenta bandas en tons dourados. Baixo
ela hai un océano formado por
hidróxeno líquido e no interior do
planeta

existe un núcleo sólido.

Ten campo magnético.

Todos os planetas exteriores teñen aneis, pero o máis espectacular é o deste planeta.
Presenta un enorme sistema de aneis concéntricos formados por po, xeo e rochas. É
tan grande que se pode ver con instrumentos ópticos simples desde a Terra.

Saturno posúe varios satélites, o máis grande deles é Titán.

48
Urano
Sitúase a continuación de Saturno.

Está tan afastado do Sol que desde alí


este vese dun tamaño similar a outras
estrelas, aínda que moito máis brillante.

Está principalmente formado por gases.


A composición da súa atmosfera fai que
o vexamos de cores azuis.

Baixo a atmosfera hai un líquido formado por materiais xeados, e máis internamente,
un núcleo rochoso.

Posúe un forte campo magnético.

O movemento de Urano é único no Sistema Solar. Ao igual que Venus, ten unha
rotación retrógrada; é dicir, móvese sobre si mesmo ao revés que o resto dos
planetas, de leste a oeste. Pero ademais, o seu eixo de rotación está tombado. Isto fai
que as estacións en Urano sexan moi diferentes ás do resto dos planetas.

Ten un sistema de aneis e varios satélites. O máis grande é Titania.

49
Neptuno
É o planeta máis afastado do Sol. As súas
características son semellantes ás de
Urano. Ao igual que este, é un mundo
xeado. Ten un núcleo interno rochoso
rodeado dun fluído de materiais xeados e
a atmosfera.

Non posúe polo tanto unha superficie


sólida.

Ten varios satélites. Un deles, Tritón, é


peculiar, porque se move ao redor do seu
planeta anfitrión
en sentido contrario (de leste a oeste) a como o fan o resto dos satélites.

Igual que os demais planetas exteriores ten un sistema de aneis. Tamén un intenso
campo magnético.

Sabías que...?
O noso Sistema Solar presenta diferencias con outros sistemas planetarios descubertos nos
últimos anos. As investigacións apuntan a que Xúpiter puido ter un papel fundamental na
formación do Sistema Solar actual. Durante as primeiras etapas da formación do Sistema Solar,
Xúpiter podería ter destruído os primeiros planetas terrestres, despois teríanse formado os
actuais. Consulta esta noticia para obter máis información sobre este suceso.

50
Actividades

1. Fai un debuxo dos oito planetas do Sistema Solar e sinala algunhas das súas
características máis importantes.

Se o prefires, realiza unha presentación na que inclúas unha imaxe dos planetas e
coloca as características ao seu lado. Podes empregar programas como Impress
ou Prezi.

2. Da páxina web da NASA obtivemos os seguintes datos. Analízaos e despois


responde as preguntas.

Planeta/Planeta anano Mercurio Venus Terra Marte

Distancia ao Sol
57,9 108,2 149,6 227.9
(millóns de quilómetros)

Temperatura media (ºC) 167 464 15 –65

Planeta/
Xúpit Saturn Uran Neptun Plutó
Planeta
er o o o n
anano

Distancia ao
Sol 2872, 5870,
778,6 1433,5 4495,1
(millóns de 5 0
quilómetros)

Temperatura
–110 –140 –195 –200 –225
media (ºC)

51
Cres que a temperatura media dos planetas está relacionada coa distancia
3.
ao Sol?

4. Hai algún dato que non coincide con esta tendencia? Cal?

5. Poderías explicar o motivo?

6. Propón unha hipótese para explicar por que Mercurio ten tantos impactos
de meteoritos sobre a súa superficie.

52
Serache de axuda repasar antes as características dos planetas interiores.

7. No século XV Galileo Galilei observou por primeira vez Saturno cun


telescopio. Viu que era un corpo esférico con dúas protuberancias laterais.

Que cres que é o que estaba observando?

8. Para reflexionar. Desde a Terra vemos dous planetas pasar


periodicamente por diante do Sol. Cales cres que son e por que?

9. Para reflexionar. Imaxina que tes tres fotografías tomadas por sondas

53
espaciais de atardeceres en diferentes planetas. Unha está tomada desde
Mercurio, outra desde Marte e outra desde Neptuno. Como as
diferenciarías?

10. Para ampliar. O 7 de


xaneiro de 1610 Galileo
Galilei usou o telescopio
para explorar o ceo
nocturno. Viu Xúpiter e
algo que o sorprendeu:
tres puntos brillantes que
o acompañaban. Fascinado
polo descubrimento,
seguiu observando o
planeta e descubriu outro
punto máis. Rexistrou a
posición relativa destes
corpos celestes ao longo
de varios días.

As conclusións que obtivo destes resultados foron revolucionarias.

Que cres que son eses catro corpos celestes que viu Galileo
acompañando a Xúpiter?

Podes axudarte de 4 bólas pequenas (que representen os puntos


brillantes) e unha máis grande (Xúpiter). Móveas sobre unha superficie
plana e sitúate fronte a elas para observalas e comprobar as túas
hipóteses.

54
11. Por que cres que cambian de posición con respecto ao planeta?

12. Por que ás veces non vemos os catro corpos celestes?

13. Cres que esta observación contradicía a teoría xeocéntrica, vixente naquela
época?

55
56
Na prá
Na práctica

O método científico
Antes de poñernos mans á obra é importante que coñezades o método científico, xa que os
investigadores e científicos non traballan baseándose en casualidades ou confiando na sorte. Os
científicos empregan este método para planificar o seu traballo. Trátase dun conxunto de
procedementos que nos axudan a construír a ciencia. Poden diferenciarse as seguintes etapas:

Observación e definición dun problema a resolver: realízase unha observación


minuciosa da nosa contorna para identificar un problema específico a resolver. Unha vez
identificado, analízase con detemento.

Obxectivos e planificación: márcanse os obxectivos que se queren acadar cando se


resolva o problema e descríbese un plan, flexible, para alcanzalos.

Rencompilación e análise de información e probas: explóranse diferentes puntos de


vista, ideas anteriores e consúltanse fontes de información variadas. Analízase, ordénase
e compróbase esta información.

Proposición dunha hipótese: proponse unha hipótese que dea resposta ao problema
inicial tendo en conta o aprendido nos pasos anteriores.

Planificación e realización de experimentos: servirannos para aceptar ou rexeitar a


hipótese proposta. Os experimentos deben de poder repetirse para comprobar que os
resultados obtidos tamén se repiten. Para iso é moi importante que todas as súas fases
estean perfectamente definidas.

Análise de resultados: permite extraer conclusións sobre a veracidade da hipótese que


probamos. Se a aceptamos poderiamos propoñer unha nova pregunta e comezar de

57
novo o proceso para ampliar coñecementos. Pola contra, se a hipótese se rexeita, é
necesario retroceder. Analízase minuciosamente a información obtida para propoñer
unha nova hipótese que tamén terá que ser contrastada.

Como podes ver trátase dun método que marca o camiño na construción do coñecemento. Para
convertervos en auténticos científicos teredes que familiarizarvos con el. Propoñerémosvos
actividades e prácticas ao longo do curso que vos permitirán coñecelo mellor.

Recordade que podedes consultalo sempre que teñades dúbidas de como organizar o voso
traballo.

A continuación suxerimos tres actividades prácticas relacionadas cos contidos da


unidade.

58
Na práctica
Analizamos un cráter de impacto

Cando un meteorito choca contra a superficie dun corpo celeste dá lugar a formacións moi
características: os cráteres de impacto. Estes cráteres teñen unha forma moi característica e
pódense diferenciar claramente dun cráter volcánico.

Nesta imaxe, por exemplo, podes observar unha vista aérea dun cráter de impacto situado na
Lúa.

Con esta práctica coñeceremos mellor como son e como se forman estes cráteres. Para iso
propoñemos que deseñedes un modelo que reproduza a formación dun cráter de impacto.

Os modelos son frecuentemente empregados para comprender, explicar ou predicir o que


acontece na realidade. Baséanse nunha analoxía, xa que o modelo permite recrear as
condicións que se dan na realidade para poder extraer conclusións del.

A vosa misión consistirá en propoñer un modelo que recree un cráter de impacto. Listos?
Formade grupos de tres ou catro persoas e seguide os seguintes pasos:

59
1. Discutide que credes que pode pasar cando un meteorito impacta contra a superficie
dun corpo celeste.

2. Pensade como credes que poderiades reproducir esa situación a pequena escala. Tedes
que definir os materiais que necesitades e o procedemento a seguir.

3. Elaborade unha redacción coa vosa proposta.

4. Facede unha posta en común con todos os grupos. Seleccionade as mellores ideas e
elaborade unha proposta final conxunta.

5. Probade o voso modelo e elaborade unha presentación que recolla os vosos resultados.
Como mínimo debe contestar estas preguntas:

Que queremos comprobar co noso modelo?

Que materiais usamos?

Que procedemento seguimos?

Que observamos?

Credes que o modelo está ben deseñado? É dicir, podería pasar na realidade o
mesmo que observastes vós?

A continuación dámosvos unha pista suxeríndovos dous materiais a empregar: bandexas e


fariña. Ah! E lembrade que a vosa seguridade é fundamental, así que tedes que ter en conta no
deseño do modelo se sería necesario tomar algún tipo de precaución.

Na práctica
Na busca de meteoritos

A maioría dos meteoritos que acadan a superficie do noso planeta teñen un tamaño moi
pequeno. Caen a diario por toda a superficie da Terra. Estes pequenos meteoritos coñécense co
nome de micrometeoritos.

Nesta ocasión propoñémosvos que intentedes atopar algún destes micrometeoritos. Para iso
debedes saber recoñecelos. As súas características máis destacadas son:
60
Normalmente son marróns ou negros.

O paso pola atmosfera fai que a súa superficie quede queimada ou derretida.

Os máis pequenos tenden a ser esféricos.

A maioría son atraídos polos imáns. Son os deste tipo os que intentaremos obter.

Materiais

Un imán

Un caldeiro

Un prato de plástico, preferiblemente branco

Papel de filtro e un embude

Microscopio

Procedemento

Poderiamos atopar meteoritos en calquera lugar da superficie da Terra, pero buscaremos


naqueles lugares nos que é máis probable.

Os micrometeoritos poden quedar suspendidos na atmosfera. Cando chove caen arrastrados


pola auga. Ademais a chuvia pode lavar algunhas superficies e arrastrar micrometeoritos cara a
zonas máis baixas. Por iso un lugar no que é probable atopalos é nos desaugadoiros dos
tellados.

Colocamos un caldeiro, durante varios días de chuvia, baixo o desaugadoiro dun tellado. No
fondo iranse depositando partículas que arrastra a chuvia. Filtramos o contido do caldeiro
valéndonos dun embude no que colocamos papel de filtro.

Deixamos secar o contido do papel e pasámolo a un prato de plástico branco. Collemos un


imán, suxeitando o prato cunha man, pasámolo varias veces pola parte inferior. Os
micrometeoritos serán atraídos polo imán. Sen separar o imán do prato xírao para que as
partículas que non se adheriron ao imán caian.

Volve poñer o prato boca arriba. Se a mostra tiña micrometeoritos quedarán no prato.

Observa no microscopio os elementos recuperados para averiguar algún detalle máis.

Que aspecto teñen os micrometeoritos?

61
Na práctica
Orientámonos de noite

Unha constelación é unha agrupación de estrelas que forman unha figura imaxinaria no ceo
nocturno. No pasado a creación de constelacións permitía recoñecer as estrelas con facilidade
facilitando a navegación pola noite ou ben seguir o curso das estacións.

A Estrela Polar é visible no Polo Norte sendo na actualidade a máis próxima ao eixe de rotación
da Terra. Isto fai que a súa ubicación nos indique onde está o norte xeográfico e que pareza que
o resto das estrelas xiren ao seu redor.

Nesta ocasión propoñémosvos que aprendades a localizar a Estrela Polar, e, polo tanto, a
localizar o norte. As constelacións da Osa Menor e a Osa Maior daranvos as claves.

Podemos localizar a Estrela Polar tomando como referencia a constelación da Osa Menor. A Osa
Menor localízase cara ao norte. Está formada por sete estrelas. A Polar é a última da
constelación na cola, a máis brillante de todas.

Como alternativa podemos localizar a Osa Maior. Imaxinamos unha liña que contén ás dúas
estrelas que forman a parte traseira do carro. Sobre esta liña contamos cinco veces a medida
que separa estas dúas estrelas e obtemos a posición da estrela que buscamos.

62
Anímate a coñecer e localizar outras constelacións, como Orion, Casiopea, Perseo e moitas
outras. Podes aprender máis sobre elas vendo este vídeo. Tamén che serán útiles o planisferio
celeste e algunhas aplicacións móbiles que permiten explorar o ceo nocturno.

63
Ao pec
Ao peche

Que aprendiches?

1. Reflexiona e valora o teu traballo. Que aprendín sobre o Universo?

2. Reflexiona e valora o teu traballo. Sei definir o que é?

3. Reflexiona e valora o teu traballo. Coñezo a tecnoloxía que podemos


empregar para estudalo?

64
4. Reflexiona e valora o teu traballo. Podo dicir dúas medidas de lonxitude
usadas frecuentemente en astronomía?

5. Reflexiona e valora o teu traballo. Que aprendín sobre as ideas que o ser
humano tivo do Universo en diferentes épocas?

6. Reflexiona e valora o teu traballo. Podo explicar dous dos modelos


relevantes?

65
7. Reflexiona e valora o teu traballo. Sei como se orixinou o Universo?

8. Reflexiona e valora o teu traballo. Que aprendín sobre o Sistema Solar?

9. Reflexiona e valora o teu traballo. Podo identificar os seus compoñentes e


describir as súas características máis importantes?

66
10. Organiza as túas ideas completando este esquema.

Avalíate
A continuación, mostrámosche algunhas actividades para avaliarte. Dispós de tres
intentos para superar cada actividade.

11. Indica a opción correcta en cada caso.

a. A luz dunha estrela situada a 4 anos luz da Terra...

67
... ten que percorrer 27 millóns de quilómetros
para chegar ao noso planeta.

... tardará 48 meses en chegar ata o noso planeta.

... chega antes ao noso planeta que a que emite o


Sol no mesmo instante.

b. Unha sonda espacial que está a 2 unidades astronómicas do


Sol...

... atópase a 150 millóns de quilómetros da Terra.

... está o dobre de afastada do Sol que a Terra.

... as dúas opcións son correctas.

12. Que tecnoloxía cres que se necesita para cada caso?

Obter imaxes
dunha nebulosa Telescopio
da Vía Láctea

Analizar e recoller Misión


mostras dun asteroide espacial
próximo a Plutón tripulada

Realizar
experimentos Sonda espacial
no espazo

13. Indica se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas.


As galaxias son as estruturas máis grandes nas que se organiza a
materia dentro do Universo. Poden agruparse en cúmulos e
supercúmulos.

Verdadeiro

68
Falso

As nebulosas están formadas por galaxias.

Verdadeiro

Falso

Os elementos que forman as galaxias mantéñense unidos grazas á


forza da gravidade.

Verdadeiro

Falso

Entre as estrelas e galaxias existe po, gases, radiacións…

Verdadeiro

Falso

A galaxia na que se atopa o noso planeta chámase Alfa Centauri.

Verdadeiro

Falso

14. Une as definicións cos conceptos correspondentes.

Corpos celestes que son enormes esferas


de gas que producen luz e enerxía mediante Planetas.
a fusión nuclear.

69
Corpos celestes esféricos que orbitan ao
redor do Sol, sen compartir órbita con Satélites.
outros corpos.

Corpos celestes esféricos que orbitan ao


redor do Sol, compartindo órbita con outros Estrelas.
corpos.

Corpos celestes
que orbitan a corpos Asteroides.
diferentes ás estrelas.

Corpos celestes rochosos


ou metálicos de diferentes formas Cometas.
que orbitan ao redor do Sol.

Corpos celestes formados Planetas


por rochas, xeo e po. ananos.

15. Identifica a que modelo corresponde cada proposta.

a. A Terra ocupa o centro do


Universo.

b. O Sol ocupa o centro do


Universo.

c. Todos os corpos celestes xiran


ao redor da Terra.

d. A Terra ten un movemento de


rotación e outro de translación.

e. A Lúa xira ao redor da terra.

16. Indica se as seguintes afirmacións sobre o Big Bang son verdadeiras ou


falsas.

O Universo contráese.

Verdadeiro

70
Falso

O Universo formouse a partir da singularidade inicial.

Verdadeiro

Falso

O Universo formouse a partir de varios puntos. Cada un contiña un


dos seus diferentes compoñentes: masa, forzas, enerxía...

Verdadeiro

Falso

O Universo formouse a partires dunha grande explosión.

Verdadeiro

Falso

Dende a súa orixe o Universo foise transformando.

Verdadeiro

Falso

17. Ordena os seguintes corpos celestes, de máis próximo a máis afastado do


Sol.

1. 6.
gap gap

71
2. 7.
gap gap

3. 8.
gap gap

4. 9.
gap gap

5. 10.
gap gap

Mercurio Xúpiter

Terra Marte

Neptuno Ceres

Saturno Urano

Venus Plutón, Makemake e Haumea

18. Selecciona a opción correcta.

Son Mercurio, Venus, a Terra e Marte.

Planetas
Planetas interiores
exteriores do
do Sistema Solar
Sistema Solar

Son Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno.

Planetas
Planetas interiores
exteriores do
do Sistema Solar
Sistema Solar

Teñen un tamaño maior.

Planetas
Planetas interiores
exteriores do
do Sistema Solar
Sistema Solar

Son rochosos.

72
Planetas
Planetas interiores
exteriores do
do Sistema Solar
Sistema Solar

Están formados por gases.

Planetas
Planetas interiores
exteriores do
do Sistema Solar
Sistema Solar

Formados por núcleo, manto e a codia.

Planetas
Planetas interiores
exteriores do
do Sistema Solar
Sistema Solar

Teñen superficie sólida.

Planetas
Planetas interiores
exteriores do
do Sistema Solar
Sistema Solar

Posúen sistemas de aneis.

Planetas
Planetas interiores
exteriores do
do Sistema Solar
Sistema Solar

Teñen un tamaño maior.

Planetas
Planetas interiores
exteriores do
do Sistema Solar
Sistema Solar

Teñen temperaturas máis elevadas.

Planetas
Planetas interiores
exteriores do
do Sistema Solar
Sistema Solar

19. Une cada planeta do Sistema Solar con algunha das súas características
máis distintivas.

73
Posúe o sistema de aneis máis grande Mercurio

Alberga vida Venus

Planeta de cor azul Terra


máis afastado do Sol

Ten unha atmosfera tan densa que non se Marte


pode ver a súa superficie (sólida) dende o
espazo

É o planeta máis grande Xúpiter

Ten rotación retrógrada Saturno


e un eixe de rotación tombado

Ten unha superficie sólida Urano


de cor vermella.

Planeta rochoso máis próximo ao Sol Neptuno

20. Indica se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas.


a. A maioría dos meteoritos que acadan a superficie terrestre
teñen un tamaño diminuto.

Verdadeiro

Falso

b. Un cráter de impacto ten a mesma forma que un cráter dun


volcán.

Verdadeiro

Falso

c. Os cráteres de impacto de grande tamaño teñen unha

74
elevación central.

Verdadeiro

Falso

d. A maioría dos micrometeoritos teñen propiedades magnéticas.

Verdadeiro

Falso

e. Os micrometeoritos sempre caen sobre a terra, nunca nos


océanos.

Verdadeiro

Falso

Reforza

21. Selecciona as opcións correctas.

Algúns telescopios detectan luz e outros captan distintos tipos de


radiación (raios X, radiación infravermella...).

As sondas espaciais poden situarse na superficie da Terra ou no


espazo para que a atmosfera non deforme as imaxes que captan.

Os telescopios permiten tomar mostras da superficie de


diferentes corpos celestes.

75
As misións tripuladas realízanse cando é necesaria a presenza
humana no espazo.

A información que obtemos cos telescopios, as sondas espaciais


axúdanos a entender como é o Universo.

22. Ordena estas distancias de maior a menor.

gap > gap > gap >

gap > gap

10.000 2 unidades 0,5 unidades


quilómetros astronómicas astronómicas

1 ano 60 anos
luz luz

23. Cal dos seguintes obxectos astronómicos ten un maior tamaño?

As nebulosas.

As galaxias.

Os sistemas planetarios.

O cinto de asteroides.

24. Relaciona as definicións co seu significado.

Son zonas do espazo


nas que se forman Nebulosas
as estrelas

76
Son enormes bólas de gas que emiten luz
ao redor das que poden orbitar planetas e Materia escura
outros corpos celestes

Non se coñece a súa natureza


pero pénsase que debe existir Estrelas
por todo o Universo

25. Cal dos seguintes modelos explica a orixe do Universo?

Modelo xeocéntrico.

Modelo heliocéntrico.

Big Bang.

Todas as opcións son correctas.

26. Escribe o nome dos planetas interiores do Sistema Solar.

1.

2.

3.

4.

27. Escribe o nome dos planetas interiores do Sistema Solar.

77
1.

2.

3.

4.

28. Onde se localizan?

O cinto de Formando un disco nunha zona máis


asteroides externa á órbita de Neptuno.

O cinto Entre as órbitas de


de Kuiper Marte e Xúpiter.

A nube Abarcando unha ampla zona, das


de Oort máis externas do Sistema Solar.

29. Ordena os seguintes corpos do Sistema Solar de máis quente a máis frío.

1 2 3
gap gap gap
. . .

4 5 6
gap gap gap
. . .

78
Xúpiter Ceres Mercurio

Terra Makemake Urano

30. Coloca onde corresponda. Ten en conta que as imaxes non están a escala.

gap gap gap

gap gap gap

Nebulosa de Sol Asteroide

Aguia
Cometa Plutón

Vía Láctea

79
Amplía
As antigas civilizacións agrupaban as estrelas en constelacións, formando figuras. Os
astrónomos de épocas anteriores encontraron uha franxa no ceo na que cada mes
aparecía unha nova constelación á que denominaron zodiaco. Desde sempre, falouse
de doce signos zodiacais pero en realidade son trece.

Le esta noticia e despois contesta as preguntas.

31. Cando xorde a idea de signo zodiacal persoal?

32. Por que varían ao longo do ano as constelacións que vemos na franxa do
zodiaco?

33. Por que hai trece signos do zodiaco e non doce?

80
34. Por que cambiaron as datas nas que se observan as constelacións da franxa
do zodiaco?

35. Os planetas do Sistema Solar foron bautizados cos nomes de diferentes


deuses da mitoloxía grega e romana. Investiga na biblioteca ou na internet
sobre a orixe dos nomes dos planetas e elabora unha redacción coa
información que obteñas.

81
Actividade de síntese
A sonda Voyager 1 foi lanzada en 1977 e uns días despois, a súa xemelga, a Voyager 2.
Ambas ofreceron, e seguen a ofrecer, datos valiosísimos para comprender mellor o
Sistema Solar. Recentemente unha delas, a Voyager 1, abandonou os dominios do Sol
para adentrarse no espacio interestelar. A Voyager 1 converteuse así no aparello
creado polo ser humano máis afastado da Terra hoxe en día.
Se queres aprender un pouco máis sobre Voyager 1 visita esta ligazón.

36. Por que son importantes as sondas espaciais?

37. Temos outros medios que complementen a función das sondas espaciais?

38. Se a sonda Voyager 1 superou xa a distancia duns 19.000 millóns de


quilómetros do Sol, esta distancia é maior ou menor que un ano luz?

82
39. A cantas unidades astronómicas equivale?

40. Que corpos celestes hai dentro do Sistema Solar que acaba de abandonar a
sonda?

41. Se xa non está no Sistema Solar, en que lugar do Universo se localiza a


sonda?

83
42. Explica coas túas palabras como se orixinou o Universo segundo a teoría
máis aceptada.

Galería de imaxes

84
O Gran Telescopio das Illas Canarias

Galaxia do Sombreiro, imaxe captada polo Hubble

85
A Vía Láctea

A teoría do Big Bang

86
Os planetas interiores

Os planetas exteriores

87
Representación artística do Cinto de Kuiper e da Nube de
Oort

O planeta anano Eris e o seu satélite

88
O planeta anano Makemake

O planeta anano Haumea e os seus dous satélites

89
Os núcleos de Mercurio e Venus

Os núcleos da Terra e Marte

90
Glosario

Astronomía
Ciencia que estuda o Universo e os elementos que o forman.

Corpo celeste
Cada un dos obxectos extensos que forman parte do Universo.

Forza da gravidade
A materia, formada por átomos, interactúa de maneira que se atrae entre si. Canta
máis materia teña un obxecto maior será esta forza de atracción. Tamén inflúe a
distancia á que se sitúan os obxectos: canto máis cerca estean uns doutros máis se
atraerán.

A esta forza de atracción chámaselle forza da gravidade. É responsable, por exemplo,


de que unha mazá sexa atraída por un obxecto enorme como a Terra, por iso se
soltamos unha mazá caerá ao chan.

Magnetosfera
Rexión ao redor dun planeta na que se percibe a influencia do campo magnético
deste. A magnetosfera pode desviar a maior parte do vento solar, polo que constitúe
un escudo protector fronte ás partículas deste.

Orbitar
Movemento dun corpo ao redor dun corpo celeste debido á acción da gravidade. A
traxectoria que se describe durante este movemento denomínase órbita.

Planisferio celeste
Carta na que se representan as estrelas. Está formada por dous discos: un inferior, no
que se debuxan as estrelas, e outro superior, opaco, cunha abertura ovalada. O disco
superior pódese xirar de modo que se mostre só a porción de ceo visible nun
momento dado.

91
Autoría: Diegorodriguez

Radiación
Certo tipo de enerxía ou partículas que se propagan a través do espazo. Existen
diferentes tipos de radiación, como a luz, os raios X...

Rotación
Movemento dun corpo sobre si mesmo de forma que vai cambiando de posición con
respecto ao eixe de rotación, que se mantén fixo.

Satélite artificial
Nave espacial que se envía ao espazo para orbitar planetas ou satélites. Lanza
información que nos resulta de interese para estudar estes corpos celestes. Despois
da súa vida útil pode quedar orbitando como lixo espacial.

Sonda espacial
Dispositivo fabricado polo ser humano que se envía a diferentes lugares do Sistema
Solar para estudar os corpos celestes que o forman.

Sublimación
Proceso mediante o que unha substancia sólida pasa directamente a estado gasoso,
sen pasar polo estado líquido.

Translación
92
Translación
Movemento dun corpo celeste ao redor dunha estrela, no caso do Sistema Solar, o Sol.

Ligazóns
Axencia Europea Espacial (ESA)
http://www.esa.int/esaKIDSen/OurUniverse.html

Novas galaxias
http://www.uniovi.es/-/nuevas-galaxias

Solar System Scope


https://www.solarsystemscope.com/

'Makemake, o planeta anano diferente'


http://www.abc.es/ciencia/20121121/abci-makemake-planeta-enano-desvela-

201211211319.html

'Atopan un novo planeta anano, o membro máis


afastado do Sistema Solar'
http://www.abc.es/ciencia/20140326/abci-hallan-nuevo-planeta-enano-

201403261843.html

93
Créditos
© Netex Knowledge Factory S.A. 2020

Contidos licenciados para o proxecto e-dixgal.

Todos os dereitos reservados. Non está permitida a reprodución total ou parcial desta
publicación nin o seu tratamento informático, nin a transmisión de ningunha forma ou
por calquera medio, xa sexa electrónico, mecánico, por rexistro ou outros medios, sen
o permiso previo e por escrito dos titulares do copyright.

Os titulares non se responsabilizan da persistencia ou da exactitude dos enderezos


URL dos sitios web de terceiros mencionados nesta publicación, nin garante que estes
contidos se manteñan, sexan precisos ou axeitados.

Autora dos contidos: María Jesús Blanco Vázquez.


Asesora didáctica: Susana Vázquez Martínez.
Revisor técnico: Santiago Montero Vilar.

Primeira edición: setembro de 2020.

ISBN: 978-84-18513-22-0

94

You might also like